ACTA DE CELBRACIÓN DO TERCEIRO EXERCICIO OBRIGATORIO E RESULTADO FINAL
Na sala de xuntas do Excmo. Concello da Estrada, sendo as 9:00 horas do día 03.08.17, reúnese o tribunal que xulga o proceso selectivo ( provisión mediante oposición libre ), relativo a unha praza/posto de Administrativo ( persoal laboral temporal ) para o Departamento de Intervención, por ter sido nomeados en virtude da Resolución do Sr. Alcalde nº 339/2017, do 17 de abril:
Presidente: Dna. Ana Vigo Fariña ( Interventora do Excmo. Concello da Estrada ).
Vogal ( suplente ): D. Luis M. Lozano Lorenzo ( Técnico de Administración Xeral de Intervención do Excmo. Concello da Estrada ).
Vogal: Dna. Rosa María Méndez Aragunde ( Administrativa de Intervención do Excmo. Concello da Estrada ).
Vogal: Dna. María Rita Rivas de la Iglesia ( Técnica de Xestión Orzamentaria do Excmo. Concello da Estrada ).
Secretario: Dna. María Josefa Martínez Barros (Administrativa de Secretaria do Excmo. Concello da Estrada)
Asiste como asesor do Tribunal D. Marcos Andújar Mato (informático do Excmo. Concello da Estrada)
O acto ten por obxecto realizar e valorar o terceiro exercicio obrigatorio (informática), que consistirá no manexo dunha folla de cálculo no Open Office calc. a desenvolver en 45 minutos por parte do aspirante.
Tra-lo preceptivo chamamento, comparece o opositor D. Diego Iglesias Rivero, con D.N.I. 53.174.116-W , único aspirante que ten superado o primeiro e segundo exercizo .
Realizado o terceiro exercicio obrigatorio obtivo a seguinte calificación:
IDENTIDADE PUNTUACIÓN 3º EXERCICIO
1Iglesias Rivero, Diego53.174.116-W
9
Non procede realizar a proba específica de coñecemento da lingua galega, dado que o aspirante acreditou documentalmente estar en posesión do certificado CELGA 3 ou equivalente.
Polo tanto, unha vez sumadas as puntuacións obtidas nos tres exercizos o resultado final e orde de puntuación do proceso selectivo é como segue:
IDENTIDADEPUNTUACIÓN1º EXERCICIO
PUNTUACIÓN 2º EXERCICIO
PUNTUACIÓN 3º EXERCICIO
RESULTADO FINAL
ORDE DE PUNTUACIÓ
N
Iglesias Rivero, Diego53.174.116-W
7,66 7,38 9 24,04 1
En atención aos resultados detallados, o Tribunal, por unanimidade, propón ao órgano competente a contratación do aspirante que de seguido se relaciona, para a provisión do posto de referencia, por ser o que superou todos os exercizos deste proceso selectivo:
Iglesias Rivero, Diego 53.174.116-W
Non sendo outro o obxecto desta xuntanza, asinan, de conformidade, a presente todos os compoñentes do tribunal, no lugar e na data do seu comezo.
Dna. Ana Vigo Fariña, D. Luis M. Lozano Lorenzo, Dna. Rosa María Méndez Aragunde, Dna. María Rita Rivas de la Iglesia, Dna. María Josefa Martínez Barros , D. Marcos Andújar Mato.
(documento asinado dixitalmente a marxe)