38
Ribadeo falls Ribadeo falls - - Presentación sobre as Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo 'casas caíntes' en Ribadeo Antonio Gregorio Antonio Gregorio Ribadeo 2006 Ribadeo 2006

Ribadeo falls

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación feita en 2006 sobre as 'casas caíntes' de Ribadeo naquel entón.

Citation preview

Page 1: Ribadeo falls

Ribadeo fallsRibadeo falls--

Presentación sobre as Presentación sobre as 'casas caíntes' en Ribadeo'casas caíntes' en Ribadeo

Antonio GregorioAntonio GregorioRibadeo 2006Ribadeo 2006

Page 2: Ribadeo falls

O vello Ribadeo necesita un remoce. Pode aparecer unha afirmación severa de máis, pero as

diapositivas que se adxuntan así o amosan.Non están todos os edificios que deberan, como pode

comprobarse cun paseo por Ribadeo, pero si necesitan unha actuación, menor ou maior, todos os que se presentan. Asemade, hai algunha foto máis no CD adxunto que non entra na presentación e que aporta material suplementario.

A normativa recén aprobada no 2005 sobre actuacións en casas do casco vello vai nese sentido de eliminar os puntos negros que se amosan, pero non é función desta edición o entrar polo miúdo na súa bondade por mor dun articulado discutido. Eso, sendo necesario como en calquera normativa, queda para outros foros.

Cada foto da presentación ten un pequeño comentario que cada quen aumentará ó seu albur. Tódalas fotos teñen dúas versións no CD, con dúas resolucións diferentes.

Esperemos que esta colección de diapositivas sexa en pouco tempo unha testemuña dun tempo que pasou.

Ribadeo, abril de 2006

Lic. Creative Commons compartir igual 2.1. (usables con cita de procedencia e autor)Esta presentación forma parte dunha publicación con parte impresa, con DL e ISBN:

LU-191-06 e ISBN-10 84-611-0452-8 (ISBN-13 978-84-611-0452-8)

Page 3: Ribadeo falls

A vella aduana (R. Amando Pérez) necesita unha atención como edificio emblemático de Ribadeo. Compárese cos remozados ó fondo.

Page 4: Ribadeo falls

Por diante obsérvase un deterioro maior aínda do edificio.

Page 5: Ribadeo falls

Grandes ou pequenas, as casas corren perigo. Unha casa só coas paredes á beira da Aduana vella e ó fondo (Porcillán), outra coa fachada atacada.

Page 6: Ribadeo falls

A vella escola de náutica, vixiando Guimarán, está ben aparentemente, pero abandoada. Ó seu carón, o antigo Andarica, en obras.

Page 7: Ribadeo falls

Escudos de nobleza nas fachadas, carteis de actuación en lugares viciños, non son garantía de conservación: polas fiestras ou pola porta desta casa esquina de Bispo Veres e Atalaia

está permitido ver o ceo.

Page 8: Ribadeo falls

Os edificios ás veces aínda conservan apariencia por unha beira, mentras manifestan total desolación por outra, como lle pasa a este na Atalaia.

Page 9: Ribadeo falls

No fondo da r/ Trinidad recibe ó viandante a rúa Bispo Veres cun edificio que foi, pero xa non é.

Page 10: Ribadeo falls

Non todas as casas necesitan os mesmos cuidados, pero a medio prazo, de non atenderse, todas caen en ruína. Casa da esquina da r/San Sebastián con Bispo Veres.

Page 11: Ribadeo falls

Esceas como esta, baixando cara a vella aduana por Amando Pérez, repítense con

demasiada frecuencia.

Page 12: Ribadeo falls

A deixadez conduce en pouco tempo a ter unha estructura inservible..

Aquí, outra casa da rúa Amando Pérez, unha

das que concentra maior nivel de desatención.

Page 13: Ribadeo falls

Hai lugares que sufren un deterioro maior que outros, ou que vai máis

rápido aínda que comezara despois.

Esquina Amando Pérez con Feijóo Acebedo.

Page 14: Ribadeo falls

Os lugares máis céntricos tampouco se libran: esquina da Praza de Abaixo con Amando Pérez.

Page 15: Ribadeo falls

En ocasións, unha vista máis achegada empeora a situación. Saíndo de Ing. Schulz

apréciase mellor a esquina.

Page 16: Ribadeo falls

Mirando xusto no sentido contrario, en

Ing. Schulz, outra casa merece atención.

Page 17: Ribadeo falls

Un pouco máis abaixo,os soportais poden ser un

perigo. Se a casa situada en Antonio Otero se cuida, pode

ser un lugar de acollida de paso cara a Casa da

Xuventude ou á Casa da Cultura, a parte de ser bonita en si e un sitio a ver do vello Ribadeo. Doutro xeito, mellor

evitala.

Page 18: Ribadeo falls

E, máis arriba, un caserón merece a atención: na

esquina de Viejo Pancho coa plazoleta, o edificio é un

perigo para os viandantes.

Page 19: Ribadeo falls

A esquina do edificio é máis perigosa. E no tellado vai

tempo que crecen arbustos.

Page 20: Ribadeo falls

Para os vellos ribadenses, o Cine Colón, sito na Praza de Abaixo, marca un fito. Na actualidade, tamén o marca de abandono.

Page 21: Ribadeo falls

Na r/ Trinidad, tres edificios adosados e con algunha historia a costas necesitan que alguén se faiga cargo deles.

Page 22: Ribadeo falls

Na rúa San Miguel, o cuartel vello, coa súa torre de vai tres séculos, parece necesitar só un remoce por fóra. Pero ese

alomenos é ineludible.

Page 23: Ribadeo falls

A vella torre do cuartel é un edificio singular. E as súas necesidades tamén o son.

Page 24: Ribadeo falls

De feito, a torre da pero impresión por detrás.

Page 25: Ribadeo falls

Mirando un pouco máis lonxe, case cara a Atalaia, o aspecto tamén é lamentable.

Page 26: Ribadeo falls

E podemos pararnos en outros edificios, neste caso un industrial (a antiga fábrica de xelo) que debera ser tocado.

Page 27: Ribadeo falls

Tamén dende alí pódese ver algunha traseira en mal estado. E continuando pola r/ San Miguel...

Page 28: Ribadeo falls

Atopamos unha casa que de continuar así non tardará

en estar derrumbada no interior...

Page 29: Ribadeo falls

E algunha máis que debe terse en conta para un amaño integral, como esta que está só cos muros externos.

Page 30: Ribadeo falls

Deixando a parte vella con máis historia, noutros lugares

tamén se necesita unha actuación. Aquí, un edificio preto da cárcere convertida

hoxe en Escola de Música. O edificio necesita máis que un

remoce.

Page 31: Ribadeo falls

Mesmo nos lugares máis lonxe do centro, parroquias ou edificios que non teñen relativamente tanto tempo, pódese observar a necesidade de botarlles unha man,

como este anexo ós institutos.

Page 32: Ribadeo falls

E tamén en vista máis xeral.Así, nesta foto vése a vexetación. Si, as casas están ocultas por ela. A baixada por

Ibáñez ata Cabanela ten un final difícil.

Page 33: Ribadeo falls

Noutros lugares, só parece necesario un adecentamento. Aquí, a baixada da Atalaia a Cabanela, con impresións

dispares das casas.

Page 34: Ribadeo falls

No primeiro termo, a casa da Confraría en obras; ó fondo, grúas. No medio, unha mistura de casas remozadas con outras que o necesitan. Esperemos que

en pouco tempo a vista mellore.

Page 35: Ribadeo falls

Poderiamos seguir dando unha volta por Ribadeo, noutro momento será. Nembargantes, para rematar, falta algo:

Page 36: Ribadeo falls

Edificio emblemático, ó Cantón aínda lle falta moito que restaurar como se pode ver nesta foto tomada dende a r/ Ibáñez.

Page 37: Ribadeo falls

E, aínda que queramos disculpar ó vello edificio

que xa sufriu varias reparacións parciais,

non podemos deixar de lamentar o seu estado

nalgúns puntos do mesmo.

Page 38: Ribadeo falls

Os edificios son non só propiedade duns ou outros. Como tales, tamén forman parte dun patrimonio

común, incluído no noso pobo. E polo tanto representan parte de nós.

A nós toca defendelos.

Ribadeo 2006E o futuro?