6
19 ~ H ai débedas de afecto, as únicas débedas que se contraen con satisfacción –con pro- funda satisfacción, algunhas veces– que a un lle gostaría poder saldar en vida do xeneroso acredor; pero que, por causa do ánimo cohibido e ruboroso con que frecuentemente se atopa a expre- sión dos máis íntimos sentimentos, non se ten aca- dado liquidar do xeito que mellor se quixera. Despois, segundo transcorren os días, segundo se amorean os anos, enchendo de distancia a lembran- za, esvaecendo a silueta da memoria, aínda que decantando un cada vez máis mesto pouso de sau- dade, un sente dun xeito máis fondo o moito que desearía dicir certas cousas a aquel ser querido, con profunda congoxa por non ter atopado, no seu momento, a oportunidade; ou, quizais, por saber que en verdade non fose capaz de acha-la forma de face- lo sen abrigar no peito trémulas palpitacións. E ese debedor moroso pensa entón na gratitude existen- cial que sente por ter coñecido a alguén que esper- ta nel, a pesar dos moitos anos transcorridos sen a súa presencia, tan nobres sentimentos; maiormente cando percibe que ó seu redor outros moitos que lle coñeceron tamén abeiran nas súas almas ese sin- cero agradecemento. Quen agora ven dar, intentar dar, a súa mostra de máis sincero afecto, faino tardeiro, como adoita oco- rrer; pois non soubo no seu momento dicir; era novo, certo, tal vez de máis novo, e a morte do ser querido sobreveu con sorpresa, estando fora, nunha viaxe; aínda que quizais sexa sinxelamente iso, que non soubo dicir, cando puido, o que desexase. Pero agora aproveita que a memoria colectiva evoca a lembranza daquela persoa, e séntese con gañas de falar, de dicir as palabras que antes non tivo, algo abraiado pola homenaxe populosa que se lle brin- da; tan afastada ó talante calado, pausado daquel SAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO

SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

19~

Hai débedas de afecto, as únicas débedasque se contraen con satisfacción –con pro-funda satisfacción, algunhas veces– que a

un lle gostaría poder saldar en vida do xenerosoacredor; pero que, por causa do ánimo cohibido eruboroso con que frecuentemente se atopa a expre-sión dos máis íntimos sentimentos, non se ten aca-dado liquidar do xeito que mellor se quixera.Despois, segundo transcorren os días, segundo seamorean os anos, enchendo de distancia a lembran-za, esvaecendo a silueta da memoria, aínda quedecantando un cada vez máis mesto pouso de sau-dade, un sente dun xeito máis fondo o moito quedesearía dicir certas cousas a aquel ser querido, conprofunda congoxa por non ter atopado, no seumomento, a oportunidade;ou,quizais,por saber queen verdade non fose capaz de acha-la forma de face-lo sen abrigar no peito trémulas palpitacións. E esedebedor moroso pensa entón na gratitude existen-

cial que sente por ter coñecido a alguén que esper-ta nel, a pesar dos moitos anos transcorridos sen asúa presencia, tan nobres sentimentos; maiormentecando percibe que ó seu redor outros moitos quelle coñeceron tamén abeiran nas súas almas ese sin-cero agradecemento.

Quen agora ven dar, intentar dar, a súa mostra demáis sincero afecto, faino tardeiro, como adoita oco-rrer; pois non soubo no seu momento dicir; eranovo, certo, tal vez de máis novo, e a morte do serquerido sobreveu con sorpresa, estando fora, nunhaviaxe; aínda que quizais sexa sinxelamente iso, quenon soubo dicir, cando puido, o que desexase. Peroagora aproveita que a memoria colectiva evoca alembranza daquela persoa, e séntese con gañas defalar, de dicir as palabras que antes non tivo, algoabraiado pola homenaxe populosa que se lle brin-da; tan afastada ó talante calado, pausado daquel

SAUDADE POR UN HOME

SINXELO

Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam

Pablo Sánchez Ferro

D I A D A S L E T R A S G A L E G A SX A Q U Í N L O R E N Z O

Page 2: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

20~

home sinxelo. Aquel home que, para quen agorafala, chamábase Padrino, para outros, Xoaquín, paraos coñecidos,Xocas, un alcume que ós pequenos danosa casa, ós meus irmáns e a min, espertaba curio-sidade e ledicia: era un alcume afable, xeneroso,nada teatral, un alcume entrañable, como o homeque o vestía.

Agora, cando un abre a porta da memoria e pene-tra na estancia das acordanzas afastadas, aquelasque permaneceron en nós dende a nenez, acordan-zas que semellan estar alumadas pola luz tenue,incerta dun candil, amosándose entre claras eescuras, como patinadas por unha especie de veoou néboa que as esvaece, cando un procura as lem-branzas e ten a impresión de que están atrapalla-das, de que non é certo que o seu sitio sexa o queen realidade lles corresponde, e camiña con torpe-za por esa estancia, procurando ás apalpadelasonde asirse para poder levar un paso firme, sénte-se remansado ó topar cun rostro coñecido, un ros-tro que nos olla con cariño e sabedoría dende apenumbra, dende un recanto preto ó centro dofogar; onde se garda a ascua máis quente do nosoafecto, a que agora se inflama co alento da lem-branza. Fixámonos alí, nese sitio privilexiado docorazón: sentado entre pobres louzas, rudas cazo-las de barro e cacharros de cobre, está un homeoctoxenario, un home envolto por unha voluta defume denso, que non mana do lume onde se cocena modiño, pacientemente, como se cociñan as cou-

sas gustosas, uns callos, un manxar para ese homedelgado, escaso de carnes, pero de apetito bo élambón, un home que contaba que en certa oca-sión fora xantar ó Pingallo, o restaurante de Luis,e, como lle gustaban tanto e alí facíanos tan sabo-rosos, tomara un prato ateigado de callos de pri-meiro, outro prato, tamén acugulado, de callos desegundo e, para non variar –¡qué gusto exquisito esinxelo!–, un prato sopeiro de callos por sobreme-sa. Fixámonos alí, no lugar máis acolledor damemoria, e vémo-la face alongada do home cingui-do brandamente por unha nube de fume, un fumeagre, de negro tabaco, que sobe ondulándosedende a man fanada que se apoia encol do xeonllodese home que permanece sentado, unha man, aesquerda, que ten dous dedos amputados –recordocando aquela man agarimaba o meu rostro, deixán-dome o seu toco un tacto áspero pero tenro nameixela, torpe pero cálido–, ó índice fáltalle mediafalanxeta, ou quizais enteira (non vexo ben napenumbra da memoria), e ó do corazón só lle restaa primeira falanxe, uns dedos que están tinguidosda cor limón vello que deixa a nicotina, dun dou-rado opaco, sen brillo, como o que teñen os halossantificadores nas antigas iconas bizantinas, fixá-monos nese home, e escoitámoslle falar, ten a vozalgo dura, chea de rouquén, aínda que amable esosegadora, unha voz que vai contando, entre cala-da e abaladora, relatos populares cheos de reverbe-racións lendarias, relatos que ás veces se trufancon refráns da aldea, da montaña, da beiramar; pois

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Xocas con María Teresa FerroDelgado e o seu esposo Aníbal.

Page 3: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

21~

ese home coñece moitosrefráns, recolleunos ólongo da súa vida, nas súasidas e vindas polos camiñosterrosos, flanqueados polocarballo e a mimosa; forarecolléndoos ó camiñar acarón do pegureiro, men-tres recollían as cabras e as ovellas dos veciños,para levalas ó monte, onde agardaban ata a noite,logo volvían ó lugar, e cada animal quedaba na súacasa, o costume guiábaos, e ós seus donos esperá-banos para veren que non se extraviaran; o homefora recollendo os refráns entre as redes ateigadasde peixe, escoitando ó mariñeiro que empata oanzol á liña ou que recolle o aparello á beira dadorna abanada pola baixamar, a dorna que axiñaestará durmida sobor a area húmida, aromatizadade salitre; fixámonos, e vemos ó home enxoito sen-tado na penumbra daestancia, unha estancia queagora semella a peza dunpiso, o home agora nonfala, olla un selo coa súalupa, é un selo doutrasterras; esa é a súa maneirade viaxar; pois todo o que

hai no mundo tamén está en Galicia, iso pensaaquel home; que agora deixa o selo no seu álbum,con coidado, con agarimosa meticulosidade. Ohome deixou o selo porque quere penetrar conpaixón no estudio; estudia os libros máis sabios, lecon avidez a Valle-Inclán, ou quizabes lle ocupe asúa favorita lectura, O Quixote, un libro que admi-ra, un libro que le tódolos anos, un libro ó que, senel sabelo –creo eu–, se acabou semellando, pois elfoi como un Don Quixote bo e paciente, un homeimbuído cun nobre ideal, que escoitaba a Sancho

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Xocas coa súa afilladaSusana, neta de Ferro Couselo,

no xardin do Antigo Pazo Episcopal.

Xocas no corredor da súa casa en Lobería,con María Teresa Ferro

e o seu fillo Álvaro,neto de Ferro Couselo.

Page 4: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

22~

Panza, ó labrego, ó aldeán, ó pobo galego, sen llepedir que escusase refráns, deixándolle con pracerdici-la súa sabedoría popular, para recollela enlibros, onde puidese amarra-la súa memoria á pos-teridade. O home le toda a mañá; ergueuse cedo,almorzou, como sempre, unha cunca de chocolatecon galletas, despois aseouse no pobre lavabosituado ó descuberto nunha esquina da peza–como o pequeno fogón onde unha señora facía,antes de arranxar un pouco a peza, o chocolate–;aseouse e púxose a ler no seu sofá, preto da mesade traballo, preto da cama; o piso é pequeno e ascousas case se tocan, comunícanse, creando untecido de vínculos tácitos, vínculos que nos falanda personalidade daquel home que le sentado nosofá, unha personalidade rica, xenerosa, chea desabedoría e humanidade, como reflicten os librosda peza, os significativos obxectos: o vello tocadis-

cos, o cinseiro de cristal, a pequena mesaredonda ó carón do sofá, algún debuxo, aausencia de ornato e nimiedade. Agora can-souse e deixa o libro, pon o tocadiscos, amelodía é ora saltareira ora cadenciosa,escoita a Tchaikovsky, que o sosega e llearrebata a fatiga; quizais soña por un intrecoa fada lambiscada, e lémbrase dospequenos, de tódolos cativos ós que tantoquixo, como un home sen fillos, mais acugu-lado de cariñosa paternidade. O home sen-tiu de súpeto unha necesidade; érguese,colle un pequeno paquete, envolto con sin-xeleza por un folio branco (non sei, ó mellorsó meteu o presente nunha bulsa de plásti-co), ponse o gabán enriba do traxe escuro,listado, baixo o cal leva un chaleco en com-binación e unha camisa branca, sempre levacamisa branca, sempre leva gravata negra,ou cando menos así o lembro, ponse ogabán e sae da casa, baixa polas estreitasescaleiras de madeira e cruza o diminutoportal de baldosa, alí, en tan breve espacio,hai unha perfumería –é curioso–; dunhaalancada case chega á rúa. Padrino olla óceo, hoxe non ten nubes de chumbo; des-pois colle o camiño de sempre entre ascasas cinguidas pola humidade, sentindo ofrío que deixou a brétema, antes de queviñese o lixeiro orballo, que cae con pacien-cia e sen cesar, que cae con íntimo senti-mento, como un pranto soidoso do ceo gris,

ávido de sol e de claros; camiña paseniño, benergueito, mais sen amosar altiveza, camiña como aspersoas que se atopan empapadas de sinxeleza,sabedoras da relatividade do vivir, coñecedoras dainfinidade do vagar, como as persoas que son boase xenerosas cos demais. É xa o mediodía, e chegaá nosa casa, a súa outra casa, para xantar; sempreque estamos vén, sempre se lle agarda con cariñoe con gañas de velo sentarse no sofá do cuarto deestar, onde pasa as horas lendo. Entra no nosofogar e os nenos recibímoslle con ledicia, vendocomo nos seus beizos enxoitos trázase un sorrisocheo de dozura e amizade, pois os pequenossomos os seus amigos, chámanos a tropiña miúda–encantábanlle os rapaces; era moi serio, mais moientrañable, moi agarimoso con eles–; vémolo ebromea dicíndonos, entre castelán e galego (falába-nos así, para que foramos aprendendo algo a súa

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Xocas coa súa afillada Susana Ferro.

Page 5: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

23~

lingua), no seas chafalleiro ou no seas trapallei-ro, pois quérenos e azurranos para facernos rir;pintamonas, dime cunha chispa de bondade naspupilas, e dame un paquete (o presente) que abrocon curiosidade: é unha caixa de madeira, dentrohai un quebracabezas de un barquiño de vela; fíxo-no Padrino coas súas propias mans, unhas manscheas de afecto e de pericia; pois, ademais de bo,era un intelectual artesán; eu creo que tiña unhaalma de artesán metida nas mans dun intelectual.¡Como brotan as lembranzas!, tan cheas de gratitu-de e afecto.Vexo a aquel home, agasallándome coasúa presencia e sento gañas de dicirlle algo, defalarlle nesta lingua que el tanto amaba, nesta lin-gua sincera, lírica, chea de entoación e significado,que pobremente coñezo, pero aínda así nela des-exo falarlle –sei que a el gustaríalle–, e lle digo... ete digo, Padrino, que onte, ou cecais outro día máisafastado no tempo, no serán, fun ó vello peirao esenteime a carón do guindastre. Quedo, coa brisafresca rozando as miñas meixelas, puiden ve-lasdornas que durmían arroladas polas ondas, e comoos últimos mariñeiros, cansos e cheos de soidade,recollían as súas artes para volveren á calor dosseus fogares; e ti estabas alí, de pé, cun caderniñono que debuxabas as barcas, estabas moi concen-

trado e parecías case unha estatua, espigada,firme, como enraizada na terra. Vinte deste xeito,cunha lixeira mágoa no peito. E a lembranza ficou-me cheo de saudade; quixen ser de novo o rapaci-ño solitario que, no verán, adoitaba ir ó campopola tarde, cando ós meus pais e irmáns durmíana sesta, para serpear polas pequenas sendas quecorrían xunto ós lameiros cara á ribeira, atopandotoda clase de fermosos bechiños: bolboretas, caba-liños do demo e aínda algunha vacaloura extravia-da que ía busca-la frescura dos avesedos da fraga;e cando ollaba estes insectos lembrábame de ti,Padrino, pois ti regaláraslle unha cantaruxa diseca-da a miña nai, unha cantaruxa que foi irmá dasque agora, mentres eu ía á beira mar, zoaban nacalor da sesta; quixen ser ese rapaciño que ía polocampo para, de súpeto, baixo unha gran claridadeatoparche, Padrino, coma un xílgaro vermello napóla dunha vimbieira acendida, elevando o cantoledo da terra, enchendo o aire cos sons da foliadada vida, un alento cálido, cheo de fermosas reso-nancias.

Agora son ese rapaz, véxote cantar na vimbieiraacesa, e dende aquí, dende a miña saudade, queridoPadrino, envíoche unha grande aperta.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Xocas na casa da filla de Ferro.

Page 6: SAUDADE POR UN HOME SINXELOSAUDADE POR UN HOME SINXELO Para Xaquín Lorenzo Fernández, in memoriam Pablo Sánchez Ferro DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO 20 ~ home sinxelo. Aquel

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

Etnógrafo, historiador. Membro do

Padroado do Museo do Pobo Galego,

da ponencia de Antropoloxía do

Consello da Cultura Galega, etc.

Autor, entre outros, dos seguintes

libros: O refraneiro do mar (1988,

2ª. ed. 1993); A festa dos maios en

Galicia. Unha aproximación histó-

rico-antropolóxica ó Ciclo de Maio

(1989, Premio de Investigación

Deputación de Pontevedra);

Aproximación etnográfica á cultu-

ra material da montaña lucense:

Notas históricas e situación presen-

te (1991, 2ª. ed. 2000); As festas cícli-

cas do ano (1992); A Coca e o mito

do dragón (1993); A producción

tradicional do ferro en Galicia: As

grandes ferrerías da provincia de

Lugo (1994, 2ª. ed. 2000, Premio de

Investigación Deputación de Ponte-

vedra); Arquitectura e tecnoloxía

populares no val de Ancares (León)

(1996); Galegos na Historia:

Antonio Fraguas (1998); Nos lindei-

ros da galeguidade: Estudio antro-

polóxico do val de Fornela.

Etnohistoria, Etnomusicoloxía,

Etnografía, con X.M. González

Reboredo e L. Costa Vázquez-Mariño

(2002);La iglesia y el cementerio de

Santa María a Nova de Noia, con

Suso Xogaina –fotografías- (2003); O

Ribeiro: terra, auga e viño, con J.A.

López Martínez –fotografías- (2003);

Os cruceiros (2003); Cruces e cru-

ceiros antigos de Vilagarcía de

Arousa, con X.R. Marín Martínez

(2003)...

En decembro de 2003 publicou a pri-

meira biografía de Don Xaquín, na

que fai un minucioso estudio da vida

e da obra do ilustre sabio ourensán:

Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas”,

1907-1989. Unha vida dedicada á

Nosa Cultura (colección “Memoralia”,

Editorial Toxosoutos).