16
“A VIDA NA IDADE MEDIA” Tema 4.- “O FEUDALISMO”

Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

“A VIDA NA IDADE MEDIA”

Tema 4.- “O FEUDALISMO”

Page 2: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

A.- SITUACIÓN NO TEMPO E NO ESPAZO

Tradicionalmente o inicio da Idade Media sinalábase no momento da caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio Carolinxio e a situación de inestabilidade provocada polas invasións de normandos, musulmáns e húngaros, cando se formou en Europa Occidental o sistema económico, social e político que se coñece co nome de Feudalismo.

A.1.- Sinala cando comeza e cando remata a Idade Media.

A.2.- Indica se é verdadeira ou falsa a seguinte afirmación, comentando o porqué:

“O Feudalismo iníciase ao mesmo tempo que a Idade Media”.

A.3.- Define o concepto de Feudalismo.

Page 3: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

IDADE MEDIA

ALTA IDADE MEDIA

Inicios do Feudalismo ║

BAIXA IDADE MEDIA

Plena Idade Media Crise

s.V s.VI s.VII s.VIII s.IX s.X s.XI s.XII s.XIII s.XIV s.XV

╚ 476 - Caída do Imp. Romano de Occidente ║ Descubrimento de América – 1492 ╝

Nos primeiros séculos desta etapa histórica, Alta Idade Media, pódese falar dun mundo basicamente rural, no que a gran maioría da poboación estaba composta por campesiños dependentes dun Señor, que exercía o seu dominio sobre un territorio máis ou menos extenso.

A partir do século XI, Baixa Idade Media, comezaron a renacer as cidades, nas que apareceu un novo estilo de vida e novas profesións.

Pero no século XIV Europa Occidental sufriu unha fonda crise económica e social que levou ao remate deste modelo de sociedade a finais do século XV.

A.4.- Indica en cantas etapas se pode dividir a Idade Media e explica as súas características.

A.5.- Representa nun eixo cronolóxico os séculos que abarca a Idade Media e sinala as distintas etapas nas que se pode dividir.

Page 4: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais estados de Francia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Austria, Suiza, o norte da Península Ibérica, centro e norte da Península Itálica e centro e sur das Illas Británicas.

A.6.- Usa o mapa para sinalar os límites da Europa feudal.

Os habitantes da Europa feudal vivían rodeados de inimigos aos que atacaban e polos que eran atacados (sobre todo nos primeiros tempos):

- Nos actuais Países Escandinavos vivían os normandos ou viquingos.- No norte de África e no sur da Península

Ibérica os árabes ou musulmáns.- No leste da Europa medieval os

húngaros ou maxiares.

A.7.- Fai uso do mapa para sinalar a localización dos pobos inimigos da Europa feudal.

Page 5: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio
Page 6: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

B.- AS ORIXES DO FEUDALISMO

B.1.- Quen foi Carlomagno? Como organizou o seu Imperio? Que sucedeu á súa morte? (Páx.16-19)

- Rei dos ………….. que conquistou gran parte de …………………….., foi coroado ………………. do Imperio ………………….. no ano 800.

- Condados, gobernadas por ……………….

- Marcas, nas zonas fronterizas, dirixidas por ……..…...

- Para administrar un ……….…….. tan extenso, recadar ………...…. e facer cumprir as …………., entregou terras aos ……………… do reino para que as …….…………. no seu nome e se …………...……… delas:

Os nobres convertíronse así nos ……………….….. do rei e xurábanlle ………………….. e …………………..

- Á morte de ……………….., a coroa pasou ao seu ………… e despois o Imperio dividiuse en reinos …………………….. entre os seus ………………. As loitas entre eles e as ………………… dos musulmáns, normandos… provocou terror e ……………………. entre a poboación de Europa Occidental desde o século……………..

Page 7: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

B.2.- Por que a situación de Europa occidental era de inseguridade nos séculos IX e X?

B.3.- Por que tiveron os monarcas que pedir apoio aos nobres? Que relacións se establecían entre eles?

B.4.- En que parte da cerimonia de vasalaxe se producía a entrega do feudo? Quen o recibía e que obrigas tiña a cambio?

B.5.- Por que buscaban os campesiños a protección dos Señores feudais? Que debían a cambio desa protección?

Page 8: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

B.6.-Actividade oral: Le atentamente o texto para saber cales eran as distintas partes da cerimonia dun xura-mento de fidelidade e vasalaxe.

Page 9: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

Co paso do tempo os vasalos do monarca (condes, bispos, duques…) foron adquirindo cada vez máis independencia e acabaron por cobrar impostos, administrar xustiza, incluso acuñar moeda… nos feudos que lles tiña cedido o rei. Asemade, estes nobres repartiron parte das súas terras entre nobres menos importantes, cabaleiros, fidalgos, guerreiros…, a cambio dun xuramento de fidelidade e vasalaxe.

Desta maneira o poder político quedou fragmentado en multitude de poderes, pois os Señores feudais convertéronse na práctica en pequenos monarcas dos seus feudos.

B.7.- Por que se di que o poder político estaba fragmentado nesta etapa feudal?

Este diagrama mostra como pasaban as terras do rei aos nobres (laicos ou eclesiásticos) e deles a outros nobres menos poderosos e finalmente aos campesiños. Cada nivel da pirámide feudal debía lealdade e obediencia á capa superior e todos debían lealdade ao rei.

Page 10: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

B.8.- As relacións de vasalaxe: Que son? Entre que persoas se podían establecer? Que lle debía o Señor ao seu vasalo? E o vasalo ao Señor?

B.9.- Copia e completa o esquema da pirámide feudal, poñendo cada “grupo” no piso ou frecha que corresponda: Alta nobreza laica ou eclesiástica, Campesiños, Señores de…, Servidores de todos, Rei, Baixa nobreza laica ou eclesiástica, Vasalos de…

Page 11: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio
Page 12: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio
Page 13: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

Texto nº1

“Eu, Urraca, raíña de toda España, xuntamente co meu fillo Don Alfonso, fago carta a vós, Conde Don Froilaz e á vosa esposa a Condesa Dona Maior, do territorio de Várzena e de todo o que lle corresponde: terras de labradío, bosques, prados, igrexas, castelos…

Eu, a raíña Urraca, dou e concedo aos sobreditos Condes as enriba nomeadas posesións, por razón de que o meu pai Don Alfonso criouvos e coudouvos, e polos moitos servizos que recibín de vós ata hoxe, e porque criastes e coidastes ao meu fillo Don Alfonso. Quero que teñades todo isto como propiedade vosa e da vosa descendencia”.

(Tomado de A. López Ferreiro: “Historia de la Iglesia de Santiago”, 1900)

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.10.-Le atentamente o texto nº 1 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? Por que fai o Señor a concesión?

Page 14: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

Texto nº2

“No nome de Deus, saiban todos os presentes … que eu, Bernardo, futuro Señor de Carcasona, recoñézote a ti León, abade de santa María, como meu Señor.

Por todos os dominios que vou a recibir fago homenaxe e fidelidade de manos e boca a ti, meu Señor León, e xuro sobre os Evanxelios que serei sempre un fiel vasalo para ti e os teus sucesores; e defendereite a ti, meu Señor, e ao mosteiro e aos monxes… ás miñas expensas; e prometo servirte a ti e aos teus homes cando queirades pasar por Carcasona… e se non respecto todas as miñas promesas, os mencionados dominios retornarán a ti e ao mosteiro”.

(Tomado de W. Cook: “La visión medieval del mundo”, Ed. Vicens Vives)

B.11.-Le atentamente o texto nº 2 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? A que se compromete o vasalo a cambio?

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

Page 15: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

B.12.- Imaxina que eres un membro da nobreza feudal.

-Debes decidir se queres ser un Señor que concede un feudo ao seu vasalo ou un vasalo que xura fidelidade ao seu Señor. A continuación debes redactar un documento que recolla o compromiso e a relación de vasalaxe que estades a “pactar”.

-Podes usar os textos traballados como modelo para redactar o teu.

Page 16: Tema 4.- “O FEUDALISMO” - edu.xunta.gal caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio

C.- A MONARQUÍA FEUDAL (páx. 50 do libro)

C.1.- Que lugar ocupa o monarca na sociedade feudal? Cal era a orixe do seu poder?

C.2.- Cales eran as “atribucións” exclusivas do rei?

C.3.- Que era a Curia ou Consello Real?