Download ppt - Lic Río Eo

Transcript
Page 1: Lic Río Eo

ESPAZOS NATURAISLIC Río Eo

Page 2: Lic Río Eo

Inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín, ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada, así como un pequeno tramo do Ramalledo. É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos: a costa rochosa de mar aberto fora da ría de Ribadeo, a ría, o esteiro e o río.

Page 3: Lic Río Eo

SITUACIÓN:No extremo nordés da provincia de Lugo. Fai fronteira co Principado de Asturias. Localidades de referencia: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada.SUPERFICIE: 982 ha CONCELLOS:A Fonsagrada, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín. Trabada, Riotorto e Meira.VALORES NATURAIS:Bosque de ribeira, esteiro, río, aves acuáticas...

Page 4: Lic Río Eo

PROTECCIÓNLIC: 29 de decembro de 2004. ZEC: 31 de marzo de 2014-Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais, “Río Eo”, de 1.003 ha, e “Ribadeo”, de 536 ha.-Humidal Protexido “Ría de Ribadeo” (614 ha)-Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA “Ribadeo” (625 ha).-Humidal Ramsar “Ría do Eo”, 1.740 ha (Compartido con Asturias).-Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”-A área correspóndese parcialmente coa IBA 007 Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).

Page 5: Lic Río Eo

XEOLOXÍAOs ríos forman estreitos vales encaixados, agás no esteiro que se abre formando amplas áreas de sedimentos de area e lama. As rochas máis comúns son as lousas, os xistos e as cuarcitas.

Val do Rodil en Vilarpescozo. O Eo en Trabada

Page 6: Lic Río Eo

CLIMAAtlántico, máis frío nas serras.

Page 7: Lic Río Eo

RÍO EOTen un percorrido sinuoso e de pendente suave. Comeza cun val amplo e logo encáixase ata a Pontenova. No curso baixo forma chairas aluviais e terrazas e un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar.

O Eo en Montefurado (Ribeira de Piquín)

Page 8: Lic Río Eo

NACEMENTO E FONTES: Fonteo (Baleira). A fonte máis lonxana é a do rego do Lameirón, na serra do Miradoiro, a 780 m de altitude.LONXITUDE: 91,5 km (79 por Galiza)DESEMBOCADURA: Ría de Ribadeo (mar Cantábrico)TIPO DE RÉXIME: Pluvial con achegas de neve. Presenta augas altas invernais e unha moderada estiaxe.CAUDAL: 19,61 m3/sSERRAS MÁIS IMPORTANTES: OESTE: serras do Miradoiro, Vacariza, Meira, Pousadoiro, Carracedo, Cadeira, Penalonga e Mondigo. LESTE: serras de Madoura, Lastra, Hospital, Follabal, Ouroso e Bobia.AFLUENTES POLA DEREITA: Rodil, Bidueiro,Turia, Ouría e SuarónAFLUENTES POLA ESQUERDA: Martín, Lúa, Xudán, Riotorto, Carreirachá,Trabada, Ferreira e Grande.

Page 9: Lic Río Eo

O Eo Ribeira de Piquín

Page 10: Lic Río Eo

O Eo no couto de Salmeán (A Pontenova)

Page 11: Lic Río Eo

O Eo na Pontenova

Page 12: Lic Río Eo

Área de lecer A Choza, na ría de Abres (Trabada)

Page 13: Lic Río Eo

Esteiro do Eo

Page 14: Lic Río Eo

Esteiro do Eo

Page 15: Lic Río Eo

RÍO RODILNace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo. Os principais afluentes son: Esteiro, Penide, Pontigón, Veiga de Logares, San Estevo e Vaovello.

Page 16: Lic Río Eo

Antes de xuntarse o Eo e o Rodil circulan paralelos en sentido contrario separados por un lombo rochoso que foi perforado (Montefurado)para facer pasar a auga do Rodil e mover este muíño situado á beira do Eo.

Page 17: Lic Río Eo

FERVENZAS DO QUEIXOIRO: No lugar de O Queixoiro, ( A Bastida- A Fonsagrada), no rego do Queixoiro, un afluente do Rodil que discorre por un terreo de lousas con saíntes de cuarcitas máis resistentes e forma numerosos rápidos e varias fervenzas. A primeira mide arredor de 15 m de altura e a segunda 12 m.

Page 18: Lic Río Eo

RÍO TURIA: Nace no Coto de Frades e xúntase co Eo na Pontenova.

Page 19: Lic Río Eo

RÍO TRABADA: Nace na serra da Cadeira e recolle as augas do concello de Trabada.

Desembocadura do Trabada no Eo.

Page 20: Lic Río Eo

RÍA DE RIBADEO Ten forma alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media) e está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar no que abondan as sebas, os xuncos, os carrizos e as canaveiras.

Boca da ría de Ribadeo

Page 21: Lic Río Eo
Page 22: Lic Río Eo

Ría de Ribadeo con Castropol (á esquerda) e Ribadeo (á dereita).

Page 23: Lic Río Eo

Esteiro do Eo. Os esteiros son lugares onde bule a vida, onde existe unha gran variedade de plantas e animais especialistas en soportar os cambios que se producen varias veces ao día.

Page 24: Lic Río Eo

Cantís do oeste da ría de Ribadeo

Page 25: Lic Río Eo

Pena Furada, na boca da ría de Ribadeo

Page 26: Lic Río Eo

Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo, no linde do espazo.

Page 27: Lic Río Eo

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e deBidention p.p.-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)--Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Furnas mariñas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos

Page 28: Lic Río Eo

FLORAO río Eo ten unha boa e variada flora acuática e de ribeira con bosques mixtos de amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, avelairas, carballos... e numerosas especies arbustivas e herbáceas entre as que se atopan algunhas pouco comúns en Galiza como os fentos (Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans,…) e os brións (Sphagnum pylaesii), equisetos... No esteiro abondan as sebas, os xuncos (Juncus maritimus), os carrizos e as canaveiras. Algúns vales acollen fragas atlánticas ben conservadas cunha gran biodiversidade: A Marronda, Carballido, San Xes, O Cabanal, Veiga de Logares...

Page 29: Lic Río Eo

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus asturiensisTrichomanes speciosumWoodwardia radicans

Detalle do fentoWoodwardia radicans

Page 30: Lic Río Eo

Amieira (Alnus glutinosa), unha árbore totalmente dependente da auga.Os Vaos (río Rodil)

Page 31: Lic Río Eo

(Filipendula ulmaria), florece en beirais e lugares húmidos.

Page 32: Lic Río Eo

Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)

Page 33: Lic Río Eo

Callitriche stagnalis

Aveláo (Hypericum androsaemum)

Xestela (Equisetum arvense)

Page 34: Lic Río Eo

Herba salgueira e carrizos no esteiro do Eo

Page 35: Lic Río Eo

Carrizos e salgueiros

Page 36: Lic Río Eo

Plantas de marismas: Halimione portulacoides e Spartina maritima

Page 37: Lic Río Eo

FAUNAAo longo do curso do río podemos atopar lontra, furapresas (Galemys pyrenaicus); garza real, picapeixe (Alcedo athis); así como moluscos de interés como o mexillón de río (Margaritifera margaritifera) e nas marxes de algún dos seus afluentes a pouco común Elona quimperana, unha caracola de cuncha aplanada. É dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e cangrexos de río.

Ra patilonga (Rana iberica). Vive nas beiras dos rios limpos e con corrente.

Page 38: Lic Río Eo

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebradosAustropotamobius pallipesCoenagrion mercurialeElona quimperianaGeomalacus maculosusLucanus cervusMargaritifera margaritiferaOxygastra curtisiiPeixesAlosa alosaAlosa fallaxChondrostoma polylepisPetromyzon marinusSalmo salarAnfibiosChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptiles Lacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Elona quimperiana

Lontra (Lutra lutra)

Page 39: Lic Río Eo

Patos rabudos (Anas acuta)

O esteiro do Eo acolle importantes poboacións de aves acuáticas invernantes. Destaca o número de especies pouco comúns noutras áreas como o pato asubiador (Anas penelope), o pato rabudo (Anas acuta), o mazarico real (Numenius arquata), o mergullón de pescozo negro e o bilurico escuro (Tringa erythropus).

Page 40: Lic Río Eo

Bilurico bailón (Actitis hypoleucos). Percorre as beiras do esteiro buscando invertebrados para alimentarse

Page 41: Lic Río Eo

Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos). Os lavancos crían entre a vexetación dos tramos lentos dos ríos e nas beiras dos esteiros.

Page 42: Lic Río Eo

Garza real (Ardea cinerea)

Page 43: Lic Río Eo

ACTIVIDADESSubministro de augas para as poboacións e a agricultura, pesca, acuicultura, xeración de enerxía eléctrica (hai minicentrais no Eo e no Rodil), lecer…

Praia fluvial en Chao do Pousadoiro.

Page 44: Lic Río Eo

Na Pontenova consérvanse os fornos de calcinación do mineral de ferro.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALO Eo foi un río intensamente empregado para mover enxeños hidráulicos: muíños, ferrerías, batáns e moas de afiar.Na súa cunca foi importante noutros tempos a mineiría de ferro que alimentaba as numerosas ferrerías ou mazos nos que se traballaba para elaborar todo tipo de utensilios.Durante séculos o seu curso inferior chamouse río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro é coñecida como ría de Abres.

Page 45: Lic Río Eo

PROBLEMASContaminación, especies invasoras, construcións que alteran os ecosistemas.

Page 46: Lic Río Eo

PUNTOS DE INTERESE-Ribeira de Piquín: confluencia dos ríos Eo e Rodil (Montefurado). Os Vaos (río Rodil). Áreas de lecer de Chao de Pousadoiro e A Retorta.-A Fonsagrada: seimeiras do Queixoiro, fragas de Carballido -A Pontenova: Fornos de calcinación-Trabada: área de lecer A Choza-Ribadeo: casco histórico e porto, castelo, pena furada, faro da illa Pancha.

Área de lecer A Choza

Embarcadoiro de mineral e Ribadeo

Page 47: Lic Río Eo

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaAgosto 2016


Recommended