38
O COUREL DE NOVONEYRA Eidos de ollarollar isidro Novo isidro Novo ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL DENOVONEYRA

ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

O COUREL DE

NOVONEYRAEidos de ollarollar

isidro Novo

isid

ro N

ovoViA

xE

s L

itE

RA

RiA

s

ViA

xE

s L

itE

RA

RiA

s

ViA

xE

s L

itE

RA

RiA

sO

CO

UR

EL D

EN

OV

ON

EY

RA

portada:portada 29/11/10 22:36 Página 1

Page 2: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 1

Page 3: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

O COUREL DE NOVONEYRAEidos de ollarollar

Isidro Novo

…camiños camiños noncarreiros a rubir e baixar e virar i escadar repetospoxas

nunca ó lonxe ollarollar...

‘Galicia teima vida / Poema Mundo Laxeiro’Do Courel a Compostela, 1956-86 (1988)

Unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da Áreade Cultura da Vicepresidencia primeira da Excelentísima Deputación Provincialde Lugo (Plan estratéxico de subvencións da Área de Cultura, 2010)

© Do texto: Isidro Novo© Asociación de Escritores en Lingua Galega

Consello Directivo da AELG

Presidencia Cesáreo Sánchez IglesiasVicepresidencia Antía OteroSecretaría Xeral Mercedes Queixas ZasTesouraría Marta DacostaVogalía de Lugo Isidro NovoVogalía de Pontevedra Elvira RiveiroVogalía de Vigo Francisco CastroVogalía da Coruña Francisco SoutoVogalía de Ourense Xerardo MéndezVogalía de Relacións coa Lusofonía Carlos QuirogaVogalía de Relacións Internacionais Xavier QueipoVogalía de Literatura de Tradición Oral Antonio Reigosa

Agradecementos Orlando Gregorio Álvarez Álvarez e todas as persoas e enti-dades que achegaron fotografías para a presente publicación.

FotografíasAntonio Lema (páxina 59)Aránzazu Paz López (páxina 22)culturagalega.org - Consello da Cultura Galega (páxinas 15, 19, 23, 24, 26,27, 28, 30, 41, 42, 43, 52, 56, 57 e 60)Héctor Fdez. Santos-Díez (páxinas 5, 13, 14, 20, 25, 31, 32, 34, 35, 36, 38 e 40)Manuel Armas Munín (páxinas 12, 53, 54 e 55)Olga Raposo (páxina 45b)Rocío Candales Romeo (fotos de capa, contracapa e páxinas 45a, 46, 47e 48)

Planos Héctor Fdez. Santos-Díez

Deseño e maquetación Improset GráficasImprime Improset Gráficas

Edita Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)[email protected]

D. L. C 3808-2010

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 2

Page 4: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ÍNDICE

Prólogo da Deputación Provincial de Lugo 7

Prólogo da Asociación de Escritoresen Lingua Galega 9

Declaración de Intencións 11

Prólogo ás tres rutas 13

De Parada a Piapáxaro 17

Roteiros con arrodeos e desvíos 31Primeiro percurso 31Segundo percurso 51

Planos 63

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 4

Page 5: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

-7-

Nuns tempos ben espiñentos para a lin-gua galega, esta Área de Cultura da Vicepre-sidencia primeira da Deputación de Lugosabe da súa responsabilidade no labor diariode alentar e estimular a nosa cultura. Nesecamiño vai a nosa achega ao recoñecementosocial e á difusión da obra de Uxío Novo-neyra, un dos grandes poetas do país, quenos deixa en herdanza escrita a forza tanxi-ble dos eidos.

Queremos que a súa obra se converta nunpresente e inmorredoiro exemplo de amorpola terra, un canto de permanencia, daque-les «poemas que sólo poden escribirse na

nosa Fala», da mensaxe dun universo vitalque renace a cada momento no seu verbosentido.

E que mellor para apalparmos o orbe te-rreño de Novoneyra que percorrer as xeogra-fías nas que mora a esencia patria, percibir osmurmurios e o bulicio dos seus seres ou aca-riciar o aire dos seus soutos e carballeiras.

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 6

Page 6: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Gocemos, pois, dos itinerarios que nosofrece a Asociación de Escritores en LinguaGalega nesta guía e percorramos co «verbo

orixinario, depositario da memoria común»

os rastros de espazos e lugares, o ronsel denación e lingua, que nos legou Novoneyra.

Xosé Antón Bao Abelleira

Vicepresidente primeiro da

Deputación Provincial de Lugo

-9--8-

A MAXESTADE HERDADA DA TERRA

Quizais é que cada terra elixe dende a súanatureza un ser na que se sentir representada.A persoa sinxela, próxima e entrañábel doUxío Novoneyra que coñecemos, a súa pre-senza maxestosa, poderá ser comprendida vi-sitando as súas terras d’O Courel e aslindeiras coas que el tece os seus poemas. Ahumildade e mesmo o abandono dos lugaresnon empece que sintamos con claridade a ai-rexa e a vertixe do magnífico, do grandioso.

Amaba Novoneyra, quen foi o presidenteda Asociación de Escritores en Lingua Galega,os seus altos e irados eidos cunha intensidadesublime, como é doadamente perceptíbel nosseus poemas. Cando falaba da súa terra, Uxíosorría como alguén que aspira o recendo dunhaflor, premendo un chisco as pálpebras sobre osollos e deixando escapar, coma se dun zumedeles fose, un ilusionado e luminoso brillo.

Para o noso poeta, a terra non era a pai-saxe na súa fermosa tona, era a terra comoser que xera e dá vida a unha fala, a toda a

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 8

Page 7: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS

Sirva este pequeno introito para dar explica-ción sobre o criterio seguido para a confeccióndeste roteiro. En primeiro lugar cómpre dicirque nada máis difícil que querer abranguer todoo espazo citado polo poeta, que coñecía comoa palma da man cada recuncho da súa terra eaínda todo aquilo que a longura e largueza dasúa vista era quen de albiscar dende as alturas.A súa poesía está ateigada de topónimos e mi-crotopónimos do seu arredor máis próximo,pero tamén de nomes de lugares que excedendesa fermosa serra courelá, e por iso quixemosadaptarnos á súa ampla visión non limitándonosa ela, senón deixándonos levar unha miga ataterras limítrofes que a súa palabra adornou, evi-tando, iso si, o paso por lugares de xa doado co-ñecemento por razóns que nada teñen que vercoa obra do poeta e permitíndonos, porén,algún arrodeo ou desvío a lugares que, integra-dos nos seus versos, poderían suscitar o interesedo viaxeiro, e mesmo algún outro que, non es-tándoo, seguramente el aprobaría.

-11--10-

verdade de noso que nela habita. A lingua queo vento crea coas súas azas enchoupadas enchuva, cos ollos a erbellar en claridade. Oaturular da ave, o ruxir da fonte, o bruar dovento. O non dito porque xa é só ollar ou ésen saber ou xa é secreto non revelado, todo,mesmo o silencio da serra ou das nebras,deixa a súa pegada no seu nomear as cousas,a terra, para non as mancar, como pegadas dolobo na branca tona do inverno. A luz doverao que o labrego ceifa e abraza en gavi-llas. Todo en Novoneyra é creador de vidaque acrisola na verba amada, a que canta nofuturo antigo. E así, díxonos: «porque residi-

mos tanto na Lingua coma na Terra».

Para a AELG que hoxe continuamos aconstruír, seguindo o ronsel sempre presentede Uxío Novoneyra, o noso Socio de Honrano ano 2000, esta nova entrega é a imaxe tan-xíbel do noso soño e do noso agradecemento.

Cesáreo Sánchez Iglesias,

Presidente da AELG

Mercedes Queixas Zas,

Secretaria Xeral da AELG

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 10

Page 8: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

PRÓLOGO ÁS TRES RUTAS

A casa do Poeta, tamén chamada doCrego ou da Fonte está arrodeada de abon-dos lugares significantes para quen é devotoda poesía de Novoneyra como para facer unpaseo demorado antes de calquera camiñada

-13-

Fontiña do carabel

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 12

Page 9: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ou desprazamento longo. A un amante doseu verso non lle é doado subtraerse á cu-riosidade por saber onde verte a súa auga afontiña do carabel, que aínda que hoxe xanon estea avalada por unha faia, segue incó-lume a manar lenta, dando xusto o que ún

pode beber. Dende o Camiño Real, o visi-tante curioso verá arriba a casa en toda a súadimensión e abaixo o frondoso souto de san

Romao, un lugar que conta ademais con ca-

pela, fonte e lavadoiro dos que o mesmosanto é titular, e no que aínda se poden vercastiros da propiedade familiar rotuladoscun N trazado coa man de quen coa súa ca-

ligrafía debuxou os poemas dándolles unhadimensión tan emotiva como estética. Su-birá logo polo camiño que leva á entrada dacasa parando na curva a mirar aquela ondetiña o torno e a forxa Manoel de Ribadaira

(alí xogaba Uxío de pequeno), evocando oromance que o poeta lle dedicou a aquelhome que foi vilmente asasinado no 36 nafonda cova de Teixeira, coñecida como aBuraca das Grellas. Chegados pé da casaaínda está o escano onde Uxío sentaba a es-coitar o silencio ou a falar cos de paso.Dende aí o camiño ou a estrada.

-15--14-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 14

Page 10: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ROTEIRO POLAS ENTRAÑAS DO COU-REL: DE PARADA A PIAPÁXARO

A aldeíña do poeta, que quizais andaráagora arredor dos vinte habitantes, ben me-rece unha volta antes de poñerse en camiñopolo Real ata o cruzamento onde está o mo-nólito que nos dá pé para ir na procura dasentrañas courelás.

“Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home...”

Así nos convida Uxío Novoneyra a entrare a previrnos da pouquidade na que nos imosatopar logo de enfrontarnos a unha naturezatan poderosa. Para logo xa anunciarnos unalgo de tanta inmensidade:

“AUGAS Brancas da Rogueira!

Bouzas pechas d'uces e xestas!!

Abrairas teixos faias xardois e reboleiras!

Outo bosco calado!

Fontiñas do corzo!

-17-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 16

Page 11: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Carrozos picafondo!

Non hai outro templo máis vasto

nin outro credo

que este silencio...”

Moreda

Tanto como Parada é Moreda aldea quesuscita no poeta sentimento claro e próximo.Inevitábel, diriamos, se habemos de guiarnospolos seus afectos: “Moreda das morode-

llas!...” En Moreda danse as uvas e os abru-ños e mesmo ao entrar saúda unha moreiracoas súas follas amplas e dentadas. Alí im-partía a docencia o cuñado do poeta, e da-quela aldea era o seu amigo cazador Ricardo:“Andar e ollar de prea vai Ricardo de Mo-

reda... ” Alí nun alto está a fontiña da Rosa,

que el irmanda no verso con aqueloutra xa ci-tada que mana de vagar moi preto da súacasa: “Da fonte do Carabel / ate a fonte da

Rosa.” Nese lugar tan entrañábel para opoeta está asentado o centro de interpretaciónda Devesa da Rogueira, por el tan ben can-tada, na denominada Aula da Natureza de

Moreda do Courel.

Monte Cido

O Cido é de mirar e andar, pero a súa ele-vación acada aínda máis altura pola lenda,xa que algúns cren que se trata do míticoMedulio das crónicas de Floro. “Cido de

castro e couso / cova e covallo / taro e

ciñal!” Disque a raíz do seu nome pode virde occidio (matanza, carnizaría). En reali-dade trátase dunha lomba duns tres quiló-metros de lonxitude que nace na Ferreríacon 759 metros e morre en Campelo erguén-dose ata os 1.009. Está cheo de covas e bu-

-19--18-

Vista do lugar de Moreda desde a Devesa da Rogueira

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 18

Page 12: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ratos e o seu castro está considerado un dosde maior extensión de Galiza. Nel foi ato-pada unha aguia de bronce dun estandarteromano e unha táboa (tésera) de hospitali-dade dos Lougei do ano 28 d. C., que seconservan no museo provincial de Lugo, eaínda apareceu outra táboa máis antiga, no-

meada Tabula Lougeiorum, que pertence aoprimeiro ano da era cristiá e que está depo-sitado no Museo Arqueolóxico da Coruña,no Castelo de Santo Antón.

Castelo do Carbedo

Aínda que xa só son restos, o seu aspectoé o dun cabalo rampante dentro do longoCido. Precisamente foi nas súas proximida-des onde se atoparon a aguia e mais as táboasdas que antes falabamos. Non se sabe moiben a data da súa construción, pero si que foidoado á Orde de Santiago por Nuno Peláez ea súa dona. Tamén que nas súas proximida-des foi acollido polos monxes samoensesAfonso II O Casto para librarse do aristócrataMauregato alá polo século VIII: “De Mogoxe

a Sobredo / de Sobredo a Seceda / e pola rota

-21-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 20

Page 13: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

segreda / para as Asturias de Oviedo.” Noséculo XV ao parecer o conde de Lemos pre-tende o castelo, pero a resistencia dos coure-laos non lle permite a conquista. Di a lendaque o conde coñece a dona Ildara, que vivíano castelo, e queda tan enfeitizado por elaque toma o costume de achegarse ao casteloe esperar ata conseguir vela: “Ventana de

Doña Ildara / prá banda da tara! ...” Se-gundo a lenda esta espera foi a que lle deu onome á aldea de Esperante.

Esperante

“Do Carbedo i Esperante / su Mostad a

Pontalor…” É a parroquia que acolle o lugardo mesmo nome, así como os de Carbedo,Liñariños, Millares, Mostaz, Campelo, Ro-meor e Castro de Romeor, pero de momento,pola súa proximidade, é conveniente que oviaxeiro saiba da existencia dun acampa-mento con todos os servizos e da ermida quebaixo a advocación de san Pedro se ergue nun

-23--22-

Vista dos restos do castelo de CarbedoDetalle da fachada principal da igrexa de Esperante, coa

porta cegada

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 22

Page 14: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

outeiro a carón das augas do Lor. Aíndaexiste unha ponte do século XVII para acce-der a ela e os vestixios da antiga reitoral,ademais dun pombal e dun sequeiro aínda enpé. Tamén hai no lugar unha fermosa capelaque baixo a advocación de san Roque acolleademais da do santo a imaxe de santa Bár-bara, patroa dos mineiros.

Devesa da Rogueira

Dende o alto do Couto, pola estradalocal, accedemos a un dos espazos que, coaLucenza, máis carácter lle imprimen a O

Courel. Esta devesa é un dos espazos que in-voca o poeta nos seus versos con máis fre-cuencia, e non é de estrañar porque se tratadun verdadeiro tesouro natural onde non fal-tan os acivros, os teixos e as aciñeiras, perotampouco os bidueiros, os carballos, as abe-leiras, os freixos, os pradairos, as faias edende logo os carnabudos, árbores tan dogusto de Novoneyra. As augas das fontes doCervo caen lánguidas dende a rocha brancas evermellas; calcarias e ferruxinosas. E ambascuradoras de moitos males. Covas, regatos,

-25--24-

Pombal no contorno da igrexa

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 24

Page 15: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

carrozos, gatos bravos, corzos, xabarís, lobos,raposos, osos, bufos, curuxas, cucos, ferreiri-ños, perdices, cotolovíos, ouriolos, tordos,

merleaos, arandos, romeu, xestas uces, car-queixas... Un lugar do que é inevitábel sentirnostalxia: “Manxar memoria! Ir ó Courel oír

falar a Terra / á Devesa da Rogueira...”

Monte Formigueiros

Ademais de ser un monte de ferro, é omáis ergueito entre tanta altura, pois chegaaos 1.639 metros e hai traballos cartográficos

que lle dan catro máis. A extracción do mi-neral fixo que os topónimos derivados del seespallasen polo seu arredor. “...Formigueiros

Montouto Pía-Páxaro / tesos cumes do Cou-

rel! Pobos pobres / ardidos de tristura mou-

ros de queimados!”

A Lucenza

Coa súa campa á altura dos 1.450 metros,deu pé para que Uxío dixese: “Terras altas e

craras da Lucenza / onde se ollan cerca as

serras lonxanas!” Pero se a campa satisfai o

-27--26-

Detalle dunha das covas que hai na Devesa

Vista do monte Formigueiros

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 26

Page 16: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ollar e mesmo convida no bo tempo a dei-tarse nun claro dela, a lagoa que alí aparecede maneira máxica está considerada o brañal

máis antigo das montañas galegas, nadamenos que da época glaciar, xa que polo vistoa súa formación produciuse hai máis de17.500 anos.

Monte Fedo ou Pico do Boi

Nel hai un excelente miradoiro erguido a1.424 metros de onde é doado percibir unhaampla paisaxe dos montes e vales do arredor

e onde Novoneyra situaba un dos refuxiospreferidos do lobo: “Mora o lobo no

Fedo...” Quizais sexa aventurado, pero oseu nome podería provir do Ogam, un tipode escritura que se orixinou no norte da pe-nínsula ibérica durante o neolítico e final-mente foi un estilo adoptado polos druídas.O Ogam sería algo reservado para a comu-nicación entre os sabios celtas e nel “fedo”tería o significado de “árbore”, malia quehoxe non sexa este tipo de vexetación undos seus atributos.

Pía-Páxaro

Aínda é posíbel percibir beleza dende alí,malia a desfeita das louseiras. É a segunda al-titude da serra courelá. Dende el é un quende ver se o día é claro a vila de Monforte, exente de longos alcances en vista e orienta-ción din distinguir as dúas grandes elevaciónsdo noso país, ambas na provincia de Ourense:Pena Trevinca e Cabeza de Manzaneda. Pía-Páxaro é ao primeiro dos eidos ao que opoeta quere ir: “Hein d’ir o Pía Páxaro i a

boca do Faro...”

-29--28-

Baixada desde a campa da Lucenza á lagoa, no fondo

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 28

Page 17: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

ROTEIROS CON ARRODEOS E DESVÍOS

Primeiro percurso

Saíndo da casa do poeta polo Real, dirixí-monos á estrada autonómica virando á de-reita en dirección norte, onde temos unhaparada case inmediata.

-31-

Monólito instalado pola Asociación de Escritores en Lingua

Galega en 2000

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 30

Page 18: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Seoane

Cómpre dicir que Seoane –ou Savane, ouSabane, como din e escriben os da zona– foio lugar onde estivo asentado o concello doCourel dende 1834 ata rematada a guerra,sendo logo trasladado arbitrariamente a Fol-goso. Pola súa proximidade, era destino pro-picio para os paseos do poeta, amigo derelacionarse cos seus veciños. Segundo o his-toriador e monxe Arias Cuenllas, en temposhoubo alí un cenobio dependente do mosteirode Samos, a cuxa congregación pertencía o ci-tado, pero hoxe en día o símbolo relixioso

máis importante é a igrexa que, baixo a advo-cación de san Xoán, se ergue no alto da pe-quena vila. De planta rectangular, paraachegarse a ela ha de facerse pola rúa que llefoi dedicada ao poeta. No cemiterio de Seoanedescansan os restos de seus pais e tamén os dapoeta María Mariño. Na importancia mineirade toda a serra do Courel, tamén Seoane tivoa súa parte. A menos de medio quilómetro donúcleo de poboación está a Ferrería Nova, nolugar onde se xuntan o Lor e o río Pequeno.Naquel mesmo espazo está na actualidade si-tuado o colexio da localidade, que dende 2010,ano no que se lle dedica o Día das Letras Ga-legas, tamén leva o seu nome. “Polo Real de

Parada / por Savane e por Piñeira...”

Meiraos

A súa igrexa está a case un quilómetro donúcleo de poboación –talvez para pór a probaa fe dos fregueses–. Disque quizais foseconstruída onde xa houbera outra dende re-motos tempos. O edificio é de 1614, coasconseguintes ampliacións e reformas, e nelhai un retablo onde figuran catro músicos do

-33--32-

Igrexa de Seoane

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 32

Page 19: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

país coa indumentaria tradicional que serviude modelo para ouniforme daBanda de Gaitasdo Courel. Cóm-pre mirar unhaantiga fonte quehai no camiño daigrexa e a robustacapela no rueiroda aldea. “Seo-

ane da Ferrería /

Meiraos de Santa

María...”

Taro Branco

Segundo algún dicionario consultado, untaro é un releve rochoso ao que só soben ascabras. Tampouco é tan así. Erguido a 1.228metros, as rochas calcarias que o forman qui-zais lle propiciaran o nome e dende el pódesealbiscar e chegar á mina da Toca, que ao pa-recer era un filón de ouro na época romana.O nome tamén é significativo se un se fixa

no corte, na amputación que sufriu esoutromonte debido ás extraccións de mineral.“Brillan os bargos / no Taro Branco.”

Teixeira

Esta aldea da parroquia de Noceda situadacase no límite noroeste das terras do Courelé das máis altas, e a pouco dela está a cova

ou buraca das grellas. Un lugar verdadeira-mente interesante para un espeleólogo, poistrátase dunha cavidade duns oitenta metros,pero máis aínda que a súa fondura, quen a

-35--34-

Detalle da igrexa de Meiraos

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 34

Page 20: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

puxo en bocas e lle deu sona foi un crime co-metido nela polos fascistas na persoa de Ma-nuel Cela Macía, coñecido por Manuel deRibadaira, rapaz de vinte e un anos, veciñomoi achegado ao poeta e á súa familia. Alí obotaron aínda vivo, logo de pegarlle catrotiros, e mesmo algún pobre de pedir polas por-tas ten contado que escoitara laios ao pasarpreto de alí, polo que é de supor que padeceuunha longa agonía. Así o expresa Novoneyrano Romance de Manoel de Ribadaira dedi-cado a seu amigo Federico García Cabezón:“POR toda a serra homes galgando / de noite

petan MANOEL CELA chamaron / MANOEL

DE RIBADAIRA

pros do lado...”

Aínda que nonsirva de conforto,non vén malsaber que, comoo romance reco-lle: “...eran catro

os que o pasea-

ron / e todos iles

morreron arrabe-

ados. ”

Lousada

Xa en terras de Pedrafita, a súa igrexa pa-rroquial acolle as imaxes barrocas de sanPedro e san Paulo, algunhas tallas de interesee tamén retablos neoclásicos entre os que haique salientar un da Virxe co Neno do séculoXVI. “... cara Pacios por Lousada / Fondes-

tela ou Valorqueira.”

Pacios

A Casa Grande de Pacios tiña vínculo emorgado fundados no 1696, gozando os seusdonos de poder civil e criminal no coto. Ac-tualmente este pazo está unido á igrexa pa-rroquial, edificación que está baixo aadvocación de san Lourenzo, con planta irre-gular e muros de cachotaría, con cuberta delousa a dúas e catro augas. Posúe torre ca-drada de tres corpos, e no interior retablos eesculturas. Cómpre resaltar esta aldea porquenela naceu a nai do poeta, Manuela Neira, etalvez por iso aparece repetidas veces nosseus versos envolta en afecto: “...cara a Pa-

cios de Lousada / o solar da miña mai”. Así

-37--36-

Buraca das grellas

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 36

Page 21: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

e todo o xenitivo máis empregado nos seuspoemas ao referirse a esta localidade é do

Señor. O señorío, que devén dos Saco e dosArmesto, conserva como reliquia do pasadoun singular brasón labrado en alabastro. Aotimbre, un rostro mirando á fronte con viseiraa modo de helmo, os bordos con abundantedecoración de lambrequíns; o campo aparececortado e partido, e nos seus cuarteis amó-sanse divisas dos apelidos relacionados copazo.

Fonlor

Ao Lor pásalle como a moitos ríos dentroe fóra da Galiza ou a escritores como o ínclitoValle Inclán, pero do que non cabe dúbida éde que Fonlor deriva o seu nome da crenzade que o manancial que alí agroma é o quelle dá a luz a este río que percorre a comarcacourelá de norte a sur, regando pola súa contacincuenta e catro quilómetros de territorioantes de atoparse co poderoso Sil, ao que llenutre o caudal en chegando ás terras quiro-guesas de Augas Mestas.

Hai quen conta que lle contaron que haimoito tempo alguén contou que seguindo ríoabaixo e cerca da desembocadura vivía unhafamilia de pastores que tiña unha fermosafilla chamada Lor, unha rapaza pretendida entoda a contorna por ser considerada a pastoraperfecta. Polo visto ocorríalle algo moi sin-gular, cando mollaba os pés na auga do ríotransformábase nunha cadela negra e branca.Cando adquiría esa forma, ía en axuda dosseus pais para axudarlles a gobernar o ra-baño. Ela soa era quen de guiar centos deovellas ata o curral. Tamén se dicía que eramáis intelixente e destemida que unha ducia

-39--38-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 38

Page 22: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

de lobos e que cando estaba no labor era in-cansábel. Era quen de correr máis dunhaducia de leguas sen parar ata chegar á fonteonde nace o río. A súa sona facía que os dolugar a chamasen para traballar cos seus ra-baños remunerándoa. Ao rematar a tarefa,seica volvía ao río a refrescarse e de paso re-cuperaba o seu aspecto de belida moza.

Fonlor é hoxe unha aldeíña case deshabi-tada que pertence á parroquia cebreirega deZanfoga, á que lle asiste ese mérito de naifluvial e o de ser evocada polo noso poeta:“Por Fontes e Grandalonga / ó Chao de

Veiga de Forcas / a Fonlor e Fonteboa...”

Romeor

O lugar de Romeor ten unha especial fer-mosura na súa natureza e na aldea sabemosda existencia dun túnel acueduto de sesentametros construído polos romanos entre os sé-culos I e III d. C. que se utilizaba para levara auga ata os xacementos de ouro que por alí

había. Ao parecer para extraer o mineral uti-lizaban o procedemento do cambio brusco detemperatura, alternando o lume e a auga paraque a rocha lañase.

-41--40-

Detalle da entrada ao túnel

Canón do río Lor, que nace en Fonlor

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 40

Page 23: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Romeor foi o primeiro destino courelao deRoberto Posse Carballido, home da poetaMaría Mariño Carou, para exercer a súa pro-fesión de mestre. Novoneyra, seguramenteinfluenciado pola beleza do lugar, imaxina:“Ildara de Romeor / fía e canta no Sumedo /

á raia do albor.” Pretiño desta aldea haiunha aldeíña chamada, por selo, O Castro de

Romeor.

Céramo

Nestas terras tan ricas en mineral, non sóforon o ferro, o chumbo, o ouro..., tamén omármore. Unha casiña nesta aldea dá probadisto amosando o enmarcado dalgunha dassúas fiestras. Dise que en Savane houbo can-teira del. En Céramo, que está a carón do xi-gante e férreo Formigueiros, tamén houbounha ferrería, mais disque nunca chegou a fun-cionar. “Hein d’ir a Céramo cruzal’o Faro i

entón / debrocar pra baixo cara a Oéncia e

León.”

-43--42-

Vista dos montes e da aldea de Romeor, ao fondo, na subida

cara ao túnel romano

Detalle dunha rúa

entre as casas

de Céramo

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 42

Page 24: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Visuña

Nesta aldea grande e muiñeira que toma onome do río que a rega, aínda se poden ver,ademais de dous muíños activos ata haipouco, algunhas casas medievais con galeríaaérea. Seica antes era Visonia o seu nome enela ao parecer houbo un mosteiro fundadono século VII por san Frutuoso do Bierzo.Preto desta localidade está o castro de Torexe

que, segundo o catastro de Ensenada, eraonde se reunía a xustiza ordinaria da bisbarra,con xuíz, rexedor e procurador. “De Visuña

ó Couto. / Se a neve apura / do Couto ó souto

/ en dereitura...”

A Seara

Xa pertence ao concello de Quiroga. Acantidade de referencias na poesía de Novo-neyra sobre os lugares desta parroquia étanta, que quizais mereza unha visita tan polomiúdo, tan inorde, como os máis próximos ásúa casa. Na Seara está o covallo de dona

Briosa: “No Carbedo Dona Ildara / Dona

Briosa na Seara...”, o cortello dos cervos ou

Campo Lerín. Tamén está a fervenza de vintee cinco metros coa que en Vieiros, lugar daparroquia, o Selmo agasalla a quen se ache-

-45--44-

Fervenza de Vieiros

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 44

Page 25: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

gue a vela. A aldea ten tamén o seu interese,pois atópase bastante ben conservada emesmo hai un albergue de montañeiros ondeé posíbel darlle ao dente e é doado que ofre-zan caza. A igrexa parroquial, baixo a advo-cación de santa María Madanela, está naestrada e conserva no seu interior retablos ne-oclásicos, mentres que a súa arquitecturaamosa feituras dos séculos XIV e XVIII.“Covallo de Dona Briosa! / Lagos fontiñas

outas / da Seara! / Campo Lerín Murelos /

Cortello dos Cervos”.

Ferramulín

O topónimo dá ferro e fariña sen necesi-dade de rañar moito en etimoloxías. Frontei-riza xa coa comunidade leonesa, esta aldea éa elixida polo Visuña e mailo Selmo paraxuntárense. Disque é doado nela ver as habi-lidades pescadoras das lontras. Ten aínda enpé fermosas construcións dignas de mirar.“...a Ferramulín / pasados Vilarrubín / Fe-

rranulín Hórreos pechado...”

Vilarrubín

Non se detiña a mirada de Uxío por lindesadministrativas e aínda nos seus versos apa-

-47--46-

Desde A Seara axiña podemos chegar ao lugar de Soldón

Muíños en Ferramulín

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 46

Page 26: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

recen vilas e aldeas do Bierzo como esta que,pertencendo ao municipio de Oencia, aíndaconserva entre estas dúas localidades o tra-zado do antigo camiño carreteiro chamado oReal de Valtelón, por onde se transportabanas mercancías das ferrerías. “... por Corullón

e Oencia / por Vilarrubín...”

Oencia

É capital de municipio. Dun dos corenta eoito que conforman o galego estremeiro. Detan eufónica toponimia, á que só lle falta un

signo vocálico, a vila ten arredor do mediomilleiro de habitantes. Abundan neste muni-cipio, como n’O Courel, as ferrerías abando-nadas, aínda que na segunda Guerra Mundialo volframio foi o mineral máis cobizado. Avila conta cunha igrexa de agradábel mirar.

De Oencia e da súa identidade dicíase nunestudio no Simposio "Lindeiros da Galegui-dade'' organizado polo Consello da CulturaGalega no ano 1990: "A poboación de máisde cincuenta anos non ten moitas dúbidas.Non lles importa a onde pertencen legal-mente: eles séntense galegos... somos gale-

gos, porque falamos galego, pero nesetraballo faise referencia a consideración deGalicia como unha comunidade que é con-templada cunha lóxica dualidade: a Galiciapróspera e distante da costa, coa que non seidentifica o habitante de Oencia, e a Galiciainterior, á que rexeita non porque non a sintapróxima, senón porque é pobre e está en clararegresión”. Dixera Uxío na Clausura da IIXornada da Cultura e Lingua Galegas cele-brada o 21 de agosto de 1994 no Teatro deVilafranca do Bierzo: “Cando nos anos an-

teriores ós corenta, do Courel se tiña que saír

a unha vila grande, estaban á mesma distan-

-49--48-

Vista desde a igrexa de Oencia

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 48

Page 27: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

cia Sarria, Quiroga, O Barco e Vilafranca...

estaba neso que chamamos a redonda. Era

terra de un que logo se distanciou ó dirixí-

rense as vías de comunicación para outro

lado ó deixarse o cabalo... pero sen que caise

nunca fóra do meu tempo nin fóra de Galicia.

Logo, como unha superposición de tipo ide-

olóxico e dato oficial, soupen que senón na

Galicia administrativa, Vilafranca era Lin-

gua de Galicia, a que falaron os homes que

a construíron. Os mesmos que fixeron a Lin-

gua que nos fixo e na que logo quedaremos

cando se esqueza o noso nome i o noso ros-

tro”. “...debrocar pra baixo cara Oéncia e

León.”

SEGUNDO PERCURSO

Saíndo de novo da casa do poeta poloReal, dirixímonos tamén desta vez á estradaautonómica virando á esquerda en direcciónsur, onde axiña teremos unha indicación á de-reita á que deberemos facer caso.

Mercurín

Segundo un veciño, na aldea non quedanmáis que trinta habitantes por unha estradiñairada, malia que este núcleo de poboaciónnon está máis que a uns 700 metros sobre onivel do mar. O gran espectáculo de Mercuríné a súa contorna e sobre todo o souto coñe-cido como o Val das Mouras, un arboredoque parece saído dun conto e que seica estáasentado sobre o que en tempos remotos foiunha gran caverna da que aínda quedan ves-tixios. Unha das covas de alí coñécese comesmo nome do lugar, e aínda hai outra deinterese espeleolóxico coñecida como do

-51--50-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 50

Page 28: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Eixe. Enriba do rueiro de casas hai unha pe-quena capela. Mais se un se sente con forzasaínda haberá subir un pouco ata acadar os1.057 metros onde está situado o Castro de

Brío, lugar que paga a pena visitar para re-creo do sentido da vista. Abaixo flúe o río Pe-queno. “Hein d’ir a Cido i a Castro de Brío

/ baixar i andar pola aurela do río.”

Castro de Mogoxe

De camiño cara a Seceda, non estaría malparar a mirar o Castro de Mogoxe (ou Me-

goxe), que polo visto foi creado no seu díapara controlar o paso a Samos. Existe a lenda

de que en Mogoxe está enterrado o príncipeAfonso, fillo de Fruela, con sete candeeirose sete brazos de ouro. Tamén se conta quenos anos cincuenta do século pasado un pai-sano dunha vella fundición atopou unhaprancha de bronce cun xinete con armadurae escudo na parte superior. O home dixo quea vendera e non sabe onde foi dar, mais haixente que di que viu a peza. “De Parada e

do Carbedo / á Ferrería e Mogoxe...”

Sobredo

Preto da localidade de Sobredo está o cha-mado Castro da Torre que os expertos consi-deran foi construído alá polo século III d. C.Nel pódense ver aínda restos de vivendas edo foxo defensivo. “De Magoxe a So-

bredo...”

-52-

Castiñeiros no Val das Mouras, nacidos entre as rochas

da caverna

Castro da Torre

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 52

Page 29: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Seceda

Cómpre facerlle unha visita a esta fermosaaldea restaurada con Fondos Europeos, er-gueita a uns 760 metros de altura. Vindo deSobredo, a dous quilómetros dela, no lugarchamado Ponte da Pedra pódese ver unha fer-mosa fervenza. Hai en Seceda cinco muíños,

aínda que só tres se conservan de maneiraaceptábel. A poboación ofrécelle mel e chou-rizos aos visitantes. Mesmo hai unha casa deturismo rural onde se pode comer. Perten-

cente á mesma parroquia, a pouca distancia,está a aldeíña de Cortes, que tamén foi res-taurada. “... de Sobredo a Seceda...”

Folgoso

É a capital do municipio courelao denderematada a guerra civil; o seu escudo, feitopúblico en xaneiro de 2009 pola Xunta deGalicia no D.O.G é: En campo de ouro, un

castiñeiro deitado con dúas cruces de San-

tiago de goles, unha a cada lado; en punta,

encaixado de catro picos altos de sinople

-55--54-

Camiño cara aos muíños

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 54

Page 30: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

sobre ondas de prata e azur. Ao timbre, coroa

real pechada. O concello ten nove parroquiasque abranguen corenta e sete aldeas. “Courel

dos tesos cumes que ollan de lonxe! / Eiquí

síntese ben o pouco que é un home...”

Santa Eufemia

Ameazada polas louseiras, aínda conservaun fermoso souto e a aldeíña ten unha fonte

xeitosa de boa auga preto da particular capeladesta santa que tanto predicamento parece terpor esas terras. “Terras xabreiras de Parada

e Sant’Eufemia! / Xeadas brancas e ne-

gras!...”

-57--56-

Vista do lugar de Folgoso

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 56

Page 31: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Parroquia de Vilamor

Vilamor é a aldea que lle dá o nome á pa-rroquia que patrocina san Vicente e aínda quehai moitas casas en estado ruinoso, posúe unhaestrutura digna de facer parada. Froxán é outradas aldeas parroquiais, mais esta puido bene-ficiarse dos Fondos Europeos para ser restau-rada e dá gusto vela. Sendo conselleira deCultura Ánxela Bugallo, foi declarada polaXunta Ben de Interese Cultural (BIC). Se osque se acheguen a ela precisan do sobrenatu-ral, poden beber un papado na fonte do mila-

gre. Precisamente así se chama a asociaciónde veciños de alí, que en colaboración coaCasa da Aira, establecemento dedicado ao tu-rismo rural, emprenderon hai pouco a recupe-ración da técnica de fabricar carbón baixoterra. Hai en Froxán quince casas abertas todoo ano e cada novembro celébrase alí por todoo alto a Festa da Pisa da Castaña.

Da mesma parroquia, Vilar é unha aldeíñacase deshabitada que queda a continuación ena que se pode visitar un castro moi intere-sante cuxa construción se supón entre os sé-culos II e IV. “Souto sin folla! / Cerdeiras

roxas e bidueiras marelas!”

-59--58-

Festa da pisa, en Froxán

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 58

Page 32: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

-60-

Camiño que leva á capela de san Roque e ao castro de Vilar

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 60

Page 33: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

PLANOS

-63-

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 62

Page 34: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Ruta 1

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 64

Page 35: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Ruta 2

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 66

Page 36: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

Ruta 3

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 68

Page 37: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 70

Page 38: ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs · 2018. 3. 5. · O COUREL DE NOVONEYRA Eido de olla olla i id o No o i id o No o ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs ViAxEs LitERARiAs O COUREL

maquetación:Maquetación 1 30/11/10 14:55 Página 72