64
revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 prezo: 5 euros

revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 prezo: 5 euros

Page 2: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

3 Editorial

4 Denuncias e comentos

8 Sobre as alegacións de Andaina ao Anteproxecto de Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero

9 É de xustiza In memoriam Susan Moller Okin (1946-2004) e Iris Marion Young (1949-2006)

13 Corpos do desexo… e as perversións da citación da arte na publicidade

[Dossier] 20 Mulleres na guerrilla antifranquista Consuelo Rodríguez López, Chelo

28 Memoria de mulleres libres

31 Entrevista a Lola Rodal Blanco

37 Unha bibliografía posíbel

43 No internado de freiras, 1962

44 Ao cárcere por terceira vez

47 O neocaciquismo (1ª parte)

50 Asunción, unha vida nas conserveiras

52 A masona Rosario de Acuña (1851-1923)

[Libros] 54 Literatura alternativa: Os contos non sexistasde Adela Turín e Nella Bosnia

59 Feminismo versus pacifismo. Sobre Tres guineasde Virginia Woolf

62 Los girasoles ciegos

Revista Galega dePensamento Feminista

Outono, 2006

Apdo. 1058Santiago de Compostela

www.andainamulleres.org

[email protected]

CONSELLO DE REDACCIÓN

Ana Arellano, Nanina Santos,Milagros Becerra, Felicia Estévez, Pilar Pérez Rey, Laura Gómez Lorenzo, Nadia Álvarez Fernández,Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra e Raquel Barreiro Paz

COLABORAN NESTE NÚMERO

María Xosé Agra Romero,Anna Amorós Pons, Aurora Marco,Carmen Blanco, Laura Gómez Lorenzo,Patricia Arias Chachero, Nanina Santos C., Victoria Díaz,Áurea Sánchez, Patricia e Ángela Comesaña Comesaña, Marisa González Seoane,Macarena González Pena,Isabel Lodeiro Vales e Ana Mª Arellano

DESEÑO GRÁFICO

CEBRA

IMPRIME

Grafisant, S. L.D.L.: C-1.146-88

Andaina non se identifica necesariamente coas opinións dos artigos que aparecen

nesta revista

andaina 45

SUMARIO

Page 3: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

3

Este chamado ano da me-moria histórica, ten dado péa que a cidadanía poida fa-lar en público da traxedia co-lectiva que se inicia en 1936. Tra-xedia desatada pola sublevaciónmilitar dos rebeldes acaudilla-dos por Franco contra o lexítimogoberno da segunda República(1936) que, após de tres anos deguerra civil (1936-1939), logranconverterse en vencedores, eli-minando fisicamente ou encar-cerando os opositores que nonpuideron tomar o camiño do exi-lio, acalando toda disidencia, des-facendo polo miúdo o labor le-xislativo, educativo e social dasegunda República e negando de-reitos e liberdades individuais ecolectivas (1940-1978).

Traxedia colectiva, tamén a Es-paña que se puxeron a construír,untándonos de medos, de fana-tismos, dun catolicismo graxen-to e noxento alentado por aque-les bispos que sacaban a Francobaixo palio, de miseria moral eespiritual, enchéndonos de pro-fesores que obtiveron títulos nastómbolas patrióticas para provi-sión das prazas libres por elimi-nación dos seus titulares.

Unha das súas pezas de ouro:a imposición normativa dunha fe-minidade consistente na máis pu-ra subalternidade aos varóns encalquera ámbito da vida e sinala-damente na familia, lugar por an-tonomasia para a muller. Xa seencargaran de desaconsellar cal-quera veleidade cos espectáculosdas pelas, os desfiles de mullerespeladas polos falanxistas, con car-taces colgados, ou a obriga de re-manecer ás portas das casas paraser vistas e sinaladas.

EDITORIAL Neste contexto, a prevista Leida Memoria Histórica que, entreoutros propósitos, quizais o prin-cipal, quere dar satisfacción morale económica ás vítimas do fran-quismo. Aínda que causa desola-ción constatar tantísimos anos desilencio e oprobio para esta re-paración, benvida sexa se chegaa bo porto e se fai realidade!

Outras cousas desa lei, unhafraude e unha decepción. Comonon anular as sentenzas dos tri-bunais de excepción franquistas?Por non falar do longo períodode violencia na ditadura que nonprecisou de procedementos xu-diciais nin de garantías previas.Que siga o clima de impunidadee caradura moral que xerou aamnistía de 1977 para todos osdelitos contra as persoas come-tidos polos funcionarios da épocade Franco. Como as leis de puntofinal que se inventaron despoisdas ditaduras chilena e arxentina,aínda que alí, grazas a valentía dasociedade civil e da xudicatura,conseguíronse derrogar, candomenos en parte.

E falando da memoria, o queimporta –e importa de verdade–son as políticas públicas da me-moria (amén do drama de quenpadeceu a violencia política equeira prestar testemuño): os do-

cumentos e outros materiais (fo-tográfico, audiovisual) que haique preservar e xestionar acaida-mente para legar as xeracións vin-deiras combatendo os vicios per-sistentes na xestión pública dosdocumentos escritos, porque écerto que sen arquivos non haihistoria, e a historia non é a me-moria (tantas veces fraca e inte-resada). Documentos –tamén osdos fondos documentais da Fun-dación Nacional Francisco Fran-co xestionados pola ultradereitae a familia do ditador– que per-mitan coñecer a verdade e rexei-tar o esquecemento e impidanque ese revisionismo tan caro aosresponsables directos ou indirec-tos do acontecido (un pasado demorte, de represión, de terror, de negación de liberdades) se ins-tale como memoria nos libros detexto, en exposicións ou museos.

A nosa contribución, no do-ssier: «A memoria esquecida», me-moria de mulleres que foron, quefixeron, que loitaron, que arris-caron e que serían encarceradas,deportadas, paseadas, fusiladas,silenciadas, peladas. Mulleres quecombateron o franquismo e nofranquismo e ás que tampoucoagora se rende xusto tributo por-que o masculino reinante non dei-xa de campar ás súas anchas. �

Page 4: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

denuncias e

4

comentos

A finais de agosto os xornais facíanse ecodun inquérito elaborado por Vicepresidencia daXunta de Galicia sobre algunhas ideas das galegas edos galegos.

Un 20% opina que o deber dunha muller é coi-dar da casa e o deber do varón gañar os cartos.

O 14 % que o lavado da roupa é cousa de mulle-res e o 25% din que as pequenas reparacións soncousa deles.

Un 80% cre que as responsabilidades familiaresson o principal atranco para que as mulleres poidandesenvolver os seus traballos en igualdade cos va-róns (porque supoñen –engado eu– que as familiasson cousa delas e as deixan nas súas mans. Si, nonsi?), de feito elas, cando buscan un emprego primanpoder compatibilizar traballo e familia mentres queeles priorizan o soldo.

Mirando cara atrás é certísimo que esta socie-dade ten cambiado moito, porén… hai moito queandar.

Que llo pregunten se non á sociedade sueca, quese considera líder en igualdade, sen embargo di Gu-drun Schyman experimentada parlamentaria e ca-beza de lista do novo partido feminista ás elecciónsdo 17 de setembro na entrevista que lle fixeron Pri-ya Álvarez e María Pazos: «O patrón de poder de ho-mes sobre mulleres remanece: altísimas taxas de em-prego feminino a tempo parcial, ocupación moitomáis elevada do traballo doméstico e de coidadosfamiliares e menores ingresos nas actividades re-muneradas». �

Teenses pola Igualdade

Tenses pola Igualdade querían que Teo dedicaseunha rúa a Clara Campoamor para honra da depu-tada en Cortes en 1931 que avogou contra o sol e alúa a prol do voto feminino e así llo propuxeron aoconcello que non o aceptou. Armando Blanco, o al-calde, argumentou que a mencionada rúa levará oseu propio nome, así, «Alcalde Armando Blanco».Non é marabilloso?! �

Si, si, xa sei o moito que as mulleres avan-zamos, que xa estamos en todas partes a moreas:na universidade, gobernos, xudicatura… porén, sa-bedes cantas mulleres están nos consellos de admi-nistración das principais empresas españolas?

Das 1296 cadeiras, ELAS, ocupan 50 e todas as de-mais –1246–, súas, deles, dos varóns. �

Ale… pasen e vexan

Ale… pasen e vexan as novidades que se debatenen Perú en materia lexislativa.

Na súa constitución teñen pena de morte paradelitos de traizón á patria en casos de guerra ou te-rrorismo, porén non se ten aplicado nas últimas dé-cadas. Así que agora Lourdes Alcorta decidiu quepode ser ocasión de avivar algo tan interesante. Con-gresista de Unidade Nacional, partido da oposición,quere que se aplique aos violadores de menores de9 anos e de discapacitados físicos e mentais e taménpara os que provoquen a morte de menores despoisdunha violación.

Podíamos poñernos a debater por que para os de9 anos si e para os de 10 ou 11 non, porén non que-remos pena de morte tampouco para os violadoresnin de persoas pequenas nin de persoas adultas. Ninde homes nin de mulleres.

Tamén en Somalia se acaban de lucir. Desde quea capital somalí está controlada por islamistas (xu-ño), a primeira condea á pena capital que executa aUnión de Cortes Islámicas fixeron un chamamentopor radio de parte dos fiscais islámicos para que asxentes fosen presenciar tan edificante espectáculo…E alí foron máis de 6000 persoas en Mogadiscio aofusilamento dun delincuente. �

Page 5: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

As outras feministas

Aspecto dos encontros de As outrasfeministas celebrado o sábado 21 de ou-tono en Madrid ao que acudimos 125mulleres. Quixeron que constase a súaindesexada ausencia Manuela Car-mena, Maruja Torres e Rosa Monte-ro. No número 44 de Andaina publi-cabamos o manifesto «Un feminismoque tamén existe», asinado por un nú-mero importante de mulleres e do quederan conta os medios de comunica-ción a metade de marzo 2006.

Tres grandes títulos previstos paradebate con relatoras que previamen-te prepararan as súas exposicións:

Paloma Uría e Justa Montero, Asconcepcións feministas da corrente.

Isabel Holgado e Cristina Garaizá-bal, Prostitución.

María Antonia Caro, María Sanahuja e Miren Or-tubay, Algúns aspectos da violencia de xénero.

O encontro desenvolveuse durante todo o día,desde as 11.00 h até as 21.30 h cun descanso para oxantar.

Un nível máis que interesante no intercambio(teórico e de reflexión sobre experiencias de traba-llo), e un ambiente de liberdade e tranquilidade du-rante o debate moi de agradecer.

No remate desas tres ponencias, aspectos prác-ticos de traballo, a construción dunha páxina e forosde intercambio de opinións, propostas de cambio denome porque non satisfai máis que o aspecto mar-quetin e crea problemas de marcar dous polos (asunhas e as outras) cando é indubidábel que a cousaé máis complexa e depende das cuestións que esteanna palestra. Tamén os problemas que leva basear afilosofía do grupo na diferenza, a pesar das dife-renzas. Porén… o tempo era ido e xa bastantes dasasistentes foran marchando, co que quedou pen-dente de resolver a través da páxina web que en brevese porá en marcha e a través da coordinadora inte-grada basicamente polas promotoras. �

5

denu

ncia

s e

com

ento

s

Folleto da exposición itinerante «Os már-tires do mar», que viaxou no rehabilitado vaporHidria II, o Barco da memoria pola costa galega entreo 17 de xullo e o 6 de setembro deste ano, con acti-vidades complementarias en cada vila de recalada,dentro do programa que desenvolve a Conselleríade Cultura e Deporte da Xunta de Galicia para o«Ano da Memoria».

Dolorosa e necesaria exposición, de gran impor-tancia para o coñecemento e recoñecemento da no-sa historia recente. Mágoa a ausencia de visibiliza-ción das mulleres do mar que sufriron a represiónfranquista no conxunto da documentación gráficahistórica desta mostra. �

Page 6: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

6

denu

ncia

s e

com

ento

s

O 75 aniversario do voto

Nada menos que setenta e cinco anos pasados daaprobación do voto feminino nas Cortes republica-nas para que o Concello de Compostela decidise enacto conmemorativo render homenaxe pública áprincipal artífice da súa aprobación parlamentar:Clara Campoamor, a quen lle será dedicada unharúa en Santiago.

O acto que se celebrou na mañá do domingo 1de outubro de 2006 na praza do Toural estivo ani-mado musicalmente por Leilía e contou coa pre-senza e as palabras de Dolores Villarino, presidentado Parlamento Galego, de Pilar Domínguez, presi-denta da Asociación do Traxe Galego, de Nieves La-gares Díez, decana da Facultade de Políticas, de Ade-laida Negreira, concelleira de Benestar social e daMuller, e do alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Repartiuse o libro de Mercedes Pacheco Vázquez:Clara Campoamor e a loita polo voto feminino editadopola Concellaría da Muller do Concello de Santia-go (2006).

Lembrouse a conquista do voto feminino, o in-xusto de proclamar sufraxio universal ao voto censi-tario masculino primeiro e masculino despois, á im-portancia do voto como mecanismo de participacióne elección dos representantes políticos, á parénteseá que nos someteu o franquismo que se alzou con-tra o goberno da República e negou dereitos e li-berdades por corenta anos, a especial significación

desta homenaxe neste ano de Recuperación da Me-moria e a necesidade de tirar do esquecemento a es-ta muller «esquecida a mantenta polas crónicas doshistoriadores» e a condena «ao exilio e ao silencioimposto pola historia escrita polos vencedores».

Clara Campoamor (Madrid, 1888 - Lausanne, Suí-za, 1972). Na súa honra e memoria descubriuse aplaca que se vai colocar nalgunha rúa de Santiago.

Pelexou nas Cortes de 1931 abrumadoramentemasculinas (as mulleres podían ser electas, porénnon elixir) e onde en apaixonados debates discutiucontra quen se negaba a aprobar o voto femininoargumentando que elas, as mulleres, estaban «presas»das sotanas e o que estas representaban e que daríano triunfo «ás dereitas» cos seus votos. Expresou oseu radical desacordo con quen quería unha lei devoto feminino «hoxe si porque me favorece a min emañá non porque pode darche a vitoria a ti» e nonse acovardou tampouco pese á oposición de VictoriaKent e Margarita Nelken, tamén deputadas.

O 1 de outubro de 1931 ovoto feminino apróbase: 161votos a favor e 121 en contra,dereito que quedaría fixado noartigo 36 da Constitución da se-gunda República.

Clara Campoamor era unhaloitadora que teimaba no de-senvolvemento das mulleresoutorgándolles todos os derei-tos cidadáns e crebando as ca-deas que as aferrollaban paramantelas sometidas a pais, ma-ridos e sotanas. Era unha femi-nista convencida. Admiraba

fondamente á súa devanceira Concepción Arenal dequen se sentía debedora.

Traballou nas Cortes da República pola lei do di-vorcio, contra o delito de adulterio, polos dereitosda infancia…

Que Compostela teña unha rúa adicada a esta de-vanceira e loitadora feminista xa ía sendo hora! �

Page 7: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

7

Nome . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Enderezo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Código Postal . . . . . . . . . . . . .

Desexo subscribirme á Revista Andaina

a partir do nº...........................................................................................

Prezo: Tarifa normal 15 € ano

Tarifa de apoio 16 € ano

Envío talón. Pago en efectivo

Transferencia bancária á cta. de Andaina (Caixa Galicia CCC:

2091-0377-74-3040003301)

Domiciliación bancaria (cubrir os datos adxuntos e enviar a:

Revista Andaina, apdo. 1058 de Santiago)

Data . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Bco/Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Oficina . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Agradecerei-lles que a partir desta data atendan con

cargo a miña conta Nº CCC:

Entidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Oficina . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Dc . . . . . . . . . . . . . . . . .Nº de conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Os recibos presentados pola revista Andaina. Atentamente:

Nome . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Sinatura do/a titular da conta:

andainaRevista Galega de Pensamento Feminista

Boletín de subscrición

Aos cirurxiáns plásticos non lles vai mal onegocio coa idea que moitas mulleres teñen de sipropias e as ideas que teñen outros delas e elas estándispostas a compartir. Así poden estirar enrugas,medrar ou aminguar mamas, absorber graxas ouretocar calquera porción do corpo a tiro de bisturí,láser ou outras tecnoloxías.

Se queres tamén podes poñer o himen na lista deservizos: que queres presentarllo enteiro a algúnpartener? Arránxancho e outra vez virxe. Desiderá-tum para calquera que se prece e seica para moitoshomes que están do frasco e nada máis.

Poxas de virxes que se levan, en despedidas de sol-teiro. E até 6000 € pagan algúns por romper unhimen. E eu dou en pensar que é o que teñen nosmiolos estas persoas e que é o que senten?

A maioría das que se fan practicar a himenoplas-tia, din as persoas expertas, son xitanas e musulmás,dúas culturas que poñen exceso de celo na virxini-dade das mulleres e no seu control.

Ben está que vaian sabendo que nin sequera istoé seguro. Que elas están dispostas a dar gato porlebre mentres eles estean encirrados en ideasmachistas e posesivas.

Contábansenos xa na Celestina habelencias destetipo para burlar tal estupidez. Ela, capaz de facer edesfacer máis de 5000 himens, carimbo de castidadee honra. �

Traballo invisible e oculto

Que nos fogares elas traballan máis horas non énovidade algunha. Que é un traballo invisible e ocultotampouco aporta nada especial. Si resulta novidosaA Conta Satélite de Produción Doméstica do InstitutoGalego de Estatística que cuantificou a riqueza quexeran as tarefas do fogar, que en termos económi-cos equivale ao 37% do Produto Interior Bruto (PIB)de Galicia, o que sitúa esta economía á altura dosector industrial, do agrario ou da construción.

A Conta Satélite foi presentada aos medios de co-municación no final de setembro pola Secretaria Xe-ral de Igualdade, Carme Adán e o director do Insti-tuto Galego de Estatística, José Colino. �

Page 8: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

go a violencia social e a lei do máisforte na que as persoas somos so-cializadas maioritariamente nestasociedade.

A filosofía do castigo como so-lución para atallar o problema.Solución fácil se se quere descul-par e sacar responsabilidade ao Es-tado, porén non solución eficaz pa-ra a protección das vítimas nin paratratamento penal e rehabilitadordos culpábeis.

Expresións inacaídas ou inspiradasen preconceptos:

«Tráfico de mulleres e nenas» entroca de sexo comercial forzado dan-

8

En xuño de 2006 desde a Secre-taría Xeral de Igualdade dirixidapor Carme Adán fíxosenos chegara ANDAINA o borrador de Ante-proxecto de Lei Galega para a Pre-vención e Tratamento Integral daViolencia de Xénero, para que o co-ñecésemos e fixesemos as nosasalegacións remitíndoas á SecretaríaXeral. Unha cuestión ben novidosa:pídese opinión expresa ás organi-zacións, institucións e entidadesvencelladas á cuestión, o que ex-presa un xeito de facer moi dife-rente a Gobernos anteriores. Da-bamos conta disto no editorial donoso número anterior (Andaina,núm. 44).

comunicación…). De manterse al-gunha das redaccións, teríamos quedespedirnos de moitísima litera-tura (e boa literatura), cine, pin-tura…

Tres cuestións máis mereceronas nosas alegacións:A insistencia e obrigatoriedadeda denuncia como medio para ac-ceder aos servizos e recursos quea comunidade pon ao dispor dasvítimas, así como a multiplicaciónde rexistros de maltratadas (sani-dade, policía, xudicatura…) ou ser-vizos.

Sobre as ALEGACIÓNS DE ANDAINA ao Anteproxectode «Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero»

Logo de estudar e debater o tex-to, mandamos as nosas alegacións(catro páxinas que se poden con-sultar na nosa web: www.andai-namulleres.org), co afán de que a leisexa mellorada, manifestamentemellorada.

Algunhas cuestións da filosofíaque inspiran o articulado do bo-rrador e que nos preocupan:

O que se chama o «dereito pe-nal de autor», que castiga un deli-to non polos feitos cometidos, se-nón por quen os comete.

A consideración de que «o im-pulso masculino de dominio» é ofactor desencadeante da violenciadesconsiderando e ignorando ou-tros factores: a estrutura familiar,a educación relixiosa coa mensaxede matrimonio-sacramento, o pro-pio concepto de amor ou parellacon valor de posesión e desde lo-

do por sentado que todas as mu-lleres estranxeiras que exercen aprostitución son sempre e todas«traficadas», «prostituídas», «vio-lentadas».

«Violencia contra os dereitos se-xuais» para referirse a abortos e es-terilizacións forzadas, sendo a ex-presión acaída dereitos reprodutivos,que non sexuais.

Invádense certas competenciaslexislativas que non veñen aocaso neste anteproxecto de leiporque forman parte doutras leisestatais e non corresponden ao Go-berno galego.

Hai algúns conceptos que na nosaopinión deberían formularse enpositivo, premiando estímulos ebo facer en troca de proporse a ex-clusión, supresión ou censura (arespecto da publicidade, medios de

Considerar a situación de mal-trato condición preferente para ac-ceso á vivenda, por exemplo. Nanosa opinión este é un dereito daspersoas e as preferencias deben dese lles outorgar ás persoas en si-tuación de vulnerabilidade sinala-da en razón á precariedade econó-mica e ás cargas familiares.

Programas de mediación fami-liar e a necesidade de reforzar emellorar moitos dos que xa existenlevados a cabo por organismos pú-blicos sectoriais co propósito de re-ducir a xudicialización dos confli-tos en tanto sexa posíbel. �

Page 9: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

9

Cando a comezos de setembro souben que habíaapenas un mes morrera Iris Marion Young a verda-de é que me causou unha certa conmoción e inme-diatamente veume á cabeza a morte, dous anos an-tes, de Susan Moller Okin, ámbalas dúas con 57 anos,na plenitude das súas vidas e das súas producións in-telectuais e fíxome matinar na enorme perda que is-to supoñía para quen se preocupa pola xustiza e aigualdade. En xeral non son amiga das necrolóxicase máis cando se trata de persoas de recoñecido pres-tixio que levantan as loas dunha corte de «escolásti-cos» ou aproveitados destes eventos, incluso prepa-rándoos con antelación, converténdoos nunha sortede ritual. Quizais polo peso desta miña visión parti-cular non me ocupei de Susan Moller Okin no seu

É de xustiza

MARÍA XOSÉ AGRA ROMERO�

¿Somos un ou somos dous, ou tantos como en nós temos?

Cada un é o caber dun mundo que non sabemos

si somos ou si el é o que ten e nós mecemos.

María MARIÑO

IInn mmeemmoorriiaamm Susan Moller Okin

(1946-2004)

e Iris Marion Young(1949-2006)

Page 10: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

10

momento e explique que agora tra-te de paliar esta falla, malia sexa provocado por outro infeliz acon-tecemento. Quizais tamén a coin-cidencia na idade da morte e o pou-co tempo entre unha e outra meteña levado a reparar no que estaperda supón para a filosofía políti-ca en xeral e para a feminista moien particular, na medida en que ám-balas dúas foron filósofas políticasfeministas, comprometidas e loita-doras, que irromperon con forzano debate sobre a xustiza social epolítica no mundo académico des-de posicións teóricas potentes,abrindo o campo para moitas ou-tras, o que non é pouco, que con-seguiron ser tidas en conta comoreferentes de peso ante os proble-mas que nos ocupan e preocupanhoxe como mulleres e como sereshumanos. É dicir, foron quen de seren escoitadas. Talvez como as dúas me deron moito que pensar epasei, e aínda sigo a pasar, moitashoras cos seus textos, compartin-do a teima da xustiza social e po-lítica, malia que non cheguei co-ñecelas persoalmente, quereríarenderlles o meu pequeno contri-buto cunhas breves liñas sobre assúas achegas na certeza de que nonsei se pasarán á historia, quero crerque si, pero alomenos que teñan orecoñecemento e a memoria de to-das aquelas a quen nos obrigaron apensar con elas e, como non, taménpolemicamente contra elas, a quennos axudaron a enxergar os pro-blemas. E para quen non as coñecíaou non tiña atopado o momentopara lelas o faga agora co convence-mento de que sempre paga a pena.

Na filosofía política contempo-ránea sinálase a publicación en 1971da Teoría da xustiza de Rawls comoo punto de referencia para situaros debates máis senlleiros e a im-portancia que adquire a reflexiónsobre a xustiza social e política noséculo vinte. Neste contexto, noámbito anglosaxón e sobre todo es-

tadounidense, xorden as voces crí-ticas do feminismo sobre a formade abordar a xustiza, as desigual-dades das mulleres, o xénero, a fa-milia, en definitiva sométese a es-crutinio crítico á filosofía política.Susan Moller Okin nada en Auck-land, Nova Zelanda, onde vai á uni-versidade, para logo facer un mes-trado de Filosofía en Oxford en1970 e doutorarse en Harvard no1975, foi profesora nas Universida-des de Auckland, Vassar, Brandeise Harvard, e no momento da súamorte estaba na de Standford. En1979 publica Women in Western Po-litical Thought, onde defende a cen-tralidade da cuestión das mullerespara a política, sendo un dos tex-tos pioneiros neste ámbito. Seránon obstante máis coñecida porJustice, Gender and the Family, queaparece en 1989 e onde se enfron-ta á concepción de Rawls, nestesanos no centro do debate, e dou-tros filósofos políticos contempo-

rabilidade das mulleres polo ma-trimonio e o divorcio, de xeito quesempre se acode a ela para referír-monos ao «ciclo de asimétrica vul-nerabilidade» que xeran. A familiae o matrimonio son institucións in-xustas, dinos, xeran desigualdadede oportunidades, dependencia, ex-plotación e abuso. Mais a familia étamén unha potencial escola dexustiza na medida en que é nela onde se leva a cabo a socializaciónmoral. Aposta por unha familiaigualitaria, fronte á tradicional, oque a leva naturalmente a non pri-vilexiar as familias heterosexuais.

En 1997 publica, cun título queela mesma recoñecerá como moiprovocador, «Is MulticulturalismBad for Women?» na Boston Reviewe que será logo recollido nun li-bro, publicado no 1999, coas res-

ráneos, facendo especial fincapé naxustiza na esfera doméstica, na fa-milia. A crítica que desenvolve éunha crítica interna, pois Okin in-cardínase no feminismo liberal hu-manista, tendo en conta que o li-beralismo que subscribe é o datradición progresista. O que vén defacer é unha revisión da concep-ción da xustiza de Rawls, propon-do a súa reformulación, asumindoo importante papel da esfera do-méstica e examinando como afec-tan ás desigualdades das mulleres,amosando a estrutura de xéneroda sociedade e incidindo na vulne-

postas que levantou o seu texto.Abriu unha enorme polémica so-bre os dereitos das mulleres e osdereitos de grupos, ou, doutro xei-to, sobre se a cuestión do multi-culturalismo implica que as mu-lleres teñan que elixir entre os seusdereitos ou a súa cultura, poñen-do sobre o tapete os dilemas queformula a relación entre feminis-mo e multiculturalismo. Trátasetamén dun texto pioneiro que, nonobstante, vai ser matizado en pos-teriores escritos da nosa autora. Foiunha gran defensora dos dereitosdas mulleres, da xustiza e da paz e

A xustiza social consiste na «eliminación da dominación e opresión institucionalizadas.

Calquera aspecto da organización social e calquera práctica relevante para a dominación

e a opresión está suxeita, en principio, a avaliación conforme aos ideais de xustiza»

Page 11: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

11

nos últimos tempos estaba a tra-ballar sobre desenvolvemento eco-nómico e dereitos das mulleres, labor que facía como Profesora Vi-sitante Distinguida no RadacliffeInstitute for Advanced Study naUniversidade de Harvard no mo-mento da súa morte. Tamén apoia-ba activamente O Global Fund forWomen, unha fundación de derei-tos das mulleres con sede en SanFrancisco e como membro dela foi delegada no Foro Social Mun-dial celebrado en Mumbai, India,e percorreu o pais durante tres se-manas que, ela mesma confesou,cambiou a visión que tiña do paísdende fóra.

Iris Marion Young nada en No-va Iorque, estudou filosofía noQueens College onde se gradúa no 1970, doutorase en filosofía en

será a aparición en 1990 de Justiceand the Politics of Difference –do quedispomos de tradución en casteláncun atraso de dez anos, é unha lec-tura moi recomendable– a que afaga ser coñecida a nivel interna-cional. Neste texto fai unha críticado que ela denomina o paradigmadistributivo da xustiza A xustiza social consiste na «eliminación dadominación e opresión institucio-nalizadas. Calquera aspecto da or-ganización social e calquera prác-tica relevante para a dominación e a opresión está suxeita, en prin-cipio, a avaliación conforme aos ideais de xustiza». Os ideais da xus-tiza presupoñen o igual valor mo-ral das persoas e susténtanse endous valores moi xerais e universa-listas: desenvolver e exercer as no-sas capacidades e expresar a nosa

fai o paradigma distributivo– aaquelas relativas ás estruturas e procesos de toma de decisións, á di-visión do traballo e a cultura: sím-bolos, imaxes, significados e com-portamentos habituais, historias etodo aquilo a través do cal a xenteexpresa a súa experiencia e se co-munica. Para Young hai que am-pliar, xa que logo, o alcance da xus-tiza social, atender a distribución ea cultura, a explotación, opresióne dominación material, cultural epolítica. Identifica cinco formas de inxustiza ou caras da opresión:explotación, marxinación, caren-cia de poder, violencia e imperia-lismo cultural. Vai soster unha con-cepción da cidadanía «diferenciada»nun ámbito público heteroxéneo,o que a leva, á vez, a dous prin-cipios políticos: a) que ningunhapersoa, acción ou aspecto da vidadunha persoa debería ser forzada á privacidade e b) que ningunhapráctica social ou institucional de-bería ser excluída a priori como untema propio de expresión e dis-cusión pública. Presentando a súadefensa do recoñecemento e da di-ferenza de grupo, segundo a súa vi-sión de que as diferenzas non po-den nin deben ser transcendidas.Defende un sistema dual de derei-tos, isto é, dereitos individuais e dereitos de grupo, reclamando a re-presentación política dos grupos,unha cidadanía diferenciada, siste-ma que posteriormente tamén per-filará ou matizará máis como podeverse en Inclusion and Democracy(2000). Neste sentido Young vai serunha pioneira na incorporación dorecoñecemento, en non atender sóa distribución, a xustiza social e po-lítica. Sendo así mesmo unha daspioneiras en avogar por pensar axustiza global, internacional. Nosúltimos tempos viña a traballar encuestións de responsabilidade po-lítica e inxustizas estruturais a granescala. Cómpre sinalar que ademaisdunha importante e brillante teó-

[…] xorden as voces críticas do feminismo sobre a forma de abordar

a xustiza, as desigualdades das mulleres, o xénero, a familia, en definitiva

sométese a escrutinio crítico á filosofía política

1974 na Universidade de Pennsyl-vania. Impartiu cursos e conferen-cias en moitas universidades esta-dounidenses (Miami, Pittsburg) eeuropeas, no momento da súamorte, e desde o ano 2000, era pro-fesora de ciencia política na Uni-versidade de Chicago. A súa preo-cupación teórica e práctica xirasobre as teorías da xustiza, a teoríademocrática e a teoría feminista,inserindose na liña da teoría críti-ca, comprometida co diálogo coacultura filosófica e política euro-pea. Aínda que tiña artigos e un li-bro publicado con anterioridade,

experiencia (autodesenvolvemen-to); e participar na determinaciónda nosa acción e das condicións danosa acción (autodeterminación).A xustiza esixe que se garantan atodos e todas.

Oponse á redución da xustiza so-cial á distribución pois supón, aoseu xuízo, esquecer que a estrutu-ra social e o contexto institucionaldeterminan a miúdo os patróns dis-tributivos. A súa concepción res-ponde a idea de que, ademais dascuestións relativas á igualdade e desigualdade de renda e riqueza,hai que prestar atención –o que non

Page 12: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

12

rica o seu compromiso coa xusti-za social non a afastaba da activi-dade política de base e de rúa.

Okin e Young desde marcos teó-ricos diferentes e non irreconcilia-bles, compartían unha paixón co-mún que orientou as súas vidas eo seu pensamento e que ademaisconseguían transmitir: a paixón po-la xustiza e a igualdade. Xa que lo-go, como dicía, é unha grande per-da, só cómpre agardar que o seuactivo compromiso e o seu esfor-zo teórico non caian no baleiro.Sen dúbida o feito de seren mulle-res e feministas non pode nin debepasarse por alto, esixe que non seesqueza o seu empeño nestas loi-tas. Por iso coido que, ademais desermos agradecidas con aquelasque nos precederon, que abrironportas e camiños, é de xustiza facer-mos un exercicio de memoria.

Algunhas referencias bibliográficasOKIN, Susan Moller (1989a): Justice,

Gender and Family, New York, BasicBooks.

— (1989b): «Humanist Liberalism», enNancy L. ROSEMBLUM (ed.): Libera-lism and the Moral Life, Cambridge,Massachusetts/London, HarvardUniversity Press.

— (1996): «Sexual Orientation, Gen-der, and Families: DichotomizingDifferences», Hypatia, 11, 30-48.

— (1996a): «Desigualdad de género y diferencias culturales», en C. CAS-TELLS (comp.): Perspectivas femi-nistas en teoría política, Barcelona,Paidós.

— (1999): Is Multiculturalism Bad for Wo-men?. Susan Moller Okin with Res-pondents, J. Cohen, M. Howard e M.C. Nussbaum (eds.), Princenton,Princenton University Press.

YOUNG, Iris Marion (1996): «Vida po-lítica y diferencia de grupos: una crítica del ideal de ciudadanía uni-versal», en C. CASTELLS (comp.):Perspectivas feministas en teoría polí-tica, Barcelona, Paidós.

— (1997): Intersecting Voices. Dilemmasof Gender, Political Philosophy, andPolicy, Princenton, New Jersey, Prin-centon University Press.

— (2000) Inclusion and Democracy, Ox-ford, Oxford University Press.

— (2000) Justicia y política de la diferen-cia, Madrid, Cátedra.

— (2005) «Responsabilidad y justiciaglobal: un modelo de conexión so-cial», Anales de la Cátedra FranciscoSuárez, IVR. �

PU

BLI

CID

AD

E

Servicio de Asesoramento das Mulleres■ CONCELLERÍA DA MULLER ■

Para a atención específica

dos problemas que afectan ás

mulleres o Concello de Santiago

pon a súa disposición o Servicio

de Asesoramento das Mulleres

Para asesorarte nas túas dúbidas

e buscar unha solución ós teus

problemas familiares, laborais,

xurídicos e sociais.

Estamos a túa disposición na Prazada Constitución s/n.

■ Horario de atención ó público

Tódolos dias de 10 a 14 h.

Teléfono: 981 57 14 61 Concellería da Muller

Page 13: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

13

Submerxidos neste contexto co-tiá, somos receptores inconscien-tes de valores culturais atribuídosa produtos de consumo. As novastecnoloxías facilitan cada día a di-fusión de milleiros de imaxes, ima-xes publicitarias que invaden as no-sas cidades, os nosos fogares, asnosas mentes, os soños e os dese-xos. As pantallas que abren os no-sos ollos ao mundo (as das salas decinema, televisor, ordenador, telé-fono móbil) están todas elas inva-didas de imaxes publicitarias que

teñen o seu referente cultural nasartes precedentes: na pintura, naescultura, na arquitectura, nas ar-tes escénicas, na literatura, no ci-nema, nas bandas deseñadas, etc.Imaxes que retoman elementos estéticos doutros eidos artísticosconvertendo o deseño publicitarionunha arte ecléctica. Arte en can-to á técnica, ecléctica en canto ámistura. Dende unha visión kan-tiana, poderiamos equiparar a ar-te publicitaria á arte do fermoso, e ofermoso como algunha cousa pra-centeira, e o pracenteiro como esasensación de desexo que esperta noconsumidor ao observar o produ-to representado.

Ao longo deste artigo, adentra-rémonos na complexa paisaxe daintertextualidade (en termos de Gé-rard Genette, 1989) da arte exis-tente no deseño publicitario de cor-pos de muller. Aproximarémonosao eido da citación recorrente nacreatividade publicitaria dende di-ferentes movementos artístico-pictóricos. Analizaremos, a travésdunha mostra seleccionada deanuncios impresos actuais, as trans-ferencias artísticas existentes nodeseño publicitario. Deste xeito, in-dagaremos na estética das diferen-tes tendencias pictóricas e como os

e as perversións da citación da arte na publicidade

ANNA AMORÓS PONS*�

Corpos do desexo…

* Profesora titular de Comunica-ción Audiovisual e Publicidade na Uni-versidade de Vigo.

Page 14: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

1414

(o mar, como símbolode eternidade, e o sol,como fonte de vida),todo isto mesturadopara presentar o seuproduto: un perfume(que se presenta comoo elixir da vida e da xu-ventude) dentro dunfrasco, de deseño esti-lizado e cilíndrico, deformas totalmente fá-licas (como o elementofecundador).

Avanzamos no tem-po e centrámonos ago-ra na época do Rena-cemento, de grande

seus trazos de identidade extrapó-lanse e permanecen vixentes no de-seño publicitario actual. Dende aarte greco-romana ata as vangar-das máis contemporáneas, unhagrande variedade de correntes plás-ticas son a fonte de inspiración dosdirectores de arte e dos creativospublicitarios das axencias. Un bre-ve percorrido polos diferentes mo-vementos artísticos e a súa plas-mación nunha mostra actual deanuncios de muller vainos facercomprender mellor a pervivenciade modas, de canons corporais e asperversións da citación (no sensoutilizado por Antoine Compagnon,1979) presentes na publicidade demuller.

As perversións da citación posmoderna

Comezamos a nosa analise porun anuncio que nos remite inelu-diblemente á cultura greco-ro-mana. Ao igual que no seu día adeusa grega Afrodita ou a romanaVenus (foto 1) se amosaban comoas raíñas da beleza, do ceo, da te-rra, das augas, como as deusas doamor e da fecundidade, a muller dapublicidade Sculpture (foto 1.1) pre-séntasenos tamén con eses mesmosatributos. Cuns claros referentes ábeleza greco-romana (unha mullerterreal vestida imitando a clásicatúnica e con reminiscencias dedeusa do Olimpo), á mitoloxíagrega no imagotipo (na figura doanimal grifo, metade aguia e me-tade león, símbolo do enxeño e dagrandeza), á semellanza toponímica(no nome Nikos), ao xogo de pro-porcionalidade e equilibrio (nacomposición dos elementos arqui-tectónicos que configuran a imaxedo anuncio) e ao ar mediterráneo

inspiración na publici-dade de perfumes, eno pintor Lucas Sun-der Cranach el Viejo(1472-1553), famosopolos seus lenzos deescenas bíblicas consensuais féminas es-pidas. Da súas dez pinturas sobre Adán eEva no paraíso esco-llemos unha de Eva doano 1528 (foto 2). Se-gundo a narración bí-blica, Eva é a primei-ra muller creada porDeus a partir das cos-telas de Adán. O nome

Ao igual que no seu día a deusa grega Afrodita ou a romana Venus se amosaban

como as raíñas da beleza, do ceo, da terra, das augas, como as deusas do amor

e da fecundidade…

(foto 1) Venus (foto 1.1) Publicidade Sculpture

Page 15: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

1515

ca destacamos O bico de 1907 /1908(foto 3), onde unha parella, abra-zada, fúndese nun apaixonado etenro bico (un xesto que transmitea intensidade do amor que existe

entre eles), onde o home agocha afaciana e a muller ladea a cabeza(coma unha manifestación de dei-xárense levar ámbolos dous por eseinstante de paixón). As vestimentas

hebreo de Eva («Havva») significadoadora de vida, entendido o termo vida como fecundidade. Eva é aprimeira muller núa feminina in-dividualizada dentro da arte cris-tiá. Agora ben, a muller de Cacha-rel (foto 2.1) representa a personaxebíblica Eva. A través dun xogo decores (de tonalidades verdes), deelementos referenciais da nature-za (follas de árbores), de froitas (amazá), de verbas (o slogan «O per-fume prohibido») preséntasenos o perfume Edén, nun frasco queasemella a textura da opalina, dedeseño sobrio e depurado e moi feminino polas súas suaves cur-vas, unhas curvas que deixan naman unha sensación de redondez,evocando neste caso a famosa froi-ta da tentación.

Continuamos a nosa traxectoriae adentrámonos no complexo, pe-ro tamén riquísimo, período de fi-nais da última década do século XIX

e a primeira do XX co Modernismo,un estilo artístico internacional co-ñecido tamén como Art Nouveauou Liberty Style, e o seu artista máisrepresentativo, Gustav Klimt (1862-1918) coas súas creacións pictóricasinfluenciadas polos mosaicos bi-zantinos e os seus fondos decora-dos con cores douradas. Desta épo-

Eva é a primeira muller núafeminina individualizadadentro da arte cristiá. Agora ben, a muller de Cacharel representa a personaxe bíblica Eva. A través dun xogo de cores,de elementos referenciaisda natureza, de froitas…

(foto 2) Eva de Lucas Sunder Cranach (foto 2.1) Publicidade Cacharel

(foto 3) O bico de Klimt(foto 3.1) Publicidade Nuits Indiennes

Page 16: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

1616

presenta maxicamente o talladodunha preciosa esmeralda. Seguin-do o mesmo estilo de deseño, o en-voltorio inspírase na arquitecturadas cúpulas dos palacetes orientais.

Centremos a nosa análise nundos pintores vangardistas máis in-fluíntes nos espidos publicitarios.Estamos a falar do italiano Ama-deo Modigliani (1884-1920), cunhatraxectoria influenciada polos fau-vistas, cubistas, a arte negra e, so-bre todo, por Cézanne. Creadordunha linguaxe propia, onde as co-res de tonalidades intensas, as den-sas pinceladas e as liñas definen formas, volumes e composiciónsplasticamente modelables. Da súaextensa obra pictórica destacan osretratos e espidos femininos, exal-tando formas sinuosas onde a lan-guidez dos corpos se sublima coabandono da cabeza. É de destacarNu reclinado nun sofá de 1917/1919(foto 4), onde se observa unha ra-paza recostada sobre un sofá, cosbrazos encollidos e as coxas lixei-ramente separadas, unha pose deextrema sensualidade na que dei-xa ao descuberto toda a parte tra-seira do corpo, lombo, nádegas e

e o decorado asemellan un mosai-co de ouro e pedras preciosas aomáis puro estilo das obras bizanti-nas. Nesta mesma liña, a imaxe pu-blicitaria utilizada pola casa de mo-da parisina Jean-Louis Scherrerrecréase tanto na posta en escenacoma nos elementos decorativosdo lenzo de Klimt, cando, ao pre-sentar o seu perfume Nuits In-diennes (foto 3.1), nos amosa unharapaza loura, cun espectacular puz-le-vestido de abelorios e envol-ta en brillantes teas douradas de muaré, recostada e transmitindounha sensación de pracer e desexo.O perfume é dun universo singulare irreal, propio do mundo da lite-ratura e da fantasía ao facernos lem-brarar os famosos contos orientaisde As mil e unha noites. Fraganciaque se amosa infinitamente rica,como un elixir de amor e misterio.O estilizado deseño do frasco é un-ha perfecta evocación de todo o es-plendor e beleza da cultura orien-tal, simbolizando unha xoia de ouroe pedras preciosas. O frasco, rica-mente labrado, reproduce o esti-lo do cristal de Murano, e cede oseu protagonismo ao tapón que re-

Modigliani, creador dunha linguaxe propia, onde as cores de tonalidades intensas,

as densas pinceladas e as liñas definen formas,volumes e composicións plasticamente modelables. […] Un xeito distinto de

provocación visual que é utilizado tamén pola muller que presenta Obsession

pernas. Aínda que esta pose esco-llida polo pintor no é a máis usual,xa que Modigliani explotaba sem-pre a parte dianteira do corpo damuller pola forte carga erótica quese desprende cando se amosan osseos e a parte da zona púbica, po-siblemente fora mostrada pola ac-titude erótica que emana a travésdesa mirada fixa da moza, que cunhalo de inocencia dentro dun cor-po de muller ao máis puro estiloda femme-enfant, esperta no espec-tador os desexos máis agochados.Un xeito distinto de provocaciónvisual que é utilizado tamén polamuller que presenta Obsession (fo-to 4.1), publicidade que xoga har-monicamente con todos eses ele-mentos e sensacións. A campañade Calvin Klein amósanos unha no-va Kate Moss que garda un gran-de parecido físico coa modelo dopintor e coa posta en escena do len-zo: a mesma mirada fixa, entre pícara e inxenua, unha idéntica pos-tura erótica que deixa ao descu-berto a parte traseira do corpo e,incluso, a mesma aparencia de cor-po delgado e anenado.

Rematamos o noso percorridopolo mundo das artes na décadados anos sesenta e as segundas vangardas, cun amplo abano detendencias e opcións pictóricas.Dentro da corrente abstracta do in-formalismo encontramos no Esta-do Español os traballos de AntoniTàpies e Modest Cuixart, o op artcoas obras de Víctor Vasarely e o

(foto 4) Nu reclinado nun sofá de Amadeo Modigliani(foto 4.1) Publicidade de Obsession

Page 17: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

1717

novo realismo francés con YvesKlein (1928-1962). Deste últimodestacamos Antropometría de 1960(foto 5) e esa renuncia aos sopor-tes tradicionais nun contexto deperformance. Cunhas técnicas ba-seadas en obxectos e desfeitos dasociedade de consumo constrúe osseus famosos monocromos em-pregando finalmente como cor bá-sica o azul. Nesta obra fai desapa-

recer, a través do rolo, calquera pe-gada de pincelada entredeixandover unha estampación conxunta decinco corpos de féminas espidaspor diante enzoufados con IKB (oton de azul creado polo artista). Co-mo un fiel reflexo dos traballos es-téticos de Klein é a campaña de pu-blicidade exterior de Adidas (foto5.1) no metro de Londres para pro-mocionar a Copa do Mundo de

Rugby 2003. O anuncio retoma as técnicas empregadas por Klein,pero, neste caso, realízanse sobreunhas enormes lonas onde apare-cen estampados corpos masculi-nos, enzoufados de pintura negra,imitando as distintas posicións dosxogadores de rugby.

Isto é tan só unha mostra, nestecontexto global, das transferenciasque se están a vivir nestes tempos,das mesturas, das interrelacións eas retroalimentacións entre eidosartísticos de natureza moi distinta.A interconexión é imparable. A pu-blicidade está a buscar novas fon-tes de inspiración e a arte é unhamáis. Neste eclecticismo, ambascolleranse da man en moitas oca-sións, compartirán medios, téc-nicas, linguaxes, soportes e mesmoactores. �Cunhas técnicas baseadas en obxectos

e desfeitos da sociedade de consumo constrúeos seus famosos monocromos empregando

finalmente como cor básica o azul. Como un fielreflexo dos traballos estéticos de Klein

é a campaña de publicidade exterior de Adidas

(foto 5) Antropometría de Yves Klein (foto 5.1) Publicidade de Adidas

Page 18: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

PU

BLI

CID

AD

E

Page 19: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

Cando en abril deste ano as redactoras de Andaina decidimosdedicarlle o número 45 da revista ás mulleres coñecidas,

recoñecidas, pero sobre todo descoñecidas que tamén formanparte da memoria histórica, non pensabamos que o volume

de información ía sobrepasar a capacidade da revista. Agoraresolvimos incluír parte desta información no dosier ou

núcleo temático deste número e editar ao mesmo tempo un libro que recolla exclusivamente os estudos e testemuñas das

esquecidas da guerra civil. Aínda que moi tarde no tempo,moitos anos anónimas, sempre paga a pena que as pouquiñasque resisten con nós, vexan recoñecido o seu traballo, a súaloita, a súa dor. A elas e a todas as mulleres revolucionariasque morreron no anonimato adicámoslles esta publicación.

memoria de mulleres libres

Page 20: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

20

Nun libro publicado en 2004,Desta banda do Leteu. Artigos de his-toria cultural, literatura e sociedadedesde o esquecemento, o seu autor, Er-nesto Vázquez Souza, di que o po-vo galego ten, entre outras maldi-cións, unha especial tendencia aoesquecimento do pasado, próximoou remoto. Subliña o asombrosoque resulta observar a escasa tra-dición para fixar por escrito os acon-tecimentos, feito a que non resul-taría allea a situación xeográfica dafisterra galaica, un lugar onde as

lendas situaron un dos ríos do in-ferno (concretamente na Limia), oLeteu ou río do esquecimento, quefacía perder a memoria da vida an-terior a quen o atravesaba.

A lenda parece que cobra todoo seu sentido ao falar da historia demoitas mulleres e nomeadamentedas que participaron no movimen-to guerrilleiro dos anos corenta, deque a seguir me ocupo.1 Duran-te a longa noite de pedra do fran-quismo e na Transición, semellaque as súas historias de vida atra-

vesaron o Limia e apagaron a me-moria histórica, ou o que é o mes-mo, a lembranza de tantas histo-rias de vida, historias de represión,de morte, de dor, sumiuse na bré-tema do esquecimento.

AURORA MARCO*�

Mulleres na guerrilla antifranquista

* Universidade de Santiago.1 O presente artigo forma parte

dunha investigación en curso sobre «Aparticipación das mulleres no movi-mento guerrilleiro dos anos corentaen Galiza». Por razóns de espazo, ocontributo que aquí ofrezo é un resu-mo dalgún capítulo xa concluído.

Consuelo Rodríguez

Page 21: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

21

A través da recuperación da tra-xectoria persoal das mulleres quepertenceron ao movimento gue-rrilleiro e valorizando os espazosocupados por elas, do que se tra-ta é de as nomear –o que non se nomea, non existe–, visibilizar as súas accións e afirmar e reivindicarun recoñecimento social para en-cher as moitas páxinas en brancoda súa historia. Páxinas non escri-tas que protagonizaron algunhasgalegas, que nos permitirán recu-perar as súas voces durmidas, co-mo as que fixo ouvir Dulce Cha-cón antes da súa morte en La vozdormida. Un berro para espertar adesmemoria, que non é boa com-pañeira de viaxe.

Para elas durante moitos anossó houbo silencio, esquecimento,incomprensión… e non só na lon-

–guerrilleira felizmente viva quemora en Franza desde 1949, a quendedico este artigo– houbo relaciónsnacidas do amor e máis da afini-dade nas ideas, na acción e na vi-da, como pasou sempre; moitasacabaron en unión definitiva. Maiso respeito dos guerrilleiros sempreexistiu porque, a fin de contas, eranunhas compañeiras de loita.

Como é ben sabido, foi sobretodo na etapa da República candoas mulleres se incorporaron á loi-ta política e sindical e participaronen mitins, en actos de propagan-da, como integrantes dos órgaosde dirección do partido ou sindica-to, aínda que foron poucas as queocuparon cargos, como DoloresBlanco Montes, Presidenta da so-ciedade de resistencia La Reivindi-cadora, de Cangas, ou Amparo Lo-

concorreron ás eleizóns como can-didatas a deputadas: foi o caso deConcepción Alfaya López, naturalda zona de Cangas e residente fó-ra da Galiza, que concorreu ás elei-zóns a Cortes Constituíntes en1931 en representación do PartidoRepublicano Vigués, integrado naAlianza Republicana; ou Amalia Fi-gueroa Barros, obreira conserveirade Vigo que o fixo nas eleizóns aCortes en novembro de 1933 poloPartido Comunista.

Na verdade, esta etapa trouxomoitos cambios para as mulleresque, após a sublevación militar, re-trocederon nas súas conquistasmáis de medio século: divorcio, de-reito a voto, dereito a seren elexi-das para calquer cargo público, ma-trimonio civil, coeducación nasescolas, participación política… Co

A lenda parece que cobra todo o seu sentido ao falar da historia de moitas

mulleres e nomeadamente das que participaron no movimento guerrilleiro

dos anos corenta […]

ga ditadura franquista. Se o inexis-tente Libro da Memoria das repre-saliadas após a sublevación de 1936ten moitas páxinas baleiras e comoson elocuente o silencio, para asguerrilleiras houbo, alén dese si-lencio, tortura moral ao lles negaro recoñecimento do seu compro-miso antifranquista e ao facelas pa-sar non só como bandoleiras (igualque os seus compañeiros de loita)senón tamén como as amantes dosguerrilleiros… Como me dicíaConsuelo Rodríguez López, Chelo

pez Jean, Presidenta da AgrupaciónRepublicana Femenina da Coruña;algunhas acederon aos concellos,como Brígida Muñiz Suárez, la-brega do lugar de Triñáns, primeiraconcelleira de Boiro en 1936, re-presaliada; outras colaboraron nosórgaos de prensa de partidos polí-ticos, como as socialistas ManuelaTeresa del Río en La Lucha, da Po-bra do Caramiñal, e Carmen Pa-rada en La Hora, de Pontevedra, oucomo Josefina Eiras Rey na cene-tista Solidaridad. Algunhas mulleres

novo ordenamento xurídico re-gresaron aos papeis tradicionaisporque «la única misión asignadaa la mujer en las tareas de la Patriaes el hogar», segundo rezaba un co-mentario editorial en Arriba (1939)titulado «Contra feminismo, femi-nidad». Neste sentido, o movimen-to de cooperación das mulleres naguerrilla representa tamén, segun-do un integrante do movimentoguerrilleiro, a loita pola súa libera-ción: «Estaban loitando tamén porun sistema que rachase con todosos esquemas machistas. A esa con-clusión cheguei con outros com-pañeiros…».2

2 Conversa con Francisco MartínezLópez, Quico en Alicante o 21 de xuñode 2006.

López, «Chelo»

Page 22: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

22

Quen foi, por exemplo, Eudo-xia (A Catalina), integrante da IIAgrupación do Ejército Guerrille-ro de Galicia?; que se sabe das lu-censes Josefa Escourido Cobo e Ce-lia González Pernas, guerrilleirasque morreron nun enfrontamentocoa Garda Civil en Forcón, parro-quia de Silán, termo municipal deMuras (Lugo) o 21 de xuño de 1949,

Casa familiar en Soulecín (Barco de Valdeorras), tal como se conserva na actualidade

Chelo en Soulecín, nunha viaxe que fixo desde Franza

[…] foi sobre todo na etapa da República cando as mulleres se incorporaron á loita

política e sindical e participaron en mitins, enactos de propaganda, como integrantes dos órgaos de dirección do partido ou sindicato,

aínda que foron poucas as que ocuparon cargos […]

Cando estourou a guerra, moi-tas pasaron a ser obxecto de per-secución, estivesen ou non vence-lladas a partidos políticos, porquea consigna era golpear con saña,con ira, con crueldade contra to-das as persoas desafectas ao Mo-vimento. Aquel parágrafo da cir-cular de Mola, de abril de 1936,cumpriuse de forma taxativa: «Setendrá en cuenta que la acción hade ser en extremo violenta para re-ducir lo antes posible al enemigo,que es fuerte y bien organizado[…] aplicándose castigos ejempla-res para estrangular los movi-mientos de rebeldía…».3 Destartechegou para as mulleres o cárcere,o desterro, a depuración profisio-nal, os paseos, as multas, as requi-sas, a violencia física e moral, o exi-lio, a morte…

Nos últimos anos a bibliografíasobre o guerrilla en Galiza au-mentou considerabelmente; tamén

se realizaron valiosos documentais,materiais bibliográficos e audiovi-suais que permiten ter unha visióndeste movimemento e permite asímesmo outorgar a algúns dos seusprotagonistas o seu lugar na histo-ria da resistencia antifranquista.4

Mais recuperar a memoria das ga-legas vencelladas á guerrilla re-sulta abondo dificultoso. Nestes traballos recentes hai nomes demulleres (por veces sen apelidos, oque dificulta a investigación), da-tas de encarceramento e/ou fusi-lamento, alusión ás causas e con-sellos de guerra… Mais, excepciónfeita de Enriqueta Otero Blanco,María Dolores e de Manuela Sán-chez,5 non hai como no caso dosguerrilleiros monografías, traba-llos específicos sobre elas, por eseexercicio de ocultamento, ben co-ñecido, que excluíu ás mulleres dahistoria. E hai un baleiro informa-tivo sorprendente:

3 MÁIZ VÁZQUEZ, B.: Resistencia, gue-rrilla e represión, A Nosa Terra, 2004,p. 18.

4 Nos últimos anos publicáronse li-bros e/ou capítulos de libros sobre Be-nigno Andrade, Foucellas; Xosé CastroVeiga, Piloto; Mario Rodríguez Losada,Mario de Langullo ou O Pinche, as Me-morias do Fresco; abundante informa-ción sobre a guerrilla en xeral e sobremoitos dos seus protagonistas en par-ticular (Antón Seoane Ramos, Julián;Xosé Gómez Gayoso, López; ManuelPonte; Francisco Martínez Leira,Pancho; Luis Trigo Chao, Gardarríos…);entrevistas cos aínda vivos (na actuali-dade xa morreron algúns dos que cito)Francisco Rey Balbís, Moncho; Fran-cisco Martínez López, Quico; CésarRíos, Mario Morán, Marcelino Fer-nández Villanueva, O Gafas, por citaralgúns nomes.

5 Enriqueta Otero non é unha des-coñecida, como acontece con moitasmulleres vencelladas á guerrilla. Haibastantes traballos sobre ela: o derra-deiro, o libro de Ángel Rodríguez Ga-llardo, Letras armadas: as vidas de En-riqueta Otero Blanco (2005). A xesta

Page 23: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

23

Aquel Decreto-Lei sobre «Ban-didaje y Terrorismo», publicado o18 de abril de 1947, identificounosdesta maneira: bandoleiros, la-dróns, foraxidos e así ficaron nosarquivos, nos informes oficiais, nasnoticias dos xornais… Longa eta-pa de desfigurar a realidade, de des-virtuala. Foi o 17 de maio de 2001cando se aprobou por unanimida-de no Congreso dos Deputados amoción de rehabilitación da gue-rrilla antifranquista. Como reiteraFrancisco Martínez López, Quico,da Federación de Guerrillas León-Galicia, «non éramos bandoleiros,senón xente disposta a morrer po-los seus ideais democráticos».

Da importancia da participaciónfeminina neste movimento teñenfalado os seus compañeiros de loi-ta en diversas entrevistas realiza-das. Referireime aos testemuños dedous guerrilleiros aínda vivos.

Francisco Rey Balbís, Moncho(que mora na Habana desde 1964)é moi explícito a este respecto:

Non teño datos precisos pero atre-veríame a afirmar que máis do co-renta por cento da nosa guerrilla eranmulleres. Enténdase: non como gue-rrilleiras permanentes no monte,pero sí no resto das actividades, comoenlaces, como colaboradoras en di-ferentes trafegos. A muller galega tivounha presencia moi activa na nosaloita: e en boa medida a ela debé-moslle a sobrevivencia da guerrilla.Nos abastecementos, na propaganda,

xunto cos tamén guerrilleiros JuanGallego Abeledo, Juan Pérez Do-pico e José Pedreira de la Iglesia?;que dados existen para podermosrecuperar información sobre Car-men Temprano Salorio, da IV Agru-pación do Ejército Guerrillero deGalicia, que morreu nun enfronta-mento coa Garda Civil tras inten-so tiroteo o 5 de marzo de 1949 enZás, Negreira? Apenas sabemos na-da de Antonia Díaz Pérez, que ca-eu nunha ciada da brigada de Vi-veiro co seu compañeiro, LuisTrigo Chao, Gardarríos, o 25 de xu-

ño de 1948 en Vilanova de Lou-renzá (Lugo). Nesta altura da in-vestigación, xa comezan adesvelarse algúns dados sobre al-gunhas das guerrilleiras citadas maisé un labor paciente e case detecti-vesco.

Cumpre, así, unha investigacióndemorada sobre todas as que an-diveron na guerrilla do monte ouna da chaira. E cumpre tamén, een primeiro lugar, restituír o seunome: foron guerrilleiras, non ban-doleiros (así, en masculino):

En un encuentro sostenido porfuerzas de la Guardia Civil en Forcón,término municipal de Muras (Lugo),resultaron muertos los bandolerosManuel [sic] Gallego Abeledo,6 JuanPérez Dopico, Celia González Per-nas, José Pedreira de la Iglesia y Jose-fa Escourido Cobo.7

De la región hay pocas noticiasaunque algunas de importancia. EnZás, cinco bandoleros fueron muer-tos en lucha con la Guardia Civil: unguardia resultó herido.8

nas tarefas de intelixencia, na desin-formación ao enemigo, no asegura-mento de puntos de apoio, na fun-ción de enlaces… En todo.9

Da mesma opinión participaFrancisco Martínez López, Quico,autor de Guerrilleiro contra Franco(2006). Na entrevista antes citadadicíame:

Arcadio Ríos, da Federación de Guerrillas León-Galicia

Montes de Casaio, onde estivo a Cidade da Selva

heroica de Manuela Sánchez (ou me-llor dito, Manuela López, segundoFrancisco González Vidal) foi lembradapor Lorenzo Varela no poema «Pomba,ponla, mai, señora» do libro Lonxe(1954) e por Luís Seoane nunha audi-ción radial de Galicia Emigrante en1958: labrega de 53 anos, de San Vicen-te de Carres (Curtis), da familia dosChintos, cuxa casa sempre foi pon-to de apoio seguro para a guerrilla, o4 de marzo de 1948, por salvar os gue-rrilleiros, fixo frente cun só fusil á Gar-da Civil e morreu naquel combatexunto con tres membros da súa fami-lia e un guerrilleiro.

6 O nome é Juan, non Manuel.7 Causa instruida con motivo de la

muerte de Juan Gallego Abeledo y cua-tro más en enfrentamiento con Fuer-zas de la Guardia Civil el 21 de Juniode 1949 en Forcón, término municipalde Muras (Lugo).

8 «Del día», en La Voz de Galicia, 8de marzo de 1949, p. 1. Das cinco per-soas mortas, dúas eran mulleres.

9 Entrevista con Xosé Neira Vilasque figura no seu libro Guerrilleiros, Sa-da, A Coruña, Ediciós do Castro, 1992,p. 41.

Page 24: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

24

vado, comida, provisión de medi-cinas…) establecían contactos con ou-tros enlaces, distribuían propaganda,avisaban das zonas de perigo, trasla-daban armas, cartas, abrían novascasas…

Houbo moitas mulleres impli-cadas no movimento guerrilleiro,sobre todo como enlaces e colabo-radoras en numerosas aldeas e vi-las de Galiza –este foi un movi-mento de base fundamentalmen-te popular–, son as guerrilleiras dachaira. Mais tamén, embora fose enmenor medida porque a súa acti-vidade como enlaces era máis pro-veitosa, segundo Consuelo Rodrí-guez, como integrantes activas dedestacamentos ou agrupacións daFederación de Guerrillas León-Ga-licia (fundada en 1942) ou do Ejér-cito Guerrillero de Galicia (1944):son as guerrilleiras con fusil ou gue-rrilleiras do monte, que sabían ma-nexar armas, obviamente, e parti-ciparon en enfrontamentos coasforzas represivas. Algunhas morre-ron en combate. Das que estiveronno monte e sobre as que teño in-vestigado, que se iniciaron comoenlaces, penso que as únicas vivashoxe son Antonia e Consuelo Ro-dríguez López, de oitenta e tres eoitenta e sete anos, que viven enFranza desde 1948 e 1949 respecti-vamente.

Consuelo Rodríguez López, Chelo

Nesta altura poderían ser ob-xecto de lembranza un grupo con-siderábel de guerrilleiras mais vou-me referir neste artigo a ConsueloRodríguez López, Chelo, da familiados Soulecíns, por varias razóns:ela reúne a dupla condición de gue-rrilleira da chaira e do monte; so-freu, como poucas, as consecuen-cias do seu posicionamento, dassúas actividades –como o resto da familia, por outra parte– e haiunha razón de máis peso: como xaadiantei, está viva e as notas que

Eu non sería ninguén, non teríaningunha razón de explicar as miñasvivencias na guerrilla se non é co so-porte de todas estas mulleres de queche falei, elemento básico, columnavertebral para o noso movimento…e, infelizmente, como a historia se es-crebe en masculino, moitas veces esta

realidade pasa de longo… O seu papelexplícase obxectivamente polas con-dicións sociais que había en España:o peso fundamental do traballo declandestinidade levábano elas porqueeran as que estaban na casa… Exe-cutaban o máximo de traballos de en-lace: alén do asistencial (roupa, la-

Consuelo comezou a «comprender e a falar»,segundo me dixo, a raíz das visitas que

o mestre da aldea, comunista, facía á súa casa para conversar cos irmáns máis vellos.

Era no tempo da República

Con Francisco Martínez López, Quico en Ocero (León)

Page 25: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

25

aquí se presentan son transcriciónfiel do que me contou hai tres me-ses, cando me entrevistei con elaen Île de Ré, onde vive desde haitrinta e cinco anos.

Naceu en Soulecín, parroquiade Santigoso (Barco de Valdeorras)o 18 de outubro de 1919, no seodunha familia humilde que, a for-za de moito traballo e da emigra-ción do pai a Cuba, conseguiu serunha das de maior capital da al-dea. Do matrimonio formado por

os horrores da guerra e a represiónque houbo na posguerra, dos no-ve membros da familia só sobrevi-virían tres.

Consuelo comezou a «compren-der e a falar», segundo me dixo, araíz das visitas que o mestre da al-dea, comunista, facía á súa casa pa-ra conversar cos irmáns máis ve-llos. Era no tempo da República.Ela tamén lembrou a asistencia amanifestacións republicanas coassúas amigas Engracia e Fe, feitos

ducir as cabras no pastoreo. Nonasistía á escola máis que o día de-dicado á costura e o bordado; tam-pouco aprendeu a ler e a escreber:faríao anos máis tarde cando esti-vo na guerrilla do monte. Candoestourou a guerra, o seu irmán Ro-gelio foi chamado a filas e tivo quese incorporar ao bando sublevadona fronte de Oviedo. Alí pasou ásfilas do Exército Popular republi-cano até a caída de Asturias en ou-tubro de 1937. Regresou ao lar fa-miliar e ocultouse na casa, mentresse lle deu por morto na fronte. Po-la súa parte, Sebastián foi chama-do tamén polo exército franquis-ta, resultou ferido na fronte doEbro, voltou á casa cun permiso etamén se ocultou no domicilio fa-miliar. Aquela circunstancia foi adesencadeante do que aconteceuo 30 de xaneiro de 1939: cando aGarda Civil chegou a Soulecín pa-ra buscar a Sebastián, rexistrou a casa e encontrou a Rogelio quecrían morto. Produciuse un tiro-teo e morreu o garda Joaquín Seoa-ne e foi ferido nunha man Jesús Rodríguez Polo. Os dous irmánsfuxiron ao monte e entraron encontacto coa guerrilla.

A partir deste momento suce-déronse os feitos na familia dosSoulecíns: cárcere para pai, nai epara Chelo; máis tarde para Anto-nia; a casa precintada, o gando su-bastado, os irmáns pequenos re-collidos en casas de veciños efamiliares. No cárcere do Barco deValdeorras (ao que Chelo voltaríadúas veces máis) permaneceronuns meses e á saída a casa de Sou-lecín pasou a ser acobillo da gue-rrilla. Por alí pasaron moitísimosguerrilleiros, todos os membros dafamilia eran enlaces. A Garda Civilsabíao e vixiaba día e noite. O 18de outubro de 1939, o mesmo díaque Chelo cumpría vinte anos, pre-sentouse en Soulecín un contin-xente de forzas do I Terzo da IIIBandeira da Lexión co seu capitán

Co seu home Marino Montes

Domingo Rodríguez Fernández eAmalia López Ojea naceron setecriaturas e unha nena que morreuao nacer: Francisco, Rogelio, Se-bastián, Alfonso e Consuelo (xé-meos), Antonia e Domingo. Tras

que foron espertando naquela mo-za certas inquietudes e asimilandoideas… porque na infancia apenasrecebeu instrucción. Por ser a máisvella das dúas irmás tiña que axu-dar á nai nos labores da casa e con-

[…] sucedéronse os feitos na familia dos Soulecíns: cárcere para pai, nai e para

Chelo; máis tarde para Antonia; a casa precintada, o gando subastado, os irmáns pequenos recollidos en casas de veciños

e familiares

Page 26: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

26

á fronte, Sergio Peñamaría del Ro-sario. Despois de entrar no cuartodo matrimonio que estaba na ca-ma, mallaron neles até que se can-saron; aos fillos máis pequenos me-téronos na cuadra coas ovellas e,unha vez reunidas todas as xentesda aldea na eira que hai diante dacasa, e para escarmento xeral, con-duciron á parella a un camiño pró-ximo, á paraxe coñecida polo no-me de Sampaio, asasináronos e nomesmo lugar ficaron enterrados.Alí seguen, no mesmo camiño, sóque agora unha lápida que puxo oconcello do Barco hai dous anoslembra aquel horríbel crime:

rentes lugares e datas: Rogelio foifusilado en outubro de 1941 en Ou-rense, despois de ser trasladadodesde Oporto, ferido, onde fora de-tido; Sebastián caeu en Borruga en1942, a consecuencia dunha balaperdida dun compañeiro da gue-rrilla; Domingo, o máis pequeño,morreu en decembro de 1946 enSoulecín, e a man que lanzou asdúas bombas que acabaron coa súavida era a dun amigo vendido aosfalanxistas; Alfonso caeu en Ocero(León) en1949, nunha emboscadada Garda Civil.

Chelo e Antonia foron as únicassupervivintes xunto co irmán máis

xa tiña relación co que foi o homeda súa vida, o comunista ArcadioRíos, da Federación de GuerrillasLeón-Galicia.

Intercalo a palabra directa deChelo neste relato, apresurado, dasúa vida:

Eu fun enlace desde que os meusirmáns marcharon ao monte, en xa-neiro do 39. A nosa casa sempre es-tivo aberta aos guerrilleiros. Chamá-banlle A Fortaleza. Foi unha casa deresistencia. Mais a Fortaleza derrubá-rona… Despois de facer de enlace du-rante todos este anos, e ante o perigoque se aveciñaba á saída do cárcere deLeón, por causa de un enlace noso terperdida unha carta de cuxa leitura sedesprendía que estábamos na casa fa-

Na súa casa en Île de Ré (xuño de 2006)

Aquí xacen Domingo Rodrígueze Amalia López, cidadáns e pais exem-plares fusilados polo franquismo o 28[sic, é o 18] -10-39. Soulecín e Valde-orras non vos esquecen. 10-7-2004.

Aquela morte sin sentido da parella de labregos foi un golpebrutal para a familia. Como Ro-gelio e Sebastián, tamén Alfonso eDomingo acabarían marchando aomonte para integrarse na guerrilla.Ningún dos catro irmáns sobre-viveu. En circunstancias distintas,os catro loitadores antifranquistasde Soulecín foron caendo en dife-

vello, Francisco, casado en Salas deRibera, que axudou aos irmánsmais nunca estivo na guerrilla. Asdúas irmás, sofreron vixianza cons-tante, persecución, estiveron nocárcere no Barco, en Ponferrada,en diferentes momentos e, en 1945,tras a caída de Columbrianos e odescubrimento de moitas casas deapoio e dos/as enlaces, foron pa-rar ao cárcere en León. Á saída,diante do perigo que corrían, mar-charon ao monte e estiveron sobretodo na chamada Cidade da Selva,nos vales de Casaio. Desde 1942 ela

miliar, marchei coa miña irmá aomonte. Fomos directamente a Rico-sende. Nesta aldea e en Soutadoiro eCasaio todas as casas eran nosas.Desde alí marchamos con Arcadio aosvales de Casaio e xa nos encontramoscos nosos irmáns, Domingo e Alfonso.Enteirámonos que ao día seguinte danosa partida, a casa aparecera cercadapola Garda Civil. De Ricosende fo-mos ás Morteiras, onde estaban oschozos. Alí encontramos a Girón,Alida, A Chata, Hilario, Parra… In-tegrámonos na guerrilla do monte,porque xa estábamos na da chaira,coas armas e loitando como eles. Euaprendín a manexar armas. Hou-bo mulleres que non a quixeron (Alida,

Page 27: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

27

Antonia, A Chata). Eu sempre quixena pistola. Arcadio ensinoume a tirarnunhas pradeiras que había por alí.Participei nalgúns combates cos meuscompañeiros. Lembro un entre o ríodas Morteiras e o da Bruña, nonhoubo baixas. Tampouco as houbonoutro en que tamén intervín naBruña… A Garda Civil sabía que es-tábamos alí pero non se atrevían a ir.Sabían que as xentes das aldeas pró-ximas estaban con nós e, ao menormovimento, mandaban aviso. Para en-trar naquel lugar tiñan que pensalomáis dunha vez porque ao mellor en-traban pero non sabían se sairían vi-vos. Dos vales íamos aos picos máisaltos. Había un que lle chamábamosO Parapeto, un pico estratéxico desdeonde se facía a garda… Alí tiña O Incao seu chozo, para el só, aínda que

bastián, coa pistola como única do-cumentación. Un día viñéronme bus-car ás 11 da noite e estivemos nunhamotora até as seis da mañá. Tras-ladáronme a Hendaya e alí me dei-xaron nunha rocha desde a que co-mecei a subir a montaña para me en-contrar cos compañeiros que estabanarriba. Cando ía pola metade, caín ro-dando e tiña sangue por todas par-tes: pernas, mans… Tenteino de no-vo e cheguei arriba. O que me esta-ba agardando díxome: «Felicítoche,porque se é a miña compañeira xanon se ergue». Ao que respondín: «Sea túa trouxera un regueiro de sanguecomo traio eu desde Galiza, ben quese levantaría…». Ao pisar terra fran-cesa pensei: teño a liberdade e nonsei para que a quero se deixo todoatrás…

lle, onde morreu o seu home en1989. Chelo non quer saír deste lu-gar. En París moran os dous fillos,os dous netos e unha bisneta. Vivecunha grande austeridade nunhacasa pequena e acolledora, aparta-da de La Flotte, a vila máis próxi-ma, uns dous quilómetros.

Aínda que está ben de saúde,manifestou ser esta a derradeira en-trevista que concede porque a lem-branza destes feitos alteraron o seusono os tres días que convivín conela, fixeron aflorar as emocións eá súa idade, dixo, estas lembranzasfanlle o mesmo dano que cando seproduciron os tráxicos aconteci-mentos que aquí, someramente,referín. Muller de carácter forte, eá vez agarimosa, disciplinada, se-gue con paixón todo o que ten aver coa rehabilitación dos prota-gonistas da guerrilla. Ao lle pre-guntar que significou para ela es-te movimento manifestou:

Queríamos a liberdade e loitába-mos contra Franco. Eu estaba dispostaa dar a miña vida polos compañeiros.Éramos como irmáns, como unha fa-milia unida: a onde ían os compañei-ros, ía eu e, se ían á morte, eu ía coneles. Por iso non admito nen nos li-bros, nen na historia, en ningunha par-te que se diga de nós que éramos un-has putas. Iso o dicían os fascistas e aGarda Civil. �

unha noite durmimos Antonia, Césare máis eu.

No monte estiven até que mata-ron a Arcadio (xullo de 1946) candofoi o do Congreso de Unificación…Aquel tiro que acabou coa súa vida,tamén me traspasou a min. Tiveronque quitarme a pistola porque eu nonquería seguir vivindo. Leváronme porvarios sitios: Correxais, Carracedo (ácasa do inglés Alexander Easton), des-pois a Berlanga e finalmente Madrid,onde estiven arredor de ano e medioagachada en casa dunha viúva condous fillos, Josefa, a quen lle matarono home. A través duns enlaces e des-pois de recibir unha carta do meu cu-ñado, César Ríos, cheguei a San Se-

Isto acontecía en 1949, despoisde tres anos de permanecer na clan-destinidade. Tras unha estadía bre-ve en Guéthary,10 onde gañaba avida traballando nunha horta encasa dunha refuxiada política e noservizo doméstico, marchou a Pa-rís con Antonia. Alí coñeceu a Ma-rino Montes, guerrilleiro asturia-no que chegara cun numerosogrupo o ano anterior, e con el ca-sou en 1953. A parella comezou aconstruír a vida de novo. Desde haitrinta e cinco anos vive en Île deRé, fermosa illa face a La Roche-

10 En Guéthary vivía a súa irmá eo seu compañeiro, César Ríos, irmánde Arcadio, o home de Chelo ao quemataron en Casaio. Partiran de Luan-co o 22 de outubro de 1948 e chega-ron dous días máis tarde a Saint Jeande Luz, con vinteseis guerrilleiros.

Page 28: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

28

mos xuntos. Dígoche na noite dodezaoito de agosto de 1936 antesde que me maten. E penso: quita-ranme a vida, mais non me qui-tarán o amor porque o amor é in-destrutible.

O mantón da mestra

No outono de 1938 MercedesRomero Abella, moza mestra deMonelos, cando tiña xa todo pre-parado para fuxir ao exilio, despois

CARMEN BLANCO�

de ser fusilado o seu home, foi se-parada dos seus dous pequenos fi-llos na súa casa da Coruña por unshomes de escuro para ser paseadae finalmente arrebolado o seu cor-po desde a ponte da Castellana aorío Mandeo. Antes de que se des-

O amor é indestrutible

Juana Capdevielle, fuches o máisfermoso da miña vida. Onde esteae mentres poida pensar, pensareien ti. Será como se estivésemosxuntos. Deixáchesme dito na noi-te do vinte e catro de xullo de 1936antes de que te matasen.

Paco Pérez Carballo, fuches omáis fermoso da miña vida. Ondeestea e mentres poida pensar, pen-sarei en ti. Será como se estivése-

Memoria de

* Este texto forma parte do libroinédito de Carmen Blanco Atracción to-tal, a piques de saír do prelo.

mulleres libres*

Page 29: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

29

cubrise o cadáver, na Costa do Salapareceu o seu mantón de loito en-sanguentado. A súa irmá políticafoi recollelo e acudiu á comisaríade policía para preguntar por ela.Ante a resposta cómplice de quenon sabían alí nada dela tiroullesaos pés o mantón da mestra comoviva lección de dignidade que so-breviviría nos seus fillos orfos.

As tres Marías

Entre as pedras que máis amopisar e aínda paseo están as da vellaCompostela antiga. Cando as pisopaseando pasades vós, as tres Ma-rías, miñas mulleres da irmandadeanarquista dos Fandiño, que sa-bedes, por amor, da loita libertaria,do exilio, do cárcere, do maltrato,da tortura e da morte provocadapolo fascismo. E con vós pasa equeda para sempre en Compostelao arco da vella da vida multicolorque levades nos vosos corpos, cobranco da vosa alba inocencia e onegro da acracia que nace no máisvermello do voso corazón.

Pensamos con infinita esperanza no por vir

Son Elvira Bao. Son Urania Me-lla. Humíllannos mandándonoslimpar as letrinas do cárcere. Non

nos importa. Este traballo iguála-nos a todas as mulleres humildesdo mundo. E mentres o facemospensamos con infinita esperanzano por vir.

Unha muller libre é casa aberta

Unha muller libre é casa aberta.Unha obreira metalúrxica da CNT

é refuxio de fuxidos. Unha liberta-ria ten casoupa solidaria en Cea. Pi-lar Fernández Seixas de Trabancafoi todo isto. Foi libre, foi proleta-ria, foi libertaria, foi refuxio e foicasoupa solidaria. Foi asasinada en febreiro de 1937. Foi casa quei-mada con cenetistas dentro en fe-breiro de 1937. Como queda o seunome para a memoria do amor,quedan tamén os nomes dos ho-mes da súa solidariedade. RodrigoBerruete, Antonio Saianes e Ma-nuel Limeres, asasinados. As mu-lleres libres somos e seremos sem-pre casa aberta.

Casas anarquistas

Cando se ergueu o terror de1936 mulleres anarquistas comba-térono na rúa e morreron. Candoo terror se impuxo mulleres anar-quistas fuxiron aos montes librespara seguir combaténdoo. Candoo terror continuou compañeiras

de anarquistas asasinados, nais deanarquistas asasinados, mulleres de anarquistas presos, nais de anar-quistas exiliados, irmás de anarquis-tas, fillas de anarquistas, mulleresde familias anarquistas e mulle-res militantes anarquistas abrironnos lugares amados de Galicia nosque vivían as súas casas anarquis-tas de acollida para libertarios e es-querdistas. A maioría pagouno coasúa vida. Moitas coa detención eo cárcere. E unha minoría coa fu-xida e a clandestinidade. Levamosas súas casas anarquistas dentro.

Unha rapada da represión

Son unha rapada da represión.Fun humillada e vou marcada. Nonme importa. Nada disto me pene-tra. Estou viva. Acariño o meu crá-neo cos seus pensamentos liberta-rios intactos e saio á rúa orgullosado meu rapado. Eles cortáronmeo pelo pero eu reafirmeime aíndamáis na miña personalidade abso-lutamente libre.

Juana Capdevielle Francisco Pérez Carballo

[…] fuches o máis fermoso da miña vida. Onde estea e mentres poida pensar, pensarei en ti. Será como se estivésemos xuntos

Page 30: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

30

Guerrilleiras nos Ancares

Consuelo Alba Digón e as súasfillas Florinda e Domitila GutiérrezAlba de Cervantes, valentes e re-sistentes á represión e ao acoso fas-cista, foron mulleres libres no mon-te. Guerrilleiras nos Ancares.

Nin deus nin dono

Nin deus nin dono. A igrexa quemáis ilumina é a igrexa ardendo.Carmen Lage Dapena foi acusadada queima do convento de SanFrancisco en Betanzos en 1936. Ti-vo que fugarse e permanecer enparadoiro descoñecido.

A vangarda de Mulleres Libres

Sebastiana Vitales Gascón foi unha aragonesa que emigrou aosEstados Unidos onde adoptou o

ideario anarquista cando partici-pou na Colonia Francisco Ferrer deStelton (Nova Jersey) xunto ao seucompañeiro, o fisterrán FranciscoBallón Pequeño. De volta da emi-gración instalouse na Coruña e in-tegrouse na FAI, onde levou unhagrande actividade e destacou co-mo oradora nos numerosos actoslibertarios dos anos finais da Re-pública que a levaron a falar en lu-gares como Cabovilaño, Vilagarcía,Viveiro, Elviña, Sada, Irixoa, Be-tanzos ou A Coruña. En decem-bro de 1935 acompañou a FedericaMontseny ao mitin que esta pro-nunciou en Betanzos. Federica dei-xou dito nas súas impresións dun-ha viaxe por Galicia, publicadas enLa Revista Blanca, que Sebastianaera unha compañeira boa, valente,seria e abnegada. Foi integrante do

grupo Vanguardia Femenina da FAI

coruñesa e fundadora da secciónlocal de Mujeres Libres na prima-vera de 1936. Ao comezar a guerracivil o seu compañeiro foi paseadoe ela acolleu na súa casa persoasperseguidas, polo que foi detida eestivo unha tempada en prisión. Aosaír do cárcere andivo agachadadous anos, nos que sobreviviu pri-meiro levando pan branco desdeSada á Coruña e logo vendendofroita nas minas de wolfram de Au-galada (Coristanco) para o que ca-miñaba diariamente catorce quiló-metros coa súa filla Luz. Aquela foiunha época durísima na que pasoumoita fame, mais, aínda así, sem-pre que podía leváballes alimentosaos presos. En 1954 decidiu mar-char a Venezuela coas súas dúas fi-llas e alí mantivo contactos co pro-fesor de orixe galega Ángel Rama,co anarquista catalán GerminalGracia Ibars e co grupo editor darevista Ruta, do que o catalán eraun dos animadores principais. Mo-rreu no exilio no ano 2000. Con elae por ela e con outras coma ela hou-bo en Galicia Vanguardia Femeni-na e Mujeres Libres. Co acoso fas-cista sobre ela e sobre outras comaela perdemos en Galicia a vangar-da das mulleres libres. Logo o seurenacer sería difícil e serodio. Maishoxe outra vangarda de mulleres li-bres continúa. �

Sebastiana Vitales Gascón

Sebastiana era unha compañeira boa,

valente, seria e abnega-da. Foi integrante

do grupo Vanguardia Femenina da FAI coruñesa

e fundadora da secciónlocal de Mujeres Libres

PU

BLI

CID

AD

E

Page 31: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

31

Lola Rodal, máis coñecida na súa vila natal de Cangas por a de Blanco, en referencia ao sinaladocompromiso social e político dos seus parentes maternos, conserva unha vívida e detallada memoriados sucesos da súa adolescencia na guerra civil, darepresión fascista da que a súa familia foi obxecto.Filla de dous destacados activistas nas loitas

Entrevista a

LAURA GÓMEZ LORENZO�

proletarias que antecederon e continuaron na República, apenas fala de si, a súa propia historiaqueda eclipsada polo sufrimento dos seus, que ao cabo convértese en sufrimento propio. Agradecémoslle fondamente o seu doloroso testemuño oral, de gran valor na recuperación da memoria colectiva.

Lola Rodal Blanco

Page 32: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

32

A. Dona Lola, cantos anos ten?, cantos eran de fa-milia e en que lugar viña vostede respecto dos seusirmáns?

LR. Teño 85 anos, vou camiño de 86, nacín en1921. Aquí recordo a criármonos catro irmáns. Omaior estaba no servizo militar en Cartagena can-do estourou a guerra, faltábanlle catro meses paracumprir, outro que tiña daquela 18 anos e que momataron, eu con 15 e miña irmá de 13.

A. Que lembranza conserva da vida familiar na súaprimeira infancia?

LR. Cando era nena crieime coma todos os rapa-ces. Viviamos aquí nesta casa na que estamos,aquí nacemos, aquí nos criamos. Meu pai andabano mar, miña nai pasaba redes, era atadora e máisque nada traballaba na conserva.Eles eran persoas destacadas, buscaban o ben detodos, porque hai setenta anos aquí era unha es-cravitude, os mariñeiros non tiñan dereito a nada,non podían protestar por nada, ata que se asocia-ron na Alianza Mariñeira, en Moaña xa foi antesque en Cangas. Os que se destacaban estaban malvistos por os patróns, é o que pasa, e con loitas eprendéndoos, boicoteándoos e non deixándoos irao mar..., se había unha folga, aos primeiros quebotaban man xa era a eles. Despois de anos, asatadoras, as que remendaban as redes e as conser-veiras tamén se quixeron asociar, así tiñan máisforza, porque antes era un abuso, sabes?, abusa-ban das mozas... Tiñan que estar asociadas coneles para ter forza. De aí lles veu a xenreira. Puxe-ron un rapaz que viña de Bos Aires de presidente,el quedou espantado de tanta ignominia como so-portaban as mulleres nas fábricas, e foi quen as

animou, miña nai era unha das cabecillas.1 Ese ra-paz foi a primeira vítima de Cangas.E así ía a vida, meu irmán máis vello, marchoupara o servizo, o outro, o que me mataron, saíaco meu pai ao mar. Cando había calquera cousa, mamá, presa. Meu paixa estivo escapado na Revolución de outubro [1910].Viñeron os gardas de asalto cachear a casa, meu paiescondeuse no faiado e cando marcharon os gardasescapou, foi para unha aldea, para a casa dunhatía miña, estivo alá escondido. Despois de moitosdías marcharon nunha lancha e tivo o desterro to-do en Tui, na casa dun tío que tiña alí. Andaba ves-tido cun mono, como quen que era empregadoda compañía que daba a luz á ponte internacional,porque seu tío andaba a ese oficio e meu pai ía conel. Entregouse cando rematou a revolución, e nonpasou nada. Meus familiares os outros [os Blanco] estiverontodos presos, cando foi de outubro. Eramos unhafamilia destacada no sentido do que se defendía.A familia dos Blancos en Cangas foi consideradado peor.

A. Como se desenvolveu a súa instrución, foi a al-gunha escola? Ata que anos?

LR. Fun á escola ata os 14 anos, deixei de ir por-que me expulsaron; meu irmán máis vello, ata os15, o outro ata os 14. Á escola fomos sempre, por-

Meus familiares os outros [os Blanco] estiveron todos presos,cando foi de outubro. Eramos unha

familia destacada no sentido do que se defendía. A familia

dos Blancos en Cangas foi considerada do peor

1 O seu pai, da UGT, foi presidente da Alianza Mariñei-ra en 1934, en 1936 estaba afiliado á CNT; a súa nai erapresidenta polas conserveiras da sección de mulleres daAlianza, A Reivindicadora.

Dolores Blanco e José Rodal

Page 33: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

33

que meus pais sempre nos mandaron ir. Meu painunca me dixo que fose á igrexa nin á misa, nósiamos con miña nai, porque daquela se non ías es-tabas mal vista, pero miña nai non era unha faná-tica, só que non quería que falasen de nós. Maismeu pai tampouco nos dicía de non ir, «cando se-xades maiores xa comprenderedes o que isto é».

A. Que aconteceu na súa familia co golpe militardo ano 1936?

LR. Había movemento desde o día 18, en Ferrol,aquí, alá... O 21 comezaron a meter xente nunhasbodegas que había no cuartel. Estabamos facendoa comida e papá tardaba, tardaba... ata que soube-mos que o prenderan. Metérono aí, na Casa doMar que era o Instituto Mariñeiro. Os primeirosdías aquí non houbo nada, a Xestora entregouse.Meu pai era concelleiro pola Alianza. Prenderonmáis de corenta persoas. Daquela os barcos esta-ban preparados e cheos de gasóleo para ir ao bo-nito, papá dicíalle ao alcalde, que era de Santiago,Jorge Echeverri, «non che dicía eu que nos escapa-ramos, que iamos a Portugal nos barcos?», e dicía-lle Echeverri, «pero por que?, non nos entrega-mos?, non levantaron acta no concello?», «pero tinon sabes quen é esta xente –dicía papá–». Eses días houbera algo de revolta, viña xente deMarín e de Pontevedra a Cangas, falanxistas e gar-

das civís. Desde o concello avisaran tamén aopobo para que puidese defenderse, mais con que?,que non tiñan armas, non tiñan nada. Daquelanon había radio nin televisión nas casas, o alcaldeera socio do Casino e alí había radio. Desde o 19xa se estaba pendente das noticias. Tamén habíaquen estaba no medio da xente mirando quen di-cía que, quen falaba, quen se declaraba a favor daRepública.Mamá e mais eu e a miña irmá iamos levarlle a papáa comida, esperando ver en que paraba aquilo, todoestaba rodeado de falanxistas. Unha noite, meu irmán máis novo, o que me ma-taron, estaba no mar, papá estaba preso e nós, aquína casa, era o 9 de agosto. Ás tres da mañá petaronna porta, pum, pum, pum... Eles puxeran toque dequeda, era un verán de moita calor, ás 9 da noitetodo quedaba pechado, a xente non podía andarpola rúa, non sendo pescadores que saían ao marou as persoas que ían traballar a Vigo. Portas eventás das casas, todo pechado, ata o outro día,xa enseguida petaban, pum, pum, pum, «¡esa luz!,¡esa luz!». Era horrible, mais a xente non tiña con-ciencia do que viña detrás.Mamá baixou; como seguían petando baixou co ca-misón de durmir, botou un mandilón por enriba eata non puxo nin zapatillas, baixou así polas esca-leiras, pensando que nos ían dar razón de papá. Di-

Page 34: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

34

favor, dejadlas en paz!», polas porcalladas que llesdicían. Entón, mentres mamá subía polo montesentiu unha descarga e o berro da compañeira. Eladíxolle ao garda, «Ai, Dios mío!», e o garda, «yo nopuedo hacer nada, usted márchese, usted no sevuelva a presentar más en Cangas». El disparoulle ao brazo, a bala atravesoulle a carneda parte de arriba del, entrou e saíu, non lle quedoudentro. Mamá co disparo caeu, os outros mar-charon. Ela cando volveu en si, viuse sangrando dobrazo, case espida, rompeu a parte de abaixo domandilón e envolveu o brazo, no medio da noite,sen saber onde ir, ela quería lavarse, porque san-graba moito. Tampouco sabía onde estaba, nonhabía luces na estrada. Baixou a un camiño e sentiuo falar de xente.Mais, claro, tamén ditaran un bando, que non sepodía acoller a ninguén escapado e como algunhaxente si fuxira polos montes, os falanxistas e gar-das civís armáronse e viñan doutros sitios, perco-rrendo as estradas con coches, meténdose polosmontes con cans e comezaron a matar. Ante iso axente colleu un pánico horroroso. Mamá sentiu aquelas voces, achegouse e púxose alavar a ferida no mar. Preguntáronlle «señora, quelle pasa?», contoulles, dixéronlle que non podíanfacer nada. Preguntou ela onde estaba, dixéronlleque en Aguete, ela quixo saber se estaba lonxe omatadoiro de Marín, porque tiña unha prima alí.Indicáronlle, foi e a prima non a recibiu. Entónbotouse sen rumbo.Había unha fábrica de gasosas antes de coller a costaque vai a Marín, o señor traía gasosas a Cangas cun

carro de cabalos e collera confianza cun parentenoso que tiña unha tenda. Mamá acordouse del,coñecíanse, chamábanlle de alcume o Peneireiro.Preguntáralle a esa prima onde quedaba a fábricae ela díxollo, co encargo de non contarlle a ninguénque fora pola casa dela. Deu co señor. Para entón xa se correra a bola de que levaranmatar dúas mulleres ao monte e só aparecera o

xéronlle «¿aquí no es la casa de Rodal?», «si... –dixomamá–», «¿usted es la mujer?», «si...», «¡pues venga!».E dixo mamá «por favor, déixenme ir vestir», «no,no, no, es para una declaración, así ya vale». Nósquedamos na casa, como non se podía saír á rúa denoite..., as veciñas aínda que oísen petar non saían.Ela xa desconfiou que ía para mala cousa.Alí na praciña que hai onda o edificio no que es-taba preso papá virou un coche, estaban con eladous gardas civís e mais un falanxista, dixéronlle«¡embarque!». Dentro do coche había unha rapazanova. Mamá choraba, e díxolle a moza, «non chore,señora, por que chora?», «como non vou chorar,miña filla!, ti cres que nos levan para boa cousa?–dixo mamá–». E a rapaza, «pois a min trouxé-ronme desde Marín e non me fixeron dano». Mamátiña 52 anos, xa era unha persoa maior. Ao virar o coche dixo para o sitio onde estabapapá, «adiós compañeiro». Papá estaba durmido enon o oíu, mais oíuno outro preso e díxollo: «estanoite oín a voz dunha muller que dicía isto...». Polo camiño dano non lles fixeron, mais aldraxá-banas con mil cousas, ían bébedos. Antes de chegarao matadoiro vello de Marín, naquela volta, hai

unhas baixadas, hoxe está todo poboado, mais da-quela non había practicamente casa ningunha, deMarín a Pontevedra non sei se habería unha duciade casas. Alí pararon o coche, «¡desembarquen!».Mandaron unha cara ao monte e a outra cara aabaixo, «¡caminen!». O garda que ía con mamá atalles rifaba aos outros, era de aquí, despois xa nonquixo ser máis garda civil, «¡callaos, hombre, por

Despois de anos, as atadoras, as que remendaban as redes e as

conserveiras tamén se quixeronasociar, así tiñan máis forza,

porque antes era un abuso, sabes?, abusaban das mozas...

Page 35: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

corpo dunha, armouse un rebumbio tal que xa sepuxeron todos a buscar a miña nai. Eran xa as ca-tro e pico da mañá. O señor díxolle, «eu aquí non te podo ter, maisvente comigo que teño unha filla que vive bastantearriba no monte e ten o marido na parella, el vénde tarde en tarde, ten un meniño pequeno». Le-vouna alí. Cando chegou a pobre muller, extenuada,chea de sede, cunha febre horrible, a moza meteunana cama, lavoulle a ferida con augardente, deulleunha roupa limpa, unhas zapatillas, un mantón. Ao pasar un día, con tantos falanxistas por alí concans... as mulleres no lavadoiro xa empezaron afalar, «ai, disque andan buscando unha muller quevai fuxitiva polos montes, que vai armada e é unhamuller de moito perigo, que se se atopa que se deaparte á Garda Civil». A moza que escoitou istochegou á casa a xunto de mamá e contoullo. Entónmamá díxolle, «non te quero comprometer; senfalta, así que veña a noite marcho», «pero onde vaiir –díxolle a rapaza–», «onde vaia, ti déixame a min».E mamá sabía como ir andando a Pontevedra, decando papá estivera no hospital por causa dunhashernias. Ela tiña para ir na línea, que valía 2,50ptas., pero había unha compañeira cunha irmá tu-berculosa e como esta compañeira non tiña, poismamá prefería ir con ela andando. Procurou situarse, «se estou en Marín, este monteha de ser o que separa Cangas de Moaña». Ela bus-caba sempre a altura. A noite que saíu deulle moitasede e cansazo e baixouse a beber, bebeu dunhafontiña e quedouse durmida. Cando espertou xacase había día, agora andamos atrasados respecto

35

do sol, antes ás 5 da mañá, no mes de xullo era díaclaro. Había xentes nos campos, a aquelar no millo,ela pasaba de lonxe. Desde Aguete atravesou todoo monte e veu parar á fonte de Coiro, sen saber ca-miño nin carreira. Tivo que chegar máis arriba deCoto Redondo para poder ver Moaña, hoxe haimoita máis iluminación, daquela había poucasluces, así se achegou a Coiro. De Coiro a Ermelo. Ela coñecía unha rapaza de Ermelo, que viña tra-ballar á fábrica a Cangas, eran moi amigas, a rapazavivía cunha avoa moi velliña, viña ganar o xornala Cangas e despois quedaba coa avoa a axudaa noque podía. Mamá, polas indicacións que a rapazalle dera da casa, encontrouna. A rapaza fora tra-ballar e xa sabía o que se falaba en Cangas, «ai!, estanoite viñeron levar a señora Dolores, a familiaándaa buscando e non a atopa...». Mamá petoullena porta, así que a mirou, «señora Dolores!, pase,pase, ai Dios mío!». Deulle unha cunca de leite, «ustétranquiliña, eu agora vou a Cangas e vou dicirlleás súas familias onde está». Mamá díxolle, «non,non vaias, non vaias; eu tan pronto veña a noitebaixo ao Sisto, que teño aí xente coñecida». Elaquería chegar á casa, ignorando o que lle viña. De noite púxose en camiño e así que amenceu detodo chegou á casa que buscaba, era unha casa delabranza, tiñan cortes. Meteuse por debaixo dunpatio, onde estaban as cortes, e atopounos mun-guindo as vacas, «Ai, Dolores!, ai Díos mío!». Díxo-lles, «por favor, ide a Cangas e dicídelle á miña fa-milia onde estou, que me veñan buscar». Ela tardou desde que a sacaron da casa ata queapareceu catro días. Cando nos dixeron onde es-

Para entón xa se correra a bola deque levaran matar dúas mulleresao monte e só aparecera o corpodunha […]

Page 36: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

36

vienen ustedes?, pero vamos a ver, ¿para qué que-remos a su madre nosotros, para hacer una torti-lla con ella?».Seguimos buscándoa; onde fose que se falabadunha muller morta, alá iamos, no cemiterio deBueu vimos o corpo daquela rapaza que levaroncon ela a noite do seu paseo. Así, ata que apareceu.Curáronlle a ferida, despois dun mes ou así, levá-rona a Pontevedra, botou alí dous meses e mediono cárcere. Ela no cárcere estivo maliña, maliña...Entón mataron o meu irmán. Ela non sabía nada,e nós tiñamos que ir onda ela. Eu non lle dicíanada, mais un día preguntoume, «pero como nonvén visitarme teu irmán?», «mamá, está malo».Como de pequeno fora delicadiño... Mais ela in-sistía con frecuencia. Un día ao saír á misa no pa-tio do cárcere, poñían nun lado as mulleres e nou-tro os homes, había un de Cangas que estabapreso por contrabando de tabaco e ela achegousee preguntoulle, «mira, e o meu fillo?», «o seu fillo,matárono». Ela quedou medio morta, de feito es-tivo a morrer no presidio.Despois xulgárona, cuns testemuños de nada,porque alí despachábanse xuízos coma billetesnunha estación, cada mañá, 3, 4, 5 xuízos, pero co-rrendo, correndo, sen mirar probas, sen escoitar astestemuñas, nada, o que dicía o fiscal estaba ben.Ata tivo mala sorte, porque o fiscal que lle tocouera un fulano que viña de Asturias, morréralle unirmán na fronte e viña desesperado, aínda non fa-lara a primeira testemuña... «a esa mujer pena demuerte, a esa mujer pena de muerte». Botou nocárcere nove meses, de alí a Saturrarán, en Motriko,no País Vasco. Papá botou catro anos e medio nacadea, mais mamá botou cinco anos e medio. Edespois de cumprir esa condena, aínda a deste-rraron, non a querían en Cangas.2 �

taba fómola buscar alí. Tivemos que ir ao cuartel,despois a Pontevedra, fomos ver a dúas altas auto-ridades, non lembro que eran. Tomáronlle unhapequena declaración, mamá contoulles comofora. Dixéronlle: «usted se va para su casa y noabra la puerta nunca de noche a nadie, si la quie-ren buscar, que vengan a buscarla de día y que lagente se entere para dónde va». Mandárona para a casa. Para esta casa xa non vi-ñemos, quedamos soíñas!, fómonos. Quedamosna casa dun familiar, aí en Bueu. Así que chega-mos, diante da casa apostouse un falanxista co fu-sil nunha cadeira, saía aquel e poñíase outro, asídía e noite. Naquela mesma noite, ás dúas e me-dia da mañá, nós durmindo alí con mamá, pum,pum, pum, pum, «¡esa mujer, que se levante!, ¡esamujer, que se levante!». Nós fixemos un balbordoalí..., meu irmán, o que despois me mataron,meus tíos, todos. Entón chegou un falanxista deCangas e un tenente da Garda Civil que había enCangas que era un criminal terrible. A mamá,ante aquela ameaza, deulle un ataque de nerviose non era capaz de falar. Díxolle o tenente ao fa-lanxista, «vete al Cuartel de la Guardia Civil ytraes la máquina de escribir, que le voy a tomardeclaración aquí». O que escribiu na declaración,non o sei, o que veu ao outro día na prensa, «En-contraron a una mujer peligrosa por el monte, ledispararon y la hirieron», así, todo emboscado.Despois soubemos, porque todo se sabe, que semiña nai sae daquela, aos dous metros xa a matanna rúa. Eles non querían que se soubese que leva-ran a miña nai fóra da casa a matar.Nós foramos ao cuartel, meu irmán (o que memataron), miña irmá e mais eu. Dixéronnos, «no,no sabemos nada de que se hayan llevado a unamujer de aquí esta noche». Respondeu meu ir-mán que a sacaran da casa... «¿y a usted quién ledijo que la trajeron al cuartel?», «pero yo sé que latrajeron al cuartel», «aquí no hay nada ni sabemosnada de eso». Volvemos outra vez, porque a xenteveciña de alí nos dicía que si, que a levaran e que ameteran nun coche..., sabes o que nos dixo o sar-xento?: «¡oigan, no suban esos peldaños!, ¿a qué

2 As situacións que describe Lola Rodal Blanco sobre opaseo, fuxida e condena da súa nai e sobre a condena do seupai no forte de San Cristóbal figuran tamén coas súas pro-pias palabras na obra de Iago SANTOS CASTROVIEJO e Anto-nio NORES SOLIÑO: Historia de Cangas 1900-1936: Unha ribei-ra de pescadores, Vigo, A Nosa Terra, 2005 (Col. O fardel damemoria).

Papá botou catro anos e medio nacadea, mais mamá botou cinco

anos e medio. E despois de cumpriresa condena, aínda a desterraron,

non a querían en Cangas

Page 37: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

37

Esta é só unha proposta, certamente nin a máis completa, nin a mellor, nintan sequera a máis sistemática das posíbeis. Un período histórico concreto uni-fica tematicamente a totalidade dos textos escollidos. A necesidade de evitar adispersión fixo que nos centrásemos en material impreso, evitando nesta oca-sión páxinas web, gravacións sonoras, audiovisuais e outro tipo de soportes. Áhora de realizar a escolma procurouse ademais destacar testemuños e estudospublicados recentemente. Rexeitáronse todos aqueles documentos que non tra-taban de maneira directa as problemáticas e vivencias das mulleres. O escasoespazo e o desexo de non aburrir fixeron o resto. Agardamos que sexades quende tirarlle algún proveito.

Unha bibliografía

PATRICIA ARIAS CHACHERO�

posíbel

Page 38: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

VV. AA.: Unión Libre: Cadernos de Vida e Culturas: Vermellas (Sada, Edicións do Castro),núm. 11 (2006)

Coordinado por Carme Blanco e Claudio Rodrí-guez Fer acaba de saír ao mercado este sempre coi-dado caderno monográfico de periodicidade anual.Enlazando co número nove da colección, aparecidobaixo o título «Memoria antifascista de Galicia», o pre-

sente exemplar aborda a vida de dis-tintas mulleres galegas represaliadas.

Nestas páxinas recóllense colabo-racións de Carmen Veiga de Bernar-do, Luis Lamela, Dionísio Pereira,Eliseo Fernández, María Xesús Sou-to Blanco, Ruth Fernández, MaríaLopo e Olga Novo.

Entre elas o relato da mortede Juana Capdevielle, a culta es-

posa do gobernador da Coruña, asa-sinada en 1936 nunha cuneta cerca de Rábade. Ou a terríbel narración das tres mortas a mans dos fa-lanxistas na pequena aldea lucense de Montecubeiro,unha delas era a afervoada crente Carme Sarille Len-ceiro vexada até a morte simplemente por ser irmádun republicano fuxido.

Completan esta publicación interesantes reflexiónssobre a comunista Consuelo Alonso, sobre a pasea-da Mercedes Romero Abella ou sobre a represión franquista exercida contra as mulleres libertarias naGaliza.

GARCÍA, Jorge, e Fidel MARTÍNEZ: Cuerda de presas,Bilbao, Astiberri, 2005

Xa temos falado desta banda dese-ñada en Andaina (número 41, verán2005), aínda así non queremos deixarpasar a oportunidade de recomen-dárvola unha vez máis. Sirva poiseste pequeno espazo para lembrara versatilidade e eficacia das vi-ñetas á hora de narrar grafica-mente as atrocidades cometidasnos cárceres de mulleres du-rante a posguerra.

Os primeirizos autores re-collen neste cómic un total

de once historias acontecidas en di-ferentes presidios españois. Con verdadeira mes-

tría logran debuxar unha realidade insoportábel porhumillante e grotesca que non debe permanecer si-lenciada.

VV. AA.: Poemas pola memoria (1936-2006),Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, 2006

Elaborado traballo de Manuel Fernández Rodrí-guez, compilador dos poemas e autor da introducióncoa que se abre esta fermosaantoloxía temática que constadun total de 78 textos en versoescritos en galego por 35 au-tores diferentes.

Perfectamente estruturadoo poemario divídese en tresgrandes apartados: memoriada guerra, memoria da pos-guerra e memoria da me-moria. Polas súas páxinas cir-culan textos xa clásicos deCabanillas, Celso Emilio, Pi-mentel ou Ferrín. Reivindica-ción, denuncia, memoria ecompromiso foron os eixes que serviron para unirtodos estes autores. Chegadas aquí non podemosdeixar de dicilo, só seis mulleres con cadanseu poemaforman parte deste interesante proxecto. En francaminoría pois, merecen os nosos máis expresivos pa-rabéns: Carme Blanco, Marga do Val, Luísa Villalta,Luz Pozo Garza, Xohana Torres e Olga Novo.

O libro, publicado dentro dos actos que oficial-mente se están a celebrar para conmemorar o cha-mado Ano da Memoria, foi presentado o día 1 de maiodo presente ano na cidade de Buenos Aires.

FONSECA, Carlos: Rosario dinamitera: Una mujer en el frente, Madrid, Temas de Hoy,2006

Na feira do libro de Madrid desteano asinounos un libro Rosario Sán-chez Mora, a «Rosario, dinamitera»inmortalizada no poema de MiguelHernández, hoxe non podemosdeixar pasar a súa historia. Derrotae dignidade danse a man nesta no-vela que Carlos Fonseca, o autorde Trece rosas rojas,1 escribe coaaxuda da protagonista.

1 Trece rosas rojas, Madrid, Temas de Hoy, 2004. Texto noque o autor recolle e investiga a morte das trece menoresaxusticiadas en Madrid en 1939.

38

Page 39: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

39

Con 17 anos, Rosario ingresou voluntaria nas filasdo Quinto Rexemento, durante meses participou nadefensa de Madrid. O 15 de setembro de 1936 perdeua súa man dereita mentres lanzaba cartuchos de di-namita contra o autodenominado exército nacional,levaba semanas fabricando bombas en latas de leitecondensado recheas de dinamita, cristais, cravos e pa-rafusos.

Durante toda a contenda a xove Rosario traballouao lado do bando republicano, nese mesmo períodocasou polo civil e queda embarazada. O seu compa-ñeiro marchou á fronte e as súas cartas deixaron dechegarlle.

Rematada a guerra, Rosario, acusada de adhesióná rebelión, sufriu prisión en distintos cárceres espa-ñois, finalmente conmutáronlle a pena de morte por30 anos de reclusión.

Cando logrou reunirse coa súa filla descubriu queo seu marido estaba vivo e que volvera casar con outramuller, o réxime de Franco invalidara as vodas polocivil realizadas durante a República. A nosa protago-nista non se rendeu e só ao final desta apaixonantehistoria logrou volver reunirse co que fora o seu home.

NÚÑEZ, Mirta: Mujeres caídas: Prostitutas legales yclandestinas en el franquismo, Madrid, Oberon, 2003

Na época franquista non todas as mulleres foronamantes nais e submisas esposas, a catedrática da Uni-versidade Complutense Mirta Núñez amósanos nes-te estudo a realidade dunhas mulleres que buscan naprostitución unha saída á miseria que a longa pos-guerra impuxo en moitos fogares.

Até 1956 a prostitución foi un medio lícito de ga-ñarse a vida en España, sempre e cando se realizaseen lugares pechados. As prostitutas máis humildesvíanse obrigadas a exercer por libre, o que motivabaque fosen perseguidas e encarceradas.

As caídas necesitaban, segundo o réxime, ser redi-midas e rexeneradas. Coa colaboración de sacerdotese ordes relixiosas o hipócrita sistema da época creouen 1941 a Obra de Redención de Mulleres Caídas. In-vención que obrigou as prostitutas detidas a catequi-zarse e a traballar de balde para o Estado sen reducircondena co seu traballo. Unha vez abolida a prostitu-ción foi necesaria a creación dunha singular ComisiónCoordinadora dos Problemas de Moralidade Pública,dependente directamente do Ministerio de Xustiza.

CUEVAS, Tomasa: Presas: Mujeres en las cárceles franquistas, Barcelona, Icaria, 2005 (Mujeres, voces y propuestas)

A autora deste libro naceu en Guadalaxara fai ago-ra 89 anos. Con nove entrou a traballar nunha fábri-ca de tecidos, apenas cinco anos despois comezou amilitar nas Xuventudes Comunistas. En 1931 Toma-sa, como tantas outras mulle-res, converterase nunha activae comprometida defensora daRepública e das súas ideas.

Rematada a guerra civil, de-tivérona e condenárona a pa-sar trinta anos en prisión, dosque cumpriría cinco. Nesta pri-meira estancia nos humillantescárceres de Franco, coñeceríaa historia de moitas mullerespresas. Non tardou en decidirque había que contar a verda-de do que sucedeu.

En 1945 volvérona apresare, despois de sufrir torturas e vexacións, ingresou denovo en prisión e reafirmou a súa vontade. En 1974,con 57 anos cumpridos, decidiu coller unha gravado-ra e percorrer España en busca das súas antigas com-pañeiras de cárcere. Cando as atopaba animábaas pa-ra que contaran o que viviron, fíxoo sendo plenamenteconsciente da importancia da denuncia e da inxusti-za do silencio que paira sobre a nacente transición es-pañola.

Durante anos logrou reunir máis de trescentos tes-temuños doutras tantas mulleres, coa axuda de Váz-quez Montalbán e Teresa Pàmies publicáronse en trestomos. A obra, actualmente esgotada, non tardou enconverterse nun referente para todos os estudosos daguerra civil española. O libro que aquí presentamosé unha reedición condensada deste singular e valen-te traballo.

Page 40: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

QUIÑONERO, Llum: Nosotras que perdimos la paz,Madrid, Foca, 2005

As mulleres deste libro non son sóirmás, noivas, esposas e nais, son gue-rrilleiras, rebeldes loitadoras e incon-formistas, son as protagonistas deduros relatos de calada resistencia,de inxustiza e dor que provocan nalectora a ira e tristeza a un tempo.

Trinidad Gallego é unha nona-xenaria comunista que soportou ocárcere, o acoso, as torturas e vio-lacións insistindo na idea de queloitar polo que unha cre paga apena. Concha Pérez exerceu co-

mo convencida anarquista, mili-ciana e obreira cenetista. Xunto a elas están RosaCremón, brigadista internacional que abandonou asúa Francia natal para defender en España as ideas re-publicanas e Conchita Liaño membro de Mujeres Li-bres, agrupación feminista de ideoloxía anarquista quepropuxo por primeira vez en España o que se vén cha-mando feminismo proletario.

Acompaña este fermoso traballo un interesanteDVD, no que se inclúe o documental Mujeres del 36.Realizado seguindo un guión de Ana Martínez e a pro-pia Llum Quiñonero, para o programa de TVE «Lanoche temática». A filmación recolle os testemuñosdestas mulleres de diferentes ideoloxías que desde dis-tintos lugares, cargos e sensibilidades participaron ac-tivamente na instauración da República e na poste-rior guerra civil.

NÚÑEZ, Mercedes: Cárcere de ventas, Vigo, A Nosa Terra, 2005

Á socialista Mercedes Nú-ñez detivérona en 1939 na rúaReal da Coruña. O 7 de mar-zo de 1940 ingresou no cárce-re de Ventas, un centro pensa-do para acoller a 500 presasque nese momento habitabanalgo máis de seis mil reclusas.

Durante dous longos anos aprincipal protagonista destabreve e intensa historia sopor-tou as duras condicións de vidaneste penal. As sacas noctur-

nas, as malleiras e vexacións, o ruído dos tiros de grazadados aos fusilados, a fame e a sucidade conviven nesterelato coa fortaleza e enteireza dunhas mulleres quenon están dispostas a se render.

O libro escrito no exilio e publicado por primeiravez en París en 1967, está dedicado aos «fillos dos ven-cedores e dos vencidos», a autora quere que coñeza-mos o que sucedeu e que non morran no esquece-mento as vivencias e sufrimentos de tantas mulleresque loitaron con desigual fortuna pola liberdade. Aedición en galego publicada o ano pasado por A NosaTerra ábrese cun certeiro prólogo de Carme Vidal.

RODRIGO, Antonina: Mujer y exilio 1939,Barcelona, Flor del Viento, 2003

Este libro forma parte dunha triloxía coa que sepretende facer xustiza a tres colectivos femininos mar-cados pola guerra civil. Nomeados en xenérico, a au-tora fala de: as silenciadas, as exiliadas e as esqueci-das. Concorren nestas páxinas das exiliadas un totalde 22 semblanzas doutras tantas mulleres que porideoloxía ou por parentesco se vironforzadas a abandonar España tras aderrota de 1939.

Os avións franquistas bombar-dean as estradas e disparan en vosrasantes a aterrados nenos, anciánse mulleres que tentan fuxir do ho-rror. Entre eles, Ana Ruíz Her-nández logra cruzar a fronteirafrancesa acompañada dos seusfillos Manuel e Antonio Ma-chado. Peor sorte tivo outranai, Vicenta Lorca Romero,quen partiu para o exilio dei-xando ao seu fillo Federico García Lor-ca brutalmente asasinado nun campo de Granada.

A bibliógrafa Antonina Rodrigo traza nestas páxi-nas interesantes bocexos da traxectoria ideolóxica evital de diferentes mulleres. Entre elas María del Car-men García, actriz e compañeira de Lorca en La Ba-rraca, a filósofa María Zambrano, Rosario dinamite-ra, a escritora María Enciso ou a loitadora Lola Iturbe.

40

Page 41: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

Polas 390 páxinas do libro circulan indignantes car-cereiras que simulan bandeiras dos vencedores concaramelos de limón entre beizos pintados de verme-llo, mulleres obrigadas a beber litros de aceite de rí-cino e garavanzos que se cravan nos xeonllos duran-te crueis interrogatorios, pero tamén orgullosas presasque cosen clandestinamente uniformes para a gue-rrilla cos retallos que rouban dos talleres do presidioou parellas que para non ser multadas por escándalopúblico se bican na estación do tren de Delicias men-tres simulan despedidas apresuradas.

«Chorar é perder o control» afirma unha das pro-tagonistas, e o control e a dignidade é o único que po-súen todas elas, a adolescente violentamente rapadae coas siglas UHP (Unión de Hermanos Proletarios)escritas na fronte, a embarazada que espera no cár-cere o momento de dar a luz para ser fusilada ou amuller que ás agachadas entra no cemiterio a recor-tar anacos da roupa dos asasinados, para que os seusos recoñezan e poidan chorar por eles.

NASH, Mary: Rojas: Las mujeres republicanas en la guerra civil, Madrid, Taurus, 1999

Neste rigoroso traballo a prestixiosa historiadorairlandesa Mary Nash investiga e analizaos distintos papeis asumidose exercidos polas mulleres du-rante a guerra civil española.

Polas algo máis de 350 pá-xinas deste libro circulan mi-licianas, heroínas de retagarda, loitadoras anónimas, prostitutas,anarquistas, marxistas e outras moi-tas mulleres. O que importa nestaocasión non son as historias particu-lares, senón as distintas reaccións e ac-tuacións dos colectivos femininos. Aconclusión do traballo pasa por reco-ñecer unha activa e masiva participacióndas mulleres contra Franco e o réxime que este re-presentaba. Durante a guerra resultou evidente o di-namismo dunhas mulleres fondamente comprometi-das que romperon cos roles tradicionais que asrelegaban ao ámbito doméstico, para participar cons-cientemente na vida pública e política.

Asumiron os traballos máis inverosímiles na épo-ca, tomaron as armas, formáronse, impuxeron a súavoz, expresando publicamente a súa opinión, edita-ron e publicaron xornais e revistas. Todo isto trouxoaparellado unha obrigada reformulación da femini-dade e dos roles das mulleres que se viu drasticamentetruncada coa vitoria do exército franquista.

VINYES, Ricard: Irredentas: Las presas políticas y sus hijos en las cárceles de Franco, Madrid, Temas deHoy, 2003

En Madrid existiu a Prisión de Madres Lactantes,onde as mulleres só podían ver aos seus fillos unha

hora ao día, onde os nenos deitados en berceschoraban durante horas nun insa-

lubre patio, mentres desdeas fiestras enreixadas as pre-

sas os contemplaban taménchorando.

A cruel María Topete Fer-nández foi a directora de tan lú-

gubre penal desde xaneiro de1941. Desde o comezo seguiu con

empeño métodos coincidentes codiscurso segregacionista do militar

e psiquiatra Antonio Vallejo Nájera.A Topete separaba os pequenos das súas familias pa-ra reeducalos en centros adecuados, por suposto sem-pre en mans do Estado ou da Igrexa.

Sábese que en 1943 había algo máis de 12.000 me-nores ingresados en centros españois de asistencia pú-blica ou relixiosa. O 62,6 % deles eran nenas, a maio-ría ingresou en centros relixiosos para redimir ospecados cometidos polas súas nais e os seus pais. Moi-tas xamais saíron, convertidas en monxas e freiras re-negaron abertamente do seu pasado e dos seus pro-xenitores.

O historiador barcelonés Ricard Vinyes, reconstrúeneste interesante estudo de 267 páxinas a situación daspresas e dos seus fillos. Nenos e nenas encarceradossen figurar en ningún libro de rexistro. A falta de do-cumentación fai que sexa moi difícil precisar cantospequenos morreron entre as reixas.

CHACÓN, Dulce: La voz dormida, Madrid, Alfaguara, 2002

Esta estarrecedora novela daestremeña Dulce Chacón, teci-da con retallos de moitas vidasreais e testemuños da posgue-rra española, tense convertidoen todo un éxito comercial. Éa historia dun grupo de pre-sas do madrileño cárcere deVentas, delas e dos que as ro-dean e do país en que todosmalviven.

41

Page 42: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

DOÑA, Juana: Desde la noche y la niebla (mujeres enlas cárceles franquistas), Madrid, Ediciones de la Torre, 1978

Republicanas amoreadas en antigos vagóns de gan-do viaxan presas ao final da guerra entre Alacante eValencia, con elas os seus pequenos fillos. Durantetres sufocantes días as detidas malviven apertadas sen

poder saír. Como único sustento,unha cantimplora de auga e tressardiñas. Son moitos os pequenosque non o resisten. Cando os mi-litares fascistas abren por fin osvagóns preguntan espantados aque cheiran. A merda e a nenomorto responden as desespe-radas nais.

A militante comunista Jua-na Doña reconstrúe nestaarrepiante novela a súa pro-pia vida. A Leonor, a prota-gonista, detéñena en Nadal

de 1939. Durante sesenta intermi-nábeis xornadas sofre todo tipo de torturas nos bai-xos do edificio da Gobernación de Madrid. Esmaga-da pola policía político-social que usaba con saña osmétodos aprendidos da Gestapo, Leonor ve como ma-tan a golpes a un compañeiro ou como outro detidose corta as veas cos vidros dos seus lentes.

Cando abandona o edificio faino para ingresar no cárcere de Ventas, onde milleiros de mulleres mo-rren de avitaminose e fan de cada chanzo das escalei-ras unha inhumana cama. Condenada a morte en 1947,viviu incríbeis meses agardando polo seu fusilamen-to, para ao final ver conmutada a súa pena pola detrinta interminábeis anos de prisión.

NASH, Mary: Mujeres Libres: España 1936-1939,Barcelona, Tusquets, 1976 (Acracia)

Texto indispensábel para coñecer e comprender es-ta organización feminista de orientación anarquistaque actuou na España de 1936 a 1939.

As máis de 20.000 afiliadas a Mujeres Libres defen-deron a necesidade de levar a cabo unha verdadeirarevolución social. O movemento que tivo especial re-percusión en Cataluña, fixo que durante a contendaestas mulleres loitasen non por defender un estado ougañar unha guerra, senón coa clara vontade de con-seguir unha profunda transformación social que pa-saba pola emancipación total da muller.

O obxectivo era liberar a muller das escravitudesque por tradición se lle viñan impoñendo. Para istorexeitaban abertamente todo tipo de autoritarismomasculino, consideraban imprescindíbel que a mullerpuidese acceder en igualdade de condicións ao traba-llo, xa que del facían depender directamente unha au-tonomía económica que supuñan indispensábel paraconstruír relacións de parella igualitarias e libres.As avanzadas ideas desta organización sobre educa-ción, prostitución, sanidade e igualdade sorprendenhoxe pola vixencia con que se nos amosan.

ALCALDE, Carmen: La mujer en la guerra civil española, Madrid, Cambio 16, 1976

Carmen Alcalde foi unha pioneirasen recoller e publicar unha chea detestemuños, de documentos e de da-tos sobre o papel e as actividades de-senvolvidas polas mulleres duran-te a contenda. O traballo, concisopero completo, conforma un ne-cesario paseo polo vivir de aque-las que experimentaron en car-ne propia o estoupido daguerra civil española.

Unha curiosidade: Loren-zo Varela cantou a morte damilitante comunista LinaOdena, morta na fronte en 1936ao lado de campesiños e mineiros que loita-ban por unha república que trouxera á vida das mu-lleres o divorcio, o ensino libre e a posibilidade de mi-litar en partidos. Daquelas oportunidades xurdiranmulleres activas e comprometidas que neste estudosaen do silencio para recordarnos que un día loitaron,pensaron e traballaron polo que crían xusto.

42

Page 43: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

43

Pura imperial hispanofilia in-crustada de fanatismo relixioso,que os representantes de deus naterra, gobernantes, vixiantes, ama-nuenses e outros máis se encarga-ban de facer medrar nos nosos co-razóns e nas nosas conciencias deeducandas.

As circunstancias leváronme aestudar nun colexio de freiras. Co-rría 1961 cando ingresei alí, interna,para cursar con bolsa o 1º de ba-charelato cos meus 10 anos, xa case11, unha nena de aldea a 30 quiló-metros da vila e 60 quilómetros dacapital onde estaba o colexio.

Conservo algúns recordos: decoidados, de amigas, de humilla-cións, de resistencias, de elitismo,de pouca hixiene, dunha gastro-nomía incapaz de espertar prace-res e apetitos agás o leite conden-sado cocido dalgunhas merendas,as granadas no outono e algunhacousa máis que houben esquecer;aquel ollo de deus no triángulo daperfección véndoo todo, todo… atéos máis ocultos pensamentos, ou

unha saída de domingo, nunha rin-gleira de uniformadas cos veos ecoas luvas e un paniño no peto pa-ra tocar a furna do Brazo incorrup-to de Santa Teresa que fixeran che-gar á catedral para alentar a fe e adevoción.

Conservo outras lembranzas.Chegou o entroido de 1962, felici-dade de máscaras na aldea e pra-cer de filloas, flores, orellas e o la-cón con grelos. Erguémonos cedo,coma todos os días naquel durmi-torio cheo de camas de nenas, enon puidemos abrir as fiestras por-que as persianas, todas, estaban ata-das e con ferrollo! Misa, comedore, á capela outra vez facer HorasSantas polos graves pecados que secometen en Rio de Janeiro!

De xeonllos nos bancos da ca-pela, apenas sen luz e cos brazosen cruz que caen de contado… eas freiras a tocarnos nas costas pa-ra erguer os brazos, sempre en cruzsen descanso. Horas Santas! Polosgraves pecados que se cometen enRio de Janeiro… que eu sabía por

Francisco, o da Granxa, que esti-vera emigrado. E tiña unha sobri-ña, Carmiña, la americana vestidatoda guapa con nailons e puntiñastan distintas!

Polos graves pecados que, de xe-onllos a brazos, tentaba imaxinarnaquela dor. Non tiña imaxinaciónpara tanto. Que podería ter feitoFrancisco o da granxa e Pura, a mu-ller, en Rio de Janeiro para aquelsufrimento, aquela entrega invo-luntaria, aquel descoñecemento,aquela tortura?

Non tiña información ao meualcance e alí remanecía eu co pen-samento atorado e esmagado coador en xeonllos e brazos, na calu-ga e na alma até dar no calmoriodo pecado, o inferno, o castigo, opecado outra vez e de novo o pe-cado, o castigo e o lume espanto-so do inferno para sempre, parasempre o pecado…

Pedagoxía, formación e educa-ción en valores merecente de hon-ras premios e loubanzas, necesita-do de lembranzas e memoria. �

No internado de freiras,

NANINA SANTOS C.�

1962

Page 44: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

44

O 10 de marzo do 1972 morre-ran de tiro de bala dous obreirosen Ferrol. As forzas democráticasque naquel entón se movían na Co-ruña, fixeramos unhas octavillasdenunciando os feitos e chamandoá solidariedade con Ferrol. O Mo-vemento Democrático de Mulle-res (MDM) era unha daquelas for-zas. Eu ía repartilas no porto.Levábaas nun bolso grande. PilarValiño advertiunos que en Pepsahabía un gardián chivato. De es-

guello, vin que se achegaban dousgardas civís e non me quedou ou-tra que desfacerme das octavillas.Tireinas en bloque segundos antesde que me detivesen os gardas. Co-mo por milagre saíu un traballadordo Frigorífica e sacounas do me-dio. A parella da garda civil meteu-me nun almacén de peixe. Alí en-tregáronme á brigada social.

No meu bolso non había máisnada que o meu DNI, pero no petoda miña chaqueta, había unha ser-

villeta de papel co teléfono de JoséLuís Méndez Romeu. Non tiñaonde desfacerme dela e comina.Custoume tragala, pero, polo me-nos, destruín cos dentes o núme-ro do teléfono e o nome. Naquelmomento, recordei que había tri-bos africanas que, para saber caldos sospeitosos era o culpable, fa-cíanlle comer unha pasta seca, oque non a tragaba era o culpable.Eu non puiden tragar aquela pe-quena bóla.

VICTORIA DÍAZ�

Ao cárcere

Page 45: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

45

En comisaría interrogoume unsocial que eu supuxen de orixemanchega ou andaluza. Pregun-toume que facía eu polo porto aaquelas horas. Eu respondinllecunha pregunta: «Vostede non é deaquí, verdade?». Ao respondermeque era extremeño, limíteime a di-cirlle: «para qué explicarlle o que é o Muro para un coruñés, se nono entendería». O meu bolso era de-masiado grande para levar soa-mente un peite e un DNI. Pregun-táronme para que levaba aquelbolso. Dixen que no Muro, semprese pode comprar algo de peixe.

De comisaría leváronme aocuartel da garda civil. Eu tiña me-do, aínda que trataba de que nonse me notase. Alí fixéronme un ca-reo cun rapaciño ao que, segundoos gardas, eu lle dera a tarde ante-rior a propaganda. O pobre rapazestaba cheo de golpes, a súa carasangraba e case sen mirarme dixo

por terceira vez

«si, é ela». Eu enfurecínme, díxen-lles aos gardas: Se me pegan comolle fixeron a el seguramente eu asi-naría que matei a José Antonio! Ve-remos o que lle di ao xuíz, candovostedes xa non poidan golpealo.

Ao chegar ao xuíz pedín un ca-reo co raparigo. O maxistrado dí-xome: «non fai falta. O mozo de-clarou que non a coñecía a vostedede nada; que a garda civil mostrou-lle unha foto súa e con golpes obri-gáronlle a asinar unha declaraciónfalsa». O xuíz deume a posibilida-de de fuxir, xa que decretou a mi-ña liberdade provisional. Deille asgrazas, mais non aceptei a súa pro-posta de saír do xulgado cun oficialata despistarmos a policía. Estaba-mos xa no tardo franquismo e nonme pagaba a pena ser unha fuxidapor dous meses de cárcere.

A policía seguía na porta do xul-gado. Aplicáronme a Lei 16/1970,de 4 de agosto, sobre Peligrosida-

de e Rehabilitación Social. Iría aocárcere cunha multa gubernativade 250.000 ptas. que, para recorre-la, había que pagar no acto en pa-pel de pagos ao Estado.

Ao cárcere por terceira vez. Isoera un alivio, xa coñecía as funcio-narias, que eran unhas persoasamables, e alí non podía entrar apolicía nin a garda civil, co cal mesentía protexida.

Coñecín tres persoas excepcio-nais: Fina Varela, Sari Alabau e Me-la, a Carboeira. Mela era unha per-soa terriblemente solidaria quegardaba esa sensibilidade baixo un-ha apariencia dura. Vendía peixena praza de Ferrol. Pregunteille deque a acusaban e contestoume: «deromper todos os ovos que puiden».Que resposta tan insólita pareceu-me naquel momento! Non me co-ñecía e non pensou en darme máisexplicacións. Mela non aprenderaa ler, na súa nenez repartía carbón

Ao cárcere por terceiravez. Iso era un alivio, xa coñecía as funcionarias, que eran unhas persoas amables, e alí non podía entrar a policía nin a garda civil,

co cal me sentía protexida

Page 46: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

46

cpolas casas. Pasou moita fame, co-llía as algarrobas dos cabalos daMariña, para comelas. Dicía queeran como chocolatinas. Tiña or-gullo e dignidade.

Propuxémoslle ensinarlle a lere a escribir, ela aceptou se a cam-bio nos puidese ensinar algo. A minensinoume a lavar os pantalóns va-queiros polo revés, cun cepillo, easí empezamos o intercambio, noque ela me ensinou moito máis doque eu puiden ensinarlle. Lembrartodo o que ela me ensinou logo detanto tempo resulta difícil. Pero in-tentarei algunhas pinceladas.

Ela vivía unha vida moi distin-ta da miña. Baixo unha aparien-cia tosca, agochabase unha mullerchea de tenrura, amante dos seusfillos e solidaria cos parados. Ex-plicoume como levaba o seu ne-gocio. Compraba na lonxa cadaamencer e empezaba a vender atarecobrar o investido e poder levaralgo para casa. A partir das docecomezaba o saldo. Coñecía todo

Ferrol. Sabía quen tiña problemasde diñeiro e quen non. A partir dasdoce o seu peixe non tiña prezo fi-xo, regaláballelo aos parados, aín-da que coa súa picaresca facía quenon se notase: «Xa mo pagarás ma-ñá que hoxe teño moito traballo!».

Por fin explicoume o de «rom-per ovos». A mañá do 10 de marzochegou a noticia ao mercado deque morreran traballadores da Ba-zán por mor de balas disparadasdesde o alto da igrexa de San Xiao.Os vendedores pecharon os seuspostos para acudir ás portas da fá-brica. Todos menos unha vende-dora de ovos. Mela pediulle que pe-chase en solidariedade con todosos demais, a muller negouse e Me-la non soportou a negativa, aga-rrou a persiana e baixouna rom-pendo moitos ovos. E por isto eladíxome que estaba presa por rom-per todos os ovos que puido.

En maio, ao saír do cárcere, omeu home e eu, como moitos ou-tros, quedámonos sen traballo. Me-

la traduciuno rapidamente ao seumundo: non hai traballo non haicomida. Durante tempo estivo in-vitándose os domingos á miña casa.Traía patacas e peixe pequeno sal-gado do que lle sobraba da venda –di-cía– e deixábao na miña casa paraque non nos faltase comida duran-te toda a semana. Danse vostedesde conta con que sutileza practica-ba a xenerosidade?

Un triste día chegoume a noti-cia da morte do seu fillo máis ve-llo, fun vela. Outra vez máis deu-me mostras da súa fortaleza e doseu bo corazón. «Vés darme o pé-same por Javi?», espetoume nadamáis verme, e sen deixarme res-ponder seguiu «ti sabes que Javi foisempre o meu preferido, matounoa droga, deixou de sufrir e deixou-me unha nora e un netiño. Nonquero pésames! Teño que loitar poreste neto».

Agora Mela xa non está con-nosco; pero mentres a recordemosnon morrerá de todo. �

A partir das doce o seu peixe non tiña prezo fixo, regaláballelo aos parados,

aínda que coa súa picaresca facía que non se notase: «Xa mo pagarás mañá que hoxe

teño moito traballo!»

Page 47: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

47

Hai quen equipara o caciquis-mo a unha forma de chantaxe, unestilo de actuar no que se impón avontade de alguén que está en po-sición de poder fronte a outra per-soa ou grupo de persoas das quepode abusar.

Os señores feudais ofrecían pro-tección a cambio de tributos; os ca-ciques decimonónicos aliábanse óscuras locais para exercer a repre-sión e controlar á poboación. Nasegunda República os caciques xo-garon un papel crucial nos proce-sos electorais non só en Galicia. Re-bentaron mitins, amedrentaroncandidatos e votantes e dirixiron ovoto de milleiros de persoas.

A dereita en Galicia veu exer-cendo o caciquismo poñendo me-

dios de transporte e axuda persoala votantes impedidos física e men-talmente. Taxis e taxistas, auto-buses de liña en viaxe discrecionalcarretando xente ós colexios elec-torais. Os partidos da oposiciónnon lle chamaron a iso caciquismosenón clientelismo político.

Moitas desas persoas que foroncoa papeleta da votación desde acasa ou desde o fogar do ancián,non sabían a quen estaban votan-do, pero o ofrecemento de acom-pañalos deica a urna formou par-te da opereta nas votacións; unhaopereta que deforma e denigra osistema democrático.

Pero os caciques modernizá-ronse. Cambiaron o arado pola an-tesala do despacho e o despacho

mesmo. Copan medios de comu-nicación, organismos públicos e se-mipúblicos. Venden liberdade etransparencia nunha man e coa ou-tra atemorizan e reprenden; se faifalta ameazan en forma de adver-tencia. O caciquismo adáptase ósnovos tempos e ese poder exerci-do con malas artes de influencia es-calou postos polas institucións.

Xa profundando un pouco máispoderiamos dicir que o poder sótraballa para manter os seus diri-xentes nos postos nos que están enon para cumprir un mandato pre-visto nos programas electorais; unprograma que se poida calibrar, de-fender e atacar o seu incumpri-mento. Véxase como exemplo aguerra de Iraq á que nos levou o

O neocaciquismo(1ª parte)

ÁUREA SÁNCHEZ�

caciquismo

Page 48: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

48

goberno de José María Aznar co 70por cento da poboación en contra.

A impunidade e a sensación deque unha vez no poder todo é po-sible, é algo que se acepta comoirremediable. É unha crenza po-pular. Todo é factible sen que osque pensan o contrario poidan terunha oportunidade de mudar ocurso das cousas; o caciquismo roeos cimentos da democracia e des-trúeos coa mentira, utilizando osmedios de comunicación a favordesa mentira repetida, se fai faltacen veces, ata que están seguros deternos convencido.

Os medios de comunicación nonson por desgraza o cuarto poder,como advertiron algúns e se quei-xaron outros teóricos no seu día.Iso é o malo do asunto. Os mediosde comunicación deberían ser o pri-

meiro poder, sendo independentes,porque garanten a democracia; senembargo, o seu control é o primei-ro obxectivo que se marcan os go-bernos. O poder executivo querecontrolar os medios porque vai enxogo a continuidade no mando. Poriso, para acadar a verdadeira liber-dade informativa, fai falta estable-cer obxectivos, crear organismosindependentes que avalíen esa in-dependencia. Os medios de comu-nicación son os que antes caen natrampa do dirixente, que, por cer-to, é o que fai a lei (e a trampa).

Ás veces a corrupción é tal quese nos mostra disfrazada como unexemplo para a historia. Recorde-mos cando o presidente da Xunta,Manuel Fraga, foi á Costa da Mor-te a ofrecer cartos despois do de-rramamento de fuel do Prestige:

«veño cos cartos na man». E así foi.Prometeu e cumpriu.

Mantivo os mesmos votos naseleccións municipais ó ano seguin-te, tres anos despois gañou as au-tonómicas de xuño de 2005, aíndaque perdeu a maioría absoluta.

Cómo se entende isto fóra deGalicia? Non se comprende. Nono comprenden. Non paran de pre-guntar por qué o electorado nonlles deu daquela unha lección ósgobernantes por non saberen ac-tuar correctamente co petroleiro.O caciquismo, ou alomenos certasformas de caciquismo, instalousena sociedade e nas institucións co-mo forma de gobernar.

Sei que é mal momento para di-cilo, cando se acaba de producir unrelevo na Xunta; pero se teño querectificar, rectificarei. Direi, se te-ño que dicilo, que houbo un cam-bio substancial a partir do ano 2005.

Algúns autores chámanlle a es-ta forma de rexer os destinos do país co control férreo dos mediosde comunicación demoditadura. Osfactores que serían básicos paramanter un gobernante no seu asen-to da demoditadura fundamentarí-anse no control dos medios de co-municación, sen sitio para a máismínima crítica, e o apoio incondi-cional dos líderes locais. A pirámi-de caciquil aséntase –din estes au-tore– no réxime do favor comoprebenda política e no discurso domedo como único argumento elec-toral. «Ou eu ou o inferno», viría adicir na campaña electoral o diri-

xente que exerce a demoditadura. Dise que para rematar co ca-

ciquismo hai que promover un es-tado plural de cousas, que os que

exercen o poder deixen de fa-celo nun sistema de pirámide.

Para poder combater o caci-quismo, a cidadanía precisa me-

dios independentes, que non se so-metan a chantaxe de ningún tipo–engado eu–. As leis deberían ga-rantir a independencia dos medios

Taxis e taxistas, autobuses de liña en viaxe discrecional carretando xente

ós colexios electorais. Os partidos da oposiciónnon lle chamaron a iso caciquismo senón

«clientelismo político»

Page 49: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

49

de comunicación, a profesión xor-nalística denunciar o seu incum-primento.

Do antes dito podemos deducire lembrar que a teoría da comuni-cación se asenta no feito de estru-turar a información co sistema, pre-cisamente, da pirámide invertida.Dámoslle a volta á situación do po-der para contar ós sometidos o queo poder agocha; cando o que seagocha é un deber dalo a coñecer.

Endogamia

Na universidade, ó caciquismopúxoselle «endogamia». Con estetermo denunciouse o favoritismona designación de catedráticos eauxiliares, que eran amigos incon-dicionais. Saíron á luz centos de ca-sos. Fillos e xenros de catedráticoscontratados como auxiliares. Sonabusos cometidos en nome da li-berdade de cátedra.

A idea de colocar en Madrid o ho-me idóneo non é máis que outra for-ma de caciquismo para controlaras prebendas e compensacións doGoberno. Lexítimas en política? Édiscutible. O caso máis específicoe máis próximo é a reclamacióndun goberno amigo en Madrid, daque fixo gala Manuel Fraga Iribar-ne, nos anos noventa, cando go-bernaba Felipe González.

Casos antolóxicos

Ó longo da historia houbo todaunha antoloxía de coaccións sobreos votantes, que é o exemplo máisgrave de violar o dereito da cida-danía en democracia: cambio depapeletas no último momento, re-mexer no reconto dos votos, su-plantar papeletas por outras, facerfigurar na acta resultados non ver-dadeiros, etc.

Chegouse a instalar o colexioelectoral nun local de círculos per-tencentes ó partido gobernante eprohibir a entrada ós que non eransocios.1

O caciquismo na Galicia de ho-xe denunciouse como clientelismo.Denunciouse nos dezaseis anos degoberno de Manuel Fraga con esetermo, pero non é todo.

Ningún partido está libre de cul-pas. O Manifesto Foro Luzes deGalicia xa apuntou que hai, ade-mais do clientelismo, «unha socie-dade dominada polo favoritismopara todo. Os individuos dependendas conexións ou vínculos que te-ñan co poder político».

Claro que con dezaseis anos degoberno do mesmo partido, oclientelismo e o favoritismo estámultiplicado no Partido Popular,pero o problema do caciquismonon morre aí. Por que a profesiónxornalística non reclama como undereito da cidadanía a estar infor-mada debates entre candidatos nascampañas electorais? Por que os di-rectores dos medios de comunica-ción públicos non son elixidos po-lo Parlamento? Por que non haiaínda hoxe un consello audiovisual?

Igual que o anterior, tamén oco-rre coa marxinación laboral das mu-lleres. Hai unha dinámica de que oque veu sendo tradicional é o co-rrecto, sen pensar que se está co-metendo unha inxustiza e unha per-da de ocasións de avanzar se se danoportunidades a quen non as ten.

Cando se publican retratos doscompoñentes de consellos de ad-ministración ou cadros directivosde empresas públicas e privadas nasque aparecen doce homes e dúasou tres mulleres, hai unha tenden-cia a xustificar o currículo de cadaunha delas, como dicindo están aíporque fixeron un esforzo hercú-leo e as demais non están porquenon o merecen. O que pasa é quexa non só facemos esa lectura. Ainterpretación que damos ó asun-to tamén pode ser esta: Cales se-rán as razóns polas que cada un doshomes do consello de administra-ción desa foto (doce homes sen pie-dade: o veredicto) está ocupan-

do un posto que lle corresponde aunha persoa realmente preparada,sexa home ou muller?

No Diario de Sesións das Cor-tes, o 23 de maio de 1933, DanielRodríguez Castelao dicía falandodos Problemas de Galicia:

[...] el segundo punto de mi discursose va a referir al caciquismo. [...] Esirritante para nosotros ver cómo to-davía se esgrime el desinflado tópicodel caciquismo para dudar de nues-tra capacidad ciudadana [...] que Ma-drid es el contrapeso de la caciqueríagallega, el padre que corrige, el tutorque ampara y el director que guía.No; el caciquismo nació en Galiciacuando nuestra tierra perdió su fiso-nomía administrativa y cuando que-dó dividida en cuatro provincias ab-surdas...

Galicia no ha tenido caciques ver-daderos, porque aquellos monigotesque mandaban en Galicia en tiempode la monarquía y los monigotes quemandaban en Galicia en tiempo de laRepública no están sostenidos por lavoluntad de los gallegos, sino por lafuerza invencible del sistema unitarioy centralista, importado en Españapor las dinastías extranjeras de los Aus-trias y de los Borbones, que, por lovisto, muchos republicanos quierensostener. Por algo se dijo que el caci-quismo es un árbol invertido que tie-ne sus raíces arriba y las ramas abajo.

A impresión de que na nosa co-munidade se exerce o caciquismoestá moi difundida. Mesmo nosanos setenta, un estudante de Ma-drid, imbuído nesa idea, pregun-toulle directamente a unha com-pañeira de clase na facultade quenera o seu pai, xa que se de Galiciaviña, había de ser filla dalgún caci-que. �

1 El caciquismo en España. Cua-dernos de historia 16

Page 50: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

PATRICIA E ANGÉLICA COMESAÑA COMESAÑA

Asunción mira o mar, ou máis ben, un mar de bá-goas asoma nos seus ollos cando lembra esa vida tantriste que lle tocou vivir.

Nacida o 10 de agosto de 1913, Asunción era a pe-quena de cinco irmáns: Angelita, Eugenio, Victoria,Carmen e máis ela. Dende ben pequena a vida xo-goulle duro, xa que con pouco menos de 3 anos mo-rréronlle os pais, deles tan sequera lle queda un pe-queno recordo:

Sempre choraba por mamasiña […] aínda hoxe choro poresa nai que non coñecín.

Nesta vida de tristezas aínda non cumpría os 15anos cando comezou a traballar na Fábrica de Saco,unha pequena industria conserveira a carón do marde Vigo. A súa estadía nesta foi breve, apenas uns dí-as, xa que o seu irmán Eugenio non lle permitiu con-tinuar porque consideraba que aínda era moi peque-na para realizar un traballo tan duro.

* Patricia e Angélica son netas de Asunción.

unha vida nas conserveirasAsunción

50

Page 51: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

Lembranzas dunha época

Aos seus 93 anos, a nosa avoa aínda lembra con su-ma claridade como na primeira semana na conser-veira cobrou tres duros e unha peseta por traballarlongas xornadas dándolles servizo ás empregadas máisvellas:

Eu como aínda era moi pequena dáballes servizo ás miñascompañeiras lavándolles os panos, as mesas de traballo, re-tirando os restos de peixe que daquela non se tiraban, se-nón que se gardaban en caldeiros para facer abono para ocampo!

Algún tempo despois volveu desempeñar este mes-mo traballo, pero esta vez na Fábrica de Ribas. Da súaestadía alí recorda con certa nostalxia como os seusxefes a trataban con agarimo porque sabían que me-drara sen coñecer os seus pais:

Chamábanme a pequeniña, e cando ía cobrar púñanme oscartiños na man para que non os perdese.

Ao cabo de cinco anos marchou traballar, xunto asúa irmá Victoria, á Fábrica de Portante, na mesmarúa Arenal. Alí Asunción limpaba, cortaba e encaixa-ba o peixe:

O peixe de antes era gloria, chegaba á fábrica aínda fres-co… non coma o de agora que chega conxelado! Daquelaos mariñeiros traían o peixe ata o peirao e nós as mulleresencargábamonos do resto. Entre eu e a miña irmá Victoriatiñamos que carrexar as caixas do peixe ata os postos dascompañeiras.

Recorda Asunción que o traballo nas conserveirasera unha tarefa moi dura e que dependía sempre docargamento que traían os barcos á costa:

Tiñámonos que levantar ás cinco da mañá para ir cami-ñando, á chuvia ou ao sol, dende Beade ata o Arenal […]eran longas xornadas dende as oito da mañá ata moitas ve-ces as once da noite […] e cando tiñamos moito traballohabía que quedar a facer horas e cando non había peixe nonse traballaba, pero tampouco había cartos […]. Traballá-base os sábados e algúns domingos e non existían as vaca-cións, nin de Semana Santa nin de verán.

Nesa fábrica traballou a nosa avoa ata que a des-graza volvéuselle presentar diante. Con pouco máisde 20 anos tivo que deixar o traballo e facerse cargodos fillos da súa irmá Angelita que morría con tan só33 anos. Coidou dos seus sobriños ata que casou. Lem-bra con tristeza como casou nun sábado de Antroidoe que non puido ir vivir co seu marido ata o martesseguinte, xa que tiña que coidar os pequenos que cho-raban por ter que quedar sós mentres o pai ía traba-llar de noite coma sereno na Panificadora:

O día que casei non puiden ir co meu marido para a casaporque non era quen de deixar os meus sobriños pequenossós.

Asunción xunto con Antonio, o seu marido, tivoseis fillos:

Si, seis fillos como seis soles! Sabino, Antonio, María doCarme, María, María da Paz e Antonio [este herdou o nomedo seu irmán máis vello que morreu aos poucos meses denacer, a quen lle seguiría María, que tamén morreu depoucos meses].

Neste intre, Asunción emociónase, se cadra cadaenruga do rostro da nosa avoa é testemuño de todase cada unha das súas tristezas:

A miña vida foi sempre un mar de bágoas, morréronme osmeus pais, a miña irmá e dous dos meus meniños… A vidanon me foi agarimosa, pero a trancas e barrancas fomos ti-rando ata hoxe. �

51

Page 52: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

52

Rosario de Acuña nace en Ma-drid en 1851 no seo dunha familiaaristocrática.

Na época da gloriosa Revolu-ción (1868-1870) residirá en Italia eviaxará por Francia e Portugal.

Danse a coñecer as súas pri-meiras obras no período da primei-ra República e continúa ao longoda súa vida escribindo para xornaise revistas nacionais e estranxeiras.

Rosario é a primeira muller queocupou a cátedra do Ateneu deMadrid ofrecendo un recital poéti-co de grande resonancia nos am-bientes literarios da época, onde

non se permitia o acceso das mu-lleres, como Cecilia Böhl (FernánCaballero), que tiña que asinar cunpseudónimo masculino para poderacceder a ese nivel ou círculo ex-cluínte do seu xénero.

Rosario de Acuña sufriu o exi-lio en Portugal. Este convite foi obrada moi relixiosa, cristiá e compasi-va organización ultra ACCIÓN CA-

TÓLICA que, asume a dirección eorganización de protestas e alga-radas públicas na súa contra polavalente e decidida defensa da súaliberdade de expresión e pensamen-to, ao publicar un artigo que res-

pondía a unha agresión sufrida porestudantes estranxeiras e españo-las cometida por universitarios ma-drileños.

Como intelectual e «muller libree de bos costumes» (así se defienenos/as masóns), traballou con ím-petu e firme decisión polo recoñe-cemento dos dereitos das mullerese dos traballadores. Defendeu cosseus IRMÁNS traballo digno, hixie-

(1851-1923)

MARISA GONZÁLEZ SEOANE�

* Na actualidade existe unha loxiada GLE (Gran Logia de España) en As-turias que leva o nome de Rosario deAcuña.

A masona

Rosario de Acuña*

Page 53: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

53

ne, dereito ao ocio, cultura e for-mación para todos e todas. O seuempeño non estaba só en palabrasben escritas, discursos ben ligados,retórica baleira... Rosario Acuñapracticaba aquilo que recomenda-ba facer aos membros das clases pri-vilexiadas do seu tempo. Púxose áfronte dunha granxa avícola expe-rimental en Cueto (Santander) du-rante unha temporada, probandoen carne propria a dureza do labor.Nun dos seus artigos escribe:

Mais sempre que vexo as cuadri-llas de señoritos/as entregados ás le-dicias destes faceres do deporte, nonpodo deixar de pensar o ben que seequilibrarían as forzas de toda a Hu-manidade se estas agrupacións de en-tretidos para ben seu, se adicasen ta-mén para o ben alleo...

afirmando así a súa visión prag-mática e utilitaria dos ilustradosbritánicos ou franceses, non a ou-tra, a romántica, centroeuropea,na que Rosario non está.

En 1907, con 56 anos de idade,Rosario asina o seu TESTAMENTO

e nel afirma con contundencia que«estaba separada da relixión cató-lica», aserta o «desprezo completoe profundo [que sente] polo dog-ma infantil e sanguinario, visíbel eirracional, cruel e ridículo, que ser-ve de maior rémora para a racio-nalización da especie humana».Afirma que viviu e que morre «se-parada radicalmente da igrexa ca-tólica (e de todas as sectas relixio-sas)», e, temendo ser manipuladana hora da súa agonía, continúa aescribir:

E se nos meus últimos instantesde vida manifestase outra cousa, cons-te que protesto en sá saúde e en sá ra-zón de semellante manifestación, esexa considerado como produto dadoenza ou como produto de mane-xos clericais máis ou menos hipócri-tas impostos no meu estado de ago-nía; e por tanto, ordeo e dispoño quediga o que diga no trance da morte(ou que digan o que eu dixen) se cum-pra a miña vontade aquí expresada,que é o resultado dunha concienciaserea e derivada dun cerebro saudá-bel e dun organismo en equilibrio [...].

Aquí vemos como xa se antici-pa para previr calquera rareza, con-tradición, imprevisto que poida al-terar a uniformidade do seu egoque está dentro da máis pura tra-dición ilustrada, racionalista, utili-tarista que ela asume e na que acre-dita profunda e apaixoadamente.

Rosario solicita no seu testamen-to ser enterrada en cimeterio civil:

[...] na caixa máis humilde e econó-mica que haxa, e o carro máis pobre(no que non haxa ningún signo reli-xioso nin adornos ou gualdrapos, deningunha clase, todo isto impropriada sinxela austeridade da morte.

Obsérvese a persistencia do ver-dadeiro espíritu cristiá xa viradolaico e que conserva todas as gran-des ideas básicas de humildade,amor aos pobres que compón esecristianismo sen Igrexa (p. e., o deFrancisco de Asís, nesas formas sen-timentais).

Rosario fai unha reflexión desdeo interior de si mesma cunha ad-hesión explícita aos tres pilares quesustentan a ética que profesa: LI-

BERDADE, IGUALDADE, FRATERNI-

DADE. Unha forte vontade e auto-disciplina, uns valores nos que cree fundamenta toda a súa existen-cia, é a librepensadora por exce-lencia, intelixente, culta e compro-metida no seu tempo na defensa dacultura, ocio e traballo digno paratodos e todas, sen ningún xénerode distinción.

Muller lúcida do séc. XIX non re-coñecida aínda como outras con-temporáneas súas pero non esque-cida por aqueles homes e mulleresque a gardan na memoria e no co-razón.

Na obra de Rosario de Acuñanotamos máis esa presenza crítica,esa preponderancia do sentidopragmático, da racionalidade, dacrítica á sociedade do seu tempo,quizais máis que a imaxinación,paixón ou a fantasia desbordadadoutras autoras e autores da épo-ca (Fernán Caballero, Rosalía deCastro, Pardo Bazán).

Estas notas intentan recuperarpara a historiografía unha mullerque ofreceu no seu tempo e con-texto o mellor de si, nunha entre-ga xenerosa da súa lucidez e espe-ranza a millóns de mulleres menosafortunadas que ela e polas que pa-deceu a incomprensión da socie-dade ben pensante que a rodeaba.

Obras da autora:◗ ¡Un ramo de violetas (1873)

◗ La vuelta de una golondrina (1875)

◗ Rienzi el Tribuno (drama tráxicoen dous actos e epílogo orixinal en verso) (1876)

◗ Ecos del alma (poesías) (1876)

◗ En las orillas del mar (poema)(1876)

◗ Amor a la patria (drama tráxiconun acto e en verso) (1877)

◗ Morirse a tiempo (ensaio dun pequeno poema)

◗ Tribunales de venganza(drama tráxico-histórico en dous actos e epílogo) (1880)

◗ Influencia de la vida del campo en la familia (1882)

◗ Tiempo perdido (1881)

◗ La siesta (colección de artigos) (1882)

◗ El lujo en los pueblos rurales(1882)

◗ Sentir y pensar (poema cómico)(1884)

◗ Lecturas instructivas para los niños: páginas de la naturaleza (1888)

◗ El crimen de la calle Fuencarral. Odia el delito y compadece al delincuente (1888)

◗ El padre Juan (drama en tres actos e en prosa) (1891)

◗ La voz de la Patria (1893)

◗ La higiene en la familia obrera(1902)

◗ Avicultura (1902)

◗ El ateísmo en las Escuelas Neutras(1911)

◗ E moitos artigos e contos. �

Page 54: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

Adela Turín é unha das pionei-ras en escribir sobre este tipo de li-teratura infantil. Estudou historiada arte e deseño e escribiu estescontos, mentres Nella Bosnia, quefixo estudos artísticos, ilustrounos.Estas dúas mulleres fundaron a edi-torial Dalla parte delle bambine («Afavor das nenas»), en 1972, en Ita-lia, para intentar acadar os derei-tos das mulleres por medio destaliteratura infantil.

Este feito é moi importante pa-ra os nosos nenos e nenas, porqueé sabido que os contos son un me-dio de transmisión dunhas deter-minadas crenzas, valores, estereo-tipos... Este tipo de literatura comoindica o propio título (literatura al-ternativa) aparece fronte á litera-tura tradicional para dar respostasaos cambios sociais que estabanacontecendo. Os contos tradicio-nais reproducen os estereotipos dasfamilias patriarcais tanto nos ho-mes coma nas mulleres. As nenastransfórmanse en noivas pasandoa ser esposas nos contos, e por úl-timo en nais e o mesmo ocorre nosnenos. Pero esta formación pro-dúcese de forma diferencial parahomes e mulleres ou para nenos enenas, dáse unha discriminación damuller que aparece representadacomo sumisa, doce, coidadora, re-lacionada coa vida doméstica ouprivada, mentres que o home se re-

presenta como dominador, agresi-vo, portador dos bens económicos,relacionado coa vida pública. Paraa nosa infancia é necesario rompercon esa serie de estereotipos sexis-tas para intentar chegar a unhaigualdade real e non formal cos no-vos modelos de familia, sociedade,etc. Estas iniciativas de contos al-ternativos que xurdiron nestas épo-cas fan posible que o horizonte para lograr esa igualdade sexa unpouquiño máis cercano, pero aín-da queda moito camiño por andar.

Persoalmente escollín tres librosde Adela Turín e Nella Bosnia pa-ra comentar e son os seguintes: Ro-sa caramelo, Una feliz catástrofe e Ar-turo y Clementina, editados polaeditorial Lumen. A orde escollidanon é aleatoria senón que foi pen-sada para ver a relación (nena-es-posa-iberación), para iso comeza-remos polo conto de Rosa caramelo,de seguido Una feliz catástrofe e pa-ra rematar Arturo y Clementina.

Para comprender o artigo cóm-pre ler os contos que se poden en-contrar en Internet ou na editorialLumen (ver bibliografía). Os trescontos seguen unha mesma liña:nun primeiro momento mostranos estereotipos da sociedade e des-pois rompen con eles aportandonovos modelos. Espero que vos se-xa ameno e para iso acompaño otexto dalgunha ilustración.

Rosa caramelo

Neste conto as ele-fantas, seguindo as sú-as tradicións, tiñan quecasar e estar guapaspara o sexo masculino.Esta idea relaciónasecoa muller obxecto-de-sexo sexual, é dicir coculto á beleza e co rolsexual da reprodución. Tamén po-demos relacionalo coa diferenza se-xo/xénero na que existe unha di-cotomía, porque a pequena elefantapara ser unha elefanta adulta, se-gundo esa cultura androcéntrica,ten que ter unha serie de caracte-rísticas, funcións e roles (como apel rosada e suave, ollos grandes ebrillantes). Nesta sociedade de ele-fantas e elefantes as femias ocupana vida privada (xardín cercado) es-tando presas, mentres que os ma-chos ocupan a vida pública (a sel-va) estando libres. Cos exemplosanteriores observamos que se re-presentan os estereotipos desa ma-nada ou sociedade que poderiamosequiparar á nosa. Ademais as pe-quenas, para acentuar a cor da pelrosa, levan uns adornos como laci-ños de cor rosa, zapatiños e pesco-zos da mesma cor.

Libros

MACARENA GONZÁLEZ PENA�

Literatura alternativa: Os contos non sexistas de Adela Turín e Nella Bosnia

54

Page 55: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

55

Coa chegada de Margarida to-do cambia, ela é diferente, podía-mos dicir queer (rara), con respec-to ao resto das elefantas crías. Esadiferenza débese a que non posúeas características asociadas á femia,xa comentadas anteriormente, ne-sa sociedade. Un bo día, cansa deter que seguir a masa e os outros,

decide emanciparse do xugo pa-triarcal e para iso ten que romperas normas (indo xogar fóra do xar-dín cercado). E, finalmente, anteeste novo modelo o resto de ele-fantas imitan a Margarida saíndofóra do xardín cercado que repre-senta o cárcere.

Page 56: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

56

Una feliz catástrofe

Neste conto nun primeiro mo-mento aparecen representados osroles dunha familia tradicional pa-triarcal cos seus protagonistas: unsratos e ratas. As femias, os machose as crías do conto aparecen cunssímbolos, roles e actividades dife-renciadas. No caso da mamá-ratarelaciónase co coidado dos fillos ea realización das tarefas domésti-cas, mentres que no caso do papá-rato as actividades realizadas estánen relación coa vida pública comotraballar fóra de casa. Os ratiñosaxudan a nai na casa e soñan conbatallas, mentres as crías-femiasaxudan a súa nai e soñan con casar(isto na versión de Internet). Ossímbolos máis destacables son operiódico para o home, e para amuller o mandil. Outros feitos querepresentan a familia patriarcal sona chegada da noite, na que o ratovén canso de traballar e a mullertenlle que preparar a cea, darlle ocafé, pórlle as zapatillas, mentresque o rato lles conta aventuras aosseus fillos e fillas e estes/estas té-ñeno como un heroe digno de alar-de. Posteriormente todo cambiacoa chegada da catástrofe na queperden a casa. Neste momento anai convértese na heroína porquesalva a súa familia e os seus fillos efillas van de exploradores polosarredores coa súa nai, que apren-

de a tocar a guitarra mentres queo pai cambia de rol mudando aamo de casa. Este cambio de pa-peis aporta un novo modelo de fa-milia para os nenos e as nenas. Ofinal é aberto, porque volven á súacasa, pero resulta que hai unha tu-beira rota, e non sabemos que pa-sará, se ese cambio de roles per-durará ou non.

Arturo y Clementina

Arturo e Clementina son dúastartarugas novas que se namorane casan precipitadamente. Clemen-tina estaba chea de ilusións, comoviaxar e atopar novas plantas, es-tanques, ir a Venecia, pero pron-to esas ilusións desvanécense. Osdías nesta parella son monótonos.Caracterízanse porque Clementi-na queda na casa e Arturo tráelle acomida. Os papeis desta recén ca-sada parella son desiguais, o mozoArturo ridiculízaa (chámalle tonta,non confía na capacidade dela, poisquere aprender cousas como to-car a frauta, pintar), domina a Cle-mentina, mentres que Clemen-tina está subordinada, queda na casa e abúrrese. Ante o fastío de Clementina Arturo tráelle cousasmateriais, como o gramófono, uncadro, un xarrón de Murano. Ar-turo é dono do poder, vai tecendo unha rede na que Clementina es-tá atrapada, dille: «que farías ti sen min?» e carga o lombo de Cle-mentina con cousas que cada vezpesan máis e máis. Pero Clementi-na está moi triste e finalmente saeda casa e por curiosidade observaou explora o seu entorno (espa-zo público), pasea e gústalle, por-que se sente feliz e libre das atadu-ras de Arturo. Un día Clementinamarcha, sepárase ou libérase domarido e vai polo mundo buscan-

Page 57: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

57

Page 58: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

58

do aventuras e quizais agora esteafacendo as cousas que ela quería,como pintar ou tocar instrumen-tos. Posteriormente Arturo mi-nusvalora a súa muller, por aban-donalo, fronte aos seus amigos.

Este tipo de parella é moi comúnna nosa sociedade capitalista, naque hai persoas que pensan que ocariño ou amizade mércase conagasallos ou cousas materiais. Pe-ro de todos e todas é sabido que es-tas relacións acaban fracasando como foi o caso de Arturo e Cle-mentina. O máis importante é queas relacións interpersoais sexan sa-tisfactorias, é dicir, levarse ben, pe-ro sen que haxa ningún tipo de dis-criminación nin sometemento porparte dun ou outro sexo.

Conclusións finais

Sen menosprezar o traballo des-tas dúas mulleres que é magnificona década de 1970, hoxe en día qui-zais estes contos non sexistas se-guen sendo bos para mudar a so-ciedade, pero tamén sería precisoque se fixesen algúns cambios. Asautoras, ao meu parecer, céntran-se no feminismo de Simone de Be-avoir, da igualdade, na que a mu-ller imita o sexo dominante. Oscontos que se fan actualmente poden ter como referencia estestraballos, pero aproximándose ao feminismo da diferenza, na que ho-mes e mulleres vivisen a súa femi-nidade ou masculinidade comoquixesen, sen imitar o estatus do-minante. Algúns exemplos para al-canzar este feminismo da diferen-za serían que houbese un repartoequitativo das tarefas domésticasentre os dous sexos, pero non aasunción total por parte dun ou ou-

tro sexo ou só nun momentoexcepcional, a corresponsa-bilidade familiar, o aprezo e

respecto polo que fai o outroou outra como o coidado de

persoas, profesións sen dis-criminación por sexo, xogose xoguetes sen carga sexistapara os nenos e nenas.

Bibliografía

TURÍN, Adela: Arturo y Clementina, Bar-celona, Lumen, 2001.

— Los cuentos siguen contando. Algunasreflexiones sobre los estereotipos, Ma-drid, Horas y Horas, 1995.

— Rosa caramelo, Barcelona, Lumen,2001.

— Una feliz catástrofe, Barcelona, Lu-men, 2001. �

Page 59: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

ginia válese de fontes coma a his-toria, a biografía e o periódico.

Así pois, e en primeiro termo,Virginia encomeza o libro conce-déndolle a primeira das tres gui-neas que vai asignar no libro ó ho-me culto, a cambio de que as fillasde pais con educación poidan es-tudar igual que o facían os seus ir-máns, e para quen se dedicaban poreses anos tódolos fondos quedan-do así as mulleres relegadas ás ta-refas domésticas ou ben tendo co-mo outro destino o matrimonio,que as anulaba como persoas, poispasaban a depender dun home. Endefinitiva, o que reclama VirginiaWoolf ó seu amigo é que as mu-lleres poidan acceder a unha edu-cación para conquerir un traballocoa fin de non estar totalmente xus-tapostas ós dictamens do home.

Nesta primeira parte do libro Vir-ginia analiza a influencia que tive-ron ó longo da historia as mulleresfillas de pais con educación e re-córdanos a importancia que tivono ano 1919 o feito de que se llesrecoñecese ás mulleres o acceso ásprofesións, pois, con este dereitoconseguiron unha maior influen-cia, xa que cos cartos que gañabanpodían criticar e non ter que mos-trarse aquiescentes de continuo.

Agora ben, como prosegue Vir-ginia, con esta influencia non é da-bondo, pois aínda hai diferenzassustanciables entre os homes e asmulleres, coma que os homes po-súen por dereito propio todo o ca-pital e non a través do matrimoniocomo lle acontece ás mulleres, e épor iso que Virginia Woolf recla-ma como punto moi importan-te para as mulleres que ela repre-senta a educación, para así poderevitala guerra, xa que con esta edu-cación poderían acadar maior in-fluencia nos homes.

Prosegue o libro concedéndollea segunda das guineas a tesoureirado colexio universitario femininoe así recibir a educación universi-

Para Inés

Quero traer a colación o libroTres guineas1 de Virginia Woolf, nonsen antes confesar que cheguei aesta obra excepcional, merced a unlibro que caeu nas miñas mans decasualidade, Pensamento pacifista2 eonde atopei algunhas referencias aeste libro do que vou a falar, o queme levou a lelo avidamente poisnel vin algunhas das respostas queeu estaba a buscar cando se ins-tauraba en min o inverno ferrolán.

O presente libro, publicado noano 1938, en vésperas pois da se-gunda Guerra Mundial, xorde pa-ra dar resposta a unha preguntaque lle fai un home culto e amigode Virginia sobre como poden asmulleres evitala guerra, para o calo libro encomezará dando respos-ta a esta pregunta e situándonos enque Virginia Woolf vai falar den-de a voz que ela representa, é dicir,a de filla dun pai con educación.

Asimesmo a primeira parte dolibro é un discurso que se constrúesobre a ficción de contestar a trescartas, que son: a primeira delas ade este home culto do que falaba-mos máis arriba; a dunha tesourei-ra dun colexio universitario femi-nino; e a de outra tesoureira dunhaasociación que apoia a inserción dasmulleres no mundo do traballo. Pa-ra contestar a estas tres cartas Vir-

Libros

ISABEL LODEIRO VALES�

Feminismo versus pacifismo. Sobre Tres guineas de Virginia Woolf

1 WOOLF, Virginia: Tres guineas, Bar-celona, Lumen, 1999.

2 PRAT, Enric (ed.): Pensamientos pa-cifistas, Barcelona, Icaría, 2004.

59

Page 60: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

60

taria, mais Virginia non fai conce-sións en balde e a condición quepon é que se constrúa un colexiodiferente onde ensinalas artes dahumana relación, a arte de com-prendela vida, a da fala, etc. En de-finitiva, o que se pretende con estecolexio universitario é combinalasartes e non segregar e especializarporque a historia demóstranos quea educación dos vellos colexios nonpromove o respecto á liberdade nino rexeitamento á guerra, senónxusto o contrario fomentado, porexemplo, a competitividade.

En canto á segunda parte do li-bro, Virginia remóntanos de novoós feitos da biografía, que como di-xemos é un recurso que utiliza ólongo de todo o libro, e o que con-clúe é que as profesións provocanun carácter combativo, de compe-titividade, é entón que Virginia pre-gúntase que sentido ten exercelasprofesións deste xeito, é dicir, queimos acadar con isto. A resposta pa-rece clara, o que imos acadar éigualarnos ós homes, e, para queisto non sexa así Virginia concedea terceira das guineas á tesoureirada asociación que apoia a insercióndas mulleres no mundo do traba-llo, a cambio de que sexa para axu-dar ás mulleres a ingresar nas pro-fesións, sempre e cando non seimpida que outro ser humano, cal-quera que sexa a súa condición e

sempre que estea capacitado parafacelo, exerza esta profesión, e di-cir, non impedirllo, senón que sefaga todo o posible para axudarlle.

Mais, Virginia vai máis aló do fei-to de conquerir unha profesión pa-ra así gañar cartos, porque chega apreguntarse se os cartos son unhaposesión desexable e, conclúe quehai que atopar un termo medio,pois igual que a extrema riquezanon é desexable, tampouco o é aextrema pobreza. O argumento queesgrime Virginia Woolf é que depouco nos vai servir gañar os mes-mos cartos ca os homes se con isotemos que aceptar todo o que con-leva e así non imos poder levar unha vida plena, en harmonía e,tendo por conseguinte pouco tem-po para os fillos, as amizades, as via-xes, a arte. O que propón Virginiaé gañar os suficientes cartos, peroa cambio que nos neguemos a apar-tarnos da pobreza, a castidade, aburla e a liberdade con respecto a liberdades irreais e, defínenos es-tes termos dos que eu por non estenderme, vou falar do da liberda-de, do que di que debemos despo-xarnos do orgullo da nacionalida-de, do relixioso, do de universidade,de escola, de familia, de sexo, paraasí conquerila.

Finalmente, na terceira parte dolibro, da que adianto que a min pa-réceme a máis interesante, Virgi-

nia vainos a propor unhas medidascomo de «Desobediencia civil» quea min lémbrame a Thoreau,3 ou-tro gran pensador pacifista, polacrítica que este lles fai ós gobernos,ás leis e á educación. Nesta parte,Virginia volta á carta do seu ami-go na que lle pide que firme o seumanifesto para evitala guerra ecomprometerse a proxectala cul-tura e a liberdade intelectual. Paraiso, a nosa autora encomeza poranalizar o que significa a culturahoxe en día e como esta pode es-tar adulterada pola notoriedade ea publicidade e, é por isto que Vir-ginia pídelle ó seu interlocutor querenuncie a dar conferencias, quenon apareza en tribunas públicas,que non acepte medallas nin ho-nores, nin títulos para así preser-var en estado puro a cultura e a li-berdade intelectual.

Pero, Virginia non se queda aquíe, vai moito máis aló no seu pen-samento e o que propón é crear un-ha nova sociedade que ela deno-mina a «Sociedade das Estrañas», e,esta sociedade tería coma primei-ro deber o de non loitar con armase, en caso de guerra negarse a tra-

3 THOREAU, Henry: Desobediencia ci-vil e vida sen fundamentos, Santiago deCompostela, Positivas, 2002.

Page 61: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

ballar en fábricas de municións ea coidalos feridos, tamén demán-dalles ás mulleres ter unha actitu-de de indiferenza, por exemplo, an-te a palabra patria pois, coma sepregunta Virginia Woolf, que nosdeu ás mulleres a patria ó longo dahistoria se sempre nos tratou comaescravas e denegounos a educacióne o compartir as posesións da pa-tria e, isto é tanto así que ela con-clúe que na súa condición de mu-ller non ten patria e que a súa patriaen todo caso é o mundo enteiro.

Mais desta indiferenza segui-ranse algúns actos, coma o de nonparticipar en manifestacións pa-trióticas, non dar a aprobación aforma algunha de loubanzas na-cionais, non asistir ás exhibiciónsmilitares, etc.

Tamén propón Virginia para es-ta Sociedade das Estrañas que secomprometan a gañarse a vida pa-ra ter unha independencia, pero,como non podía ser doutro xeito,aínda hai mais, e así, a nosa auto-ra demanda do Estado que lle pa-gue un soldo a aquelas mulleresque teñan coma profesión o ma-trimonio e a maternidade, que co-bren un verdadeiro soldo para lo-grar acadar que os seus maridosteñan que traballar menos e destexeito o traballo quedaría equitati-vamente distribuído e, finalmente,o home tería unha opción para a

liberdade, para transformarse nunhome enteiro.

As estrañas tamén obrigaransea adquirir un coñecemento totaldas profesións e a denunciar os ca-sos de tiranía ou abuso das súas pro-fesións, comprometeranse asimes-mo a abandonar toda competencia,negaranse a exercer profesións con-trarias á liberdade, en concreto, ade fabricar ou mellorar inxenios bé-licos, tamén rexeitarán cargos ouhonores que limiten a liberdade, in-vestigarán as actividades de tódalasinstitucións públicas coma a da Igre-xa e as universidades.

Esta Sociedade das Estrañas tena finalidade última de velar polaigualdade, a liberdade, e a paz, pe-ro, coa diferenza de que preten-de alcanzalas por outros medios,como son o dun sexo diferente, unhas tradicións diferentes, unhaeducación e valores diferentes quese puxeron á nosa disposición.

Antes de rematar este artigo,quixera facer unha serie de refle-xións e de preguntas a nós mesmas.

En primeiro lugar, quero cha-mar a atención sobre a actualida-de plena que ten este libro, maliaestar escrito no ano 1938, o cal con-cédelle un valor enorme a este tex-to, pois non é perecedoiro, senónque nos tempos que corren co-bra máis valor se cabe lamentable-mente, en plena campaña neste

país tivemos que soportar progra-mas electorais que non asegurabanunha renda básica ás amas de casacoma propuña Virginia. Por outrabanda, pregúntome tamén se co-ñecedes algunha universidade naque non se fomente a competiti-vidade coma propuña Virginia. Estaremos aínda a tempo de cons-truírmos esa «Sociedade das Estra-ñas»? A que estamos dedicando asnosas enerxías e cartos as mulleresou máis ben, que intereses estamosa defender con eses actos cotiáns?Cantas mulleres coñecedes que sedeixan condecorar e falan en pú-blico? A que obedecen todos esespremios que se nos conceden? Porque cada vez hai máis mulleres quetraballan para as Forzas Armadas enos estaleiros? Finalmente, pre-gúntome se seremos quen de con-querir un novo mundo tendo pre-sente este libro e sabendo que nonvivimos nun mundo en paz na súaacepción máis pura.

Leamos a Virginia e traballe-mos a partir do que nos di, é a mi-ña mensaxe de esperanza. �

61

Page 62: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

62

fillo froito da fuxida, por seguir convida entre a neve, a fame e o me-do... Son textos que conmoven, sódulcificados pola beleza con queestán escritos.

A terceira narra a historia dunpreso que coñeceu o fillo do xuízmilitar que o vai condenar e quepara pospoñer a súa sentencia demorte inventa heroicidades diantedunha nai desconsolada que asisteaos interrogatorios, pero finalmenteante a raiba e a impotencia dos fu-silamentos dos compañeiros de-cide contar a verdade da vida do fillo, mesquiño e covarde, para arre-batar así ao verdugo o consolo doorgullo e a autocomplacencia.

E a cuarta narra o caso dun es-colar cun pai escondido nun ar-mario dentro da casa e a nai, ase-diada sexualmente por un diáconoluxurioso.

As catro historias teñen uns fí-os sutís de conexión entre os per-sonaxes, o terceiro co primeiro e ocuarto co segundo, que lle dan atoda a obra un valor engadido deconxunto.

Son historias sinceras que axu-dan a reconstruír sen revanchismoa memoria de tanta dor e descon-solo como quedou agochada nasvidas daquela xeración que viviuos horrores dunha guerra civil e aasumir a nosa historia recente senambaxes nin adoutrinamentos fa-laces. �

O escritor Alberto Méndez, fillodo poeta José Méndez Herrera, na-ceu no ano 1941 en Roma (Italia).Nesa cidade estudou o bacharelatoe de volta a España licénzase en Fi-losofía e Letras pola UniversidadeComplutense de Madrid. Vincula-do á esquerda antifranquista, foi mi-litante do PCE desde moi novo.Considerado como un roxo perigo-so foi expulsado da universidade porencabezar as protestas contra o ré-xime que motivaron tamén a ex-claustración dos profesores JoseLuís Aranguren, Agustín GarcíaCalvo e Enrique Tierno Galván.

A súa actividade profesional de-senvólvese no campo editorial, par-ticularmente na Editorial CienciaNueva e Grijalbo. Desde esta acti-vidade tivo tamén que batallar con-tra a censura, o daquela ministrode Información y Turismo, ManuelFraga Iribarne, pechoulle a edito-rial Ciencia Nueva.

Alberto Méndez finou en Ma-drid en decembro de 2004, a idadede 63 anos, uns meses despois deque saíra á rúa, Los girasoles ciegos,a súa única obra publicada e quemereceu tres galardóns case con-secutivos: O Premio Setenil ao me-llor libro de contos do ano 2004, oda Crítica, en abril de 2005, e enoutubro de 2005 o Premio Nacio-nal de Narrativa.

O libro recolle pequenas histo-rias situadas cronoloxicamente des-de o final da guerra civil española

ata o ano 1942, e que como el mes-mo explicou na presentación do li-bro, non son certas pero si verda-deiras. Cunha prosa coidada e moifermosa, vai debullando en catrorelatos titulados «derrotas», a dorduns personaxes que aínda sendovencidos no campo de batalla nonos lograron derrotar na súa ho-nestidade e principios éticos.

A primeira é a historia dun mi-litar franquista, o capitán Alegría,que o último día da contenda se pa-sa ao bando republicano porquenon quere formar parte da con-quista dun cemiterio, dunha vito-ria máis avarenta de cadáveres quede triunfos bélicos.

O segundo relato, está presen-tado como as reflexións dun xovepoeta que foxe ao monte coa súamuller embarazada, que morreráde parto. A súa loita por aceptar o

Libros

Los girasoles ciegos

MÉNDEZ, Alberto: Los girasoles ciegos, Madrid, Anagrama, 2004

ANA M.ª ARELLANO�

Page 63: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

LugoCasa da Muller. Concellería da MullerAvda. da Coruña, 212. Tel.: 982 206 336

SantiagoServicio de Asesoramento das Mulleres.Concellería da MullerHorario: mañá de 10 a 13 / tarde dos luns, mércorese venres de 17 a 19 h.Praza da Constitución s/n. Tel.: 981 571 461

VigoAlecrínCentro de Documentación, biblioteca, hemerotecaHorario: de luns a xoves, de 9.30-13.30 e de 16.30-20.30 hGarcía Barbón, 30 - 5º. Oficina 8Tel.: 986 439 459

Casa das MulleresHorario: tardes, de 17.30 a 21.30 hRúa Romil, 20. Tel.: 986 442 194

PontevedraAsesoría Xurídica MulleribusAsamblea de Mulleres de PontevedraBenito Corbal, 36-1º. Tel.: 986 865 028Horario: Martes e Xoves de 19 a 21 h

Xanela. Apartado 90. 36810 Redondela

S.G.I.Servicio teléfonico de asesoramento gratuitoTel.: 900-400 273

ALGÚNS DE INTERESEENDEREZOS E TELÉFONOS

PUNTOS DE VENDA

A CoruñaLibrería Couceiro. Praza do Libro, 12

Librería Xiada. Avd. de Fisterra, 76-78

Librería Lume. Rúa Fernando Macias

PontevedraLibrería MichelenaRúa Michelena, 22

Librería Paz. Peregrina, 29

SantiagoLibrería CouceiroRúa do Hórreo, 9

Librería PedreiraRúa do Home Santo, 55

Baba. Área Central

El Kiosko. Praza de Galicia

Ártico. Rúa do Vilar, 49

LugoLibrería TramaAvd. da Coruña, 21 (galerías)

OurenseLivraria Torga. Rúa da Paz, 12

PU

BLI

CID

AD

Eaxenda

Page 64: revista galega de pensamento feminista outono 06 núm. 45 ... › pdf › andaina 45.pdf · Outono, 2006 Apdo. 1058 Santiago de Compostela ... historia, e a historia non é a me-moria

Durante moitos anos non se soubo, ou non se quixo sa-ber, dos acontecementos que marcaran a súa vida: con-siderábanas tolas, ríanse delas... Mais tamén forontratadas con agarimo por sectores da cidade que asapoiaban economicamente e que se preocupaban doseu benestar persoal.Morreron soas, como viviron nos anos oitenta, e fica-ron case esquecidas até que o Concello de Composteladecidiu erixir unha estatua delas no paseo central daAlameda.

Coralia e Maruxa, mais coñecidas como as dúas enpunto, son algo máis que unha típica estampa compos-telana. Detras da súa imaxe escéntrica ocultábase unhavida construída na disidencia a unha cidade reacciona-ria e clerical. Ambas, ao igual que os seus irmáns, eranmiltantes da CNT e sufriron nas súas carnes a repre-sión anterior e posterior ao 18 de xullo de 1936. Co golpe militar e fascista ocultaron o seu perseguidoirmán e, por mor diso, foron humilladas pola Garda Ci-vil no monte Pedroso en numerosas ocasións. A partirdese momento a súa vida continuou de ma-neira rutinaria con paseos polo centro deSantiago ás dúas da tarde. As escandalosascores dos traxes que elas mesmas se facíaniluminaban a posguerra franquista dunhacidade triste e derrotada após a represión. As Marías