Transcript
Page 1: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ naceu no Carballiño no 1955. Desenvolve un grande labor a nivel audiovisual, algo que compaxina tamén co seu labor literario. Tras gañar o “Premio de novela Manuel García Barros” da Estrada coa obra Un nicho para Marilyn encetou unha saga co personaxe principal da mesma chamado Frank Soutelo con varias obras narrativas até a última onde actúa este personaxe titulada Bícame, Frank.

Foto de María Carrera

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 2: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Tocoume, certo, o final da ditadura cando estaba a estudar na Escola de Formación do Profesorado de Ourense, e lembro aqueles anos como convulsos, pero tamén intensos, nunha fervenza cultural que a mocidade viviamos con verdadeira paixón e ilusión. Ao tempo, na miña vila, no Carballiño, xa estaba a colaborar co “Cine club Carballiño”, do que sería presidente con apenas 22 anos e desde onde fixemos numerosas actividades a prol da cultura audiovisual, da normalización cinematográfica e xa desde o os primeiros 80, coas Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (XOCIVIGA), das que sairían moitas propostas fundacionais no audiovisual galego. Pero daqueles anos mozos gardo o recordo de estar metido en moitas actividades con outros compañeiros: cine, teatro, recitais, mesmo a cousa deportiva… E sobre todo, moita lectura. Comecei a ler sobre cine moi cedo, pero tamén aos clásicos na biblioteca municipal do Carballiño. Así e todo, pese a que os profesores me insistían en que debería dedicarme a escribir, non o fixen ata moitos anos despois. E comecei precisamente facendo crítica de cine no xornal “La Voz de Galicia”, na edición de Ourense, tamén con vinte e poucos anos, 22 ou 23...

Miguel Anxo Fernández

1. Como lembra aqueles anos de xuventude e o seu paso á Universidade naqueles convulsos anos de fins da ditadura? Até que punto estas experiencias foron o xermolo dalgunha súa obra literaria ou simplemente un referente?

2. Choca un chisco que primeiro Vostede estudase a carreira de Historia da Arte para despois se diplomar en “Comunicación e xornalismo”. Cando se decatou do seu interese por esta segunda especialidade e que foi o que o levou a iso?

Realmente comecei primeiro por Profesorado de E.X.B. na rama de Ciencias Sociais, que leva asociada a Historia e mais a Arte, dúas disciplinas das que me sinto moi debedor e que sempre me interesaron moito. Ao rematar a de Profesorado, marchei para Santiago para facer unha cousa que se chamaba “curso de adaptación” e que che permitía, despois dun ano, pasar a 4º de carreira (daquela duraban cinco anos…). Mentres fixen o citado curso, preparei oposicións a profesor de E.X.B., con tan boa sorte que as saquei na primeira convocatoria. Iso obrigoume a incorporarme a un destino e houben de pospór o remate de Historia da Arte, que non chegaría ata comezos dos 90. De seguido fixen o que se chaman estudios de Terceiro Ciclo e escollín “Comunicación e Xornalismo” porque son dous campos aos que me sinto moi vinculado. Iso permitiume dar o salto a profesor da Universidade de Vigo, en Comunicación Audiovisual, coa Tese de doutoramento a piques de ser lida. Arte, Cine, Comunicación e Xornalismo, son disciplinas vinculadas e case transversais …

3. Vostede busca caracterizar as súas novelas polo ritmo da acción e a capacidade visual do texto, unha influencia directa do cine. Que outros aspectos considera “salpicados” polos seus amplos coñecementos cinematográficos?

Unha cousa é o que eu pretenda ou intente, e outra ben diferente a opinión do lector, pois moitas veces o autor non é consciente de ter esta ou aquela influencia. Din que si, que o cine afecta moito á miña escrita. Debo recoñecer que escribo desde a experiencia vital e ao longo da miña vida levo visto centos, miles de películas. Supoño que iso nótase no ritmo, na estrutura (concibo os capítulos como secuencias…), no deseño dos personaxes e mais nos diálogos. Imaxino que todo iso vén do cine, pero tamén admito que busco unha comunicación directa e efectiva co lector. Entendo que sen comunicación, só hai fracaso por parte do escritor…

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 3: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Como todos os nenos dos anos 60, eu xa lera a Sherlock Holmes e tamén me interesaba o cine de suspense na medida que podía interesar a un neno, pero no servizo militar (que, en efecto, era unha perda de tempo a todos os niveis, agás a oportunidade de convivir con xente chegada doutros lugares do Estado) comecei a interesarme pola novela policial porque fixen amizade cun recruta de Madrid, algo maior ca min (daquela xa profesor na Complutense e un apaixonado do cómic clásico) e con outro mozo catalán (xa profesor de instituto e poeta, moi posto na novela negra). Eu aportaba o cine (pois aínda estando na mili en Sevilla, seguía presidindo o “Cine club Carballiño), José Antonio o cómic, e Tom a novela negra. Conversabamos moito (outra cousa boa da mili, tempo abondo para falar…). Os domingos tiñamos o día libre e iamos a un mercadiño de libros de segunda man, no que mercabamos moitos exemplares. Foi aí cando me acheguei á novela negra norteamericana, sobre todo nunha colección que tiña Bruguera, e na que estaban Chandler, Hammett, McDonald, Highsmith, Thompson, Cain, o francés Boris Vian, tamén o belga Simenon. Moito lin naqueles meses (en novelas que, por certo, aínda conservo…). Pero superada aquela etapa militar, regresei ao activismo cinematográfico, e non sería ata finais dos 90, cando volvín a ler, sobre todo aos europeos: Mankell, Sciascia, Camilleri, Márkaris… E así, ata hoxe.

Miguel Anxo Fernández

4. Vostede considera o tempo que estivo no servizo militar unha “perda de tempo espectacular”, mais foi nesa etapa da súa vida onde espertou o seu interese pola novela negra. Cóntenos un pouco máis sobre como foi a primeira toma de contacto con este xénero tan de moda agora

Con Carlos Velo (e Luis Álvarez Pousa, no medio), nas Xociviga do Carballiño, en 1985.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 4: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández

5. No 90 comeza en vostede a coller forza a idea de crear unha novela negra na que o protagonista fose unha personaxe fóra do común. Á parte desa característica sorna galega e a chulería americana tan características de Frank, que outros aspectos o diferencian doutros detectives da literatura como Sherlock Holmes ou o inspector galego Leo Caldas?

Recoñezo que, pode que cun aquel de soberbia, me encirrei en dar cun personaxe que fose diferente aos outros. Non quería caer nos tópicos (aínda que finalmente sexa inevitable caer neles…), e procurei argallar un detective que mesturase as maneiras norteamericanas filtradas polo cine e a literatura, coas da retranca galega. Dáse a casualidade de que a miña madriña é norteamericana, filla dunha galega de Vigo e dun galego de Punxín, en Ourense. Madriña que agora con 80 anos aínda segue a visitar Galicia ano a ano. Sempre me chamou a atención a súa maneira de vivir tan norteamericana (naceu en Nova York), e a súa querenza pola terra dos seus pais. Semella unha galega máis. Foi así como saquei moitos trazos, pasando, claro, por un cambio de sexo. Frank Soutelo resolve moitos dos seus casos cun aquel de casualidade e por ter escollido bos colaboradores. Non é necesariamente un chispa, só que é intuitivo e as máis das veces adiántase ás cousas. Foi policía, estivo na guerra do Vietnam, en fin, viviu abondo como para afrontarse aos casos con certa posibilidade de éxito.

6. Actualmente a novela negra é un dos xéneros emerxentes que está a marcar o mercado literario. Porén, cre que este incremento de produción literaria vai ligado a unha boa calidade artística? Calquera pode escribir neste momento sobre detectives, asasinatos, armas do crime,...?

Recoñezo que a novela policial está de moda e que realmente nunca deixou de interesar aos lectores. Hainos moi fieis a todas as novidades que saen do prelo. Iso provoca que se estenda a idea do éxito e moi poucos escritores se resisten a achegarse ao xénero. Non me corresponde xulgalos, pois sería de pésimo gusto … Pero se me poño a carón do lector e deixo no colgadoiro a miña vertente de escritor, atopo que a calidade non sempre existe. En parte porque entendo que a novela policial require de moita observación, moita conversa coa xente e moito coñecemento da sociedade real. Pecharse no teu estudo e comezar a darlle ao teclado confiando só na túa imaxinación, pode que a algún lle resulte, pero no meu caso teño claro que primeiro busco unha boa historia (e sobre todo un bo remate), poñamos que a estrutura do edificio, e despois vou levantando panos e paredes nos que colgo a fala da xente común, a vida cotiá, o lado escuro que todos temos… Non deixo tamén de utilizar recursos do cine en canto ao discurso narrativo, de maneira que ideo os capítulos como secuencias, visto aos personaxes con atributos que beben moito do cine…

Na presentación de SEMPRE XONXA con Chano Piñeiro en Vigo, en novembro de 1989.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 5: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Esa novela fora rexeitada previamente por unha editora galega polo seu contido necrófilo. O editor non lle vía cabida na idea de que os lectores galegos están nos institutos, e seica era un tema forte para eles... Non foi quen de atopar a carga irónica que destilaba o personaxe, a moita carga cinéfila que se agachaba nas súas páxinas. Pasara a lela a algunha xente amiga que a atopara divertida e foi así como decidín presentala ao premio. A sorpresa foi grande, pero sei que tampouco o xurado fora unánime, pois algún dos seus membros compartían a idea daquel primeiro editor. Cos anos converteuse nunha referencia no xénero policial, aínda que recoñezo os meus desexos de reescribila. Quizais agora me sinta mellor capacitado para redondeala doutra maneira. En todo caso, doce anos despois aínda segue a gañar lectores, e iso, para alguén que non vive da literatura e só aspira a satisfacer aos lectores, é un grande premio. Naturalmente, o premio garantiu a supervivencia de Frank.

Miguel Anxo Fernández

7. Un nicho para Marilyn, co que gañou o “Premio de Novela Manuel García Barros”, marcou o punto de partida para o seu detective Frank Soutelo. Foi o feito de ser premiado o que o decidiu pola novela negra ou ben o seu amor polo cinema?

8. Chama a atención que un autor coma Vostede tan amante da imaxe, da posta en escena... aínda non se estrease publicando algunha peza teatral...

Por momentos penso niso, si. Hai algún relato de Capitol, última sesión que me gustaría converter en peza teatral, pero sería un atrevemento pola miña parte e unha falta de respecto para a dramaturxia. Guión si, teño un escrito sobre outro relato de “O sabre do francés”, pero dorme nun caixón.

9. Dixo Vostede que “Frank é o policía xusticeiro que un non pode ser normalmente, pero si ten a oportunidade de transformarse nel cando escribe”. Que ten Frank Soutelo de Miguel Anxo Fernández e á inversa?

Quen me coñece ben dime que cando le a Frank Soutelo non pode deixar de imaxinarse que son eu metido no personaxe. Excesivo. Nada teño de Frank máis alá dos rexistros da fala. Moitas das expresións de Frank, son miñas, pero iso é inevitable. Narra en primeira persoa e quen escribe as verbas son eu, pero máis alá diso, nada temos en común. Non me gusta a violencia, as armas, en fin…

Recibindo o premio Manuel García Barros de novela, 2002.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 6: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández

10. Ten falado Vostede das circunstancias que o levaron a ler e ir ao cine... Que influxo tiveron esas circunstancias na súa obra literaria futura e no seu futuro profesional e persoal?

De neno era moi introvertido e procuraba refuxio na lectura e no cine. A miña avidez cinéfila era moi insólita nos nenos do meu tempo. E foi medrando, pero sempre no plano da teórica. Despois chegou o “Cine club Carballiño”, no que ingresei con 20 anos. Dous anos despois xa o presidía e xa facía crítica en “La Voz de Galicia”, na súa delegación de Ourense. Mentres a miña profesión era a de mestre, a miña paixón era o c i n e , c u n a q u e l d e m i t o m a n í a : coleccionada programiñas de man, carteis de cine, fotocromos, mercaba revistas de cine… Iso foime levando a unha especialización sempre secundaria en canto a que non era a miña profesión, como tampouco é agora, claro. Sigo mirando moito cine, escribindo de cine, coleccionando, en fin. A miña colección de carteis de cine ben pode pasar dos 30.000…

Con Antonio Durán Morris e o director Ángel de la Cruz, caracterizado de crego para OS MORTOS VAN ÁS PRESAS, filme de 2009.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 7: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández

11. Vostede dixo que é importante para un escritor contar co apoio das editoriais e do comercio, mais tamén é consciente da dificultade que teñen os autores galegos para facerse visibles. Que consello lle daría vostede a eses escritores tímidos que buscan dar a coñecer as súas obras?

12. E claro, non podiamos deixar de lle preguntar para cando se encontrarán no camiño as súas grandes actividades: a literatura e o cinema. Para cando Frank Soutelo nas pantallas do cinema?

Levo moi mal cando algún autor novo se achega a min pedíndome axuda para publicar. Por impotencia propia, porque non teño maneira de axudalos. Recoñezo que a min iso veume dado, grazas sobre todo á miña vinculación ao medio audiovisual, e a ter unha certa sona como crítico de cine no xornal “La Voz de Galicia”. Para máis coñecía a moitos editores, pero nunca se me dera por facer ficción. E cando chegou a oportunidade, fun directamente a Galaxia e a Carlos Casares, a través de Damián Villalaín, daquela o director editorial. E así saíu o primeiro libro, os relatos históricos de O sabre do francés. O resto veu dado… Consello? Que escriban moito, que o dean a ler, que insistan diante das editoriais. Isto cambiou moito. Agora as redes sociais e a autoedición, permite que se poida editar a baixo custe e darlle moita difusión. Pero sendo conscientes de que o nivel de lectura baixou, pois é moi preocupante entre a xente nova. Despois está o comercio, a promoción. Se non te promocionas, o teu libro non existe. Se non existe, non se merca. Se non se merca, a editorial non che editará o seguinte libro…

Recoñezo que me gustaría. Están vendidos os dereitos de Lume de cobiza a unha produtora que deu en dificultades… Co cal, mal asunto. En principio, mentres haxa saúde, haberá Frank Soutelo para máis novelas. O primeiro paso será dar o salto a outras linguas, e iso fai máis doadas posibles adaptacións audiovisuais, sexa para cine ou para televisión. Pero tamén niso andamos frouxos. Carecemos de axentes literarios. Por veces penso que outro galo cantaría na literatura galega se as súas obras se coñecesen noutras linguas. Hai moito por facer.

No acto do 25 aniversario da creación do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 8: Entrevista Miguel Anxo Fernández

14. Supoñemos que todo premio supón unha fonda gratificación persoal, pero con cales se sente máis a gusto, cos literarios ou cos cinematográficos?

Miguel Anxo Fernández

Os premios danme moito apuro porque te sinalan e eu síntome moi cómodo co anonimato. Sempre penso que son inmerecidos, non teño a sensación de ter feito nada para ser premiado. E, claro, quéroos a todos por igual porque creo na xente a na súa boa vontade cando os concede. Quen premia está convencido de acertar e sería de moi mal gusto, decepcionalos. Pásoo fatal cando teño que recollelos porque sempre penso que calquera mereceríao mellor ca min.

13. O espido de Gina supón un descanso para Frank ou é que preferiu voltar ás lembranzas de infancia e de pasaxes posteriores?

Esa novela era algo que quería facer porque é unha homenaxe a tempos idos. Sei que non se tería editado de non ter eu un nome un chisco asentado no panorama editorial galego. Pero quería facela, cunha estrutura clásica e unhas maneiras tradicionais, na idea de que os anos a respectarán. Estoulle moi agradecido a esa novela, que por certo acadou unha unanimidade crítica que me sorprendeu gratamente. En canto a Frank, non descansa. O que penso é que o lector necesita perder de vista a Frank durante un tempo…

15. Finalmente, non cre Vostede que na CRTVG, da que ten sido asesor, non está na actualidade a promocionar debidamente o cinema?

Ufff… Hai moito tempo diso. Aquela TVG dos 80, apoiaba ao cinema clásico, pero agora todas as televisións (agás caso moi puntuais) deixaron de lado a emisión de boas películas de referencia na historia do Cine, sobre todo para servilas aos novos espectadores. Unha mágoa. Con todo, cómpre considerar o grande paradoxo de que de non ser pola Televisión de Galicia, o audiovisual galego apenas existiría, pois son a primeira produtora do país.

Moitas grazas por nos respostar a estas nosas inquedanzas xuvenís.

O agradecido son eu, e aquí regreso ao dito sobre os premios. Que un grupo de alumnos me pidan unha entrevista xa é un premio, pois non me sinto merecente de tal atención. Así que moitas grazas a vós.

No programa GALICIA NO CINE, na TVG, 1987, conversando con Manuel Abad.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 9: Entrevista Miguel Anxo Fernández

CUESTIONARIO

Con outr@s gañador@s do Premio de Novela Manuel García Barros na Cidade da Cultura

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 10: Entrevista Miguel Anxo Fernández

O “Guern

ika”, de

Picasso.

Un monumento

salientábel?

“Ilustrísima”, de

Carlos Casares.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Dos galegos pode que o Mestre Mateo, dos estranxeiros non

sabería dar cun en concreto.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Agora mesmo o

grego P

etros

Markaris e a súa serie

con policía

Kostas Jaritos.Un/ha autor/

-a e unha obra lit

eraria

estranxeiro

s?

Cada vez máis con Don Quixote.

Un personaxe literario co que se

identifique?

A vida mesma, os amigos, a

conversa…

Cal é a súa fonte de inspiración

Esa pregunta é como aquela de a quen queres

máis, a nai ou o pai… Diriavos moitas. Prefiro

calar… por amor.

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

Son moi simple. Quédome co clásico Aristófanes e “As

nubes”.

viernes 5 de diciembre de 2014

Page 11: Entrevista Miguel Anxo Fernández

Un soño que xa sei imposible:

xuntar nunha única

biblioteca os miles de libros

que teño dispersos por varios

lugares.

Un anceio por

realizar?

Rural, vilego. Máis que praia, mar. Máis que

montaña, monte.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Galicia é un paraíso integral, pero se me pedides unha cidade:

París e Roma.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Máis que feito, a

Grecia clásica.

Un feito histórico?

Ter a miña propia sala

privada de cine, cousa

que xa sei imposible…

Unha utopía?

Calquera se o libro é bo.

Un lugar axeitado para a lectura?

Vivaldi e “As catro estacións”. En canto a canción, hai varias e moi variados estilos. Son un melómano moi ecléctivo.

Un tipo de música? Unha canción?

Confeso que nunha reparei niso e calquera que fose a resposta,

soaría falsa.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Cae de caixón: cine, cine, cine...

Outro entretemento ademais da lectura?

viernes 5 de diciembre de 2014