2
Xa collera a crema solar cando cerrou a porta da habitación. Dispúxose a baixar as escaleiras, pero douse conta de que lle faltaba o móvil. Colleuno e montou no coche. A primeira parada era a casa de Sara, que pola súa cara o retraso de África non lle gustou. Cando colleron a Carmen xa pasaban das tres e media, e tras o paso do tren das catro, o camiño cerrábase. dáballes tempo. En realidade cerrábase por adorno, por alí non pasaba ninguén, tan só pequenos curiosos. Elas fórono, conocían ese camiño desde Titanic, o hundimiento non, senon a película. Pasaran longas tardes de verán naquel lugar, aínda que os dous últimos anos non foran xuntas. Carme estivo vivindo en Miami con un noivo francés e o hospital foi o fogar de Sara durante un ano, donde se recuperou dunha leucemia; salira apenas facía un mes e os doutores lle avisarían dos resultados das causas da enfermidade cando os tiveran. Xa estaban chegando e Carme desabrochou o cinturón, seguida de Sara. Era unha tarde de Xuño e non había ningún coche, a xente preferiu ir ós bares a coller sitio para velo Mundial. Aparcou e dirixiuse ao maletero a sacalos bolsos. Estiraron as toallas e foron probala auga. Non cambiara nada, seguían todas as árbores de sempre, ese sitio era a natureza en estado puro. De lonxe, logo de todo o río e todo o bosque, divisábanse algúns dos rascacielos que se construíron nos últimos anos. . Alén do río seguía a casa da señora Dolly, pero non como sempre: Os cores crema substituíranse por un gris cinza, faltaban partes de tellado, os cristais das fiestras estaban rotos e o xardín estaba cheo de flores silvestres, sen dúbida, aquela señora, que lles daba galletas cando cruzaban o río, pasara a mellor vida. Ás mozas encubriulles un sentimento de añoranza e á vez de tristeza, todo aquilo formaba parte da súa adolescencia. No hospital, o doutor González dispoñíase a entrar no laboratorio onde estudaban o caso que os tivera ocupados as tres últimas semanas. Tratábase dun caso de leucemia con estrañas orixes: causado nunha idade moi temprana e sen síntomas previos. Acababan de chegar as mostras de todas as augas da cidade. Tras comprobar e descartar numerosas causas, chegaron á conclusión de que a leucemia fora adquirida mediante inxestión. Facía calor e metéronse no auga rápidamente, onde estiveron un longo tempo nadando sen apenas saír da beira. Sara propuxo unha carreira ata a metade do río e aínda que Carmen queixábase do seu cansazo, fixérona as tres. África proclamouse gañadora, e como tal propuxo ir ata a casa da señora Dolly. O seu grao de curiosidade era demasiado alto e querían comprobar o estado interno da casa.

Tren via

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Tren via

Xa collera a crema solar cando cerrou a porta da habitación. Dispúxose a baixar as escaleiras, pero douse conta de que lle faltaba o móvil. Colleuno e montou no coche. A primeira parada era a casa de Sara, que pola súa cara  o  retraso  de  África  non  lle  gustou.  Cando  colleron  a  Carmen  xa pasaban  das  tres  e media,  e  tras  o  paso  do  tren  das  catro,  o  camiño cerrábase. dáballes tempo. En realidade cerrábase por adorno, por alí non pasaba  ninguén,  tan  só  pequenos  curiosos.  Elas  fórono,  conocían  ese camiño  desde  Titanic,  o  hundimiento  non,  senon  a  película.  Pasaran longas tardes de verán naquel  lugar, aínda que os dous últimos anos non foran  xuntas.  Carme  estivo  vivindo  en Miami  con  un  noivo  francés  e  o hospital  foi o  fogar de Sara durante un ano, donde  se  recuperou dunha leucemia;  salira  apenas  facía  un  mes  e  os  doutores  lle  avisarían  dos resultados  das  causas  da  enfermidade  cando  os  tiveran.  Xa  estaban chegando  e  Carme  desabrochou  o  cinturón,  seguida  de  Sara.  Era  unha tarde de Xuño e non había ningún  coche, a  xente preferiu  ir ós bares a coller sitio para ve‐lo Mundial. Aparcou e dirixiuse ao maletero a saca‐los bolsos.  Estiraron  as  toallas  e  foron  proba‐la  auga.  Non  cambiara  nada, seguían  todas as árbores de  sempre, ese  sitio era a natureza en estado puro. De lonxe, logo de todo o río e todo o bosque, divisábanse algúns dos rascacielos que se construíron nos últimos anos. . Alén do río seguía a casa da  señora Dolly, pero non  como  sempre: Os  cores  crema  substituíranse por un gris cinza, faltaban partes de tellado, os cristais das fiestras estaban rotos  e  o  xardín  estaba  cheo  de  flores  silvestres,  sen  dúbida,  aquela señora, que  lles daba galletas cando cruzaban o río, pasara a mellor vida. Ás mozas encubriulles un sentimento de añoranza e á vez de tristeza, todo aquilo formaba parte da súa adolescencia. 

No hospital, o doutor González dispoñíase a entrar no  laboratorio onde estudaban  o  caso  que  os  tivera  ocupados  as  tres  últimas  semanas. Tratábase dun caso de leucemia con estrañas orixes: causado nunha idade moi temprana e sen síntomas previos. Acababan de chegar as mostras de todas as augas da cidade. Tras comprobar e descartar numerosas causas, chegaron  á  conclusión  de  que  a  leucemia  fora  adquirida  mediante inxestión. 

Facía  calor e metéronse no auga  rápidamente, onde estiveron un  longo tempo nadando sen apenas saír da beira. Sara propuxo unha carreira ata a metade do río e aínda que Carmen queixábase do seu cansazo, fixérona as tres. África proclamouse  gañadora, e  como  tal propuxo  ir  ata  a  casa da señora  Dolly.  O  seu  grao  de  curiosidade  era  demasiado  alto  e  querían comprobar o estado interno da casa. 

Page 2: Tren via

Ao  entrar,  os  científicos  levaban  xa  oras  investigando  as  mostras  e  a solución  semellaba  estar  preto.  A  satisfacción  coa  que  se  comunicaban deixaba albiscar que ían polo bo camiño, e González púxose ao tanto. Tres das  mostras  estaban  claramente  contaminadas,  pero  unha  delas salientaba  polo  seu  alto  contido  en  refugallos  nucleares.  Alarmouse  e preguntou  de  onde  fora  sacada,  pposto  que  a  central  nuclear  máis próxima estaba a 35 km. Informáronlle de que esas augas atopábanse nun manancial  ás  aforas  da  cidade,  e  de  que  se  trataba  dunha  zona prácticamente inexplorada e relativamente inaccesible. 

Cando  chegaron  quedaron  sorprendidas  do  mal  estado  da  casa, inapreciable dende lonxe, o que comprobaron máis polo miúdo ao dar un rodeo.  Decidiron  entrar  e  andiveron  a  modiño,  con  coidado  de  non pisaren os cristais que unha vez foran fiestras. Viñéronlles unha multitude de recordos á cabeza ao ver o  interior, e sentiron unha grande tristura e nostalxia. Percorreron todas as estanzas da casa mais, entre o cansanzo, a calor e a sedeque tiñan, a visita foi rápida. Carme lembraba que na parte traseira da casa había unha billa que a Señora Dolly empregaba para regar o xardín. 

Os  investigadores  seguiron  co asunto, e puxéronse ao  corrente de quen tiña  acceso  a  ese  manancial.  Namentras  uns  investigaban  verbo  diso, outros analizaban a cantidade de contido de refugallos tóxicos que tiña a auga. A contaminación nesa auga chegara a un punto tan alto que a súa inxesta  podería  provocar  enfermidades,  reaccións  graves  ou,  mesmo, mortes.  Tras  comprobar  todos  os  resultados,  comparalos  e  estudalos, decatáronse de que, posiblemente, esas eran as causas. Despois de recibir a ubicación das propiedades que tiñan acceso a esas augas, só había dúas: un  edificio  próximo  ao manancial  e  unha  casapegada  á  vía  do  tren.  O doctor,  coñecedor  das  causas,  dispúxose  a  chamar  á  afectada  para informala dos resultados. Nunha das mochilas soaba un móbil. 

Ao  outro  lado  do  río,  Carme  tentaba  abrir  a  enferruxada  e  dura  billa. Cando,  ao  fin,  o  conseguíu  e  logo  de  deixar  correr  a  auga  acastanada, calmaron a súa sede unha por unha.