8
1 TEMA 11. RESIDUOS URBANOS 1 CONCEPTO DE RESIDUO. A PROBLEMÁTICA DOS RESIDUOS Defínese como residuo todo material resultante dun proceso de fabricación, transformación, utilización, consumo ou limpeza, cando o seu posuidor ou produtor o destina ó abandono. As sociedades actuais caracterízanse por unha elevada xeración de residuos motivada pola alta produción de bens de consumo. Moitos dos produtos teñen unha vida moi curta ou carecen de utilidade, como é o caso dos envases e obxectos de "usar e tirar". A xestión dos residuos é especialmente grave no caso daqueles de difícil descomposición ou os nocivos para o ser humano e o medio ambiente. 1.1 RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS Os residuos sólidos urbanos (RSU) teñen unha composición heteroxénea, con materiais diversos que se agrupan segundo a súa natureza en: Inertes (vidros, metais, etc). Fermentables (materia orgánica procedente de restos de alimentos). Combustibles (papeis, cartóns, madeira, plásticos, gomas,..). Tóxicos e perigosos (pilas,..). 1.2 RESIDUOS SANITARIOS Os residuos sanitarios xéranse neste tipo de centros (hospitais, clínicas, etc) e en laboratorios farmacéuticos. Pódense clasificar en: Residuos sanitarios asimilables a urbanos. Residuos biosanitarios perigosos. Posúen na súa composición axentes infecciosos e, polo tanto, con capacidade potencial de contaxio e toxicidade. Residuos químico-sanitarios perigosos. Conteñen substancias químicas con capacidade de contaminación ambiental ou humana. Residuos radioactivos. Como as substancias contaminadas que proceden dos departamentos de medicina nuclear (aparatos de raios X, radioterapia). A economía circular (por contra da economía lineal) ten como obxectivo manter o valor dos produtos, materiais e recursos durante o maior tempo posible, reducindo ó mínimo a xeración de residuos e procurando pechar o seu ciclo dentro dunha economía sostible.

TEMA 11. RESIDUOS URBANOS - Consellería de Cultura

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

1

TEMA 11. RESIDUOS URBANOS

1 CONCEPTO DE RESIDUO. A PROBLEMÁTICA DOS RESIDUOS Defínese como residuo todo material resultante dun proceso de fabricación, transformación,

utilización, consumo ou limpeza, cando o seu posuidor ou produtor o destina ó abandono. As sociedades actuais caracterízanse por unha

elevada xeración de residuos motivada pola alta produción de bens de consumo. Moitos dos produtos teñen unha vida moi curta ou carecen de utilidade, como é o caso dos envases e obxectos de "usar e tirar". A xestión dos residuos é especialmente grave no caso daqueles de difícil descomposición ou os nocivos para o ser humano e o medio ambiente.

1.1 RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS Os residuos sólidos urbanos (RSU) teñen unha composición heteroxénea, con materiais

diversos que se agrupan segundo a súa natureza en:

Inertes (vidros, metais, etc).

Fermentables (materia orgánica procedente de restos de alimentos).

Combustibles (papeis, cartóns, madeira, plásticos, gomas,..).

Tóxicos e perigosos (pilas,..).

1.2 RESIDUOS SANITARIOS Os residuos sanitarios xéranse neste tipo de centros (hospitais, clínicas, etc) e en laboratorios farmacéuticos. Pódense clasificar en: Residuos sanitarios asimilables a urbanos. Residuos biosanitarios perigosos. Posúen na súa composición axentes infecciosos e, polo

tanto, con capacidade potencial de contaxio e toxicidade. Residuos químico-sanitarios perigosos. Conteñen substancias químicas con capacidade de

contaminación ambiental ou humana. Residuos radioactivos. Como as substancias contaminadas que proceden dos departamentos

de medicina nuclear (aparatos de raios X, radioterapia).

A economía circular (por contra da economía lineal) ten como obxectivo manter o valor dos produtos, materiais e recursos durante o maior tempo posible, reducindo ó mínimo a xeración de residuos e procurando pechar o seu ciclo dentro dunha economía sostible.

2

1.3 RESIDUOS INDUSTRIAIS Nos residuos que xera a industria, ademais dos asimilables a urbanos, son de destacar os residuos tóxicos e perigosos (RTP); é dicir, aqueles que conteñen substancias ou materiais que supoñen un perigo tanto para a saúde humana como para os recursos naturais e o medio. Entran dentro desta catalogación aqueles que xeran gases tóxicos, reactivos, inflamables, explosivos ou substancias tóxicas. No tratamento dos RTP empréganse varios procedementos, entre eles: Tratamentos químicos. Transformación noutras substancias menos perigosas (detoxificación)

utilizando diversos tipos de reactivos e procesos. Tratamentos físico-químicos. Procesos de osmose inversa, destilación, etc. Tratamentos térmicos. Empréganse elevadas temperaturas para a combustión, gasificación e

cristalización dos residuos perigosos. Illamento en depósitos de seguridade, é dicir, vertedoiros localizados en terreos xeolóxicos

seguros e sometidos a un control sanitario. 1.4 RESIDUOS RADIOACTIVOS Son aqueles que conservan a capacidade de emisión espontánea de partículas subatómicas ou radiacións procedentes da desintegración de certos núcleos. Segundo a intensidade da radioactividade podemos clasificalos en:

Residuos de alta actividade. Están formados fundamentalmente polo combustible esgotado das centrais nucleares e outras substancias en contacto directo co mesmo.

Residuos de media o baixa actividade. Están formados por outros materiais e ferramentas utilizados nas centrais nucleares, residuos de hospitais (medicina nuclear e radiodiagnóstico) e certas industrias.

1.5 RESIDUOS AGRÍCOLAS, GANDEIROS E FORESTAIS Destacan principalmente os praguicidas, fertilizantes, restos agrícolas e os excrementos de animais; estes últimos pódense empregar para fertilizar cultivos. Os residuos forestais xéranse principalmente pola entresaca e limpeza dos bosques. Entre as súas utilidades están ser empregados como fertilizantes ou como fonte de enerxía alternativa (biomasa). 2 XESTIÓN DE RESIDUOS

A preocupación crecente polo medio ambiente fixo xurdir a necesidade dun cambio no tratamento tradicional do lixo, segundo a cal a maioría dos produtos de refugallo eran, ben queimados, ou ben depositados directamente no solo ou nas augas.

2.1 XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Con respecto ós residuos sólidos urbanos, dada a súa heteroxeneidade, a xestión debe combinar políticas de minimización (aplicación da regra dos 3 erres) así como outras técnicas de tratamento axeitadas para os diferentes compoñentes do lixo.

3

2.1.1 Diminución de residuos Na actualidade, as políticas da administración tenden a potenciar medidas enfocadas á

diminución e valoración dos residuos, as cales podemos agrupar en:

Redución en orixe. Persegue reducir ou eliminar a produción de residuos a través do emprego de tecnoloxías máis limpas para conseguir un uso máis racional da materia e a enerxía que se empregan nos procesos produtivos. Dentro deste apartado estaría evitar o sobreempaquetado dos produtos.

Reutilización. Algúns bens de consumo poden volver ó mercado unha vez recollidos. Tal é o caso de cascos de botellas de vidro retornables ou outros como roupas, mobles, electrodomésticos, etc.

Reciclaxe. Supón un proceso que se aplica sobre un residuo para obter de novo materia prima utilizable nos circuítos produtivos. Poden ser reciclables o vidro, o papel e cartón, os metais e os plásticos.

2.1.2 Transformación de residuos: compostaxe Pode definirse a compostaxe como un proceso controlado de biotransformación da materia orgánica que, pasando por unha fase de calor, produce gases (CO2, CH4, vapor de auga), minerais e materia orgánica estabilizada chamada compost. Este produto parécese ó humus e pode ser empregado como fertilizante ou como rexenerador orgánico para agricultura, xardinería ou restauración de espazos naturais. Xa que a fracción orgánica do lixo doméstico é a maioritaria, este proceso non solo xestiona gran parte dos RSU, senón tamén permite darlle unha utilidade posterior. 2.1.3 Vertedoiros controlados Existen vertedoiros incontrolados, situados en terreos non apropiados e nos que o lixo deposítase sen máis tratamento.

Os efectos máis comúns que provocan os RSU cando se abandonan sen control son: Olores desagradables, provocados pola descomposición da materia orgánica presente. Riscos para a saúde, xa que favorecen a proliferación de moscas, ratas, etc, que son posibles

portadores de enfermidades. Contaminación do solo e de augas superficiais ou subterráneas, nestas últimas por lixiviados,

cando a auga da chuvia arrastra substancias. Contaminación do aire por combustións, controladas ou incontroladas. Degradación da paisaxe. Os vertedoiros controlados sitúanse en terreos adecuados, onde o lixo deposítase de forma ordenada e baixo condicións controladas. Os factores a ter en conta para a instalación e bo mantemento do vertedoiro son:

Condicións xeolóxicas e morfolóxicas do terreo. O terreo debe ser impermeable ou impermeabilizado artificialmente para evitar a contaminación das augas subterráneas polos lixiviados que se producen.

Instalar puntos de saída para os gases (sobre todo metano) que se producen como consecuencia da fermentación da materia orgánica.

Acceso controlado e limitado ós vehículos transportadores dos residuos.

Conforme se depositan capas de lixo débense ir cubrindo con capas de terra. Unha vez completo o vertedoiro, este deberá ser clausurado, recuberto con terra e acompañado dalgún tipo de recuperación paisaxística. Entre as vantaxes deste método de xestión do lixo:

o Supoñen uns custos relativamente reducidos. o Menor impacto ambiental cando se controlan e xestionan de forma adecuada.

Por cada 1000 kg de papel reciclado

afórranse: 330 kg de petróleo; 14

árbores; 50000 l de auga

Por cada lata de aluminio reciclada

afórranse 0,61 kwh

Por cada 1000 kg de vidro reciclado

afórranse 130 kg de fuel; 1200 kg de

materias primas.

4

Inconvenientes: o Precisan de grandes superficies de terreo afastado de núcleos urbanos. o Produción de lixiviados, aínda despois de ser clausurado. o Impacto paisaxístico. o Inclúe todo tipo de residuos incluso de gran persistencia.

2.1.4 Incineración de residuos Consiste nun proceso de combustión controlada da materia orgánica dos residuos. Como resultado prodúcense CO2 e H2O, así como óxidos de N e S e, se no lixo existen plásticos e outros materiais produciranse metais pesados, dioxinas e furanos, que son contaminantes altamente tóxicos. Na planta incineradora os fornos acadan temperaturas de entre 900 e 1200 ºC para xerar cinzas e escouras. O fume conten partículas e gases que deberan eliminarse antes de ser emitidos a atmosfera, mentres que os residuos sólidos poderán empregarse como recheo na construción ou acumularse en vertedoiros específicos. Durante o proceso de incineración libérase enerxía que é posible recuperar para xerar electricidade.

5

Entre as vantaxes deste método: -Redúcese moito o volume dos residuos. -Permite transformar os residuos de xeito rápido. -É posible arecuperar enerxía.

Desvantaxes: -Precisa fortes inversións de capital e ten un alto custo de mantemento. -Contaminación do aire (CO2, óxidos de N e S, dioxinas e furanos, etc). -Hai que controlar a ubicación de cinzas e escouras. 2.1.5 Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos en Galicia. O Plano de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia establece a aplicación dunha política dos "tres R" así como a súa valorización enerxética. Está baseado nos seguintes aspectos esenciais:

Implantar a recollida selectiva nos diferentes concellos con contedores para papel e cartón (contedor azul), vidro (iglú verde), plásticos, latas e briks (contedor amarelo) e resto de residuos (contedor xenérico). SOGAMA encárgase da xestión dos contedores amarelo e xenérico no Complexo Medioambiental de Cerceda.

Na Planta de Reciclaxe o material correspondente a bolsa amarela (envases de plástico, latas e bricks) sofre un proceso de separación e clasificación para ser entregado ás empresas de reciclaxe.

A Bolsa Negra (residuos xenéricos) descárgase e acondiciónase para obter combustible derivado de residuos, que será incinerado, con obtención de enerxía, na Planta Termoeléctrica do Complexo Medioambiental.

6

A maioría dos concellos galegos están adheridos a este plan. Non obstante, existen concellos que teñen un plan alternativo. Este é o caso da Coruña ou a Mancomunidade do Barbanza que incorporan como alternativa a compostaxe da materia orgánica dos residuos. 2.2 XESTIÓN DE RESIDUOS RADIACTIVOS Os residuos radioactivos, dadas as súas características, deben ser almacenados en lugares especiais, co fin de illalos do medio o tempo suficiente para que a radioactividade desapareza (nalgúns casos sucederá en miles de anos).

TIPOS DE RESIDUOS NUCLEARES

Tipo Tempo de vida e

Radiación emitida Orixe

Xestión e Almacenamento

Baixa e media actividade. Vida corta

<30 anos. Radiación alpha, beta

e gamma

Fisión nuclear, medicina nuclear.

Construcións de enxeñería por 300

anos

Baixa e media actividade. Vida longa

>30 anos. Radiación alpha

Procesado de combustible nuclear

gastado. Produtos de fisión.

Refrixeración. Reprocesado e

almacenamento.

Alta actividade

7-10 séculos. Radiación beta e

gamma 100-1000 séculos. Radiación alpha.

Combustible nuclear gastado e produtos de

fisión.

Almacenamento definitivo en zonas profundas da codia.

Segundo o tipo de residuos radioactivos podemos considerar dous tratamentos:

Residuos de baixa e media actividade. A súa xestión realízase en cada país por empresas nacionais. En España almacénanse no centro de El Cabril (Córdoba), que recolle estes residuos e se acumulan en bidóns e estruturas de formigón en superficie.

Residuos de alta actividade. Estes residuos proceden da actividade das centrais nucleares. Temporalmente estanse almacenando en piscinas das propias centrais en espera dunha solución a máis longo prazo.

Cuestións 1. “Máis de dez anos despois do selado do antigo vertedoiro de O Zondal, en

Valadares, algunhas parroquias da cidade aínda seguen sufrindo as súas consecuencias. É que, a pesar de que a zona é agora un prado verde e limpo, cheo de herba, o certo é que no seu interior acumúlanse máis de vinte anos de lixo, con residuos que seguen fermentando e deixándose notar unha década despois.”

a) Explica cales son as consecuencias das que fala o texto. b) Cal é o aspecto aparente e paisaxístico actual da zona? c) Que posibles acondicionamentos como vertedoiro controlado non chegou a cumprir este

caso?

2. Relaciona os seguintes símbolos presentes na etiquetaxe co seu significado: __ Os materiais deste produto poden ser reciclados __ O produto cumpre a normativa de envases. __ Eliminación responsable do envase. __ Natureza do material reciclable utilizado para o

envase.

(a) (b) (c) (d)

7

3. Indica os camiños que poden seguir os residuos de vidro despois de seren usados. Cales destes percorridos se axustan mellor á economía lineal ou a economía circular.

4. Comenta as principais diferenzas que se observan entre o modelo de tratamento de residuos

de SOGAMA e o de Barbanza. Argumenta as posibles vantaxes de cada un.

1. Explica brevemente UN impacto ambiental sobre as augas superficiais e subterráneas, producido por un

vertedoiro incontrolado de residuos sólidos urbanos.

5. A partir de que residuos sólidos se forma o compost? Sinala UNHA das súas posibles aplicacións.

6. Explica brevemente UN impacto ambiental sobre a atmosfera producido por un vertedoiro incontrolado de

residuos sólidos urbanos.

7. Cita DÚAS vantaxes e DOUS inconvenientes das incineradoras como método de eliminación de residuos.

8

8. Completa o seguinte encrucillado cos termos correspondentes: