ADIVIÑAS MUSICAIS
DO RE MI LE UN LIBRO E SÉ FÉLIZ
EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DLG DO
Tradición oral: as adiviñas.
As solucións están ao final así que podes
escribilas para comprobar ao final cantas
acertaches.
Algunhas teñen a mesma solución.
1.- Adiviña Adiviñador
Non a palpas pero si a oes
Que é?
2.-Adiviña Adiviñador
Zumba que te zumbaóese o meu son,nas noites de nadal,ata que aparece o sol.Que será?
3.-Adiviña Adiviñador
Con tan só catro cordas,que un arco pon en acción,esta caixa melodiosaalegrarate o corazón.Que será?
4.-Adiviña Adiviñador
Marfil e madeira fina,a tocarnos con talento,o que non sabe, non atina.
Que será?
5.-Adiviña Adiviñador
As miñas caras redondas,que estiradas son!A forza de golpes,así canto eu.
Que será?
6.-Adiviña Adiviñador
Sobre unha pelben tensada,dous bailarínssaltaban.
Que será?
7.-Adiviña Adiviñador
Tócase con dous pauciños,sae sempre na procesióne é un instrumento de percusión.
Que será?
8.-Adiviña Adiviñador
Nunha larga aberturateño eu a miña dentadurae logo que comezo a falar,todas as miñas pezas móvensesen podelas eu parar.
Que será?
9.-Adiviña Adiviñador
Cen amigos teño,todos nunha táboa,si eu non os toco,eles no me falan.
Que será?
10.-Adiviña Adiviñador
Instrumento musical,cantarín e redondiño,que todos saben tocardo virtuoso ao borriquiñoe que resulta esencialsi cantas unha panxoliña.
Que será?
11.-Adiviña Adiviñador
Unha nena tontiloca,coa boca na barriga,e as tripas na boca.
Que será?
12.-Adiviña Adiviñador
Brazos con brazos,panza con panza,rascando no medio,xurde a danza.
Que será?
13.-Adiviña Adiviñador
Teño posto de honoren toda festa guajira:cando as miñas seis cordas pulsa,o campesiño inspírasee o seu cantar eu acompañocoa miña doce melodía,dende que comeza a festaata que despunta o día.
Que será?
14.-Adiviña Adiviñador
A pesares de non ser buqueteño cordas e atavíos,tamén teño unha forte ponte,A pesares que nunca vin un río.
Que será?
15.-Adiviña Adiviñador
Ráscanme continuamentede forma moi pracenteira,a miña voz é moi ben timbradae o meu corpo de madeira.
Que será?
16.-Adiviña Adiviñador
Podo ser alegre ou triste,segundo o que me toque esté.Con que me rasques as cordas,bo son emitirei.
Que será?
17.-Adiviña Adiviñador
Boas e sonorascordas teño;cando me rascan,á xente entreteño.
Que será?
18.-Adiviña Adiviñador
Oiríala tocar,pensa, medita, recorda.Que instrumento musicalnon ten máis que unha corda?
Que será?
19.-Adiviña Adiviñador
Coa súa gran bocae un só dentedende ao altochama á xente.
Que será?
20.-Adiviña Adiviñador
Entre parede e paredehai unha santa mullerque co dente chama á xente,coas moas ás mozuelas,cos colmillos aos chiquillos.
Que será?
21.-Adiviña Adiviñador
Dama con pendenteque toca rápidopara que a xentenon perda a misa.
Que será?
22.-Adiviña Adiviñador
Teño un son tan suave,que anxos tocan en min;as miñas cordas acompañaronaos salmos do rei David.
Que será?
23.-Adiviña Adiviñador
Son de madeira,teño un arco e non frecha.
Que será?
24.-Adiviña Adiviñador
Polas miñas veas corre o aire,Polos meus poros brota o sangue, O meu suspiro é un lamentoQue con el ti te deleitasaínda sin querer facerme dano.
Que será?
25.-Adiviña Adiviñador
Un circuliño moi redondiñoque cando lle pegasbrincas co susto.
Que será?
26.-Adiviña Adiviñador
Un ataude con denteslevanta a tapa sorrinte.
Que será?
27.-Adiviña Adiviñador
Ten unha plancha arrugada é un gran soprador,sentirás que moito ximesi lle tocas uns botóns.
Que será?
28.-Adiviña Adiviñador
É moi ruidosa e escandalosa. Toca nunha banda como unha revoltosa.
Que será?
SoluciónsNúmero 1: A música.Número 2: A zambomba.Número 3: O violín.Número 4: As teclas do piano.Número 5: O tambor.Número 6:O tambor.Número 7: O tambor.Número 8: O piano.Número 9: O piano.Número 10: A pandeireta.Número 11:A guitarra.Número 12: A guitarra.Número 13: A guitarra.Número 14: A guitarra.Número 15: A guitarra.Número 16: A guitarra.
Número 17: A guitarra.Número 18: A guitarra.Número 19: A campá.Número 20: A campá.Número 21: A campá.Número 22: O arpa.Número 23: O violín.Número 24: A frauta.Número 25: O tambor.Número 26: O piano.Número 27: O acordeón.Número 28: A guitarra eléctrica.
Fin
Recommended