Upload
bibliotecaiessanxenxo81
View
238
Download
7
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Guía de suxestións para o verán. Biblioteca IES SANXENXO, xuño 2010.
Citation preview
Circe ou o pracer azul B. Caamaño . Galaxia 2009 Relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O libro vaise tecendo entre as cartas que ambas protagonistas se escriben a modo de secuencias cinematográficas.
O mar é noso Alicia Borrás . Galaxia 2010 Velaquí un lote de contos acabados de pescar, con arrecendo a mar, que respiran a luz, a cor e a vida mesturada con pingas ben dosificadas de fantasía.
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro . Xerais 2009 Relato da amizade entre un mozo e un pintor que loita contra os convencionalismos son algunhas das pinceladas que nos aportará a súa lectura.
Miguel Hernández Editorial KALANDRAKA
25 artistas plásticos traducen os seus versos á linguaxe das artes.
Música no centenario do
nacemento de MIGUEL HERNÁNDEZ .
Obra Completa: Poesía, Teatro, Prosas e Correspondencia de Miguel Hernández. Colección Espasa Clásicos
ChapUZÓNS literarios¡!!
TíRáTe do TramPOLíM !!¡
Un verán para LER: lecturas para viaxar sen ter que coller o coche nin o avión.
Escribimos
para darnos conta do que pensamos e sentimos.
para que se abran os camiños,
para tender unha ponte entre o pasado e o futuro,
para deixar a nosa pegada como o home primitivo a deixou nas profundidades da súa cova,
para crear, é dicir, para facer que algo belo que non existía, exista.
José Antonio Marina . La magia de escribir.
Gramática da fantasía. Introdución á arte de inventar historias. Editorial Kalandraka Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo. Gianni Rodari
Aprende a redactar con Miguel Delibes. Jorge Urdiales Ediciones Cinca
O libro vai dirixido de xeito especial a estudantes, escritores noveis e cantas persoas sentan o desexo e a curiosidade de aprender a mellorar a súa redacción e a súa forma de expresión escrita.
Ejercicios de estilo. Raymond Queneau Ed. Cátedra. O autor reúne noventa e nove microrrelatos nos que, partindo dunha anécdota trivial, reinventa a narración en diferentes estilos. Segundo confesións do autor, a idea xurdiu tras escoitar as variacións musicais de Bach.
OBRADOIROS DE ESCRITURA CREATIVA:
• Pedro A. Ramos: http://www.4cuentos.com/ • Francisco Castro: http://www.centrosocialcaixanova.com/blogs/literatura/ • Raúl Vacas e Castaño: http://talleresdevacasycastano.blogspot.com/
Un verán para escribir!
Un verán de cine e teatro na rúa …
Dirección: Gerardo Olivares . 14 quilómetros é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. A pobreza e a fame non entende de fronteiras …
Direción: Marc Forster Adaptación ao cine da novela de Khaled Hosseini. Historia dunha amizade e traizón. Trata o tema da covardía e a culpabilidade dun xeito auténtico e veraz.
Dirección: A. Grasshoff. Baseada na experiencia real sobre un xogo mental realizado por un profesor de historia. Como o pobo alemán non fixo nada mentres millóns de seres inocentes estaban a ser sacrificados?
A Esmorga de Blanco Amor Dirección: Ánxeles Cuña Sarabela Teatro. A traxedia de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vintecatro horas deambulan polos arrabaldes de Auria, Ourense.
As Cuñadas de M. Tremblay Dirección: Roberto Salgueiro Teatro Universitario USC Unha comedia áceda ambientada a finais dos anos 70 que esconde o drama de oito mulleres apreixadas nun mundo de homes.
Máster Class de Terrence McNally Dirección: Xosé M. Rabón Compañía Bengala Mabel Rivera, no papel de María Callas revivirá os últimos pasos da carreira artística da soprano.
BIBLIOTECA 2010