6
54 Eduga53 maio-agosto 08 Estudos de Maxisterio Logo de asistir á escola primaria e de preparar por libre o bacharelato en Tui, trasládase a Pontevedra para facer Maxisterio. Acolleuno na súa casa o seu tío e padriño Xerardo Álvarez Limeses, inspector de ensino primario. Non era un mal mentor para iniciarse no oficio de mestre. Seguramente foi el quen lle aconsellou seguir este camiño. Explicaríalle os proxectos da República para o Maxisterio, comezando polo novo plan de estudos que se ía implantar precisamente o curso en que a Xosé María lle correspondía iniciar a carreira. Por primeira vez na historia de España, para ingresar nunha Escola Normal era necesario estar en posesión do título de bacharel, que fornecería a necesaria cultura xeral aos aspirantes. Estes debían superar, ademais, un exame-oposición para facerse cunha das prazas ofertadas. Os que o aprobasen cursarían estudos durante tres anos na Normal, que se ocuparía da súa formación profesional. Finalmente, o cuarto ano reservábase para a realización de prácticas remuneradas nunha escola primaria. Superadas as prácticas, ingresábase directamente no corpo do Maxisterio. O coñecido como Plan profesional supuña unha mellora radical na formación e nos mecanismos de acceso á profesión dos mestres e das mestras, que tamén por primeira vez realizarían os seus estudos en réxime coeducativo. A estes alicientes sumábanse outros: as expectativas de emprego suscitadas polo proxecto ministerial de crear 27.000 novas escolas en cinco anos, o incremento dos salarios, a revalorización e dignificación do oficio de mestre por Narciso de Gabriel Universidade da Coruña gabriel@u c.es Xosé María Álvarez Blázquez Diario escolar dun mestre republicano Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985), o home a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, exerceu diversos oficios ao longo da súa vida, ademais dos de escritor (poeta, novelista, xornalista, investigador) e editor (Monterrey, Castrelos), pero o que realmente quería ser era mestre. Foino durante o curto período de tempo que lle deixaron selo. Palabras clave Maxisterio, formación, depuración, diario escolar, galeguismo. d

Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

54

Eduga53 � maio-agosto 08

Estudos de Maxisterio

Logo de asistir á escola primaria e depreparar por libre o bacharelato en Tui,trasládase a Pontevedra para facerMaxisterio. Acolleuno na súa casa o seutío e padriño Xerardo Álvarez Limeses,inspector de ensino primario. Non era unmal mentor para iniciarse no oficio demestre. Seguramente foi el quen lleaconsellou seguir este camiño.Explicaríalle os proxectos da Repúblicapara o Maxisterio, comezando polo novoplan de estudos que se ía implantarprecisamente o curso en que a XoséMaría lle correspondía iniciar a carreira.

Por primeira vez na historia deEspaña, para ingresar nunha EscolaNormal era necesario estar en posesióndo título de bacharel, que fornecería anecesaria cultura xeral aos aspirantes.Estes debían superar, ademais, un

exame-oposición para facerse cunha dasprazas ofertadas. Os que o aprobasencursarían estudos durante tres anos naNormal, que se ocuparía da súaformación profesional. Finalmente, ocuarto ano reservábase para a realizaciónde prácticas remuneradas nunha escolaprimaria. Superadas as prácticas,ingresábase directamente no corpo doMaxisterio.

O coñecido como Plan profesionalsupuña unha mellora radical naformación e nos mecanismos de acceso áprofesión dos mestres e das mestras, quetamén por primeira vez realizarían osseus estudos en réxime coeducativo. Aestes alicientes sumábanse outros: asexpectativas de emprego suscitadas poloproxecto ministerial de crear 27.000novas escolas en cinco anos, oincremento dos salarios, a revalorizacióne dignificación do oficio de mestre por

Narciso de GabrielUniversidade da Coruñagabriel@u c.es

Xosé María Álvarez BlázquezDiario escolar dun mestrerepublicanoXosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985), o home aquen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, exerceudiversos oficios ao longo da súa vida, ademais dos de escritor(poeta, novelista, xornalista, investigador) e editor (Monterrey,Castrelos), pero o que realmente quería ser era mestre. Foinodurante o curto período de tempo que lle deixaron selo.

Palabras clave

Maxisterio, formación, depuración, diario escolar, galeguismo.

d

Page 2: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

55

Eduga53 � maio-agosto 08

A nosa escola

parte das autoridades republicanas e ocrecente recoñecemento social de queera obxecto esta figura comoconsecuencia da “mística da escola” quesegundo Rodolfo Llopis se fora creandoen España durante o primeiro terzo doséculo XX. Non é sorprendente, por tanto,que estes estudos, notablemente“feminizados” nas décadas anteriores,recuperen o seu atractivo para os homesnesta nova e prometedora conxuntura.

Xosé María foi un dos 20 homes quesuperou a proba de ingreso na Normal dePontevedra en 1931; comezaron os seusestudos, xunto coas 15 mulleresseleccionadas, no curso 1931-1932 erematáronos no 1933-1934. Realizada aproba final de conxunto, e calculada amedia dos tres cursos, obtivo o númerocinco dunha promoción formada por 18alumnos-mestres e 14 alumnas-mestras,como se pode comprobar no rigoroso

traballo realizado por Anxo Serafín PortoUcha sobre esta Escola Normal.

Traxectoria profesional

O noso mestre escolleu como centro deprácticas a Escola Graduada de Tui, paraa que foi nomeado o 14 de novembro de1934, cun soldo anual de 3.000 pesetas.Será neste curso cando redacte o Diarioao que nos referiremos máis adiante,que debía ser un dos elementos que seconsideraban á hora de avaliar asprácticas, pois foi revisado polo inspectorJuan Novás e o profesor normalistaRamón Segura cando realizaron unhavisita de “orientación e inspección” o 23de marzo de 1935: “Finalmenteobservan con detención este “Diario”, asícomo el libro de asistencia”, escribeXosé María.

Aprobadas as prácticas, o 20 desetembro de 1935 toma posesión da

escola de nenos n.º 2 da Guarda, o 10de febreiro de 1936 da unitaria de nenosdo Barrio das Olivas de Tui e o 8 deoutubro de 1937 da de nenos n.º 1 deCoia (Vigo), onde non chegou a exercer.

Esta traxectoria profesional truncousepor mor da sublevación militar de 1936,cuxos efectos marcarán de por vida aXosé María e á súa familia. Acusado de“separatista” polo alcalde de Tui, o 30 deagosto de 1936 será suspendido deemprego e soldo polo gobernador civil dePontevedra, coma outros 425 daprovincia, aproximadamente unha cuartaparte do Maxisterio, segundo cómputosdo profesor Porto Ucha. O 9 de setembrosolicita que o repoñan no cargo,alegando un comportamento profesionalcorrecto, ser católico practicante,discrepar do marxismo e ter contactossimplemente culturais co galeguismo. Oexpediente foi sobresido polo reitor da

Primeira promoción de mestres e mestras do Plan profesional da Escola Normal de Pontevedra. Xosé María Álvarez Blázquez é o terceiro pola esquerda

Page 3: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

Universidade de Santiago o 28 denovembro do mesmo ano, atendendo aosnumerosos informes que avalaban a súaconduta, pero a comisión depuradoraprovincial non se conformou con estaresolución e tramitou un expediente dedepuración cos seguintes cargos:“Galleguista. Afiliado a la Juventudgalleguista”, “hizo propaganda proEstatuto” e foi “apoderado electoral delFrente Popular”. A sanción final, ditada o28 decembro de 1937, consistiu ensuspensión de emprego e soldo por seismeses, traslado á provincia de Zamora einhabilitación para cargos directivos e deconfianza en institucións culturais e deensino.

A estas desgrazas profesionaisuníronse outras máis tráxicas aínda,como a morte do seu irmán Celso (1941)

e anteriormente o asasinato do seu pai(1936), Darío Álvarez Limeses, a quenlembrará así en Sonetos del almainsomne:

Ahora que quiero hablarte, no me acuerdo

de la justa palabra sosegada

para tu paz... ¡Mi voz está quebrada

del grito aquel que todavía muerdo!

Cumprida a sanción, e logo delicenciar do exército, tomou posesión daescola de Coreses (Zamora) o 5 de agostode 1939, que abandonou definitivamenteen xaneiro de 1942, e con ela o oficio demestre, para instalarse en Vigo coa súafamilia, que o necesitaba e á quenecesitaba. En “Desterro” (Poemas de ti ede min) describe así esta experiencia enterras de Castela.

Diario do mestre 1934-1935

Está redactado en cinco cadernosadquiridos no Bazar Romero (Tui), encuxas cubertas figura o rótulo Escolar, asícomo propaganda do propioestablecemento. No seu interior aparecennumerados do I ao V co seguinte título:“Diario del maestro” (Anotaciones,observaciones, proyectos, etc.)

A primeira anotación realízase o 12 denovembro de 1934 e a derradeira o 16 dexullo de 1935. Cada día ocupa unhapáxina, unha cara para a sesión de mañáe outra para a de tarde. O mestre non faltanunca á cita co seu diario; cando non haiclase, por se celebrar unha determinadafestividade, escribe a explicación que llesdera a véspera aos seus alumnos sobre osignificado da celebración.

Xosé María Álvarez Blázquez nos seus anos mozos

56

Eduga53 � maio-agosto 08

56

“Desterro” (Poemas de ti e de min)

Qué lonxe vivo,ai, madre!qué lonxe estou.Unha anduriña,madre,que non tornou.

¿Virán os tempos,madre?¿Virá San Xohan?Eu xa cavilo,ai, madre!que non virán.

Mais se viñeren,madre,iréi d-aquelamatar a sede,ai, madre!da nosa arela.

Iréi d-aquela,madre,como anduriñaque en vello niño,ai, madre!tardeiro aniña.

Ai, madriña!

Page 4: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

A matrícula reducíase a doce nenoscuxas idades descoñecemos, aínda queos máis oscilarían entre os oito e os dezanos. Xosé María refírese a cada un poloseu nome ou apelido e rexistra os seusprogresos e dificultades, así como a súaasistencia.

Utiliza como libro de texto básico aEnciclopedia Cíclico-Pedagógica. GradoMedio de José Dalmáu Carles, redactadopara estudarse en dous cursos: noprimeiro, só o impreso en tipo maior, e nosegundo, todo. A edición de 1933 contiñaas seguintes materias: Lingua Castelá,Aritmética, Xeometría, Xeografía, Historiade España, Ciencias Físicas, Químicas eNaturais, Fisioloxía e Hixiene, Agricultura,Industria e Comercio, Dereito, EducaciónSocial, Moral e Cívica e Historia Sagrada.

Todas estas materias, agás HistoriaSagrada e algunha outra, traballábansenas clases que se sucedían de luns asábado en sesións de mañá —treshoras— e tarde —dúas—, a non ser oxoves, que só había clase pola mañá.

A mañá comezaba sempre co estudodas leccións, que normalmente sedistribuían así ao longo da semana:Aritmética luns e xoves, Xeometría martese venres e Gramática mércores e sábado.Esta actividade duraba arredor de hora emedia, ocupando o resto da sesión alectura, a escritura e o cálculo. Sobre asonce había un recreo duns quinceminutos, que os nenos non perdoaban.

A sesión de tarde tamén se iniciabacoa lección correspondente. Nosprimeiros meses dedicábanse dous días ásemana a Xeografía, outros dous aHistoria de España e un a Ciencias, aíndaque conforme avanza o curso vaidesaparecendo ou reducíndose o pesodalgunhas destas materias para serensubstituídas polas que quedaban. Oestudo da lección duraba, pouco máis oumenos, unha hora; na hora restante osnenos lían, escribían, facían contas oudebuxaban.

Vexamos como discorrían as lecciónsdalgunhas materias, que se dividían entres fases: repaso por parte dos alumnos,explicación e preguntas a cargo doprofesor e exercicios sobre o tema.

Gramática (18 de xaneiro de 1935)

Comienza la sesión, repasando los niñosla lección 11.ª de Gramática, referente alempleo de la c, de la d y de la h. Aunteniendo en cuenta que la práctica hacela mayor parte en ortografía, no por esohemos de dejar de reconocer lo precisasque son las reglas, sobre todo en elmomento de surgir una duda. Así pues,no rehuyo el que estudien estaslecciones, por si buenamente algo de lateoría les puede quedar. Después yaorientaremos nosotros la práctica en buensentido.

Después de explicarles algunas reglasy preguntarles, les hago poner ejemplosde palabras que respondan a esas reglas.Esto es lo más interesante y lo que másfruto da. Cada niño me ha dicho unas seispalabras. Después les explico algo de la cy de la d, sobre lo que también pregunto.A continuación se hace un ejercicio deGramática, consistente en escribir en suslibretas cada niño —prohibo copiar delotro— todas cuantas palabras con hacheque sepa. Muy bien Capón, Daniel yHermenegildo, escribiendo más de las 25palabras que habíamos puesto comomínimo y con una sola falta. Los demásregular y muy mal. De los primerosAgustín, Juan Ramón, Ferro y Rodal.

Xeometría (23 de novembro de 1934)

Se inicia la sesión con el repaso de lalección 4.ª de Geometría, cuyo programadice: “Ángulos adyacentes —Ángulosopuestos por el vértice — Ánguloscomplementarios — Ángulossuplementarios — Suplemento ycomplemento de un ángulo.” Hasta las 10y 1/4 dura el ejercicio oral en lo que losniños intervienen activamente, ainstancias mías. Lo más fructífero fue unejercicio intuitivo: cada niño, alzando losbrazos horizontalmente, hicieron con ellosun ángulo; después los dividí en grupos, acada uno de los cuales encargué de laconstrucción de los ángulos tratados: losopuestos por el vértice, por ejemplo, seconstruían con dos niños pegados por laespalda, y con los brazos en idénticaabertura. Los otros casos tuvieron unaresolución semejante, con la que losniños adelantaron gran cosa conescasísimo esfuerzo, al par que

habiéndose distraído. Por lo demás Jasoera el único que había aprendido lalección.

Aritmética (21 de febreiro de 1935)

Comienza la sesión con el repaso de lalección 18.ª de Aritmética, que es laprimera del sistema métrico. Para ellohemos saltado tres o cuatro temas denúmeros quebrados, por haber estimadomás urgente y necesario el aprendizajedel sistema métrico decimal, del que losniños no tienen la menor idea. Sé que talaprendizaje nos proporcionará ratos deagobio, pero es necesario hacerlo.Después de todo también aquí influye lafortuna, pues con la debida atención einterés por parte de los niños, pronto sehabría arribado.

Los niños han estudiado a concienciaesta lección. Después de preguntarles lateoría: definición, múltiplos, submúltiplos,palabras raíces, etc., que todos sabenperfectamente, pasamos al encerado,donde después de 40 minutos de brega,con un cuadro sinóptico y varios dibujos,conseguí, merced a su atención y ánimodispuesto, enseñar a los niños losiguiente: unidades de las medidas,formación de múltiplos y submúltiplos,valor de éstos, como aumentan ydisminuyen según sean las medidas, paraque se usa cada unidad, etc., etc.Concedimos preferente atención a las delongitud, capacidad y peso, pues mientrasno dominen éstas en las reducciones deun orden a otro, no conviene haceroperaciones con las cúbicas y desuperficie. Estoy satisfechísimo y esperoenseñarles pronto todo el sistema.

Xeografía (19 de novembro de 1934)

Desde las 2 y 1/2 hasta las 3 se ocupanlos niños en el repaso de la primeralección de Geografía, que trata sobre laTierra, sus relaciones con el resto delsistema solar, su extensión, etc., asítambién como de la geografía y susdivisiones. Con la ayuda de una esferaterrestre que pido a la Sra. maestra de laclase contigua, desarrollo la explicaciónde este tema, que necesita poco hincapié,ya que los niños lo estudiaron bastantebien. Después de explicar y preguntaralternativamente y hacer ver losmovimientos de la Tierra y el proceso de

A nosa escola

Eduga53 � maio-agosto 08

57

Page 5: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

58

Eduga53 � maio-agosto 08

los eclipses, tomando a los niños porastros, se pasa a un ejercicio escrito. Estedura desde las 3 y 1/2 hasta las 4-1/4, yconsiste en la exposición de aquellospuntos que cada uno recuerda de lalección precedente en orden a ejercicios.Este ejercicio lo resuelven muy bienCampos y Sánchez, regular Enríquez y losdemás bien.

Historia (15 de xaneiro de 1935)

La sesión de la tarde da comienzorepasando la lección 13.ª de Historia deEspaña, relativa a los primeros Reyes delReino de León. Como esta y las próximaslecciones ofrecen un cariz oscuro y pococomprensible, por el cúmulo de nombresy hechos de entonces hasta los ReyesCatólicos, pienso hacer únicamenteconversación, lectura de la lección ylectura de algún trozo literario pertinente,haciendo resaltar sobre todo el género devida de entonces y su evolución, antesque los nombres de Reyes oscuros yanodinos, que tan poco interesan, cuandola vida de una nación es algo más queeso sólo.

Efectivamente, así lo hacemos,notando sólo algunos nombres, como elde Alfonso V, pero resaltando la vida deentonces: feudalismo incipiente,formación de ejércitos, vida azarosa, etc.;construcción de la catedral de León;martirio del tudense S. Pelagio, etc., etc.

Ciencias Físicas, Químicas eNaturais (14 de xaneiro de 1935)

Por la tarde se inicia la sesión con elrepaso de la lección 8.ª de Ciencias físico-naturales, referente al calor, suproducción, medida, aprovechamientos,efectos, etc.

Con recuerdos de la vida cotidianahacemos conversación sobre este tema,en el que los niños conocen porexperiencia más aun que lo estrictamentenecesario. En este ejercicio de memorianinguno descuella notablemente, pero sialguno lo hace este es Luis Jaso.Generalmente contestan más porintuición o por lo que en clase o fuera deella hayan oído, que por haber estudiadola lección. Pero será preciso no renunciara este ejercicio preliminar, que será labase de los estudios superiores de los quelos puedan hacer, por lo que se impone la

tarea de enseñarles a estudiar. Por otraparte debe tenerse en cuenta que aprincipio de curso apenas comprendían loque leían, y ahora no sólo lo interpretan,sino que con frecuencia asimilan yaprenden perfectamente; por lo de prontosiempre llegan a mi explicación con unaidea fiel de lo que trata la lección.

O estudo das leccións ocupabaaproximadamente a metade do tempoescolar; a outra metade dedicábase aexercicios prácticos, centrados na lectura,a escritura e o cálculo.

Os nenos lían para si e en voz alta, enletra tipográfica e manuscrita, en prosa een verso. A principal preocupación domestre era conseguir unha lecturacomprensiva, pois ao comezo do cursodecatouse que a maioría non entendía osignificado das letras que descifrabanmecanicamente. Estes exerciciosrealizábase recorrendo a diversos librosde lectura; aos rapaces gustábanllesespecialmente os de fábulas e O Quixote.

A escritura practicábase mediante acopia, que permitía mellorar a caligrafía, eo ditado, fundamental para o dominio daortografía. Tamén se facían exercicios deredacción, quer a partir dun temapreviamente lido ou estudado, quer sobretema libre.

O cálculo iniciouse coa realización decontas de multiplicar; o primeiro día declase todos resolveron correctamente estaoperación: 125.672 x 425. Mais XoséMaría devecía por lles formularproblemas, e ao cabo de seis días xa ossometeu a unha proba, que todos, agásun, superaron: “Un niño tiene 54.307cestas de manzanas, que vende a 125pesetas la cesta. ¿Cuánto dinero hará conla venta de todas las cestas?”. Confrecuencia deixaba que os propios nenospuxesen as contas e formulasen osproblemas, que a miúdo tiñan un nivel dedificultade superior ao que o propiomestre estimaba prudente. O encerado eos encerados de man eran os principaisinstrumentos para este tipo deactividades.

Malia tratarse dun alumno-mestre,que se encontraba por primeira vez áfronte dun grupo de alumnos, Xosé Maríaamosa un notable dominio do oficio.

Segue rigorosamente, sobre todo duranteos primeiros meses, a secuenciaestablecida para cada unha das materias,planifica coidadosamente as actividadesque debe realizar nas diversas fases daclase, avalía, rexistra e celebradiariamente os progresos dos rapaces,ocúpase deles de forma individual candoo estima necesario, fomenta a súaactividade, participación, iniciativa ecreatividade, valora e aproveita os seuscoñecementos previos, procura unhaaprendizaxe comprensiva, recorrendo, noseu caso, a procedementos intuitivos,relaciona unhas materias coas outras, eaínda que non lle gusta o castigo, aplícaocando as circunstancias o esixen.

Referireime só a dúas cuestións entreas moitas que suscita a lectura do Diario:a forma de entender o ensino da historia ea presenza de Galicia.

Xosé María tiña unha especialquerenza pola investigación histórica,como poñen de manifesto as súasmúltiples publicacións sobre estatemática. Nos comezos do seu traballodocente ten a impresión de que nonconsegue interesar debidamente aosalumnos nesta materia, aínda que amedida que avanza o curso estapercepción mudará. Seguramente non foialleo ao cambio de actitude dos alumnoso enfoque adoptado polo mestre, quediscrepaba, como xa sabemos, dunhahistoria escolar centrada nos grandesacontecementos —máis que nada nasucesión de reis—, e apostaba por unhahistoria social e cultural, ao tempo que selaiaba da carencia de textos queadoptasen este enfoque.

O galeguismo tamén deixou a súapegada no seu labor escolar, a pesar deque se trataba dun ámbito no que oscontidos estaban moi estereotipados. EnPontevedra coñeceu, cando estudabaMaxisterio, a Alexandre —ou Alexandro,como prefería escribir Xosé María—Bóveda, casado con Amalia, filla do seutío Xerardo, e afiliouse ás MocidadesGaleguistas. Eu “son parcial de Bóveda”,escribirá na biografía do líder galeguista,cuxa vida, paixón e morte xa a contara,tamén con emoción, Xerardo ÁlvarezGallego. Foi Bóveda quen o animou apublicar n’A Nosa Terra un artigo —

Page 6: Xosé María Álvarez Blázquez - edu.xunta.gal

59

Eduga53 � maio-agosto 08

“Outro aldraxe” (1934)— criticandoduramente unha escolma de poesíapeninsular destinada ás escolas, quedesconsideraba a literatura galega e afigura de Rosalía de Castro. No Diario nonconsta que se lesen poesías de Rosalía,mais Galicia si estivo presente nas súasclases. Nas de Historia de España: “(...)les hablo de la gran influencia gallega enla monarquía Asturiana, hasta el punto dehaberse llamado muy fundadamente porno pocos escritores monarquía Gallego oGalaico-Asturiana” (11 de xaneiro de

1935); “(...) hago resaltar ante los niños laegregia figura de Alfonso X el Sabio, consu afán cultural y patriótico, cultivando elidioma gallego en sus escritos, etc.” (5 defebreiro de 1935). Nas de Agricultura: “Laconversación se derivó naturalmentehacia cuestiones de Galicia, pues suscultivos son más conocidos de todos.Después apunté a los niños el hecho decomo Galicia podía obtener mayorrendimiento de su riqueza, llegando a unlímite insospechado y elevándose a lacategoría de Holanda, Dinamarca o

Bélgica” (21 de maio de 1935). E mesmonun ditado en lingua galega, prácticaposiblemente inédita nas nosas escolas (3de decembro de 1934).

Logo de ler o Diario -onde se apreciaesa “vontade de estilo” que Xosé MaríaÁlvarez Cáccamo observa no conxunto daobra do pai, aínda tratándose dun textoque o seu autor nunca pensou publicar-,que nos permite recapitular a nosa propiaexperiencia escolar, notablementemellorada no meu caso, un quedasorprendido da mestría de Xosé María noseu período de prácticas, e só restaconcluír cunha admiración: así formaba aRepública os seus mestres!

Bibliografía

ÁLVAREZ CÁCCAMO, A. (1994) XoséMaría Álvarez Blázquez. Vigo, Ir Indo.

ÁLVAREZ CÁCCAMO, X. M.ª (2008)Tempo do Pai. Vigo, Galaxia.

BERNÁRDEZ, C. L. (2008) Vida e obra deXosé María Álvarez Blázquez. Escolma detextos. Vigo, Galaxia.

CABANA, D. X. (2008) Xosé MaríaÁlvarez Blázquez. Vida e obra. Vigo,Xerais.

GONZÁLEZ, C. (2007) Xosé María ÁlvarezBlázquez, 1915-1985. Noia, A Coruña,Toxosoutos.

PORTO UCHA, A. S. (1994) A EscolaNormal de Pontevedra (1845-1940).Santiago, Universidade de Santiago deCompostela.

— (2003) Historias de vida. O maxisteriopontevedrés na II República, Guerra Civile Franquismo. Ponteareas, Pontevedra,Edicións Alén Miño.

- (2008) Mestras e mestres pontevedresesdepurados polo franquismo. Ponteareas,Pontevedra, Edicións Alén Miño.

RABUÑAL, H. (2008) Xosé María ÁlvarezBlázquez na súa canle secreta. Ames, ACoruña, Edicións Laiovento.

Agradezo a Celso Álvarez Cáccamo, fillode Xosé María, que me confiase unhacopia do Diario, así como outradocumentación para a realización dopresente traballo, que posiblemente seampliará e adquirirá forma de libro nospróximos meses.

Diario do mestre correspondente ao 3 de decembro de 1934, no que se realiza un ditado en lingua galega

A nosa escola