16
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia VICENT ALBEROLA Director e Clarinete PAQUITO D´RIVERA Saxofón e Clarinete PEPE RIVERO TRÍO Pepe Rivero, Piano Reinier “El Negrón” Elizarde, Baixo Michael Olivera, Batería CONCERTOS DE ABONO Sala Mozart 19.45 h Convers@ndo con VICENT ALBEROLA Director PAQUITO D´RIVERA Saxofón e Clarinete

XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

XOVES 01 MARZO 201820.30 hAuditorio de Galicia

VICENT ALBEROLA Director e ClarinetePAQUITO D´RIVERA Saxofón e Clarinete

PEPE RIVERO TRÍOPepe Rivero, PianoReinier “El Negrón” Elizarde, BaixoMichael Olivera, Batería

CONCERTOSDE ABONO

Sala Mozart 19.45 hConvers@ndo con VICENT ALBEROLA Director PAQUITO D´RIVERA Saxofón e Clarinete

Page 2: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

2

PROGRAMA

I

PAQUITO D’RIVERA (1948)El elefante y el payaso (poema sinfónico para orquestra dedicado a Gaby, Fofó e Miliki)

The Cape Cod ConcertoBenny @100BandoneónLecuoneríasChiquita Blues

Paquito D`Rivera, clarinetePepe Rivero, piano

II

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756) / PAQUITO D’RIVERA (1948)Concerto para clarinete en La maiorAdagio

Paquito D`Rivera, clarinetePepe Rivero Trío

ASTOR PIAZZOLLA (1921)Revirado, Oblivion e Libertango

Paquito D`Rivera, saxofónPepe Rivero Trío

PAQUITO D’RIVERA (1948)Aires tropicalesContradanza e Vals venezolano

Paquito D`Rivera, clarineteVicent Alberola, clarinetePepe Rivero, piano

Page 3: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

3

VARIOS COMPOSITORESTo bird with stringsSuite sobre temas interpretados por Charlie “Bird” ParkerApril in Paris (Duke - Harburg)Easy to love (Porter - Mundy)Just friends  (Kleener - Lewis - Carroll)What’s this thing called love (McHugh - Fields - Lippman)

Paquito D`Rivera, saxofónPepe Rivero Trío

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 20 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

Page 4: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I Teimuraz Janiskashvili (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Anna AlexandrovaYulia PetrushevskayaIldikó Oltai Victoria JurovIlya FisherClaudio GuridiMichal Ryczel

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Samira AjkicKiyoko OhashiElina ViksneEnrique RocaGyula VadasziIrina Gruia

VIOLASTilmann Kircher *Natalia Madison **Ionela CiobotaruTimur SadykovOxana BakulinaIriana FernándezAnne Schlossmacher

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Thomas PielMillán AbeledoCarlos García

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓBOESChristina Dominik *Esther Viúdez **

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **Germán Martínez ***

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **

SAXO TENORPablo Coello (R)

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Adrián Lavía ***

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **Francisco Tomás ***

TROMBÓNSArturo Centelles (R)Iago Ríos (R)Brais Molina (R)

TUBAMiguel Franqueiro (R)

TIMBALJosé Vicente Faus *

PERCUSIÓNMarta Rodríguez ***José Ángel Gómez (R)Diego Ventoso (R)Pablo Salgueiro (R)

ARPABleuenn Le Friec (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 5: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

5

VICENT ALBEROLA Director e Clarinete

É o director titular da Orquestra Vigo 430 e da Orquesta Sinfónica de Madrid Gurska, e director convidado da Ópera de Perm en Rusia. Así mesmo, é clarinete principal da Mahler Chamber Orchestra e de Les Dissonances en París. Realizou estudos de clarinete con Walter Boeykens no Conservatorio Real de Amberes e, ao mesmo tempo, con George Pieterson (Royal Concertgebouw Orchestra) e Larry Combs (Orquestra Sinfónica de Chicago). Foi durante máis de 20 anos primeiro clarinete da Orquesta de la Ópera de Madrid e da Orquestra Sinfónica de Galicia. Durante a última década foi primeiro clarinete convidado con orquestras como a Royal Concertgebouw Orchestra, Filharmónica de Nova York, Orquestra do Festival de Lucerna, Mahler Chamber Orchestra, Les Dissonances e MMCK Tokyo Orchestra; agrupacións coas que tivo a oportunidade de interpretar o gran repertorio sinfónico, baixo a batuta de Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Gatti, Daniel Harding, Andris Nelsons, Gustavo Dudamel, Alan Gilbert e Nicola Luisotti, entre outros.A súa vocación como director descúbrea coa Xove Orquestra de Galicia en 1996, agrupación da que foi director titular durante oito anos. En 2003 foi nomeado director da Joven Orquesta de la Ópera de Madrid e en 2007 director da Joven Orquesta de Soria.Ten dirixido no Teatro Real de Madrid coa Sinfónica de Madrid as seguintes óperas: Rita de Donizetti, La bohème de Puccini, Don Giovanni de Mozart, Persephone de Stravinski, El gato con botas de Montsalvatge, Iolanta de Chaikovski, Macbeth de Verdi e, máis recentemente, O elixir d'amor de Donizetti.Paralelamente, dirixiu programas sinfónicos coa Orquestra da Ópera de Perm, Orquesta de Valencia, Sinfónica de Castilla y León, Sinfónica de Madrid, MMCK de Tokio, o ensemble "Musica Aeterna" de Perm, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Orquesta Excelentia Santa Cecilia e a Orquestra Simfònica del Vallès.

Page 6: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

6

PAQUITO D´RIVERA Saxofón e Clarinete

“Paquito D’Rivera converteuse en consumado embaixador multinacional, creando e promovendo unha cultura cruzada da música que se move sen esforzo entre o jazz, o latin jazz e Mozart".

The National Endowment for the Arts

Gañador de catorce Premios Grammy, é o referente máis importante do latin jazz no mundo e destaca tamén pola súa faceta como compositor de música clásica e jazz. Nacido na Habana, aos 10 anos xa actuou coa Orquesta Nacional de Teatro. Estudou no Conservatorio de Música da súa cidade e aos 17 anos converteuse en solista destacado da Orquesta Sinfónica Nacional de Cuba. Foi membro fundador da Orquesta Cubana de Música Moderna, á que dirixiu durante dous anos, compaxinando esta actividade co seu traballo na Orquesta Sinfónica Nacional de Cuba. Ademais, foi membro fundador e codirector do innovador conxunto musical Irakere, co que gañou un Grammy en 1979.En 1980 emigrou aos Estados Unidos, gañando inmediatamente o respecto entre os músicos de jazz, introducíndose nalgunhas das salas más prestixiosas de Nova York. Fíxose un oco entre os grandes tralos seus dous primeiros álbums, “Paquito Blowin” (1981) e “Mariel” (1982). En 1988 fundou, xunto a Dizzy Gillespie, a United Nation Orchestra, ensemble que se caracterizou por amosar a fusión das influencias latinas e caribeñas co jazz. En 1991 obtiveron un Grammy. Dende entón a súa extensa discografía reflicte unha dedicación e entusiasmo polo jazz, bebop e a música latina, aínda que as súas contribucións á música clásica tamén son impresionantes. Compositor de obras sinfónicas e música de cámara, as súas pezas a miúdo revelan os seus intereses musicais xeneralizados e eclécticos. O quinteto para ventos Aires Tropicales; Conversaciones con Cachao, que rende homenaxe ao lendario baixista cubano Israel "Cachao" López; Merengue, Wapango e Afro, gravadas en vivo no Carnegie Hall co violoncellista Yo-Yo Ma en

Page 7: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

7

2003 e que supuxo o seu sétimo Grammy como “Mejor Composición Instrumental”; Cape Cod Concerto para clarinete, piano e orquestra; Gran Danzón para frauta e orquestra; o poema sinfónico The elephant and the clown, dedicado aos pallasos Gaby, Fofó e Miliki; ou o seu ballet Damas de Blanco, estreado pola prestixiosa compañía de danza José Limón, son unha ampla mostra do seu universo creativo.A súa obra máis recente, The Rice and Beans Concerto, encargo da Orquestra Sinfónica Nacional de Estados Unidos (NSO) e escrita para clarinete, violoncello e orquestra, está dedicada ao extraordinario Yo-Yo Ma. Estrearase este ano no Kennedy Center de Washington DC, con motivo do 70 aniversario de Paquito D’Rivera.Como solista con orquestra destacan as súas colaboracións coa Filharmónica de Londres, Sinfónica de Londres, Filharmónica de Varsovia, Orquestra Sinfónica Nacional dos Estados Unidos, Sinfónica Simón Bolívar, Sinfónica de Baltimore, Filharmónica de Florida, Orquesta Sinfónica de Puerto Rico, Orquesta Sinfónica Nacional de Costa Rica, Orquesta Sinfónica de Minería, Orquesta de Valencia e Orquestra de Cámara de St. Luke, entre outras.Ao longo da súa dilatada carreira ten recibido numerosas distincións como o “NEA Jazz Master” -o honor máis importante que Estados Unidos concede a un músico de jazz-, a Medalla Nacional das Artes, o Premio “Lenda viva do jazz” do Kennedy Center, o Frankfurt Musikpreis e o Premio Honorario Nelson A. Rockefeller. Así mesmo, recibiu o Doutor Honoris Causa en Música polo Berklee School of Music (Universidade de Pensilvania). En 1999, e con motivo dos seus 500 anos de historia, a Universidade de Alcalá de Henares entregoulle un premio especial pola súa contribución á arte, as súas cualidades humanas e a súa defensa dos dereitos e as liberdades de artistas de todo o mundo.

Page 8: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

8

PEPE RIVERO Piano

O pianista e compositor Pepe Rivero forma parte dunha “Nueva Generación” de músicos cubanos que irromperon na escena internacional do jazz. Tras rematar os seus estudos de piano no Instituto Superior de Arte de La Habana, onde recibiu unha formación clásica, a súa vocación conduciuno ao jazz.Posúe a virtude de extrapolar un ritmo e articular un novo corpo en torno a el. Como pianista de jazz latino parte case sempre da estrutura dalgún xénero senlleiro da música cubana, como o guaguancó, o cha cha-chá, a guajira… arredor do cal incorpora unha serie de complexas harmonías que extrae do seu amplo acervo como jazzista e compositor cunha herdanza clásica. A música que compón é capaz de crear diversos ambientes nunha mesma composición, transitando con tal destreza dun a outro que dá a impresión de que a música é só unha, indivisible e universal.Dende que en 1998 se trasladou a España, ten sido un habitual do panorama jazzístico. En 2001 comezou unha xira de concertos xunto a Paquito D’ Rivera e Celia Cruz, a quen tamén acompañou en sesións de gravación como compoñente esencial da banda. En 2003 traballou no disco Siegfried’s Olé in Spain xunto ao produtor alemán Ben Lierhouse, unha colección de importantes óperas de Richard Wagner mesturadas con Albéniz e Granados que o levou de xira en 2006 co seu Quinteto de Jazz e prestixiosas orquestras sinfónicas por cidades como Leipzig, Weimar, Bonn ou Bremen. Recentemente presentou o seu novo álbum Los Boleros de Chopin no Festival de Jazz de Palermo en Sicilia e no Manchester Jazz Festival.En 2001 e 2002 gañou o terceiro Premio SGAE de Composición de Jazz Latino na Habana; e foi nominado aos Latin Grammys 2011 xunto a Paquito D’Rivera polo álbum Paquito D’Rivera & Pepe Rivero Live in Barcelona. Foi artista convidado e compositor no disco de Paquito D´Rivera Jazz Meets the Classic, gañador nos Latin Grammys 2015 e nominado aos Latin Grammys 2017 polo disco de Yuvisney Aguilar Piango Piango.

Page 9: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

9

Ten colaborado con numerosos artistas como Paquito D´Rivera, David Murray, Jerry González, Isaac Delgado, Javier Colina, Perico Sambeat, Gerardo Núñez, Lucrecia, Bobby Martínez, La Barbería del Sur, Tony Zenet, Diego “El Cigala”, Eva Cortés, Sole Giménez, Paloma San Basilio, Ana Belén, Elsa Baeza, Ángela Carrasco, Raphael, Pasión Vega ou Lole Montoya. E foi director musical na xira por América 2009, 2012 e 2014 de José Luis Perales.Entre os seus últimos traballos destaca a presentación de Latin Hits Sinfonic en Valladolid xunto á Sinfónica de Castilla y León; a estrea de Doble concierto para clarinete, piano y orquesta “The Cape Cod Concerto” no Palau de la Música de Barcelona xunto a Paquito D’Rivera e a Orquestra Simfònica del Vallès. E a estrea, en 2016, tanto en México como en Madrid do seu novo proxecto “Las cuatro estaciones” de Vivaldi adaptadas ao latin jazz. Na actualidade é o Director Musical de “CLAZZ” en España, o primeiro Festival de Latin Jazz de Europa.

Page 10: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

10

Paquito D’Rivera (A Habana, 1948)

Clarinetista e saxofonista imprescindible no jazz latino, recoñecido polo seu virtuosismo e pola súa intención de incluír o jazz nas correntes da música clásica, Paquito D’Rivera explica así as súas orixes musicais: “O meu pai foi un saxofonista retirado do exército, que importou de Francia a escola clásica do conservatorio de París. Estudaba o seu instrumento 26 horas diarias, e contaba que eu me sentaba ao seu carón nunha cadeiriña cun saxofonciño de plástico, a imitalo”. O seu pai foi o seu primeiro profesor e, con cinco anos, Paquito debuta cun grupo de saxos do seu barrio de Marianao, na Habana. Aos doce anos, entra no conservatorio da súa cidade para estudar clarinete, composición e harmonía, e con dezaoito debuta coa Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba como solista e funda, co pianista Chucho Valdés, a Orquestra Cubana de Música Moderna e o referente grupo Irakere, no que fusionan jazz, rock, música tradicional cubana e música clásica. En 1980, D’Rivera exiliouse nos Estados Unidos onde contou co apoio de Dizzy Gillespie ou Mario Bauzá e, máis tarde, foi recoñecido pola comunidade de músicos de jazz. Pero ademais é un salientable compositor de jazz e música clásica cun amplo catálogo que inclúe obras como Three Pieces for clarinet and piano, Gran Danzón, Conversations with Cachao, Brussels in the rain ou The Cape Code e El Payaso y el Elefante.D’Rivera é un contador de historias e el mesmo di que El Payaso y el Elefante é unha obra cómica y dramática: “…baseada nunha anécdota que me contou Miliki, de cando o bromista do seu irmán Fofó, no medio dunha xira co circo polas vilas de Cuba, lle escondeu o elefante ao adestrador. Despois, el mesmo o acompañou á Policía para que fixera a denuncia do suposto roubo do ‘animalote’. Contan que o policía xefe quería deixalo preso porque pensaba que era unha brincadeira do home”. A obra, inicialmente escrita para quinteto de metais con bombardino, frauta, clarinete, fagot, saxos soprano, e tenor, cordas, arpa

Page 11: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

11

e percusión, está dedicada aos célebres pallasos televisivos Gaby, Fofó e Miliki, que coa compañía de circo Hermanos Aragón viaxaron a Cuba para unha temporada e quedaron vinte anos e cos que D’Rivera actuou en diversas ocasións facendo dúos con Gaby. O mesmo compositor explica “Orixinalmente composta para oito clarinetes, cando decidín expandir a instrumentación para orquestra sinfónica, usei un par de saxofóns (Gaby tocaba moi ben o soprano), lira, frautín, percusión e bombardino, coa idea de recrear a atmosfera de banda militar do vello circo da miña infancia. Case ao inicio da peza, a imitación que fai a trompa (quen mellor) do barritar dun paquidermo e unhas cantas notas sacadas dun dos seus temas máis coñecidos son a miña mellor forma de render tributo a aqueles xeniais artistas españois que tanta alegría trouxeron aos nenos e non tan nenos da miña terra natal”. Engade que este poema sinfónico, arranxado en 2004 para orquestra e estreado en 2006, é “unha peza con elementos sinfónicos e música afrocubana: unha visión nostálxica da miña vida…”.En 2009, o Cape Cod Music Festival encargoulle unha obra conmemorativa do seu trinta aniversario. Esa é a orixe dunha sonata para clarinete e piano The Cape Cod Files cos seus catro movementos que máis tarde orquestrou por pedimento da empresa musical Vandoren converténdose en The Cape Cod Concert, estreados ambos polo clarinetista Jon Manasse e o pianista Jon Nakamatsu. A estrea de 2009 coincidía co centenario de Benny Goodman, polo que titulou o primeiro movemento Benny@100; o segundo é unha milonga arxentina, Bandoneón; o terceiro, basicamente improvisacións clarinetísticas sobre temas de Ernesto Lecuona, de aí o seu nome Lecuonerías, e o último Chiquita Blues, unha mestura de danzón cubano e contemporáneo, música atonal e harmónicos de blues, inspirada na novela Chiquita (Premio Alfaguara 2008) do escritor cubano Antonio Orlando Rodríguez, que relata os éxitos da toleirana anana Chiquita Facenda, no mundo artístico-circense do Nova York de principios

Page 12: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

12

do século XX. O resultado é un traballo atrevido, técnica e ritmicamente desafiante para o jazz, os elementos populares e clásicos, cheo de humor e imaxinación.En 1994, D’Rivera compón por encargo do Aspen Wind Quintet, Aires tropicales, unha obra a modo de suite que amosa a sinerxía estilística entre o xénero clásico e a tradición popular. A obra, tamén na súa versión orquestral, está estruturada en sete movementos (Alborada, Son, Habanera, Vals venezolano, Dizzyness, Contradanza, Afro) que reúnen diferentes tipos de danzas e tradicións reinterpretadas desde unha perspectiva claramente vangardista. O cuarto movemento, Vals venezolano é unha mostra das adaptacións do xénero que se desenvolveron en Latinoamérica e está dedicado ao guitarrista e compositor venezolano Antonio Lauro. Os dous últimos movementos representan unha volta ás tradicións musicais cubanas reforzando certo carácter cíclico da obra. A Contradanza retoma os principios da tradicional danza cubana e D’Rivera dedicoulla ao pianista e compositor cubano Ernesto Lecuona.O bird ao que fai referencia o título de Bird with Strings foi o saxofonista e compositor Charlie Parker (1920-1955), un dos músicos de jazz máis destacados e influentes de todos os tempos que foi alcumado Yardbird (máis tarde recortado a Bird). Os coñecedores do jazz están de acordo en que Parker, para moitos o intérprete máis prestixioso da historia do instrumento desde Adolphe Sax ata a actualidade, foi un dos precursores e figura no desenvolvemento do estilo denominado bebop ou bop. Acompañado por unha orquestra de cordas, Charlie Parker with Strings foi unha das súas mellores gravacións con Mitch Miller como oboísta convidado e a colaboración doutros músicos. Inicialmente saíron ao mercado dous discos coas sesións de 1949 e 1950. En 1995, o selo jazzístico Verve presentou un CD con catorce das pezas desas sesións, outras de actuacións en directo e gravacións de estudo.

Page 13: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

13

Astor Piazolla (Mar del Plata, 1921 - Bos Aires, 1992)Revirado, Oblivion, Libertango

A gran capacidade creativa que levou a Astor Piazzolla a revolucionar un xénero tan aparentemente inalterable como o tango, viuse beneficiada co seu contacto con Carlos Gardel. Cando este viaxa aos Estados Unidos na década de 1930 para rodar algunhas das súas películas, Piazzolla foi contratado para tocar o bandoneón nas bandas sonoras. Así, Piazzolla asumiu a difícil tarefa de darlle ao tango nova vida e novas perspectivas, creando un tango renovado aínda que ancorado no vello. Un tango de Piazzolla revela a un tempo dúas épocas musicais e expresivas, e pode achegar música que, sendo moderna, conserva o mellor da orixe sentimental e a paixón deste xénero tradicional. De feito, unha das calidades básicas dese tango ideado e promovido polo arxentino é o seu medio sonoro, recoñecible nun par de compases. Facer reconto das contribucións do bandoneísta ao mundo do tango moderno equivalería a redactar unha gran lista de tangos xa clásicos desta época; entre eles, Zum, Tristeza de un ‘Doble A’, Libertango, Mumuki, Revirado, Lunfardo, Chin Chin, Escualo, Verano Porteño, Adios Nonino, Oblivion…En 1958, Piazzolla estableceuse en Nova York, etapa da que permaneceu o seu experimento de jazz-tango, que el mesmo xulgou con dureza pola concesión comercial que supuxo. De volta a Bos Aires, dous anos despois, creou o exitoso Quinteto Nuevo Tango co que adoitaba interpretar un repertorio variado coas novas pezas Decarísimo, Calambre, Muerte del ángel e Revirado, entre outros. Abandona Arxentina e inicia a súa produtiva etapa italiana, onde deu a coñecer Balada para mi muerte coa cantante Milva ou o máis famoso Libertango, obra considerada como a súa carta de presentación ante o público europeo e presumiblemente abandeirada da liberdade creativa que buscaba. En 1984 compón unha das pezas máis líricas e expresivas do seu catálogo, Oblivion, cuxa versión orixinal ofrece amplas liñas melódicas

Page 14: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

14

(nostálxicas, tristes, case fúnebres) do bandoneón que se elevan elegantemente sobre unha discreta textura de cordas. Nela explora unha veta sentimental aínda que de certa austeridade, unha especie de refinada desolación, de brumoso distanciamento.

W. A. Mozart (arr. Paquito D’Rivera)Concerto para clarinete en la maior. Adagio

Durante algunhas épocas da historia da música, o clarinete quedou relegado como instrumento solista a prol do piano, o violín ou mesmo o saxo. Porén, a principios do siglo XX, o jazz fixo deste un instrumento protagonista. Benny Goodman, Martin Frost ou Sabine Meyer son algúns dos clarinetistas que converteron o clarinete nun dos instrumentos de vento máis expresivos e versátiles capaz de ofrecer desde os sons máis clásicos como o Concerto para clarinete en La maior de Mozart que Paquito D´Rivera, trasladou o Adagio deste concerto ao cosmos do blues de xeito “xoguetón e atrevido”, nas súas propias palabras.

Page 15: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En
Page 16: XOVES 01 MARZO 2018 20.30 h Auditorio de Galicia Oblivion e Libertango Paquito D`Rivera, saxofón Pepe Rivero Trío PAQUITO D’RIVERA (1948) ... compoñente esencial da banda. En

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Xoves 8 de marzo, 2018 20,30 hOrquesta Sinfónica del Principado de AsturiasRossen Milanov, directorLeila Josefowicz, violín

L. Bernstein, DivertimentoB. A. Zimmermann, Concerto para violínS. Prokofiev, Sinfonía núm. 5 en si bemol maior op. 100

Xoves 15 de marzo, 2018 20,30 hCICLO DE PIANO ÁNGEL BRAGERosa Torres Pardo, pianoRocío Márquez, cantaora

Suite Española

E. Granados, GoyescasI. Albéniz / F. García Lorca / M. de Falla, Lorquiana / M. de Falla, El amor brujo

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.

PRÓXIMOSCONCERTOS