17
Tema 8: “A ORDENACIÓN TERRITORIAL E OS DESEQUILIBRIOS EN ESPAÑA” 1

Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Evolución histórica de las divisiones territoriales existentes en España. Los desequilibrios rexionais

Citation preview

Page 1: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

Tema 8: “A ORDENACIÓN

TERRITORIAL E OS DESEQUILIBRIOS EN

ESPAÑA”

1

Page 2: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

Un Estado é un territorio delimitado por fronteiras, cunha unidade política soberana e recoñecida que exerce o poder de organizar e gobernar un pobo, e que se rexe por unhas leis e emprega uns símbolos comúns (bandeira, moeda, capital, himno, escudo...). As sociedades contan cunha organización política para asegurar a convivencia. Actualmente, no mundo, hai preto de 200 estados. Ainda que, en teoría, son todos iguais (os seus votos valen o mesmo nos organismos internacionais), en realidade, cando establecen relacións diplomáticas, hai diferencias en canto a/o: extensión, poboación, estabilidade ou inestablidade política, sistema económico, cultural, lingüístico, ou polo seu poderío político, militar ou económico. E mentras algún estados xurdiron hai miles de anos, outros son mais recentes. O concepto de nación engade á definición de Estado, unha carga de emotividade, e os seus habitantes se sinten unidos por lazos de pentenza comúns (históricos, lingua, cultura, relixión, costumes...) e integrantes dunha comunidad histórica propia. Actualmente, a organización política dos países ocidentais descansa en sistemas constitucionais. Así, a CONSTITUCIÓN de 1.978 define España como un estado monárquico, democrático e autonómico. Pero ademais da organización do estado español, existen outras demarcacións territoriais que xurdiron ao longo da Historia: CCAA, Provincias, Partidos Xudiciais, Comarcas, Concellos, Parroquias… Do seu estudio encárgase a Ordenación Territorial (OT), que é toda función pública orientada a establecer, mediante a planificación, unha adecuada racionalización, das accións de goberno, para un equilibrado uso do territorio.

1.-O PROCESO HISTÓRICO DE ORDENACIÓN TERRITORIALO Estado español é resultado dun cruce de culturas. 1.1.- ÉPOCA ANTIGAOs primeiros poboadores protohistóricos chegados á Península foron pobos colonizadores mediterráneos: gregos, fenicios e cartaxineses. Estos asentáronse, no primeiro nmilenio antes de Cristo, en certos enclaves de fácil defensa (outeiros preto dos ríos ou na costa), que coexistiron mais ou menos pacíficamente cos pobos autóctonos. Descoñecemos as divisións territoriais que tiñan uns e outros, pero cada un contaba cunha cultura propia (os galaicos a castrexa, os edetanos a íbera, etc,). A primeira división territorial coñecida foi a romana. Así durante o proceso de conquista, no 197 a. C, dividiron a Península en duas partes Hispania Citerior e Hispania Ulterior.

Na época do Emperador Augusto (27 a. C.) pasaron a ser 3: a Citerior que pasou a chamarse Citerior Tarraconensis, incorporarando o territorio dos cántabros (cap. Tarraco); a Ulterior posouse a denominar Ulterior Bética (cap. Corduba), e ademáis creouse a Ulterior Lusitania (cap. Mérida).

2

Page 3: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

No s. III d. C, o Emperador Diocleciano dividiu Hispania en 5 provincias (nome que foi empregou por vez- como sinónimo de demarcación territorial de carácter administrativo-militar e fiscal). Foron: Tarraconensis, Carthaginensis, Baetica, Lusitania e Gallaecia, e mais tarde engadiuse a Balearica. Cada provincia estaba gobernada por un Pretor, auxiliado por outros cargos, que residían na capital. As provincias se integraban em entidades territorios maiores: as Diócesis; así, Hispania se integraba na Diócesis do Norte de África (Tánger).

A súa vez, as provincias se subdividían en entidades menores, os CONVENTUS XURÍDICOS (divisións administrativa-militar que permitían asignar ó cupo de soldados e a recadación de impostos).

Ademais a civilización romana organizou unha red de calzadas que comunicaba as capitais, portos e vilas. Hacia o 406, coa crise do Imperio romano chegaron á Península os “pobos bárbaros”. Suevos, alanos e vándalos, pouco modificaron as anteriores divisións romanas (“Pactos de Foedus”).1.2.- ÉPOCA MEDIEVALDeste xeito, no 411, os suevos asentáronse en Gallaecia, en crearon un REINO PROPIO, con capital en Braccarra Augusta (Portugal). Introduciron a división en parroquias, que ainda hoxe mantén un forte arraigo nas áreas rurais. Pero no 585 os suevos foron derrotada polos visigodos.

3

Page 4: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

Os visigodos, outro pobo bárbaro procedente da Galia, ocuparon casi toda a Península e tamén constituiron un REINO PROPIO con capital en Toletum. Mantiveron as divisións romanas, pese a que a rápida ruralización, dificultou o control do territorio e a recaudación de impostos.No 711 produciuse a invasión musulmana de Hispania, dende o Norte de África. Tras derrotar aos visigodos, os musulmáns asentáronse na preferentemente na metade Sur da Península. Mentras os hispanovisigodos, que non aceptaron o dominio musulmán, refuxiáronse nas montañas do norte (Cord. Cantábrica e Pirineos). Os musulmáns dividiron Al-Andalus en CORAS (demarcacións similares as provincias, que dependían dunha cidade). Pero ao longo do dominio musulmán da Península, cando o poder central do Emirato ou do Califato de Córdoba, se debilitaba as coras proclamaban a súa independencia e se convertían en pequenos estados co seu propio rei (Reinos de Taifas). Precisamente os momentos de disgregación foron aproveitados polos Reinos cristianos do norte para avanzar na Reconquista.

Deste xeito, ao N. da Península, configuráronse novas entidades políticas independentes, uns Reinos e outros como Condados (Castilla, Cataluña, Aragón, Galicia, León...). O reino de Galicia acadou a súa independencia durante breves períodos (1.065-1070 con García; 1.110 con Alfonso Reimúndez), ata que acabar englobado definitivamente no REINO DE LEÓN. O proceso de Reconquista (s. XI-XIII), de norte a sur da península, alterou notablemente a organización territorial, e ainda hoxe se nota a súa pegada. No s. XII, se distinguen 5 reinos: Portugal, Castilla, Navarra, Corona de Aragón e Granada.

- PORTUGAL, xurdiu dun antiguo Condado do reino Astur-Leonés, convertiuse en Reino. Impulsou o seu propio proceso de reconquista, polo que Galicia adquiriu a delimitación territorial actual.

- COROA DE CASTILLA comezou sendo un condado do Reino Astur-Leonés, para passar a convertirse mais en Reino, e logo en COROA. Tamén acometeu o seu próprio processo de reconquista.

- CORA DE ARAGÓN foi inicialmente unha confederación de reinos, primeiro cos Condados Catalanes, e logo co reino de Valencia e Baleares. Desenvolviu un proceso de reconquista propio.

- REINO DE GRANADA foi o derradeiro reducto musulmán da Península Ibérica, que durou ata 1492, que foi conquistado pola Coroa de Castilla. .

4

Page 5: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

- REINO DE NAVARRA perviviu ata inicios do s. XVI, en que tamén foi anexionado á Corona de Castilla.

1.3.- ÉPOCA MODERNAOs RRCC mantuvieron as institucións propias de cada reino, así como as leis e demais dereitos (foros, cartas poboas,....). En Castilla reapareceron as provincias, pero agora cun sentido diferente ao romano, pois se vinculaban ás cidades que tiñan voto en Cortes e á fiscalidade. O Reino de Galicia perdeu a súa representación nas Cortes, polo apoio prestado á Isabel “A Beltranexa”; que passou aos procuradores zamoranos.

Baixo o Império dos monarcas da Casa de Austria o peso de Castilla incrementouse, pois este era o reino con maior potencial económico e demográfico. Mentras que a Corona de Aragón mantivo as súas tradicionais divisións territoriais; no caso de Cataluña e Mallorca, as veguerías (territorios gobernados por un veguer, encargado de facer cumplir os mandatos do rei), e en Aragon, os distritos.A principios do s.XVIII, trás a victoria de Felipe V de Borbón na guerra de Sucesión, realízáronse alguns cambios importantes na organización territorial do Castilla e Aragón:

- aplicouse unha política uniformizadora e centralista, cos “DECRETOS DE NOVA PLANTA” nos territorios de Valencia, Aragón, Baleares e Cataluña. Desapareceron os respectivos órganos de governo. Tan só, o País Vasco e Navarra, fieis o novo monarca, mantiveron os seus foros e privilexios.

- en 1720 creáronse as Intendencias (20), nova división territorial que non sempre se axustaba á antigua división en reinos e provincias. E que durante o reinado de Fernando VI tentouse arranxar.

5

Page 6: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

No reinado de Carlos III e de Carlos IV xurdiron proxectos dunha nova división provincial. Buscábase mellorar o control político-militar do território e asentar os principios dunha política centralista e uniformizadora, na liña do reformismo ilustrado. Deste xeito, o Conde de Floridablanca elaborou un mapa administrativo, con 31 provincias, na que Galicia figuraba como provincia única, subdividida en 7 demarcacións territoriais menores. Asimesmo elaborouse un “Nomenclator de los pueblos de España”.

A súa vez, as provincias presentaban un caótico e anacrónico puzle de cotos, xurisdiccións e enclaves diversos. 1.4.- ÉPOCA CONTEMPORÁNEA.SÉCULO XIX:A invasión napoleónica (1808-12) impulsou unha nova división territorial en 38 Prefecturas ou Departamentos, similares aos franceses, que tomaba como base os límites orográficos e fluviais, e esquecendo os criterios históricos. Acadou gran protagonismo o clérigo afrancesado J. Llorente. O novo rei, Xosé Bonaparte, buscaba unha maior vinculación a Francia, e a incorporación dos territorios fronteirizos de Cataluña, Navarra, País Vasco e Aragón a Francia. Pero a Guerra de Independencia impediu a plena implantación de dita división.

6

Page 7: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

Mentras as Cortes reunidas en Cádiz crearan unha nova división en 44 provincias, baseada en criterios históricos, abolindo as antigas xurisdiccións. Nesta tarefa, encargouse en 1813, ó marino e xeógrafo mallorquín F. Bauzá. Cada provincia tería unha Deputación. Pero tras a expulsión das tropas francesas, regresou a España en 1814 o rei Fernando VII, que anulou tanto a división en prefecturas e rexeitou a de Felipe Bauzá. Foi restituida, a antiga división en Intendencias.Pero tras o triunfo do Trienio Liberal (1820-23), Fernando VII tivo que ceder e aprobar a división de F. Bauzá, aunque con certas modificacións; de 52 provincias, con límites similares aos actuais. Se empregaron novos criterios: a poboación, a superficie, así como outros criterios xeográficos. Foron, deste xeito, eliminados moitos dos enclaves do Antigo Réxime.

As provincias foron, a súa vez, agrupadas en 15 Rexións: Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Castilla-A Nova, Castilla-A Vella, Cataluña, Extremadura, Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), León, Murcia, Navarra, Valencia e Vascongadas. Estableciuse que as provincias levarían o nome da capital, salvo Navarra e as provincias vascas. Esta división resulta similar á actual, salvo a existencia das provincias de Calatayud, Xátiva ou Vilafranca do Bierzo, ou as capitalidades de Chinchilla na provincia de Albacete e de Vigo na de Pontevedra. Pero esta división foi abolida tras a caída do Trienio Liberal, voltando á antiga división borbónica en Intendencias. A REFORMA TERRITORIAL DEFINITIVA TIVO LUGAR EN 1833, DURANTE A REXENCIA DE Mª CRISTINA. Foi obra do ministro de Fomento Javier de Burgos, que dividiu o territorio en 49 provincias, con poucos cambios respecto da actual. As provincias foron agrupadas en 15 REXIÓNS e, a súa vez, subdivididas en Partidos Xudiciais e Concellos (8126 en total).

7

Page 8: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

A idea principal consistía en dotar a cada provincia de “... suelos fértiles, planicies para la agricultura, laderas para la ganadería y la explotación forestal, litoral marítimo...”; “...la apertura a un río...” ou a “...una vía importante de comunicación...”. Deste xeito, as provincias pasaron a ter unha extensión moi desigual, ainda que procurouse respectar os límites históricos.

Pero pronto xurdiron as críticas. Así, a Real Sociedade Xeográfica Española debatiu sobre a súa vialibilidade, e mentras uns defendían unha ordenación máis uniforme e regular, outros optaban polo respeto aos límites históricos, independentemente dos recursos que tivesen. As críticas acentuáronse a finais do s. XIX, cando xurdiron propostas alternativas. Así destaca a formulada por Lucas Mallada (1881), que suprimía 9 provincias (tras unir as 3 provincias vascas nunha; xuntar Tarragona e Castellón, con capital en Tortosa; e integrar Logroño con Burgos, etc), e redistribuía a extensión das provincias en relación ó nº de habs. Outras propostas xurdiron tamén dende posicións nacionalistas ou rexionalistas. Sin embargo, pese a todo, a nova división de 1833 arraigou plenamente, salvo nas rexións de forte tradición histórica ou de maior singularidade cultural e lingüística. Un problema de especial relevancia xurdiu na elección das capitais, onde unhas veces prevaleron criterios localistas e noutras o nº de habitantes ou a situación xeográfica. SIGLO XX. Modificiacións territoriais: En 1913 aprobouse a Lei de Mancomunidades, que permitía unir voluntariamente provincias veciñas con caracteres históricos e culturais comúns, así como as súas respectivas Diputacións. Pero a única que se formou foi a de Cataluña, abolida en 1925 na Dictadura de Primo de Rivera.En 1927 a provincia de Canarias foi subdividida en 2: Sta. Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.Nas rexións históricas xurdiron disidencias que buscaban artellar sentimientos nacionalistas. Así na II República, a Constitución de 1931 permitía que as rexións históricas accedesen á autonomía, se as Cortes aprobaban antes un Estatuto de Autonomía. Só Cataluña, País Vasco e Galicia avanzaron nesta via. A Guerra Civil puso fin ao proceso.O franquismp cortou o proceso e perseguiu aos simpatizantes proautonomistas, defendendo a idea dun Estado centralizado e unitaário. A única división permitida foi a provincial, se ben se respectou a diferenciación foral de Navarra e dos Cabildos canarios (institución do s. XV, ratificada en 1912). Xa na década de 1960, tras os fortes cambios sociais e económicos rexistrados no conxunto do estado, xurdiron novas propostas de división territorial:

8

Page 9: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

- unhas atendían a criterios económicos (Perpiñá Grau): cara unha máis eficaz aplicación das políticas de planificación. España foi dividida en grandes rexións ou Coras.- outras recollían criterios xeográficos.Así, Manuel Terán ,na década de 1950, empregou criterios naturais e históricos. Outros como Casas Torres, Higueras ou R. Miralbés dividiron España en 11 macrorexións e 18 rexións económicas.

2.- A ACTUAL ORGANIZACIÓN TERRITORIAL. A Transición Política provocou un debate sobre o novo modelo de ordenación territorial. Así, a Constitución de 1978 establece a indisoluble unidade da nación española (centralización), pero tamén recoñece que España é un estado descentralizado e plural (descentralización). Tomando a provincia como base, todas as rexións poden acadar ó autogoberno ou autonomía a partir da elaboración e aprobación dos Estatutos de Autonomía. Pero dita Constitución non trazou o mapa autonómico, senon que o deixou esta decisión en mans das “entidades preautonómicas”, baixo 2 condicións:

o 1) as CCAA serán resultado da agregación voluntaria de provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas comúns; ós territorios insulares e provincias con entidade rexional histórica.

o 2) o acceso á autonomía podía realizarse a través de 5 vías: a.- Art. 151. permitía acceder de xeito inmediato, e cun máximo teito de

competencias, as rexións de maior tradición autonómica (que houberan plebiscitado anterioremente o Estatuto de Autonomía). Era este o caso de Cataluña, P.Vasco e Galicia, recoñecidas “nacionalidades históricas” na Constitución de 1978.

b.- Art. 151. permitía a Andalucía o acceso á autonomía, por iniciativa de todas as Deputacións provinciais e de 3/4 dos Concellos, sempre que representasen a máis do 50% da poboación. En calquer caso, debía celebrarse un referéndum.

c.- Navarra mantivo unha ampla autonomía, administrativa e fiscal, que xa tivera no franquismo. Optouse pola “Mejora del Fuero”, asumindo novas competencias.

d.- Art. 143, sinalaba que as restantes CCAA precisaban do pronunciamento favorable das Deputacións Provinciais, e de 2/3 dos Concellos, sempre que representasen máis do 50% dos hbs. Estas asumirían de xeito inmediato algunas competencias e deberían esperar 5 anos para asumir plenamente as restantes.

e.- Ceuta e Melilla recibiron o tratamento de Municipios ou Cidades Autónomos e, a diferencia das CCAA, carecen de competencias lexislativas.

- CADA CCAA debe elaborar un ESTATUTO DE AUTONOMÍA, que será aprobado polas

Cortes. Recollerá a denominación oficial, os límites e institucións de autogoberno, e as competencias a exercer; estas poderán ser:

o EXCLUSIVAS: que figuran no Estatuto de Autonomía e na Constitución (art. 148). Entre elas: políticas (organizar as institución de goberno), ecónomicas (agricultura, gandería, pesca, montes, bosques, feiras e mercados, industria, turismo...), infraestructuras e transportes (obras públicas, estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos), ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente e vivienda; política social e sanitaria (asistencia social, sanidade, protección de edificios), culturais ou deportivas (museos, bibliotecas, fomento da lingua propia, do deporte..).

o NON EXCLUSIVAS, compartidas entre o estado e as CCAA (o Estado lexisla e as CCAA elaboran o regulamento e/ou as executan).

o EXCLUSIVAS DO ESTADO, propias do Estado, non poden transferirse (Relacións Internacionais, Política Migratoria, Defensa, Comercio Exterior, Facenda e Débeda Pública, Correos e Telégrafos…).

9

Page 10: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

- O exercicio das competencias dependerá da propia financiación, segundo a LOFCA (Lei Orgánica de Financiamento das Comunidades Autónomas de 1980, reformada no 2009) as CCAA financianse a través de diversos impostos:

o uns son cedidos polo Goberno Central: o 33% do IRPF, o 35% do IVE, entre o 40 e 100% de tributos especiais (electricidade, matriculación de vehículos...),

o outros son achegados polo Goberno Central (servicios sociais, Seguridade Social...),

o e outros son impostos propios de cada CCAA.O réxime foral, que afecta ó País Vasco e a Navarra, supón a financiación a través dos tributos recaudados nos seus territorios, e pactados co Goberno Central, mediante Concertos. Co fin de correxir os posibles desequilibrios, as CCAA menos favorecidas, com rentas per capita inferiores á media do Estado, perciben ingresos procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial, así como do Fondo de Suficiencia, que cobre a diferencia entre as necesidades de financiamento de cada CCAA e os recursos tributarios que se lle atribúen.

- CADA CCAA TERÁ INSTITUCIÓNS DE AUTOGOBERNO PROPIOS: o unha Asamblea Lexislativa ou Parlamento (poder lexislativo). o un Goberno Autonómico (poder executivo). As áreas de goberno se subdividen

en Consellerías.o un Tribunal Superior de Xustiza (poder xudicial).o un Presidente, elexido polo Parlamento, e nomeado polo Rei.

O Goberno Central nomeará un Delegado do Goberno en cada CCAA, e un Subdelegado en cada provincia.

- As CCAA subdivídense, segundo a Constitución, en: o PROVINCIAS (50): entidade local formada pola agrupación de concellos. O seu

principal órgano de goberno é a Deputación Provincial (funcións: fomentar os intereses provinciais, asegurar a prestación de servicios, coordinar e cooperar cos concellos...).

o CONCELLOS (8.128): entidade local básica da organización territorial. O seu órgano de goberno son os Concellos, rexidos por unha Alcaldía e os Concelleir@s (fins: facilitar servicios aos cidadáns, sumidoiros, pavimento, recollida de lixo, etc). En Galicia hai 315.

o Outras demarcacións. É o caso das agrupacións de concellos ou mancomunidades, das demarcacións históricas submunicipais, caso das parroquias asturianas ou galegas; das comarcas catalanas, galegas, aragonesas ou merindades navarras); ou das comunidades de vila e terra de Castilla La Mancha. Tamén Canarias e Baleares manteñen unha organización local: os Cabildos (Canarias) e os Consellos Insulares (Baleares). Galicia aprobou a división en 53 comarcas (1997).

Pero tamén a Constitución contempla que o Estado debe velar polo equilibrio entre as autonomías, desenvolvvendo políticas rexionais que permitan achegar os seus niveis de benestar.

3.- OS DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS.En España existen fortes desequilibrios territoriais entre unhas CCAA e outras, e incluso dentro de cada unha. As veces se deben as condicións naturais ou a distribución de recursos, e outras ás actuacións humanas, caso de factores:

- económicos: capacidade productiva de cada territorio (PIB ou PIB per capita),- demográficos: a distribución e tamaño demográfico. Así, só 4 CCAA (Andalucía,

Cataluña, Madrid y Valencia), que representan 1/6 do territorio reunen máis do 50% da poboación; mentras que outras 4 (Castilla-León, Castilla-La Mancha, Aragón e Extremadura) con mais do 50% da superficie reúnen só 1/6 da poboación. Ou Madrid, a comunidade mais densamente poboada (640 hbs/Km2), mentras Castilla-La Mancha é a de menor densidade (22 hbs/Km2),

10

Page 11: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

- sociais, o nivel de acceso da poboación ó benestar (consumo, servizos sanitarios, educativos, ocio...)

- poder de decisión (modelo Centro-Periferia): uns son espacios centrais (áreas máis desenvolvidas- Madrid e Cataluña, con maior poder de decisión) e a resto son periféricos (zonas de menor dinamismo, que adoitan estar subordinados aos centrais).

ETAPAS:a.- A ORIXE DOS GRANDES DESEQUILIBRIOS: A DÉCADA DE 1960Ainda que o factor básico dos desequilibrios territoriais arrancan xa da industrialización rexistrada ao longo do s. XIX, que agrandou os contrastes entre as zonas costeiras periféricas onde se instalaron as primeiras fábricas, é o interior fortemente ruralizado, estos acentuáronse notablemente na década de 1960, ata xenerar un novo modelo territorial: un interior escasamente desenvolvido (agás Madrid, Zaragoza ou Valladolid) e unha periferia mais desenvolvida (agás Galicia e Andalucía).- Os desequilibrios económicos acentuáronse na década de 1960 cando o crecemento descansaba na industria e no turismo, que favoreciu a concentración de riqueza e do emprego no P. Vasco, Cataluña, Valencia e Baleares. Mentras que, no caso de Madrid, o factor inicial de crecemento foi o establecemento da capitalidade, que impulsou a expansión dos servicios e da industria; e que ademais converteuse, dende inicios do s. XX no principal centro financieiro do Estado. Por contra, as rexións cun elevado peso do sector primario ou cun predominio da pequena industria tradicional quedaron atrasadas, localizadas moitas no interior. Este desequilibrio se aprecia tanto no PIB como na construcción de obras de infraestructura. Así, o PIB de Madrid é casi o doble que o da mais pobre, Extremadura. O PIB das rexións periféricas medrou moito, ao dirixirse cara elas boa parte da poboación e dos capitais (o sistema financieiro investía os aforros das rexións pobres nas máis ricas, onde os rendementos eran máis seguros e elevados). Deste xeito, o aforro procedente da agricultura acabou financiando, en parte, o desenvolvemento industrial das rexións periféricas. Pero tamén as infraestructuras se concentraron nas rexións periféricas, de forte desenvolvemento. - Os desequilibrios demográficos debéronse a crise da agricultura tradicional e á expansión industrial. Xurdiu un masivo éxodo rural, das áreas rurais de interior cara ás urbano-industrial e turísticas da costa, e cara Madrid. Agrandáronse deste xeito, os contrastes territoriais entre as áreas máis densamente pobladas e un despoblado interior peninsular. - Os desequilibrios sociais, pois mentras as rexións máis desenvolvidas concentraron unha maior dotación de servicios, indicativos dun alto nivel de vida, as menos desenvolvidas acusaron graves carencias. - Os desequilibrios centro-periferia (capacidade do poder de decisión) débense a que as zonas máis desenvolvidas configuráronse como “espacios centrais”, acaparando as funcións decisorias, mentras que as menos desenvolvidas quedaron, como “espacios periféricos”, subordinados a elas. b.- CAMBIOS TRAS A CRISE ECONÓMICA DE 1973.A crise de 1973 afectou especialmente ás rexións industrializadas, que experimentaron unha forte alza do paro e un significativo descenso do PIB. Freouse o éxodo rural cara as zonas industriais, e incluso algunha destas rexións volvéronse emigratorias (Asturias ou P. Vasco). c.- O MODELO ACTUAL DOS DESEQUILIBRIOS.A reestructuración económica tras a crise de 1973, trouxo diversas consecuencias:

* O desenvolvemento económico xa non se basou na producción industrial. * Avanzouse cara unha economía postindustrial, baseada nos servicios e no I+D. Os

principais factores de desenvolvemento foron: creciente especialización no sector terciario de maior nivel (funcións

rectoras): servicios á producción, comercio, distribución de servicios públicos e turismo…

11

Page 12: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

desenvolvemento das actividades relacionadas coas novas tecnoloxías (industria de I+D) e da agricultura tecnificada. (Parques Tecnolóxicos, Centros de Investigación...).

disponibilidade de man de obra cualificada, desenvolvemento das infraestructuras e equipamentos, que permitiron

mellorar as comunicacións a nivel mundial (globalización).Actualmente destacamos: - EIXES DE DESENVOLVEMENTO: Madrid, val do Ebro e litoral mediterráneo (de Cataluña a Valencia, con ramificacións a Murcia e Andalucía), así como Baleares e Canarias. - EIXES EN DECLIVE, situados na cornisa cantábrica (espacios industriais en crise). - ESPACIOS ESCASAMENTE DESENVOLVIDOS: o interior peninsular (especialmente Extremadura, Castela-León e Castela-A Mancha), Galicia, e boa parte de Andalucía e Murcia.

4.- AS POLÍTICAS TERRITORIAIS. Para correxir os desequilibrios resultou fundamental o desenvolvemento rexional, para o que se emprenderon diversas POLÍTICAS TERRITORIAIS. 4.1 A POLÍTICA REXIONALNa década de 1960 elaboráronse os Plans de Desenvolvemento Económico (1964-75), para fomentar a industrialización nas áreas mais atrasadas. Seleccionáronse previamente os Polos de Promoción e os Polos de Desenvolvemento Industrial, co fin de que actuasen como motores de desenvolvemento sobre o seu territorio inmediato. Pero os resultados acadados foron escasos, polo que pronto cuestionouse a súa eficácia.Entre 1975-85 foi unha década de casi inexistencia de planificación territorial. Posteriormente, as políticas rexionais retomáronse co fin de asentar o principio de solidaridade interterritorial (FCI), establecido na Constitución de 1978; de desenvolver o Estado das Autonomías; e de preparar a adhesión a U.E. As principais actuacións foron:

- consolidar o crecemento das áreas máis dinámicas (Madrid, val do Ebro e litoral mediterráneo),

- frenar o declive da Cornisa Cantábrica, - extender o eixo mediterráneo cara a Murcia e Andalucía, - reforzar ás restantes rexións, mediante o investimento en infraestructuras,

diversificación económica e desenvolvemento endóxeno.Os principais instrumentos financieiros de reequilíbrio territorial foron: I) INSTRUMENTOS IMPULSADOS POLA EU:- FONDOS ESTRUCTURAIS . Tentan o desenvolvemento das rexións máis atrasadas (rexións obxectivo 1), aquelas que teñen unha “renta per capita” inferior ó 75% do PIB medio da EU. Básicamente os instrumentos son: o FEDER (Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional) para as rexións menos desenvolvidas; o FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola) para as accións no sector agrario; o IFOP (Instrumento Financieiro de Orientación pesqueira) para a pesca; e o FSE (Fondo Social Europeo), para o fomento da formación profesional e do emprego. - INICIATIVAS REXIONAIS. Programas que tentan resolver problemas graves comuns a toda a UE. Son cofinanciados por todos os estados:

INTERREG: busca o incremento da cooperación transforteriza entre países vecinos, LEADER: fomenta a reforma rural, axundando ás rexións afectadas negativamente pola PAC. EQUAL: para facer fronte á discriminación e as desigualdades dos mercados laborais. URBAN: tenta a rexeneración económica e social dos barrios urbanos en crise.

12

Page 13: Tema 8 Ordenación Territorial e desequilibrios en España

- FONDOS DE COHESIÓN . Son solicitados polos Gobernos Centrais dos países menos prósperos da UE, para sufragar proxectos ambientais e de redes de transporte. II) INSTRUMENTOS IMPULSADOS POLO ESTADO: AS POLÍTICAS DE INCENTIVOS REXIONAIS E O FCI . Os incentivos rexionais tentan un maior equilibrio e solidaridade interrexional. Recurriuse neste sentido as inversións en grandes infraestructuras e equipamentos. Tipos de incentivos:

ZONAS PROMOCIÓN ECONÓMICA (ZPE), que inclúen as zonas menos desenvolvidas, segundo a súa renda e taxa de paro.

ZONAS INDUSTRIALIZACIÓN EN DECLIVE (ZID), as zonas mais afectadas pola crise industrial,

ZONAS ESPECIAIS EN DECLIVE (ZE), creadas polo Goberno, para casos excepcionais.

Actualmente existen 2 posicións enfrentadas, respecto das políticas de incentivos rexionais: unha propón a súa eliminación pois distorsiona a libre competencia; e outra afirma que estas deben incluso ampliarse, dados os acusados desequilíbrios existentes na actualidade. O FONDO DE COMPENSACIÓN INTERTERRITORIAL (FCI), establecido na Constitución de 1978, constitúen un instrumento para correxir os desequilibrios existentes, segundo o principio de solidaridade. Os ingresos proceden do Presupostos Xerais do Estado. Ata 1990 se beneficiaban tóda-las CCAA, pero dende entón só as que teñen unha “renda per capita” inferior á media estatal. O reparto se realiza segundo criterios diferentes: poboación (87,5%), saldo migratorio (1,6%), superficie (3%), paro (1%) ou dispersión da poboación (6,95%), así como a insularidade, entre outros. 4.2 ORDENACIÓN TERRITORIAL A competencia entre espacios xeográficos a nivel estatal, europeo ou mundial, guiou as políticas rexionais cara un contexto de planificación ou ordenación territorial. A Ordenación do Território é actualmente unha disciplina recente, que xurdiu en España na década de 1980. A Carta Europea de Ordenación do Territorio a define como: “...a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda a sociedade...”. O seus obxectivos son:

desenvolvemento equilibrado do territorio. necesidade da organización integral do espacio.

A Ordenación do Territorio é unha disciplina científica e tamén unha tarefa política. Como disciplina científica é interdisciplinar (xeografía, economía, socioloxía, urbanística, dereito...), e como tarefa política require da participación dos poderes públicos e do conxunto da sociedade. O ámbito espacial básico de aplicación da Ordenación do Territorio é a rexión. Pero tamén é posible formular plans suprarrexionais, estatais ou comunitários. Concíbese, deste xeito, a Ordenación do Território como unha cadea de plans xerarquizados: uns vinculantes, ou de obrigado cumprimento entre si, e outros indicativos, que favorecen a consecución do plan pero que non son obrigatorios. O instrumento básico da OT é a planificación, que abarca unha análise-diagnóstico da situación real (modelo territorial) e os obxectivos (ou modelo que se tenta acadar) e periodización.5.- ESPAÑA NO MUNDO E NA UE. EUROPA DAS REXIÓNS.A U.E. concede gran importancia ás rexións, co fin de correxir os desequilibrios territoriais entre elas. En Alemania estas son denominadas Länder; en Italia e Francia Regiones, ainda que nesta última dividida en Departamentos; no Reino Unido, Áreas ou territorios que engloban os condados; en España, Comunidades Autónomas… Enténdese por rexións os territorios situados inmediatamente por debaixo dos estados, que teñen representación política. A UE as denomina NUTS (Nomenclatura de Unidades Territoriales Estadísticas). Segundo a axencia estadística de EUROSTAT, hai en total 1.671. En 1994 constituise o chamado COMITÉ DAS REXIÓNS, asamblea da UE, de tipo consultivo. Algunhas rexiones fronteirizas poden establecer voluntariamente acordos de colaboración mutua, formando Eurorrexións (Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal).

13