Upload
susana-alvarez
View
225
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Contos dos rapaces
Citation preview
GUSTAVO E OS CHARCOS DE COCA-COLA
Ola, eu son Gustavo, e vivo nos charcos de coca-cola, e vouvos contar unha historia que ocorreu fai tempo.
“Coma calquera outro día, estaba eu choupando no meu charco de coca-cola, ¡plas, plas!, cando de súpeto , escoitei unhas voces; eran dous homes que querían baleirar os charcos de coca- cola, porque despois ían bebelos. Un achegouse ao meu charco e díxome:
- Eh ra, quita de ahí.
E eu lle respondín, - Nin falar, esta é a miña charca de coca-cola.-
Entón fóronse dicindo: ¡Voltaremos!
E así foi, voltaron con máis amigos, pero eu chamei a o meu amigo You, o creador da coca-cola, e negociaron e negociaron ata que chegaron a un acordo. O acordo era que eles nos deixaban en paz, e You facíalles uns cantos litros de coca- cola para eles.
¿Sabedes que aprendín entón?, que é mellor falar que pelexar.
E colorín colorado o conto xa está rematado.
O GATIÑO RIN
Nunca casa moi fermosa por fora, pero moi revolta por dentro, vivía un gato que revolucionaba a todo o mundo. Este amigo noso, chamábase Rin. Rin era un gato maravilloso;era de cor branca e tamén tiña moito pelo. Facía sempre o que quería; saía á rúa a xogar con outros gatos, pero non había un so día en que non se enfadara con eles, porque sempre o quería facer el todo.
Aínda así, os seus donos queríanno moito.
Un día, Rin, coma sempre, foise xogar á rúa, pero de camiño ata alí atopou un can e...¡A QUE SE ARMOU, O CAN QUERÍAO MORDER!. O noso amigo botou a correr ata unha árbore moi grande, saltou para unha póla, e o can non conseguiu collelo.
De súpeto, apareceu un ratiño e ocorreu o seguinte:
-¿Non te dá vergoña – dixo o ratiño- abusar de alguén que é máis pequena ca ti?
-Non, eu sempre fago o mesmo e ninguén me di o que teño ou non que facer – dixo o can coma se non lle importara.
O can foise, e Rin quedouse pensando no que dixera o ratiño. El facía
sempre o mesmo cos seus amigos...
Cando xa se recuperou do susto, Rin foise para a súa casa e olvidouse por completo de que non fora xogar.
Ao día seguinte, Rin foi xunto aos seus amigos e díxolles o seguinte:
-Amigos perdoádeme, sinto moito que sempre queira mandar eu.
- Non pasa nada – dixeron todos.
- A partir de agora non será así, volo prometo – dixo Rin.
E así foi, dende aquela Rin, o noso amigo, cambiou moitísimo, e os seus donos agora están máis contentos con Rin.
E colorín , colorado este conto xa está rematado.
O ROBOT
Érase unha vez, un inventor que se chamaba Pepe e vivía nunca casa que estaba situada nun outeiro. O inventor estaba so e non tiña amigos.
Un día o inventor pensou que podía facer un robot que fose o seu amigo. E así o fixo, estivo traballando meses pero que moitos meses na súa creación.
Cando acabou de fabricalo dixo:
-¡Xa teño un amigo! – e púxoo a funcionar.-Ola ¿quen eres?- preguntou o robot
-Son Pepe o teu inventor- E eu..¿Como me chamo?-Ti chámaste…déixame pensar ¡Mmmmm!, Xa sei chamaraste
Roboprot – dixo Pepe
Nese intre cometeuse un roubo nunha cidade veciña.
-Vou detelos- dico o robot.
Despois dunha persecución por toda a cidade , Roboprot detivo aos ladrós e voltou para a casa, e deixou á policía que metera no cárcere aqueles delincuentes.
Despois de cinco anos o robot detivo aos ladróns de todas as cidades veciñas.
E agora, ¿sabedes onde traballa? Traballa nos colexios ensinando aos rapaces de infantil.
E colorín, colorado, este conto xa está rematado.
A BALEA PERCORRE O MAR
Había unha vez unha balea acabada de nacer; pasados dous meses sentiu inquetude por coñecer o mar, así que cando xa era un pouco grande díxolles aos seus pais:
-Quero percorrer mundo.
Os seus pais contestaron –Aínda es moi pequena, non podes
ir percorrer mundo polo de agora- e a nai pensaba “¡Esta rapaza
que cousas ten!.
Napta , que así se chama a nosa protagonista, ía a un colexo
chamado Auga mar. Alí aprendeu moitas cousas sobre o mar: o
nome dos océanos, os tipos de prantas mariñas, algúns nomes de
peixes…
Pasado o tempo, cando xa tiña 20 anos, foise percorrer
mundo. A súa aventura durou moitos pero que moitos meses.
Nela coñeceu a Roque, Romi e Naptiña. Eles ao final
acompañáronna para que coñeceran aos seus pais.
Un día, ían os catro polas praias de Galicia e divisaron un
peixe espada. Chamábase Ronaldo, alias “Comepeixe”. Ronaldo
empezou a molestar a Napta. Víaselle na intención que quería
comer ós peixes e deixar a Napta soa, pero os peixes tiveron
unha idea e....¡Tendéronlle unha trampa a Ronaldo!, que consistía
no seguinte: colleron algas e metéronllas nunha buguiña e
dixéronlle a Ronaldo:
-¿Por qué en vez de molestar a Napta, non escoitas o son do
mar de África na buguiña?
-¿É verdade que é a buguiña dos mares de África?
- Sí,Sí – afirmaron os peixes a coro.
Ronaldo puxo a buguiña na orella e… ¡AS ALGAS CAÉRONLLE
ENRIBA!. Ronaldo era alérxico ás algas e berrou:
-¡Axudádeme, axudádeme!!
Pero ninguén lle axudou e a Ronaldo saíronlle grans por todo o
corpo. Entón os catro peixes, fóronse e deixárono alí tirado nas
praias de Galicia e el aprendeu a lección de non molestar aos
peixes máis pequenos ca el.
E ao final, Napta levou aos seus amigos a coñecer aos seus
pais nas praias de Canarias, xa que estaban de vacacións alí, ¡pois
estaban xubilados!. Entón os pais dixéonlles aos amigos de
Napta:
-Podedes vir vivir as nosas costas de Galicia.
E dende entón viven xogando, nadando, pescando e
divirtíndose preto das costas onde nos imos no verán a praia.
E colorín, colorado este conto xa está rematado.