73
CEIP PLURILINGÚE A. RODRÍGUEZ CADARSO CURSO 2013-2014

Revista escolar 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Revista escolar 2014

CEIP PLURILINGÚE A. RODRÍGUEZ CADARSO

CURSO 2013-2014

Page 2: Revista escolar 2014

SUMARIO

EDITORIAL……………………………………………………………………………………….........1

CARAPUCHIÑAS, INANTIL D………………………………………………………….2, 3, 4, 5

CONTOS DE 1º A………………………………………………………………..…………….6, 7, 8

EL GATO CON BOTAS, 1º B………………………………………………………9, 10, 11, 12

A RATIÑA PRESUMIDA, 2ºA…………………………………………….…….13, 14, 15, 16

OS PLANETAS EN VERSO 2º B..…………………………………..…….17, 18, 19, 20, 21

COMPARACIÓNS E SEMELLANZAS, 3º……………………………………22, 23, 24, 25

CÓNTANOS UN CONTO, HANS, 4º…………………………………………26, 27, 28, 29

A PEGADA DE MIRÓ……………………………………………………………………………....30

DIARIO DUNHA BAILARINA (O MÁIS VOTADO DOS SEXTICONTOS.MARÍA DÍAZ)

………………………………………………………………………………….……………..31,32,33, 34,35

O MEU XOGO FAVORITO, E.F. …………………………………………………………..36, 37

IN ENGLISH, OF…………………………………………………………………..…38, 39, 40, 41

LETRAS GALEGAS 2014 (DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA)……………….42, 43, 44

VAIA PAR DE TOLOS (DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA) …………….45, 46, 47, 48

PERUCHO VAI Ó DENTISTA……………………………………………………49, 50, 51, 52

ENGLISH WORKSHOP………………………………………………………………………53, 54

PASATEMPOS, (INFANTIL)..………………………55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 63

EXCURSIÓN A MADRID…………………………………………………….64, 65, 66, 67, 68

A TODA VELA…………………………………………………………………………………….69, 70

Page 3: Revista escolar 2014

EDITORIAL

Ei…!!!...Ehh!!!...., ti….si……vai por ti!....para! , frea un anaco e arrecende o aire…….. ummmm!!!.... non ule a verán?.......si,si….ule a verán.

- Non hai tanto que dicías aquilo de: “pero cando parará de chover?” e resulta que xa chega, xa está aquí. Que razón teñen os maiores cando falan de que o tempo cada vez pasa máis rápido.

- Pero iso non pode ser, profe… - Xa sei….é unha maneira de falar. Pero non te dás conta que chegaches aquí con

tres anos e estás a punto de marchar con doce? - Pois si que é certo, pasou moi rápido. Iso quere dicir que me estou facendo vello? - Ja,ja….pois vello, non,….pero maior…….., por suposto. - Co ben que se está sendo neno……

Remata a chuvia, os aniversarios, os recreos, os deberes, os exames….ata os reis se cansan de reinar. Pero isto é Galicia, e aínda que o sol apareza, voltará a chuvia, e con ela as clases e un novo curso que comezará con enerxía renovada pola vitamina D que nos aportará o sol durante as vacacións.

Aínda que, por moito que falemos das vacacións…., cando non estamos, sempre botamos en falta a vida desta pequena sociedade que habita na cidade dos soños que representa cada colexio de infantil e primaria. Soños que se manifestan en debuxos, en contos, en cancións, ilusións, xogos……..

Cada membro desta pequena cidade desenvolve o seu papel, e nela conviven os deportistas e os intelectuais; os preguiceiros e os currantes; os que mandan e os mandados; os discretos e os notas, e por suposto os cotillas…. Non falta ninguén nesta pequena sociedade na que o problema máis gordo, dependendo da idade, vén dado polas puntuacións inferiores a 5, ou se o bocadillo do recreo é de chourizo ou mortadela.

Os maiores traballan, piden, acompañan, mandan, ordenan, ensinan…………. E quen ensina aos maiores?............Pois vós, meus pequenos e pequenas……de vós aprendemos outra vez a sorrir, a xogar, a querer e a ilusionarnos. Vós sodes a fonte de enerxía da que beben todos aqueles que co paso do tempo foron olvidando a importancia da imaxinación, da risa, das pequenas cousas cas que podemos disfrutar calquera día………..uns zapatos novos, andar en manga curta, ter a alguén con que xogar no patio, ou lanzarse a andar na bicicleta sen os rodíns………

Medrade si, e aprendede todo o que poidades, pero nunca deixedes de ensinarnos aos maiores a importancia de ser tan felices coma vós.

Que pasedes un fantástico verán…………e…………non olvidedes voltar en setembro

Page 4: Revista escolar 2014

ESTE ANO NA AULA DE INFANTIL D ESTIVEMOS TRABALLANDO CON

DIFERENTES VERSIÓNS DO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.

UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS FOI DEBUXAR A CARAPUCHIÑA E AQUI

AMOSAMOSVOS AS NOSAS 17 CARAPUCHIÑAS.

Page 5: Revista escolar 2014
Page 6: Revista escolar 2014
Page 7: Revista escolar 2014
Page 8: Revista escolar 2014
Page 9: Revista escolar 2014
Page 10: Revista escolar 2014
Page 11: Revista escolar 2014

1ºB

El

Cuento

del

Gato

con

Botas

Page 12: Revista escolar 2014
Page 13: Revista escolar 2014

Realizado por: Antonio, Millán A., Antón,

Hicham, Claudia, Lucía, Jacobo, Emma,

Sara, Moisés, Jesús, Sheila, Fernando y

Ana; con la ayuda de Mª Carmen.

Page 14: Revista escolar 2014

Facemos o mural do Día das Letras Galegas..

entre outras moitas experiencias……

Page 15: Revista escolar 2014
Page 16: Revista escolar 2014
Page 17: Revista escolar 2014
Page 18: Revista escolar 2014
Page 19: Revista escolar 2014
Page 20: Revista escolar 2014
Page 21: Revista escolar 2014
Page 22: Revista escolar 2014
Page 23: Revista escolar 2014
Page 24: Revista escolar 2014

Aprender a ver-pensar con arte 3º PRIMARIA

SEMELLANZAS-DIFERENZAS

Page 25: Revista escolar 2014

SEMELLANZAS

As dúas imaxes representan unha pintura co mesmo tema.

Nas dúas pinturas hai un pintor e unha modelo.

Nos dous cadros o pintor e a modelo están dentro dun estudio.

Os dous pintores están sentados.

As dúas modelos están sentadas no chan.

As dúas modelos están espidas.

Os dous cadros teñen moito colorido.

Os dous pintores están diante do lienzo e as modelos detrás.

As dúas modelos teñen unha man apoiada no chan.

As dúas modelos teñen o cabelo largo..

Os dous pintores teñen barba.

O chan do estudio é amarelo nas duas pinturas.

DIFERENZAS

Un pintor leva sombreiro e outro non.

A unha modelo se lle ven as dúas mans e a outra se lle ve só una man.

A cor da pel das modelos é diferente: una é mais morena ca outra.

A cor dunha parede é lila e roxa e a outra é azul e algo laranxa.

Un pintor está sentado nunha silla, outro está sentado nun taburete.

Un pintor é calvo con pelo negro.O outro non é calvo,ten pelo marrón.

Un pintor ten a barba negra. O outro ten barba marrón.

A un pintor se lle ven os dous ollos e ao outro só un ollo.

Un pintor ten ollo negro e outro ten o ollo verde.

As paletas son diferentes: unha é marrón e outra é verde.

Unha modelo leva o pelo solto e outra leva unha trenza.

Un lienzo é pequeño e outro grande.

Page 26: Revista escolar 2014

APRENDER A VER-PENSAR

3º PRIMARIA

SEMEJANZAS Y DIFERENCIAS

Page 27: Revista escolar 2014

SEMEJANZAS

Las dos imágenes son pinturas.

Representan una matanza de personas.

Hay un guerrero con un escudo en la mano derecha

Hay muchas personas en el primer plano

Al fondo hay edificios que son de otro tiempo: clásicos.

Las personas tienen cara de mucho miedo de que les maten.

Hay un caballo en cada cuadro,los dos son de color blanco.

DIFERENCIAS

Un cuadro tiene colores tristes y otro colores alegres.

Uno tiene edificios a la izquierda y, a la derecha árboles.

El otro tiene edificios por todo el fondo.

Uno tiene el cielo verde y el otro lo tiene azul.

Un guerrero tiene una lanza en la mano derecha y el otro tine un cuchillo

muy grande.

El vestido de la mujer que hay delante uno es blanco y el del otro cuadro está

manchado de sangre.

El casco del guerreo es distinto: uno lleva plumero y otro no.

En el cuadro de la izquierda hay dos guerreros uno de frente y otro de

espaldas.En el de la derecha sólo hay uno de frente.

En el primer cuadro hay más soldados por la derecha.

Page 28: Revista escolar 2014
Page 29: Revista escolar 2014
Page 30: Revista escolar 2014
Page 31: Revista escolar 2014
Page 32: Revista escolar 2014

PRIMAVERA

VERÁN

OUTONO

INVERNO

“As estacións”

Traballo realizado por

alumnado de 5º.

Actividade do proxecvto:

A pegada de Miró

Page 33: Revista escolar 2014

Diario dunha bailarina

María Díaz Agras

Page 34: Revista escolar 2014

Capítulo 1

Laura é unha nena de doce anos. Dende que tiña cinco, gústalle moito o ballet, e leva nas clases dende entón.Cando cumpriu os doce anos, regaláronlle o seu primeiro diario.

Capítulo 2

Comezou a escribir un día moi especial...Todo principiou como de costume. Laura foi á súa clase de ballet, coma ía todos os xoves. Pero ese día, ao rematar a clase, a profesora pediulle que se quedara para falar de algo importante.Laura achegouse e comezaron a falar:

– Laura, teño unha boa noticia - dixo a profesora -. Ti xa sabes que eu cada ano elixo a unha nena para asistir aos exames de ballet, non? Pois este ano, ti eres a elixida!

– De verdade? Grazas, moitísimas grazas. Estase cumprindo o meu soño! - exclamou Laura.

– Agora terémonos que preparar para o gran día. Terás que vir tres veces por semana, de momento. Os luns, os mércores e os venres pola tarde dende as 19:30 ata as 21:00. A parte dos xoves, coma sempre. Seguiremos falando o próximo día.

Capítulo 3

Laura foi correndo para a súa casa para contarllo á súa familia. Cando chegou, no momento en que abriu a porta...

Parabéns Laura!!!

Berraron os seus familiares e amigos nada máis entrou pola porta. Era unha festa sorpresa!Alí estaba toda a súa familia e os seus mellores amigos e amigas.Pasárono moi ben durante a festa: xogaron, bailaron, cantaron... E xusto cando rematou, Laura foi correndo ó seu cuarto, porque sabía exactamente o que ía facer: escribir no seu diario.

Page 35: Revista escolar 2014

Capítulo 4

Xoves, 23 de xaneiro de 2014

Querido diario:Hoxe foi un día moi especial para min porque me elixiron para facer uns exames de ballet. A profesora díxome que tería que ir varios días ás clases. Os luns, os mércores, os xoves e os venres, unha hora e media.Eu creo que é moito traballo, pero xa que quero aprobar, voume esforzar ao máximo e a traballar moi duro durante as clases.Agora teño que ir a estudar, pero seguirei escribindo cada día.

Capítulo 5

Á mañá seguinte, Laura levantouse, almorzou e foi para o colexio.Ao saír, foi para a casa e fixo os deberes. Ao rematar, acordouse de que tiña música de ballet, polo que se puxo a practicar.Cando chegaron as 19:30 marchou ás clases, e alí a profesora díxolle:

– Laura, hoxe dareiche máis información, e despois comezarei a explicarche que exercicios terás que facer. O exame farase en Madrid, na Universidade Europea, que é un sitio onde se fan tódolos exames de moitos deportes.Agora comezaremos cos exercicios.

Así continuou a clase. A profesora ensinoulle a Laura algúns dos exercicios e ela púxoos en práctica.Ao rematar foi para a casa.

Venres, 24 de xaneiro de 2014

Querido diario:Hoxe volvín ás clases de ballet. A profesora díxome que o exame faríase na Universidade Europea de Madrid. Despois ensinoume algúns dos exercicios que terei que facer.

Capítulo 6

Esta foi a rutina de Laura día tras día ata o momento do exame.Ía á clase, facía os deberes, asistía ao entrenamento de ballet (excepto os martes e a fin de semana) e por último, escribía no seu diario.

Page 36: Revista escolar 2014

Capítulo 7

Chegou o día do exame.Laura e os seus pais foron para Madrid, á Universidade Europea.Ela foi a prepararse: vestiuse e peiteouse, foi para unha clase, que era onde se faría o exame. Alí había catro nenas máis doutras academias que o farían con ela.Comezou. Era o mesmo que nas clases normais: os mesmos exercicios, a mesma música... pero cunha muller que marcaba os exercicios, e o xurado.Rematou o exame, e Laura saíu para fóra, igual que as súas compañeiras.

Capítulo 8

Chegou xunta os seus pais e foi correndo a darlles un gran abrazo.Mentres esperaba á valoración do xurado púxose a escribir no seu diario:

Sábado, 14 de decembro de 2014, 12:30 h

Querido diario:Xa estou en Madrid, e acabo de saír do exame. Agora estou esperando ao xurado, que me entregará as notas.Eu creo que o fixen bastante ben pero que crerá o xurado?

Capítulo 9

Chegaron as notas e Laura estaba moi nerviosa:– E se suspendo? E se fun a única que suspendín? Que pasará? - preguntáballe á

súa nai.– Tranquila Laura, xa imos ver agora o que pasa – tranquilizouna súa nai.

A profesora entregoulle as notas e Laura comezou a abrir o sobre a toda presa.Laura sacara un ben, que era a cuarta nota máis boa. Laura decepcionouse bastante, pero aceptouno, porque aprobara e podería seguir indo aos demáis exames.Laura e os seus pais saíron para fóra para volver á casa.Cando se estaban indo, Laura escoitou:

– Laura, Laura! - era a súa profesora. – Teño unha boísima noticia. Mira o nome das túas notas. - díxolle.

– Un momento, eu non me chamo así! - exclamou ela.– Exacto. Tes un sobresaínte!– De verdade? Que ben!– Pois creo que hai que celebralo! Imos ao parque de atraccións! - dixo a súa nai.

Page 37: Revista escolar 2014

Sábado, 14 de decembro de 2014, 13:00 h

Querido diario:Resultou que non sacara un ben no exame... Saquei un sobresaínte! Equivocáranse cas notas doutra nena.E o mellor é que para celebralo imos ao parque de atraccións!

Pasaron todo o día alí e despois volveron para o hotel no que se aloxaran. Pola mañá volveron para Coruña, que era onde vivían.Ao chegar, os pais de Laura entregáronlle un agasallo... unhas zapatillas de punta!A ela encantáronlle e utilizounas sempre nos seus seguintes exames.Entón, despois de todo isto, Laura decidiu adicarse profesionalmente ao mundo da danza. E así fixo. Anos despois, tras aprobar todos os exames de ballet, sacando a mellor nota, convertiuse nunha gran bailarina, formando parte dun gran espectáculo que percorreu todo o mundo.

Fin

Page 38: Revista escolar 2014

O MEU XOGO FAVORITO (Educación Física 2013-2014)

Elexidos polos alumnos/as

PSICOMOTRICIDADE:

TENIS DE MESA:

IOGA E RELAXACIÓN:

BÉISBOL : ATLETISMO: CICLISMO:

BALONCESTO:

Page 39: Revista escolar 2014

VOLEIBOL:

BÁDMINTON: PATINAXE: FÚTBOL:

TENIS: CIRCUÍTOS: XIMNASIA:

Page 40: Revista escolar 2014

IN ENGLISH, OF COURSE!!!

Once again....here we are! This time to tell you about our auxiliar, the activities and festivals we have celebrated, the special visits we had, so...let´s have a look! First of all, we are telling you about Joshua, our auxiliar this year, who came from Milwaukee, Wisconsin,and whom we met at the very beginning of October. The first thing he was surprised about was the celebration of HALLOWEEN at school. He could compare it with the way they usually do it in the USA and in the end he discovered that in some way both celebrations were quite similar, above all when he saw we decorate pumpkins too.

And he was again surprised when he decided to go with us to Horta do Muiño for the chestnuts festival. That celebration meant a new experience for him, going for a walk around that nice park and finally tasting the delicious grilled chesnuts...They don´t have any celebration like this due to a simple reason : they don´t have these chestnuts in Wisconsin!

Page 41: Revista escolar 2014

In November, he told us about one of the most popular celebrations in his country: Thanksgiving day, but this time we learnt about this festivity from a different point of view; from the native American side, about their history, their way of living and also about the way they celebrate it and the typical food they take at this special date.

When Christmas time arrived we had a special visit: Roseann, she enjoyed this celebration with us at school in the same way we usually do, wearing Santa´s hat and tasting the traditional chocolate and churros. Afterwards she had a goodtime with all the students and teachers dancing and singing. Can you see her?

After finishing Christmas celebration she decided to stay for some days and visit some of the students from previous years and what´s even more important; she promised to come back!! In February, Joshua told us about Black History celebration in the States, which was very interesting and some weeks later he helped us to revise the Irish

Page 42: Revista escolar 2014

patron history, Saint Patrick. He also told us how the Irish community celebrate it in Wisconsin.

At the beginning of March, the same week we celebrated carnival we received another special visit: Beverley. She came from Barcelona to join to this funny festival at school. She was really surprised at seeing that many of the characters from the most famous classical tales(The ugly duckling, The tin soldier, Hansel and Gretel….) were walking and dancing all around the school, so, in the end, she decided to wear a costume and have a good time too.

As it happened two years ago, some European teachers from different countries, such as: Austria, Czeck Republic, Denmark, France, Germany, Poland, Portugal and Sweden, came to visit our school to see how we work with the plurilingual project. Therefore we told them what kind of activities we do in English, what subjects we study, we showed them our classrooms, the gym….. and our students also performed a play for them: Miss Nothing in the country of numbers, which they enjoyed a lot.

Page 43: Revista escolar 2014

And the last but not less surprising visit at the end of May…… can you guess? Yes, Emily came back to A Barquiña after a year! She told us all about her life since she left us. She went back to California, where she is from and there she worked with disabled children. Next year she´s going to finish her master at Boston University. She told us all these things while almost all of our students tried to hug her.

Finally, apart from all the activities, celebrations and visits, our students also attended a performance in English by a theatre company: Luminaria teatro, which offered us a blacklight shynphonies show. They enjoyed it at the same time they participated by answering some questions and singing with the actors.

Well, I think you did lots of different things this year, so now you need a rest, enjoy your holidays and happy summer! Congratulations and my best wishes for

level 6 students, we´ll miss you!!

Page 44: Revista escolar 2014

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DÍA DAS LETRAS GALEGASXosé María Díaz Castro

Homenaxeado Ano 2014

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é XoséMaría Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de OsVilares de Parga, Guitiriz (Lugo).CurrículumÓs 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo ecando saíu en 1936, exerceu de profesor de EnsinanzaMedia en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948,tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse aMadrid, onde alternou a docencia coa traducción noMinisterio da Gobernación. Tamén traballou noInstituto de Cultura Hispánica e no Consello SuperiorCientífico.

Page 45: Revista escolar 2014

Obras realizadasEscribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiropoema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas"(Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madridpublicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súaconsagración produciuse coa aparición do tomo IV daEscolma da poesía galega (1955) de FranciscoFernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigosde crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo,Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafetaliteraria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicouNascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais,traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistaseuropeos, multitude de poemas e os libros Sombraradiante e Mediodía.

Page 46: Revista escolar 2014

CONTOS DO SAMAÍN

FRANCOLMILLO E O ZOMBIE VEXETARIANO

Unha noite, o zombie na tumba estaba e o vampiro Francolmillo do so escapaba. Zombie saíu da tumba, detrás das árbores escondido, cando Francolmillo estaba a durmir tranquilo¡

Meteuse na súa casa e escondeuse nos moble, de aquí para alá rebuscaba comendo fabas e coles.Francolmillo escoitou ruido e sigilosamente abriu agabeta e babas de zombie atopou nunha chaqueta¡

Subiu ó piso de arriba onde un cable aparecu, o zombie, moi astuto el, o cable cortou e Francolmillo tristemente se electrocutou; polo tellado saíu e pola noite voou¡

O zombie escondeuse na súa tumba,TUMBA, TUMBA, RETUMBA¡

E o conto volveu a empezar,co zombie e Francolmillo a pelexar¡

1ºB

Page 47: Revista escolar 2014
Page 48: Revista escolar 2014
Page 49: Revista escolar 2014
Page 50: Revista escolar 2014
Page 51: Revista escolar 2014

AS AVENTURAS DE PERUCHO

PERUCHO VAI AO DENTISTA

Olarapaces!

Leváronvos algunha vez ao dentista?

A min si, e non porque tivera unha

moa ou un dente mal.

Veredes

Un dia chamaron do centro de saúde

e dixéronlle a miña nai que debería

levarme a facer un SELADO DAS MOAS.

Nin miña nai nin meu pai sabían o que era iso do “selado das moas”, nin

para que serve, pero leváronme á casa do mar en atendeume o Dentista.,

o doutor Daniel Riveiro que lle explicou á miña nai:

Trátase de obturar (tapar) unhas

pequenas fisuras que moitasveces hai nas

pezas dentarias.

Isto faise para evitar que mais

adiante, pasados os anos, aparezan

as caries, o que se evita nun

noventa por cento dos casos.

E un procedemento sinxelo e sen riscos

Page 52: Revista escolar 2014

Eu sempre lle escoitei ao

meu avó que os

dentistas facían moito

dano e que doe moito.

Hoxe sa sei que o meu

avó esaxeraba.

O doutor Riveiro foi moi agarimoso,

o mesmo que a súa axudante Maica

e pódovos asegurar que non sentín

nada.

Mesmo me pareceu curioso ó ver

unha luceciña de cor azul no aparello

de manexaba o Doutor

Cando rematou,

o Doutor Riveiro díxolle a mamá:

“Desta forma tan sinxela previmos

que pasados os anos poida

ter as moas picadas.

Isto deben facelo tódolos rapaces entre

os seis e os doce anos”

Page 53: Revista escolar 2014

Pero antes de marchar inda

botou con nos un anaco

dándonos uns conselliños

sobre o coidado da boca

Cepillar coidadosamente os dentes despois

do almorzo, comida e cena.

Con calma, tendo coidado

de limpar toda

a dentadura.

Os dentes

de arriba abaixo.

As moas. ¡Todo!

SEN PRESAS

¡TÓDOLOS DÍAS!

Como miña nai preguntoulle que

tipo de dentífrico debería usarse, o doutor

Riveiro contestoulle:

En nenos de 0 a 3 anos, baixo en flúor

(menos de 500 ppm)

De 3 a 6 anos medio en flúor

(Entre 500 e 100 ppm )

E de 6 a 14 anos o normal.

Usar un cepillo suave sen cerdas moi fortes

Que poidan lesionar o esmalte.

Page 54: Revista escolar 2014

Respecto dos cepillos eléctricos dixo que,

en principio, non había inconveniente en

usalos, sempre que sexan adecuados para os

rapaces.

Inda que dado o prezo destes aparellos,

considera que non son necesarios.

O que si nos dixo é que non é

recomendable o uso a cotío dos

chamados COLUTORIOS,que deben ser

utilizadosso en ocasións illadas e cando

realmente sexa necesario.

INDA QUE SE ANUNCIEN EN TELEVISON HAI QUE TER COIDADO CO SEU

USO INDISCRIMINADO

Tamén lle insistiu a miña nai

que tódolos rapaces deben

pasar revisións cada seis meses

dende os catro aos catorce anos

con aplicación tópica de flúor

En fin, hai que coidar a dentadura,

cunha boa hixiene, cepillando ben

os dentes tódolosdías e acudir

periodicamente ao dentista.

¡Abur!

O noso agradecemento ao Doutor D. Daniel Riveiro Fornís,

Odontólogo do centro de Saúde de Noia. Víctor Vez Vilar

Page 55: Revista escolar 2014

English Workshop on Thursdays!!!This school year 2013/2014 on Thursdays our Preschool children have been enjoying through books, songs and videos in English.

We enjoy with three songs RAIN RAIN, GO AWAY ! , FIVE LITTLE MONKEYS ,

ONE TWO ,BUCKLE MY SHOE and the book PETE THE CAT , I LOVE MY WHITE SHOES.

Page 56: Revista escolar 2014

It has been a real pleasure to enjoy this year with these amazing kids.

Teacher Berta

Page 57: Revista escolar 2014

COMPLETA OS TITULOS DOS CONTOS CAS VOGAIS QUE FALTAN.

BR _ NC _ N _ V _ S

E _ S S _ T _

_ N _ N _ T _ S

O G _ T _ C _ N

B _ T _ S

C _ N C _ NT _

C _ R _ P _ CH _ Ñ _

V _ RM _ LL _

Page 58: Revista escolar 2014

P _ N _ CH _

A G _ L _ Ñ _

D _ S _ V _ S

D _ _ _ R _

A R _ T _ Ñ _

PR _ S _ M _ D _

_ S TR _ S

_ S _ S

Page 59: Revista escolar 2014

BUSCA AS DIFERENZAS CO NOSO FRAUTISTA:

Page 61: Revista escolar 2014

SOLUCIÓNS: CARAPUCHIÑA, BRANCANEVES, ALADIN, LEÓN, DUENDE, ANANO, PINOCHO.

RESOLVE O SEGUINTE ENCRUCILLADO.

Page 62: Revista escolar 2014

AVERIGUA DE QUE CONTO SAÍN E ÚNEME CO TÍTULO DO MEU

CONTO.

OS TRES PORQUIÑOS

A PRINCESA E O

CHÍCHARO

A BELLA DURMINTE

O FLAUTISTA DE

HAMELIN

Page 63: Revista escolar 2014

O GATO CON BOTAS

CARAPUCHIÑA

VERMELLA

AS FABAS MÁXICAS

PINOCHO

Page 64: Revista escolar 2014

SOLUCIÓNS: SIRENITA, ALADIN, CENICIENTA, PULGARCITA, PINOCHO,PIPI Y RATITA

BUSCA OS NOMES DAS SETE PERSONAXES DE CONTOS CLÁSICOS

NESTA SOPA DE LETRAS.

P I P I G K L R T O

U I Q W F U E C S V

L D N Ñ A L A D I N

G M T O S D U W R U

A E N F C L K S E S

R O K R J H F W N J

C L Q S K L O G I L

I G W T X C M N T D

T F E R A T I T A G

A R I T A H J A X P

C E N I C I E N T A

Page 65: Revista escolar 2014

ESCRIBE OS TÍTULOS

DESTOS CONTOS

Page 66: Revista escolar 2014

VIAJE FIN DE CURSO A MADRID

Los alumnos de 5º y 6º realizamos un viaje de 4 días a la capital de España.

VISITA A LOS PLATÓS DE ANTENA3 DONDE SE ESTABA GRABANDO "VELVET"

Gracias a Ramón Campos, que nos

facilitó la visita. Nos explicaron que los

edificios que en la televisión se ven altos

y formando una gran calle antigua, en la

realidad son pequeños y la parte pintada

en verde es para poder modificarlo por

ordenador.

Vimos a los actores y actrices de la serie y

la cantidad de personas que trabajan

detrás de las cámaras.

Comprobamos que rodar un capítulo

puede llevar mucho tiempo y mucho

trabajo. Nos gustó ver cómo trabajan y

cuántas veces deben repetir una escena.

Tienen vestuario para cada personaje. En

maquillaje hay muchísimas pelucas y

necesitan 1 hora para maquillar a una

persona.

La iluminación es impresionante y los

decorados puedes moverse en algunos

casos.

Cada cámara la manejan tres personas y

alguna cuesta alrededor de 73.000€.

Page 67: Revista escolar 2014

VISITA PANORÁMICA

El guía que nos acompañó nos explicó la

historia de Madrid, que antiguamente

estaba fortificada, y pudimos ver alguna

de sus puertas, la de Alcalá y la de

Toledo. También nos habló de sus reyes,

los Austrias y los Borbones.

Vimos el Palacio Real, residencia de los

reyes de España en el pasado.

WARNER

En la Warner nos lo pasamos fenomenal

subiendo en las montañas rusas y las

atracciones de agua, ... viendo "La loca

Academia de policía", a Batman y a los

personajes de Disney.

Comprobamos que Madrid tiene muchas

zonas verdes: el Retiro, la Casa de

Campo, el Campo del Moro, ... Y mucha

agua,... Muchas fuentes como La Cibeles,

Neptuno,... Y muchas estatuas.

El escudo de Madrid tiene un oso y un

madroño, que también puede verse en la

Puerta del Sol.

Page 68: Revista escolar 2014

MUSEO NACIONAL DEL PRADO

En el Museo aprendimos que hay que

fijarse en todo, pues cada objeto puede

darte información importante.

Por ejemplo, mirando un bodegón

puedes saber si el pintor vivía en el

campo o en la ciudad, si era pobre o no,...

El Tesoro del Delfín de Francia es

impresionante.

MUSEO NACIONAL REINA SOFÍA

La pintura moderna, cubista o surrealista,

no nos gustó tanto, porque es más difícil

de entender. Vimos cuadros de Picasso,

Dalí y Miró, sobre todo.

El Guernica es enorme e intenta

transmitir el sufrimiento de la guerra civil

española. Picasso hizo muchas pruebas y

modificaciones antes de pintar el

definitivo.

Velázquez se autorretrataba a veces en

sus cuadros. En "La rendición de Breda"

los vencidos entregan la llave de la

ciudad al general del ejército español. Fue

encargo del rey Felipe IV para el Salón de

Reinos de su palacio donde recibía a los

embajadores y autoridades extranjeras.

Lo que más nos gustó del Reina Sofía es

la ampliación del arquitecto francés Jean

Nouvel. La Biblioteca es muy grande,

(tiene más de 100.000 libros, 3.500

grabaciones sonoras y 1.000 vídeos). Los

ascensores son totalmente acristalados.

Page 69: Revista escolar 2014

CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

Los diputados Antonio Insua (de A

Barquiña) y Juan de Dios (profesor

universitaio), fueron los encargados de

enseñarnos todas las salas del Congreso,

incluido el hemiciclo.

Nos llamó la atención que en el hemiciclo

cada diputado tiene un ordenador en su

mesa. También vimos las huellas de las

balas por los disparos de un coronel que

quiso recuperar el mando por la fuerza.

Al pasillo que rodeo el hemiciclo, los

diputados le llaman la M30 y allí se

reunen a veces para hablar en privado.

Vimos la Biblioteca con algún incunable,

la Constitución de 1812 (La Pepa), un

reloj muy, muy antiguo, la caja fuerte y la

Sala de Prensa.

El Congreso de los Diputados no es un

museo, se utiliza cada día y hay mucha

seguridad. Incluso tiene una puerta

secreta que conduce a los cimientos del

antiguo convento sobre el que está

construido.

Las puertas de los leones (llamados Daoiz

y Velarde) sólo se abre al comienzo de

cada legislatura, que es cuando van los

Reyes. Aunque últimamente también se

abre a todo el público el Día de la

Constitución (6 de diciembre)

Page 70: Revista escolar 2014

EL REY LEÓN

Lo mejor del viaje fue “El rey león” (… y

la Warner).

Nos impresionaron los disfraces: atuendo

perfecto para reconocer a cada personaje.

También las máscaras eran muy buenas

La cotorra, el andaluz y las hienas eran

los personajes más graciosos.

Las jirafas tenían zancos que llamaban la

atención y tenías que fijarte mucho para

ver al hombre que tenían dentro.

Page 71: Revista escolar 2014

O xoves, 15 de maio, foi un día fantástico! Ó chegar ó colexio, subimos ao autobús para ir

ó Freixo. Alí no clube náutico, puxéronnos uns chalecos salvavidas e formaron grupos. Eu

estaba moi nerviosa. Sería moi difícil’ cando subimos ó barco, o monitor explicounos como

virar...as partes do barco, de onde viña o vento...en resumen, todo (menos mañ que había

alguén con idea do asunto!. Pero o peror estaba por chegar! Nun viro...caín do barco! Si a

auga! Cando subí ó barco todos se rían! E eu...boteime a rir con eles! Máis tarde vovlvemos

a terra e pegueime una ducha ben quente! A pesar do “accidente”encantoume a experien-

cia, gustariame repetir.

Noela 5º

Page 72: Revista escolar 2014
Direccion
Texto
IRENE 5º
Direccion
Texto
Direccion
Texto
Page 73: Revista escolar 2014