Transcript
Page 1: Escola de Rugby do Muralla Rugby Club

www.murallarugby.com

Máis información: Muralla Rugby Club Lugo

Jesús Parga: tel 679 955 178 Noé López : tel 657 026 253

www.murallarugby.com

Únete a nós no Facebook: Muralla Rugby Club Lugo

Escola de Rugby Muralla RC

O teu decálogo:

1) O rugby forxa persoas para a vida

2) O adestramento é a máis decisiva das probas

3) Respeta a norma, darache sentido e claridade no xogo

4) Honra ao contrario, non é un enimigo, é un compañeiro de xogo.

5) Que predomine en ti o sentido de equipo, os seus intereses están por enriba do lucimento persoal

6) O xogo limpo digni�ca, o suxo envilece

7) Que te coñezan máis polo teu comportamento que polas victorias que acades

8) Ao �nalizar os partidos saúda aos contrarios e xuíces.

9) Que o honor e a nobleza sexan o teu estilo na práctica deportiva.

10) Sé o dono de ti mesmo

Escola de Rugby Muralla RC

Page 2: Escola de Rugby do Muralla Rugby Club

Un pouco de historia...

O deporte do rugby en Lugo comeza a ter notable presenza a principios dos anos 80, da man de Manuel Miranda. Foi este un dos fundadores e principais impulsores do Xabarín Rugby Club, equipo que chegou a constituirse coma o referente deste deporte en Galicia. Ao longo de pouco máis dunha década, o Xabarín chega a competir en División Nacional, concretamente na temporada 1989-90, quedándose a un paso de chegar a militar en División de Honor e en 1993 chega á �nal da Copa F.E.R. (Federación Española de Rugby) perdendo �nalmente contra o Universidad de Sevilla.

Casi ao mesmo tempo, en 1986, alumnos da ‘Escuela Universita-ria de Ingeniería Técnica Agrícola’ de Lugo, encabezados polos irmáns Antonio e Pablo Pedregal, fundan no campus lucense, o denominado EUITA Rugby Club.

O rugby é, e foi sempre un referente no mundo universitario. Toda universidade que se precie conta co seu equipo de rugby: Salamanca, Complutense, Pamplona, Valencia, Sevilla, etc.

O EUITA sumouse no seu día a esta tradición universitaria, chegando a �nais dos 90 a ser o equipo representante do Campus de Lugo e incluso da propia Universidade de Santiago de Compostela.

No ano 2003, prodúcese un feito fundamental na historia deste deporte en Lugo, a unión de todo o rugby lucense baixo un só clube, o Muralla Rugby Club co obxectivo de ser a referencia do rugby en Lugo e en Galicia.

Na actualidade engadimos os obxectivos de ampliar as catego-rías inferiores do club e de dar a coñecer este deporte en toda a provincia de Lugo.

E en 2011...

En 2011 celebramos o 25 Aniversario do noso clube e farémolo coa intención de organizar a expansión deportiva do rugby na nosa provincia e sentar así as bases do clube do futuro.

POR ESO ANIMÁMOSTE A QUE COMPARTAS CON NÓS ESTE MOMENTO E TE UNAS AO NOSO CLUBE, NA CATEGORÍA QUE MÁIS CHE CONVEÑA, podes traer ao teu irmán, teu amigo do cole, teu veciño... nós encargarémonos de que contedes cun grupo de amigos para xogar a este apaixoante deporte.

Categorías:

Sub-12: nenos e nenas nacidos/as en 1999-2000Sub-14: nacidos en 1997-1998Sub-16: nacidos en 1995-1996Sub-18: nacidos en 1993-1994Sub-20: nacidos en 1991-1992Senior: nacidos en 1990 ou anos anteriores

Anímate e xoga con nós!

Escola de Rugby Muralla RCEscola de Rugby M

uralla RC

Nom

e e apelidos do xogador

DN

I

Dom

icilio

Teléfono

E-mail

Nom

e e apelidos do pai/nai/titor/a

DN

I

Dom

icilio

Teléfono

E-mail

ENTREG

A ESTA

FOLLA

AO TEU

MO

NITO

R XUN

TO CO

N U

NH

A FO

TOCO

PIA D

O D

NI E U

NH

A FO

TO

CON

SENTIM

ENTO

Autorizo ao meu �llo/a

...................................................................................................., con D

NI.................................., a integrar o equipo representa-

tivo do Muralla Rugby Club, tanto com

o xogador titular e/ou suplente e a realizar todas as actividades relaciona-das con tal participación.

Son coñecedor/a de que en tanto non teña licencia deportiva non tería seguro deportivo, polo tanto, ata ese m

omento, en caso de lesión estarei cuberto polo m

eu seguro, ben privado ou público.

Sinatura e data:


Recommended