Upload
agreloroberto
View
859
Download
12
Embed Size (px)
Citation preview
O Renacemento fora de Italia chega no S. XVI. O Renacemento en ESPAÑA ten unhas características
peculiares. S. XVI, ESPAÑA É UNHA POTENCIA HEXEMÓNICA
EN EUROPA (Flandes, Imperio Alemán, Nápoles, Sicilia, Portugal…)
CARLOS I DE ESPAÑA será emperador do Sacro Imperio Xermánico e da Coroa Española.
Enfrontamento cos protestantes. Sucedeo FILIPE II, que incorpora PORTUGAL e os
seus territorios
Filipe II convértese no gran defensor do Catolicismo, do CONCILIO DE TRENTO e da Contrarreforma.
Os AUSTRIAS MAIORES gobernaron todo o século XVI. Goberno de MONARQUÍA AUTORITARIA.
A sociedade en España é ESTAMENTAL e a IGREXA terá gran poder. A BURGUESÍA case non existe
O Renacemento chega a España polos contactos existentes con Italia, grazas as posesións de Nápoles, Sicilia e Milán
En España persistirá nos primeiros momentos do Renacemento o influxo da arte gótica isabelina e da mudéxar.
Todo isto podería explicar a inexistencia dun verdadeiro estilo CLASICISTA en España.
O promotor da obra foi FILIPE II. Comezouse en 1563 e remátase en 1583. Obra realizada para conmemorar a VITORIA DE SAN
QUINTÍN sobre os franceses. Adicouse a S. Lourenzo, xa que o seu santo foi o día da
vitoria. Edificio que fora PAZO, PANTEÓN DE REIS, IGREXA,
MOSTEIRO e BIBLIOTECA. Encargalle os planos ó arquitecto XOÁN BAUTISTA DE
TOLEDO, que traza unha planta moi sinxela: RECTANGULAR, CON CATRO TORRES NAS ESQUINAS E CATRO PATIOS INTERIORES.
NO CENTRO ESTARÍA A IGREXA Este arquitecto morre e continúa a obra o auténtico
artífice do Escorial, XOÁN DE HERRERA Herrera mantén a planta pero sen decoración Esta sobriedade decorativa será moi do gusto de Filipe
II
Aspecto defensivo acentuado polas catro torres nos ángulos e rematadas con chapiteis de pizarra.
Muros pechados con escasas ventás NIN DECORACIÓN.
Feito con placas lisas de pedra que acentúan a frialdade e o carácter defensivo
Aspecto austero Esta austeridade e simplicidade son pura exhibición.
As súas dimensión, a súa grandiosidade reflexan o poder do monarca.
División en dous corpos. Parece unha fachada clásica, pero xa observamos elementos MANIERISTAS: usa columnas xigantes de orden TOSCANA. Según as normas clásicas, cada corpo debe ter a súa columna, pero aquí as columnas percorren a fachada desentendéndose da división interior.
Na parte central sitúase unha estrutura cadrada coroada cun frontón triangular.
Nas partes laterais aparecen pirámides rematadas en bolas: ELEMENTO DECORATIVO TÍPICO DO ESCORIAL
Elemento rectangular rematado nun frontón triangular
Dous pisos no interior
Columna xigante de orde toscana
PINÁCULO REMATADO NUNHA BOLA
Tras atravesar a fachada principal non se entra directamente na igrexa, senón no PATIO DOS REIS
Busca sorprender o espectador
Típico do MANIERISMO
Edificio maís importante. Fachada sobria con elementos manieristas: COLUMNAS TOSCANAS QUE PERCORREN A FACHADA DE ARRIBA A ABAIXO
Fachada remata cos reis de Israel, que da nome o patio De novo, estrutura cadrada que remata nun frontón
triangular rematado por bolas (MANIERISMO) A igrexa ten planta de cruz grega inscrita nun cadrado.
Toda a construción aparece centralizada por unha gran cúpula
No interior mantense a austeridade co emprego de placas lisas de pedra, sen decoración. Como soporte usa a PILASTRA.
Nace na illa de Creta ( posesión de Venecia) Realiza a súa mellor obra en España A súa obra divídese en tres fases:
FASE DE CRETA: iniciou a súa formación pintando iconos bizantinos.
ETAPA VENECIANA: Trasládase a Venecia donde se ve influido por TINTORETTO, TIZIANO, e tras viaxar a Roma, MIGUEL ANXO.
ETAPA TOLEDANA: tras traballar en Madrid, este marcha a Toledo donde morrerá.
ETAPA CRETENSE
Formase pintando ICONOS BIZANTINOS. Isto explica a súa forte expresividade e espiritualidade nos seus cadros
ETAPA VENECIANA
Influido por TINTORETTO ( na
construción do espazo e escorzo das figuras), de
TIZIANO ( a cor e a luz). De MIGUEL ANXO
(carácter escultórico)
En 1577, o Greco chega a España, primeiro a MADRID, e a partir de 1580 trasládase a TOLEDO, donde vivirá ata a súa morte.
O gran interese do Greco nestes anos en Madrid foi entrar na corte de Filipe II, quen lle encarga o cadro O MARTIRIO DE S. MAURICIO, para ser colocado nun lateral da igrexa do ESCORIAL.
Este cadro foi rechazado por Filipe II
A lexión tebana que dirixe s. Mauricio négase a facer sacrificios a deuses pagáns antes de entrar en combate, como castigo un de cada dez soldades tebanos será decapitado.
O Greco pinta tres escenas nun mesmo espazo: Primeiro termo: o santo falando cos xefes militares Segundo termo: A decapitación dos soldados Terceiro termo: grupo de omes espidos entre os que se
elixen ós mártires. Na parte superior: CORO DE ANXOS MÚSICOS.
PARTE CELESTIAL: coro de anxos
Tres esceas:A decisión.O martirio.A eleción
O martirio de s. Mauricio
A representación da historia non é convencional, o espazo está representado de xeito que o primeiro plano está elevado, no segundo plano descende para volver a subir no fondo.
Espazo típicamente MANIERISTA. Non respeta as regras da proporción da perspectiva: as
figuras do segundo e terceiro plano son moi pequenas Tamén racha co convencionalismo de representar a
escea máis dramática en primeiro plano No coro dos anxos vemos uha certa espiritualidade
das figuras (profundo escorzo influencia de Tintoretto)
A luz irreal procede de TIZIANO Este cadro non foi do gusto de Filipe II e non o
colocou no Escorial.
A falta de entendemento con Filipe II fai que o pintor se traslade a TOLEDO, onde acada gran fama e monta un taller.
Realiza numerosos retratos , como o cabaleiro da man no peito
Obra encargada polo párroco da igrexa de Sto Tomé. O señor de Orgaz fora o benefactor dos monxes
agustinos de Toledo, e o día do seu enterro aistiron a el os Stos Agustín e Estebo, según a lenda
O Greco representa a escea do enterro no que se produce a milagre.
O enterro asiste tamén un grupo de cabaleiros toledanos, vestidos con traxes da época.
Os cabaleiros colócanse seguindo unha disposición horizontal
Ante os cabaleiros, dous membros da igrexa transportan o corpo morto do señor de Orgaz.
Un neno, no primeiro planom mira o espectador e sinala o corpo sen vida
Cadro MANIERISTA: AS FIGURAS ALÓNGANSE SEN APENAS DEIXAR ESPAZO NON HAI REFERENCIAS ESPACIAIS, SENDO O FONDO
NEUTRO. A ÚNICA REFERENCIA ESPACIAL SON GRANDES VELAS
ENCENDIDAS
O Greco abre o camiño o BARROCO, xa que os dous persoaxes que transportan o cadáver, vano levar a un sepulcro que está fora do cadro, non existe: EFECTO TEATRAL, ILUSORIO.
Unha figura situada de espaldas ó espectador, abre os brazos en forma teatral e mira cara arriba, onde aparece a visión DA GLORIA, con Cristo Xuíz, moi pequeño e alongado, envolto nun manto branco e rodeado dos benaventurados e dos intercesores, MARÍA e S. XOÁN.
Debaixo un anxo en escorzo, leva nos seus brazos o corpo case transparente dun neno espido, A ALMA
PARTE INFERIOR: sería a parte terreal, que se corresponde coas figuras máis realista e dispostas en horizontal.
PARTE SUPERIOR: sería o mundo celestial ou gloria, que presenta unha disposición PIRAMIDAL e en perspectiva. Nesta parte as figuras alónganse, espiritualizanse.
As figuras da Gloria están concebidas para ser vistas dende abaixo o que acrecenta o seu alongamento.
A conexión entre os dous niveis realízase a través do anxo portador da alma
A partir deste cadro, O Greco encamíñase cara unha evolución creativa cada vez máis persoal.
A inmaterialidade e espiritualidade que só afectaba nos cadros anteriores as figuras celestiais, afecta agora a tódalas figuras, sexan humanas ou divinas, da Terra ou do Ceo.
Tódalas súas obras a partir de agora parecen estar concebidas para ser vistas de xeonllos.
A LUZ e o ESPAZO fanse IRREAIS, o debuxo perde nitidez e as formas desfanse
Isto podemolo observar NA ADORACIÓN DOS PASTORES.
O alongamento das figuras é desmesurado Luz totalmente irreal. A figura do neno Xesús e utilizado como un foco
lumínico. Crea fortes contrastes lumínicos e utiliza a luz para
desmaterializar aínda máis as figuras. Abandoa calquer pretensión naturista e predomina
unha espiritualidade abstracta chea de expresividade.