36
AS NOSAS COUSAS 1 Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña) Número 36 XUÑO, 2018 EQUIPO EQUIPO EQUIPO EQUIPO EQUIPO DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA LINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 1

Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil ePrimaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña)Número 36 XUÑO, 2018

EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPODINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNLINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO

Page 2: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 2

CE

LE

BR

AN

DO

O M

AG

OS

TO

CE

LE

BR

AN

DO

O M

AG

OS

TO

Page 3: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 3

Mª VICTORIA MORENOARMANDO X.HERRERO,DINAMIZACIÓNIDIOMA GALEGO

A escritora María Victoria Mo-reno Márquez, filla de Vicente,militar e Sara, mestra, naceu nacidade cacereña de Valencia deAlcántara o 1 de maio de 1939onde estaba destinado seu pai.Estudou o bacharelato en Bar-celona e Filoloxía Románica naUniversidade de Madrid.Con 22 anos trasladouse aGalicia para dar clases de Len-gua Española en institutos deLugo, Sanxenxo e Pontevedra.Nesta cidade traballou nos IES«Valle Inclán» e «G. Torrente Ballester».Foi unha gran defensora do galego, idioma no que escribiua gran maioría da súa obra literaria.A súa primeira publicación foi «Mar Adiante», en 1972 e,dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso Na-cional de Contos O Facho coa obra«O cataventos».A súa producción literaria en gale-go é enorme e a maioría adicadaaos lectores máis novos: «Anag-nórise», «Leonardo e os fontanei-ros», «E haberá tirón de orellas?»,«Guedellas de seda e liño», «Euconto, ti cantas», «A brétema»...O 22 de novembro de 2005, aos65 anos, faleceu na cidade de Pon-tevedra.Este ano a Real Academia Galegadedicoulle o Día das Letras poloslibros que escribiu e pola defensado noso idioma.

Mª VICTORIA MORENO

«LEONARDO E OS FONTA-NEIROS» ERA O LIBRO PRE-FERIDO DE MA VICTORIA..

Page 4: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 4

Era o martes, 14 de novembro de2.017, ás dez e corenta minutosda mañá, cando de súpeto soaronas tres sirenas, os tres avisos deemerxencia. Isto cadrou ao rema-te da segunda hora, os case cin-cocentos alumnos deixaron todoo traballo e as cadeiras baleiras.Neste momento de tensión ao es-coitar as tres sirenas axoudounosa fuxir das aulas, cara ás pistasde deporte que hai preto do nosocolexio.Fóra había unha chea de policíase os de sexto de primaria axuda-ban aos máis pequenos a baixarpola pendente que nos ía levar aolugar de encontro.Dito isto, ao chegar, todo o alum-nado do colexio fixemos unha se-rie de filas ordenadas e aos cincominutos xa tivemos que subir e fa-cer a mesma rutina de sempre.Menos mal que non nos cadroucun día de choiva, xa que o simu-lacro se podería ter convertido...nun auténtico «calvario»!Quedamos entusiasmados e conmoitas ganas de volver facer outraactividade coma esta, «o simula-cro».

TRES SIRENAS!ANTÍA E ALBA,6º C

Page 5: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 5

Ola! Eu son Carla e vouche con-tar a miña experiencia tocandoa pandeireta e bailando baile tra-dicional galego.Seguro que ti xa me escoitachescoas Pandereiteiras de Galán!Eu levo tocando a pandeireta ebailando dende os seis anos exa teño doce.Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son aspandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros e todos osdemais instrumentos da nosamúsica.Todos os anos celébrase o Díada Muiñeira, no que algúns co-lexios e asociacións xuntámo-nos e, coa música dos gaitei-ros, todos bailamos unha mui-ñeira diferente.Todos os anos dannos un tro-feo feito de barro de Buño quecolocamos no expositor do co-lexio de Galán.O traxe tradicional do baile galego consta dun refaixo (queé unha saia), dun mandil (que vai por riba do refaixo), odengue (que vai por riba dos ombreiros), uns pololos (queé coma un pantalón que vai por baixo do refaixo), un can-cán (que é coma unha saia de rede (que vai por baixo dorefaixo e serve para darlle voo) e algunhas cousas máis.Escribo agora isto porque é o meu último ano no Grupo deBaile e Pandeireta de Galán e quería que nos coñecera-des un pouco máis.

VIVA A PANDEIRETA!CARLA AÑÓNVILELA, 6º A

Page 6: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 6

O 2 de maio os nenos e nenas de 1º e 3ºde prima-ria estivemos no Teatro Colón da Coruña.Fomos ver a obra «Aguratrat», unha adaptaciónteatral do libro «Esio Trot» de Roald Dahl, da com-pañía «Teatro Pérez e Fernández».Fermosa historia de amor e aventuras protagoni-zada por dúas persoas maiores: o señor Hoppy e aseñora Silver.

SAÍDA AO TEATROALUMNADO DE1º B

Page 7: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 7

O pasado mes de abril tive-mos no colexio unha visitainesperada: Nuba e Balú,unha cadela e un can quenos ofreceron todo un reci-tal do ben que nos podemosrelacionar as persoas e osanimais.Nuba e Balú viñeron acompañados por Julia e Lu-cía, dúas veterinarias da Asociación Cadelar quenos explicaron como hai quetratar ás mascotas e comonos temos que relacionar conelas.Chamounos moito a atencióna tranquilidade de Nuba,unha cadela moi especial quefoi escollida por Julia e Lucíaprecisamente por ser moitranquila e moi amiga dosmáis pequenos e pequenas.Pasamos unha mañá ben divertida: fixemos cir-cuítos, démoslles de co-mer, cepillámolos, acari-ñámolos... e ata aprende-mos a recoller as súascacas! Eran unha imita-ción de plástico, natural-mente!

NUBA E BALÚO REPORTEIROINFILTRADO

Page 8: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 8

O Planetario da Coruña é unsitio onde se poden ver as es-trelas.Nunha cápsula xigante estánas butacas onde se senta axente para observar as cons-telacións e unha película dunvampiro vexetariano que bebezume de tomate e que queríaver o Sol de día.Na Casa das Ciencias hai experimentos onde podesxogar como se foses un científico. Visítao rápido!

VISITA O PLANETARIO!MARIÑA, 2º C

Este curso, no mes deoutubro, fomos pasearpola Coruña e taménao Planetario a ver pe-lis e xogos.Ao final da visita vi-mos o vídeo dun mor-cego e fotos dun astro-nauta.Tamén había unha cámara de fotos que se lle da-bas a un botón convertíaste nun mono. Foi moidivertido.

O PLANETARIONOA GÓMEZGESTAL, 2º A

Page 9: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 9

O PORTO DA CORUÑALAURAESMORÍS eCARLA AÑÓN,6ºA

As clases de 6º A e 6º C fomos de excursión ao Porto daCoruña a finais do mes de xaneiro.Do colexio saímos ás 10,00 da mañá. Ao chegar, na portada cafetería, agardábannos dúas rapazas que nos guia-ron.Subíronse ao autobús e contáronnos o que fan no Peiraode Transatlánticos, no de Linares Rivas...Despois baixamos na porta da cafetería para ir deica aLonxa. Nun cartel poñía: «LONXA, LONJA e FISH MAR-KET». Estas son as traducións da Lonxa a varios idio-mas. Antes de entrar na Lonxa fomos ao Centro de Controlde Servizos e dende alí controlábase todo o porto cunhascámaras.Logo, nunha pequena sala, fixemos un simulacro de «poxa».Para a poxa déronnos uns carnets numerados e alí habíaunha caixa cuns peixes feitos con goma Eva. E realizousea poxa.Máis tarde fomos ata a Lonxa e alí deixáronnos tocar ospeixes e os mariscos: melgachos, langostinos, luras, pes-cadas e algúns outros. Ao final, na sala de poxas, había untubo que botaba xeo limpo e, como non podía ser doutroxeito, acabamos liados nunha batalla de xeo.Déronnos de agasallo unha lanterna e unha mochila depraia. Foi xenial!

Page 10: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 10

Ao meu bisavó sempre lle gustou moito contarhistorias. De todas as que me ten contado, aque máis me acorda di así:O irmán máis novo do bisavó, chamado Lucas, tiña o cos-tume de ir xogar ás cartas cos seus amigos da aldea dolado. Ás veces, cando voltaba para a casa xa era de noitee tiña que ir andando un quilómetro ás apalpadas porquenaquel tempo non había iluminación pública. Certa noita

viña andando para acasa, non había lúa, anéboa estaba mesta eorballaba un pouco.Xusto cando pasabapor un castro celta quehai entre as dúas al-deas pasóulle algo queo encheu de medo.No silencio da noiteescoitou como alguéno chamaba:-Chisst, chisst, chisst.Lucas apartou o parau-gas que o protexía dachuvia e mirou atrás.

Non viu nada máis que escuridade.O farol que levaba na man non lle permitía ver máis casombras. Ao mesmo tempo lembrouse da lenda do castropolo que estaba a pasar.Rumoreábase que alí estaba a pantasma dunha mouzaloura que xa había moito tempo que morrera e estaba bus-cando a quen deixarlle un tesouro que estaba agochadono castro, para poder descansar en paz.Lucas tentou acougar e pensou que a imaxinación lle es-taba a xogar unha mala pasada. Pero, de súpeto, volveuescoitar:-Chisst, chisst.

UN CONTO DE MEDO? LARA DOMÍN-GUEZ BARREIRO ,5ºC e SUSANABARREIRO ARES

Page 11: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 11

O peor é que sentía o ruído moi preto, como se estiveraao seu carón e por moito que miraba só vía escuridade.Á terceira vez que escoitou o chisst, chisst parecéulle queunha melena loura lle rozara a cara. Comezou a correr tanrápido para a casa que o único que escoitaba era o latexodo seu corazón.Xa na casa, aínda branco como o papel, co medo, con-toulle ao meu bisavó o que lle pasara.Outra noite de orballo o meu bisavó soubo quen era apantasma que se encontrou o seu irmán.Ía andando e levaba a sombrilla de Lucas e o mesmo farolpara alumear. O paraugas tiña un burato pequeno polo quede cando en vez entraba unha pinga de auga. Se coincidíaque a pinga caía no farol, que era de metal e estaba quen-te, facía... chisst, chisst.Nunca lle dixo nada ao seu irmán. Lucas aínda hoxe, cosseus noventa e cinco anos, pensa que se non fose tancaguiñas, a moza loura teríalle dado o seu tesouro.

A MOZAANDREAFRAGA, 2º C eALEJANDRAVARELA

A moza fermosade pel manteigosaé moi graciosae tamén estudosa.

Vive en Arteixono alto do Seixoe quere ser pintoraou como a súa nai, doutora.

Page 12: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 12

A FESTA NO FAIADOERIK, MIGUELLÓPEZ, LÚA eLARA , 1º A

«A festa no faiado» éunha obra teatral moisimpática na que os per-sonaxes son animais emáis unha boneca aban-donada que se chamaUxía.Á boneca gústalle xogarpero o gato non sabe oque é xogar porque sem-pre estivo metido nofaiado.Ela ensínalle a xogar e aestar cos outros animais.Dende entón reúnensetodos os domingos nofaiado para comer e fa-cer unha festa.A obra estrenámola o 17de maio, Día das Letrasgalegas no Salón de Ac-tos do colexio.

A FESTA NO FAIADOA FESTA NO FAIADOA FESTA NO FAIADOA FESTA NO FAIADOA FESTA NO FAIADO

de María Victoria MorenoGRUPO DE TEATRO DE 1º A

OS RATOS

AS VECIÑAS

OS PAXAROS

GATO

Page 13: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 13

TODOS ACTUAMOSMOI BEN!

ESTABAMOS NER VIO-SAS POR SE SAÍA MALA OBRA PERO XA VI-MOS QUE SAÍU BEN.

AS NOSAS OPINIÓNSALUMNADO DE1º A

GUSTOUME MOITO POR-QUE TODOS SON MOIAMIGOS E LÉVANSEBEN. O MÁIS DIVERTIDOÉ CANDO O GATO PER-SEGUE AOS ANIMAIS.

MIGUEL LÓPEZ, PAULA e ERIK

É UNHA OBRA PARA NE-NOS E MAIORES. GUSTA-RÍAME QUE A VISEN TO-DOS. ENCANTOUME.SENTÍN MOITA EMOCIÓN.

GABRIEL

LÚA e ANA CINTADO

MIGUEL V. e NEREA

FOI UNHA OBRA MOIBONITA. FÍXOME GRAZA.

MARIO

THIAGO, ANA M., VALERIA E ERIK

É MOI DIVERTIDA!

GUSTÁRONME MOI-TO OS PARDAIS.

CARLA

GUSTOUME MOITO ASEÑORA TEODOSIA.

LARA

TREMÉRONME AS PERNAS!

ARÓN

Page 14: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 14

AGRADECEMENTOSMARI GÓMEZ,TITORA 1º A

Non quixera deixar pasar a ocasión, despois daestrea da obra «A festa no faiado», de agradecer atodas as persoas que se involucraron e compro-meteron na posta en esce-na deste conto de Mª Victo-ria Moreno, a autora ho-menaxeada no Día das Le-tras Galegas deste ano, emoi especialmente...

Aos pais e nais pola súacolaboración.A Paula, de 5º B e Uxía, de5º A, pola súa importanteaxuda.A Armando, porque sem-pre está aí para botarunha man.Aos alumnos e alum-nas de 1ºA, polo seuesforzo e compromi-so, pola ilusión e de-dicación que amosarondurante os ensaios ena representación.A todos vós, o alumna-do do colexio, que goza-des co teatro. Parabén paratodos e todas!

AS NARRADORAS

A BONECA

SR. INDALECIO

SRA. TEODOSIA

OS MARIÑEIROS

Page 15: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 15

POBRE CEBRA!NEREA ESPAR-ZA VILLAVERDE,5º C e BEATRIZVILLAVERDEMARTÍNEZ

Hoxe é un gran día para Mamá Cebra.Naceu a súa pequena, pero resulta que nonera igual ás demais.Non tiña raias como as outras, tipa puntos de co-res. Todos quedaron abraiados.Segundo pasou o tempo, ela comezou a xoar coasoutras cebras. Todas ríanse dela e marchaban xo-gar cara a outro lugar, deixábana soa.Ela ía xunto a súa nai porque estaba moi triste. Asúa nai levábaa a dar un paseo pola selva, ata queun día, cando ían paseando, a cebra fíxose amigadun mono.Agora todas as tardes sae a xogar con el. Entón asoutras cebras, que observaban o ben que o estaba apasar co mono, decidiron irlle pedir perdón poloque lle fixeran.Elas dixéronlle que querían ser as súas amigas eque todos xuntos o ían pasar moi ben.Dende aquel día todas as tardes xogan xuntas comono. Aquel día foi o máis feliz da súa vida, apesares de ser a cebra máis rara da selva.

Page 16: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 16

Un día, o meu avó Rosendo, atopou unha cousi-ña tirada na estrada. Era un pequeno vulto; pa-recéulle ouvir uns ruídos. Achegouse e viu quese movía... había un gato!. Colleuno e levouno para casa.Sabía que me ía facer moita ilusión.Tiñamos que cuidalo moi ben xa que era moi pequerrechi-ño. Puxémoslle unha caixa con area e o gato sabía paraque era. Puxémoslle unha pouca auga e tamén sabía be-ber, pero cando lle puxemos a comida pensamos que nonsabía comer. Non quería leite, non quería pan, non queríapeixe. Ata probamos con caramelos e nada.

Chamei á miña curmá que ta-mén ten un gato para ver

se ela sabía o que llepasaba e díxome:-Iago, proba con esta

comida. É especialpara gatos e ao meu

gato sábelle moito.Deixoume unha bolsiña

da súa comida e botá-moslla a Mico. Comezou

a dar voltas arredor porun lado e polo outro, pero

ao final comeu e como llesabía, cada día comía máis.

Comezou a andar pola casaadiante pero era tan peque-rrechiño que se metía en to-dos os currunchos, tiñamosmedo de perdelo, pero comocome tanto, axiña comezou a

medrar e xa non se agocha nin ten medo. Xoga moito connós, sobre todo co meu avó que foi quen o salvou de mo-rrer atropelado. Gabea polas árbores que temos pola hor-ta e a min faime rir e, ás veces, parece que quere falar. Eu

O GATO MICOIAGO CASTROCANCELO, 5º CE ROSENDOCANCELO

Page 17: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 17

s.s. corals.s. corals.s. corals.s. corals.s. coral

Había unha vez un barco chamado S.S. CORAL.O seu capitán era Coral, un cabaliño de mar.Un día de treboada Coral zarpou coa súa tripula-ción: Lopo, Calisa e Jack.Hoxe tiñan como obxectivo limpar a praia á que ían che-gar. Fixérono e, cando voltaban a casa, atoparon un polboferido no mar por culpa dos plásticos.Entre todos curáronlle a ferida equitáronlle os plásticos que tiñanos raxos.Con isto decatáronse do malque lle poden facer as per-soas ao mar e ás súas cria-turas ao guindar nel o lixo.Así que o polbo decidiu unir-se á tripulación e adicáronse oresto da súa vida a percorreros mares e océanos do mundopara limpalos e axudar aos ani-mais en perigo ou feridos por culpa do lixo.

O POLBO FERIDOIRENE RODRÍ-GUEZ 5º Be BEATRIZMARTÍNEZ

dígolle:-Mico, quen vai caer da árbore?E el contesta:-Eeeuuu...-Mico, quen ten fame?E el contesta:-Eeeuuu...Cólleme as mans, pero non me traba. Eu tiro a pelota evaina buscar... e así pasamos xogando moito tempo dodía.Eu sempre lles decía aos meus pais:-Cando poderei ten un felino na casa?E por fin, grazas ao meu avó...desexo cumprido!

Page 18: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 18

DE PRINCIPIO A FINAL...ALUMNADODE INFANTIL

DE CASTAÑAS E DE PERAS,CON FARIÑA E POUCO MÁIS,COCIÑAMOS UNS BISCOITOSCOA AXUDA DAS NOSAS NAIS.

PORQUE SOMOS DE GALICIAE A NOSA TERRA QUEREMOS,VIAXAMOS AO PASADO.MIRADE O QUE RECOLLEMOS!

DANDO VOLTAS POR GALICIAE POLA SÚA CULTURAATOPÁMOSCHE MIL COUSASDA FROITA E DA PINTURA.

6º INFANTIL

Page 19: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 19

UN CURSO PATRIMONIAL!ALUMNADODE INFANTIL

PERO BEN SABIDO É,QUE O QUE NOS VAI, SON AS CORES.EN GALICIA NON NOS FALTANPINTORAS E MÁIS PINTORES.

CON MARUXA E SEOANEE TAMÈN JORGE PETEIRO,O PATRIMONIO GALEGOCHEGARÁ AO MUNDO ENTEIRO.

CANTIGAS NON NOS FALTARON,TAMÉN NOS GUSTA CANTAR,E SÓMOSCHE TAN ARTISTASQUE ATA FIXEMOS UN RAP.

4º INFANTIL

5º INFANTIL

Page 20: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 20

ANA NOVALSOUTO, 4º B eANA MARTÍNEZINSUA

SE CHOVE...

Hoxe non fun á escola. Quedei coa avoa na casaporque me doeu un pouco a gorxa. Díxome queía medrar...Ogallá!

Non sei o que está a mirar pola fiestra. Xa leva un boanaco.-Avoa, que estás a mirar?-Parece que vai chover -dixo ela. Xa levamos moito temposen auga e eche moita hora de poñer as patacas. Fainosmoita faltiña esa auga para poder plantar.-Pois a min non me gusta que chova -contesteille enfurru-ñado. Non podo saír a xogar.-Haiche tempo para todo, Bruno -díxome a avoa. Todo faifalla. Hai que facerlle caso aos nosos ditos que che son

ben sabios.-Que ditos, avoa? -pregunteille sen imaxinar o gran te-souro que me ía desvelar.-Pois en Galicia temos moitos ditos que falan do tempo esonche ben certos. Hai un que aquí se di moito: «En abril,augas mil», que tamén hai xente que ao mesmo dille; «Aauga en abril enche o carro e o carril».

Page 21: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 21

Abraiado quedei. Que graza! Como rimaba. Parecía músi-ca graciosa.-Outro avoa -pedinlle con desexo.-«Nunca choveu que non escampara» - dixo ela.Era engaiolante...-Sabes máis? -pregunteille desexando que dixera que si.-«Cando chove o domingo antes de misa... toda a semanavai de risa».Coa risa morría eu, quería máis e máis. Estaría escoitan-do ditos toda a mañá.Cando pensei que xa rematara, a voz do meu avó na coci-ña colleume de sorpresa.-Aprende este tamén -dixo. «Non hai refrán vello que nonsexa verdadeiro».Isto dos ditos populares é superdivertido. E sabedes unhacousa?... POIS SE CHOVE... QUE CHOVA!

PASTORIZASARAZAMARRA, 5º C

Hoxe vouvos falar sobre a lenda da Virxe de Pastoriza.Pero antes de nada querovos dicir onde está.Situámonos na parroquia de Pas-toriza, no noso concello e temosque ir ata a súa igrexa. Unha vezalí, moi preto, hai unhas escalei-ras que suben ata a Virxe de Pas-toriza. Este lugar é bastante co-ñecido e seguro que moitos de vósfostes algunha vez.Agora si é o momento de contar-vos a súa lenda.Di a tradición que aló polo ano 968(así que xa vos podedes imaxinarcanto tempo hai disto) que chega-ron ata Galicia para invadila asnaves normandas ou o mesmo Almanzor, un lider musul-

Page 22: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 22

mán que no seu ataque causou a destrucción de Santiagoe chegou ata os arredores de A Coruña e Betanzos, luga-res nos que xamais estiveran os guerreiros musulmáns.Segundo os cronistas árabes parece ser que o sacerdoteou algún veciño da localidade ocultou entre as pedras domonte a sagrada estatua da Virxe para librala da profana-ción dos invasores.A pequena igrexa foi des-truída, pero a imaxe li-brouse, permanecendoagochada durante anos,cecais por ser unha úni-ca persoa a que sabía doseu paradoiro.Ata que un día, unha nenainocente andaba cunhavaca na pastoriza, é dicir, no pasteiro (de aí vén o nome),viu unha estrela relocente sobre un grupo de grandes pe-dras na parte alta do monte. Aquela visión da estrela repe-tiuse e entón ela contou como se lle aparecera variasveces.Isto deu lugar a que se mirase en todos os ocos daquelasrochas ata que, ao fin, descrubriron a imaxe da Virxe, ago-chada nun oco baixo unha gran pedra, á que se lle deu onome de «o berce da Virxe».Por ese oco baixo a pedra pasan moitísimas persoas paralibrarse do pecado ou curarse de certas enfermidades.Grazas a esta lenda podemos coñecer por que se chamaasí esta parroquia e que fai alí a imaxe da Virxe.

Page 23: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 23

Ola! Chámome Aldara e o xoves, 15 demarzo, marchei a Burgos coa Escola deBallet, a un concurso mundial de danza.Na viaxe, que era de seis horas, pasóuseme o tem-po como se fose unha hora!As habitacións eran de catro persoas e a min metocou durmir con tres compañeiras, Araceli, Rebecae Lucía.Pola noite fomos a un sitio que se chamaba «Chillout». Alí había de todo: pufs, sofás, mesas, libros,unha televisión e o máis importante... un piano!Si, si, un piano.Ao día seguinte tocábanos actuar. Estabamos moinerviosas. Eraun concursomundial!. Peroo fixemos moiben.Ah, que me es-quecía. Taméntomamos cla-se con baila-ríns.Despois xa nos tivemos que vir de volta e nestaviaxe o autobús tivo que dar unha freada e unhanena saíu polos aires e menos mal que chocoucontra min porque se non íamos ter un accidente.O malo é que do trompazo comecei a sangrar polonariz.

A VIAXE A BURGOSALDARAFERNÁNDEZNAYA, 4º A

Page 24: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 24

Chámome Marta e dende moi pequecha sempreme gustou a música.A miña avoa ten unha granxa e eu entretíñametocándolle aos animais con tarteiras vellas, botes valei-ros e, como platillos, as tapas das tarteiras. Os pobresbichos fuxían despavoridos cando me oían, pero eu pasá-bao de medo tocando.No colexio coñecía a Rubén, a María, a Víctor e a Cinthiaque tiñan a mesma afección e xuntos pensamos en mon-tar unha banda de rock.Con instrumentos de segunda man que os nosos pais nosaxudaron a mercar, e para non molestar a ninguén ensaia-bamos na granxa da miña avoa e os pobres animais, vol-veron a ser os perxudicados por ter que aturarnos.Coa axuda do noso mestre de música fomos aprendedoun pouquiño o oficio e tocandocada vez mellor ata o puntode que os animais xa nonse marchaban tanlixeiros cando nosoían tocar.Só nos faltaba a pro-ba final, tocarlle a unpúblico de verdade eo aniversario da cur-má de Víctor deunos aoportunidade que espe-rabamos. Decidimos dar-lle un concerto sorpresa aela e aos seus invitados.Todo nos saíu xenial e cando rematamos os invitadosaplaudiron ata que lles saíu fume das mans, moitos felici-táronos. A curmá de Víctor quedou encantada.Este primeiro concerto animounos moito para seguir me-llorando cada vez máis e ensaiar duro para dar cada vezun mellor espectáculo.

A BANDA DE ROCKMARTINA GONZÁ-LEZ RIVEIRO, 4º Ce SARA RIVEIROCAAMAÑO

Page 25: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 25

REGUEIRO, REGUEIROBRUNO OUROGARCÍA, 4º A eASUNCIÓNGARCÍA VEIGA

Regueiro, regueirodame auga a mine ras e peixesquero ver aquí.

Peixes de coresazuis, verdes e rosas tamén,como a min me gustane a miña nai tamén.

As ras fan exerciciosaltando nos nenúfarese van desprazándosepor distintos lugares.

Adeus peixes,adeus ras,agardade un poucoque volvo mañá.

Page 26: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 26

Caracol durmía placidamente unha noitede verán cando un forte ruído o espertou.Non podía crer que o que estaba a ver.Refregou os ollos varias veces pero seguía vendo omesmo: unha estrela caída do ceo!Caracol preguntoulle á es-treliña:-Que ocorreu? Como caí-ches?-Non o sei -respondeullechorando- Non sei comocaín pero quero voltar ámiña casa.-Non te preocupes. Eu axudareite, estreli-ña.Caracol chamou a todos os seus compñeiros cara-cois. Puxéronse uns enriba doutros para que es-treliña gabeara e poder chegar ao ceo. Pero o plannon funcionou. A súa casa seguía estando moi afas-tada.-Non vos preocupedes -dixo o caracol. Veño agora.Ao instante voltou con moitos amigos paxaros.Todos tentaron subir a estreliña o máis alto posi-ble pero non voban demasiado alto.Todos estaban moi tristes de non poder axudar.Caracol pensou e pensou ata que lle ocorreu outraidea.-Xa o teño -berrou. Volvo axiña.Apareceu con centos e centos de globos. Atounos á

UNHA ESTRELIÑAELBA DÍAZGARCÍA, 4º EIe VERÓNICAGARCÍA

Page 27: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 27

Había unha vez unha biblioteca onde to-dos os libros estaban moi tristes...Preguntarédesvos o motivo... Porque nin-gún neno os collía para lelos. Estes nenos soa-mente ían á biblioteca para berrar, correr e guin-dar todo polo chan.Pero un día, o 17 de maio, o encargado da bibliote-ca, Teo, decidíu levar a todos os alumnos do cole aese lugar tan especial...Aos poucos, cada un dos nenos colleu un conto edescubriron todas as aventuras marabillosas quese agochaban dentro deses libros.Dende ese día, os libros nunca máis volveron aestar tristes nin sós e cada dezasete de maio, celé-brase a gran festa da lectura.

OS LIBROS TRISTESMATEO BERDU-LLAS G., 5º EIe NATHALIEGONÇALVES

estreliña e esta comezou a subir, subir, subir... ataque por fin chegou á súa casa.-Grazas, amigos -berrou moi contenta a estreliña.

Page 28: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 28

O MEU CANCIÑOSAMUEL BELLOSOUTO, 6º EIe LIDIA Mª SOUTO

O meu canciño non pode cantarel inténtao e inténtaopero non pode cantarsó lle sae oubear.

Eu axúdolle cun LALÁpero o meu canciño «ná de ná»volvelo a intentar será o noso traballar.

O meu canciño non pode cantarel inténtao e inténtaopero non pode cantar.

Agardade, agardade, que hoxe vai cantar.Que va. Hoxe tampouco nos sae o LALÁpor iso un mestre lle vén axudar.

O meu canciño non pode cantarel inténtao e inténtaopero non pode cantarsó lle sae oubear.

Agora si, agora si por fino meu canciño canta un LALÁ.

Page 29: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 29

Xián estaba moi ledo porque por fin o seuxardín estaba cheo, cheíño de bechos.As bolboretas voaban dun lado a aoutroensinando as súas fermosas ás, os grilos canta-ban todas as noites e o re-chouchío dos paxaros facía da-quel xardín un lugar moi es-pecial.Todos semellaba moi tranquilo ataque un día comezaron a aparecer pe-quenas montañas de terra por todas partes. Xiánpúxose mans á obra para cazar a responsable detal desfeita no xardín: a señora toupa!Pero a toupa era tan rápida que por moito queXián o intentaba non a daba atrapado-Toupa, toupiñapárate quietiña!

-Non paro, nonporque gozo un montón.

-Toupa, toupiñadareiche unha cousiña!

-Se me dás unha cousiñapararei de escarvare xuntos poderemos gozarda ledicia do lugar.

TOUPA TOUPIÑAYERAY FERNÁN-DEZ ESCUREDO,2º B e MARILÓESCUREDO

Page 30: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 30

Había unha vez unha familia que vivíaen Polonia.Un ano decidiron ir de viaxe a París.Eran catro: a nai, o pai, o neno maior, que xa foraunha vez a París a visitar aos avós e aos tíos, e obebé, que non fora nuncaporque acababa de nacer.Foron en avión e houbounha treboada que os asus-tou moito, pero non pasounada, aterrizaron a salvo.Fóronos buscar ao aeroportoos seus avós e cando che-garon a casa puxéronse a adornar a árbore denadal e pasaron as vacacións xuntos.Visitaron a torre Eiffel e o río Sena cos avós e ostíos.

A FAMILIAREBECA LÓPEZNAYA, 1º Ce PABLO LÓPEZ

Page 31: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 31

CEGOÑAS VIAXEIRASAITOR ANTELOCARRILLO, 1º B eANDRÉS ANTELO

Casilda e Arturo son unha parella de ce-goñas que construíron a seu enorme niño,xa hai dous anos, no campanario da igre-xa.Apareceron pola primavera, coa chegada do bo tem-po, viñan de África. Segundo con-taba o meu tataravó a viaxe puidolevarlles cerca de corenta e novedías.Entre os dous chocaron osovos. O ano pasado ti-veron catro crías.Entre todos os ve-ciños decidimoschamarlles Paio,Remedios, Salva-dor e Vitoria.A finais de agosto ou principiosde setembro comezarán a viaxede volta a África. Desta vez, le-varalle menos tempo, segundo o meu tataravó,perto dos trinta días.Aínda que non sabemos a que país se dirixen. Unsdin que a Exipto (se cadra a ver a Esfinxe e aspirámides), outros din que a Kenia (se cadra vande safari a ver máis animais), outros din que vana Uganda e outros a Sudáfrica.Certo non o sabemos, pero agardamos que volvande viaxe á nosa terra todos os anos.

Page 32: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 32

Chegou o inverno, o osiño Romeo e a súafamilia estanse a preparar para hiber-nar.Romeo acurrúnchase á súa nai e comeza a soñar.A Romeo gústalle moito viaxar e moito, moitísimocomer!Gustaríalle viaxar ao espazo para ver as estrelas,a lúa e os planetas pero os seus irmáns dixéronlleque alí non había comida, polo que Romeo xa tendecidido non ir.Vai percorrer Galicia!Quere comer cuncasde caldo galego, conbolos de pote. Quereir ao Carballiño paracomer polbo á feira.Ir a Padrón a comerpementos. Quere co-mer empanadas ga-legas de bacallau, dezamburiñas, de xou-bas...Este osiño é moi larpei-ro! Quere comer queixode Arzúa con tarta de Santiago, amendoados deAllariz e bica de Laza.Agardemos que vaia comendo aos poucos, sabo-reando os alimentos de toda Galicia porque se non...que indixestión!

O OSIÑO ROMEOMATEO ANTE-LO, 1º C eMÓNICA CARRI-LLO

Page 33: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 33

EUROCONCURSAZOEQUIPO A TODOFILISPÍN!

Para participar no Euroconcursazo só tes que ler a revis-ta, cubrir os pasatempos, recortar pola liña e introduciresta folla no monstro azul do recibidor do colexio. O aga-sallo será... sorpresa modelo verán 2017 . Rápido e...sorte!

NOME E APELIDOS CURSO

LABIRINTOQue camiño ten que tomar Mª Victoria para collerao seu libro?

%

Page 34: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 34

O ENCRUCILLADO TERRIBLEDespois de ler a revista, non terás problema en solucionareste encrucillado. Ah, podes pedir axuda. Sorte, de novo!

1.- Nome do capitán do S.S. CORAL.2.- Parroquia de Arteixo cunha lenda sobre unha Virxe.3.- Nome dun dos cans que viñeron con Julia e Lucía.4.- Primeiro apelido da autora á que se lle dedicou o Díadas Letras Galegas deste ano.5.- Río que pasa por París.6.- Onde viven os protagonistas da obra «A festa no...»7.- A esta cidade viaxou Aldara para bailar.8.- É un animal que non tiña raias, tiña puntos de cores.9.- Vive baixo a terra e fai pequenos montes de terra.10.- Co barro dese lugar fan o trofeo das pandereiteiras.11.- Nome do avó que atopou ao gato Mico.12.- Un dos ingredientes co que fan os biscoitos o alumna-do e as nais de infantil13.- Alí no alto vive a moza fermosa de Arteixo.

7

11

4

6

9

10

12

5

3

8

13

A

S

O

S

A

S

N

C

O

U

S

A

S

1

2

Page 35: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 35

CO

RR

E,

CO

RR

E C

AB

AC

IÑA

CO

RR

E,

CO

RR

E C

AB

AC

IÑA

Page 36: Revista trimestral do Colexio de Educación Infantil e ... web... · Encántame o que é a música tra-dicional galega, o que son as pandeiretas, as gaitas, os tam-bores, os pandeiros

AS NOSAS COUSAS 36

AO INSTITUTO, a todo FILISPÍN!!!AO INSTITUTO, a todo FILISPÍN!!!AO INSTITUTO, a todo FILISPÍN!!!AO INSTITUTO, a todo FILISPÍN!!!AO INSTITUTO, a todo FILISPÍN!!!

MONTSE SOUTOMª MONTSERRAT PÉREZMª CARMEN GARCÍABEGOÑA LÓPEZMª CARMEN IGLESIASCARMEN FACAL TRABAMª LUÍSA MARTÍNEZARMANDO X. HERRERO

EQUI

PO

DIN

AMIZ

ACIÓ

ND

A LI

NGUA

GAL

EGA

4º DE INFANTIL4º DE INFANTIL4º DE INFANTIL4º DE INFANTIL4º DE INFANTIL

SEXTO CDE PÉ: SANDRA, a profe de Música, SUSANA,profesora titora, CLAUDIA, YOLANDA, LUCÍA,ALBA, ARIADNA, ALBA, CYNTHIA, IZAN, DA-YRON, CÉSAR, XAVI, MAR, a profe de Inglés,EIDAN e HÉCTOR.SENTADOS: CARMEN, profe de Relixión, LAU-RA, ABRIL, ANTÍA, MARCOS, RUBÉN E ADAM.

SEXTO BDE PÉ:SANDRA, profe de Música, ANTONIO,profe titor, CARME, profe de Relixión, JUAN JE-SÚS, PEDRO, COSME, AARÓN, MARA,MARÍA, NEREA, ADRIÁN, ALEJANDRO,MARA, profe de Inglés e DIEGO.SENTADOS: ANDREA, ALIX, CLAUDIA, AN-TONELLA, EVA e IRIA

4º DE INFANTILDE PÉ: ANTÍA, a profe, ÁLVARO, ELBA,LÍA BARBEITO, MANUEL, MARIELA, DA-NIEL SUÁREZ, DANIEL CASTILLO,IVÁN, LÍA MÉNDEZ, ÁNGEL, NOA e CRIS-TINA, a profe.SENTADOS: ALAN, ÁFRICA, MIGUELÁNGEL, LUCÍA, CRISTIAN, BRAIS, PAU-LA, DANIEL SÁNCHEZ, SOFÍA, EDUAR-DO, LEILA, XIÁN, ICIA E MILA.

AUSENTES: YERAY, MARTÍN e PAULA

AUSENTE: DAVID

SEXTO ADE PÉ: SANDRA, profe de Música, CARMEN, profede Relixión, LYDIA, MARCOS, profesor titor, AÍXA,NOA, IVÁN, HUGO, ÁLEX, RUBÉN, BRAIS, MI-GUEL, ANDREA E MAR, profe de Inglés.SENTADOS: SAMUEL, ENRIQUE, ROI, YOUS-SEF, FRAN, AYMAN, OLALLA, CARLA, LAURA eANGÉLICA.