25
Alfred Wegener

T9 biolx4esotectónicadeplacas

Embed Size (px)

Citation preview

Alfred Wegener

A Deriva Continental

Trátase dunha das bases nas que se apoia a actual teoría da Tectónica de Placas. Esta teoría tivo estudios previos, como:

Durante os séculos XVI e XVII, cartógrafos desa época observaron a coincidencia en distintos puntos das costa de América e África, chegando á conclusión de que eses dous contienentes estiveron unidos nun tempo pasado.

Ata o século XX, os naturalistas explicaban a existencia das cadenas montañosas terrestres, polo arrefriamento e contracción do planeta.

A Teoria...

Enunciada por Alfred Wegener, en 1912, postula que fai uns 300 Ma todos os

contientes estaban unidos formando un supercontiente, Panxea. Hai 200 Ma esa masa

continental comezou a romperse en fragmentos que se moven á deriva sobre o fondo

oceánico. Con isto explica a formación das cadeas montañosas, xa que se formaban ó

chocar a zona frontal dun deses fragmentos con algún obstáculo.

Non foi quen de explicar cal era ó motor que facia

que eses enormes fragmentos se movesen.

Argumentos que demostran a deriva continental

1.- Probas Xeográficas 2.- Probas Xeolóxicas

Argumentos que demostran a deriva continental

3.- Probas Paleoclimáticas4.- Probas Paleontolóxicas

5.- Continuidade nas cadeas montañosas en continentes moi afastados

VIDEO: Movemento dos continentes.

A Expansión do Fondo Oceánico

Dende hai uns 50 anos, vense estudiando o fondo oceánico para explicar os fenómenos tectónicos. O seu estudio basease na utilización de barcos equipados con instrumentos como ecosondas (Aparato que mide a

profundidade á que está mergullado un cuerpo mediante a reflexión dun haz de

ultrasons), batímetros e instrumentos para recollida de sedimentos mariños. Un exemplo é o Joides Resolution.

ecosonda

batímetro

A Expansión do Fondo Oceánico

Barco de perforación Joides Resolution

A Expansión do Fondo Oceánico

1.- No fondo oceánico, existe unha cadea montañosa, chamada Dorsal Oceánica, cun suco central chamado Rift; na dorsal atópanse rochas volcánicas de poucos millóns de anos.

2.- A capa de sedimentos é moi delgada en comparación co que se cría; aumenta o seu espesor ó afastarse do eixe da dorsal.

3.- Os fondos oceánicos son relativamente novos; a idade das rochas vai aumentando a medida que nos afastamos do eixe da dorsal.

4.- Os epicentros dos terremotos terrestres coinciden coa liña trazada pola dorsal.

A Tectónica de Placas

Esta teoría, explica:

• Como e onde se forma a codia continental e oceánica.

• A disposición actual dos continentes e o seu

movemento ó longo de Ma.

• A formación e expansión do fondos oceánicos.

• A formación de moitos tipos de rochas e filóns

minerais.

4.2.- A Dinámica do Manto

Os materiais que forman o Manto están nun continuo e lento movemento, repercutindo asi na superficie do Planeta. Ese movemento continuo ten dúas explicacións:

• O magma quente ascende dende o Manto inferior en forma de Penachos ou Plumas. Cando este ascenso se produce dende o Manto profundo forman os chamados puntos quentes.

• Movementos de conveción producidos pola litosfera fría que descende nas fosas oceánicas (L. Converxentes) e fúndese; no seu lugar ascende magma formando continuas plumas.

Rift Valley. AFRICA

Rift Valley. AFRICA

LÍMITES DIVERXENTES (separación de placas)

Formación dunha dorsal no fondo oceánico

Límite Diverxente no interior dun continente.

Formación dun RIFT

Cordilleira do Himalaia. NASA

LÍMITES CONVERXENTES (achegamento de placas)

L.C entre unha P. Oceánica e unha P. Continental. Formación

dun PRISMA de acreción

LÍMITES CONVERXENTES (achegamento de placas)

L.C entre dúas P. Oceánicas. Formación dun ARCO Illa.

LÍMITES CONVERXENTES (achegamento de placas)

L.C entre dúas P. Continentais. Formación dunha

CORDILLEIRA.

LÍMITES TRANSFORMANTES