15
Unha ducía de remedios naturais Curarte

Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Unha ducía de remedios naturais

Curarte

Page 2: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

A - Ansiedade:

Alcolato de Herba de San Xoán

C - Catarro:

Tisana dos primeiros

fríos

D - Dor:

Pomada de consolda

E - Estómago, molestias de:

Viño de macela

F

- Falta de ánimo:

Alcolato mente clara e boa forma

I - Irritabilidade:

Tisana relaxante

L - Levar as cousas con alegría

M - Mareos e nauseas:

Remedio para os mareos e as

nauseas

O - Olladas, atraer todas

as:

Máscara de beleza

R - Reúma:

Aceite de macela

T - Tos:

Xarope pectoral

X - Xoven, ser demasiado:

Auga de xuventude da raíña de

Hungría

Page 3: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Ansiedade: Alcolato de

Herba de San Xoán

- 100 gramos de flores de herba de San Xoán frescas e trituradas

ou 40 gramos de flores secas e en cachos.

- ½ litro de alcol de 70º

Macerádeas á luz alomenos durante 15 días.

Podedes comenzar a usar xa unha parte, filtrada, pero deixade o

resto o máximo tempo posible.

A Herba de San Xoan comenza a facer efecto logo de 2 ou 4 semanas,

segundo a persoa.

Precaucións: como medida de seguridade, recoméndase non tomar o

sol de xeito prolongado nin broncearse con raios UVA.

Page 4: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Catarro: Tisana dos

primeiros fríos

Mistura a partes iguais de 3 ou 4 plantas para o sistema

respiratorio ( tomiño, hisopo, violeta, salvia, malvarisco,

borraxe, regalicia, santolina, papoula...)

Dosificación media: 8 gramos/litro ( ou un puñado)

Modo de emprego:

- de xeito preventivo: 2 cuncas ó día.

- para pasar ó ataque: 1 litro ó día.

Page 5: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Dor:

Pomada de consolda

- ⅓ do volume de plantas de consolda picadas

- ⅔ dunha boa graxa ( aceite de palma non hidroxenado ecolóxico)

Deixade cocer as plantas picadas a lume lento ou ó baño maría sen

deixar de remover.

Deixalas macerar e solidificar durante 12 horas a cuberto

Volvelo cocer para que se licúe e filtralo cun coador fino,

espremelo ben…

Gardala en pequenos tarros

Se engadides unhas gotas de aceite esencial de cimbro acentuaredes

o efecto calmante e antiinflamatorio.

Ideal para dor reumático, inflamatorio, articular, hematomas.

Page 6: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Estómago, molestias de:

Viño de macela

- 20 cabeciñas de macela

- 1 laranxa non tratada

- 1 culleradiña de café de sementes de chicoria

- 35 terróns de azucre

- 1 litro de bo viño, branco ou tinto

- 1 vaso de augardente de calidade

Macerar durante 10 días nun recipiente movendo con regularidade

Filtrar e embotellar.

Agardar un mes antes de consumir este aperitivo, un vasiño antes

da comida.

Page 7: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Falta de ánimo:

Alcolato mente

clara e boa forma

- 25 gramos de romeu

- 25 gramos de sementes de herbas de San Xoán

- 25 gramos de cardamomo

- 150 mililitros de alcol de 40º

Machacade un pouco as plantas e sementes, deixade en maceración

durante tres semanas e filtrade.

Recuperade as plantas e as sementes da maceración e fervédeas 10

minutos a lume lento en 150 mililitros de auga.

Deixade que se arrefríe, filtrade e engadídea á primeira

preparación.

Modo de emprego: 2 ou 3 culleradas sopeiras ó día nun vaso de auga

quente.

Page 8: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Irritabilidade:

Tisana relaxante

- 2 culleradiñas de café da mestura das plantas

- ¼ de litro de augardente. Botar as plantas na auga fervendo,

deixar en infusión de 5 a 10 minutos antes de filtrar.

Mesturade xeranio de olor, raíz de malvarisco, lavanda, bergamota,

rosas, herba Luisa.

Page 9: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Levar as cousas con alegría:

Auga de herba Abelleira

das Carmelitas

En 1,5 litros de augardente poñede en maceración e á luz durante

9 días:

- 25 gramos de flores e follas frescas de herba abelleira

- 15 gramos de raíz de anxélica seca ou 50 gramos de anxélica fresca

- 60 gramos de cortiza de limón ecolóxico

Filtrade e engadide deixando macerar outros 8 días:

- 100 gramos de sementes de coriandro

- 20 gramos de noz moscada

- 2 gramos de canela en po

- 1 gramo de cravo

Filtrade e engadide 200 mililitros de auga de manancial, deixade

repousar e gardade en cristal tinxido, conservade ó abrigo da luz.

Page 10: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Mareos e nauseas:

Remedio para os

mareos e as nauseas

- Macela, menta e herba abelleira: alcolato a partes iguais das 3

plantas.

Macerade durante 3 semanas en augardente.

Modo de emprego: 2 ou 3 gotas nunha cunca de auga fervendo (que fai

que se evapore o alcol) en canto as náuseas asomen polo nariz.

Page 11: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Olladas, atraer todas as:

Máscara de beleza

- 2 culleradas de café lixeiramente colmadas de po de pétalos de

rosa

- 2 culleradas de café de auga de rosas

- 1/2 culleredas de café de aceite de rícino ecolóxico/herba dos

carrapatos ( rosa mosqueta, onagra, argán, oliva...)

- Un pouco de azafrán (a punta dun coitelo)

Humedecede o po de rosa coa auga de rosas para obter unha pasta;

incorporade o aceite e despois o azafrán. Mesturade.

Engadide un pouco máis de aceite se a textura é demasiado compacta.

Aplicade nunha capa homoxénea sobre a cara (incluídos os contornos

de ollos e beizos)

Deixade actuar de 10 a 15 min.

Lavade a cara con auga clara e despois vaporizade un pouco de auga

de rosas.

Aplicade unha crema hidratante ecolóxica

Page 12: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Reúma:

Aceite de macela

- 50 gr de flores

- 1/2 l. de aceite de oliva, de améndoas doces ou de sésamo

Deixádeas nun tarro 3 días ao sol e despois 2 horas ao baño maría.

Filtrade e gardade en botella escura

Page 13: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Tos:

Xarope pectoral

Flores de borralla e papoula: infusión dun puñado en 1/2 l de auga.

Deixade macerar durante 12 h a cuberto. Filtrade, engadide o mesmo

peso de mel ou azucre.

Volvede a ferver 10 min e vertede fervendo en botellas pequenas con

tapón.

Modo de emprego: 1 ou 2 culleradas de café 4 ou 5 veces ao día só

por gusto, sen tampouco dubidar en complementar o tratamento con

infusións.

Page 14: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Xove, ser demasiado:

Auga de xuventude

da raíña de Hungría

- 2l de augardente de calidade

- 2 bos puñados de ramos floridos de tomiño

- 1/2 puñado de ramos floridos de maiorana

- 1/2 puñado de ramos floridos de salva (herba sacra)

Triturade un pouco as plantas.

Deixade macerar 1 mes removéndoo regularmente e despois filtrádeo.

Filtrade a maceración alcohólica.

Recuperade as plantas que se maceraron e recubrídeas co mesmo volume

de auga.

Facede unha decoción suave de 10 min, deixade macerar outros 15 min

e filtrade.

Medide o volume obtido coas 2 maceracións.

Botádelle doce: 200 a 300 gr por cada litro obtido.

Deixade envellecer removéndoo regularmente ata que o azucre se

disolva.

Page 15: Unha ducía de remedios naturais Curarte - … · Unha ducía de remedios naturais Curarte . A - Ansiedade: Alcolato de Herba de ... Filtrade e engadide deixando macerar outros 8

Biblioteca Uxío Novoneyra bibliocifpanxelcasal.blogspot.com.es/

twitter.com/BibliotecaAC