manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 1 de 12
PT_v.01.04
Manual de usuario do
blog “Ler conta moito”
Elaborado por Oficina de Coordinación Web
PX
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 2 de 12
PT_v.01.04
Índice
1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................ 3
2. ACCESO AO XESTOR ............................................................................................................................ 4
3. PANEL DE NOVO ARTIGO ..................................................................................................................... 5
3.1. Contido do panel ......................................................................................................................... 5 3.2. Publicar e gardar borradores ...................................................................................................... 5
4. INTRODUCIR O TEXTO .......................................................................................................................... 6
4.1. Títulos ......................................................................................................................................... 6 4.2. Corpo do texto ............................................................................................................................ 6 4.3. Inserir ligazóns ............................................................................................................................ 7
5. INTRODUCIR IMAXES ............................................................................................................................ 8
5.1. Características das imaxes a engadir ......................................................................................... 8 5.2. Situar o cursor ............................................................................................................................. 8 5.3. Subir a imaxe .............................................................................................................................. 8 5.4. Cambiar os parámetros .............................................................................................................. 9
6. INTRODUCIR AS CATEGORÍAS .......................................................................................................... 10
7. PUBLICAR O ARTIGO ........................................................................................................................... 11
8. MODIFICACIÓNS NO ARTIGO ............................................................................................................. 12
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 3 de 12
PT_v.01.04
1. INTRODUCIÓN
O blog “Ler conta moito” está situado na páxina de blogs da Xunta de Galicia. O seu enderezo web é
http://blogs.xunta.es/lercontamoito. Está creado con Wordpress, un sistema de xestión de contidos moi
empregado para a creación de blogs.
Neste manual explicaremos como xestionar este blog. Vostede terá un nome de usuario e unha clave que
lle permitirá engadir un novo artigo e modificalo. Non poderá modificar outros elementos do blog (as
páxinas, o deseño...) nin modificar os artigos subidos por outras persoas.
Os artigos serán creados en lingua galega.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 4 de 12
PT_v.01.04
2. ACCESO AO XESTOR
Para acceder ao xestor, vaia ao seguinte enderezo:
https://blogs.xunta.es/lercontamoito/wp-admin
Introduza o nome de usuario/a e a clave facilitada e prema “Iniciar sesión”.
Atoparase co panel de xestión. Á esquerda ten o menú coas opcións de xestión. En principio só ten que
empregar o panel “Artigos”. Pase o rato por riba do botón “Artigos”: entre as opcións que se despregan,
prema “Engadir novo”.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 5 de 12
PT_v.01.04
3. PANEL DE NOVO ARTIGO
Neste panel ten os campos necesarios para introducir un novo artigo.
3.1. Contido do panel
O panel de “novo artigo” consta de tres columnas:
Na columna esquerda están as opcións para cambiar de panel e xestionar diferentes aspectos do
blog. En principio non é necesario usar máis que o panel “Artigos”.
Na columna central hai dous recadros e un botón:
1. Recadro para a inserción do título.
2. Botón “Engadir elementos multimedia”: para inserir fotografías
3. Recadro para o corpo do texto: con varias lapelas e con ferramentas de edición.
Na columna da dereita hai dous recadros:
4. Publicar: para gardar os borradores e publicar o artigo.
5. Categorías: para marcar as categorías do artigo.
3.2. Publicar e gardar borradores
Publicar será o último que teña que facer unha vez teña o artigo, pero é importante ir gardando borradores
para non perder información.
botón “Gardar como borrador” garda unha copia do que xa editou, sen amosala no blog. É
conveniente facelo cada pouco tempo para evitar perder información.
botón “Previsualizar” permítelle ver no blog como quedaría o artigo que vai publicar. Abre outra
xanela ou lapela. É conveniente previsualizar antes de publicar.
Ao premer o botón “Publicar”, o artigo amosarase publicamente no blog. Non se debe publicar ata
ter o artigo completamente rematado.
1
2
3
4
5
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 6 de 12
PT_v.01.04
4. INTRODUCIR O TEXTO
4.1. Título
Para iniciar a edición do texto, no recadro 1 escriba o título do artigo. Ten un formato predefinido: non se
pode usar negriña, subliñado nin cursiva.
4.2. Corpo do texto
O terceiro recadro está destinado a introducir o corpo do texto do artigo. Conta con dúas lapelas: “Visual”
e “Html”.
Por defecto está seleccionada “Visual”, o que significa que aí pode introducir o texto do artigo en galego.
O máis recomendable é que escriba aquí directamente o texto, empregando as ferramentas de formato
que se atopan no parte superior do recadro para engadir negriñas, cursivas, viñetas, axustes de liña etc.
Neste blog empregarase o axuste de liña á esquerda, que é o que aparece por defecto.
Tamén é posible darlle formato ao texto empregando os comandos do teclado ou con etiquetas html.
Unha opción alternativa é pegar un texto que xa ten escrito nun editor de textos do seu ordenador (Office,
por exemplo). Neste segundo caso, é necesario que elimine os seus formatos antes de pegalo
aquí, para que no blog non se mesturen diferentes tipografías, tamaños de letra, saltos de
parágrafo e símbolos estraños.
A maneira máis sinxela de eliminar os formatos é pegar o texto no programa “Bloc de notas” ou similar do
seu computador. Desta maneira quedará só o texto sen negriñas, cursivas, viñetas... Seleccione todo,
cópieo e pégueo agora, xa sen formato, no recadro do xestor do blog.
Unha vez que ten o texto pegado no recadro do xestor, pode editalo empregando as ferramentas do
editor.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 7 de 12
PT_v.01.04
4.3. Inserir ligazóns
Para inserir unha ligazón sobre unha
palabra ou frase, selecciónea. Aparecerán
definidos na barra de ferramentas un
símbolo con forma de cadea e outro con
forma de cadea rota que ata ese momento
estaban desactivados.
Ao premer no símbolo da cadea (o da
esquerda) abrirase unha xanela. Escriba o
enderezo da web de destino no recadro
“URL” e un texto breve que defina a
ligazón no recadro “Título”. Se a ligazón
leva a unha web diferente ao blog de Ler
conta moito, é recomendable activar a
opción “Abrir a ligazón noutra
xanela/lapela”.
Se quere eliminar unha ligazón xa creada,
seleccione a palabra ou frase e prema no
símbolo da cadea rota (o da dereita).
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 8 de 12
PT_v.01.04
5. INTRODUCIR IMAXES
Hai varias maneiras de inserir imaxes no artigo. Neste blog empregaremos o botón “Engadir elementos
multimedia”, situado xusto debaixo do recadro para o título en galego. Subiranse ao blog unha ou dúas
imaxes por artigo.
5.1. Características das imaxes a engadir
Polas características do blog, é conveniente engadir imaxes horizontais. Para facilitar a navegación non
deben ser demasiado pesadas. As imaxes mostraranse a 690 píxeles de ancho, polo que é recomendable
usar imaxes en formato JPG ou PNG que teñan ese tamaño ou lixeiramente superior.
5.2. Situar o cursor
O primeiro é situar o cursor no lugar do texto no que queremos engadir a imaxe. Neste blog subiranse
unha ou dúas imaxes: a primeira irá na parte superior, antes do texto. Para iso, hai que poñer o cursor na
primeira liña. Se quixésemos introducir unha segunda imaxe, faríamolo ao final do texto, poñendo o cursor
despois da última liña de texto.
5.3. Subir a imaxe
Unha vez situado o cursor, prema o botón “Engadir elementos multimedia”. Abrirase unha ventá
emerxente na que xa aparecen outras imaxes empregadas no blog. Se queremos usar unha desas
imaxes, hai que premer na que nos interesa. Se queremos usar unha imaxe nova cargada desde o
ordenador, hai que seleccionar a opción “Enviar ficheiros”.
Aparécenos unha nova pantalla á que podemos arrastrar desde o noso ordenador a imaxe que queremos
subir ao blog ou usar o botón “Seleccionar ficheiros” para buscar esa imaxe nas carpetas do noso
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 9 de 12
PT_v.01.04
ordenador. Unha vez seleccionada a imaxe, cárgase na “Biblioteca Multimedia” e aparece unha columna á
dereita cunha serie de parámetros que podemos cambiar.
5.4. Cambiar os parámetros
Debemos facer cambios nos seguintes campos:
Título: poñer un título breve e descritivo.
Texto alternativo: poñer un texto breve e descritivo, mostrarase se non é posible cargar a imaxe.
Pode ser o mesmo do título.
O campo “Lenda” debe deixarse baleiro. e no caso da “Descrición” non é necesario cubrilo.
En “Configuración da visualización do anexo”:
o Aliñación: deixar en “Ningún”
o Ligazón a: seleccionar “Ningún”
o Tamaño: seleccionar “Grande – 690 x ... (o alto que apareza aquí dependerá do alto da
foto orixinal)
Unha vez marcados estes parámetros, premer en “Inserir no artigo”.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 10 de 12
PT_v.01.04
6. INTRODUCIR AS CATEGORÍAS
Para que cada artigo se asocie cos artigos que falan de actividades da mesma tipoloxía ou para o mesmo
tipo de público, é necesario marcar as categorías. Aparecen na columna da dereita. Por defecto vén
marcado o xenérico “Actividades”. Hai que desmarcar este e marcar as que se correspondan segundo
dous criterios:
Tipo de actividade:
- Obradoiros creativos
- Narración oral
- Divulgación do coñecemento
- Audiovisual na biblioteca
- Actividades de dinamización con
música, teatro e danza
- Exposicións
- Itinerarios guiados
Tipo de público:
- Bebés: 0 a 3 anos
- Nenos e nenas
- Mocidade
- Persoas adultas
- Colectivos con necesidades especiais
No xestor de contidos non aparecen así diferenciados, senón ordenados alfabeticamente. O
recomendable é marcar unha categoría por tipo de actividade e outra por tipo de público, aínda que é
posible marcar máis categorías se é necesario.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 11 de 12
PT_v.01.04
7. PUBLICAR O ARTIGO
Como indicamos antes, é conveniente ir gardando borradores
antes de publicar un novo artigo. Unha vez que temos o artigo
rematado, prememos na columna dereita o botón “Previsualizar”,
que nos abre unha nova lapela ou xanela na que podemos ver
como quedaría o artigo no blog. Se está correcto, prememos o
botón “Publicar”. A partir dese momento está publicado no blog e
calquera persoa o pode ver.
manual_wordpress_lercontamoito_20130531_1idioma Páxina 12 de 12
PT_v.01.04
8. MODIFICACIÓNS NO ARTIGO
Se saímos do xestor e queremos facer modificacións no artigo (xa sexa cando aínda é borrador ou cando
xa está publicado), ten que volver entrar no xestor do blog (https://blogs.xunta.es/lercontamoito/wp-admin)
coas súas claves. Na columna esquerda, seleccione “Artigos” e en vez de “Engadir novo”, acceda a
“Todos os artigos”. Aí aparecerá unha listaxe con todos os artigos creados por vostede. Prema sobre o
título do artigo que queira modificar e accederá ao panel de xestión dese artigo, para cambiar os títulos,
as categorías, as imaxes, o texto etc. Cando estean feitas as modificacións, prema en “Gardar borrador”
ou “Publicar”, segundo sexa o caso.