Xornadas Lendo en Familia

Embed Size (px)

Citation preview

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    1/11

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    2/11

    Todo neno ten dereito a medrar acompaado dasaventuras dos Tres Porquios, dos Tres Osos,

    daquel cabalo que era tan bonito... e do inmortalhaba unha vez, frmula mxica que abre

    as portas da imaxinacin na ruta cara aos soosmis fermosos da infancia.

    Fragmento do Declogo dos dereitosdos nenos a escoitar contos, elaborado pola

    Asociacin Colombiana do Libro Infantil

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    3/11

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    4/11

    5

    PRESENTACIN

    No marco das xornadas Lendo en familia, organizadas por Espazo

    Lectura en Gondomar os das 16 e 17 de outubro de 2009, estapequena gua pretende ser un complemento que favoreza a reflexinsobre o papel das familias no fomento da lectura e na creacin dehbitos lectores. Nela ofrecemos algunhas recomendacins e conse-llos sobre como asumir desde a casa o necesario labor que as nais epais temos que facer neste mbito, co obxectivo de que sexa unhatarefa que se asuma sen dificultades e con ilusin.

    Unha boa parte dos problemas de fracaso escolar ten a sa base

    nunha deficiente formacin lectora. Facer un esforzo por fortalecero contacto dos nosos fillos e fillas desde ben pequenos cos libros e,en xeral, cos textos escritos un investimento educativo importan-tsimo, xa que, ademais de ofrecerlles unha actividade de lecer mis,estar sentando as bases que lles permitirn no futuro ler e com-prender con aproveitamento os diferentes tipos de textos que o seudesenvolvemento acadmico lles vaia poendo diante.

    Somos conscientes de que hai moito escrito sobre este tema e estagua non vai descubrir nada novo que non se dixese xa. Pretende, isosi, facer un resumo claro e sinxelo daquelas cousas que nos podenaxudar a achegar a lectura con aproveitamento aos nosos nenos enenas. Pretende tamn dar resposta a moitas dbidas e cuestinsque as nais e pais nos presentan con frecuencia nas actividades queEspazo Lectura organiza. Agardamos que vos sexa de utilidade.

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    5/11

    6

    Queremos desde aqu agradecer o traballo das bibliotecas escola-res dos centros de ensino da zona, que elaboran guas de recomen-dacins e orientacinss para as familias. Tamn queremos recoecer

    e recomendar os cadernos da serie Sete cuestins sobre a lectura,elaborados polo colectivo Acatrotintas e editados pola Consellerade Educacin dentro da campaa de fomento da lectura Contamosmoito. A todos eles lles debemos moitas das reflexins que atopa-redes nestas pxinas. Grazas.

    Espazo Lectura, outubro de 2009

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    6/11

    7

    ALGUNHAS ORIENTACINS,CONSELLOS E RECOMENDACINS

    importante poer os nenos e nenas en contacto co libro comoobxecto desde bebs. Hai libros de tea, de madeira, de bao oude cartn duro que lles podemos ofrecer para que os manexen e sefamiliaricen con eles. Tamn podemos afacelos a ver e ir pasando

    pxinas de libros de imaxes que, co soporte da nosa voz e das nosasmans, lles vaian ofrecendo vocabulario esons novos. Non debemos agardar a quecheguen escola para que ese contactoco libro se faga efectivo nin descargar naescola toda a responsabilidade no mbi-to do fomento da lectura: as familiaspoden e deben iniciar ese camio, e

    logo, unha vez que chega a escolariza-cin, apoiar desde a casa o labor deasentamento do hbito lector.

    N os primeiros meses de vida (e tamn despois) podemos tirar-lle moito partido rica tradicin oral galega: cantigas, rimas,adivias, refrns, ditos, xogos de repeticin... Son elementos quenos poden axudar a traballar aspectos como o ritmo ou a memori-zacin. Se non lembrades os da vosa infancia, sempre podedes botarman da xente maior ou da boa cantidade de publicacins deste tipoque existen no mercado.

    1

    2

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    7/11

    8

    Dbese procurar que as propostas de lectura que lles imos ofre-

    cendo sexan axeitadas sa idade e sa evolucin, de xeitoque comecemos por libros nos que predomine a imaxe para ir logoavanzando cara ao lbum ilustrado e outros libros nos que o textovaia gaando espazo.

    3

    4

    D bese procurar que as ilustracins sexan variadas e novidosas(debuxo, plastilina, teas, fotografas, collages, etc.), para irofrecndolles modelos diferentes que contriban a ir formandotamn a sa educacin plstica e permitindo que cada neno atope alia de expresin mis axeitada para a sa experiencia. Dbese evi-tar, polo tanto, ofrecerlles sempre libros que presenten ilustracinsrepetitivas: a variedade enriquece. Tamn importante que lles ofre-zamos diferentes tipos de texto, tanto en prosa coma en verso, cunvocabulario rico e variado.

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    8/11

    9

    Debemos ter en conta que para os nenos e nenas os adultos

    somos modelos de comportamento e eles senten a necesidadede imitarnos. bo que nos vexan ler, que nos esforcemos en mos-trarlles que ese hbito que intentamos inculcarlles forma partetamn da nosa vida coti. Se vs non tedes costume de ler, agoraser un bo momento para comezar, para achegarse lectura e crearmomentos de silencio e lecturas compartidas. un bo momentotamn para ir s bibliotecas, s libreras, s sesins de contacontos,nun proceso de aprendizaxe compartida que pode ser moi gratifi-cante tamn para os adultos.

    O s tempos de lectura que vaiades establecendo na casa debenser momentos agradables e relaxados, para gozar e centrar aatencin no que estamos facendo. Debemos buscar un lugar agra-dable, acolledor, cmodo, con silencio e boa luz e poer nese tempode lectura compartida cos nosos fillos e fillas toda a atencin, dei-xando de lado nese momento outras ocupacins. mellor dedicar-lle menos tempo, pero que sexarelaxado e agradable e que nonperciban que temos prsa, queestamos desexando acabar ou queestamos pensando noutra cousa.Non fai falta ter grandes coece-mentos nin ser un experto conta-dor de historias: fai falta poercario, tenrura e ganas de pasarun bo momento con eles.

    5

    6

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    9/11

    1 0

    Na etapa de formacin lectora, a lectura vai inevitablemente

    asociada escrita e creacin: debemos estimular que osnenos e nenas nos conten as sas cousas, facendo un esforzo porescoitar con atencin e interese e animndoos a que escriban as sashistorias.

    Anda que normalmente nas actividade de dinamizacin que faiEspazo Lectura traballamos con textos literarios e, nalgunhasocasins, con libros informativos, importante que na casa lles ofre-zades aos nenos e nenas, a medida que van medrando, a oportuni-dade de ler e comentar todo tipo de textos: o xornal, unha receitade cocia, o manual de instrucins dun aparello, un folleto publici-tario, a lista da compra, etc. necesario que vexan a lectura como

    unha ferramenta til para entender o mundo, polo que debemosprestar atencin a esa dimensin mis xeral que os debe levar a expe-rimentar textos variados da vida coti, non s os de ficcin: deixa-de que sexan eles os que lean os avisos que atopamos en taboleirose paredes, as notas que lles mandan da escola ou das actividades nas

    que participan, que lean as marcas eos rtulos dos produtos no supermer-cado, a publicidade, os carteis polara; que sexan eles os que lean eenchan os impresos de matrcula doinstituto, por exemplo. Se todo lleloledes vs, gaaredes tempo pero elesperdern oportunidades de consoli-dar a sa competencia lectora.

    7

    8

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    10/11

    1 1

    Non o mesmo saber ler que ter hbito lector. Por iso impor-

    tante seguir acompaando o neno ou a nena nas sas lecturasmesmo cando, chegados aproximadamente os 7 ou 8 anos, xa nosparece que sabe ler s. Podemos deixarlle de ler ns como norma ebuscar outras frmulas: que nos lea el a ns, ler por quendas (unhapxina ou un captulo cada un), deixalo ler s pero logo ler ns omesmo libro para poder comentalo con el, etc. Debemos interesarnospolo que len os nosos fillos cando xa len ss, pedirlles que nos contende que trata o libro, se lles gusta ou non, se nos prestan ou recomen-dan o libro para lelo ns, etc. Ese hbito de intercambiar e compartirlecturas pode crear unha relacin de complicidade moi gratificante.Ler, anda que co tempo se pode acabar convertendo nun pracer,supn un esforzo importante e require un proceso de aprendizaxe eadestramento no que non debemos deixalos ss. Se logo de lerlles nshistorias marabillosas que entraban soas a travs da nosa voz, acom-paadas de abundantes imaxes que axudaban a comprender o texto,

    de repente os deixamos ss diante dun texto longo e sen imaxes, podechegar o aburrimento, a desesperacin e, finalmente, o rexeitamento.

    N

    on debemos fiarnos desa frase que se escoita s veces de que oimportante que lean, sexa o que sexa. certo que, chegado

    un momento, son eles os que escollen as sas lecturas e non sempreaceptan as nosas recomendacins, pero polo camio debemos facerun esforzo por educar o seu gusto e ofrecerlles libros variados e de cali-dade, como alternativa a outros modelos dominantes. Nese sentido importante buscar asesoramento e apoio: bibliotecas escolares e mun-cipais, profesorado, libreras, revistas e suplementos dos xornais, etc.

    9

    10

  • 7/31/2019 Xornadas Lendo en Familia

    11/11

    Publicacins Espazo Lectura, 2009

    Espazo Lectura, Val Mior, GaliciaLicenza Creative Commons

    Esta obra rxese por unha licenza CreativeCommons, a cal permite a sa copia, distribucin ecomunicacin pblica, as como as obras derivadas,

    mentres se mantea a autora orixinal e non sexacon fins comerciais. As obras derivadas desta deben

    ser distribudas baixo esta mesma licenza.

    [email protected]://www.espazolectura.org

    Colabora: