17
VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de 2011 Museo do Pobo Galego

VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

Do 7 ao 15 de xuño de 2011

Museo do Pobo Galego

Page 2: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

6ª Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego Por sexto ano consecutivo, o Museo do Pobo Galego celebra a Mostra de Cinema Etnográfico. A relación do MPG co cine non é algo novo. Desde os alicerces do Museo, o cine ten sido un compañeiro inescusable tendo en conta que o primeiro Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, foi Xoaquín Lorenzo “Xocas”, guionista e artífice xunto ao director Antonio Román de O Carro e o Home unha das películas fundacionais da cinematografía galega. Xoaquín Lorenzo, que legou ao Museo os dereitos sobre a súa excelente obra intelectual, deixou tamén con eles, a titularidade dos dereitos de O carro e o Home. Na década dos trinta, durante a II República, Xoaquín Lorenzo sentaba as bases da etnografía galega mentres colaboraba con Antonio Román. Como este último, Xosé Gil ou Carlos Velo eran tamén pioneiros destacados dun cine documental vangardista dos que, en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe, recuperáronse algúns dos seus filmes Tamén no Museo, estreouse no ano 2.000 a que é probablemente a máis antiga película de tema pesqueiro-industrial rodada no estado español. Obra de Xosé Gil, esta cinta data de 1928 e recolle imaxes sobre a actividade de dúas empresas viguesas, La Artística y Alonarti, vinculadas á actividade conserveira, así como numerosas escenas sobre a cidade. Seguindo o seu ronsel, como homenaxe a Xoaquín Lorenzo e a partir dun proxecto do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo, buscamos a colaboración de quen, coma nós, traballa e se interesa no coñecemento de tradicións, costumes, xeitos de vivir e pensar pero neste caso, representadas desde o sector do audiovisual. A intención é a de realizar unha actividade que una cine e etnografía como xa fixeran Xoaquín Lorenzo e Antonio Román décadas atrás, vincular o mundo audiovisual, que conta cunha gran produción e demanda, e o interese etnográfico de Galicia, onde a tradición tivo un gran peso e aínda está en boa parte operativa. Por razóns similares xurdiu a colaboración coa comarca oscense de Sobrarbe onde se está a levar a cabo con moito éxito a Muestra de Cine Documental Etnográfico Espiello. Así, os documentais premiados en cada edición de Espiello forman unha das seccións que conforma a nosa Mostra de Cinema Etnográfico. A outra, chamada Carlos Velo, conta cunha selección do propio Museo entre filmes realizados nos dous últimos anos e nos que se prima a presenza galega. Alén disto, contamos tamén con un apartado para o cinema histórico dedicado nesta ocasión a José Val del Omar. Pero , que é o cine etnográfico? Como o distinguimos doutro tipo de producións?. É habitual que o que adoitamos entender por cine etnográfico sexa un tipo de produción cunha clara intención pedagóxica ou divulgativa sobre as formas de vida de distintos grupos humanos, normalmente dunha cultura allea ou dun tipo de sociedade “tradicional” desaparecida ou en vías de desaparecer. Pensamos nunha cinta realizada directamente por ou co concurso dos antropólogos. Máis a representación dunha cultura de maneira holística e a partir de aspectos relevantes da vida dun pobo ou colectivo social, ten obxectivos diferentes ao cine de investigación e ao cine de documentación etnolóxica puramente descritivo. Ten a función de comunicar ao espectador sobre outros estilos de vida , formas de entender as relacións humanas ou explicar comportamentos que poden resultar estraños ou incompresibles para o esquema cultural dese espectador. E de facelo a través do medio audiovisual. Nesta tradición da produción cinematográfica cunha orientación cara á descrición de pautas culturais converxen dúas maneiras de entendela: a procedente da teoría e a práctica cinematográfica e a provinte da antropoloxía social e cultural. O cine documental, desde as súas orixes, desenvolve unha metodoloxía propia sobre como representar a realidade social sen que a mesma estivera necesariamente conectada cos presupostos da antropoloxía. Sen embargo existe unha mesma preocupación por reflectir o feito social nos dous campos, o que suscita un achegamento mutuo pero tamén unha polémica continuada.

Page 3: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Calquera produto audiovisual é susceptible de ser analizado desde unha perspectiva antropolóxica desde o momento no que o consideramos como un produto e un proceso cultural. Non obstante, unha filmación non é por si mesma unha descrición etnográfica. Os xéneros cinematográficos responden a convencións e son estas as que nos sitúan nun ou outro plano da interpretación. As convencións ademais modifícanse continuamente levando a novos patróns e a novos xéneros. A visión do mundo a través do medio fílmico conta, por este motivo, con distintos teóricos que teñen buscado unha definición do cine etnográfico tentando establecer as convencións precisas para que constitúa un xénero cinematográfico: Jean Rouch quen reivindica a imaxe como elemento fundamental na investigación antropolóxica mais cun interese específico e unha linguaxe e metodoloxía emancipados do mero uso ilustrativo do traballo científico; Jay Ruby, co seu cine reflexivo introducindo información no propio filme sobre o proceso de produción e a metodoloxía empregada, o “cinema participativo” de MacDougall, o cinema etnográfico visto como encontro cultural; a corrente deconstructivista que cuestiona a obxectividade do discurso científico e critica a separación entre ficción e documental así como o privilexio do discurso deste ultimo para falar da realidade. Ao longo do século XX pásase dunha visión distante e omnisciente do cineasta a unha busca do diálogo , a implicación e a participación dos filmados. Para acadalo sucédense distintas propostas nas que se vai tomando conciencia da existencia de múltiples puntos de vista e enfoques que van desde un cine que mantén a unidade espazo-temporal e sen apenas montaxe ata o puramente experimental. Para esta Mostra do Museo do Pobo Galego escollemos a utilidade de considerar o cine etnográfico no seu máis amplo espectro, procurando que as propostas produzan coñecemento sobre os colectivos sociais e as culturas humanas, tanto se é primando o punto de vista cinematográfico como se é unha filmación de apoio a unha investigación antropolóxica. O cinema etnográfico naceu co propio cine. Continúa a súa andaina con novas visións, consideracións e valoracións que o Museo comparte.

Page 4: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

CINE HISTÓRICO

Ligazóns: http://www.valdelomar.com/inicio.php http://www.rtve.es/alacarta/videos/dias-de-cine/dias-cine-jose-val-del-omar/966840/ http://multidoc.rediris.es/valdelomar/

Martes 7 20.00 h. Apertura da Mostra. Proxección do “Tríptico Elemental de España” de José Val del Omar e presentación a cargo de Pepe Coira.

José Val del Omar (Granada 1904-Madrid 1982 ). Creador cun talento artístico e tecnolóxico extraordinario, ''crente do cinema'' e iluminado por novos horizontes que formulou mediante as siglas PLAT –que equivalen ao concepto totalizador de Picto-Lumínica-Audio-Táctil–, Val del Omar foi contemporáneo e camarada de Lorca, Cernuda, Renau, Zambrano e outros nomes maiores dunha Idade de Prata truncada coa Guerra Civil. Colaborador activo das Misións Pedagóxicas fixo miles de fotografías e rodou varios documentais no marco deste proxecto. A súa obra e a súa actividade investigadora –en contra da incomprensión e o esquecemento– fan del unha figura única da historia do cine e das vangardas españolas. Finou rodeado dos seus inventos, das súas cámaras, e de máquinas e latas cheas do cine máis audaz, raro e misterioso que se pode imaxinar, un cine que era un feroz intento de modernidade nunha España demasiado afastada de calquera novidade estética. En 1928 anticipara xa varias das súas técnicas máis características, incluíndo o ''desbordamento apanorámico da imaxe '' fóra dos límites da pantalla e o concepto de ''visión táctil''. Estas técnicas, como son as do ''son diafónico'' e outras exploracións no campo sonoro, aplicounas no “Tríptico Elemental de España”, a obra máis coñecida de Val del Omar. As tres curtametraxes do “Tríptico Elemental de España” están rodadas entre 1953 e mediados dos sesenta. Trátase dun proxecto sen precedentes na historia do cine do estado español. Realizadas nun contexto tan pouco propicio para o cine experimental como foi o franquismo as tres curtas que conforma no Tríptico, “Aguaespejo granadino”, “Fuego en Castilla” e “Acariño Galaico. De barro”, estrutúranse ao redor de tres elementos metafóricos -auga, lume e barro- nun ensaio fílmico sobre o tempo no que explora os límites do discurso audiovisual a través de instrumentos e recursos

técnicos inventados por el mesmo. A súa obra non se redescubriu ata pouco antes da súa morte, sendo en cambio o principio dun renacemento que segue a gañar adeptos ''sin fin'', como el poñía ao remate dos seus filmes.

Page 5: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

SECCIÓN CARLOS VELO

Selección de documentais elixidos desde o Museo do Pobo Galego e onde priman os realizadores e as realizadoras galegas.

Page 6: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Apash, os de fóra Cora Peña ( Galicia. 2010 ) 60' O documental segue os pasos dun atípico aventureiro pola Amazonia peruana. O empresario cárnico retirado Antonio Abreu, un “apash”, os que veñen de fóra na lingua dos indíxenas, que está a realizar tres traballos: a entrega de camisetas da Fundación do Fútbol Club Barcelona a nenos de comunidades “awajún”; reencontrarse co seu amigo Alfonso Graña, posible fillo do galego glorificado no seu día como "rei dos xíbaros"; e pedirlle aos seus amigos de Pluspetrol Perú que colaboren, no canto de obstaculizar, no desenvolvemento das comunidades amazónicas. O xeito de se mergullar nestes tres cometidos implica escoitar e combinar os puntos de vista tanto de indíxenas como dos expertos e os políticos. Desta maneira o documental achégase a unha parte da realidade deste pobo coñecido como xíbaro, que habita e coida deste territorio desde hai 1200 anos. (Proxección domingo 12 ás 13.00)

Ligazóns: http://www.apashosdefora.com/ http://novashistoria.blogspot.com/2010/11/apash-os-de-fora.html http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/02/22/0003_201102S22C8996.htm De porta en porta Lisi González (Galicia. 2010) 38’ “De porta en porta” é un proxecto documental sobre as bandas de bombos do Baixo Miño e do norte de Portugal. Este proxecto constitúe un nexo cultural común entre dous pobos separados por un río. (Proxección sábado 11 ás 13.00 e luns 13 ás 19.30)

Page 7: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Ligazóns: http://www.atlantico.net/noticia.php?id=111384 Días de reparto Jorge Coira e Iker Elorrieta (Galicia. 2009) 55’ A vida e traballo de Felipe, un vendedor que coa súa furgoneta cargada de alimentos e produtos de consumo doméstico leva moito máis que mercadoría, pois o trato persoal que el ten con cada un dos seus fieis compradores nas aldeas e vilas da súa ruta acaba por debuxar na súa cabeza un verdadeiro mapa humano. (Proxección sábado 11 ás 21.00)

Ligazóns: http://ficg.org/sitio/index.php?option=com_content&view=article&id=792:18-comidas-&catid=58:largometraje-iberoamericano-de-ficcion&Itemid=259

Page 8: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Memorias, norias e fábricas de lixivia Memorias, norias y fábricas de lejía María Zafra Cortés (España. 2010) 17’ Imaxes de felicidade, as únicas que permite o cine doméstico, enfróntanse a unha narración oral sobre a migración dos traballadores do campo andaluz aos centros industriais de Cataluña. Un ensaio sobre a migración, a memoria e a inaccesibilidade á autorrepresentación. (Proxección martes 14 ás 19.30)

Ligazóns: http://www.porlared.com/noticia.php?not_id=54844&sec_id=20 http://www.dracmagic.cat/mostrafilmdones/descarregues/premsa/docs/19Mostra_1a%20NotaPremsa_CAST.pdf Novas Noticias Bettina Perut e Iván Osnovikoff (Chile. 2009) 80’

O filme apropiase do formato fragmentado dos informativos televisivos para mostrar dunha maneira cinematográfica esa mesma realidade representada de xeito cotiá polos medios de comunicación. Cun rexistro radical a película pon en xogo os mecanismos cos que se constrúen día a día as verdades colectivas nos medios de comunicación. Un filme críptico onde o que interesa non son os titulares senón o que oscila ao seu redor. A película é impactante incluso crúa en ocasións, o que pode provocar o rexeitamento do espectador/a. (Proxección martes 14 ás 20:00)

Page 9: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Ligazóns: http://perutosnovikoff.com/wp/ http://www.elciudadano.cl/2010/08/10/noticias-de-bettina-perut-e-ivan-osnovikoff/ http://www.corteirracional.org/2010/06/07/documentalestreno-de-noticias-de-bettina-perut-e-ivan-osnovikoffentrada-liberada/ http://www.premioaltazor.cl/valentina-perut-y-ivan-osnovikoff/ Ceibes no Monte (Galicia. 2009) 30’ O traballo forma parte da investigación levada a cabo desde o IES Terra de Turonio de Gondomar, escollida para a 5ª convocatoria do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas e que versa sobre os diferentes enfoques que se lle poden dar ao tema dos cabalos ceibes nos montes galegos e, en particular, nos montes das Terras de Turonio. (Proxección mércores 15 ás 19.30)

Ligazóns: http://www.ceibesnomonte.com/documentos/voztomanasaulas.htm http://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:gRIFgSd360MJ:www.casadetolos.com/es/noticias/106-presentacion-do-documental-qceibes-no-monteq.html+documental+ceibes+no+monte+terra+de+turonio&cd=1&hl=es&ct=clnk&gl=es&source=www.google.es Cidade dos mortos La ciudad de los muertos

Sergè Trèfaut (España/Portugal. 2009) 62’ “Os mortos non me dan medo. Os que me asustan son os vivos”. Esta frase extraída da sabedoría popular universal repítea un ancián recitador cego do Corán que vive nun cemiterio habitado por vivos no Cairo. Trátase dunha auténtica metrópole árabe, que bule entre tumbas, sen perturbar o repouso dos que alí descansan. (Proxección mércores 15 ás 20.00)

Page 10: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Ligazóns: http://www.documentamadrid.com/noticia_detalle.php?id=39 http://www.comunicacion.us.es/node/4934 O ruído e o silencio El ruído y el silencio Antonio Caeiro (Galicia. 2010) 40’ Un sentimento ao redor do ruído e do silencio dos tambores e dos bombos, un lamento sonoro de morte e resurrección para uns e unha tradición sen crenzas para outros, un sinal de identidade como pobo. O ruído xúntase co silencio de procesións, imaxes e cofrades, co recendo da primavera. (Proxección lusn 13 ás 20.00 )

Ligazóns: http://ofaiadoproducions.blogspot.com/2010/11/estrea-de-el-ruido-y-el-silencio.html http://www.memoriadelasmigracionesdearagon.com/ver_articulo.php?articulos_id=2270 http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/12/02/0003_8884973.htm

Page 11: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Para vestir santos Rosana Matecki (Venezuela. 2010) 52’ Habituados a que as historias de amor rematen en parellas ou en familias, esquecemos esas outras daquelas persoas que quedan “para vestir santos”. As súas son historias de amor con outro sabor, o do amor frustrado, truncado ou prohibido; historias doutra verdade coa que calquera se pode atopar, a sorte de quen escolleu a alegría recatada do silencio á ruidosa confraría do acompañamento. O sabor que teñen eses personaxes que por algunha razón foron apartados do común destino de unirse en parella para afrontar un xeito de vida diferente. (Proxección venres 10 ás 20.00 )

Ligazóns: http://www.cnac.gob.ve/beta/contentEsp.php?s=Ag&id=568 http://www.doctvib.net/boletin/15/index.html http://www.kiiskakuna.net/esp/ Retratos de romaría Toño Chouza (Galicia. 2009) 50’ Documental centrado na romaría de S. Ramón de Bealo. A través das opinións de diversas persoas vaise tecendo un retrato do que foi, do que é e do que posiblemente será nun futuro esta romaría. (Proxección domingo 12 ás 12.00)

Ligazóns: http://xornalcerto.blogspot.com/2010/01/cinema-la-senora-maria-do-boirense-tono.html http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_persona.php&id_persona=3052

Page 12: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

SECCIÓN ESPIELLO

Selección dos documentais premiados na edición anterior da Muestra de Cine Etnográfico Espiello

Page 13: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Baltazar Ushka, o Tempo Conxelado Baltazar Ushka, el tiempo congelado Premio Espiello CHOBEN Ígor e José Antonio Guayasamín (Ecuador. 2010) 21’ 40” A 5000 m de altitude, no volcán máis alto do mundo con relación ao centro da terra, o Chimborazo, traballa fai máis de trinta anos Baltazar Ushka. O seu traballo consiste en sacar xeo (o pouco xeo que queda no volcán polo quecemento global), transportalo e vendelo. É unha práctica que desde fai anos realizaba toda unha comunidade e agora apenas fica Baltazar. Esta película viaxa no tempo de forma circular, coherente coa cosmovisión indíxena e logra conformar un retrato da vida do último xeeiro do Chimborazo. (Proxección xoves 9 ás 19.30)

Ligazóns: http://elotrocineblog.blogspot.com/2011/02/baltazar-ushka-el-tiempo-congelado-en.html http://antoncastro.blogia.com/2011/041601-los-premios-espiello-2011.php Bunong Guu Oh-Bunong's, prácticas de nacemento Bunong Guu Oh-Bunong's Birth Practices Premio ESPIELLO RECHIRA ao mellor traballo de investigación. Tommi Mendel (Suíza-Cambodia. 2010) 50’ Sobre a base do estudo dun caso de antropoloxía social, este filme documenta as prácticas de nacemento dos Bunong, na provincia de Mondulkiri, situada ao nordeste de Cambodia. Os cambios sociais, políticos e económicos están a transformar tremendamente a provincia e a afectar ás crenzas, percepcións e hábitos do campesiñado sobre o embarazo. Comadroas tradicionais, mulleres embarazadas, nais e as súas familias dan a súa visión persoal sobre a estratexia na toma das súas decisións, que están na encrucillada entre a tradición e a modernidade. (Proxección sábado 11 ás 20.00)

Page 14: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Ligazóns: http://www.der.org/films/bunongs-birth-practices.html http://www.cncine.gob.ec/index.php/noticias/noticias-internacionales/1869.html Boteros Martín Turnes (Arxentina.2010) 24’ 25” Premio ACCÉSIT Instalados por máis de cen anos na Illa Maciel, os boteros que cruzan o Riachuelo bríndanlle un servizo aos habitantes das beiras do curso de auga máis contaminado de Arxentina. Pero a reconstrución dunha ponte entre a illa e a Capital Federal porá en perigo o oficio que herdaron de seus avós e tataravós, un "dano colateral" que chegará da man do progreso. Boteros é un acompañamento a ese proceso, unha batalla silenciosa e sutil que pode deixalos sen o seu histórico traballo. (Proxección: mércores 8 ás 19.30)

Ligazóns: http://boterosdocumental.wordpress.com/2011/02/03/boteros-seleccionado-en-el-festival-espiello-viii-muestra-de-documental-etnografico/ http://www.prodocumentales.org/paginas/muestra/muestra11/documentales11mamlat.php?idPeli=2

Page 15: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Contacto Contact Premio BOLTAÑA ao máis votado polo público Bentley Dean e Martin Butler (Australia. 2009) 78’ En 1964 Yuwali, que pertencía ao último grupo de aborixes sen contacto algún coa sociedade occidental, foi filmada cando isto ocorreu por primeira vez. Ela tiña 17 anos e varias patrullas achegáranse aos seus para evacuar, sen demora, os seus fogares no deserto. Yuwali protagonizou unha fascinante persecución durante varios centos de quilómetros fuxindo dos "demos" en "rochas que se moven" (camións). Agora, aos seus 62 anos, conta a incríble historia do que sucedeu nesa persecución. (Proxección: xoves 9 ás 20.00)

Ligazóns: http://www.onlyshortfilms.com/NoticiasGacetillasVerNoticia.aspx?pCulture=en&idnoticia=2224 http://www.creativespirits.info/resources/movies/contact/ http://www.eldia.es/2010-11-07/cultura/23-pelicula-australiana-Contact-gana-V-edicion-Festival-MiradasDoc.htm

No bazar dos sexos In The Bazaar Of Sexes Premio ESPIELLO ao mellor documental etnográfico Sudabeh Mortezai (Austria. 2010) 85’ Se manter relacións sexuais sen o casamento garante uns bos lategazos e se manter relacións sexuais fóra do matrimonio está penado cunha boa lapidación, que podo facer en Irán se quero manter relacións sexuais e non casei? Casar temporalmente. Dunha hora a un ano. Esta é a práctica que radiografía este documental no que o aluguer do matrimonio é o pasaporte para ter unha vida sexual máis ou menos libre e evitar o peso da lei islámica. (Proxección: mércores 8 ás 20.00)

Page 16: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Ligazóns: http://www.pirineodigital.com/2011/cultura/espiello/fin2011.htm http://www.cimamujerescineastas.es/htm/comunicacion/noticias/ver_noticia.php?id=853 http://www.festivaledoc.org/fichasdocumentales/enelbazardelsexo.htm Pobos Orixinarios III: Pilagá, Bañado La Estrella Pueblos originarios III: Pilagá, Bañado La Estrella Premio ASECIC “Guillermo Zúñiga” Ulises Rosell (Arxentina. 2009) 29' 46'' O río Pilcomayo é determinante para a supervivencia de moitos pobos chaquenses, entre eles a do pobo Pilagá. O Descanso é unha pequena comunidade na provincia de Formosa, situada á beira do Bañado La Estrella. Desde 1993 o goberno da provincia comezou unha serie de obras hidráulicas sobre a ruta da nacional 28 que inundan de forma permanente as terras indíxenas situadas no Bañado e causan grandes deterioros ambientais. O capítulo móstranos as implicacións desa obra e os reclamos non escoitados dunha comunidade que ten máis da metade das súas terras baixo a auga. Mauricio e Baloy realizan unha saída a bordo dun cachiveo (canoa) que eles mesmos constrúen para atrapar curiyu (anaconda). Un percorrido por un contorno de gran biodiversidade que só eles souberon respectar. (Proxección venres 10 ás 19.30)

Ligazóns: http://descargas.encuentro.gov.ar/emision.php?emision_id=829 http://www.megacompilados.com/index.php/novedades/297-pueblos-originarios-iii-5-dvds-canal-encuentro-.html

Page 17: VI MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO Do 7 ao 15 de xuño de …culturagalega.gal/imaxes/docs/museodopobocinemaetnografico.pdf · Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo,

Organiza Colaboran

Museo do

Pobo

Galego