14

Vis à vis con rosalía

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Outros poetas lembran a Rosalía.

Citation preview

Page 1: Vis à vis con rosalía
Page 2: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 2 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

Índice de poetas e poemasANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS...............................................................................................3

Tríptico a Rosalía.............................................................................................................................3TOMÁS BARROS...............................................................................................................................4

Rosalía no meio do Pobo.................................................................................................................4RAMÓN CABANILLAS.....................................................................................................................5

A Rosalía de Castro..........................................................................................................................5XOSÉ DÍAZ JÁCOME........................................................................................................................6

Sombra de Rosalía...........................................................................................................................6CARMEN DE JESÚS GARCÍA PEREIRA.........................................................................................7

Cantou Rosalía.................................................................................................................................7ERNESTO GUERRA DA CAL...........................................................................................................8

Perfil da sombra...............................................................................................................................8LUZ POZO GARZA............................................................................................................................9

Inscripción da meniña Rosalía.........................................................................................................9E abres unha fiestra..........................................................................................................................9Digo o nome da rosa......................................................................................................................10Hai unha voz..................................................................................................................................11Cantiga funeral de Padrón..............................................................................................................11Benzoada........................................................................................................................................12

XAVIER SEOANE.............................................................................................................................13A Rosalía........................................................................................................................................13

Vis à vis con Rosalía é unha escolma poética para celebrar o Día de Rosalía

froito dun traballo colaborativo de membros do equipo de biblioteca e do club de lectura “Pedra do Acordo”

do IES “San Paio” TUIVis-à-vis con Rosalía Vis-à-vis con Rosalía Vis-à-vis conVRosaàlía Vis-à-vis con Rosalía Vis

Page 3: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 3 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Tríptico a Rosalía

I

Se achego o meu ouvido ao chan da patriaouzo o teu corazón aínda vivolatexar ao compás e retumbandono fondo onde se afirma o promontorio,e o teu avental de nai perennecomo única bandeira soterrada:nai absolutaque cantas o teu himno de ferro,mentres arrolas docemente o bercedo noso ser, cercado polos lobos.

Nunca se apaga a túa voz: é un signo.Como o mar se renova, así o teu canto-ese torrente escuro que reloce-brama con tanto amor, e prevalece.

II

Eu veño a estar contigo abertamente, a empreñante de novo. Necesitasa paria de varóns asinaladosque o teu ovario púdico xermole.Naceu tanta miseria, tanto homúnculo,tanta xente ruín a esfurricarseno máis sagro e profundo da Galiza,que se precisa dunha caste novafeita do meu fulgor a a túa estrela.De deusa e de druída danzaremosnas orelas do Sar, de corpo espido,e amarnos hemos a carón das ondasaté que coalle o esperma en bronce cálido e cen guerreiros fortes estremezano ámeto do mundo co seu canto.

IIIOuzo o teu corazón: escoito á rosa solitariainaugurar o cántico -un lóstrego no alicerce do tempoe a túa man tan feble a derrubar o muro dos ergástulos.

É polo que te amo. E na negrura dos teus ollos beboa arxila incandescente da palabra. ¡Ouh indómita...! Non te ensumes,revives no sartego: o teu corpo esparexe o seu fermento,e cando se abre o sulco ou o mineiro frenético escava obsesionado,o teu hálito irrompe desde o fondo,un arrecendor antergo de violas invade o territorioe algo teu, intanxíbel, respiramos: un incendio de rosasque nos perturba. Nai primixenia que levantasa túa fouce de ouro ensanguentada.1

1 AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón, Obra poética completa, Espiral Maior, A Coruña, 2003, pp. 367-8

Page 4: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 4 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

TOMÁS BARROS

Rosalía no meio do Pobo

A Xohana Torres

Rosalía.

Cinco anos no colo da pizarra.Cinco anosno zángole das trenzasa través do ceo.

Quince anos Rosalía nos ollosao redor das mans,entre unha bágoa e un sorriso.Quince anos no lume do sonoinmorrente,na vidreira dourada da chuvia.

Vinte anos.

Rosalía no meio do monte.Rosalía nas follas.Rosalía na estrela Rosalía.Tresvalía coas rosas Rosalía.Tresvalía..lía..lía... LUA.

Vintecinco anos na códea do albre.

Rosalía nas ondas.Rosalía nas nubens,

Trinta anos.

Rosalía na caixiña da morte,acoubada nas sombras.

¿Cántos anos?

Rosalía na raiola do sol.

Rosalía no meio do pobo2.

2 BARROS, Tomás, Berro diante da morte, Salnés, Vigo, 1964, pp. 91-2

Page 5: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 5 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

RAMÓN CABANILLAS A Rosalía de Castro(...)

Das campanas de Laíñoe as campanas de Padrónzoaron no aire durmidoos melancólicos sons.

Afundida no recordo,a alma miña escoitouos laios da túa tenra,nostálxica impregación:

Aquelas risas sin fin,aquel brincar sin delor,aquela louca alegría, ¿por que acabou?

Da banda de Bastabales,terras das túas visións,foi chegando, esmorecido,un batido fungador.E a campana das soidadespolos agros espallouverbas sangrantes dun salmode agunía e de tremor:

¿Onde vai a nosa Rula,a Rula que nos cantou?¿Por que o niño está baleiro?

¿Onde se foi?

E daquelas quexumbrosas,tristes campanas de Herbón,ás que un día lle pedichesilenzo para un delor,daquelas que che partíanas cordas do corazón de alá da beira do ríorubeu, chorosa, unha voz:

¡Nosa Virxe do Consolo!¡Namorante reiseñor!Rosalía... Rosalía...

¡Adiós! ¡Adiós!

(...) -Dónanos, nai Rosalía,aquel cravo feridorque che fixo un mal tan fondo,que tanto te atormentou;aquel misterioso cravode ouro, de ferro ou de amor,que tantas veces na vidacausa dos teus choros foi.

Dónanos, nosa santiña,aquel cravo redentor,cheo de sangre groriosacoma os cravos da Pasión,aquel cravo que arrincachespara arrincar un delordo que tiveche soidadesaxiña que che faltou.

¡Nosa Virxe do Consolo!Coa túa man de bendicióncrávanos dentro do peitoese cravo que é pra nósberce e arrolo dos fillos,cos irmáns corda de unión,mimosa fala dos pais, cova honrada dos avós!

¡Crávanos, fondo, ben fondo,canto máis fondo mellor,o cravo do amor á Terra,o cravo do amor a Dios,aquel cravo que tivechecravado no corazón!3

3 Para ler o poema completo: CABANILLAS, Ramón, Vento mareiro, (ed.de Ramiro Fonte), Xerais, Vigo, 1995, pp. 145-151

Page 6: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 6 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

XOSÉ DÍAZ JÁCOME

Sombra de Rosalía

Era Dona Galicia: unha rula coitada. Andaba a cantar sempre, coa alma amortaxada.¡Que profonda dozurana súa voz ferida,fonte de fermosura!

Tiña un adeus pra todo, unha queixume núa.O seu ollar deixaba un recendo de lúa.¡Que voo de campásviña de Bastabales,peneirando soedás!

Iba polos camiños -romaxe de cruceiros-a erguer o esprito celta coa v erba dos troveiros.¡Con que voz te lembraba,cemiterio de Adina,xardín que namoraba!

Tiña unha sede infinda de xusticia e de amor.Bulíalle no peito un paxaro de dor.¡Que gaita silandeiraverquía na súa almabágoas de primaveira!

Doíase do pobo homilde e aldraxado,e a súa queixa tiña un ecoar magoado.¡Que lírica mensaxeiba deixando, ceibe,a sorrir na paisaxe!

Chamábanlle “A Santiña”. Naide penou coma ela.A rula canta aínda coa súa voz de estrela.¡Que orballo deloridochove sobre Padrón,coma un soño perdido!

¡Tesouro de Galicia! A súa man albeiraabriu un longo suco de luz prá sementeira.¡Que arbre de armoñíaaquela voz escura:sombra de Rosalía!4

4 DÍAZ JÁCOME, Xosé, Muíño fidel, Galaxia, Vigo, 1983, pp. 41-2

Page 7: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 7 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

CARMEN DE JESÚS GARCÍA PEREIRA

Cantou Rosalía

Cantou Rosalíaós verdes piñeirosós rios, ás fontes, ós orfos, ós vellos.

Os mozos máis novosfixéronlle logomúsica coas gaitas;soaron pandeiros;coas verbas fixeroncantares galegos.

Os nenos preguntancontestan os vellos:

-¿Quén foi Rosalíaque nós non sabemos?-

-Pois foi, meu pequeno,a nai dos galegos,a mesma que hai anosviviu en segredo.

Soubo das aldraxesque a nós nos fixeronlonxe destas terras.

Onde remata Galiza,onde comenzan as penas,onde se deixan as hortas,onde se atopan silveiras.

Cando morreu, fixéronllefiguras de branca pedra:unhas ollando pró lonxe,outras ollando prá terra,e nos cabelos un panopra facela máis galega.

O fogar de Rosalíaagora “CASA MUSEU”garda as sementes dun sonoque a xente matar non quere.

¡Ai Rosalía de Castro!Aínda que queiran ou non,voute chamar Rosalía,Rosalía de Padrón.5

5 GARCÍA PEREIRA, Carmen de Jesús, Poemas de Carmeliña, Vigo, 1983 (2ª ed.), pp. 34-5

Page 8: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 8 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

ERNESTO GUERRA DA CAL

Perfil da sombra

Os ratos de cancro viñan tódalas noitesa lle roer o ventre a lle roer a anguria inacabábel.

Ela non facía casoe seguía no arrolodos fillos mortosdas follas mortasda Galiza morta. Continuaba morrendo i arrolandoSonambulando polos corredores... Cando a casa i a erba adormecíanelétrica i abstratasaíapelegrina da noiter ilimitadacon un sorriso antergograndetristea arrolar a paisaxencantarolando nanas desvairadasnunha voz de frol secaredivivacomo un rosario lentode verbas debulladascomo bágoas de ceracomo gotas de insoniacomo bágoas de pedra

Voltaba de mañándesfiada i espectralenchoupada de vales e de montesplena de praias e de piñeiraesorvallada de ausençascon un branco colar de almas en penae mil mortes pequenas no avental.

Deixaba polo arun ronsel oco e negrode sombranegrade roupasnegrasde cabelosnegrosde dores negras.

I o marseu vago amigo mar do fin da terrao mar dos afogados e dos idossen alénsen confínse sen idaderesoaba dentro da caricola da sua ialmalonxanoplanetariomisteriosocomo un siño cavo ou nun abismo.6

6 En torno a Rosalía (ed. de Xesús Alonso Montero), Júcar (Los Poetas-Serie Mayor), Madrid, 1985, pp. 86-8

Page 9: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 9 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

LUZ POZO GARZA

INSCRIPCIÓN DA MENIÑA ROSALÍAás dúas de mañá do 24 de febreirono hospital real de Santiago de Compostela

Eran as horas clandestinas dun madrugadoDesconcertoIban medrando sombras mestgasIba qujedando un rastro escuroe unha conciencoia dividida

E chovía. Chovía

Chovía en desamparoChovía en desesperoChovía sucesivo en CompostelaChovía mesmo cómplice do pranto

As camelias morrían dunha dor cenital na FerraduraPor lousas e vitraleschovía desleigado coma tedioMesmo na escalinata onde se labra a noiteOnde se pule o tempo como a prata

Chovía prematuro nunha memoria lúcidaque escribía teu nome nas pedras desveladas

E ABRES UNHA FIESTRA nas orelas do Sare ves o mundo en sombras e desamparo

Ibas despois cambiando as follas soterradasos espacios armados e tristeirosSan Lourenzo. Santiago. O Pórtico da Gloria...en verbas transmitidas en escuro

E aquel terror ás xentes despiadadas...

Esa mensaxe en términos de figuras perdidase o tecido do lenzo que fas en soidadeson feitos de carenciaEspellos sen azougueonde unha luz velada se fai mesta

E abres unha fiestra nas orelas do Sare ves o mundo en orfandade

Page 10: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 10 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

DIGO O NOME DA ROSAe revélase a vidaaspiro a luze fíreme a saudade

Evócotee achégase á memoriaunha presencia murchaUnha imaxe curvadaUn corpo metafísico

Se te pensoAchégaseme á almaun delirio inclementeUnha penumbra mestaUnha conciencia exánime

Aspiro o airee sinto unha fragancia acedaO sonido dunha arpaAs camelias do pazo

Digo o teu nomee pónseme nos labios unha fábula en sombrasPequenos reiseñoresUnha rosa feridaFragmentos de amargura

Toda ticoma urxencia de consumar a morte

Non te furten -raíña- o teu nome de Rosanin a lei dos silencios feridos que dominas

Era o nome unha flor que non se extingueEra cruel a palabra que maceraba en corpo de infortunio

Era o gozo inocente do verbo que permitechorar en silencioA Rosa resignada que ningún sabe presentir

Non te furten -Raíña- ese alento dos labios que modulanNon te furten o impulso das sílabas versais

Page 11: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 11 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

A iteración divina que se imprime no nome da RosaO tránsito dos números que respiran en flor coma o Sarcando nace

Era a palabra un diapasón no naufraxio da noiteA Rosa Rosa Rosaque da tempero á alma

Conciencia que se cumple nun designio de nomes e aurorasPotestade da flor que morre en tempo irreversible7

HAI UNHA VOZno tempo de GaliciaHai unha voz sen verbasque todos escoitamos no silencioLembrando nomes pra que naza o millo

Chámase morte ou mágoaXuramento de anguriaSoidadePensamento de pedraChámase berro e fontee desarrimo

Chámase olvidoE chámase arelanzaOu vida ou liberdade ou compaña dos nososChámase soño ou morte lar saudadeChámase choiva que lourea os froitos

Hai unha vozChámase RosalíaSete letras de laioSaudadedunha fala ferida

Esperanza dun mundoque inda fica nun berrode liberdadeHai unha vozA súaBenzoada

CANTIGA FUNERAL DE PADRÓN

Campanas de Bastabalestocade por RosalíaTocade

Xa non chove miudiñoXa non choven orballadasChoven negras soidadesChorade por RosalíaChorade

Que vai de dolor feridapor un agoiro de mágoasSen arrimo. Sen adaxeSoade

Xa non madurece o millopola beira de LestroveHai feridas sen idadeChorade

Que vai unha sombra negrapola banda de Laíñochamando por RosalíaTocade

Velaivai a negra sombrano cemiterio de Adinaasombrando a RosalíaPregade

7 http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/27090/Luz+Pozo.pdf?version=1.0LÓPEZ, Aurora e POCIÑA, Andrés, Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, Alvarellos, Santiago, 2014, pp 517-21 (Vida secreta de Rosalía, 1996)

Page 12: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 12 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

BENZOADA

Benzoados os temposdo infortunioque fixeron posible esa voz silandeiraRosalía

Benzoadastodas as nordesíasque asulaganteus salaios de acibro

Benzoada sexaa túa orfandadeque nos fire a todosentrañablemente

Benzoada a fontela de anceios de morteque asulagouo teu vivira carón da meirande das mágoas

Benzoados os espacios e os temposas dúas coordenadasque te crucificaroncon cravos de ferro ou de amorRosalíaBenzoada sexas pola túa voz8

8 http://www.asociaciongalegadecompositores.com/fotos/110929101043_p2Kf.pdf

Page 13: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 13 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

XAVIER SEOANE

A RosalíaEsta dama da noite, que a emoción fabulou dunha sombra misteriosae un cravo ferinte coma a rosaazul da máis secreta expiación,

tivo no intre da morte a intuiciónde abrirlle á infinitude vagarosado mar bramante e da alba sediciosaos visos e xanelas do balcón.

Espida de equipaxe, a súa memoriason gritos e murmurios, crueis rancores,frías caricias, misteriosas dores.

Tal negra cerva dunha triste historia,esgazouna a ortiga infiel da glorianun ocaso de eternos reiseñores.9

9 SEOANE, Xavier, Vagar de amor e sombra, Servizo de Publicacións Deputación Provincial de Pontevedra (colección Tambo), 2004, páx. 88

Page 14: Vis à vis con rosalía

Vis-à-vis con Rosalía 14 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

Eu son Rosalía...