BOLETÍN DO CENTRO DE ESTUDOS GALEGOS
DA UNIVERSIDADE DE GALES, BANGORNúmero 1, outono de 2007
Benvidos e benvidas! Estades
ante o primeiro boletín do Centro de
Estudos Galegos da Universidade de
Gales, Bangor. Unha pequena fonte de
información encamiñada a que o
estudantado e o mundo da investigación
interesado en Galicia e na súa lingua e
cultura estean ao tanto das actividades e
proxectos que desenvolvemos e
pulamos dende o País de Gales.
Quen somos?O Centro de Estudos Galegos da
Universidade de Gales, Bangor
comezou a funcionar durante o pasado
curso 2006-2007, integrado no
departamento de Modern Languages de
dita universidade. No seus primeiros
meses de actividade, leváronse a cabo
diferentes accións encamiñadas a
fomentar e alicerzar o espallamento dos
estudos galegos no estranxeiro e,
concretamente, no Reino Unido. A
pesar de que este foi o seu ano
inaugural, o Centro funcionou como un
activo punto de encontro entre
estudantes e investigadores interesados
en Galicia e na súa cultura. Por todo
isto, este boletín quere ser o primeiro
dunha serie de periodicidade anual na
que se recollerán os diferentes eventos,
congresos ou encontros pulados e
proxectados dende o Centro de Estudos
Galegos de Bangor. Ao longo das
seguintes páxinas, inciaremos unha
viaxe polos actos que ocuparon a nosa
actividade durante esta xeira inicial: a
inauguración do Centro, apadriñado
polo profesor da universidade de
Glamorgan Sharif Gemie e pola artista e
experta en música tradicional Mercedes
Peón; o simposio “Less Widely Taught
Languages in the UK”, realizado
conxuntamente con CILT CYMRU; e a
participación do escritor Xurxo
Borrazás no Festival Eisteddfod. Mais
1
tampouco esqueceremos o que está por
vir, os actos programados para os
vindeiros meses. Da mesma maneira,
aproveitaremos para dar conta da
experiencia aprendendo galego en
Santiago de Compostela dunha das
alumnas do departamento de Modern
Languages.
Comezando o camiño: 1 de
novembro de 2006O 1 de novembro de 2006 foi sen
dúbida unha data singular para o Centro
de Estudos Galegos de Bangor, xa que
ese día comezou simbolicamente a súa
andaina. O acto consistiu,
primeiramente, nunha conferencia do
Doutor Sharif Gemie, da Universidade
de Glamorgan, titulada “Late
Nationalism in Contemporary Galicia:
Identity, Gender, and the Music of
Mercedes Peón”.
Nela, Gemie propuxo un achegamento á
historia da música popular galega dos
últimos anos centrádose nos traballos
discográficos dalgún dos grupos máis
relevantes de onte e hoxe. A través dos
sons de Fía na Roca, Berrogüeto,
Milladoiro, Luar na Lubre e, por
suposto, Mercedes Peón, Gemie visitou
as diferentes etapas coas que o
movemento nacionalista contou en
Galicia e reflexionou sobre o distinto
emprego da tradición musical en cada
unha delas.
2
Ás súas palabras poría despois imaxes e
sons Mercedes Peón, que nos acercou
“O son da nosa memoria” nunha
intervención en que as melodías tiveron
tanta importancia coma as palabras. O
público presente puido así gozar tanto
co canto e co estourido da pandeireta,
coma dunha demorada explicación da
rica tradición musical galega.
Peón tampouco desaproveitou a
oportunidade de reivindicar tanto a
existencia, dende ben antigo, de
mulleres gaiteiras, coma a necesidade
de que nas escolas do país se mergulle
ao alumnado na música de noso.
Reflexionando sobre o ensino de
linguas minorizadas: “Less
widely taught languages in the
UK”O 20 de xuño de 2007 o Centro de
Estudos Galegos da Universidade de
Gales, Bangor, en colaboración con
CILT Cymru e o Subject Centre for
Languages, Linguistics and Area
Studies, organizou un simposio arredor
das linguas menos ensinadas no Reino
Unido. Nel déronse cita diversos
expertos que, logo de facer un conciso
estado da cuestión sobre o idioma en
que traballan, reflexionaron en torno ás
dificultades, vantaxes e proxeccións de
futuro coas que contan estas linguas.
Interveu primeiramente, cunha breve
introdución ao tema centrándose no
caso galego, a Dra. Helena Miguélez-
Carballeira, directora do Centro de
Estudos Galegos e da Sección de
Español da Universidade de Gales,
Bangor. En segundo lugar, Dr. Antonio
Ibarz, da Universidade de Sheffield,
centrouse na súa experiencia de ensino
de lingua catalá no Institute for Lifelong
Learning de dita institución cun
achegamento titulado: “Towards
blended learning in LWTL?: an
experience of adults learning Catalan in
the UK”.
3
A continuación, Nagore Tolosa-Ustoa, a
profesora de euskera da universidade de
Birmingham (ata o de agora o único
centro de ensino superior do Reino
Unido en que se pode cursar este
idioma), centrouse en facer chegar aos
participantes no simposio as
particularidades sociolingüísticas da
lingua que imparte, namentres tamén
prestou unha especial atención á
escaseza de materiais dispoñíbeis para
tal fin. Deseguido, a quenda foi para o
Dr. Akin Oyètádé, director da School of
Oriental and African Studies da
universidade de Londres. Oyètádé
orientou a súa disertación na
aprendizaxe do ioruba, feito que quixo
encadrar relatando cal é a situación dos
inmigrantes nixerianos na capital do
Reino Unido.
Por último, Eugene Mckendry, director
do Northern Ireland CILT, explicou o
proxecto CRAMLAP, encamiñado
centrado na investigación de linguas
minoritorarias alén das súas fronteiras
nacionais. As intervencións dos catro
falantes deron lugar a unha mesa
redonda na que o público asistente
interaccionou cos mesmos, poñendo en
común as propias experiencias e
debatendo algúns dos temas propostos
con anterioridade.
Proxectándonos cara a Gales: a
presenza galega no último
Festival EisteddfodA comezos do pasado agosto celebrouse
na vila de Mold o xa mítico Festival
anual Eisteddfod, cita anual ineludíbel
da cultura galesa. O Centro de Estudos
Galegos da Universidade de Gales,
Bangor, quixo estar presente no grande
acto da man do escritor e tradutor
Xurxo Borrazás, quen o 6 de agosto
achegou unha breve conferencia
centrada na historia da lingua e da
literatura galegas. As palabras de
Borrazás, pronunciadas en galego, foron
traducidas directamente ao galés. A
continuación, o público presente puido
dirixirse ao escritor para formularlle as
cuestións que considerase oportunas.
4
Os primeiros falares con acento
estranxeiroAo longo de todo o curso académico,
polos corredores da Escola de Linguas
Modernas da Universidade de Gales,
Bangor, comezaron a poder escoitarse
as primeiras palabras en galego,
resultado das clases de lingua
impartidas neses meses. Non obstante, a
experiencia de Krisztina Hamori, unha
das nosas alumnas, no curso de verán
organizado pola Universidade de
Santiago de Compostela e o Instituto da
Lingua Galega, propiciou que por
primeira vez unha estudante de Bangor
se desenvolvese en galego con absoluta
fluidez.
Fotografía da catedral de Santiago tomada pola
propia Krisztina.
Ela mesma cóntanos a súa experiencia:
“Durante o meu primeiro ano estudando
castelán, tiven a oportunidade de pedir
unha bolsa para aprender galego. Fun
moi afortunada ao recibila e aprender
así unha lingua menos coñecida, pero
moi bonita. O curso gustoume moito
porque non só aprendín outra lingua e
unha nova cultura, historia e xeografia,
senón que tamén puiden coñecer a xente
de todo o mundo. Gustoume que todos
falásemos a mesma lingua anque non
fose a nosa lingua materna. Todos os
sábados leváronnos de excursión, nas
que puidemos descubrir a marabillosa
Galiza. Galiza ten unha natureza moi
bonita, hai montes, outeiros, ríos,
bosques e sobre todo, mar. O máis
divertido é que eu non sabía que podía
chover tanto en España. Teño que
mencionar tamén o riquísima que está a
comida e o agarimosa que é a xente. O
ano que vén, vou continuar aprendendo
galego na universidade porque quero
5
falalo moi ben. Recoméndolles ás
persoas ás que lle gusta estudar linguas
pouco coñecidas estudar galego. Espero
poder volver o próximo verán.”
Krisztina, na fila de enriba, segunda pola
esquerda, co seu grupo do curso.
O que está por virAgora que xa coñeces algúns dos actos
que ocuparon a nosa actividade durante
o último período académico, queremos
que sexas partícipe das actividades que
terán lugar no Centro de Estudos
Galegos da Universidade de Gales,
Bangor. O curso que comeza vén
marcado por tres econtros en que a
literatura e a tradución teñen un papel
senlleiro. O próximo 24 de outubro de
2007 a poeta e tradutora Erin Moure
disertará sobre a súa experiencia
traducindo a Chus Pato. A conferencia,
que se celebrará na sala Tricolore da
Escola de Linguas Modernas, virá
seguida dun recital poético da propia
Chus Pato, quen lerá os seus poemas en
versión bilingüe.
Por outro lado, o vindeiro febreiro a
poeta e académica María do Cebreiro
Rábade Villar inaugurará a Residencia
de Escritores, un proxecto do Centro
de Estudos Galegos de Gales
encamiñado a que o estudantado e os
investigadores da zona teñan contacto
cunha escritora ou un escritor
representativo da mellor literatura
galega contemporánea. Este 2008 é a
quenda de María do Cebreiro, a quen
esperamos ter axiña por estas terras.
Seguidamente, o mes de marzo,
concretamente os días 18, 19 e 20,
traerá o primeiro congreso
internacional organizado dende o
Centro de Estudos Galegos de Gales (en
colaboración coa Universidade de
Liverpool), que leva por título “Saíndo
da nación?: máis alá do nacional na
produción galega contemporánea”.
Este encontro entre xentes
especializadas nos estudos galegos
procura ser un activo foro de diálogo
aberto a todo tipo de propostas e a
investigadoras e investigadores de todos
os lugares do mundo. Para obter máis
información sobre o mesmo, preme en
http://www.bangor.ac.uk/ml/galician/C
FP_Galician.php
No segundo boletín daremos cumprida
conta de todas estas actividades, aínda
6
que o mellor é que procures non
perdelas! Esperámoste no País de Gales.
7