58
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 58 Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 3 Unidade didáctica 9 A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal

SP SOC MOD 3 UNID 9 - edu.xunta.es · Páxina 5 de 58 2. Secuencia de contidos e actividades 2.1 A evolución da especie humana. A humanidade prehistórica 2.1.1 O camiño cara ao

Embed Size (px)

Citation preview

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 58

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 3 Unidade didáctica 9

A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal

Páxina 2 de 58

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................5

2.1 A evolución da especie humana. A humanidade prehistórica ....................................... 5 2.1.1 O camiño cara ao ser humano ...........................................................................................................................5 2.1.2 O Paleolítico e a Revolución Neolítica ...............................................................................................................6 2.1.3 A Idade dos metais, unha época de grandes inventos ......................................................................................9 2.1.4 A prehistoria en Galicia e na Península Ibérica ...............................................................................................10

2.2 A Idade Antiga ............................................................................................................ 12 2.2.1 As primeiras civilizacións urbanas: Mesopotamia e Exipto..............................................................................12 2.2.2 As civilizacións clásicas: Grecia e Roma .........................................................................................................17

2.3 A Idade Media ............................................................................................................ 26 2.3.1 Os reinos xermánicos da Península Ibérica: visigodos e suevos ....................................................................27 2.3.2 O imperio de Carlomagno ................................................................................................................................28 2.3.3 O islam .............................................................................................................................................................29 2.3.4 O feudalismo ....................................................................................................................................................32 2.3.5 Os reinos cristiáns da Península Ibérica ..........................................................................................................35 2.3.6 A Igrexa durante a Idade Media .......................................................................................................................37 2.3.7 O renacemento das cidades en Europa occidental..........................................................................................39 2.3.8 Galicia na Idade Media.....................................................................................................................................42

3. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................45

4. Solucionarios...................................... .....................................................................47

4.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 47 4.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 55

5. Glosario........................................... .........................................................................56

6. Recursos........................................... .......................................................................57

Páxina 3 de 58

1. Introdución Esta unidade didáctica, denominada A humanidade en evolución: dunha economía depre-dadora ao mundo feudal, é a primeira das catro que constitúen o módulo 3 do ámbito so-cial. Está dividida en tres partes, e trata un longo período da historia da humanidade que vai desde a orixe do ser humano, hai máis de dous millóns de anos, ata a fin da Idade Me-dia, ao remate do século XV.

� A primeira parte analiza a evolución do ser humano, desde os homínidos ata a aparición do Homo sapiens sapiens, e os dous grandes períodos prehistóricos, o Paleolítico e o Neolítico.

� A segunda céntrase na chamada Idade Antiga, a primeira das etapas nas que se divide convencionalmente a Historia. Nela desenvólvense as grandes civilizacións da antigüi-dade: a mesopotámica, a exipcia, a grega e o Imperio Romano. Tamén xorde neste pe-ríodo histórico a relixión que determinou a historia de Occidente, o cristianismo.

� A Idade Media trátase na derradeira parte, unha etapa de mil anos que se inicia coa fin do Imperio Romano, no ano 476, e remata a finais do século XV. Abrangue as inva-sións dos pobos bárbaros ou xermánicos, que lle poñen fin á civilización romana; o na-cemento doutra das relixións máis influentes, o islamismo; a implantación dun novo sistema social e económico en Europa occidental, o feudalismo; o forte poder ideolóxi-co e económico da Igrexa; e o renacemento das cidades en Europa a partir do século XI.

Centrándonos no ámbito máis preto de nós, ao longo da unidade concrétanse as marcas que en Galicia e España deixaron os anteriores feitos históricos: a cultura castrexa; a pe-gada romana; a cristianización; o remate da influencia romana a mans dos pobos xermáni-cos; a invasión musulmá e a creación dun Estado islámico chamado Al-Andalus; o nace-mento e a evolución dos reinos cristiáns da Península Ibérica segundo se ían reconquistan-do territorios aos musulmáns; o proceso de feudalización e a evolución do Reino de Gali-cia.

Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:

� Explicar o proceso de hominización, coñecer o modo de vida das comunidades huma-nas paleolíticas e comprender as importantes consecuencias que a revolución neolítica tivo no devir da humanidade.

� Describir o modo de vida das civilizacións mesopotámica e exipcia, e valorar a impor-tancia que tiveron na división da sociedade en clases e na aparición do poder institucio-nalizado.

� Recoñecer os aspectos sociais, económicos e políticos do mundo grego, exemplificados na cidade de Atenas, e recoñecer e valorar a influencia que o mundo grego tivo no Oc-cidente europeo.

� Recoñecer a evolución económica, social e política da civilización romana, comprender as causas da súa desaparición e identificar as tres áreas culturais en que se fragmentou.

� Explicar o proceso de expansión do cristianismo.

Páxina 4 de 58

� Explicar os cambios sufridos na Península Ibérica como consecuencia da súa conquista por Roma e valorar a importancia do legado romano na nosa cultura.

� Identificar os elementos económicos, sociais e políticos do reino visigodo e describir a formación do reino suevo.

� Describir o proceso de conquista da Península Ibérica polos musulmáns, coñecer os principais trazos económicos, sociais e políticos de Al-Andalus, e explicar o proceso de recuperación dos territorios peninsulares por parte dos cristiáns.

� Entender a orixe, a formación e a evolución dos reinos cristiáns da Península Ibérica na Idade Media, e coñecer os seus aspectos económicos, sociais e políticos máis salienta-bles.

� Identificar as causas que conduciron á aparición do sistema feudal, comprender o seu funcionamento e explicar a relación entre os estamentos da sociedade feudal e o seu modo de vida.

� Coñecer a organización da Igrexa na Idade Media e valorar as consecuencias do poder que posuía.

� Identificar as causas que motivaron o renacemento urbano, recoñecer os grupos sociais das cidades medievais e coñecer as actividades que nelas se desenvolvían.

� Identificar os trazos máis característicos dos estilos artísticos de cada período.

� Analizar a evolución histórica de Galicia ata o século XV e recoñecer e valorar as pe-gadas do noso pasado histórico na linguaxe, nos costumes, nos restos materiais, nas manifestacións artísticas e na vida cotiá como elementos constitutivos da nosa identi-dade individual e colectiva.

� Obter información de documentos audiovisuais.

� Interpretar a información incluída en textos e gráficos.

� Diferenciar nos textos a información da opinión.

� Procurar en internet información relacionada coa unidade.

Páxina 5 de 58

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 A evolución da especie humana. A humanidade prehistórica

2.1.1 O camiño cara ao ser humano

Dentro da escala zoolóxica, a especie humana pertence á orde dos primates, que xurdiron hai 60 millóns de anos, e se caracterizan por teren extremidades longas e rematadas en cinco dedos, ollos dirixidos cara a adiante e cerebro desenvolvido.

No grupo dos primates apareceron, hai cinco millóns de anos, os homínidos. A eles per-tence a especie humana, desde hai máis de dous millóns de anos.

O proceso de hominización foi lento e complicado. Coa axuda dos fósiles podemos es-tablecer a súa evolución:

���� Mantéñense en posición vertical e andan só coa axuda das extre-midades inferiores (posición bípede).

���� Quédanlles libres as mans, coas que manipulan obxectos e fabri-can ferramentas.

���� Posúen un amplo campo de visión. ���� Auméntalles a capacidade cranial e o volume do cerebro, o que

lles permite desenvolver o razoamento, o pensamento, a coordi-nación dos movementos e a linguaxe, para comunicárense.

Con estas novas características e aptitudes, coñeceron mellor o medio en que se desenvol-vían, comezaron a dominalo, foron quen de lles transmitir os coñecementos aos seus des-cendentes e fabricaron instrumentos conscientemente, feito este que diferencia a especie humana do resto dos homínidos.

O Homo habilis, xurdido hai 2.300.000 anos, é considerado o primeiro ser humano, porque fabricaba premeditadamente útiles de pedra tallada. A partir del, a especie humana seguiu evolucionando ata chegar ao actual Homo sapiens sapiens, coñecido en Europa desde hai 40.000 anos.

Actividade proposta

S1. Que é o proceso de hominización?

� Que cambios converteron os primates en seres humanos?

� Que actividade é exclusiva dos seres humanos?

� Cando aparece o primeiro ser considerado humano?

Páxina 6 de 58

2.1.2 O Paleolítico e a Revolución Neolítica

A Prehistoria é o longo período de tempo que abrangue desde a aparición do Homo habilis ata a invención da escritura, hai 5.500 anos.

O Paleolítico

É a primeira etapa prehistórica, significa pedra vella (pedra tallada) e chega ata hai uns 10.000 anos.

� Ocupacións e modo de vida. Non saben producir alimentos, polo que teñen que de-predar sobre o ecosistema que os rodea: recollen froitos silvestres e raíces, cazan e pes-can, na medida en que os seus útiles en constante perfeccionamento llelo permiten. Lo-go de esgotados os recursos alimentarios nunha zona concreta, teñen que marchar a ou-tro lugar para proseguiren a recolleita e a caza. Deste xeito élles imposible residir nun sitio fixo: son nómades. O seu hábitat son as beiras dos ríos, onde van beber os animais, e as covas, para se refuxiaren.

� Tecnoloxía. Para fabricaren ferramentas empregaban simples croios, e logo puntas de forma triangular utilizadas como coitelos e puntas de frecha, o que lles permitía sacar a pel dos animais cazados, cortar a carne, e fabricar vestidos e calzado.

Co tempo usaron o sílex, unha rocha que cun pequeno golpe esgaza doadamente e queda un fío moi cortante. Despois fabricaron puntas de lanza, arpóns, anzois e agullas feitas en óso ou corno.

Xunto co perfeccionamento das técnicas de tallar, tivo lugar, hai uns 300.000 anos, un dos in-ventos máis importantes de toda a historia da humanidade: o lume. Xa nun principio, as súas aplicacións foron de grande transcendencia: cocemento dos alimentos, co que melloraron a die-ta; quecemento, iluminación e protección ante as feras.

� Sociedade. Non tiñan unha organización social complexa; só se unían temporalmente para cazar. Non existen nin a propiedade privada nin as clases sociais. É probable que ao longo do Paleolítico fose aparecendo a figura do xefe de grupo, coñecedor das técni-cas de caza.

� Relixión. Desde mediados do Paleolítico aparece unha serie de crenzas que xorden da necesidade de lle dar explicación a unha serie de realidades que os preocupaba: a perda dun ser querido, o que acontece despois da morte ou os fenómenos meteorolóxicos. O feito relixioso maniféstase nos enterramentos dos defuntos, que evidenciarían un culto aos mortos e un pensamento dirixido á transcendencia da vida humana despois da mor-te, e nas cerimonias rituais destinadas a propiciar a obtención de alimentos, intentando influír na natureza mediante prácticas máxicas, para que a caza e os froitos fosen abun-dantes, asegurando a súa supervivencia.

Páxina 7 de 58

� Arte. Comezan a pintar hai uns 25.000 anos. A pintura estaba localizada en covas, e representa animais (bisontes, cabalos, cervos, xabarís, etc.) e escenas de caza e de dan-za, pintadas con cores ocre, vermella e negra. As esculturas de figuras humanas femini-nas (Venus), cos seus atributos reprodutores esaxerados, simbolizan o culto á muller fecunda e á fertilidade da terra. Existe unha teoría, a máis aceptada para explicar o na-cemento da arte: tería como función propiciar a caza e a fertilidade, aspectos ambos esenciais para asegurar a supervivencia da especie nun momento difícil. Crían que con só pintar un cervo, o verdadeiro animal caería baixo o seu poder.

A Revolución Neolítica

O período neolítico é a segunda etapa prehistórica. Iniciouse hai uns 10.000 anos nunha zona do Próximo Oriente chamada o Crecente Fértil. Supuxo, tal vez, a revolución máis importante de toda a historia da humanidade porque se aprende a producir alimentos, é di-cir, invéntase a agricultura.

� A produción de alimentos. Ten lugar cando se decatan de que enterrando unha semen-te se produce unha nova planta. A anterior economía depredadora dá paso a unha eco-nomía produtora: xorden a agricultura e a gandaría, e, un pouco máis tarde, as activida-des artesanais do tecido e a cerámica, e o comercio. A agricultura nace co cultivo da cebada, o trigo, as lentellas e os garavanzos. O primeiro animal domesticado, como garda, foi o can. Logo domesticaron ovellas e cabras, porcos e vacas, e o cabalo. (Grá-fico: aldea neolítica)

Nun principio os animais domesticados só eran considerados como unha fonte de abastecemento de carne. Logo decatá-ronse do valor do esterco como fertilizante. O proceso de muxir o leite foi descuberto só despois de que o home tivera unha ampla oportunidade de estudar en cortellos pechados as crías. Pero, logo de se facer esta descuberta, o leite con-verteuse noutro produto principal. Podía obterse sen sacrifi-car o animal, sen diminuír o capital.

Gordon Childe, V. As orixes da civilización.

� O comercio. Cos excedentes alimentarios e cos produtos artesanais non necesarios, ini-ciouse un intercambio comercial coas comunidades veciñas, e logo máis lonxe, grazas á navegación. A navegación foi, probablemente, o medio de difusión das innovacións neolíticas, a través do Mediterráneo e do río Danubio. Na Península Ibérica, os primei-ros asentamentos neolíticos datan do 5000 a.C.

� A sociedade. Tendo cubertas as necesidades alimentarias nun lugar concreto, xa non cómpre levar a vida nómade do Paleolítico; a partir de agora, as persoas vólvense se-dentarias. A existencia de alimentos suficientes permite unha mellora na calidade de vida, maior esperanza de vida e un notable incremento demográfico.

Tamén supón que non todos os habitantes do grupo teñan que dedicarse á produción de alimentos; aparecen así outros oficios: tecedores, oleiros, comerciantes, etc. A vida so-cial está organizada en tribos ou clans, e aínda non existe a propiedade privada: todos os bens son da comunidade. Aparece o esbozo das primeiras estruturas de poder.

Páxina 8 de 58

� Os avances técnicos. Neolítico quere dicir “pedra nova”: aprenden a puír a pedra, é di-cir, a deixala lisa. Isto vailles reportar melloras considerables nos seus útiles habituais: frechas, machadas e puñais. Comezan a traballar a madeira grazas ás novas ferramen-tas, e a agricultura vese beneficiada grazas aos sachos e ás fouces, feitos de madeira con pedras incrustadas a xeito de dentes.

Hai épocas en que teñen excedentes de alimentos e a súa conservación en bo estado é esencial para as estacións de escaseza. A invención da cerámica, en torno ao 6000 a.C. foi un feito revo-lucionario, comparable na actualidade aos plásticos: vailles proporcionar a seguridade da súa conservación e o cociñado, así como a extracción e a almacenaxe da auga.

Determinadas plantas herbáceas, como o liño, ou a la das ovellas, serán a materia prima ide-al para o inicio da actividade téxtil, realizada en teares de madeira.

� A arte. Seguen coa pintura, que representa persoas e animais. A innovación artística dáse na decoración que practican nas vasillas de cerámica, feita con obxectos punxen-tes, peites ou co contacto de cordas.

� Expansión do Neolítico. A Revolución Neolítica tamén se produciu, de xeito autóno-mo, no val do río Indo, na India; nas beiras do río Amarelo, en China; e en sitios pun-tuais das mesetas de México e Perú.

Actividades propostas

S2. Que acontecemento marca a fin da Prehistoria?

� Por que se di que os seres humanos do Paleolítico eran depredadores e nóma-des?

� Que tipo de ferramentas utilizaban?

� Que vantaxes lles reportou a utilización do lume?

� Relacione as súas manifestacións relixiosas coa súa arte.

S3. Cando e onde se iniciou o período neolítico?

� Por que se considera revolucionario?

� Como se orixinou a agricultura?

� Tendo en conta o texto de Gordon Childe, explique a distinta utilización dos animais domesticados.

� Que cambios se experimentaron nos utensilios e nas técnicas durante o Neolíti-co?

� Indique dúas consecuencias da existencia de excedentes alimentarios.

� Por que as sociedades neolíticas son sedentarias?

Páxina 9 de 58

2.1.3 A Idade dos metais, unha época de grandes inventos

O invento da metalurxia produciuse ao redor do 5000 a.C. Esta etapa prehistórica divídese en tres etapas, segundo o metal em-pregado:

���� Idade do Cobre, ata 1700 a.C.

���� Idade do Bronce (cobre con estaño), de 1700 a 800 a.C.

���� Idade do Ferro, do 1000 ao 700 a.C.

As técnicas metalúrxicas nacen tamén en puntos concretos do Crecente Fértil, e para o seu manexo cómpren complexos coñecementos, polo que os que traballaban o metal eran re-coñecidos como técnicos moi especializados e o seu labor tiña moito prestixio.

O avance que supuxo o uso dos metais foi enorme: melloraron as técnicas agrícolas ao haber ferramentas máis resistentes (arados, fouciños metálicos, coitelos, etc.), o mesmo que as armas de caza e de guerra, actividade esta que desde agora forma parte da relación entre os grupos humanos.

Tamén neste período houbo outros inventos que marcaron un fito na historia da tecno-loxía: a roda e o carro tirado por animais. Estas innovacións revolucionaron o comercio, tanto pola maior cantidade de mercadorías transportadas como pola velocidade, e facilita-ron a máis rápida expansión dos novos avances cara ás zonas limítrofes. As técnicas da guerra víronse revolucionadas ao aparecer o que se podería chamar o primeiro carro de combate.

Socialmente, aparece unha incipiente división da sociedade en clases, en función da ri-queza de cada unha, e están a piques de xurdir as primeiras cidades.

Coincidindo co uso dos metais, nalgunhas comunidades humanas construíronse uns monumentos feitos de grandes pedras (monumentos megalíticos), como os menhires, ou pedras verticais con finalidade conmemorativa; as mámoas, constituídas por un dolmen, que é unha cámara de enterramento formada por pedras verticais e cubertas cunha lousa grande, e un túmulo de pedras e terra que o arrodea; e o crómlech, formado por un con-xunto de lousas verticais e horizontais colocadas en círculo, que cumpría unha función re-lixiosa, relacionada probablemente co culto ao Sol.

Actividade proposta

S4. Cite os primeiros metais que se utilizaron.

� Que melloras se produciron como consecuencia do seu uso?

� Socialmente, que cambios se están a producir?

Páxina 10 de 58

2.1.4 A prehistoria en Galicia e na Península Ibérica

As persoas do Paleolítico

A presenza humana na Península Ibérica vén de moi antigo. Ata agora, os seres humanos máis antigos foron localizados en Atapuerca (Burgos), cunha antigüidade aproximada de 800.000 anos. En Galicia ocuparon vales de ríos (desembocadura do Miño), zonas concre-tas do interior (Toén, en Ourense) e zonas costeiras, onde se especializaron en actividades de marisqueo (cuncheiros: acumulación de cunchas, resultado do marisqueo). A súa tecno-loxía e a súa arte teñen as mesmas expresións que as xa estudadas, e destacan as pinturas rupestres da zona cantábrica (cova de Altamira) e as da zona levantina.

O Neolítico

Chegan as innovacións neolíticas a Galicia polo 5000 a.C., co cultivo do trigo e a domes-ticación de ovellas, cabras e porcos.

A metalurxia

Desenvólvese a técnica do bronce desde o segundo milenio a.C., traída por buscadores de estaño, abundante en Galicia.

A arte

A expresión máis característica da arte prehistórica de Galicia son os petróglifos, gravados da época do Bronce, realizados sobre rochas ao aire libre, consistentes en círculos e espi-rais, unhas veces, e figuras humanas e de animais, noutras. Pénsase que son manifestación de prácticas máxicas e relixiosas. Son de destacar os de Campo Lameiro.

O desenvolvemento da metalurxia deu orixe a unha salientable produción artística no campo da ourivería, como o Tesouro de Caldas de Reis.

Paralelamente desenvolveuse o megalitismo en varios lugares da Península, sobre todo en Galicia (dolmen de Domaio).

A cultura castrexa

No remate dos tempos prehistóricos, vivían no Leste e no Sur da Península os iberos, e no resto os celtas; estes últimos entraron na Península a través dos Pireneos, arredor do século VI a.C. Os iberos estaban culturalmente máis avanzados que os celtas debido ao contacto que mantiñan cos colonos gregos, fenicios e cartaxineses.

A cultura castrexa constitúese no século VI a.C. Os celtas eran agricul-tores e gandeiros, utilizaban o ferro e non coñecían a escritura. Os seus poboados, os castros, son recintos amurallados que arrodean un outeiro, e conteñen as vivendas circulares de paredes de pedra e teito de palla, cortellos e almacéns: Santa Tegra (na foto), Viladonga, Baroña, etc.

Páxina 11 de 58

A base económica era a agricultura e a gandaría, apoiadas coa caza e, en zonas costeiras, co marisqueo. A actividade mineira era moi importante: estaño e ferro. Os metais precio-sos eran traballados cunha elevada calidade artística: torques, diademas, fibelas, fíbulas, brazais.

Practicaban unha relixión naturalista (adoraban a auga, os montes e os bosques) mestu-rada co culto a divindades protectoras dos animais.

Actividade proposta

S5. Por que se lle chama así á cultura castrexa?

� Cal é a súa base económica?

� Por que se di que os castrexos practicaban unha relixión naturalista?

Páxina 12 de 58

2.2 A Idade Antiga

O tránsito á Historia

Tradicionalmente considerábase a aparición da escritura como o feito que marcaba o co-mezo da Historia. Actualmente, tense en conta, ademais, o desenvolvemento económico xeral, o nacemento das cidades e o comercio a grande escala.

Á primeira etapa da Historia dáselle o nome de Idade Antiga, que se inicia cos cambios que se acaban de citar, e remata no 476 d.C., cando se derruba o Imperio Romano.

2.2.1 As primeiras civilizacións urbanas: Mesopotamia e E xipto

A revolución urbana no Crecente Fértil: a base da organización humana actual

A revolución urbana iniciouse na xa citada rexión do Crecente Fértil, nos vales dos ríos Éufrates e Tigris, ao redor do 4000 a.C.

Aquí foi onde se inventou a escritura, é dicir, éntrase na Historia por pri-meira vez. Isto supón uns cambios sen precedentes na historia da huma-nidade:

� Crecemento da poboación. A abundancia de auga, a fertilidade das terras dos vales, a temperatura adecuada e os avances logrados nas técnicas de rega traen como conse-cuencia unha agricultura de notables rendementos. Esta alta produción agrícola permite unha mellor e máis abundante alimentación, que á súa vez provoca un forte aumento da poboación. Así foi como moitas aldeas se transformaron en cidades.

� División do traballo. O feito de teren alimentos de sobra permite que non toda a man de obra teña que estar dedicada á produción de alimentos. Algunhas persoas realizan outras tarefas: artesanía, metalurxia, obras hidráulicas, etc. Aparece deste xeito a divi-sión e a especialización do traballo: labregos, gandeiros, artesáns, comerciantes, fun-cionarios que levan a administración da cidade, militares encargados da defensa da ci-dade e dos excedentes alimentarios almacenados, un xefe militar que moitas veces exerce o poder político debido á importancia que adquire a súa función protectora, e os sacerdotes, intermediarios entre os humanos e as forzas da natureza, o misterioso e o sagrado.

� División social. Nacen agora as clases sociais. A riqueza comezou a acumularse nas mans duns poucos, os que tiñan máis forza e habilidades. A diferenza de riqueza con-vértese automaticamente en diferenza de poder: unha pequena parte da poboación, gra-zas a súa superioridade económica, vai controlar as actividades económicas máis rendi-bles, sometendo a maior parte da poboación, asumindo o mando na guerra e controlan-do as funcións sacerdotais e de poder.

Páxina 13 de 58

� Nacemento do poder político e militar. A organización, a dirección e o control da ci-dade require unha autoridade política, que exerce o poder e a autoridade, elemento que sempre está presente en calquera organización social. Esta autoridade é exercida ás ve-ces polo xefe militar; outras, polo sacerdote; noutras ocasións, e para facerse obedecer mellor, di ser parente dalgún deus, unindo así a autoridade civil e a autoridade relixiosa.

O gobernante exerce sempre un poder absoluto, que abrangue o militar, o relixioso, o lexislativo (el só elabora as leis), o executivo (ordena o cumprimento das leis), o xudi-cial (xulga as condutas) e a recadación dos impostos.

... a Historia preséntasenos nas súas liñas básicas como a evolución das sociedades humanas, entre as que se establecen contactos baseados nunhas relacións de dominio, relacións nas que se descobre o síndrome do poder. Esta apetencia de poder amósasenos como unha constante histórica. Sendo todos os homes iguais pola súa idéntica natureza racional e li-bre, todos deberan participar comunitariamente no goce dos dereitos humanos. (...) As sociedades humanas organizáron-se en grupos: uns, que dispuñan do poder, que se apropiaron dos dereitos humanos; outros, desposuídos e dominados, que quedaron excluídos do exercicio dos seus lexítimos dereitos. A Historia, así, é un repetido drama no que os dereitos dos débiles son pisados polos fortes.

Barreiro Barreiro, Clara: Derechos humanos. Ed. Salvat. Colec. Aula Abierta. 1985 [Tradución]

O gobernante, xunto cos funcionarios que o axudan nas tarefas administrativas, consti-túen o Estado, institución que nace nestes momentos históricos que estamos a tratar.

Pronto se fixeron necesarios os soldados para protexer pola forza os convois e a retagarda dos comerciantes, os escribas para levar rexistro das transaccións cada vez máis numerosas e complicadas e os funcionarios do Estado para conciliar os intereses en conflito.

Gordon Childe, V. As orixes da civilización.

� Aparición da escrita.

A necesidade de tomar anotacións para fixar as leis, para controlar a produ-ción agrícola, os intercambios comerciais e os impostos fixo xurdir a escritura, no 3300 e no 3150 a.C. en Mesopotamia e Exipto, respectivamente.

� A guerra e a explotación humana. Por motivos demográficos (incremento da poboa-ción), de supervivencia (escaseza de alimentos) ou por ansias de poder, todos os pobos ao longo da súa existencia se viron na necesidade de expandirse xeograficamente por medio da conquista de territorios pertences a outras comunidades humanas.

Co paso do tempo estas ocupacións xeográficas adquiriron un carácter violento por-que se viu cada vez con máis claridade que a guerra era un medio para acumular exce-dentes de riqueza (alimentos, metais) e, tamén, excedentes de enerxía humana: escra-vos.

Páxina 14 de 58

Estes aforraban traballo á comunidade que os posuía e proporcionaban un aumento da produtividade, constituíndose así a escravitude nun dos piares da economía antiga, me-dieval (servos) e mesmo, aínda que denominada con eufemismos, nos inicios da Revo-lución Industrial (proletariado industrial) no século XIX, así como nunha ferramenta poderosa de acumulación de riqueza por parte dos que posúen o poder económico e, consecuentemente, o político.

Mesopotamia

Nesta área do Crecente Fértil, entre os ríos Éufrates e Tigris (Mesopotamia quere dicir “entre ríos”), unha zona de fácil regadío e suficientes horas de sol, calidades propicias para a agricultura, naceu a primeira civilización urbana, coas primeiras cidades-Estado, inde-pendentes unhas das outras: Ur, Lagash, Uruk, Babilonia...

Algunhas delas formaron imperios, é dicir, ocuparon territorios alleos para a súa explo-tación, como foi o caso de Babilonia.

� Economía. Baseábase na agricultura (cereais, legumes, froitas...) e no comercio, practi-cado nun principio en forma de troco e, máis adiante, introducindo a moeda. O centro comercial era o templo (cigurat), dirixido por sacerdotes, que fixaban os impostos e le-vaban o control e o rexistro escrito dos intercambios mercantís.

� Sociedade. Estaba estruturada en grupos ou clases: o rei ou monarca, que exercía o po-der absoluto, os sacerdotes, os grandes propietarios agrarios, os comerciantes, os cam-pesiños, os artesáns e os escravos.

O ano 1765 a.C. marca un fito na historia da humanidade: redáctanse as primeiras leis escritas coñecidas: o Código de Hammurabi:

Se un home lle baleira un ollo a outro home, privaráselle dun ollo a el. Se un médico opera o escravo dun home libre e lle causa a morte, pagará escravo por escravo. Se un fillo lle pega ao seu pai, seralle cortada a man.

Extracto do Código de Hammurabi

� Ciencia. Á parte da escritura, no campo científico fixeron achegas notables, algunhas aínda vixentes: a división do tempo en horas, minutos e segundos, e o sistema sesaxe-simal para a división dos ángulos; tiñan un sistema fixo de pesas e medidas; iniciaron os estudios astronómicos e, baseándose neles, elaboraron un calendario.

� Relixión. Era politeísta, e os seus deuses personificaban os astros coñecidos.

� Arte. As realizacións escultóricas estaban constituídas por pequenas estatuíñas e figu-ras en relevo, feitas en barro. Na arquitectura construíron cigurats, unhas torres con chanzos e ramplas, que utilizaban para a observación astronómica. Debido a que a se-quidade do clima impedía o crecemento de árbores, as construcións eran realizadas en adobe. Coñecían o arco de medio punto (semicircunferencia) e a bóveda de canón.

Exipto

En só 2.500 anos os exipcios pasaron do Neolítico á Historia. Esta civilización urbana asentouse no val do Nilo, que lle daba a súa razón de ser: as inundacións cíclicas do verán proporcionan regadío e fertilidade a unha terra emprazada no medio do deserto.

Páxina 15 de 58

Sálvame, oh, Hapi, que chegas en paz a esta terra, fas que Exipto viva e dáslle de beber á Terra; ti fas medrar o gran; ti es o dono do teu pobo!.

Himno en honor do Nilo

Comprende un período cronolóxico que vai desde o século XXVII ata o I a.C., cando os romanos conquistan Exipto.

� Economía. Baseábase na agricultura: cereais, vide, liño e produtos da horta. Tamén criaban vacas, cabalos e aves de curral, e practicaban a caza e a pesca. O comercio era monopolio do Estado, e realizábase coas rexións limítrofes.

� Sociedade. Estaba dividida en grupos pechados, en que a posibilidade de ascenso so-cial era nula. No cumio estaba o faraón, xefe do Estado, posuía todas as terras e era considerado un deus. Despois viñan os altos funcionarios do Estado (xefes militares e da administración) e os sacerdotes; todos eles posuían terras que o faraón lles entregaba para garantir a súa fidelidade. Cara a abaixo estaban os pequenos funcionarios (os es-cribas, que dominaban o cálculo e a escritura, o que lles daba certa consideración so-cial), comerciantes, artesáns e labregos, que estaban vinculados ás terras e constituían a maioría da poboación. No derradeiro nivel, os escravos, que realizaban os traballos máis duros.

� Política do Estado. O faraón exercía o poder con carácter absoluto. Estaba asistido por funcionarios que se ocupaban da recadación e a administración dos impostos, de redac-tar as leis, de controlar a orde da sociedade, do exército e do comercio.

� Vida cotiá. A maior parte da poboación era rural. Só o faraón e os nobres vivían en ci-dades, onde o comercio e a artesanía tiñan un notable desenvolvemento.

As clases baixas tiñan o pan como alimento básico, mais os legumes e o mel. Os privi-lexiados comían carne e froita. A familia era a institución básica para o coidado dos fi-llos, aos que se lles concertaba o matrimonio. A autoridade familiar recaía no pai. As mulleres ocupábanse da atención doméstica e ademais traballaban as terras.

� Relixión. Estaba intimamente relacionada co poder: xa vimos que o faraón tiña a con-sideración dun deus. Era politeísta: Ra, deus do Sol; Horus; Isis; Osiris, deus dos mor-tos; Anubis, Amón, etc.

Foron os creadores dunha relixión transcendente: rendían culto ao mortos porque crían que a alma se mantiña viva trala morte. En con-secuencia, había que manter en perfecto estado o cadáver, o cal momificaban, é dicir, cunhas técnicas moi avanzadas trataban de mantelo nun estado o máis semellante posible a cando estaba vivo. Esta crenza na inmortalidade levábaos tamén a acompañar o cadá-ver dos mesmos bens que precisaba na vida terreal: alimentos, ves-tidos e serventes.

Páxina 16 de 58

� Ciencia e tecnoloxía. Practicaron a cirurxía, elaboraron catastros (censos de fincas), utilizaban o sistema decimal, coñecían os números naturais e a proporción fixa entre a lonxitude da circunferencia e o seu diámetro. Algúns problemas de xeometría resolvé-ronos con raíz cadrada, e outros con ecuacións de segundo grao.

Coñecían algúns planetas e as fases da Lúa. Crearon un calendario para controlar as en-chentes do río, dividiron o ano en 365 días e o día en 24 períodos.

� Arte. Estaba destinada fundamentalmente á tumba do faraón e a edificios relixiosos: pi-rámides e templos, construídos en pedra. En escultura realizaron relevos e estatuas. Tamén é notable a realización de pinturas murais.

Actividades propostas

S6. Que criterios seguimos hoxe para afirmar que unha civilización está na Historia?

S7. Responda ás seguintes cuestións referidas ás primeiras civilizacións urbanas:

� Por que se producen excedentes agrícolas?

� Como é posible a división do traballo?

� Que consecuencias sociais ten a acumulación da riqueza en mans duns poucos?

� Como exercen o poder os gobernantes?

� Que factores inflúen na aparición da escritura?

� Explique as razóns polas que aparece a escravitude.

S8. Baseándose no texto de Clara Barreiro, responda:

� En que se basean as relacións entre as sociedades humanas?

� Como se organizaron as sociedades humanas?

� Segue a darse na actualidade unha situación semellante? Razoe a resposta.

S9. Onde se localiza a civilización mesopotámica?

� Cales son as súas características físicas?

� Describa as características sociais.

� Cite os seus avances científicos.

� Por que tiñan que realizar as súas construcións con adobes?

S10. Que importancia tiñan as inundacións do río Nilo na economía exipcia?

� Cal é a súa base económica?

� Por que se di que a sociedade exipcia estaba dividida en grupos pechados?

� Como exercía o poder o faraón?

� Describa a vida cotiá dos exipcios, distinguindo entre clases sociais.

� Que quere dicir que a relixión dos exipcios era politeísta e transcendente?

� Por que as civilizacións mesopotámica e exipcia se orixinaron en vales de ríos?

Páxina 17 de 58

2.2.2 As civilizacións clásicas: Grecia e Roma

Denomínanse clásicas porque foron modelo nos séculos posteriores, tanto nas súas mani-festacións culturais como nas artísticas. A nosa vida actual está presidida por elementos da súa cultura: democracia, moedas, lóxica, Dereito, a lingua, Pitágoras, Arquímedes, drama, comedia, ciencia, Olimpíadas, etc.

Grecia: a base da nosa cultura

Xorde esta civilización na Península Balcánica e nas terras en torno ao mar Exeo e espa-llouse polas costas do Mediterráneo, nun período de tempo comprendido entre os séculos XI e I a.C.

� As polis. Nunca existiu un Estado chamado Grecia: en cada lugar concreto formábase unha cidade-Estado chamada polis, constituída por unha cidade e un territorio circun-dante con pequenas aldeas.

O centro da cidade tiña dúas partes, a acrópole, lugar elevado onde se situaban os templos e refuxio en caso de guerra; a ágora, praza pública e centro da vida política e económica; arredor da ágora si-tuábanse as vivendas e as tendas

Os habitantes das polis sentíanse pertencentes a unha mesma cul-tura, baseada nunha lingua común e na relixión. O territorio ocupa-do por esta cultura era coñecido como Hélade.

� Economía. Tiña como base a agricultura de produtos mediterráneos (cereais, vide e oliveiras), a gandaría de ovellas e cabras, a artesanía, a pesca e o comercio coas colo-nias que fundaron por todo o Mediterráneo, comprándolle á poboación autóctona me-tais valiosos (ouro e prata) e vendéndolles produtos artesanais elaborados por eles (ce-rámica, tecidos). Cómpre destacar dentro da actividade comercial o uso da moeda, xun-to co habitual troco.

� Sistema político. Nun principio, as polis gregas tiñan como forma de goberno a oligar-quía, que non tiña en consideración aos cidadáns (homes libres, de pai cidadán e nai ateniense).

� Sociedade de Atenas. Estaba dividida en tres grupos:

– Cidadáns, fillos de pai e nai de Atenas; tiñan todos os mesmos dereitos políticos, aínda que estes dereitos estaban matizados polo seu nivel económico: a maior rique-za, maior participación política; as mulleres estaban excluídas da actividade política.

– Metecos, ou estranxeiros; eran libres, pero non tiñan a condición de cidadáns nin de-reitos políticos; pagaban impostos e prestaban servizos militares.

Páxina 18 de 58

– Os escravos eran persoas totalmente carentes de liberdade, propiedade da clase do-minante e considerados como mercadoría humana que se compra e se vende; traba-llaban nas minas, nas obras públicas, na agricultura, no servizo doméstico e nos obradoiros; constituían a metade da poboación ateniense, de aí que se considere Atenas como un sistema económico e social escravista.

� Democracia de Atenas. Na polis de Atenas, durante o século V a.C., algúns políticos realizaron reformas que conduciron á democracia, é dicir, os cidadáns alcanzaron o de-reito de participar no goberno da cidade.

Reunidos catro veces ao mes nunha asemblea chamada Ecclesía, que sería o equiva-lente aos actuais parlamentos, os cidadáns participaban no goberno da polis: aprobaban as leis e os impostos e elixían o poder executivo ou goberno, formado por maxistrados ou funcionarios que tiñan diferentes funcións (militar, económica, relixiosa, xudicial, política exterior, etc).

O poder xudicial estaba formado por 6.000 cidadáns elixidos por sorteo e repartidos en dez tribunais presididos por un maxistrado.

Por natureza, o máis débil é tamén o peor. Malia isto, no Estado son os débiles e a gran masa os que dan as leis, e fano no seu propio proveito; por iso tratan de amedrentar os fortes, é dicir, aqueles que teñen forza de por si para teren máis que os outros, co fin de que non aspiren a máis. (...) Non obstante, a natureza proba que é xusto que o home hábil posúa máis que o que non o é, e o máis forte máis que o débil.

Calicles, personaxe de Gorgias (diálogo de Platón)

A base do sistema democrático é a liberdade; esta caracterízase por ser un goberno por quendas. A xustiza democrática baséase en termos todos o mesmo. Sendo todo isto o xusto, a multitude ten que ser evidentemente a soberana: o que aprobe a multitude ha de ser o xusto.

Aristóteles. Política

Pero non era unha democracia tal como a entendemos hoxe; quedaban fóra do sistema as mulleres, os metecos ou estranxeiros e os escravos.

� Sociedade e goberno de Esparta. A sociedade desta polis era militarista: a educación baseábase no adestramento militar e ata os 60 anos tiñan que prestar servizos ao Estado. Compúñana tres grupos: oscidadáns, fillos de espartanos, dedicados á guerra; un grupo de persoas libres pero sen dereito a voto, que traballaban no comercio, na artesanía e ti-ñan obrigacións militares; e os escravos, que traballaban o campo. O réxime político era distinto ao de Atenas: unha oligarquía formada polos xefes militares e relixiosos.

� Vida cotiá. A maior parte da poboación era urbana. As clases baixas tiñan como ali-mento básico o pan, figos, verduras e froitas. Os privilexiados consumían preferente-mente carne e peixe. A autoridade familiar recaía no pai. As mulleres pasaban case to-do o tempo na casa, e estaban sempre baixo o control dun home: seu pai, o marido ou o fillo máis vello, se enviuvaban. Ocupábanse da atención doméstica e asemade traballa-ban as terras.

� Cultura. Foi das máis salientables en toda a historia da humanidade, e constitúe a base da cultura europea e occidental actual. É antropocéntrica, é dicir, ten a persoa humana como punto de partida e como fin.

Páxina 19 de 58

� Pensamento. Desde a Prehistoria ata o século VI a.C., en todas as culturas se utilizaban mitos (seres ou forzas imaxinarias) para explicar os fenómenos naturais que os huma-nos observaban: quen move as ondas do mar, o porqué dos terremotos, a sucesión dos días e as noites, a chuvia, etc.

Aínda que os gregos posuían unha grande variedade de mitos, foron eles os que come-zaron a aplicar a razón para intentar explicar a realidade que os rodeaba: esta revolu-ción no pensamento humano deu lugar, no século VI a.C., ao nacemento da filosofía e sentou as bases do pensamento científico.

� Ciencia. Incrementaron notablemente os coñecementos dos exipcios e dos mesopotá-micos. Conseguiron grandes avances en matemáticas, da man de pensadores como Pi-tágoras e Arquímedes. Foron os creadores de novas ciencias, como a física, bioloxía, historia, medicina, antropoloxía, etc.

� Literatura. Naceu a literatura occidental. Destaca Homero, coa Ilíada e a Odisea.

� Relixión. Era politeísta. Os deuses representaban elementos da natureza. Tendo en con-ta o antropocentrismo desta cultura, os seus deuses eran case humanos: comían, chora-ban, loitaban... Crían que eran inmortais e que interviñan en moitos feitos da vida das persoas. A narración dos feitos en que interviñeron os deuses coñecese co nome de mi-toloxía. Non había sacerdotes, nin catecismo nin predicación.

� Arte. A función primordial da arte grega é a representación da beleza, entendida como unha mestura de proporción, harmonía e equilibrio entre as partes.

En arquitectura destacan os templos, lugar de residencia dos deuses aos que están con-sagrados. Foron construídos á medida do ser humano e cunha preocupación pola apa-rencia exterior. Utilizaban o mármore como material e descoñecían o uso do arco.

A escultura grega ten como finalidade plasmar na figura humana os seus ideais de beleza física e equilibrio psíquico: proporción, ana-tomía harmoniosa, expresión dos sentimentos e figuras en move-mento..

Da pintura só se conserva a que realizaron sobre recipientes de cerámica. Representa-ron escenas da vida cotiá e dos deuses, que nos serven como valiosa fonte de informa-ción.

� Deporte. En 776 a.C., na cidade de Olimpia, crearon uns concursos deportivos cua-drianuais: as Olimpíadas.

� A colonización grega. Aconteceu entre 750 e 550 a.C., e estendeuse polas costas do Mediterráneo: Asia Menor, sur de Italia, Sicilia, Península Ibérica e norte de África. A causa desta expansión foi a falta de terras para manter unha poboación en aumento.

Páxina 20 de 58

Emigraban en grupos dirixidos por un xefe. Logo de chegaren a un punto da costa ben protexido, procuraban entenderse pacificamente coa poboación indíxena e fundaban unha colonia independente da polis grega da que partiran, coa que só mantiñan rela-cións comerciais. No 550 a.C. chegaron á Península Ibérica e fundaron Emporion (mercado), hoxe Ampuries, na costa de Xirona. No século III a.C. un grego podía via-xar desde India ata o Ebro sen deixar de falar o seu idioma.

Roma e o seu imperio

� Evolución histórica. No 753 a.C., os poboadores de sete outeiros uníronse fundando a cidade de Roma, gobernada por reis ata o 509 a.C. É o período chamado Monarquía.

A partir do 509 a.C., os romanos acabaron co poder monárquico e instauraron un novo sistema político: a República, palabra que procede da expresión latina res publica, e que significa cousa pública, é dicir, todo aquilo que importa a toda a comunidade, pois pensaban que os asuntos públicos ou políticos pertencían a todo o pobo. O poder residía nunha asemblea elixida por parte do pobo.

En 27 a.C. remata a República e inaugúrase un novo sistema de goberno coa figura de Octavio Augusto: o Imperio, un sistema ditatorial, no que todos os poderes estaban na man do emperador.

No ano 395 d.C. o imperio dividiuse en dous: o de Occidente e o de Oriente. O primei-ro desapareceu en 476 debido ás invasións dos pobos xermánicos; o segundo, coñecido como Imperio Bizantino, pervivirá ata 1453, cando os turcos invaden ese territorio.

� Expansión territorial. Desde o 300 a.C. ata o século II d.C., Roma expandiuse territo-rialmente, ata formar un enorme imperio.

Un exército perfectamente organizado e a dispoñibilidade dunha gran cantidade de sol-dados (todo cidadán entre os 17 e os 60 anos podía ser soldado) foi a clave desta expan-sión territorial. Cada soldado pagaba o seu uniforme e o armamento, e a duración do servizo militar era de un ano, prorrogable ata doce. A negativa a servir no exército traía como consecuencia a perda da cidadanía e a conversión en escravo.

Páxina 21 de 58

� Economía. Tiña tres características:

– Urbana. O centro económico era a cidade e, en primeiro lugar, Roma. Toda a pro-dución se orientaba cara as necesidades de Roma.

– Escravista. Todas as tarefas produtivas eran realizadas polos escravos.

– Predadora. Explotaron masivamente os recursos humanos (escravos) e as riquezas dos territorios conquistados. As terras de labor, as minas e as manufacturas eran propiedade do Estado; por iso, orientaron as provincias do Imperio a produciren aqueles os que máis beneficio lles reportaban.

Para moveren esta grande cantidade de produtos estableceron un sistema de rutas co-merciais moi eficaces, tanto terrestres (calzadas) como marítimas.

Posuían un sistema monetario, co denario como unidade de prata, o áureo de ouro e o ás de bronce; e tiñan tamén un sistema de pesas e medidas.

� Sociedade. Ten a mesma estrutura que observamos desde as primeiras civilizacións. É unha sociedade desigual, pero aberta, pois o ascenso social é posible. Cada un dos gru-pos ten un nivel de riqueza, de poder, de dereitos e de deberes. Malia haber diferenzas ao longo da civilización romana, a estrutura social podémola resumir así:

– Na época da Monarquía, os patricios, descendentes dos fundadores de Roma, eran a clase aristocrática, rica, con poder; elaboraba as leis e elixía os cargos políticos. Os plebeos, basicamente formados por pobos estranxeiros conquistados, non tiñan de-reito político ningún; traballaban no campo, nos obradoiros e no comercio.

– Durante a República e o Imperio, segundo se ían conquistando novos territorios, a sociedade fíxose máis complexa: persoas libres (patricios e plebeos), os libertos (es-cravos semiliberados) e os escravos. As persoas libres dividíanse, a súa vez, en cida-dáns romanos e non cidadáns (poboación estranxeira). Só os primeiros podían che-gar a exercer cargos políticos: era o grupo que tiña o poder.

� Vida cotiá. A familia está baixo a autoridade do pai, quen tiña potestade de vida e de morte sobre todos os membros, incluídos os escravos.

As mulleres estaban baixo a potestade do pai ou o esposo), e dedicábanse á reprodución e o coidado da casa. Politicamente carecían de dereitos: non podían votar, herdar nin testar. Pero socialmente tiñan unha alta consideración e eran moi respectadas.

A comida das clases baixas consistía basicamente en pan, cereais e touciño. As clases altas facían da comida unha cerimonia farturenta cun gran número de pratos.

� Órganos de poder político (Roma e provincias). Na Monarquía o rei controlaba de por vida o poder militar, político e relixioso. Logo xurdiron as Asembleas e o Senado, que era un consello de anciáns; as dúas institucións eran só consultivas.

No período republicano tres institucións políticas se reparten o poder:

– O Senado. Pasou de ser órgano de consulta a dirixir a Repúbli-ca: controlaba a aplicación das leis, a economía e a política ex-terior.

Na foto reprodúcese unha interpretación cinematográfica actual do Senado romano.

Páxina 22 de 58

– As asembleas populares (comicios). Estaban formadas por todos os cidadáns; elixían os maxistrados e aprobaban as leis propostas.

– Os maxistrados. Só podían selo os cidadáns. Había varias clases de maxistrados: os cónsules, que tiñan o poder executivo e o mando do exército; os pretores exercían o poder militar e político nas provincias; os censores elaboraban o censo da poboación e da riqueza e administraban os impostos; os edís controlaban as cidades; os tribunos da plebe, pertencentes aos plebeos, representaban a súa clase e podían votar en con-tra das leis que lesionaban os seus intereses.

Poida parecer que o sistema republicano fose democrático; pero para ser elixido maxis-trado ou senador, ou para asistir ás asembleas, era preciso ter unha gran fortuna. En realidade tratábase dunha forma de goberno chamada oligarquía.

Este sistema político desaparece na época imperial: o Senado entregoulle todo o po-der a Octavio, no ano 27 a.C., co título de emperador. Deseguido deulle o título de Au-gusto, que significa elixido polos deuses, o que lle engadía o poder relixioso. Estamos ante un exemplo de poder absoluto na figura do Emperador: xefe político, militar e re-lixioso. As demais maxistraturas seguiron existindo, pero quedaron sen poder efectivo, ao asumir as súas funcións o emperador. No século III d.C. os emperadores foron divi-nizados, considerados deuses, co que o seu poder se viu notablemente incrementado.

Para administrar un territorio tan enorme, Roma tivo que crear unha poderosa admi-nistración. Dividiron o imperio en provincias, á fronte das cales estaba un gobernador, que rendía contas ante o Senado de Roma; había provincias imperiais, controladas di-rectamente polo emperador, e senatoriais, dependentes do Senado de Roma.

� Cultura e arte. A súa lingua, o latín, estendida por todo o imperio, foi o elemento cul-tural que lle deu unidade ao inmenso territorio conquistado. Desa lingua derivaron, en-tre outras, o galego, o castelán, o portugués, o catalán, o italiano, o francés, o romanés, etc.

As nosas leis actuais teñen como base o dereito romano, que, daquela foi, xunto co latín, o outro elemento que deu unidade a todo o Imperio.

No mundo da arte, copiaron aos gregos, dos que se diferencian basicamente na con-cepción da arte: entanto que os gregos procuraban a consecución da beleza, os romanos tiñan como meta a procura da utilidade, do práctico; por isto hoxe son considerados máis como enxeñeiros que como artistas.

Utilizaron o arco e as bóvedas, descoñecidos polos gregos. Construíron calzadas e pontes, básicas para a actividade comercial; acuedutos para a condución da auga; basí-licas, que eran lugares para actividades comerciais e para a administración da xustiza; termas, para o baño; circos, teatros e anfiteatros, para a diversión; arcos e columnas, para conmemoraren os triunfos sobre os inimigos.

Na escultura destacan polos retratos, que conseguen elaborar cun enorme realismo, tanto físico como psicolóxico. Os mosaicos son tamén moi notables. Utilizábanse para a decoración de edificios públicos e as casas dos patricios.

� Relixión. Era politeísta, e tiña como función consagrar e darlles transcendencia aos asuntos políticos e da vida diaria. Moitos deuses tiveron a súa orixe en deuses propios das terras conquistadas, nomeadamente dos gregos, os que rebautizaron, aparecendo unha mestura de deuses das distintas provincias. Así se creou en todo o imperio outro elemento de unión.

Páxina 23 de 58

� A Hispania Romana. O interese por conquistar a Península Ibérica foi a obtención de materias primas minerais e agrícolas, así como de escravos.

Hispania produce cereais, viño, aceite, metais e rexos escravos. Ten xacementos abundantes de ouro, prata, ferro e chum-bo.

Plinio. Historia Natural

Iniciaron a conquista no 218 a.C. polas costas mediterráneas. Despois de 200 longos anos de loita, someteron os últimos núcleos de resistencia na franxa costeira cantábrica no 19 a.C. en operacións militares dirixidas persoalmente polo emperador Augusto.

A partir de aquí, a Península converteuse en Hispania, dividida en varias provincias. Os pobos peninsulares perderon todos os seus trazos culturais e asimilaron os propios da cultura invasora por medio do contacto co exército e cos dirixentes políticos e econó-micos chegados de Roma.

� Gallaecia. Galicia interesáballes aos romanos pola explotación mineira, fundamental-mente o ouro, a prata e o estaño.

O ouro atópase nos ríos en estado puro. Gallaecia, Lusitania e Asturica proporcionan 200.000 libras de ouro ao ano. Non hai ningunha outra parte da terra onde se dea esta abundancia.

Plinio. Historia Natural

Co fin de vixiar os territorios conquistados e permitir unha explotación mineira tranquila, Roma estableceu campamentos permanentes en sitios estratéxicos; un destes lugares foi Lucus Augusti, hoxe Lugo.

A pegada romana en Galicia foi moi considerable: introduciron o arado e a vide; cons-truíron calzadas para dar saída aos metais extraídos; realizaron obras públicas, como o faro da Torre de Hércules, pontes e termas; a lingua nai do galego, o latín, e mesmo o propio nome de Galicia, Gallaecia.

� O cristianismo. Na época imperial nace na parte oriental do imperio, na provincia de Palestina, unha nova relixión, baseada na vida de Xesús de Nazaret e nos Evanxeos, es-critos que recollen a súa vida. É unha relixión monoteísta (adora un só deus).

Eu, Constantino Augusto, reunido en Milán para tratar problemas que afectan á seguridade pública, creo o meu deber tratar aqueles nos que radica o respecto da divindade, co fin de lles conceder tanto aos cristiáns como a todos os demais a facul-tade de seguiren libremente a relixión que cadaquén queira.

Edito de Milán

Páxina 24 de 58

Os principios básicos desta nova relixión foron dous: a igualdade de todas as persoas ante Deus e unha vida eterna tras a morte.

Os discípulos de Cristo propagaron a nova relixión polo Imperio, creando unhas co-munidades chamadas ecclesiae, termo este que xa vimos cando estudamos Grecia; nes-te caso, eran asembleas constituídas polos cristiáns dunha cidade.

Dedúcese doadamente que, tendo en conta os seus principios, fose unha relixión moi perseguida polo poder romano, pois remexía os fundamentos da sociedade escravista romana e negaba o culto debido ao emperador.

A persecución levada a cabo polas autoridades romanas foi implacable, botando á clandestinidade aos seus practicantes, que se refuxiaban nunhas galerías soterradas chamadas catacumbas.

Pero no ano 313, o emperador Constantino concedeu a liberdade de culto relixioso, cando promulgou o Edito de Milán. No 380, o emperador Teodosio converteuse ao cristianismo, pasando así a constituírse na nova relixión oficial do Imperio.

Páxina 25 de 58

Actividades propostas

S11. Por que as culturas grega e romana reciben a denominación de clásicas?

� Explique o que eran as polis.

� Que dous elementos culturais facían sentirse aos gregos como pertencentes a unha mesma cultura?

� Explique por que ao sistema político ateniense se lle chama democracia.

� Tire as ideas básicas dos textos de Calicles e Aristóteles e diga se nos dan in-formación ou só amosan as súas opinións.

� Sintetice as diferenzas entre o sistema político de Atenas e o de Esparta.

� Que quere dicir que a cultura grega é antropocéntrica?

� Á parte dos mitos, que calidade humana utilizaron os gregos para explicar a re-alidade que os rodeaba?

� Que consecuencias trouxo a aplicación práctica desta calidade?

� Que elementos da civilización grega forman parte da ciencia e cultura actuais.

S12. Elabore un esquema das tres etapas da civilización romana.

� Cales eran as características da economía romana?

� Por que se afirma que era unha sociedade aberta?

� Describa os trazos básicos da sociedade ao longo da súa evolución.

� Cal era a situación das mulleres na sociedade romana?

� Por que o sistema político da República non é democrático?

� Cando se volve a un poder absoluto concentrado nunha soa persoa?

� Cal era a función das termas e dos acuedutos?

� Que elemento cultural unificou o todo o imperio?

� Cal é o fundamento das nosas leis actuais?

� Para os romanos, cal era a función principal da arte?

� Que elementos arquitectónicos usaron os romanos descoñecidos polos gregos?

S13. Por que motivos se achegaron os romanos a Hispania e a Gallaecia?

� Resuma o proceso de conquista da Península Ibérica.

� Destaque o legado que deixaron os romanos en Galicia.

S14. Cales son os principios básicos do cristianismo?

� Por que as autoridades romanas perseguiron os cristiáns?

� Expoña a idea principal do fragmento do Edito de Milán.

� Cite o emperador que promulgou o Edito e a súa data.

� Cando se constituíu o cristianismo como relixión oficial do Imperio Romano?

Páxina 26 de 58

2.3 A Idade Media

Os historiadores fixan a fin da Idade Antiga e o comezo da Idade Media no ano 476, can-do os pobos chamados xermánicos ou bárbaros destrúen Roma e fan desaparecer todo ras-tro de poder e de autoridade romanos. Estes pobos fóranse achegando desde o século III á fronteira norte do Imperio Romano, nos vales dos ríos Rhin e Danubio, debido á falta de terras e de alimentos, ao aumento da súa poboación e á atracción que sobre eles exercía unha civilización de maior grao de evolución que a súa.

Desde este momento, a unidade cultural romana que había ao redor do Mediterráneo rom-peuse e repartiuse, nos séculos seguintes, entre tres áreas culturais, como se ve no mapa (Fonte: Fisterra 2, Ed. Vicens Vives) que reflicte esta situación no século VIII:

� Parte oriental ou Imperio Bizantino. Rexeitou as invasións xermánicas. O emperador Xustiniano (482-565) levou a cabo unha expansión xeográfica, conquistando amplos te-rritorios no contorno mediterráneo. Desaparece en 1453, ao ser invadido polos turcos.

� Europa occidental. Aquí, os pobos xermánicos estableceron varios reinos independen-tes, que co tempo constituirán a Europa Occidental, cristiá católica.

� Mundo islámico. A relixión islámica, tamén monoteísta como o xudaísmo e o cristia-nismo, naceu da man de Mahoma, en Arabia, no século VII. Desde alí estendeuse rapi-damente, dando orixe a unha civilización moi diferente ás dúas anteriores (mapa).

Coa caída do Imperio Romano péchase a Idade Antiga, a das grandes civilizacións fluviais e marítimas, a que formou gran-des imperios, a que volveu a cabeza a Oriente, onde xurdiu a súa propia vida. Agora, entramos na Idade Media, a da civili-zación europea, a das pequenas nacionalidades, a que viaxa cara a Occidente, a Idade un pouco misteriosa e escura en que se funden os compoñentes que formarán as nacións modernas.

Ferrandis Torres, M. Historia General de la Cultura

Páxina 27 de 58

2.3.1 Os reinos xermánicos da Península Ibérica: visigodo s e suevos

Os visigodos

Un dos moitos pobos xermánicos, o visigodo, entrou en 415. Antes xa o fixeran os suevos, instalados en Galicia, os vándalos e os alanos. Entre todos remataron co poder romano.

Pouco a pouco, os visigodos someteron os demais pobos; unificaron o territorio da Pe-nínsula baixo o seu poder; estableceron unha monarquía con capital en Toledo; unificaron as leis deles mais as dos hispanorromanos (Libro dos Xuíces ou Foro Xulgo) e converté-ronse ao catolicismo. O rei contaba co apoio dos Concilios de Toledo, que eran asembleas de bispos, iniciándose así a intervención da Igrexa nos asuntos políticos de Occidente. En 711 penetraron os musulmáns na península e puxeron fin ao reino visigodo.

O creador da grandeza visigoda foi o rei Leovixildo (568-586), pacificando grandes zonas. Mandou executar o seu fillo Herme-nexildo por converterse ao catolicismo. Leovixildo decatouse do impopular deste feito e recomendou a Recaredo que se con-vertera ao catolicismo para salvar a monarquía.

Grimberg, C. Historia universal

� Economía. Practicábase unha agricultura de subsistencia.

� Sociedade. Malia seren minoría, controlaban o poder (Estado e exército). Dominaron os hispanorromanos, moitos deles en condición de servos que traballaban as terras.

� Cultura. Construíron igrexas pequenas co característico arco de ferradura: Santa Com-ba de Bande (Ourense), San Juan de Baños (Palencia). Traballaron con moito primor a xoiaría, fabricando pezas para ofrecer como votos relixiosos.

Os suevos

Instaláronse pacificamente en Galicia, mesturáronse coa poboación autóctona, e establece-ron un reino independente durante 170 anos, con capital en Braga (Portugal), ata que o rei visigodo Leovixildo lle puxo fin en 585. Neste período levouse a cabo a definitiva cristia-nización de Galicia.

Actividades propostas

S15. Os pobos xermánicos, de onde procedían?

� Por que motivos penetraron masivamente no Imperio Romano?

� En que ano o fixeron definitivamente?

� Resuma as ideas principais do texto visto de Ferrandis Torres.

S16. Destaque a actividade política dos visigodos.

� Segundo o texto de Grimberg, que lle recomendou Leovixildo ao seu sucesor?

� Quen eran os suevos?

� Que importancia ten a súa instalación en Galicia?

Páxina 28 de 58

2.3.2 O imperio de Carlomagno

Os francos, outro pobo xermánico, ocuparon un territorio equivalente ao que hoxe é Fran-cia, os Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Suíza e parte de Italia.

No ano 800, Carlomagno, rei dos francos xa cristianizado, foi coroado emperador, e pretendeu en balde restablecer o antigo Imperio Romano de Occidente. Cristianizou todos os territorios por el dominados e constituíuse no defensor do cristianismo fronte aos mu-sulmáns.

Para poder controlar un territorio tan extenso, dividiuno en provincias, chamadas con-dados e marquesados, á fronte das cales puxo condes e marqueses, que dependían da súa autoridade. O imperio foi finalmente dividido entre os seus netos.

Actividades propostas

S17. Cales eran as pretensións de Carlomagno as súas pretensións?

� Conseguiunas?

� Por que?

Páxina 29 de 58

2.3.3 O islam

En Arabia, Mahoma (580-632) predicou e estableceu os fundamentos dunha nova relixión monoteísta, baseada nestes preceptos: crenza nun só Deus, Alá, e nunha vida despois da morte; os fieis deben someterse á vontade de Alá (islam quere dicir sometemento); Alá dáse a coñecer a través do seu profeta Mahoma; o Corán é o libro sagrado do islam, que recolle as revelacións que lle fixo Alá a Mahoma.

O islam non é só unha relixión, senón que é unha lei que regula o comportamento do musulmán en todas as circunstancias da súa vida relixiosa, política, social, económica, doméstica e individual: os dirixentes políticos son tamén xefes relixiosos; toda a propiedade pertence a Deus; as decisións xudiciais teñen que seguir o que prescribe o Corán; as cerimonias do nacemento, do matrimonio, da morte, a condición da muller seguen tamén o que indica o Corán.

A expansión do islam

Os sucesores de Mahoma espallaron a relixión por territorios veciños, chegando á máxima expansión no século VIII. Os actuais países islámicos coinciden en parte con aquela área.

Hoxe os musulmáns contan o tempo a partir de 622 d.C., cando Mahoma fuxiu á cidade árabe de Medina. Esta fuxida chámase a Héxira. Para saber cal é o ano no que se atopan os musulmáns, ao ano da nosa era hai que restarlle 622, e o que resulte divídese entre 0,97.

Al-Andalus

Foi o nome que lle deron os musulmáns ao territorio conquistado na Península Ibérica, onde estableceron un Estado. En 711 entraron nela polo estreito de Xibraltar procedentes do norte de África, ocupárona case toda en pouco menos de dez anos, agás unha estreita franxa no norte, e remataron co reino visigodo. A poboación non presentou resistencia. A nobreza terratenente pactou con eles para conservar as súas terras e o seu poder.

Desde 711 ata a súa expulsión definitiva en 1492, os musulmáns foron perdendo terri-torio paulatinamente. Este territorio foi recuperado polos cristiáns durante case 800 anos, repartidos en épocas de paz e conflitos entre as dúas culturas, no proceso coñecido como Reconquista. A súa presenza durante séculos deixou forte pegada na nosa cultura.

Cómpre ter en conta que os musulmáns de Al-Andalus eran habitantes da Península Ibérica igual que os cristiáns: desde un principio mesturáronse coa poboación visigoda e permaneceron aquí ao longo de 32 xeracións; o único que diferenciaba uns cidadáns dos outros era a relixión: uns eran cristiáns e outros musulmáns.

Durante a Idade Media unha maioría da poboación peninsular practicou a relixión musulmá. Por iso, é absurdo que consi-deremos os mouros como algo alleo a nós. Como é ben sabido, Afonso II de Aragón e Henrique IV de Castela vestían á usanza musulmá. Pedro I de Aragón firmaba os documentos exclusivamente en árabe. E Sancho o Forte de Navarra ía ata Marrocos en expedición guerreira só porque unha princesa musulmá, que se namorara del de oídas e non de vistas, lle pe-dira axuda.

Ubieto, A., Reglá, J., Jover, J.M. e Seco, C. Introducción a la Historia de España [Tradución]

Páxina 30 de 58

� Economía. As súas características eran:

– Urbana. As cidades eran os principais centros de comercio e de consumo.

– Comercial. O comercio era a base da actividade económica.

– Monetaria. Os intercambios realizábanse con moedas.

Baseábase na agricultura: trigo, vide, oliveiras, froitas, arroz, laranxas, etc.; introduci-ron o algodón, o arroz, as laranxas e a cana de azucre, e puxeron en práctica modernas técnicas de rega. As actividades artesanais realizábanse nas cidades: xoiaría, curtume, tecidos, etc. Formaban tamén parte da actividade económica.

Pero a actividade económica que tiña máis peso era o comercio a longa distancia: metais e armas de Europa; especias e seda de Asia; e ouro, marfil e escravos de África.

� Sociedade. Por unha banda, a clase alta posuía o poder político, militar, económico e relixioso, e estaba constituída polos árabes musulmáns, é dicir, polos que procedían de Arabia. A clase media formábana artistas, médicos e intelectuais. Á clase baixa perten-cían os campesiños e os artesáns. Os escravos, considerados sempre e en todos os luga-res como mercadoría humana, eran empregados nos traballos máis duros: minas, agri-cultura e servizo doméstico.

Logo estaban os non musulmáns, que formaban un grupo moi variado: os muladís, cris-tiáns que se converteron ao islam; os mozárabes, cristiáns que podían seguir practican-do a súa relixión a cambio de tributos; os xudeus que practicaban o xudaísmo, e exercí-an de comerciantes e prestamistas.

� Organización do poder:

– No cumio, o califa ou o emir, segundo a época, eran á vez o xefe político, militar, re-lixioso e xudicial. Gobernaban cun poder absoluto. Para lles axudar nas tarefas do goberno, contaban cun corpo de funcionarios residentes no seu pazo, e que formaban a Administración do Estado.

– Todo este aparato do Estado precisaba de fortes cantidades de diñeiro, que se desti-naba á fortuna persoal do califa ou do emir e para o mantemento da administración do Estado (funcionarios e exército). O diñeiro obtíñase do cobramento de fortes im-postos, que recaían sobre os cristiáns e xudeus, e sobre os intercambios comerciais.

– O exército. Sostiña o poder do xefe do Estado e controlaba as fronteiras.

� Tecnoloxía, cultura e arte. Como comerciaban entre pobos de culturas moi diferentes, coñeceron todos os adiantos da época: modernas técnicas de regadío aínda usadas hoxe, muíños de vento, pólvora, papel. A súa cultura acadou un elevado nivel e tivo a conside-ración de ser a máis desenvolvida de toda a Idade Media.

A maior diferenza que existe entre os cristiáns e nós non é a relixión, senón a forma de entender e vivir a vida. (...) Os cris-tiáns son aínda máis esgrevios e rudos do que eu cría. (...) O seu sentido da intimidade, arredor da que se pechan como ou-rizos de mar, tamén é rudo.

Gala, A.: El manuscrito carmesí [Tradución]

Como no resto de Europa a decadencia cultural fora enorme á caída do Imperio Romano, grazas a eles, todos os elementos fundamentais da cultura grega que hoxe coñecemos, a ciencia e o pensamento filosófico, chegaron ata nós.

Páxina 31 de 58

Ademais, proporcionaron un trazo humano de alto valor ético en todos os tempos: a tole-rancia, fronte á intransixencia relixiosa dos reinos cristiáns.

O seu desenvolvemento científico foi extraordinario en todos os campos do saber: ma-temáticas, medicina, cirurxía, astronomía e botánica. Substituíron os números romanos po-los números actuais. Crearon moitas bibliotecas, como a de Córdoba, que chegou a ter medio millón de libros.

Na arquitectura, as obras que realizaron estaban destinadas ao poder e á relixión: pazos e mesquitas. Nas construcións danlles máis importancia ao interior que ao exterior. A de-coración non ten figuras humanas nin de animais, ao estaren prohibidas pola relixión, polo que a pintura e escultura practicamente non existen.

Córdoba contaba daquela cunha poboación máis do dobre que a de hoxe, cidade de importancia excepcional na Idade Me-dia, cando París e Londres non pasan de ser grandes poboados. (…) A cidade parece iluminada con lanternas; oito séculos máis tarde, aínda os londinienses tropezarían ás escuras polas rúas de Londres. A poboación, en xeral, vivía feliz. Unha ci-dade con 300 baños públicos amósanos o seu enorme poder. Case ninguén viaxa a pé: aínda o cidadán máis modesto tiña un cabalo para se trasladar dun lugar a outro. Aquí vivían traballando xuntos homes de todas as razas e as relixións. (…) Este mesmo nivel tiñan a industria, a artesanía e a economía do país. Había uns 15.000 teceláns. (…) Adquiriu tal prestixio o curtido e repuxamento das peles e dos coiros que a súa produción recibiu para sempre o nome de cordobán. (…) Un cor-dobés inventou o cristal.

Grimberg, C. Historia Universal

Actividades propostas

S18. Quen fundou o islamismo?

� Cales son os principais preceptos do islam?

� Cal é o seu libro sagrado?

� Por que o islam é algo máis ca unha relixión?

� Que é a Héxira?

� Que importancia ten para os musulmáns?

� Defina estas palabras: árabe, musulmán, mouro, mahometano e islámico.

S19. A que se refire a expresión Al-Andalus?

� Por que os musulmáns conquistaron tan rapidamente a Península Ibérica?

� Destaque a idea que lle pareza máis importante no texto de Ubieto e outros.

� Destaque as principais actividades económicas de Al-Andalus.

� Por que os musulmáns coñecían todos os adiantos técnicos da súa época?

� Destaque a idea básica do texto de Antonio Gala.

� Segunde Grimberg, cal era o nivel de desenvolvemento de Córdoba no século X, comparada con outras cidades?

Páxina 32 de 58

2.3.4 O feudalismo

Chámaselle así ao sistema social, económico, político e ideolóxico que se deu en practi-camente toda Europa entre os séculos IX e XV, aínda que restos del permaneceron nal-gúns lugares ata finais do século XIX.

Xa vimos que o poder do Estado desapareceu cando o fixo o Imperio Romano. Este poder foi substituído polo poder duns poucos señores, que dominaban o resto da poboa-ción dun xeito absoluto e en todos os aspectos da vida. Os dominadores eran os nobres, señores ou aristócratas -condes, marqueses, duques- e unha parte do clero da Igrexa -bispos e abades-. Os dominados eran o resto da poboación, maioritariamente formada por campesiños, que pasaron a depender do señor a cambio de protección.

� Como se chega a esta situación? Tral desaparición do imperio de Carlomagno, os reis tiñan pouco poder: non podían protexer a poboación, nin recadar impostos, nin manter un exército. Para poderen gobernar estableceron cos nobresun sistema de relacións per-soais baseado na concesión de bens a cambio de certas prestacións.

E as

í foi

com

o de

sapa

rece

u o

Esta

do e

se

subs

tituí

u po

r mill

eiro

s de

“peq

ue-

nos

esta

dos”

con

trola

dos

abso

luta

men

te c

ada

un d

eles

por

un

nobr

e ou

se-

ñor.

A ca

da u

n de

stes

“pe

quen

os e

stad

os”

cham

óuse

lle s

eñor

ío,

que

eran

gr

ande

s ex

tens

ións

de

terr

eo o

u la

tifun

dios

, pro

pied

ade

do s

eñor

feud

al, q

ue

viví

a pr

otex

ido

no s

eu c

aste

lo. Á

par

te d

eles

, os

alto

s ca

rgos

da

Igre

xa, b

is-

pos

e ab

ades

, pos

uíro

n ta

mén

latif

undi

os o

u se

ñorío

s.

� Como funciona o sistema feudal? Na base deste sistema hai un contrato mediante o cal un home (o rei, ou un nobre con moitas posesións) concede a outro (tamén nobre) a posesión de determinados bens (beneficio), case sempre terras, para que as administre e viva delas. A cambio do beneficio, o beneficiado ten que renderlle vasalaxe, é dicir, ten que prestarlle determinados servizos: combater a cabalo para el, pagarlle tributos por diversos motivos, darlle consello, contribuír ao seu rescate se caese prisioneiro, dotar as súas fillas cando casen, etc. O contrato faise cunha cerimonia chamada investidura.

Outra peza esencial do sistema é a inmunidade, pola que o beneficiado se libera de moitas obrigas, como impostos; ten dereito de xurisdición (aplica leis; exerce o poder xudicial; impón tributos ás persoas que viven nas súas terras; cobra pola utilización de servizos como o paso polas pontes e camiños, polo uso de muíños e fornos, pola herba, pola leña…); e, o máis importante, pode transmitir en herdanza o beneficio.

Páxina 33 de 58

É dicir, o beneficiado asume toda a autoridade e todo o poder no seu territorio, como se fose un “pequeno rei” independente: ten o monopolio da economía e do poder.

Os campesiños, que constituían o 90 % da poboación, para buscaren protección nun tempo de temor e inseguridade, motivada polas invasións de normandos, musulmáns e húngaros, sometéronse a estes señores e entregáronlles aos señores feudais as poucas terras que posuían e a súa liberdade a cambio de protección física e de traballo, conver-téndose en servos deles.

Encomenda con renuncia de liberdade:

“Eu, Berterio, puxen a corda no meu pescozo e entregueime baixo o poder de Alariado e a súa dona Ermengarda, para que desde hoxe fagades de min e da miña descendencia o que queirades, o mesmo vós que os vosos herdeiros, podendo gar-darme, venderme, darme a outros e, se eu quixera deixar o voso servizo, podedes determe”.

Bantruche, A.: Señorío y feudalismo

Logo de instalado este sistema, a primeira consecuencia do monopolio do poder por parte dos nobres é que a lei non é igual para todos e, de feito, ningunha lei protexe a quen non estea ligado por un contrato feudal.

� Economía feudal. Era unha economía totalmente baseada na agricultura e na gandaría. As terras son traballadas polos servos do señor feudal e por algúns campesiños libres. Estes últimos tiñan que pagar unhas rendas moi elevadas ao señor, e a décima parte da colleita (o décimo) á Igrexa. Era unha economía de autoabastecemento, polo que o co-mercio case non existía.

� Sociedade feudal. Formábana grupos sociais moi pechados, chamados estamentos. A diferenza entre uns estamentos e outros radicaba na distinta riqueza, nos dereitos e nas obrigacións que tiña cada persoa. O ascenso de estamento era practicamente imposible, agás no eclesiástico, que era aberto: todo home libre podía acceder a el.

Páxina 34 de 58

– Estamento dos privilexiados. Formábano nobres ou señores feudais e o alto clero, coa función de orar. Os nobres posuían os feudos ou señoríos. Non traballaban. Só facían a guerra: eran cabaleiros guerreiros que formaban unha casta militar que ex-plotaba os campesiños vinculados á súa terra e defendían o territorio co seu exército particular. A guerra era decote un recurso para aumentar a riqueza. Exercían os car-gos propios da súa autoridade, como se viu anteriormente. Vivían protexidos nos seus castelos; as terras que se reservaban eran traballadas polos servos.

– Estamento dos non privilexiados. Formábao o resto da poboación, os que traballaban para manter ao estamento privilexiado e vivían nunha situación moi dura: labregos libres, artesáns e servos. Estes últimos pertencían ao señor e vivían nun réxime pró-ximo á escravitude; o señor tiña dereito sobre a súa vida. Os poucos campesiños li-bres só o eran en teoría para írense do feudo se querían; pagaban rendas ao señor e o décimo á Igrexa. Vivían en aldeas, en casas de baixa calidade, convivindo cos ani-mais domésticos; a súa dieta era escasa e repetitiva: pan, verduras e ovos.

� Organización política. En cada señorío exerce o poder un nobre, non sometido ao po-der de autoridade superior ningunha. O señor feudal absorbe todas as funcións do Esta-do: ordena, obriga e castiga. O rei representaba a Deus na Terra, era un señor feudal que ocupaba o cumio da sociedade, segundo establecera a Igrexa, sen máis poder que o que tiñan os demais señores. Era considerado como o primeiro entre os nobres.

“Eu, Afonso II, pola graza de Deus, rei de Aragón, conde de Barcelona e marqués de Provenza, dou e concedo a ti, Guillem de Anglesola, o meu castelo de Mur, e teralo con servizo e fidelidade. Douche e concédoche este castelo con todas as súas terras e pertenzas e as melloras que fagas nel; ademais, recibirás 60 medidas de trigo, as que todos os anos me daban os labregos das terras do castelo. Doucho e concédocho; ti farasme servizo e terasme fidelidade perpetua, tanto a min como aos meus sucesores. Teralo ti e os teus descendentes a perpetuidade”.

Fragmento da concesión dun feudo por Afonso II

O sistema feudal empeza a cambiar coa Revolución Francesa, a finais do século XVIII.

Actividades propostas

S20. No sistema feudal, o poder que antes tiña o Estado, a quen pasou?

� Por que os campesiños se someteron voluntariamente a un señor?

� Que é un señorío?

� Caracterice cada elemento do sistema feudal: feudo, beneficio, vasalaxe ou homenaxe, e inmunidade.

� No feudalismo, que define cada grupo social?

� Era fácil o ascenso dun estamento a outro?

� Enumere as funcións que tiña cada un dos tres estamentos da sociedade feudal.

� Resuma a organización política da sociedade feudal.

� Tire a información básica do texto de Bantruche e do da concesión dun feudo por Afonso II.

� Na páxina http://www. arcobosque.com/vidamedi.htm busque información so-bre os labregos medievais, a súa ligazón á terra, os seus fogares e a súa dieta.

Páxina 35 de 58

2.3.5 Os reinos cristiáns da Península Ibérica

Cando en 711 os árabes ocuparon a Península Ibérica, pequenos grupos de cristiáns refu-xiáronse nas montañas do norte. Desde elas comezaron a Reconquista, que durou 800 anos.

� Nacemento e evolución. Nos primeiros séculos aparecen uns pequenos reinos, que pouco a pouco van medrando:

– O astur-leonés, que a comezos do século X chegaba ata o río Douro. Deste reino se-parouse o de Castela. Uníronse definitivamente en 1230 co rei Fernando III.

– Nos Pireneos aparecen os reinos de Navarra e de Aragón e unha serie de condados cataláns. O reino de Aragón e os condados cataláns uníronse no século XII, forman-do a Coroa de Aragón.

– Portugal. Era parte do reino de Castela e León. No ano 1128 independizouse de Cas-tela e León, e comezou unha expansión territorial cara ao sur.

� Motores da Reconquista. Foron varios: a necesidade de ocupar máis terras coas que alimentar unha poboación que ía en aumento; os impostos que os cristiáns lles impuñan aos musulmáns; a unión temporal entre algún dos reinos para conquistar novas terras; e, sobre todo, o cambio de ideoloxía entre os cristiáns, no sentido de darlle á Reconquista un carácter relixioso: a loita contra os infieis (os que non profesan a relixión considera-da como verdadeira).

� O forte impulso reconquistador dos séculos XII e XIII. Durante estes dous séculos, dentro do ámbito cristián da Península Ibérica hai catro reinos: Castela e León, Nava-rra, Coroa de Aragón e Portugal, que lle deron un forte pulo ao proceso reconquistador.

No XIII o avance foi notable: o reino de Castela e León chegou ata o Guadalquivir; o de Aragón ocupou Valencia ata Murcia e as Baleares; Portugal rematou a conquista do seu actual territorio.

Páxina 36 de 58

En todo este século os cristiáns reconquistaron a cuarta parte da superficie peninsular. Aos musulmáns só lles quedaba a finais do século XIII o reino nazarí de Granada, que comprendía o que hoxe son as provincias de Málaga, Granada e Almería.

� O remate da Reconquista. En 1469, Isabel, raíña de Castela, e Fernando, rei de Ara-gón, casaron e recibiron o alcume de Reis Católicos. Produciuse así a unión dos dous reinos máis importantes da Península. Remataron a Reconquista cando conquistaron o reino de Granada en 1492. Conquistaron Canarias en 1496 e anexionaron o reino de Navarra en 1515.

� A repoboación. Segundo os reinos cristiáns ían incorporando novos territorios, había que repoboalos con xente para ter forza neles. Estas novas terras eran propiedade do rei, e este dáballas aos nobres, como pagamento aos servizos militares prestados, aos monxes, para que fundasen novos mosteiros, e a labregos libres.

Logo de asentados nas novas terras, os repoboadores recibían unha serie de beneficios, que se recollían nun documento chamado carta de poboamento: redución de impostos, liberación da prestación militar, liberdade persoal…

A repoboación do século XIII levouse a cabo mediante a entrega de grandes latifundios ou señoríos aos nobres que prestaran axuda militar, e á Igrexa, o que foi a orixe das grandes propiedades agrícolas que persisten na actualidade.

� A sociedade, a economía e o sistema político son os propios da sociedade feudal.

Páxina 37 de 58

2.3.6 A Igrexa durante a Idade Media

Despois das invasións xermánicas, a Igrexa foi a responsable da recristianización de Euro-pa Occidental. O seu interese principal era manter toda a Cristiandade unida, perseguindo as outras relixións. A Igrexa pasou a controlar todos os aspectos da vida de Europa Occi-dental: dáballe lexitimidade ao poder político, proporcionaba a ideoloxía que sostiña o sis-tema feudal e ditaba os fundamentos das leis e as normas para seguir na vida cotiá, desde o traballo ata a vida persoal e íntima, e a cultura quedou exclusivamente nas súas mans.

Viaxe de Pedro II de Aragón a Roma para render vasalaxe ao papa Inocencio III en 1204:

Eu, Pedro, rei de Aragón, prometo e confeso que sempre hei ser fiel e obediente ao meu señor papa Inocencio, aos seus católicos sucesores e á Igrexa romana, hei conservar fielmente o meu reino na súa obediencia, defendendo a fe católica e perseguindo os herexes, hei custodiar a liberdade das igrexas e hei defender os seus dereitos, heime esforzar por conser-var a paz e a xustiza en toda a miña terra, así Deus me axude e estes Santos Evanxeos.

Artola, M. Textos fundamentales para la Historia

Para poder alcanzar a vida eterna trala morte, o cristián tiña como obrigas a práctica da ca-ridade, a entrega de bens á Igrexa, a oración e a asistencia obrigatoria aos oficios relixio-sos. Co fin de manter ás persoas submisas a estes principios relixiosos e ás leis civís, pre-sentaba nos oficios relixiosos unha enorme contraposición entre o Ceo e o Inferno.

Posuía grandes feudos, que fixeron da Igrexa unha enorme potencia económica. Practi-caba a caridade cos pobres e mantiña escolas e hospitais.

� Organización da Igrexa. As persoas pertencentes á Igrexa formaban parte do outro grupo privilexiado. No cumio estaba o Papa, en Roma. Deseguido viñan os bispos, que exercían o poder nas dioceses, e os abades, máxima autoridade dun mosteiro, que tiñan os mesmos privilexios que os nobres. Logo estaban os sacerdotes, que vivían nas pa-rroquias; e os monxes e as monxas, que vivían illados nos mosteiros, todos eles cun ni-vel de vida semellante ao dos labregos.

Xuramento de vasalaxe dun nobre a un señor eclesiástico:

Eu, Suero Gómez de Soutomaior, vasalo que son desta Santa Igrexa de Santiago e de vós, señor arcebispo, fago homena-xe como cabaleiro (...), que do día de hoxe en adiante hei ser fiel e obediente vasalo da devandita Igrexa e a vós, señor ar-cebispo, heivos servir leal e verdadeiramente con todas as miñas forzas e poder, ao que estou obrigado polas terras, ser-vos, rendas e dereitos que da devandita igrexa eu teño e posúo (...). E hei obedecer e cumprir os vosos mandamentos; e hei facer que se cumpran nesas terras que eu teño e posúo.

Armas, Moreno, Ulloa e Villares. Textos e materiais para a historia de Galicia

Os mosteiros eran o centro dun feudo, onde campesiños e servos traballaban as terras do mosteiro. Dentro deles, a oración era a función principal de monxes e monxas, os cales tiñan que cumprir unhas normas moi estritas que rexían a súa vida cotiá. O con-xunto destas normas dáselle o nome de regra.

En moitos mosteiros, os frades realizaron un labor importante como copistas de textos: eran os únicos que sabían ler e escribir, pois ata o final da Idade Media non se inventa-rá a imprenta.

Na Idade Media houbo varias ordes monásticas: beneditinos, franciscanos, dominicos...

Páxina 38 de 58

� Arte do mundo feudal: o Románico. Nace en Francia e está intimamente unido ao feu-dalismo e á Igrexa. Desenvolveuse entre finais do século X e principios do XIII. Na Pe-nínsula entrou polo Camiño de Santiago, e sitúase principalmente nas zonas rurais. A ca-tedral de Santiago de Compostela é o exemplo máis egrexio desta arquitectura.

As construcións arquitectónicas (igrexas, mosteiros e castelos) son fortes, sólidas, de grosos muros e con poucos ocos, o que provoca que sexan escuras: retratan o mundo escu-ro, pechado e centrado en temor de Deus da época feudal. Teñen arcos de medio punto e están cubertas por bóvedas de canón.

A escultura son relevos feitos principalmente nos capiteis das columnas e nos pórticos, con figuras que narran historias ou simbolizan feitos e temas relixiosos, co fin de ensinar-lles os Evanxeos aos fieis analfabetos.

Actividades propostas

S21. Desde onde comezaron os cristiáns a resistencia contra os invasores islámicos?

� Cales foron as causas da Reconquista?

� Cales foron os primeiros reinos cristiáns e que territorios abranguían?

� Cite os principais reinos cristiáns dos séculos XII e XIII e sinale as conquistas territoriais que levaron a cabo.

� Explique como se levou a cabo a repoboación dos territorios reconquistados.

� Resuma o remate da Reconquista.

S22. Cal era o interese principal da Igrexa durante a Idade Media?

� Describa a influencia da Igrexa na sociedade.

� Segundo o texto recollido por Artola, cal era a relación do rei Pedro II de Ara-gón co papa Inocencio III?

� Que obrigas tiña todo cristián se quería acadar a vida eterna?

� No texto “Xuramento de vasalaxe…”, quen é vasalo de quen? Que beneficios recibe o vasalo?

� A escuridade propia das igrexas románicas, que simboliza?

Páxina 39 de 58

2.3.7 O renacemento das cidades en Europa occidental

Despois da caída do Imperio Romano Europa ruralizouse. Haberá que esperar ao século XI para que as cidades volvan agromar. A elas emigraron moitos campesiños para escapa-ren das condicións de vida extremadamente duras que lles impuñan os señores feudais. A estas novas cidades chamóuselles burgos, e aos seus habitantes, burgueses.

Este rexurdimento urbano foi posible grazas a unha serie de circunstancias: aumento da produción agrícola e gandeira para xerar excedentes con que alimentar unha poboación que non produce alimentos; un incremento da poboación no campo debido á unha mellor alimentación, o que xerou unha emigración cara ás cidades; seguridade polo cesamento das invasións dos séculos anteriores.

� A burguesía: un novo grupo social. É un grupo non privilexiado, que ten como base económica o comercio, os obradoiros artesanais e o diñeiro. É fundamental considerar o cambio de mentalidade da burguesía: afán de enriquecerse para aumentar os negocios e o patrimonio, aumentar o capital. Esta nova ideoloxía é a base do sistema económico coñecido como capitalismo. A burguesía dividiuse en alta e baixa, segundo o seu nivel de riqueza. Dentro da cidade, representaba unha pequena porcentaxe da poboación. A maioría da poboación urbana estaba formada por xente que vivía na miseria: aprendices dos obradoiros, criados, xente sen oficio que fuxía do mundo rural, mendigos...

� Feiras e mercados. Nas cidades celebrábanse mercados semanais e feiras anuais, para intercambiar produtos do contorno e de lugares arredados, que chegaban a través das rutas comerciais do Mediterráneo, do Norte de Europa ou polo Camiño de Santiago. O comercio europeo tiña a súa base nas cidades do norte de Europa e do Mediterráneo, que comerciaban cos musulmáns. Estes traían produtos exóticos de Asia (seda especias, perfumes) e África (ouro, marfil e escravos), e levaban ferro, armas e tecidos de luxo.

Señores, grazas á paz, a nosa cidade de Venecia negocia un capital comercial de 10 millóns de ducados a través do mun-do enteiro. Temos 3.345 embarcacións tripuladas por 36.000 homes. (...) A nosa cidade cuña cada ano 1.200.000 ducados de ouro e 800.000 de prata, que se distribúen por Siria, Exipto, Inglaterra. (...) Os florentinos subminístrannos cada ano 16.000 pezas de pano. Nós distribuímolas por Nápoles, Sicilia, Cataluña, Exipto, Siria, Chipre, Lisboa... E cada semana, os florentinos mércannos por valor de 7.000 ducados todo tipo de produtos: la francesa e catalá, cereais, seda, cera, ouro, pra-ta, azucre, sal, índigo, coiro, xoias, con grandes beneficios para nós.

Fourquin, G: Historia económica do occidente medieval

Como consecuencia deste comercio a grande escala vólvese á economía monetaria, créanse bancos para a concesión de créditos e invéntase a letra de cambio, que permite cobrar unha cantidade onde se desexe sen necesidade de levar diñeiro.

� Os gremios. Á parte da actividade comercial, nas cidades medievais foi moi importante a actividade artesanal, realizada nuns obradoiros propiedade dun mestre artesán. Os obradoiros dun mesmo oficio situábanse na mesma rúa, e chegaron ata hoxe rúas co nome dos oficios medievais. Os mestres artesáns dun mesmo oficio agrupábanse nu-nhas asociacións chamadas gremios. Non se podía exercer a profesión sen pertencer a un gremio. A función dos gremios era regulamentar as condicións nas que se tiña que desenvolver o labor: conceder ou denegar permiso para a instalación de novos obradoi-ros; control do horario laboral, que tiña que ser o mesmo para todos; obrigación de usar materias primas compradas ao mesmo prezo; control de calidade dos produtos elabora-dos; prezos fixos de venda ao público, pois non se podía vender por debaixo do prezo oficial marcado polo gremio.

Páxina 40 de 58

Como podemos comprobar, os gremios dificultaban a libre actividade e a libre compe-tencia. Co paso dos séculos esta situación terá que cambiar.

Ningún tecelán pode exercer o oficio dentro dos arrabaldes de París se non é fillo de mestre. Cada tecedor pode ter na súa casa dous teares anchos e un estreito. O mestre tecedor non pode ter instalados estes teares fóra da súa casa. Cada tecedor pode ter na súa casa un só aprendiz. Ningún tecedor que vaia ás feiras de Champaña debe vender pano de nin-gunha parte mesturado co de París. Calquera que sexa tece-dor en París, se ten tenda nos mercados para vender os seus panos, cada ano debe pagar ao rei cinco soldos polo dereito de mercado por cada tenda ou posto que posúa.

Boileau. Libro dos oficios

� Goberno das cidades. Moitas cidades dependían dun señor nobre ou eclesiástico, que lles cobraba fortes impostos aos seus habitantes. Esta situación era moi prexudicial para os burgueses, pois necesitaban liberdade para realizaren a súa actividade económica sen trabas. Coa riqueza acumulada, a burguesía comprou a liberdade aos señores feudais e estableceu un goberno propio: os concellos, gobernados por membros da alta burguesía. (na foto anterior, Carcasonne, cidade francesa de orixe medieval).

Os reis, que tiñan pouco poder, apoiaron os burgueses facendo libres as cidades e dán-dolles permiso para crear mercados novos e circular libremente con mercadorías. A cambio, os burgueses correspondíanlles aos reis con diñeiro e armas para que estes re-ducisen a súa dependencia dos señores feudais e afianzasen paseniño o seu poder. Lo-go, a burguesía conseguiu estar representada nas Cortes dos reis, xunto coa nobreza e os altos eclesiásticos.

� Universidades. Este mundo de finais da Idade Media en profundo cambio esixía xente ben instruída e formada culturalmente: expertos en leis, en medicina, en economía, pro-fesores. Satisfacer estas esixencias foi o labor das Universidades, que aparecen no sécu-lo XIII. Son famosas as de Boloña, Oxford, París, Palencia, Salamanca…

� Arte das cidades medievais: o Gótico. Nace en Francia e desenvólvese entre mediados do século XII e finais do XV. É unha arte urbana, relixiosa (catedrais) e tamén civil, unida á burguesía, que constrúe pazos, lonxas e concellos.

As construcións son altas, esveltas, luminosas e cheas de luz de diversas cores debido ás vidreiras: son o símbolo dunha nova época, máis aberta, rica e optimista. O arco de medio punto do románico é substituído polo arco apuntado, e a bóveda de canón con-vértese en bóveda de cruzaría.

A escultura está asociada á arquitectura: nos pórticos, nos sepulcros. As representa-cións fan referencia a modelos naturais. A pintura é moi expresiva e localízase en reta-blos e muros.

Páxina 41 de 58

Actividades propostas

S23. En que século rexorden as cidades?

� Como se lles chamaba daquela?

� Quen foi vivir nelas?

� Que factores influíron no renacer das cidades?

� Como se chama o novo grupo social que nace nas cidades?

� A que actividades económicas se dedica?

� Pertence ao grupo dos privilexiados?

� Dentro desta nova clase social nace unha ideoloxía que vai ter repercusións na economía: explique o seu fundamento.

� Compare o texto de G. Fourquin coas características da economía feudal e es-tableza as diferenzas.

� Como se chaman as asociacións de mestres artesáns e que aspectos regulamen-taban?

� Que atrancos económicos producen estas asociacións?

S24. A quen mercaron os burgueses a liberdade das súas cidades?

� Como se chamaba o órgano de goberno das cidades?

� Quen controlaba o poder neste órgano?

� Quen apoiou os burgueses na súa loita por controlar o poder das cidades?

� Por que?

� Que factores determinaron a aparición das universidades?

� As igrexas e catedrais góticas son moi luminosas. Que simboliza esta luz?

Páxina 42 de 58

2.3.8 Galicia na Idade Media

No século IV foi cristianizada. No 411 chegaron os suevos e formaron un reino indepen-dente, con capital en Braga. No 585 os visigodos absorberon o reino suevo.

A invasión musulmá apenas afectou a Galicia. Afonso I, rei de Asturias, reconquistou Galicia no século VIII. Nos séculos seguintes foi repoboada polos nobres galegos. Poste-riormente integrouse no reino astur-leonés co apoio dos nobres e da Igrexa. Nos séculos X e XI mantívose ocasionalmente como reino independente. A formación do reino de Portu-gal impediu a expansión de Galicia cara ao Sur.

� Sociedade. Galicia comezou a feudalizarse cando os reis de Asturias e León lles entre-garon aos nobres galegos e a bispos e abades dos mosteiros grandes extensións de te-rras (señoríos) para gañar a súa fidelidade e manter o territorio controlado.

Como no resto de Europa, quen rexe a sociedade son os nobres, os bispos e os abades. A nobreza eclesiástica tivo moita máis importancia que nobreza laica: o arcebispado de Santiago e os mosteiros de Samos, Sobrado, Armenteira e Celanova foron uns dos se-ñoríos máis ricos de toda a Península. Nos séculos XIV e XV alcanzaron grande impor-tancia as familias nobres dos Andrade, Osorio, Soutomaior, Ulloa e Sarmiento.

Os campesiños, que constituían o 90 % da poboación, nun principio eran donos de pe-quenos lotes de terras pero, ante a situación de inseguridade, foron entregando as súas propiedades aos nobres e á Igrexa, materializándose así o proceso de feudalización de Galicia, do que perduran algúns dos seus elementos ata o século XX (os foros).

As tensións propias do mundo feudal a finais da Idade Media en toda Europa, debido ás malas colleitas e á Peste Negra, provocaron o enfrontamento de campesiños e pequenos burgueses contra os abusos dos nobres, que culminaron nas Revoltas Irmandiñas a me-diados do século XV, consideradas as primeiras loitas antiseñoriais da Europa medie-val. A primeira Guerra Irmandiña estala en 1431 contra os Andrade, polo maltrato exercido contra os seus campesiños; os irmandiños, dirixidos polo fidalgo Roi Xordo, foron derrotados. En 1467 ten lugar a segunda Guerra Irmandiña, que se estende por toda Galicia; nun principio, os irmandiños levan a dianteira, moitos nobres foxen de Galicia e son derrubadas moitas fortalezas; pero en 1469, os nobres, co apoio do rei, e dirixidos por Pedro Madruga e Pardo de Cela, derrotan os labregos.

� Economía. Basicamente agrícola e algunha actividade artesanal. Nos séculos XII e XIII desenvolveuse a agricultura e aumenta a poboación, co que se amplían as terras de cultivo e se crean novos núcleos de poboación: as aínda hoxe chamadas vilas novas.

Os monxes, os bispos e os abades, que eran os únicos donos da terra, cedíanlles parce-las aos labregos cun contrato de foro, para que as cultivasen a cambio dunha renda fixa a longo prazo e da prestación de servizos persoais aos señores.

Nas cidades aséntanse os artesáns: zapateiros, ferreiros,… En Santiago abundaban pra-teiros e acibecheiros, para atender a demanda dos peregrinos. Nalgunhas vilas da costa hai salgadura de peixe, polo aumento da actividade pesqueira. Este incremento xeral da produción activou o comercio, multiplicándose as feiras e os mercados.

� Cultura. A lingua galega tivo un gran desenvolvemento. A lírica tivo gran importancia e recolleuse en cancioneiros. Afonso X de Castela compuxo en galego as Cantigas de Santa María. No século XV o galego comezou a declinar como lingua escrita.

� Arte. O románico ten en Galicia unha das súas mellores manifestacións: a catedral de Santiago de Compostela. O gótico ten como expresións máis significativas as igrexas de San Francisco en Betanzos e Ourense.

Páxina 43 de 58

� O Camiño de Santiago. Cando a Reconquista chegou ata o río Douro, os contactos do Norte da Península cos países de Europa foron máis intensos.

Estes contactos proporcionaron influencias de todo tipo: viñan guerreiros para axudar na loita contra os musulmáns, comerciantes e, a partir do século XI, cristiáns para visi-tar a tumba do apóstolo Santiago nunha igrexa mandada construír polo rei asturiano Afonso II no lugar onde, segundo a lenda, se atoparan os restos do apóstolo, convertén-dose, xunto con Roma e Xerusalén, nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade.

A sociedade da Idade Media era profundamente relixiosa; reinaba unha forte espiritua-lidade mesturada co medo á morte e ao pecado, coa culpa e o temor á condena eterna, ao que se une a crenza do perdón a través do arrepentimento, o que marca un mundo no que é fundamental a penitencia, xa que a culpa só desaparece logo dun castigo: as pe-regrinacións son un instrumento ideal para facerse perdoar os pecados.

Entre os distintos camiños que seguían estes visitantes, o que tivo máis tráfico foi o que atravesaba os Pireneos por Roncesvalles ata Pamplona; desde aquí partían outras rutas distintas, aínda que a que tivo máis importancia foi o chamado actualmente Camiño Francés. Ao longo do Camiño edificáronse moitas igrexas, hospitais e hospedarías en pobos e cidades: Jaca, Pamplona, Estella, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, León, Santiago…

Consecuencias das peregrinacións:

– Incremento do comercio.

– Aumento da produción agrícola para poder atender os peregrinos.

– Debido ao anterior, enriquecemento dos señores feudais e dos mosteiros.

– Maior importancia na sociedade galega dos eclesiásticos que dos nobres, debido aos beneficios que lles reportaban as súas terras e ás importantes doazóns que recibían dos fieis e dos reis. O arcebispo de Santiago foi a autoridade máis importante de Ga-licia; destaca Diego Xelmírez (1065-1140), primeiro arcebispo de Compostela.

Páxina 44 de 58

Actividades propostas

S25. Cantos anos durou o reino suevo en Galicia?

� Foi Galicia reino independente durante a Idade Media?

� Explique o proceso de feudalización de Galicia?

� Resuma as revoltas Irmandiñas e destaque as súas causas.

� Que eran os foros?

� Busque en internet diferentes imaxes da catedral de Santiago de Compostela e dos camiños de Santiago.

� Estableza a relación entre as peregrinacións e o sentimento relixioso

� Cite as consecuencias das peregrinacións.

Páxina 45 de 58

3. Exercicios de autoavaliación

1. Que diferencia os seres humanos dos primates?

� A posición bípede e a maior capacidade cranial.

� A menor capacidade cranial e a fabricación de ferramentas.

� A posición cuadrúpede e a alta capacidade cranial

� A posición bípede e a incapacidade para a linguaxe.

2. No Neolítico...

� Practicábase unha economía depredadora.

� A poboación era nómade.

� As aldeas eran autosuficientes.

� Tallábase a pedra.

3. Por que a revolución urbana do Crecente Fértil é a base da nosa organización social actual?

� Aparecen as clases sociais e se crea o Estado.

� Créase o Estado e non existen as clases sociais.

� Aparecen as clases sociais e non existen conflitos bélicos.

� Créase o Estado e respéctanse os dereitos humanos.

4. O sistema democrático de Atenas, era coma os actuais?

� Si, porque nel participaban todos os cidadáns e as cidadás maiores de idade.

� Non, porque estaban excluídas as mulleres.

� Non, porque estaban excluídos os escravos.

� Non, porque estaban excluídos as mulleres, os estranxeiros e os escravos.

5. Por que se afirma que a República romana era máis unha oligarquía que unha democracia?

� Porque o rei gobernaba cun poder absoluto.

� Porque calquera podía ser maxistrado ou senador.

� Porque para ser elixido maxistrado había que ser rico.

� Porque o emperador concentraba nas súas mans todo o poder.

Páxina 46 de 58

6. Con respecto ao islam, é certo que...

� É unha relixión politeísta.

� Ademais dunha relixión, é un código de conduta.

� A Biblia é o seu libro sagrado.

� Significa "liberdade para obrar".

7. Que afirmación referida a Al-Andalus non é correcta?

� A conquista da Península Ibérica por parte dos musulmáns foi rápida.

� Os musulmáns impedían a práctica doutras relixións, aínda pagando tributos.

� Os musulmáns introduciron as laranxas, o arroz e o algodón.

� A cultura grega chegou ata nós grazas ao labor cultural dos árabes musulmáns

8. Durante a época feudal o poder dos reis debilitouse porque...

� Non podían protexer a poboación nin cobrar impostos nin manter un exército.

� O seu poder pasou aos musulmáns e aos normandos.

� Non se debilitou; exerceron un poder absoluto.

� O exercían os burgueses.

9. Nas cidades medievais...

� Os nobres que vivían nelas chamábanse burgueses.

� Os artesáns dun mesmo oficio agrupábanse en asociacións chamadas concellos.

� Os burgueses apoiaban economicamente aos reis.

� As catedrais de nova construción eran de estilo románico.

10. Na Idade Media, Galicia...

� Era un reino tan salientable como os de Castela e Aragón.

� Foi ocupada na súa totalidade polos musulmáns.

� Non tivo conflitos entre nobres e campesiños.

� Estivo moi influída polo poder da Igrexa.

Páxina 47 de 58

4. Solucionarios

4.1 Solucións das actividades propostas S1.

� a) O proceso evolutivo polo que os primates se converteron en humanos.

� b) Acadaron a posición vertical, andaron só coa axuda das extremidades infe-riores, quedáronlles libres as mans para poder fabricaren ferramentas, aumen-toulles a capacidade cranial e o volume do cerebro, o que lles permitiu desen-volver o razoamento e a linguaxe.

� c) A fabricación consciente de ferramentas. d) Hai 2.300.000 anos, co Homo habilis.

S2.

� a) A invención da escritura, hai 5.500 anos.

� b) Porque ao non saberen producir alimentos, tiñan que recoller froitos silves-tres e raíces, cazar e pescar; en consecuencia, eran nómades, porque unha vez esgotados os recursos alimentarios nunha zona tiñan que ir a outro lugar para proseguir a recolleita e a caza.

� c) Utilizaban croios e puntas de forma triangular como coitelos e puntas de fre-cha; logo usaron o sílex, unha rocha que cun pequeno golpe esgaza doadamen-te e queda un fío moi cortante.

� d) Cocemento dos alimentos, quecemento, iluminación e protección ante as fe-ras

� e) Nunha época de escaseza de alimentos, a conciencia da morte estaba asocia-da á obtención de comida; a arte tiña como función propiciar a caza, influíndo na natureza mediante prácticas máxicas.

S3.

� a) Hai 10.000 anos, nunha zona do Próximo Oriente chamada o Crecente Fértil.

� b) Porque o ser humano aprende a producir alimentos.

� c) Cando se decatan de que enterrando a semente se produce unha nova planta.

� d) Ao primeiro, só saben obter carne; despois aproveitan o esterco como fertili-zante das terras; e, despois dun período de observación das crías cando maman, aprenden a muxir e aproveitar o leite como alimento básico, sen necesidade de matar o animal.

� e) Aprenden a puír a pedra, o que lles vai reportar melloras considerables nos seus útiles habituais: frechas, machadas e puñais. Comezan a traballar a madei-ra grazas ás novas ferramentas, e a agricultura vese beneficiada grazas aos sa-chos e ás fouces, feitos de madeira con pedras incrustadas a xeito de dentes. A invención da cerámica foi un feito revolucionario porque lles proporciona a conservación e o cociñado dos alimentos. Tamén inician a actividade téxtil co liño e a la das ovellas.

Páxina 48 de 58

� f) Que se poida comerciar con eles e que non todos os habitantes da aldea se teñan que dedicar á produción de alimentos (aparición de distintos oficios).

� g) Porque nas aldeas que habitan prodúcense os alimentos necesarios para a supervivencia.

S4.

� a) Cobre, bronce (cobre + estaño) e ferro.

� b) Mellora das técnicas agrícolas e das armas de caza e de guerra.

� c) Aparece unha incipiente división da sociedade en clases.

S5.

� a) Polo nome que se lles dá aos seus poboados.

� b) A agricultura e a gandaría, apoiadas coa caza e, en zonas costeiras, co ma-risqueo, mais a actividade mineira e a ourivaría.

� c) Porque adoraban elementos da natureza: a auga, os montes e os bosques.

S6.

� A aparición da escritura, o nacemento das cidades e o comercio a grande esca-la.

S7.

� a) Por un clima adecuado e avances técnicos agrícolas.

� b) Os excedentes de alimentos permiten que non todas as persoas se dediquen á agricultura.

� c) A aparición das clases sociais ao acumularse a riqueza nunhas poucas perso-as, que, ademais, controlaron o poder.

� d) Controlan todo o poder dun modo absoluto.

� e) A necesidade de facer anotacións para fixar as leis e controlar a produción agrícola, o comercio e os impostos. f) Para obter man de obra de balde.

S8.

� a) No dominio dunhas sociedades sobre outras e na procura do poder.

� b) En dous grupos: os que teñen o poder e gozan dos dereitos humanos; e os desposuídos e dominados.

� c) Si: existen moitos millóns de persoas que carecen dos mínimos recursos para subsistir, e non gozan dos dereitos humanos básicos.

S9.

� a) No Crecente Fértil, entre os ríos Éufrates e Tigris.

� b) É unha rexión de rega doada e suficientes horas de sol.

� c) Estaba dividida en clases: o rei, que exercía o poder absoluto, os sacerdotes, os grandes propietarios agrarios, os comerciantes, os campesiños, os artesáns e os escravos.

Páxina 49 de 58

� d) Dividiron o tempo en horas, minutos e segundos, utilizaban o sistema sesa-xesimal e iniciaron estudios astronómicos.

� e) Porque nos climas secos non medran as árbores que lles proporcionarían madeira para a construción.

S10.

� a) Porque regan e fertilizan os campos de cultivo nunha rexión desértica.

� b) A agricultura, a gandaría e o comercio.

� c) Porque a posibilidade de ascenso social era practicamente nula.

� d) Cun carácter absoluto.

� e) A maior parte da poboación vivía no rural, cunha alimentación pouco varia-da; o faraón e os nobres vivían en cidades, e tiñan unha alimentación abundante e variada; a familia coidaba dos fillos, e os matrimonios eran concertados; as mulleres ocupábanse da atención doméstica e asemade traballaban as terras.

� f) Porque posuían varios deuses e porque crían que a alma se mantiña con vida trala morte.

� g) Porque nas rexións desérticas, só nos vales fluviais é posible a agricultura.

S11.

� a) Porque foron modelo nos séculos posteriores, tanto nas súas manifestacións culturais como artísticas.

� b) Unhas cidades-Estado, constituídas por unha cidade e un territorio circun-dante con pequenas aldeas.

� c) Unha lingua común e a relixión.

� d) Porque unha pequena porcentaxe da súa poboación participaba no goberno da cidade: aprobaban as leis e os impostos e elixían ao poder executivo ou go-berno.

� e) Calicles sostén que o forte ten que dominar o débil; pola contra, Aristóteles afirma que todos os cidadáns teñen dereito a participar no goberno. Os dous amosan as súas opinións.

� f) En Atenas réxense por un sistema democrático; en Esparta hai un goberno oligárquico.

� g) Que ten a persoa humana como punto de partida e como fin.

� h) Aplicaron a razón para explicar os fenómenos físicos.

� i) O nacemento da filosofía e sentou as bases do pensamento científico.

� j) Filosofía, física, bioloxía, historia, literatura, medicina, xogos olímpicos.

S12.

� a) Do 753 a.C. ata o 509 a.C., monarquía. Do 509 a.C. ata o 27 a.C., república; e desde esta data ata o 476 d.C., imperio.

Páxina 50 de 58

� b) Urbana: o centro económico eran as cidades; escravista: os traballos produ-tivos eran realizados polos escravos; predadora: explotaban intensamente as ri-quezas dos territorios conquistados.

� c) Porque era posible o ascenso de clase social.

� d) Durante a monarquía os patricios eran a clase aristocrática e rica que exercía o poder, elaboraba as leis e elixía os cargos políticos; os plebeos non tiñan de-reitos políticos e traballaban no campo, nos obradoiros e no comercio. Na re-pública e no imperio: persoas libres (patricios e plebeos), libertos (escravos semiliberados) e os escravos.

� e) Estaban baixo a potestade dun home, e tiñan como funcións básicas a repro-dución e o coidado da casa. Politicamente carecían de dereitos: non podían vo-tar nin herdar. Pero socialmente tiñan unha alta consideración e eran moi res-pectadas.

� f) Porque para ser elixido maxistrado era preciso ter unha gran fortuna; en rea-lidade tratábase dunha oligarquía.

� g) Na época do imperio.

� h) Os baños e a condución de auga.

� i) A lingua latina.

� j) O dereito romano.

� k) A procura da utilidade, do práctico.

� l) O arco e as bóvedas.

S13.

� a) Para obter materias primas minerais, agrícolas e escravos.

� b) Iniciaron a conquista no 218 a.C.; logo de 200 anos de loita, someteron os últimos núcleos de resistencia na franxa costeira cantábrica no 19 a.C.

� c) Introduciron o arado e a vide; construíron calzadas; realizaron obras públi-cas, como o faro da Torre de Hércules, pontes e termas; a nosa lingua, e mesmo o propio nome de Galicia.

S14.

� a) A igualdade de todas as persoas ante Deus e unha vida eterna trala morte.

� b) Porque remexía os fundamentos da sociedade escravista romana e negaba o culto debido ao emperador.

� c) Autoriza a liberdade relixiosa.

� d) Constantino, no ano 313.

� e) No ano 380, cando o emperador Teodosio se converteu ao cristianismo.

S15.

� a) Do centro e norte de Europa.

� b) Pola falta de terras e de alimentos, e polo aumento da súa poboación.

Páxina 51 de 58

� c) No 476.

� d) Coa caída do Imperio Romano desaparecen os grandes imperios e aparecen as pequenas nacionalidades, xa na Idade Media, que darán lugar ás nacións modernas.

S16.

� a) Crearon unha única monarquía e unificaron as distintas leis nun único códi-go, o Libro dos Xuíces.

� b) Que se convertera ao catolicismo.

� c) Un pobo xermánico que se instalou no noroeste da península.

� d) Que estableceron un reino independente durante 170 anos.

S17.

� a) Restablecer o antigo Imperio Romano de Occidente.

� b) Non.

� c) Porque o imperio foi dividido entre os seus netos.

S18.

� a) Mahoma.

� b) Crenza nun só Deus, Alá, e nunha vida despois da morte; os fieis teñen que sometérense á vontade de Alá; Alá dáse a coñecer a través do seu profeta Ma-homa.

� c) O Corán.

� d) Porque, ademais, é unha lei que regula o comportamento do musulmán en todas as circunstancias da súa vida.

� e) A fuxida de Mahoma á cidade árabe de Medina, en 622.

� f) Que empezan a contar o tempo a partir desta data.

� g) Resultado da busca.

S19.

� a) Ao territorio que os musulmáns conquistaron na Península Ibérica a partir do 711.

� b) Porque a poboación non presentou resistencia e os nobres pactaron con eles.

� c) Que durante a Idade Media a cultura musulmá era a predominante na penín-sula.

� d) O comercio a longa distancia, a agricultura e a artesanía.

� e) Porque tiñan contactos comerciais con pobos de culturas moi diferentes.

� f) Que en Al-Andalus a cultura dos musulmáns era máis refinada cá dos cris-tiáns.

� g) Córdoba era como unha cidade actual; as demais eran pouco máis que pobo-ados.

Páxina 52 de 58

S20.

� a) Aos nobres, señores ou aristócratas (condes, marqueses, duques) e unha par-te do clero da Igrexa (bispos e abades).

� b) Para buscar protección nunha época de gran inseguridade.

� c) Unha grande extensión de terreo propiedade do señor feudal.

� d) Feudo: concesión dun ben a cambio de certas prestacións. Beneficio: pose-sión de determinados bens, case sempre terras. Vasalaxe ou homenaxe: presta-ción de determinados servizos a quen deu o beneficio. Inmunidade: o benefi-ciado queda libre de moitas obrigacións.

� e) A distinta riqueza, os distintos dereitos e as distintas obrigacións que se po-súen.

� f) Agás para acceder aos niveis inferiores do eclesiástico, o resto era imposible.

� g) O clero tiña a función de rezar; os nobres guerreaban e exercían a autorida-de; o resto da poboación, que eran os non privilexiados, sostiñan os privilexia-dos co seu duro traballo.

� h) O territorio estaba dividido en señoríos nos que o poder era exercido por un nobre, un bispo ou un abade, que son os que exercen todas as funcións do Es-tado: ordenar, obrigar e castigar.

� i) No primeiro, Berterio e Ermengarda entréganse de por vida ao nobre Alaria-do, renunciando absolutamente á súa liberdade; no segundo, o rei de Aragón Afonso II concede a un nobre, Guillem de Anglesola, un feudo constituído por un castelo, terras e unhas rendas en especie, a cambio da prestación de deter-minados servizos.

� j) Resultado da busca.

S21.

� a) Desde as montañas do norte.

� b) A necesidade de terras para alimentar unha poboación en crecemento; a re-cadación de impostos; e a loita contra os infieis.

� c) O asturleonés, ata o río Douro; nos Pireneos, os reinos de Navarra e de Ara-gón.

� d) O reino de Castela e León chegou ata o Guadalquivir; o de Aragón ocupou Valencia ata Murcia e as Baleares; Portugal rematou a conquista do seu actual territorio.

� e) As novas terras eran propiedade do rei, pero este dáballas aos nobres, como pago aos servizos militares prestados, aos monxes, para que fundasen novos mosteiros, e a campesiños libres; os repoboadores recibían unha serie de bene-ficios (redución de impostos, liberación da prestación militar, etc.).

� f) Os Reis Católicos remataron a Reconquista cando conquistaron o reino de Granada en 1492.

S22.

� a) Manter unida toda a Cristiandade, perseguindo as outras relixións.

Páxina 53 de 58

� b) Controlaba todos os aspectos da vida: dáballe lexitimidade ao poder político, proporcionaba a ideoloxía que sostiña o sistema feudal e ditaba os fundamentos das leis e as normas a seguir na vida cotiá, desde o traballo ata a vida persoal e íntima.

� c) Pedro II de Aragón declárase vasalo do papa Inocencio III.

� d) Practicar a caridade, entregar bens á Igrexa, rezar e asistir aos oficios reli-xiosos.

� d) O nobre Suero Gómez de Soutomaior é vasalo do arcebispo de Santiago, de quen recibe terras, servos, rendas e dereitos.

� e) Simbolizan o mundo escuro, pechado e centrado no temor de Deus da época feudal.

S23.

� a) No século XI.

� b) Burgos.

� c) Campesiños que fuxían da dureza dos señores feudais.

� d) O aumento da produción agrícola e gandeira, o incremento da poboación no campo e a seguridade polo cesamento das invasións.

� e) Burguesía.

� f) Son comerciantes, donos de obradoiros e banqueiros.

� g) Non.

� h) A burguesía ten un afán de enriquecemento e de acumulación de capital, que será a base do futuro sistema económico capitalista.

� i) A base da economía da cidade de Venecia é o comercio a grande escala, de base monetaria, todo o contrario da economía rural feudal.

� j) Gremios, que regulamentaban todas as condicións nas que se tiña que desen-volver o labor do oficio correspondente.

� k) Dificultaban a libre actividade e a libre competencia.

S24.

� a) Aos nobres e á Igrexa.

� b) Concello.

� c) A alta burguesía.

� d) Os reis.

� e) Porque os reis buscaban o apoio económico da burguesía para impoñérense aos señores feudais, e así poder afianzar o propio.

� f) A nova situación económica das cidades esixía xente ben instruída e forma-da.

� g) Unha nova época, máis aberta, máis rica e máis optimista.

Páxina 54 de 58

S25.

� a) 174.

� b) Si, en ocasións durante os séculos X e XI.

� c) Ocorreu cando os reis de Asturias e León lles entregaron señoríos aos nobres galegos para gañar a súa fidelidade, e os campesiños, ante a inseguridade, ta-mén lles entregaron as súas pequenas propiedades.

� d) Foi un enfrontamento de clases sociais, dos campesiños contra os abusos dos nobres. A Primeira Guerra Irmandiña estala en 1431 contra os Andrade, polo maltrato exercido contra os seus campesiños; os irmandiños, dirixidos por Roi Xordo, foron derrotados. En 1467 ten lugar a segunda, que se estende por toda Galicia; nun principio, os irmandiños levan a dianteira, moitos nobres foxen de Galicia e son derrubadas moitas fortalezas; pero en 1469, os nobres, co apoio do rei, e dirixidos por Pedro Madruga e Pardo de Cela, derrotan os campesiños.

� e) Contratos de arrendamento de terras entre os propietarios e os labregos a longo prazo, a cambio dunha renda fixa e da prestación de servizos persoais.

� f) Resultado da busca.

� g) A sociedade da Idade Media era profundamente relixiosa, e nela había un gran sentimento de culpa polos pecados cometidos e polo temor á condena eterna. A crenza de que o perdón dos pecados viña a través do arrepentimento e da penitencia, as peregrinacións foron o instrumento ideal para facerse perdoar os pecados.

� h) Aumento do comercio e da produción agrícola, enriquecemento dos señores feudais e dos mosteiros, e maior importancia na sociedade galega dos eclesiás-ticos ca dos nobres, sendo o arcebispo de Santiago a autoridade máis importan-te de Galicia, destacando Diego Xelmírez (1065-1140), primeiro arcebispo de Compostela.

Páxina 55 de 58

4.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que diferenza os seres humanos dos primates?

� A posición bípede e a maior capacidade cranial.

2. No Neolítico...

� As aldeas eran autosuficientes.

3. A revolución urbana do Crecente Fértil é a base da nosa organización social actual porque...

� Aparecen as clases sociais e se crea o Estado.

4. O sistema democrático de Atenas, era coma os actuais?

� Non, porque estaban excluídos as mulleres, os estranxeiros e os escravos.

5. Por que se afirma que a República romana era máis unha oligarquía ca unha democracia?

� Porque para ser elixido maxistrado había que ser rico.

6. Con respecto ao islam, é certo que...

� Ademais dunha relixión, é un código de conduta.

7. Que afirmación referida a Al-Andalus non é correcta?

� Os musulmáns impedían a práctica doutras relixións, aínda pagando tributos.

8. Durante a época feudal o poder dos reis debilitouse porque...

� Non podían protexer a poboación nin cobrar impostos nin manter un exército.

9. Nas cidades medievais...

� Os burgueses apoiaban economicamente aos reis.

10. Na Idade Media, Galicia...

� Estivo moi influída polo poder da Igrexa.

Páxina 56 de 58

5. Glosario

A ���� Adobe Ladrillo feito cunha mestura de palla e barro cocida ao sol.

���� Agricultura de subsis-

tencia Tipo de agricultura que proporciona exclusivamente produtos para a alimentación humana, e en especial a que serve para o autoabastecemento do agricultor.

���� Asemblea Conxunto de persoas que se reúnen para tratar algún fin.

C ���� Cidade-Estado Cidade soberana, é dicir, politicamente independente.

���� Clases sociais

Distintos grupos de persoas que se definen polo lugar que ocupan nas estruturas econó-micas, de poder e de prestixio dentro da sociedade á que pertencen. Cada clase diferén-ciase das outras pola riqueza que posúe e polo grao de poder económico e político que exerce.

���� Cultura Conxunto de ideas, costumes, ciencias, artes, lingua, coñecementos, leis, moral e relixión que caracterizan un grupo social. É a única característica propia da especie humana.

E ���� Estado

Territorio no que se recoñece a autoridade suprema dun goberno que dirixe, organiza, controla e administra a vida de todos os habitantes. Outras funcións son o mantemento da paz interior e a defensa contra a agresión exterior a través do control exclusivo do uso da forza (o exército).

F ���� Fósiles Restos de materia orgánica antiga que se conservaron enterrados e petrificados en capas máis ou menos profundas da codia terrestre.

H ���� Hominización Proceso evolutivo polo que os primates se converteron en humanos.

I ���� Ideoloxía Conxunto de ideas fundamentais que forman parte do pensamento dunha persoa, dun conxunto delas, dunha época ou de movementos políticos, culturais ou relixiosos.

M ���� Musulmán Crente seguidor do islamismo.

O ���� Oligarquía Goberno exercido por un grupo reducido de persoas pertencentes ás clases altas e ricas da sociedade.

P ���� Politeísta Relixión que admite varios deuses. Cando posúe un só deus recibe o nome de monoteísta.

R ���� Revolución Cambio rápido e brusco que se dá nunha sociedade, e que trae cambios profundos na economía, na sociedade, na política e na cultura, aparecendo despois unha sociedade radicalmente distinta á anterior.

���� Reconquista Recuperación, por parte dos cristiáns, dos territorios da Península Ibérica ocupados polos musulmáns.

Páxina 57 de 58

6. Recursos

Filmografía

� A humanidade prehistórica

– Na procura do lume, de J. J. Annaud, 1981.

– La odisea de la especie. Divisa Home Vídeo, 2003. (Documental)

– Tesoros de la antigüedad. S.A.V., 2005. (Documental)

– Explorando el mundo de Atapuerca. Scientific Filmes, 2000. (Documental)

� A Idade Antiga

– Mesopotamia. Retorno al Edén. Track Media, 2004. (Documental)

– Egipto, la construcción de un imperio. Canal de Historia, 2007. (Documental)

– Imperios: Grecia, crisol de civilización. Lion Television, 2001. (Documental)

– Cosmos, de Carl Sagan. Turner Pictures Worldwide. Capítulo La espina dorsal de la noche. (Documental)

– Roma, la construcción de un imperio. Canal de Historia, 2006. (Documental)

– El cristianismo. Koval Films, 2002. (Documental)

– Roma. HBO-BBC-RAI, 2004. (Serie de TV)

– Terra de faraóns, de H. Hawks, 1955.

– Alexandre Magno, de Oliver Stone, 2004.

– Cleopatra, de J. L. Manckiewicz, 1963.

– Espartaco, de S. Kubrick, 1960.

– A caída do Imperio Romano, de Anthony Mann, 1964.

– Xulio César, de J. L. Manckiewicz, 1953.

– Gladiator, de Ridley Scott, 2000.

� A Idade Media

– El islam. Gardner Films, 2000. (Documental)

– Las Cruzadas. Atlantic Productions, 2005. (Documental)

– La España medieval. Canal de Historia. (Documental)

– Ora et labora. Vida en el monasterio de Cavas. Pyrene, 2000. (Documental)

– A caída do Imperio Romano, de Anthony Mann, 1964.

– O nome da rosa, de Jean-Jacques Annaud, 1986.

– Robin Hood, de Kevin Reynolds (1991).

Páxina 58 de 58

Ligazóns de internet

� A humanidade prehistórica

– [http:// www.fundacionatapuerca.com/pc.htm]

– [http://www.isftic.mepsyd.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2001/huellas/origenes/main.html]

� Exipto

– [http:/ www. egipto.com/las_piramides/index.html]

� O mundo grego

– [http://iris.cnice.mec.es/kairos/ensenanzas/eso/antiga/grecia_04_01.html]

– [http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/cclasica/esc325ca4.php]

� Roma

– [http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/cclasica/esc335ca2.php]

� O cristianismo

– [http://www.primeroscristianos.com/expansion/expansion_1.html]

� O islam

– [http://gl.wikipedia.org/wiki/Mahoma]

� O feudalismo

– [http://www.naturayeducacion.com/castillos/informacion/feudalismo.aspdalismo]

� Galicia

– [http://www.edu.xunta.es./contidos/premios/p2003/b/xanela/index.htm]

– [http://www.edu.xunta.es./contidos/lic/l0506/cultura_galega/3_os_castros.pdf]

– [http://www.lucusaugusti.net]

– [http://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_Suevo]

– [http://gl.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Santiago]

– [http://es.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Galicia]

– [http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/revuelta.htm]