Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. Amundarain.Musika: Bach, Concierto 2 violines en D.
4 outubro 201527 Tempo Ordinario
Marcos 10, 2-16
José Antonio Pagola
Acolleros
pequenos
O episodio parece insignificante. Con todo, encerra un trasfondo de grande importancia para os seguidores de
Xesús. Segundo o relato de Marcos, algúns tratan de acercar a Xesús uns nenos e nenas que brincaban por alí. O único que buscan é que aquel hombre de Deus os poida tocar para comunicarlles algo da súa forza e da súa vida.
Ao parecer, era unha crenza popular.
Os discípulos Os discípulos moléstanse e tratan moléstanse e tratan
de impedilo. de impedilo. Pretenden levantar Pretenden levantar un cerco en torno a un cerco en torno a
Xesús. Xesús. Atribúense o poder Atribúense o poder
de decidir quen de decidir quen poden chegar ata poden chegar ata
Xesús e quen non. Xesús e quen non. Interpóñense entre Interpóñense entre
el e os máis el e os máis pequenos, pequenos, fráxiles e fráxiles e
necesitados de necesitados de aquela sociedade. aquela sociedade. En vez de facilitar o En vez de facilitar o
seu acceso a seu acceso a Xesús, Xesús,
obstaculízano.obstaculízano.
Esquecéronse xa do xesto de
Xesús que, uns días antes, puxo no centro do grupo un neno para que aprendan ben que
son os pequenos os que han de ser o centro de atención e coidado dos
seus discípulos. Esquecéronse de cómo
lle deu unha aperta diante de todos,
invitándoos a acollelos no seu nome e co
seu mesmo agarimo.
Xesús indígnase. Aquel
comportamento dos seus discípulos
é intolerable. Enfadado, dálles
dúas ordes: «Deixade que os
nenos se acheguen a min.
Non llelo impidades».
Quen lles ensinou a actuar dunha maneira tan contraria ao
seu Espírito? Son, precisamente, os pequenos, débiles e
indefensos, os primeros que han de ter aberto o acceso a Xesús.
A razón é moi profunda pois obedece aos designios do Pai: «Dos que son coma eles é o
Reino de Deus».
No Reino de Deus e no grupo de Xesús, os No Reino de Deus e no grupo de Xesús, os que molestan non son os pequenos, senón que molestan non son os pequenos, senón
os grandes e poderosos, os que queren os grandes e poderosos, os que queren dominar e ser os primeiros.dominar e ser os primeiros.
O centro da súa comunidade non ha de estar O centro da súa comunidade non ha de estar ocupado por persoas fortes e poderosas que se ocupado por persoas fortes e poderosas que se
impoñen aos demais desde arriba.impoñen aos demais desde arriba. Na súa comunidade necesítanse homes e Na súa comunidade necesítanse homes e
mulleres que buscan o último lugar para acoller, mulleres que buscan o último lugar para acoller, servir, abrazar e bendicir os máis débiles e servir, abrazar e bendicir os máis débiles e
necesitados.necesitados.
O Reino de Deus non se difunde desde a imposición dos grandes senón desde a
acollida e defensa dos pequenos.
Onde estes se converten no centro de atención e coidado, aí está chegando o Reino de Deus, a
sociedade humana que quere o Pai.
ACOLLER OS PEQUENOS
El episodio parece insignificante. Con todo, encerra un trasfondo de grande importancia para os seguidores de Xesús. Segundo o relato de Marcos, algúns tratan de acercar a Xesús uns nenos e nenas que brincaban por alí. O único que buscan é que aquel home de Deus os poida tocar para comunicarlles algo da súa forza e da súa vida. Ao parecer, era unha crenza popular.
Os discípulos moléstanse e tratan de impedilo. Pretenden levantar un cerco en torno a Xesús. Atribúense o poder de decidir quen poden chegar ata Xesús e quen non. Interpóñense entre el e os máis pequenos, fráxiles e necesitados de aquela sociedade. En vez de facilitar o seu acceso a Xesús, obstaculízano.
Esquecéronse xa do xesto de Xesús que, uns días antes, puxo no centro do grupo un neno para que aprendan ben que son os pequenos os que han de ser o centro de atención e coidado dos seus discípulos. Esquecéronse de como lle deu unha aperta diante de todos, invitándoos a acollelos no seu nome e co seu mesmo agarimo.
Xesús indígnase. Aquel comportamento dos seus discípulos é intolerable. Enfadado, dálles dúas ordes: «Deixade que os nenos se acheguen a min. Non llelo impidades». Quen lles ensinou a actuar dunha maneira tan contraria ao seu Espírito? Son, precisamente, os pequenos, débiles e indefensos, os primeros que han de ter aberto o acceso a Xesús.
A razón é moi profunda pois obedece aos designios do Pai: «Dos que son coma eles é o Reino de Deus». No Reino de Deus e no grupo de Xesús, os que molestan non son os pequenos, senón os grandes e poderosos, os que queren dominar e ser os primeros.
O centro da súa comunidade non ha de estar ocupado por persoas fortes e poderosas que se impoñen aos demais desde arriba. Na súa comunidade necesítanse homes e mulleres que buscan o último lugar para acoller, servir, abrazar e bendicir os máis débiles e necesitados.
O Reino de Deus non se difunde desde a imposición dos grandes senón desde a acollida e defensa dos pequenos. Onde estes se converten no centro de atención e coidado, aí está chegando o Reino de Deus, a sociedade humana que quere o Pai.
José Antonio Pagola
Recommended