13
TRAEMOS A VIDA Á ESCOLA

Traemos a vida á escola

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Traemos a vida á escola

TRAEMOS A VIDA Á ESCOLA

Page 2: Traemos a vida á escola

Despois de visitar o muíño de Calaza, despois de coñecer o “burro” sentimos a necesidade de

buscar nas nosas casas aqueles aparellos, que hoxe en día xa quedaron obsoletos e que moitas veces nos resultan xa descoñecidos, incluso non

sabemos xa o seu nome.

Así os rapaces de quinto e sexto nos fomos de “caza” fotográfica… parte das nosas adquisicións

se atopan nas diapositivas que seguen.

Page 3: Traemos a vida á escola

IERGA: Utensilio usado polos zoqueiros para facer o baciado

das zocas.

Page 4: Traemos a vida á escola

Primeira radio de Churio, darredor da que se xuntaban todos os veciños para escoitar as noticias e os programas fundamentalmente musicais polas

noitiñas.

Page 5: Traemos a vida á escola

Pote con gramalleira.

A GRAMALLEIRA ven sendo a cadea da que pendura o

pote.

Page 6: Traemos a vida á escola

Non conseguimos saber o nome deste artiluxio en galego. En castelán sería

aguamanil.

Consta dunha estructura de metal na que descansa unha PUNCHERA na que se verte

a auga procedente dunha XERRA para o aseo de cara e mans polas mañás.

A PUNCHERA ten un

orificio con tapón para desfacerse da auga sucia que cae nun CALDEIRO.

Page 7: Traemos a vida á escola

Antiga CALDEIRA

Page 8: Traemos a vida á escola

Antiga CALCULADORA

que ningún de nós recoñecimos como tal, salvo a

persoa que aportou a

imaxe.

Page 9: Traemos a vida á escola

GALLETOS para uns GUELLOS para outros, esta imaxe dounos moito xogo. A maioría pensábamos que eran usados para meter e remexer a leña no forno, pero estos eran máis pequenos e tiñan un uso moito máis singular. Usábano os mozos cando ían mocear para apoiarse polos camiños ou incluso para defenderse dalgunha alimaña que lles poidera aparecer.

Page 10: Traemos a vida á escola

Reflexionamos como dende a antigüidade a hoxe, a vida do ser humano combiou moito,

grazas a aparición progresiva de diferentes ferramentas que pouco a pouco

melloraron a vida das persoas.

Metidos nestas reflexións, surdeu a aparición do mellor “mecanismo” para a protección da vida e como non sabíamos onde encadralo encaixámolo neste pps.

Page 11: Traemos a vida á escola

Estamos a falar dun abelleiro que se instalou na casa dun veciño de Churío. Nestas imaxes podemos observar o abelleiro en pleno traballo, os panais

cando un apicultor veu recoller as abellas, e as crías que se vían nos

panais. Tamén aprendimos a importancia das abellas para

supervivencia das especies, tanto vexetais como minerais.

Page 12: Traemos a vida á escola

E como na primavera a vida é un contino estalido, un neno de sexto atopou entre unhas táboas da súa

casa un niño abandoado, tivo a delicadeza de traelo á escola e compartimos a experiencia con todos os nenos de infantil e de

primaria.

Page 13: Traemos a vida á escola

Como sabemos, «o que non se coñece non se ama», e como nós amamos o noso terruño, e a nosa xente, o mellor que

podemos facer é buscar o coñecemento do que nos pertence. Todos estes vestixios do pasado e tamén os sucesos do día a día,

sonnos revelados polos nosos maiores e nós debemos facer de correa de transmisión e

de gardiáns destes tesouros que nos conforman como sociedade cunhas

características determinadas.