8
Selección de textos filosóficos EPICTETOKANTPLATÓNEPICTKANTPLATÓNEPICTETOKANTPLATON

Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

Selección detextos

filosóficos

­­ EEPPIICCTTEETTOO­­KKAANNTT­­­­PPLLAATTÓÓNN­­EEPPIICCTT­­KKAANNTT­­PPLLAATTÓÓNN­­EEPPIICCTTEETTOO­­KKAANNTT­­PPLLAATTOONN

Page 2: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

O 29 de xullo de 2005, á petición do reino de Marrocos, na orde do día da 171º

reunión do Consello Executivo da UNESCO incluiuse un punto sobre a

proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día

Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente

esta disciplina se introducira nos estudos, para alentar un exercicio

reflexivo e crítico do pensamento e a razón. Pola súa parte

a UNESCO tomaría disposicións para apoiar

as iniciativas emprendidas nos diferentes países e rexións para:

actuar como lugar de reunión e foro filosófico, para afianzar

ou crear novas redes de filósofos de todas partes do mundo;

favorecer o ensino da filosofía nos programas escolares

en estreita colaboración cos ministerios de educación

de formación superior e investigación;

sensibilizar ás escolas para que este Día

se celebre da maneira

máis ampla

posíbel

EEsstteess tteexxttooss eessttáánnddeeddiiccaaddooss áá ttooddaa aa ccoommuunniiddaaddee eedduuccaattiivvaa

O noso obradoiro é a menteO material somos nós

O traballo na aula, a nosa dignidade

FFeelliizz DDííaa MMuunnddiiaall ddaa FFiilloossooffííaa!!

Este caderno foi elaborado polos departamentos

de filosofía do IES de Mugardos e IES Fraga do Eume

coa colaboración do IES Felix Muriel de Rianxo

Ilustracións e gravados de Ofelia Lubián

Page 3: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

Moitas circunstancias do noso tempo, tales como a inseguridade ante o futuro, a perdade valores ou a depresión son froito dunha cultura na que o mais importante é o éxitosocial, económico ou material. Este tipo de situación non é nova; as persoas sempretemimos o fracaso e o desprestixio. A filosofía sempre tivo presentes estas cuestións eplantexouse como axudar ás persoas a superalo. Por iso, a nosa primeira elección sonuns fragmentos de Epicteto recollidos no MANUAL DE VIDA, onde nos mostra ferramentase técnicas de autocoñecemento sen moralismo. A súa condición persoal ­foi escravoparte da súa vida­ e as circunstancias sociais que o rodean reflicten o espíritu dunhaépoca de sutil desmoralización e decadencia similar á nosa en moitos aspectos: ohelenismo. Dicimos decadencia porque neste tempo acádase o final do modelo grego decidadáns que participan na xestión da súa polis, de cidadáns activos, como persoas quecontan, para converterse en pezas abstractas na engranaxe dun imperio. Pero melloracheguémonos ás palabras deste filósofo que logrou trascender a súa época paraconmemorar o Día Mundial da Filosofía .

EPICTETO

MANUAL DE VIDA

felicidade e a liberdade comeza coaclara a comprensión dun principio:

algunhas cousas están baixo o noso controle outras non. Só despois de ter lidado conesta regra fundamental e aprendido adistinguir entre o que podemos controlar eque non, será posíbel a tranquilidadeinterior e a eficacia exterior. Baixo controlestán os puntos de vista, as aspiracións, osdesexos e as cousas que nos rexeitan. Estasáreas representan con bastante precisión anosa preocupación, porque estan suxeitasdirectamente á nosa influencia. Sempretemos a posibilidade da elección doscontidos e o carácter da nosa vida interior.

Fóra de control, con todo, hai cousas comoo tipo de corpo que temos, o ter nacido nariqueza ou ter que ser rico, como nos venos outros e a nosa posición na sociedade.Recordemos que estas cousas son externase, polo tanto, non deben ser a nosapreocupación. Intentar cambiar o que nonse pode só nos pode producir tormento.Lembremos: as cousas das que temospoder están naturalmente á nosadisposición, libre de toda restrición ouimpedimento; pero as cousas que o nosopoder non alcanza son debilidades,dependencias, ou son determinadas polocapricho e accións dos outros. .

A

35­135 d. C.

Page 4: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

Lembra, tamén, que se pensamos quepodemos tomar as rendas das cousas quepor natureza escapan ao noso control, outentamos tomar os asuntos dos outroscomo se fosen propios, os nosos esforzosserán inútiles e nos tornaremos persoasfrustradas, ansiosas e criticonas. .

Ocúpate dos teus propios asuntos

Presta atención unicamente ás túasverdadeiras preocupacións e dá por sentadoque o que pertence aos demais é asuntoseu, non teu. Se obras así, serásimpermeábel á coacción e ninguén chepodera reter. Serás autenticamente libre eeficaz, pois darás bon uso aos teus esforzosno lugar de malgastalos criticando uopóndote aos demais. Se coñeces e prestasatención ás túas verdadeiras preocupacións,nada nin ninguén che fara actuar contra atúa vontade; os demais non poderán ferirte,non gañarás inimigos nin padecerás ningúnmal. Se tes o propósito de vivir seguindoestes principios, recorda que non será fácil:deberás renunciar por completo a algunhascousas e pospor outras por agora. Éprobábel que debas privarte da riqueza e opoder se queres asegurarte de alcanzar afelicidade e a liberdade .

Vexamos as cousas tal como son enverdade

As circunstancias non se presentan parasatisfacer as nosas expectativas. As cousassuceden por si mesmas. A xentecompórtase tal como é. Aproveita o querealmente obtés. Abre os ollos: tes que veras cousas tal como son e así aforrarás ador dos falsos vínculos e da decepciónevitábel. Pensa no que te deleita, asferramentas coas que contas, as persoas aquen queres. Pero recorda que teñen o seupropio carácter específico, o cal pouco ounada ten que ver coa forma que temos develo. A modo de exercicio, pensa na cousa

máis insignificante á que te sintasvinculado. Poñamos, por exemplo, que tesunha copa favorita. Ao fin e ao cabo non émáis que unha copa, de aí que se se rompepodas soportalo. Aprende a despedirte daspersoas e das cousas. Renuncia ao sentidoposesivo do que sucede na túa vida. Taménisto pasará, podes recordarte. Aproveitandoas situacións pero sen apegarte a elas.Cando algo acontece, o único que está natúa man é a actitude que tomas aorespecto; tanto podes aceptalo como tomaloa mal. O que en verdade nos espanta edesalenta non son os acontecementosexteriores por si mesmos, senón a maneiraen que pensamos acerca de eles. Non sonas cousas o que nos trastorna, senón anosa interpretación do seu significado.Deixa de asustarte a ti mesmo con ideasimpetuosas, coas túas impresións sobre omodo en que as cousas son! As cousas e aspersoas no son o que desexamos que sexannin o que parecen ser. Son o que son.

Nin vergoña nin culpa

Se o que sentimos acerca das cousas é oque nos atormenta, mais que as cousas ensi mesmas, resulta absurdo culpar aosdemais. Polo tanto, cando sufrimos unrevés, unha incomodidade ou unhaaflición, non lle botemos a culpa aosoutros, senón á nosa propia actitude. Axente mesquiña acostuma culpar aosdemais do seu propio infortunio. A maioríada xente cúlpase a si mesma. Quen seconsagra a unha vida de sabedoríacomprende que o impulso de culpar a algoou alguén é unha inutilidade, que nada segaña con culpar, xa sexa aos demais ou aun mesmo. Un dos signos que anuncian oacordar da conciencia moral é a gradualextinción da culpa. Vemos a futilidade daacusación. Canto mais examinamos asnosas actitudes e traballamos sobre nósmesmos, menos susceptíbeis somos de servarridos por reaccións emocionaistormentosas procurando explicaciónsfáciles a sucesos casuais. As cousas

Page 5: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

son sinxelamente o que son. Os demais quepensen o que queiran; realmente non éasunto noso. Nin vergoña nin culpa.

Crea o teu propio mérito

NNon dependas nunca da admiración dosdemais. Non ten valor algún. O méritopersoal non pode proceder dunha fonteexterna. Non o encontrarás nas relaciónspersoais, nin na estima dos demais. É cousaprobada que as persoas, mesmo quen chequere, non estará necesariamente de acordocoas túas ideas, non te comprenderán nincompartirán o teu entusiasmo. Madura! Aquen lle importa o que os demais pensen deti! Crea o teu propio mérito! O méritopersoal non pode alcanzarse mediante arelación con persoas de gran excelencia.Foiche encomendado un labor que debeslevar a cabo. Ponte mans á obra, faino omellor que podas e esquécete de quen podaestar vixiándote. Leva adiante un traballoútil manténdote indiferente á honra e áadmiración que os teus esforzos podansuscitar nos demais. O mérito alleo nonexiste. Os trunfos e excelencias dos outrossó a eles pertencen. Do mesmo xeito, assúas posesións poden ser excelentes, pero atúa persoa non alcanzará a excelencia através delas. Pénsao: que é realmente teu?O uso que fas das ideas, recursos eoportunidades que se che presentan. Teslibros? Leos. Aprende deles. Aplica a súasabedoría. Teñen coñecementosespecializados? Emprégaos a fondo e a bofin. Tes ferramentas? Tíraas da caixa econstrúe e repara cousas. Tes unha boaidea? Afonda nela e lévaa a cabo. Tira omaior proveito do que tes, do que érealmente teu. Podes estar razoabelmentesatisfeito contigo mesmo se harmonizas osteus actos coa natureza mediante orecoñecemento do que en verdade é teu.

Evita adoptar os puntos de vistanegativos dos demais

OOs puntos de vista e os problemas dosdemais poden ser contaxiosos. Noncometas sabotaxe contra ti mesmoinconscientemente adoptando actitudesnegativas e improdutivas froito do teu tratocon terceiros. Se te encontras cun amigomagoado, un parente aflito ou un colegaque sufriu un golpe da fortuna, procuranon verte superado polo aparenteinfortunio. Lémbrate de discriminar entreos feitos en si e a interpretación dosmesmos. Axudar a dar renda solta aobstinados sentimentos negativos nonconstitúe unha demostración deamabilidade ou amizade para con aspersoas por quen nos interesamos.Seremos de moita mais utilidade, tantopara os demais como para nósmesmos, se permanecemos á marxe eevitamos as reaccións melodramáticas.Con todo, se te achas conversando conalguén que está deprimido, magoadoou frustrado, mostra amabilidade eescóitao con compaixón, pero nonpermitas que acabe por desanimarte oudeprimirte a ti tamén. .

Interpreta sempre ben o papel que nosteñan asignado

SSomos os actores dunha obra. Algúns denós actuaremos nun drama breve; outrosnun longo. Pode que nos asignen o papelde pobre, de tolleito, de distinguidacelebridade, de dirixente ou o de cidadánnormal e corrente.Non controlamos o papelpero o noso afán debe ser interpretar opapel asignado tan ben como nos sexaposíbel e abstermos de nos queixar domesmo. Sexa onde for e en todacircunstancia, ofrece unha actuaciónimpecábel. Se tes que ler, entón, le.Se tesque ser escritor, entón, escribe. .

Page 6: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

Kant é o mellor representante do espíritu da Ilustración, época de optimismo na que sequere deixar atrás a superstición e a ignorancia. Pero, pode o progreso da ciencia e atecnoloxía facernos voltar á escuridade de antaño?. Onde se esconden os inimigos dasLuces na actualidade? Na uniformidade do pensamento único e, tamén, na excesivaespecialización que nos convirte en meros funcionarios do saber, delegando aresponsabilidade de atrevernos a pensar. Neste sentido as palabras do filósofo revélansede plena actualidade.

Inmanuel Kant

Que é Ilustración?

Ilustración é a saída do home da suculpábel minoría de idade. A minoría de

idade significa a incapacidade de servirse dopropio entendemento, sen a guía de outro.Un mesmo é culpábel desta minoría deidade cando a causa dela non reside nacarencia de entendemento, senón na falta dedecisión e valor para servirse por si mesmodel sen a guía de outro. Sapere aude! Ten ovalor de servirte do teu propioentendemento! Eis aquí o lema daIlustración. Preguiza e covardía son ascausas de que unha grande parte doshomes permaneza, gustosamente, enminoría de idade ao longo da súa vida,apesar de que xa fai tempo que a natureza osliberou da dirección allea: e por iso é tanfácil aos outros erixirse nos seus titores. Étan cómodo ser menor de idade!Se teño un

libro que pensa por min, un directorespiritual que substitúe a miña concienciamoral, un médico que receita a dieta, etc,entón non necesito esforzarme. Se podopagar, non teño necesidade de pensar:outro asumirá por min tan pesarosa tarefa.Aqueles titores que tan bondadosamentetomaran sobre si a tarefa de supervisiónencárganse xa de que o paso cara a maioría,ademais de ser difícil, sexa consideradoperigoso para a maioría dos homes (e entreeles todo o belo sexo) Despois de teraparvado aos seus animais domésticos, eprocurar coidadosamente que estaspacíficas criaturas non podan atreverse adar un paso sen os andazos nos que foronencerrados, móstranlles o perigo que llesameaza se tentan camiñar sós. O certo éque este perigo non é tan grande (...)

A

Page 7: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

O Banquete de Platón

CCando o nacemento de Venus, houbo entreos deuses unha grande festa, na que seencontraba, entre outros, Poros (aAbundancia) fillo de Metis. Despois dacomida, Penia (a Pobreza) púxose á porta,para mendigar algunhas sobras. Nestemomento, Poros, embriagado co néctar(porque aínda non se facía uso do viño), saíuda sala, e entrou no xardín de Xúpiter, ondeo sono non tardou en fechar os seuscargados ollos. Entón, Penia estreitada poloseu estado de penuria, propúxose ter un fillode Poros. Foi deitarse con el, e fíxose mai doAmor. Por esta razón o Amor fíxosecompañeiro e servidor de Venus, porque foiconcibido no mesmo día en que ela naceu;ademais de que o Amor ama naturalmente abeleza e Venus é bela. E agora, como fillo dePoros e de Penia, eis aquí cal foi a súaherdanza. Por unha parte é sempre pobre, elonxe de ser belo e delicado, como se crexeralmente, é fraco, desaxeitado e sucio, sencalzado e domicilio, sen mais leito que aterra, sen ter con que cubrirse, durmindo áluz da lúa, xunto ás portas ou nas rúas; enfin, o mesmo que a súa mai, está sempreloitando coa miseria. Pero, por outra parte,segundo a natureza do seu pai, sempre ápista do que é belo e bon, é viril, atrevido,perseverante, cazador hábil; ansioso desaber, sempre maquinando algún artificio,filosofando sen cesar, encantador, máxico,

sofista. Por natureza non é mortal nininmortal pero nun mesmo día apareceflorecente e cheo de vida, mentres está naabundancia, e despois extínguese paravolver a revivir, a causa da naturezapaterna. Todo o que adquire disípao sencesar, de xeito que nunca é rico nin pobre.Ocupa un termo medio entre a sabedoría e aignorancia, porque ningún deus filosofa, nindesexa facerse sabio, posto que a sabedoríaé propia da natureza divina, e en xeral o queé sabio non filosofa. O mesmo sucede cosignorantes; ningún deles filosofa nin desexafacerse sabio, porque a ignorancia produceprecisamente o pésimo efecto de convenceraos que non son belos, nin bos, nin sabiosde que posúen estas calidades; porqueninguén desexa as cousas das que se crefornecido. ­ Pero, Diotima, quen son os quefilosofan, se non son os sabios nin osignorantes? ­ Até os nenos saben, dixo ela,que son os que ocupan o termo medio entreos ignorantes e os sabios, e o Amor é destenúmero. A sabedoría é unha das cousasmais belas do mundo, e como o Amor ama oque é belo, é preciso concluir que o Amor éamante da sabedoría, quer dicir, filósofo; ecomo tal áchase nun medio entre o sabio e oignorante. Ao seu nacemento débello,porque é o fillo dun pai sabio e rico, e dunhamai que non é rica nin sabia. Tal é, meuquerido Sócrates, a natureza deste “demo”.En canto á idea que ti te facías, non éestraño que te teña acontecido, porquecrías, polo que supoño en vista das túaspalabras, que o Amor é o que é amado e nono que ama. Eis aquí, ao meu parecer,porqué o Amor che parecía moi belo, porqueo amábel é a beleza real, a graza, aperfección e o soberano ben. Pero o que amaé de outra natureza distinta como acabo deexplicar.

Para rematar, unha achega á poesía e ao amor

Angelus Silesius

A rosa é sen porquéFlorece porque florece

Non presta atención a si mesmaNon se pregunta se alguén a ve

Page 8: Selecciónde textos filosóficos · proclamación dun Dia Mundial da Filosofia. Acordouse que o Día Mundial da Filosofía podería contribuir a que paulatinamente esta disciplina

­­EEPPIICCTTEETTOO­­KKAANNTT­­PPLLAATTÓÓNN­­AANNGGEELLUUSS ­­KKAANNTT­­ SSIILLEESSIIUUSS­­EEPPIICCTTEETTOO­­KKAANNTT­­PPLL