A orientación
Como nos orientamos
de día e de noite?
Polo día
Polo Sol
• O Sol sae polo Leste e pónse polo Oeste. Ainda que só o fai polo punto exacto nos equinocios.
• No hemisferio Norte, o Sol sitúase ao Sur no seu punto máis alto.
Pola sombra• Se agardamos a que o Sol esté alto,
podemos cravar un pao no chan e sinalar o extremo da súa sombra. Esperamos un anaco e repetimos a operación. O primeiro punto sinala o Oeste e o segundo o Leste. Se os unimos e trazamos unha liña perpendicular polo medio, atoparemos o Norte e o Sur.
Sinais naturais• No hemisferio Norte os musgos crecen nas
sombras máis sombrías e húmidas dos troncos que corresponden á cara Norte.
• As montañas reciben menos Sol nas ladeiras que están orientadas cara o Norte, polo que éstas son máis húmidas, cores máis frías e conservan máis tempo a neve.
• Os aneis de crecemento das árbores están máis desenvoltos nas caras que reciben máis o Sol.
Sinais naturais
Musgos
Montañas
Aneis de crecemento das árbores
Pola noite
A Lúa• Cando a Lúa está no seu cuarto
crecente as puntas apuntan cara o Leste.
• Se a Lúa está no seu cuarto menguante as súas puntas apuntan cara o Oeste.
Estrelas• No hemisferio Norte a estrela
polar indica sempre o Norte.
Como localizala?
Estrelas• No hemisferio sur, debemos
buscar a “Cruz do Sur”, que ten forma de cometa, se prolongamos a cometa catro veces atoparemos o Sur.
Agora:
Non te perdas!