Upload
cole-isaac
View
226
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Día da Paz 09
Citation preview
Este ano celebramos a Paz no noso centro coa temática A PAZ NOMUNDO. Plantexámonos: Para lograr a Paz no mundo, que podemosfacer nós?A partir diso traballamos nas diferentes etapas educativas do nosocentro, poñendo as nosas MANS PARA A PAZ.
EDUCACIÓN INFANTILCada neno fai a súa man e dentro dela colorea a palabra PAZ ou en
cada man unha letra de P, A, Z.Nunha cartolina farase un mural, unindo 3 mans que teñan cada unha
dela unha das letras da Paz para expoñer na Biblioteca e noscorredores
PRIMEIRO CICLO
Decálogo de 10 palabras relacionadas coa Paz. Cada alumno colorea a súa man e dentro unha das palabras
relacionadas coa Paz.Colorear debuxos dados sobre a Paz ou elaboración dos seus propios
debuxos. Nunha cartolina montaranse as palabras relacionadas coa Paz e as
mans dos nenos e nenas.Elección dalgúns debuxos para montar na cartolina e poñelo na
Biblioteca; co resto fíxose un mural para os corredores.
SEGUNDO CICLODecálogo de mans para a Paz: dez frases relacionadas coa Paz.
Cada alumno colorea a súa man e dentro unha das frases do decálogo.
Colorear debuxos dados sobre a Paz ou elaboración dos seus propios debuxos.
Nunha cartolina montouse o decálogo da Paz con algúns debuxos das mans para colocalo na Biblioteca o resto púxose nos corredores
TERCEIRO CICLO PRIMARIA
Caza do Tesouro: “A PAZ NO MUNDO” (elaboración do equipo)Obxectivo: Búsqueda de información sobre la celebración do día da Non violencia escolar e da Paz: cando se celebra, a quen vaiadicado…
Elaboración de frases ou slogans relacionados coa PazRealización de murais cos slognasRealización de poesías con palabras relacionadas coa PAZ
ACTO DO DÍA DA PAZ
Breve introducción sobre GhandiContacontos elixidos para cada ciclo relacionados coa PazLectura das frases e palabras relacionadas coa PazErguemos as nosas mans para a PazLectura de poemas relacionadas coa PazPeche do acto da biblioteca cunhas imaxes de reflexión axeitadas a
cada ciclo.
Peche da conmemoración cunhaCARREIRA SOLIDARIA
Participaron tódolos nenos e nenas facendo relevos por cursos e utilizando unhas pombas da Paz como testemuñas.
A recadación (900 euros) entregouse naCociña Económica de Ferrol
Presentación
para o día da
Paz
Debuxo e
poema sobre a
Paz
escrito polo
alumnado de 5
anos
Realizados polo alumnado
do 3º ciclo de Primaria do
CEIP Isaac Peral 2009
A AMIZADE
Se tes respecto,
conseguirás amizade.
Se tes valor,
un mundo mellor.
Se tes un bo corazón,
terás paz a “mogollón”;
conseguirás tranquilidade
e moita felicidade.
Grupo 1 de 6º B: Sara Doval, Alberto, Gabriel, Miguel Prol y
Laura Lorenzo.
A UNIÓN
Somos moitos países
neste mundo.
Para ter comprensión,
necesitamos unión.
Precisamos unha linguaxe,
a linguaxe da amizade,
para poder parar,
a guerra e a maldade.
Tamén precisamos,
se queremos amor,
usar o corazón.
Grupo 2 de 6ºB: María, Alex, Andrés, Sonia y Carlos
COLABORACIÓN
Se na casa as de axudar,
na clase tamén colaborar.
Sempre unidos, a traballar!
A felicidade é un sentimento
que viaxa coma o vento
e que medra co tempo.
Se escoitas aos teus amigos,
sentirás amizade, e
respectándoos, moita felicidade.
Todos xuntos unámonos
con moita responsabilidade
para que vivamos con tranquilidade
Grupo 3 de 6ºB: Sara González, Ángel, Icía, Sendoa
y Sergio Santos
ESFORZO E GOZO
Cando hai esforzo,
no noso traballo,
sentímonos completados.
Debemos ser bos,
para así conseguir
paz e moito amor.
A paz é coma a
amizade, hai que
coidala para conservala.
Coidémola todos,
vale a pena o esforzo
para sentirmos gozosos.
Grupo 4 de 6ºB:
Sergio Santalla, Carolina, Iván, Alexis y Susana
UN CAMBIO
Hai horrores polo mundo:
a fame, as guerras;
haiche moitas miserias
neste, o noso planeta.
Queremos cambiar o mundo,
pero non podemos sos,
necesitamos axuda,
dános colaboración.
Este é un cambio moi brusco,
debemos ter tranquilidade,
coa túa gran axuda,
teremos felicidade
Grupo 5 de 6ºB: Alejandro, Naomi, Érik, Laura Díaz y Miguel A. Grandal.
O RESPECTO
Respecto e amizade;
dúas palabras clave.
Se ti queres a PAZ
valas ter que utilizar.
Respecto é a base
dunha boa convivencia.
Se ti o mostras
terás limpa a conciencia.
Amizade son amigos,
dos bos, de verdade.
Todo o mundo os necesita
para vivir con felicidade
Grupo 1 de 6ºA: Aroa, Lucía, Manuel, Óscar y Miguel Martínez.
COMPRENSIÓN
Unión, sinónimo de amizade.
Comprensión, sinónimo de felicidade.
Se desexas estes valores,
píntaos con todas as cores.
Non te rendas nunca,
nin perdas a esperanza,
pois anhelamos algo máis,
que unha pequena lembranza
Grupo 2 de 6ºA: Irene, Andrés, Antón, Jorge e Isabel.
FELICIDADE
O poema que che vou contar,
traerate felicidade sen parar.
Se no mundo houbera responsabilidade,
todo sería felicidade.
Imos as guerras afastar
Para que o mundo teña PAZ
Eu berro P A Z,
palabra moi fermosa,
que cada vez quero máis.
As guerras non gustan,
todas as loitas desgustan;
a amizade e a xustiza,
son o fundamental
para non pasalo mal
Grupo 3 de 6ºA: Xoán Blanco, Pedro, Clara, Esther y Carlos M
AMOR
A dozura e o amor,representan a paixón;
a paz e a alegría,representan a boa vida.
O egoísmo non é nada,resulta unha parvada;
pero o esforzo ten valor,e ten moitas razóns.
A dozura, o amor,o esforzo e a alegría;
todo xunto nos dáPAZ á nosa vida
Grupo 4 de 6ºA:Carla, Guillermo, Julio, Luís y Laura
TRANQUILIDADE
Coa nosa colaboración
podemos axudar
a moita xente
desta civilización.
A tranquilidade
de moitos países
non so depende de nós,
senón de toda a humanidade.
Colaboración e tranquilidade
son dúas palabras
que non temos que esquecer,
aínda que moitos países
estano a facer
Grupo 5 de 6ºA: Xoán Carneiro, Miguel de Juan, Cintia, Camila y Anxo
Un día soñei cun mundo,
un mundo feliz,
sen mortes que lamentar,
sen inimigos contra os que loitar.
Nese mundo a xente colaboraba,
colaboraba para obter tranquilidade;
era un mundo onde reinaba a felicidade.
Un día soñei un mundo,
un mundo de paz,
onde toda, toda a xente colaboraba
para obter tranquilidade.
Miguel de Juan
Colaboración
significa axudar;
tranquilidade,
significa calma.
Obter esas
dúas cousas,
significa...
Vivir en paz e amor.
Camila De Piero
A colaboración é algo moi valioso,
únenos uns aos outros,
fainos máis persoas.
Fainos ser máis felices na vida,
enchéndonos de afectividade,
tendo tranquilidade e igualdade.
Colabora, axuda!
sen pedir nada a cambio.
Cintia Couto
Se queremos paz e amizade,
hai que mostrar responsabilidade.
Aos demais hai que respectar,
aínda que teñan distinta forma de pensar.
Cos que menos teñen, colaboración,
e así teremos un mundo mellor.
Anxo López
POEMAS COAS PALABRAS COLABORACIÓN E TRANQUILIDADE
Así conta o noso alumnado como viviu a celebración do
DÍA DA PAZ