Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Primavera
TORBELLINO DE IDEAS SOBRE PRIMAVERA
Dialogar cos nenos e nenas sobre todo o que se lles ocurra sobre a primavera.
Poden axudarse dunha imaxe sobre a estación na que poder enumerar, describir
e contar os elementos que ve. Exemplo:
• CANTAS PERSOAS HAI?
• CANTOS NENOS HAI? CANTAS
NENAS?
• QUE ANIMAIS VES?
• CANTAS BOLBORETAS HAI? E
PAXARIÑOS?
• QUE FAN ESES NENOS?
• QUE CORES VES?
CALENDARIO METEOROLÓXICO
Rexistrar o tiempo que vai cada día mediante un debuxo: sol, chuvia...e en
función do tempo dialogar sobre qué roupa se poñería: gorra para protexerse do
sol, chuvasqueiro, camiseta corta, xersei...
Ou podedes imprimir algunha imaxe para rexistralo.
CANTAMOS E BAILAMOS CON ESTAS CANCIÓNS:
• “ LA PRIMAVERA YA LLEGÓ” DE ABEL CAMACHO
https://www.youtube.com/watch?v=4hJBnRJv5fc
• “A PRIMAVERA” DE MAMÁ CABRA.
https://www.youtube.com/watch?v=HcVaZJlFOmQ
• CANTAJUEGOS: PRIMAVERA
https://www.youtube.com/watch?v=eFZsUKt_3g8
• DÚO TIEMPO DE SOL : MIX CANCIONES BICHIKIDS
https://www.youtube.com/watch?v=MBxwvljqNvc
• A HORTA DE BALBINA
https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE
Videos educativos
LOS ÁRBOLES
https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac
LOS ANIMALITOS Y LA PRIMAVERA
https://www.youtube.com/watch?v=QVi-sdInS2I
CUENTOS
Un jazmín en mi jardín
https://www.youtube.com/watch?v=hZfzIRfGqYs
-Facer actividades sobre o conto
-Preguntas de comprensión
-Título
-Debuxo
-Vocabulario relacionado co conto
DÍA DEL ÁRBOL LA HISTORIA DE PIPO SUBTITULADA
https://www.youtube.com/watch?v=ogf-pQWs2pQ
-Debuxo do conto
CUENTO LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA
https://www.youtube.com/watch?v=X7DDhD0poPQ
ACTIVIDADES DO CONTO:
• DEBUXAMOS A ORUGA E A BOLBORETA.
• Elaborar toda a comida que vai comendo a Oruga Glotona
mediante distintas técnicas de manualidades:
o Bolitas de papel.
o Recortes de papel con tijeras o rasgado.
o Tiras de papel con rasgado o tijeras.
• FACEMOS UNHA ORUGA CON PINZAS DE ROUPA,
CON BOTÓNS OU CON OVEIRAS.
ALGO DE MÚSICA!
https://www.youtube.com/watch?v=yEyCGRbMDvE
ESTE ÚLTIMO É MUSICALIZADO, DE BABA MÚSICA EDUCACIÓN INFANTIL,
RECOMENDAMOS MÁIS CANCIÓNS E CONTOS DELES, COMO : el cuplé de la pelota, o
busco al lobo.
ESPEREMOS QUE VOS GUSTEN MOITO!
PLANTAS NA CASA
Se hai plantas na casa, contar cantas hai, observar unha que teña flor e contar
cantas flores ten, de qué cores son, ver as súas partes (raíz, talo, pétalos…)
contar se é posible os pétalos sen arrancalos…
COIDADO DAS PLANTAS
Facer ós nenos partícipes do coidado das plantas da casa, regándoas cada día,
poñéndoas á luz do sol…
Os que tedes a opción, plantar verduras e hortalizas nas macetas ou na horta.
FACER UN ARCO IRIS CASEIRO
Materiais necesarios: un vaso de auga, espello e lanterna. Hai diferentes formas
de facelo que podedes encontrar en Internet. Exemplo:
PINTAR UN ARCO DA VELLA
IMOS ENCHER AS FIESTRAS DE ALEGRÍA!
TAMÉN PROPOÑEMOS FACER UN ARCO DA VELLA GRANDE E PEGALO
NUNHA VENTANA OU BALCÓN DA VOSA CASA.
(SEGURO QUE ALGÚN DE VOS XA O FIXO…MANDÁDENOS ALGUNHA
FOTIÑO!!!)
EXPERIMENTO CON FLORES
Necesario: mínimo unha flor de cor branca, un vaso e colorante alimentario.
1. Enchemos o vaso de auga e introducimos a flor branca co tallo cortado.
2. Botamos unhas gotiñas de colorante alimentario
3. Deixamos 24 horas a flor no vaso para que a coloración se complete
puidendo observar a evolución, vendo como pouco a pouco os pétalos
van obtendo a cor que lle botamos á auga
O obxectivo é que vexan como as plantas, mediante a raíz se alimentan de
auga, subindo polo tallo ata chegar ás follas e pétalos.
Se é posible, pódese facer á vez con máis flores con colorantes alimentarios de
diferentes cores.
https://www.youtube.com/watch?v=0I7BNHLJb4Y
CARAS, EMOCIÓNS E PLANTAS
Consiste en crear caras con follas, flores…podemos expresar diferentes
emocións, polo que ademáis de xogar cos elementos naturais aprenden e
recoñecen as expresións faciais.
Pódese recortar un cartón en forma do óvalo da cara e recoller herba, flores,
semillas…
Exemplo:
COLLAGE
Outra opción é utilizar esos materiais para facer collage con elementos da
natureza. Ou na súa variante, con recortes de revista facer flores,
árboles…traballando desta maneira a motricidade fina.
Exemplo:
FACER FLORES CON PLASTILINA :Con tallo largo, curto, pétalos de diferentes
cores…
UN XIRASOL CON PIPAS Propoñemos facer un xirasol grande e pegar pipas
no medio.
DEBUXO PRIMAVERAL
Podedes usar o material que teñades: pinturas de dedos, pinceis, acuarelas,
rotuladores, ceras…
No debuxo deberán aparecer flores, árboles, bolboretas, xoaniñas, paxariños…
en definitiva, unha paisaxe de primavera.
PUXLE CASERO
-Dividen un folio doblando en 4 partes.primeiro pola metade e despois outra vez
pola metade.Cortan polas dobleces.En cada anaco debuxan unha flor de
diferente tamaño.Cortana pola metade.Baraxan tódolos anaquiños e teñen que
compoñer de novo as flores
XOGO
Son necesarios dous xogadores con dous vasos e varias porcións de semillas
(por exemplo un con lentellas e outro con xudías na mesma cantidade).
O xogo consiste en tirar un dado e poñer tantas semillas no seu vaso como
indique o mesmo.
Gana o primeiro que quede sen ningunha lentella ou xudía, puidendo sementar
todas as súas semillas antes co outro.
ADXUNTAMOS ALGUNHAS FICHAS QUE PODEDES IMPRIMIR
POEMA:
A PRIMAVERA
AS BOLBORETAS ENCHEN O CEO
OS CARACOIS VAN DE PASEO
OS PAXARIÑOS VOAN AQUÍ
A PRIMAVERA CHEGA POR FIN.
1. LE OU ESCOITA O POEMA E INTENTA APRENDELO.
2. QUE ENCHEN AS BOLBORETAS? ……………………………………
3. ONDE VAN OS CARACOIS?................................................................
4. CANTOS ANIMAIS APARECEN ?
5. RODEA OS ANIMAIS QUE APARECEN E RISCA OS QUE NON:
6. BUSCA E SUBLIÑA A PALABRA PRIMAVERA NO POEMA.
7. DEBUXA OS ANIMAIS QUE APARECEN
PINTA SEGÚN SE INDICA
Esperamos que estean todos ben. Moito ánimo para superar esta situación.
Seguide poñéndovos en contacto coa titora. As actividades son para 15 días ,polos traballos
non se preocupen cada familia que os vaia facendo segundo as súas posibilidades. Calquera
dúbida ou dificultade póñanse en contacto coa titora.
Esperamos vervos pronto. Un saúdo o equipo de infantil.