10
OS INVERTEBRADOS MARIÑOS TOÑO ARES BERMÚDEZ E IAGO MALLO VÁZQUEZ IES Nº1 RIBEIRA 1ºC

Toño e yago

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Toño e yago

OS INVERTEBRADOS

MARIÑOS

TOÑO ARES BERMÚDEZ

E IAGO MALLO VÁZQUEZ

IES Nº1 RIBEIRA 1ºC

Page 2: Toño e yago

ÍNDICE1ª PÁXINA: OS PORÍFEROS

2ªPÁXINA: OS VERMES MARIÑOS3ª PÁXINA: OS CNIDARIOS4ª PÁXINA: OS MOLUSCOS

5º PÁXINA: OS CRUSTÁCEOS6ª PÁXINA: OS EQUINODERMOS

Buscamos a información na Wikipedia e en Recursos TIC.

Page 3: Toño e yago

INTRODUCIÓN

Este traballo é dos invertebrados mariños e vamos

a falar dun de cada grupo.

Este traballo serviunos para aprender máis dos

seres vivos.

Page 4: Toño e yago

PORÍFEROS- As esponxas ou Poríferos (Porifera) son un filo de animais invertebrados acuáticos.- Existen máis de 5.000 especies de esponxas no mundo, das cales 150 viven en auga doce.- Durante moitos anos consideráronse plantas pero posteriormente, ó observar que no seu interior aparecían correntes de auga, foron considerados animais (arredor do ano 1825).- Os poríferos son seres acuáticos filtradores, bentónicos (viven no fondo do mar, entre dúas augas) ou sésiles (viven ancorados ó chan). Hainos mariños e de agua doce, de augas frías a tropicais, de zonas pouco profundas a zonas abisais, pero todos teñen en común a súa incapacidade para o desprazamento.- O aspecto corporal das esponxas é moi variado aínda que a forma máis sinxela e característica é a dun "saco" cunha abertura eferente e grande na parte superior, o ósculo, que é por onde sae a auga, e moitos poros aferentes ou ostiolos máis ou menos pequenos nas paredes, que é por onde entra a auga. Os ostiolos e os ósculos están unidos por un sistema de condutos e cavidades que é dunha complexidade diferente nas distintas especies.- Carecen de sistema nervioso e de órganos ou elementos contráctiles, o que nos fala dun baixo nivel de integración no seu comportamento, e cun grao limitado de individualidade das esponxas que viven en colonias (presentando estas límites imprecisos e escasa autonomía).

Page 5: Toño e yago

VERMES MARIÑOS

-O nome de poliquetos significa "moitas quetas" debido aos pelos ríxidos que saen do corpo, e que axudan á reptación, dos vermes de vida libre. Presentan unha cabeza diferenciada e un corpo formado por aneis. -Algúns son de vida libre, como os Nereis que verás na presentación. - Outros son sedentarios, como os chamados vermes tubícolas que segregan duros tubos nos que se esconden para protexerse dos depredadores. Por estes tubos saen os seus branquias para tomar o osíxeno da auga. Adoitan ser moi vistosos e por iso coñécense tamén como "vermes plumeros".

Page 6: Toño e yago

MOLUSCOS-Os polbos son moluscos mariños da clase Cephalopoda e da orde Octopoda, que significa "oito pés". A súa característica principal é unha coroa de oito tentáculos ou raxos na cabeza, arredor da boca, provistos de fortes ventosas. Non ten esqueleto interno (como as luras) nin externo (como o náutilo). Como medio de defensa, o polbo posúe a capacidade de botar tinta e a autonomía dos seus tentáculos.-Todos os polbos teñen a mesma estrutura básica e son depredadores. A única parte ríxida do seu corpo é o bico córneo co cal desfai as súas presas. Os seus ollos son moi semellantes en estrutura aos do ser humano. Posúen tres corazóns, e teñen unha incríbel forza con delicadísimos sentidos de tacto e padal presentes nos seus centos de ventosas, grazas ás cales practicamente calquera cousa quedará irremediabelmente capturada así que o brazo do polbo toca a súa superficie.-A reprodución dos polbos é sexuada e iniciase cun ritual de emparellamento que pode durar varias horas ou días entre o inicio da corte (durante a cal machos concorrentes poden competir de diversas formas para establecer dominación, sen necesariamente entrar en combate) e a fecundación.

Page 7: Toño e yago

CNIDARIOSCorais ou antozoarios son animais cnidarios e unha das marabillas do mundo submarino. Os corais constitúen colonias coloridas que crecen nosmares e poden formar recifes de grandes dimensións que albergan un ecosistema cunha biodiversidade e produtividade extraordinarias.O maior arrecife de coral vivo atópase na Gran Barreira de Coral, na costa da Queensland, Australia. A maioría dos corais desenvólvense en augastropicais e subtropicais, mais poden atoparse pequenas colonias de coral ata en augas frías, como ao longo da Noruega.De feito, os corais son rochas vivas moi procuradas no comercio acuarista, unha das razóns de que estean ameazados. O coral é o exoesqueleto decolonias de cnidarios.Os corais son os membros da clase Anthozoa que constrúen un "esqueleto" que pode ser de materia orgánica ou de carbonato de calcio. Os restantes membros desta clase que non forman exosqueleto son as anemones de mar.Case todos os antozoarios forman colonias, que poden chegar a tamaños considerables – os arrecifes - mais existen moitas especies en que ospólipos viven solitarios.Os pólipos teñen a forma dun saco (o celéntero) e unha coroa de tentáculos con cnidocitos (células urticantes) na abertura, que se chama arquéntero. Os antozoarios non teñen verdadeiros sistemas de órganos: nin sistema dixestivo nin sistema circulatorio, nin sistema excretor, unha vez que todas os intercambios de gases e fluidos se dan no celéntero, unha vez que a auga entra e sae do corpo do animal a través de correntes provocadas polos tentáculos.

Page 8: Toño e yago

CRUSTÁCEOS-A lagosta é un crustáceo macruro (de abdome ben desenvolvido), un dos mariscos máis valorados, tanto en

Galicia como no resto do Estado. Tamén se denomina lagosta europea ou lagosta vermella.-Corpo robusto, dividido entre cefalotórax e abdome, cubertos por un exoesqueleto de natureza calcárea (caparazón), de forma máis ou menos cilíndrica, dotado de numerosos saíntes de tamaños desiguais dispostos en liñas lonxitudinais.- O rostro está formado por un pequeño saínte con dúas espiñas laterais, diverxentes e prominentes (como cornos), sobre os ollos, pedunculados e globosos.O primeiro par de antenas son pequenas (anténulas), curtas e bifurcadas ó final. O segundo par de antenas está moi desenvolvido, chegando a ser máis longas có corpo do animal, e consta dunha base ou pedúnculo curto e espiñoso e un látigo formado por incontables artellos. As antenas teñen unha función esencialmente táctil.-É unha especie, que vive nos fondos rochosos onde poida agocharse en covas e gretas, a profundidades de 20 a 70 metros, se ben no inverno desprázase a profundidades de 250 m ou máis.

Page 9: Toño e yago

-O ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á

clase dos equinodermos.

-Recoñécense por teren un aspecto máis ou menos esférico e estaren

recubertos de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca,

que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do

chan.Ten un esqueleto calcario, de calcio, moi duro e que queda

descuberto cando o animal morre.Como medio de locomoción emprega

as espiñas, as cales son móbeis.

-Tódolos equinodermos son dioicos: existen un macho e unha femia

diferenciados. O macho posúe púas longas, delgadas e agudas, mentres

que a femia tenas curtas e romas.

EQUINODERMOS

Page 10: Toño e yago

FIN