2
Semana de Acción Mundial pola Educación 2017 Semana de Acción Mundial pola Educación 2017 24-29 de Abril Colaboran

Semana de de Acción Mundial pola - CME Folleto Galeg… · O ano pasado, a SAME congregou a 27 millóns de persoas en todo o mundo, 40.000 delas en España. Este ano, visibilizaremos

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Semana de de Acción Mundial pola - CME Folleto Galeg… · O ano pasado, a SAME congregou a 27 millóns de persoas en todo o mundo, 40.000 delas en España. Este ano, visibilizaremos

Semana deAcción Mundial pola

Educación 2017

Semana deAcción Mundial pola

Educación 201724-29 de Abril

Colaboran

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Cartel A2 GALLEGO SAME 2017.pdf 1 31/3/17 12:30

Page 2: Semana de de Acción Mundial pola - CME Folleto Galeg… · O ano pasado, a SAME congregou a 27 millóns de persoas en todo o mundo, 40.000 delas en España. Este ano, visibilizaremos

Este ano na SAME mobilizámonos para esixir aos nosos gobernantes que fagan o necesario para cumprir co ODS4 (garantir unha educación gratuíta, inclusiva, equitativa e de calidade para todos e todas), a través de procesos transparentes e que conten coa participación da cidadanía, e especialmente dos máis novos.

Necesitamos construír unha cidadanía comprometida e activa, capaz de mobilizar e incidir socialmente e presionar aos gobernos e á comunidade internacional para esixir o cumprimento dos obxectivos internacionais en educación, a través de procesos transparentes.

Traballar na aula a nosa proposta didáctica “Pido a palabra pola educación”, que podes descargarche na web da Campaña.

Mobilízate durante a SAME na túa cidade. Podes consultar as actividades previstas na web da Campaña.

Anima á túa comunidade educativa, docentes, nenos/as, pais e nais a mobilizarse polo dereito á educación.

Difundir as nosas reivindicacións sobre o dereito á educación, seguindo e compartindo as publicacións das nosas redes de Facebook e Twitter.

Subscribirte á nosa newsletter na web da Campaña e recibir información sobre as nosas actividades.

Súmate ás mobilizacións durante a SAME (na web atoparás información sobre as actividades previstas na túa Comunidade Autónoma).

Sumar esforzos para pedirlle ao Goberno que cumpra coas demandas da CME.

Comprometerte coa túa agrupación política para apoiar a Axenda de Educación 2030.

Apoiar a construción dunha cidadanía global polo Dereito á Educación, coordinando, aliñando e harmonizando estratexias e accións con outros actores, tanto para apoiar o financiamento, como para lograr os obxectivos do dereito á educación.

Cantos nenos e nenas seguen sen ir ao colexio?

Como é posible que siga habendo millóns de persoas que por motivos de raza, xénero ou por ter algunha discapacidade, non reciben a educación á que teñen dereito?

E por non poder permitirllo economicamente?

Cantas persoas adultas non saben ler, escribir, sumar e restar?

Lamentablemente, a día de hoxe hai 263 millóns de nenos, nenas, novas e adolescentes de todo o mundo seguen sen escolarizar, a maioría deles no África Subsahariana; e 758 millóns de persoas adultas son analfabetas, dous terzos delas mulleres.

A boa noticia é que, entre todos e todas, podemos facer moito por cambialo.

Desde a Campaña Mundial pola Educación (CME), queremos sensibilizar e mobilizar á cidadanía para esixir aos representantes políticos que cumpran cos seus compromisos, adoptando as políticas pertinentes e destinando os recursos necesarios para garantir que todas as persoas poidan exercer o seu dereito a unha educación gratuíta, equitativa, inclusiva e de calidade.

A CME é unha coalición internacional presente en máis de 100 países e formada por organizacións de moi diverso signo, como ONG, sindicatos educativos, centros educativos e movementos sociais.

Para máis información, podes consultar a nosa web: http://www.cme-espana.org/

A educación é unha ferramenta esencial para a redución da pobreza e as desigualdades, a protección en contextos de conflito e a construción de paz; tamén constitúe un motor fundamental para o desenvolvemento e o avance das persoas e as sociedades. Pero a educación é sobre todo un dereito, consagrado en diversos tratados internacionais, entre os que destaca a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (Artigo 26). E, para que sexa un dereito significativo, ten que ser alcanzable, accesible, aceptable e adaptable.

Cada ano, as coalicións de todos os países celebramos en abril a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME), co obxectivo de mobilizar á cidadanía en defensa do dereito á educación. O ano pasado, a SAME congregou a 27 millóns de persoas en todo o mundo, 40.000 delas en España. Este ano, visibilizaremos a necesidade de promover e facilitar a participación cidadá, e especialmente a infantil e xuvenil, nos procesos políticos necesarios para facer efectivo o dereito á educación.

En 2015, os líderes mundiais comprometéronse cunha nova axenda de desenvolvemento para construír un futuro máis xusto, inclusivo e sustentable para o planeta e para as xeracións futuras: os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, un marco de 17 obxectivos que propón unha axenda integral e universal para acabar coa pobreza e a fame, combater o cambio climático ou conseguir a igualdade de xénero. Un deles (o ODS4) está dedicado especificamente á educación.

*

*

*

*

*

*

*

*

*

Ao longo de 2017, o Goberno priorice a elaboración dunha folla de ruta clara e crible para a implementación da Axenda de Educación 2030 e concretamente do ODS4, medindo os seus avances e creando os organismos necesarios para a súa consecución.

Garántase a transparencia das administracións nestes procesos, creando os mecanismos de seguimento e rendición de contas pertinentes.

Promóvase unha participación cidadá activa nos devanditos procesos, garantindo que existan espazos para a participación das organizacións da sociedade civil e a cidadanía especialmente das comunidades educativas.

Reafírmese a defensa dos conceptos de calidade, gratuidade e equidade da educación, así como o papel esencial que deben desempeñar os Gobernos á hora de garantir o dereito á educación.

Que se garanta a provisión dos fondos necesarios para financiar a totalidade da Axenda 2030 de Educación, tanto a nivel internacional como nacional.

@CM

E_es

Cam

paña

Mun

dial

pola

Educ

ació

n Es

paña

Parti

cipa

na

SAM

E. E

ntra

en

www.

cme-

espa

na.o

rgPa

rtici

p

2017 é un ano crítico para garantir o cumprimento da Axenda de Educación 2030, xa que nos próximos doce meses os Gobernos deberán definir os indicadores que van servir para medir o cumprimento dos ODS. Este ano, a SAME céntrase en defender a necesidade de que as distintas administracións responsables da adopción das políticas e medidas necesarias para o cumprimento do ODS 4 cumpran as súas promesas e rendan contas ante a cidadanía.

Así mesmo, queremos visibilizar a importancia de que existan espazos que permitan a participación cidadá nestes procesos. De feito, a participación cidadá é un dos alicerces dos ODS, que se propuxeron ser “unha axenda das persoas, polas persoas e para as persoas” e un elemento imprescindible para facer valer a súa lema: “Non deixar a ninguén atrás”

A educación é un tema que nos compete a todos e todas. Por iso, este ano convidámosvos a unirvos á SAME para pedir a palabra pola educación e esixir aos nosos Gobernos que teña en conta as opinións e achegas do conxunto da cidadanía e moi especialmente dos principais afectados polas decisións en materia educativa: comunidades educativas, nenos, nenas e novas.