grelos(Brassica rapa)
nabo
field mustard
navet
nabo
CLASE
AnxiospermasORDE
BrasicalesFAMILIA
Brasicáceas
Plantas da familia das
crucíferas que se
cultivan sobre todo nas
zonas de media altura.
Cultívase desde a Antiga
Grecia para aproveitar
as raíces ou as follas.
TALO
Herbáceo, groso e
dereito.
RAÍZ: napiforme de
forma esférica, coa
parte superior de cor
púrpura e o resto
branca.
FOLLAS
Simples, ovais
ou ovais-
triangulares,
grandes, moi
recortadas, de
cor verde viva.
FLORES
Completas, con catro pétalos de cor amarela
crara, seis estames e un pistilo.
FROITOS
Silicuas, froitos
secos que se abren
por catro cortes e
deixan as sementes
sobre un eixo
central.
CICLO ANUAL-
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
Os nabos seméntase en agosto-
setembro e recóllense, despois dun mes, follas (nabizas), logo cimos
(grupos de follas da parte alta) e, a
partir dos dous meses e ata finais do inverno, grelos (talos florais tenros).
Na primavera arráncanse os nabos e
úsanse para alimento do gando.
En Galicia hai unhas 6.500 hectáreas adicadas ao cultivo
de grelos para o consumo humano que producen 100.000
toneladas ao ano. Ademais hai moitas plantacións
destinadas a alimento para o gando.
O 8 de xaneiro de 2010 aprobouse a Indicación
Xeográfica Protexida Grelos de Galicia que recolle
dúas variedades ou ecotipos, de Santiago e Lugo.
USOS
As follas que saen antes
da floración para
consumo humano.
Os nabos para os
animais.
Son ricos en vitaminas
(sobre todo A) e minerais
(calcio, potasio e sodio).
TRADICIÓN ORAL
REFRÁN
Para coller moitos nabos, por Santiago
sementalos.
CANTIGA
Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal;
non chas quero, non chas quero,
que me poden facer mal.
nabicol(Brassica napus)
colza
rape
colza
colza, couve-nabiça
CLASE
AnxiospermasORDE
BrasicalesFAMILIA
Brasicáceas
Planta herbácea anual que pode
acadar 1 m de altura.
As follas son ovais-alongadas,
grandes, (ata 40 cm de lonxitude) e
recortadas en lóbulos
redondeados.
FLORES
Amarelas, con catro
pétalos.
FROITOS: silicuas
sementes
USOS
Cultívase unha variedade para
aproveitar as follas como
alimento, sobre todo nas Rías
Baixas e norte de Portugal.
Outras variedades (colza)
cultívanse como forraxe para o
gando e para aproveitar as
sementes para elaborar aceite e
biodiésel.
Os principais produtores son
China (10,3 millóns de
toneladas/ano), Canadá, India e
Alemania.
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
Internet.
Departamento
de Ciencias