12
Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes 25 Decembro 2011 CAMIÑ O DO PO US O, 2 * 36. 560 SO U TELO DE MONTES BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES e-mail: verboxid ofal:vaho o.e s Bloe:: www . verboxido . wordnress .c om Dez anos Na primavera do ano 2001 nacía en Soutelo de Montes a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes VERBO XIDO, un colectivo aberto e plural, con dous obxectivos claros: a difusión cultural e a defensa do medio ambiente. Para preservar e dar a coñecer a cultura e o patrimonio da Terra de Montes, VERBO XIDO desenvolveu un importante labor editorial concretado en máis dunha ducia de libros, 25 Boletíns de periodicidade cuatrimestral, unha guía do Centro Etnográfico de Terra de Montes e diversos trípticos para criticar a desfeita do patrimonio arquitectónico e poder levar a cabo os roteiros do Padre Sarmiento e do Monte do Seixo. Ademais, levamos a bo porto sete edicións das Xornadas de Terra de To- d@s, nas que se trataron te- máticas tan variadas como as políticas culturais dos nasos concellos, a repercusión do AVE, as enerxías alternativas, a importancia do oficio dos canteiros, a reivindicación de personaxes senlleiros da cul- tura como o Padre Sarmiento, Xosé Otero Espasandín ou Antonio Rodríguez Fraiz. Tampouco podemos esquecer o gran estarzo rea- lizado para recuperar a Me- maria da represión franquis- ta na bisbarra e dignificar a lembranza dos vencidos, mediante diversas publica- cións, actos de divulgación e a homenaxe que teñen lugar todos os anos no sinxelo monumento recordatorio eri- xido na Ponte do Barco (Pedre). Nesta delongada e dificultosa andaina, non podemos esquecer a Fermín Martínez, autor do naso ilustrativo logotipo, nin aos presidentes que me precederon, Constantino González e Fernando Salgado. Para rematar, tamén queremos lembrar á Asociación de Mulleres ESPADELA, coa que compartimos tantas causas, e ao naso particular punto de encentro, o Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMo), polo que apostamos dende o comezo e no que seguimos debruzados para asegurarlle longa vida, como verdadeiro referente e testemuño da cultura e o patrimonio da Terra de Montes. Longa vida, tamén, a VERBO XIDO . Lola Varela (Presidenta de Ver bo Xido)

Verbo xido 25 op

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes

N° 25 Decembro 2011 CAMIÑ O DO PO US O , 2 * 36. 560 SO U TELO D E MONTES

BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES e-mail: verboxidofal:vahoo.es Bloe:: www. verboxido. wordnress .com

Dez anos Na primavera do ano 2001 nacía en Soutelo de Montes a Asociación Ecoloxista e Cultural de

Terra de Montes VERBO XIDO, un colectivo aberto e plural, con dous obxectivos claros: a difusión

cultural e a defensa do medio ambiente.

Para preservar e dar a coñecer a cultura e o patrimonio da Terra de Montes, VERBO XIDO

desenvolveu un importante labor editorial concretado en máis dunha ducia de libros, 25 Boletíns de

periodicidade cuatrimestral , unha guía do Centro Etnográfico de Terra de Montes e diversos trípticos

para criticar a desfeita do patrimonio arquitectónico e poder levar a cabo os roteiros do Padre Sarmiento

e do Monte do Seixo.

Ademais, levamos a

bo porto sete edicións das

Xornadas de T erra de To­

d@s, nas que se trataron te­

máticas tan variadas como as

políticas culturais dos nasos

concellos, a repercusión do

AVE, as enerxías alternativas,

a importancia do oficio dos

canteiros, a reivindicación de

personaxes senlleiros da cul­

tura como o Padre Sarmiento,

Xosé Otero Espasandín ou

Antonio Rodríguez Fraiz.

Tampouco podemos

esquecer o gran estarzo rea-

lizado para recuperar a Me-

maria da represión franquis-

ta na bisbarra e dignificar a

lembranza dos vencidos,

mediante diversas publica-

cións, actos de divulgación e

a homenaxe que teñen lugar

todos os anos no sinxelo

monumento recordatorio eri-

xido na Ponte do Barco

(Pedre).

Nesta delongada e dificultosa andaina, non podemos esquecer a Fermín Martínez, autor do naso

ilustrativo logotipo, nin aos presidentes que me precederon, Constantino González e Fernando Salgado.

Para rematar, tamén queremos lembrar á Asociación de Mulleres ESPADELA, coa que

compartimos tantas causas, e ao naso particular punto de encentro, o Centro Etnográfico da Terra de

Montes (CETMo), polo que apostamos dende o comezo e no que seguimos debruzados para

asegurarlle longa vida, como verdadeiro referente e testemuño da cultura e o patrimonio da Terra de

Montes.

Longa vida, tamén, a VERBO XIDO

.Lola Varela (Presidenta de Verbo Xido)

Apostar pola Terra de Montes. Unha oportunidade de futuro

Fai dez anos, comezaba Verbo Xido a súa

andaina poñendo a mirada sobre o Medio

Ambiente e a Cultura na nosa comarca, desde

unha vertente progresista. Dous eran entón os

obxectivos deste colectivo: denunciar as accións

que atentasen ao Medio Ambiente e poñer en

valor o noso patrimonio etnográfico, natural e

cultural desde o Centro Etnográfico da Terra de

Montes. Hoxe, ninguén pon en dúbida o enorme

potencial natural e cultural da Terra de Montes nin

o valor do Centro Etnográfico como foco dinami­

zador da comarca, pero nos comezos non foron

poucos os atrancos daqueles que pensaban que

Verbo Xido e o Centro Etnográfico podían ser

elementos conflitivos para un goberno local

acostumado a controlar o tecido social do territorio

segundo os seus intereses e sen apenas compe­

tencia en materia cultural.

Este colectivo, ao igual que moitos outros

que foron emerxendo nesta última década,

apostou desde o primeiro momento pola Terra de

Montes como un territorio cun futuro de oportunid­

ades e mantivo unha actitude crítica coas accións

que puidesen atentar precisamente a estas

oportunidades. Que pasou mentres?

Neste espazo de tempo na comarca

Tabeirós-Terra de Montes ternos que talar dunha

vertente social caracterizada pola perda e enve­

llecemento da poboación e dunha vertente política

caracterizada por gobernos do Partido Popular en

Forcarei, Cerdedo e A Estrada, salvo o período

2007-2011 de goberno de coalición PSdeG­

PSOE/BNG neste último concello. Se ben é certo

que o poder popular en A Estrada e Forcarei foi

diluído lixeiramente nos últimos anos, en Cerdedo

aconteceu todo o contrario e a cota de poder do

PP incrementouse e consolidouse nunha maioría

folgada.

Cadro 1: Evolución da poboación na comarca Tabeirós­

Terra de Montes

ANO

CONCELLO 2001 2006 2010

A ESTRADA 22.216 22.013 21.828

FORCAREI 4.849 4.505 4.108

CERDEDO 2.523 2.330 2.299

Fonte: Instituto Nacional de Estatística. Datos a 1 de xaneiro de cada

ano.

Cadro 2: Número de concelleiros/as obtidos polos

partidos nas eleccións municipais de 1999 e 2011

1999 2011

PsdeG PsdeG

CONCELLO pp PSOE BNG pp PSOE

A ESTRADA 14 4 3 11 9

FORCAREI 10 2 1 6 4

CERDEDO 8 1 2 10 1

Fonte: Instituto Nacional de Estatística.

BNG

1

1

o

Neste escenario descrito cabe resaltar que

os concellos da comarca ao igual que no resto de

Galicia tiveron que asumir novas competencias,

sobre todo en servizos sociais, ao mesmo tempo

que se lanzaron a actuar case como xestores

culturais e turísticos en lugar de sentar as bases

para que a cultura e o turismo fosen unha fonte de

emprego e desenvolvemento empresarial promo­

vida desde a administración local.

O resultado está á vista: incremento de

espazos municipais, de traballadores locais para

servizos difusos e sobre todo, aumento da

dependencia económica da administración auto­

nómica e provincial, colocando aos tres concellos

nunha posición delicada para administrar o pre­

sente. De feito, entre Forcarei e Cerdedo, que

apenas suman 6.500 habitantes contan con dúas

escolas infantís, tres pavillóns deportivos cuber­

tos, dous auditorios, tres bibliotecas municipais,

dúas piscinas municipais e unha praia fluvial,

ademais de diversos bens baleiros, de titular-dade

municipal, esperando momentos mellores. E no

ámbito da contratación de persoal de servizos

podemos citar técnicos deportivos, axentes de

desenvolvemento local, educadores familiares,

técnicos en turismo, técnicos de cultura, etc ... En

definitiva, máis servizos, máis equipamentos e

máis esforzo económico para menos poboación e

menos ingresos nas arcas municipais. Ata cando?

Cadro 3. Orzamento municipal dos concellos para gastos

correntes

ANO

GASTO EN BENS

CORRENTESE

SERVIZOS 2001 2008

A ESTRADA 2.504.305 4.665.581

FORCAREI 684.704 1.241.133

CERDEDO 300.019 647.797

Fonte: Instituto Galega de Estatística (as referencias temporais

pertencen ao primeiro e ao último ano dos que se dispoñen de datos

gravados).

Nestes dez anos leváronse a cabo inicia­

tivas como a construción de solo industrial, a

mellora da conexión con Santiago de Compostela

ou a xestión de dous programas de fondos euro­

peos para o desenvolvemento rural (agora estase

xestionando o terceiro) pero a nosa comarca non

logra frear a sangría demográfica nin xerar un

dinamismo económico que reverta de forma clara

no territorio por parte dos poderes públicos.

Chegou pois, o momento de que os concellos de

Tabeirós-Terra de Montes, actúen con valentía e

aborden máis cedo que tarde a mancomunidade

de determinados servizos, a racionalización do

gasto corrente e o deseño de estratexias de

desenvolvemento económico conxuntas, que par­

tan dun diagnóstico científico e realista.

Os nosos concellos deben preservar a súa

condición de administración ao servizo do cidadán

ante o inminente perigo de converterse nun lastre

para estes (os datos do 201 O da débeda viva por

habitante así o amosan). E nesta irrenunciable la­

bor deben contar con todas as forzas políticas que

compoñen as corporacións municipais pero sobre

todo co tecido social, un tecido social que leva

anos traballando para demostrar que o medio

rural non é un negocio, senón unha forma de vida.

Fai dez anos, cando o Centro Etnográfico

da T erra de Montes abría as súas portas, a nosa

comarca comezaba a pechalas, entrando na liña

de non retorno demográfico. E hoxe, ante un pre­

sente complicado e un futuro incerto, insisto en

que os gobernos locais e os colectivos políticos e

sociais están chamados a entenderse, a deixar

de mirarse . de esguello para mirar ao fronte e a

pensar que algo terá que perder cada un para que

gañemos todos.

Dicía Victor Hugo que "o futuro ten moitos

nomes: para o débil é o inalcanzable, para o

medorento, o descoñecido e para o va/ente, a

oportunidade". Agora máis que nunca, toca ser

valerHes.

Ana Doval Fraíz

Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Forcarei

E se o Seixo for o Monte Medulius ... ?

A Terra de Montes -no antigo, Montes Meta- foi a patria dos metacios, un dos pobos celtas da Gallaecia (ou Kalláikia), inmortalizados no Parochia/e suevum, Divisio Theodomirí ou Concilíum Lucensis, acta que dimanou do Concilio de Lugo celebrado o Aninovo de 569.

O topónimo Montes Meta é un orotopónimo tautolóxico, é dicir, a forma Meta tamén significa "montaña" "elevación". A expresión latina Montes Meta é o resultado de identificar como "monte" unha realidade xa recoñecida como tal en lingua celta.

As raíces *med-l*met- célticas aparecen en innumerábeis orotopónimos galegos: Meda, Medo, Medeiros, Medela, Medelo (sen ir máis lonxe, no veciño Caroi-Cotobade) ... , dando testemuño da súa rendibilidade substratística (E. Rivas Quintas, 1982).

Por outra banda, o substantivo meta-ae latino significa "columna cónica" ou "extremidade" "termo". Cotéxese co irlandés metho "fito de deslinde".

F. Cabeza Qui les (Os nomes de lugar, 1992, páx. 259) di que o vocábulo "meta" pervive na toponimia de Galícia dando nome a elementos de topografía máis ou menos cónica que son sempre montes e montañas.

Unha meda (metoca ou metouca), termo agrícola, é unha marea de forma cónica, que se forma pota acumulación ordenada de feixes de centeo, trigo, mí/lo, herba, etc. (Dicionario Xerais da Língua, páx. 785). Di o refrán: Home cazador ou troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.

A Blanca García Fdez.-Albalat, André Pena Graña e José Manuel Barbosa, con amor

Cónica é a feitura do monte do Seixo (Outeiro do Coto, 1.015 m), albiscado dende a estrada de Cerdedo a Soutelo de Montes e, parafraseando a Floro e a Orosio, a 30 km en liña recta -cara ao NO- do río Miño (Ribadavia). O propio Cabeza Quiles engade: Topónimo notable, que pode provir da prolífica "meta" latina, é o do mítico monte Medulío [ ... ] que aínda que de difícil ou imposible localización ha ter forma cónica (páx. 260). Meda, medorra, medoña ... son outras formas coas que se nomea unha mámoa, sepultura neolítica, v.g.: Chan de Mamas, no alto do Seixo.

O verbo latino metor significa "fixar os lindes", "chantar fitos". Tomando en consideración ambas as dúas solucións, a Terra de Montes, Montes Meta, agocharía o significado de "montaña cónica que serve de fronteira". Mais, fronteira de que?

Voltemos ao Parochiale. Neste documento, recóllese a división parroquial -as trece cadeiras­que a potestade sueva arbitrou para o reino da Gal iza no século VI , recoñecendo Lugo como diocese metropolitana, a semellanza de Braga. A provincia romana da Gal/aecia segregábase, tras o sínodo, en dúas sés arcebispais, Lugo e Braga, respectando as áreas de influencia destes dous antigos conventos xurídicos romanos. A sé de Lugo perderá o seu carácter de metropolitana tras a época su e va.

Na romanidade, as derregas do conventus /ucensis e do conventus bracarensis adaptáronse aos accidentes naturais do país (o terceiro dos conventus era o asturicensis, a Galiza do leste). Dende o oeste, os lindes seguían o val do río Lérez -ou o do río Verdugo- e os cordais interiores da actual provincia de Pontevedra (a serra do Cando e a serrado Candán), fontes fluminum, atinxindo cara ao leste as ribeiras do Sil. Como se deduce, a tribo dos metacios, os indíxenas da Terra de Montes, asentaban en predios fronteirizos.

No momento de organizar a provincia da Gallaecia, a autoridade romana valeuse dunha máis antiga división política (oinaikoi) de época celta. A federación de territorios políticos (trebas, máis tarde civitates, populí} na que se adscribían os metacios era o oináikos Growion, localizado ao sudoeste da Kalláikia, tendo como capital a Bracara (Braga). Aínda pertencendo á dita federación, os metacios (unha das tribos dos artódioi) habitaban a carón da marca do oináikos Ártabron, a federación céltica do norte, con capital en Lucus (Lugo). Xa daquela, a estrema estaba debuxada pola ría de Pontevedra, o

río Lérez e as serras do Cando e Candán. A treba metacia viviu, entón, dende a máis remota antigüidade, no limes, no cabo dun territorio e no comezo doutro.

Asumido o cristianismo polo pobo suevo -moitos galaicos xa eran priscilianistas dende e o século IV-, o rei Miro (570-583) fixo realidade o proxecto de seu pai, Teodomiro, de organizar a igrexa nacional sueva. O plan reestruturador contou co apoio do influente bispo Martiño de Dumio (515c-580c), flaxelo do arrianismo de Aiax -"o inimigo da fe católica e da Divina Trindade", segundo o cronista !dacio-, impulsor, que foi o dumiense, da conversión relixiosa dos bárbaros do Noroeste.

O reino suevo da Galiza ficou dividido en trece "sedes" (hoxe, dioceses). Cada unha das "sedes" divid íase á súa vez en "dioceses" (hoxe, comarcas ou arciprestados).

Segundo se le no Parochiale, á diocese de Iría, inserida no arcebispado de Lugo, correspon­díanlle a xestión do seu propio territorio e o das parroquias (antigas trebas celtas) dos Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mer­cienses, Postamaricos (Coparas, Celticos, Bregan­tinos, Prutenos, Prucios, Besancos, Trasancos, Lapaciencos e Arras); todos eles etnónimos.

No Chronicón lriense, composto en época posterior (sécs. XI-XII), corroboramos a asignación da Terra de Montes á diocese de lria por parte do rei Miro: Mirus Rex Sedi suae lriensi contulit Oioeceses, scil. Moracium, Salines, Moraniam, Celinos, MONTES (Terra de Montes), Mertiam, Taberiolos (A Estrada), Velegiam, Loutum, et Pistomarcos, Amercam, Coronatum, Dermianam, Gentines, Celtagos, Barchalam, Nemancos, Vi­miantium, Salagiam, Bregantinos, Farum, Scutarios (Cotobade ), Oubriam, Montanos, Nemiros, Prucios, Visancos, Trasancos, Lavacengos, et Arras, et alias, quae in Canonibus resonant.

Baixo o reinado de Afonso 11 o Casto (760c-842), áchase en lria Flavia (ano 813), capital da diocese, o suposto sartego do apóstolo Santiago. As constantes razzias viquingas propiciarán, posteriormente, o traslado da sé iriense -e dos venerábeis despoxos (con certeza, de Prisciliano}­ª Compostela, que se converterá en metropolitana ao longo do século XII, en tempos de Xelmírez, e até os nasos días.

Recuemos de novo no tempo. Durante as campañas militares que o emperador romano Octavio Augusto (63 a. C.-14 d. C.) desenvolveu no norte da Península, aconteceu, nun lugar im­preciso, mais montuoso, do interior da Galiza, a célebre batalla do monte Medulio, decisiva na conquista do territorio galega.

Cara ao ano 20 a. C., os superviventes daquel feroz combate resistiron afoutamente o delongado asedio ao que os someteron as lexións romanas de Cayo Furnia e Publio Carisio. Os celtas da citania do Mons Medulius preferiron o suicidio -tras a inxesta de bagas de teixo-, antes que entregarse con vida ao inimigo: "Denantes martas que escravos", escribiría Castelao. Lembremos que o episodio de Trentinán, a mítica vila asolagada do Seixo, amenta os romanos no alto da montaña. Na mesma, érguese maxestosa a peneda fortificada do Castro Grande.

Se atendemos a unha das etimoloxías propostas para Medulius (<Mediolanum), este viría significar "a chaira do medio", "lugar central". A profesora Blanca García Fdez.-Albalat describe o mediolanum, por mor das súas características, co­mo lugar asembleario, escenario ritual, santuario, feira , foro, oenach, onfálica encrucillada ...

Chegados a este punto, a vista vólvese de novo, sen esforzo, cara ao alto do Seixo, cara ao cruzamento de Portalén (a porta do Outro Mundo), cara o Marco do Vento, descomunal pedrafita (a trebopala), alí, na Feira Vella, onde como di a lenda, todos os ventas dan a volta.

Dende tempos inmemoriais, os 30 m3 de pedra de gran do Marco do Vento (ou Marco do Seixo) -6 m de altura- e as cruces de termo gravadas nas súas faces veñen exercendo de chantón divisorio. A chaira onde se ergue, a Feira Vella , relanzo sacro, terra de ninguén e de todos, confluencia de camiños, foi senlleiro escenario do ciclo festivo celta. Os metacios, o populus que morou na redonda da montaña, condensan no seu nome o carácter singular dos que habitaron ao pé do outeiro da marca, na fronteira final.

Moitas son as candidaturas presentadas para acoller o nemeton meduliano, mais ningunha tan ricamente adobiada como a proposta polo monte do Seixo. Quen dá máis?

lrmáns no amor á Suevia

de lexendaria historia,

en pé! en pé dispostos

a non morrer sin loita!

O día do Medulio

con sangue quente e roxa

mercámo-lo dereito

á libre, honrada chouza!

Ramón Cabanillas

Calros Solla

Texto extraído d'O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo, de próxima publicación

A memoria dos vencidos na Terra de Montes A brutal represión que sufriron estes forcaricenses Alfredo Iglesias ou os irmáns Dionisia e

territorios tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936, . Narciso Quintillán , sen ir máis lonxe) e intercala represión que sumou cando menos 42 mortos e algunha información respecto das aldraxes fran­outros 175 veciños e veciñas obxecto de distintas quistas, mesmo de certos represores. Lago, nos represalias, aos que habería que engadir 34 seus derradeiros libros (2), Rodríguez Fraiz deixará falecidos loitando no Exército Popular da República, caer, acá e acolá, charamuscas do acontecer dos levou de seu o escarmento xeral e a reserva a vencidos neste territorio do que foi Cronista. transmitir ás xeracións vindeiras non só o acontecido naqueles días de ferro, mais tamén as lembranzas da farturenta historia social dos movementos agrarios e obreiros nesta bisbarra, moi anteri9res á etapa republicana.

Agás ocasións especiais, nas que a carón da lareira o silencio rachaba tan só en presenza de familiares ou amigos de moita confianza, o medo imperou e moita xente nova a penas albiscou a implicación dos seus achegados naqueles tristes sucesos e, sobre todo, as tremendas consecuencias vitais que carrexaron: marte, cadea, exilio, fame e miseria, emigración forzada, humillacións, marxina­ción e discriminación, expulsión dos traballos .. .. , foron pan de cada día para os "vencidos".

Dende o tempo de posguerra até a década dos 70, tan só (que nos saibamos) un veciño de Figueroa atreveuse a plasmar por escrito as súas vivencias como soldado da República durante toda a Guerra Civil , lembranzas acompañadas por un feixe de fotografías dos seus conveciños e compañeiros de loita na 39 Brigada Mixta do Exército do Centro e salferidas por algún que outro dato respecto das infames represalias que estaban a se producir palas terras de Cerdedo: referímonos ás Memorias de Rogelio Arca Rivas, ben coñecido por ser filio dun dos sacrificados na Ponte do Barco o 13 de agosto de 1936. Estas Memorias, que durante anos pasaron discretamente palas mans dalgúns familiares- de represaliados ou mortos na contenda formando parte do bando perdedor, foron obxecto dunha edición parcial no ano 2008, acompañadas dunha documen­tación fotográfica salientable (1).

Pero falar da memoria escrita dos vencidos por estas terras, é referirse, de xeito paradoxal, a unha persoa que, se ben exerceu cargos na lgrexa dos vencedores (o de Consiliario das JOC), mudou radicalmente de visión a fins dos anos 50: referí­monos ao sacerdote Antonio Rodríguez Fraiz, autor na década dos 70 dunhas impagables entradas na "Gran Enciclopedia Gallega", onde dá canta do vello agrarismo na Terra de Montes, aporta a semblanza dalgúns dos seus militantes máis destacados (os

Na primeira década do século XXI, a situación muda de vez e ca labor constante de Verbo Xido desvelase a magnitude das represalias e a magoada traxectoria vital de todas e cada unha das vítimas da represión franquista , fáiselles visibles ao conxunto da sociedade e iníciase unha dura teima pala súa dignificación e público recoñecemento ; teima que persiste arestora: edición de publicacións, emprazamento do monumento da Ponte do Barco, organización de conferencias e homenaxes, esixen­cia de cumprimento da Lei de Memoria no relativo á eliminación da simboloxía franquista ...

En resposta, os sectores máis escurantistas defenderon a súa espúrea "memoria dos vencedo­res" con distinta metodoloxía: mentres uns, os máis arroutados, atentaron por tres veces contra a humilde placa da Ponte do Barco, outros apelaron "á honra" dos seus devanceiros procurando calar ao mensaxeiro mediante accións xudiciais, argalladas contra a liberdade de investigación e o dereito a saber da cidadanía. Todo en van: o monumento da Ponte do Barco está en pé, como perpetuo recor-

datorio da barbarie, e os historiadores continúan o seu perseverante labor.

Capítulo aparte é a actitude dos Concellos, gobernados todos eles con maioría absoluta polo PP. Ata o intre de escribir estas páxinas, a súa actitude foi, sen a penas excepcións, a mesma: indiferencia e desconsideración cara as vítimas (e os seus ache­gados) do peor andazo que viviu o territorio nos últimos séculos, obviando a legalidade vixente e facendo ouvidos xordos ás reclamacións de veciños e colectivos memorialísticos, para recoñecer e home­naxear como se merecen a aqueles que morreron ou padeceron inxustamente polo seu devezo dunha vida máis libre e igualitaria. Particularmente indignante é o escarnio que representa para os represaliados e para ás súas familias manter, ben a "camisas vellas" falanxistas que ostentaron alcaldías nos anos da "longa noite de pedra" (Manuel Gutiérrez en Cerde­do; Francisco Filgueira en Forcarei), ben a golpistas ou prebostes da ditadura (ao "Generalísimo" e a Carrero Blanco, en Beariz; a José Antonio en Doade), nos respectivos callejeros. E tampouco pasan desapercibidos nin o noxento xugo falanxista instalado con toda fachenda na Feira de Doade, nin os mesmos emblemas facciosos gravados nas fontes

cerdedenses, con placa de mármore incluida no caso da existente no lugar de Cuíña.

En suma, a "memoria dos vencidos" non recibe un trato considerado por parte dos nosos organismos municipais. Aínda máis: o feito de que as vítimas do franquismo non recibiran ate o momento ningún recoñecemento por parte dos Concellos da zona, é dabondo preocupante e di ben pouco da calidade democrática das actuais Corporacións.

Pola nosa banda, chova que neve, dende Verbo Xido seguiremos a espallar a mensaxe de que o esquecemento forzado é cómplice dun crime de lesa humanidade que nunca prescribirá, mentres que a homenaxe ás vítimas da barbarie franquista representa, ao tempo, un deber de xustiza e unha garantía de liberdade futura.

Dionísio Pereira

(1) Arca Rivas, R. e Pereira, D. "A/bum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República", Difusora de Artes e

Ideas, Ourense, 2008.

(2) Rodríguez Fraiz, A. "Canteiros e artistas de Terra de Montes e Ribeiras do Lérez" Pontevedra, 1982, e Rodríguez Fraiz, A.

"Santa Mariña de Tomonde: Terra de Montes. Cerdedo'', Pontevedra, 2002.

A Constante Liste, arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro de estafamorio de 1936.

A Constante Liste, canteiro bo e Tenente de Alcalde de Teo, asasinado no ano da morte de 1936

Caifós escainaron coma lumias acalmadas por escurias dangres Reloxos racharon coma farois golpeados por mazas grandes

Oreta degranxo repula escarriou no mouto e nende goreaba Auga moi fria naceu no monte e non cantaba

Nende se entalxía xambrear a oreta repula no mouto de raula Non se escoitaba escorrer a auga fria no monte escuro

Samarúa abatida da toa estafeira xarou a oreta repula que escarriou no mouto de raula Compañeira silandeira da túa morte foi a auga fria que naceu no monte escuro

T refes coma pacheseadeiras clavucidas en vixos de purria xurufe Ruins coma agulias espetadas en olios de mulier bonita

Aghives xaraban os ghruños nende-xilóns que te estafaron Así eran os porcos non-homes que te mataron

Nende-xilóns que abismaban de ñurre Non-homes que miraban de esguello

T refes xaraban coma cermión trefe de chacurros do mouto estafados Ruins eran coma unto ruin de cans do monte mortos

Enxameas de cutifarras aferpeladas de verdeo dos samarúas máis xidos Enxeñeiros de navalias vestidas de sangue dos compañeiros meliores

Llastían escainas nas soas galrúas e verdearon richivaus en raulas de nusca Levaban mentiras nas súas bocas e ensanguentaron ventos en noites de lúa

lmes encatifo cara vobis orifos de areón dangres corruñindo as vasas ganchas tefes Eu boto cara vós ouriños de boi grande lembrando as vosas mans ruins

Samarúa xido xara o papiloso ou arría de arxina pra corruñir o conxeleme de Ameneiro Compañeiro bo é o papel ou pedra de canteiro pra lembrar o concelieiro de Ameneiro

T refes motos catrolos tufaneiros abarcados de xanxonas da estafeira ñurre galrúo Ruíns carneiros maliciosos escopeteiros preñados de moscas da morte esconxuro

Encatifo aquives oreta dos imes vixos no curruño do arxina xompaina que estafaron humáns bixairos Boto aquí auga dos meus olios na lembranza do canteiro compañeiro que mataron homes covardes

Xosé Luis Santos Cabanas

Terra ... de Montes? A crise ecolóxica global que vivimos supón

que por primeira vez na historia ternos capacidade para destruír os ecosistemas onde a vida humana é factible. Neste sistema globalizado no que o obxec­tivo é o crecemento da produción en si mesma, as empresas véndennos produtos industriais de pouca vida e que logo non sabemos onde e como desfa­cemos deles, e alimentos producidos industrial­mente que veñen envasados e transportados dende miles de quilómetros, e mesmo homoxenizan os hábitos e as culturas. lsto consume moita enerxía, destrúe recursos, contribúe ao quecemento climá­tico e destrúe os xeitos de vida tradicionais; privatiza as terras que pasan a ser vendidas ás multinacionais e fai que a poboación teña que fuxir as cidades en peores condicións de vida.

lsto vén dunha tendencia ao desregula­mento dos controles sociais, económicos e medio­ambientais e da cesión do poder dos estados cara as empresas multinacionais.

En Galicia esa relaxación normativa ao modo neoliberal, supón mesmo non protexer as zonas "protexidas". Como se pode ver, supón non ter as suficientes medidas preventivas para que non arderan máis de 10.000 Has. de monte protexido en Ourense, na Reserva da biosfera Xurés-Géres, en catro espazos da Rede Natura 2000 na Baixallimia e no Macizo central. Ou supón tamén que se aprobase o Plano director da Rede Natura tarde e mal: tarde, con 6 anos de retraso, e despois de que Bruxelas apercibise a España por non cumprir Galicia a obriga de declarar as Zonas de Especial Protección; e mal, pois rebaixa a protección, xa que poden permitirse en zonas de alto valor ambiental incineradoras, rallyes, recualificar terreo rústico, etc, e tamén desaparecen as reservas integrais.

E por se isto fora pouco, na Lei de Acompa­ñamento dos Orzamentos 2012 suprímese a tramitación ambiental dos proxectos sectoriais, elimínase a avaliación de efectos ambientais e derógase toda a lexislación galega sobre ruído; así, moitos eólicos, piscifactorías ou proxectos urbanís­ticos supramunicipais, xa non terán que facer avaliación ambiental.

Na Terra de Montes, para fuxir da desfeita, debemos facer precisamente dos montes unha oportunidade fronte á crise. Ternos que compaxinar a defensa territorial, co desenvolvemento econó­mico e social. Xa ternos os cumes dos montes coroados con eólicos dos que pouco proveito tiramos e, por este camiño, aínda teremos máis sen planificar a súa necesidade nin elixir o sitio máis axeitado. Pero ternos que ser quen de, como propón a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, preservar o concepto xermánico (indivisible, inalienable ... ) da súa titula­ridade, pois os montes veciñais son parte do noso futuro: un monte multifuncional e sustentábel , que

faga fixar á poboación nova neste territorio condenado ao despoboamento.

Dende un punto de vista agroecolóxico o monte é "un todo natural, ambiental , social , econó­mico, rural e cultural que relaciona factores físicos e socioculturais. Polo tanto é un sistema complexo con interaccións de distintas realidades tanto físicas (climatolóxicas, xeográficas, atmosféricas, etc) como sociais (uso do solo, xestión do territorio, propiedade, costumes, etc ... )". Debe superarse a consideración dos montes como espazos de producción de madeira ou biomasa, para desen­volver outros usos asociados ao turismo, á paisaxe, á biodiversidade, á etnografía, etc.. No monte tamén hai patrimonio arqueolóxico, cultural e histórico; mámoas, castros, petroglifos, que na visión reducionista monofuncional non teñen valor e poden destruírse impunemente, como aconteceu coas mámoas do Seixo.

Vello almacén mineiro en Presqueiras

Pero de novo as leis no"n nos son moi favo­rables. Tanto o borrador da Lei de Montes, como o documento de Directrices de Ordenación do Terri­torio, non son normas integrais que abarquen todos estes aspectos do monte e máis ben a súa función pasa a ser só forestal e para cultivos de biomasa, o que supón de feito a privatización dos montes veciñais e a súa destrución.

O gran problema que é o abandono non se solucionará. Ademáis, con estas normativas a Ad­ministración deixa nas mans privadas a xestión da terra. Os montes veciñais pasan de seren solo rústico de protección forestal a ser de protección ordinaria, polo que poden ser máis facilmente urba­nizables, e elimínanse axudas para fomentar outros usos (agro-gandeiro, cogomelos, mel, etc).

O novo proxecto de Lei favorece totalmente o monocultivo de especies de turno rápido (piñeiro, eucalipto), ao non fomentar a plantación de frondo­sas e permitir cambiar o uso das terras de agrario a forestal, diminuíndo así a terra para produción de alimentos e forraxe. Na práctica contemplase só o beneficio económico a curto prazo, favorecendo a Ence e a outras empresas produtoras de biomasa. Ademais, non se considera esta actividade vincula­da á limpeza do monte e á prevención dos lumes, senón un negocio en si mesmo, polo que ata se fala de plantar especies foráneas de rápido crecemento para alimentar estas plantas de biomasa o que suporía un desastre ecolóxico. É preciso prestar moita atención á Planta de Biomasa do polígono de Vilapouca, para impedir que iso aconteza.

A maiores, os parques eólicos podarán por­se onde queiran as empresas, xa que os titulares dos montes perderon toda capacidade de decisión ao se derrogar o Decreto da enerxía eólica e coa lei de aproveitamento eólico e a creación do canon ambiental. Tamén a Lei de Augas abre a porta á privatización e mercantilización da auga ao entre­garlle a Augas de Galicia, un organismo que pasa a

transformarse en sociedade anónima, a xestión do subministro, obras hidráulicas e saneamento, así como o cobro do famoso canon polo que deberemos pagar por pozos particulares e traídas construídas con moito esforzo veciñal en terreas comunais.

Non debemos esquecer tampouco dúas ameazas contra o noso territorio: a primeira, as prospecións que unha empresa canadiana está a facer entre Presqueiras (Forcarei) e Rubillón (Beariz), na procura de litio e tantalio, algo que pode derivar nunha explotación mineira a ceo aberto; a segunda, a incineradora do lrixo, obsoleta fórmula de tratamento do lixo, prexu­dicial para o conxunto da poboación . Non as perderemos de vista.

É preciso RELAXARSE si, relaxarse, pero no sentido do termoque se lle dá na pa_rroquia da Madalena na Terra de Montes: aquí relaxarse é indignarse, e iso haberá que facer ou taremos que cambiar o nome de TERRA DE MONTES por MONTES S.A.

Concha Alonso

Desenvolvemento rural? Desenvolvemento económico? Desenvolvemento político?

Análise dende unha perspectiva local

Ás veces non nos decatamos do papel tan importante da economía na nosa vida. Como inflúe unha determinada política económica no día a día. E é curioso porque, canto máis inflúe ou máis capaci­dade de acción ten sobre a nosa vida, máis lonxana a queren facer ver. Oeste xeito, escenifican o com­plicado que é facer cambios porque a toma de decisión está moi lonxe. Ao mellor é máis doado e depende tan so da vontade política de querer facer.

Se nos trasladamos ao ámbito rural é moito máis evidente; a economía trátase como asunto de política maior como se os veciños e veciñas non tivesen capacidade para decidir sobre ela. Curioso paradoxo porque é o ámbito máis cercano. E ternos que lembrar algúns casos nos que son os/as propios/as cidadáns os/as que elaboran orzamentos municipais cun elevado grao de satisfacción.

O desenvolvemento económico nos conce­llos é un tema complexo que depende de moitas cuestións e son moitos os que sitúan nun punto de non retorno aos pequenos municipios rurais. Dende o meu punto de vista os problemas económicos destes teñen que ver con 2 variábeis fundamentais:

variábel externa: a falla de financiamento Os concellos rurais, como os da Terra de

Montes, teñen certas limitacións orzamentarias. Disto a ninguén lle cabe dúbida. Pero o problema é que á insuficiencia orzamentaria se lle engade a ausencia de planeamento, de priorización e falla de xestión. lsto fai que falar de desenvolvemento eco­nómico sexa considerado como utopía. Mais o peor e ter que enfrontarse á existencia da tan manida rede de clientelismo caciquil que confunde a xestión municipal orzamentaria coa necesidade de votos.

Non é a miña intención desvirtuar á política (obviamente!) pero si que creo que é necesario, pa­ra dignificar a acción política, que os/as respon­sábeis políticos/as tañamos estas cuestións cláras e comprendamos que a xestión debe ter un obxectivo concreto de servizo público.

Un dos argumentos que segundo algúns/as frean o desenvolvemento económico é o modelo de financiamento local que ten como consecuencia derivada, na maioría dos casos, a desatención dos servizos públicos. Na maioría dos casos semella que este problema non ten solución.

Eu pregunto entón: é intocábel o modelo de financiamento local? Para min, non.

Neste contexto de crise, que por suposto atinxe tamén aos concellos, o investimento social e público debe ser prioritario. De onde veñen estas carencias? Por unha banda a caída dos ingresos estatais e por outra banda a ausencia dun método equitativo de recadación municipal, fan que proxec­tos dirixidos a mellorar as condicións dos concellos fiquen adormecidos por falla de creta.

En resumidas cantas, a solución pasa pola necesaria reforma do sistema impositivo local que non outorga autonomía para unha política tributaria progresiva e ordenada. É básica a recadación se­gundo ingresos, quen máis teña que máis pague, ou se preferimos un xeito máis técnico debemos talar da posibilidade de establecer gravames máis eleva­dos no Imposto, por exemplo, sobre Bens lnmóbeis (181) cando o suxeito pasivo sexa posuidor/a de grandes patrimonios.

Debemos reclamar unha solución normativa á tributación local para procurar novas ingresos, ademais das taxas xa previstas por ocupación de dominio público local , que se deben aplicar sempre e cobrar, porque, tendo xa nesta bisbarra os nasos montes e ríos explotados e esquilmados non recibi­mos compensación algunha. Tamén ternos que for­zar os ingresos relativos a outros dominios públicos xestionados polo Estado (espazo radioeléctrico) e tamén nos que atinxen á ocupación de vía pública (caixeiros automáticos) palas de empresas privadas.

•!• A variábel interna: ausencia de planificación e priorización Pode que a solución para unha cuestión tan

importante como a que nos ocupa , teña unha solu­ción doada mais complexa na praxe. E sinto que esta solución non teña un nome rimbombante nin a traian a nós consultoras externas que por un módico prezo fan unha diagnose do rural galega. Estoume a referirá planificación na xestión.

Baseo a miña argumentación na actual au­sencia de priorización das equipas de goberno mu­nicipais, que deben ter claros os seus obxectivos políticos. E digo políticos porque a priorización é froi­to de decisións poi íticas.

É necesario, para lograr desenvolvemento económico, darlle prioridade aos sectores produtivos da nosa bisbarra, que xa sofre o azote do despoboa­mento e o abandono de terras e dos sectores produ­tivos básicos. O que acontece aquí non é excepción senón que é a norma no resto do país. Tanto é así que Galiza importa máis alimentos dos que exporta a consecuencia , entre outras causas, de ter utilizado durante 16 anos os cartas europeos para promo­cionar o desmantelamento do medio rural.

Polo tanto, hai que mirar para adiante, hai que darlle vida ó medio rural. Pero non podemos pensar en desenvolvemento económico sen trazar liñas básicas de acción a medio e longo prazo, malia

que este tipo de enfoque normalmente está reñido coas urxencias electorais tal e como acontece coa política municipal na nosa bisbarra.

No que atinxe á Terra de Montes, a planifi­cación debería estar artellada en tres eixos funda­mentais:

~ Primeiro debemos reforzar a base produtiva agraria e forestal. O sector primario é básico. Dende os concellos deben apoiarse iniciativas concretas que fomenten o desenvolvemento; entre elas, ordenar e localizar as terras abandonadas e poñelas a disposición de quen queira traballalas. E xa que a Xunta non o fai, debe ser a administración municipal quen o faga , exemplos hai de abando. No eido fo­restal é necesario o diálogo coas comunidades de montes e impulsar os plans de ordenación forestal. Tamén é necesario ter unha postura clara con res­pecto ás multinacionais que esquilman os nasos montes colocando aeroxeneradores ou antenas a prezo de custo. E somos os/as veciños/as os/as que pagamos as consecuencias.

~ Outra das cuestións precisas é desenvolver novas actividades compatíbeis coa sustentabilidade do medio ambiente como a pequena industria, a produción de bens artesanais e o turismo rural, pero sempre dende a óptica do respecto ao entorno. Mención aparte merece a promoción do noso patri­monio natural e cultural (un dos mellares activos e avais a nível económico) e é aí tamén onde debe­mos ter en canta que hai asociacións que avanzan e propoñen neste eido, que organizan actividades, que se encargan de manter e dar coñecer o noso patrimonio ao tempo que xeran produtividade cultu­ra l e económica atraendo visitantes. Preciso é sentalas á mesa da xestión e planificar con elas.

~ Por último, o desenvolvemento dun concello debe pasar por seguir avanzando na equiparación dos servizos da área rural fronte a urbana (sobre todo nos servizos socia is), garantindo a cobertura absoluta a aquelas persoas que teñan entre as súas prestacións a axuda no fogar .

Por tanto o desenvolvemento económico dos concellos da Terra de Montes pasa, forzosamente, polo desenvolvemento pol ítico, entendendo político como sinónimo do emprego racional dos recursos . E acaso non ternos recursos na nosa comarca? A única receita válida é a posta en valor dos mesmos e xerar riqueza a partir deles: é o que se coñece por desenvolvemento endóxeno. Ou sexa, o único tipo de desenvolvemento que garante riqueza porque non depende da instalación de fábricas miragreiras, que cando atopan mellares condicións noutra parte marchan sen máis. O desenvolvemento endóxeno é aquel que iguala economía, garantía social e garantía medio ambiental. A única receita para evitar que o rural morra.

Anabel Gulías Torreiro Concelleira do BNG en Forcarei

Mullere sociedade na Terra de Montes Cando Lola Varela, en nome da Asociación folletos. E sabía a gloria, porque ela, ademais dos

Espadela, me chamou para acompañarvos neste ingredientes sinalados, botáballe unha copiña de

día, creoume un dilema. Hai xa anos que participo o Sansón para facela máis doce. Unha larpeirada!

sábado e domingo no entroido de Cacheiras, parro- A miña avoa, e tamén a miña nai, son unha

quia en que actualmente vivo, polo que o meu boa representación daquelas ás qlle está dedicada

primeiro impulso foi dicirlle que non. Mais é moi este ano a undécima edición da festa da vincha: as

difícil dicir que non á festa da vincha , un doce que mulleres da Terra de Montes. A miña nai, porque,

forma parte da miña infancia, que, ademais, se ante a falta de expectativas laborais, tivo que

celebra na Terra de emigrar. Ela foi a

Montes, comarca do

meu nacemento.

Total , que

busquei e atopei unha

solución de consen­

so: hoxe, vestida co

traxe e a gorreta de

correo prestados pola

comisión de Cachei­

ras, estou aquí dis­

posta a probar a vin­

cha convosco; onte

saín cos de Cachei­

ras e con eles volve­

rei despois de rema­

tar.

Se hai un

sabor que teño aso­

ciado ó entroido e á

infancia ese é o da

vincha. Aínda lembro coma se fose hoxe que na

cociña da miña casa, dende que se facía a mata ata

que chegaba o entroido, penduraban do teito os

chourizos para comer en fresco, o unto e maila

vincha. A cantidade de chourizos ía devecendo

segundo pasaban os días e ó unto faltáballe un

anaco de cada vez que se facía o caldo. A vincha,

cada vez máis amarela e con menos aire, desapa­

recía no entroido. Nese momento era cando a miña

avoa a preparaba tal e como aparece na receita dos

Suíza, pero tamén

puido ter ido, como

foron outras moitas

veciñas, a Francia, a

Alemaña, a Inglaterra,

a Andorra , a México, a

Venezuela, a Bilbao, a

Barcelona. Alí, armán­

dose de valor para

superaren morriñas,

saudades e estrañe­

zas, tiveron que

aprender unha nova

lingua e un traballo

especializado que na­

da tiña que ver coa

formación que aquí

recibiran . Miña nai,

por exemplo, traba-

llou nunha fábrica de

agullas para tocadiscos cando ela nunca antes vira

un aparello deses. Así foi a vida de moitas nasas

emigrantes: veren mundos distintos e aprenderen

novas maneiras para logo, ó volveren onda nós,

contárnolo e facernos avanzar.

A miña avoa fo i labrega e muller de

emigrante. E isa significa que sobre as súas costas

recaeu o traballo da casa e de fóra. Non fai falta que

lembre que isa significa que había que erguerse

cedo para muxir as vacas e acomodar os outros

animais; despois marchar para labrar ou sementar

ou apañar a herba ou o que cadrase segundo a

época do ano; volver á casa para facer a comida;

sacar as vacas a pacer, apañar comida para a

facenda, acomodar de novo os animais e prepara-la

cea para a familia. De vez en cando tamén había

que acudir ás feiras para mercar o necesario para a

casa e a familia e para vender o excedentario.

Moitas mulleres houbo que, ade-mais do sinalado,

aínda sacaban horas para vender palas aldeas pan,

froita ou peixe. Un traballo de titanas, de xigantas

sen o cal moitos e moitas de nós hoxe non

estariamos aquí.

Hai moitos libros de etnografía que explican

como nas sociedades labregas hai unha separación

do traballo por sexos porque as mulleres, por seren

impuras, non podemos ocuparnos de depende que

asuntos. Dise así que as mulleres non poden

manipular a carne do porco acabado de matar por­

que iso faría que a carne se perdese, pero a

sementeira deben facela as mulleres porque elas

son as encargadas de dar vida .

Se cadra esta teoría é verdade, non o vou

discutir, pero dende que eu teño lembranzas sempre

vin as mulleres labregas traballar de par dos homes.

A única separación que percibía era a separación

que impoñía a forza física: os homes labraban por­

que lles era máis fácil a eles moveren o arado, os

nenos e nenas chamabamos as vacas, labor para o

que non era necesario a especialización nin forza ; e

as mulleres sementaban, traballo que non requiría

forza, pero si arte.

E cando se mataba .o porco igual: os homes

agarraban e mataban e as mulleres chamuscábano,

os homes abríano e cortábano e as mulleres enfia­

ban as tripas e íanas lavar ó río. E cando non había

homes, as mulleres sacaban a forza de onde podían

e asumían as tarefas que eles tiñan encomendadas.

O reparto do traballo na sociedade labrega,

na sociedade da Terra de Montes, era paritario, pero

esta sociedade non era igualitaria porque as mulle­

res non tiñan acceso ós mesmos ámbitos cós ho­

mes. Non estaba ben visto, por exemplo, que elas

fosen á taberna, pero iso ten máis que ver coa

concepción do papel da muller na sociedade

difundido pola relixión que coas regras creadas pola

propia sociedade.

En definitiva, as mulleres sempre estivemos

á par dos homes, en saberes e en traballos, aínda

que a nosa presenza no ámbito público non fose tan

relevante. Que nos fosen prohibidos espazos de

expansión pública obrigounos a pechamos nas ca­

sas. E nese encerro inventamos exquisiteces como

a que hoxe degustamos: a vincha.

Vou rematar esta intervención, que xa vai

longa de máis, e vouno facer botándovos unhas vi­

vas propias do entroido da Ulla, labor que adoitan

facer xenerais e correos na miña terra de adopción.

É verdade que para ser auténtico eu debería ir sobre

un cabalo, ter unha espada ou unha fusta na man e

estar acompañada poJ un coro. Como dispoño da

vosa colaboración, deste traxe e tamén da entoación

axeitada, velaí van esas vivas do entroido da Ulla:

Atención señoras e señores, digan todos comigo

nunha voz:

Viva a Asociación Espade/a como organi­

zadora desta festa da vincha

Vivan as súas membros como cociñeiras

maiores destas vinchas.

Vivan as mulleres de Terra de Montes que

nos deron vida e orgullo.

Vivan as persoas que nos miran, acom­

pañan e arrodean.

Viva a Nasa Unión.

Carme Hermida

(Pregón da XI Festa da Vincha de Cerdedo)