OS REIS MAGOS
ORIXE
“Nacido, pois, Xesús en Belén de Xudea nos días do rei Herodes, chegaron do Oriente a Xerusalén uns magos dicindo : Onde está o rei dos Xudeos que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela no oriente e vimos a adoralo. Ao escoitar isto o rei Herodes turbouse, e con el toda Xerusalén, e reunindo a todos os príncipes dos sacerdotes e aos escribas do pobo, preguntoulles onde había de nacer o Mesías. Eles contestaron : En Belén de Xudea”.
“Entón Herodes, chamando en segredo aos magos, interrogounos coidadosamente sobre o tempo da aparición da estrela; e, enviándoos a Belén, díxolles: Ide e informádevos exactamente sobre ese neno, e, cando o atopedes, comunicádemo, para que eu tamén vaia a adoralo. Despois de ter oído ao rei, fóronse, e a estrela que viran no Oriente precedíalles, ata que foi a pararse enriba do lugar onde estaba o neno. Ao ver a estrela sentiron grandísimo gozo. Chegando a casa, viron ao neno con María, súa nai, e, axeonllados abriron seus cofres e ofrecéronlle ouro, incenso e mirra. Advertidos en sonos de non volver xunto a Herodes, volvéronse a súa por outro camiño.”
EVANXEO SEGUNDO SAN MATEO
CURIOSIDADES
O primeiro e casi único relato que se conserva é o que se conta no Evanxeo segundo S. Mateo onde non se lles chama reis nin se din os nomes nin que un deles fose negro. Pouco a pouco a tradición foi añadindo outros detalles como a procedencia dos magos dos tres continentes (Asia, África, Europa). Outras lendas indican que anteriormente houbo un cuarto rei mago chamado Artabán que non ten fundamento bíblico.
Os reis ofrecéronlle a Xesús ouro, incenso e mirra que simbolizaban: ouro (representando súa natureza real) incenso (representando a súa natureza divina) e mirra (un composto embalsamador para os mortos representando a morte futura de Xesús).
A primeira vez que foron representados os reis incluídos os nomes foi no mosaico de San Apolinar Nuovo en Rávena, Italia e vese como Baltasar aínda non era negro porque non se representa así ata o século XIV.
Mosaico de San Apolinar Nuovo (Rávena, Italia) s. VI. Como se pode observar, Baltasar aínda non era representado de cor negra.
COSTUMES
Antigamente a véspera de reis, os nenos ían polas casas cantando para que a xente lles dera algo: unha moeda, un pasteliño…e se non se daban nada marchaban tristes e así pasaban toda a tarde ata que anoitecía e repartían o que gañaron.
Tamén se soía e se soen poñer os zapatos na ventá para que os reis botaran algo pero naquela época pouca cousa botaban ou nada: unha laranxa, unha caixa de mistos…
Daquela o roscón facíase sen agasallo dentro e algún pan con ovos pero marisco non se comía ningún e a cea de reis non era cousa doutro mundo porque daquela non tiñan moito diñeiro.
OS REIS MAGOS NA ARTE:PINTURA
Rubens
Hugo Van der Goes
Velázquez
OS REIS MAGOS NA ARTE:ESCULTURA
Tímpano da igrexa de Santa María de Iria Flavia, Padrón
Pontearnelas. Ribadumia
Museo da Catedral de Santiago
FIN