DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as
ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre
máis de catro millóns de documentos. Este portal alóxase na Universidade
da Rioja, pero a base de datos é alimentada por bibliotecas universitarias
españolas e iberoamericanas, bibliotecas públicas e outras institucións,
conformando un amplo marco de cooperación bibliotecaria.
Se queres saber máis desta fonte de información en canto a produtos
e servizos, consulta: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/plus
INSTRUCIONS PARA ACCEDER E UTILIZAR DIALNET. Le atentamente esta
información e segue os pasos para usar a base de datos con eficacia.
Podes acceder a esta base de datos desde:
o a súa páxina web http://dialnet.unirioja.es/
o a web da BUSC, entrando en reBUSCa e buscando por bases
de datos
o Google, buscando directamente por “Dialnet”
o este documento
Vas ter que utilizar moito esta base de datos ao longo dos teus estudos, polo que é mellor que te rexistres na súa plataforma para ter acceso a todos os seus produtos e servizos.
PANTALLA PRINCIPAL
O primeiro paso é, como dicimos, “Rexistrarse”. Despregarase un
formulario que terás que cumprimentar.
Cómpre que te rexistres co teu correo electrónico da USC, xa que o dominio @rai.usc.es é o que Dialnet recoñecerá como autorizado para empregar todos os seus produtos e servizos.
Cando esteas rexistrado, entra na base de datos sempre co teu nome de usuario e contrasinal para que che identifique. Isto pódelo facer tanto desde os equipos da rede interna da USC como desde a túa casa, sempre e cando te rexistraras có enderezo electrónico institucional que che da a USC.
COMO FACER BUSCAS E LOCALIZAR DOCUMENTOS
Unha vez rexistrado, cando entres en Dialnet co teu usuario USC verás
que, na marxe dereita, aparecerá o teu nome e o logo da USC. Comproba
que é así, xa que se non te identifica non poderás optar aos servizos de
Dialnet Plus.
Como exemplo de busca imos formular a seguinte cuestión: queremos
atopar documentos sobre a “emigración en Galicia nos últimos 10 anos”,
e interésannos só artigos de revistas.
Podemos formular a busca xa a pantalla inicial, pero para que resulte máis
eficaz, premeremos a opción Buscar no menú superior
Abrirase a seguinte pantalla cun menú despregable:
Utilizamos na busca dous termos simples que resultan da
“conceptualización” do tema: “emigración” e “Galicia”. Formulamos a
busca escribindo os dous termos ligados polo operador booleano “Y”, e
prememos
O resultado é de 57
documentos atopados, que
podemos organizar por
relevancia (importantes) ou
por data de publicación (os
máis recentes).
BUSCAR
Escribimos na caixa “Contiene las palabras”: emigración y Galicia
Marcamos a opción: artigos de revista
E na caixa “Publicados entre”: as datas que interesan, os últimos 10 anos, 2005 e 2015.
Pero aínda podes afinar máis a busca utilizando as opcións do menú da
esquerda (Filtros). Por exemplo imos a sinalizar que queremos artigos a
texto completo.
Que máis podes facer?
É tamén moi interesante a opción de gardar os rexistros que che
interesen. Para iso, sinalaremos os artigos destacados e premeremos en:
Gardar a busca. O seguinte paso é darlle un nome a busca e gardala.
Navega por todas as posibilidades que che ofrecen estes filtros para facer as buscas mais pertinentes.
O resultado é de 43 artigos a texto completo
Para visualizar as referencias gardadas (que no noso exemplo son dúas),
deberemos premer no menú da dereita “Selección”. Desde esta pantalla
podes achegar as referencias ao teu enderezo electrónico ou exportalas
ao teu xestor bibliográfico.
Antes de gardar as referencias ou descargar os artigos a texto completo, é
recomendable que mires o resumo para, así, asegurarte da súa
pertinencia e adaptación á túa necesidade de información. Se o artigo
resulta pertinente, preme en “Texto completo”. Abrirase un Pdf que
podes gardar ou imprimir.
E importante tamén que analices a “referencia bibliográfica” para ver de
que publicación procede o artigo. Ten en conta que, aínda que podas
acceder á versión electrónica do artigo, a meirande parte das veces
procede dunha publicación impresa.
Lembra que a mellor forma de aprender a utilizar esta base de datos é
practicando. Si navegas por este portal descubrirás todas as súas
posibilidades, que seguro che serán de moita utilidade!!!
Desde aquí podes acceder ao resumo e ao texto completo dos artigos