Absurdos… ou non tanto:
Cando Alicia mira o reloxo do Sombreireiro Tolo, comproba que marca os días, pero non as horas. O
Sombreireiro respóndelle: E por que ía facelo?, O teu reloxo marca o ano no que estás? É tan válido un
reloxo que marque as horas como un que marque os días, as semanas ou os anos. Todo depende da escala
temporal que usemos.
A “Carreira do Caucus”, unha competición onde todos corren libremente, en distintos sentidos, e onde os participantes páranse cando queren. Isto
parece incomprensible, pero hai que entender que nós temos un sistema, por convenio, que indica que
todos teñen que correr nunha mesma dirección. Porque non ía ser igual de correcto para outros o
correr en calquera dirección?
No momento da súa publicación produciuse unha especie de cataclismo de risas e burlas. Non houbo
lector que non se desternillara e sentise que se estaba reflectindo algo que el coñecía. A pesar que as
maiores críticas ían dirixidas ao entorno da Raíña Vitoria, esta divertiuse tanto co libro que solicitou a
seguinte obra de Lewis Carroll. A súa sorpresa foi maiúscula cando comprobou que lle traían estudos
sobre álxebra e cousas parecidas.
En bioloxía evolutiva por exemplo, cando se fala das relacións hóspede-parásito, adóitase aludir á
hipótese da raíña vermella; "correr sempre para seguir no mesmo sitio", e é que un evoluciona para
facerse resistente ao parásito, que á súa vez evoluciona para ser máis parásito, e entón o hóspede
evoluciona para desfacerse del... evolucionar para quedar sempre no mesmo sitio...
IES Fernando Esquío Empedrón nº 16
Neda 15510 A Coruña
Visítanos na páxina: www.blogfesquio.blogspot.com
Nome e grupo ____________________________
Nome e grupo ____________________________
BOLETÍN DA BIBLIOTECA
Nº 38 CURSO 2011/12 ESPECIAL
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 Outubro: Día das Bibliotecas Escolares
Neste día queremos achegarnos ao autor de
“Alicia no país das marabillas”, ou do subsolo, como se chamou nun principio, Lewis Carroll.
Non só escribiu esta obra narrativa pero ao que máis se adicou na súa vida foi ás matemáticas,
de feito se lemos Alicia ao miúdo non só atopamos as peripecias dun coello con moita présa ou un gato que se fai invisible, tamén
asistimos a unha exposición que critica á sociedade e as súas tradicións, ademais dunha
presentación de teorías e xogos de lóxica.
Entra neste mundo de tolemia e disfruta!
Busca outr@ amig@ e participade por parellas nos concursos:
1. resolvendo o mate-enigma e o encrucillado,
2. si tes boa man ilustra un dos capítulos da obra…
Sempre hai premio!
Encrucillado
1 Raíña popular na historia 2 Gato da duquesa 3 Mes no que as lebres vólvense agresivas 4 Xogo popular no reino 5 Alicia atopa na casa o que o coello está a
buscar 6 Especia que provoca mal carácter na xente 7 Apelido real do autor 8 Premio que recibe Alicia tras a carreira 9 Animais empregados como bolas no xogo 10 Lugar onde Alicia cre que chegará ao caer
polo túnel 11 Apelido alcume do autor 12 Moeda valor do sombreiro 13 Animal xa extinto co que fala Alicia 14 Estraño aparello do que fuma a eiruga 15 Materia que aprendía o Grifo co mestre de
linguas clásicas
Mate-enigmas
Resolve estes enigmas empregando a túa audacia, non precisas a calculadora.
1. Cando Alicia está a tomar o té cos seus amigos, o Sombreireiro tolo saca un reloxo estragado e o arranxa con manteiga, pero que reloxo é o máis axeitado, o que non funciona ou ben o que atrasa dous minutos cada día? Razoa a túa resposta, cando marcan a hora correcta?
2. A Lebre lle pregunta a Alicia: cantas tortas podo comer coa barriga baleira? cantas comerías ti?
3. Cantas veces se pode restar 8 a 56?
4. Cando Alicia sae do mar de bágoas atopa unha praia chea de animais, e un deles estaba a debuxar na area cunha vara e pregúntalles: quen de vós pode debuxar os cadrados sen levantar o lapis?
e ti, poderías facelo?