Página 1 de 43
Manual de Usuario Instaladores
O presente documento ten por obxectivo mostrar as funcionalidades do sistema FEGAPC Web de cara o
seu manexo por parte dos instaladores eléctricos..
Página 2 de 43
Contido
Contido 2
1 MECÁNICA DE USO ______________________________________________________ 4
2 PAXINA DE ENTRADA ____________________________________________________ 6
3 PAXINA DE INICIO _______________________________________________________ 7
3.1 Indicadores de uso do instalador _________________________________________ 7
3.2 Derradeiras instalacións ________________________________________________ 8
3.3 Menú do Instalador ____________________________________________________ 9
4 MENU O MEU ESCRITORIO _______________________________________________ 9
4.1 Paxina de inicio _______________________________________________________ 9
4.2 Mestre de solicitantes __________________________________________________ 9
4.2.1 Alta dun novo solicitante ______________________________________________ 10
4.2.2 Edición/Modificación de solicitante _____________________________________ 11
4.3 Menú “Os meus datos da empresa” ______________________________________ 11
4.4 Menú “Cambiar contrasinal” ___________________________________________ 13
5 Menú AS MIÑAS INSTALACIONS __________________________________________ 14
5.1 Alta de nova instalación _______________________________________________ 14
5.2 Edición dunha instalación – Pestana Solicitude ____________________________ 19
5.2.1 Datos do solicitante __________________________________________________ 19
5.2.2 Datos Técnicos da Instalación __________________________________________ 21
5.2.3 CIE _______________________________________________________________ 22
5.2.4 Datos dos circuítos da instalación _______________________________________ 23
5.3 Edición dunha instalación – Pestana Cálculos _____________________________ 24
5.3.1 Datos do edificio ____________________________________________________ 24
5.3.2 Resumen Calculo de Circuítos __________________________________________ 25
5.4 Edición dunha instalación – Pestana Anexos ______________________________ 26
5.4.1 Plano e Esbozo ______________________________________________________ 27
5.4.2 Memoria __________________________________________________________ 29
5.4.3 Manual de Usuario ___________________________________________________ 30
5.5 Edición dunha instalación – Pestana Deseño esquema unifilar ________________ 32
5.6 Edición dunha instalación – Pestana esquema unifilar ______________________ 35
5.6.1 Barra de Ferramentas do deseño ________________________________________ 36
5.6.2 Bloque de libreiras de elementos ________________________________________ 39
Página 3 de 43
5.6.3 Bloque de Axuste e Zoom _____________________________________________ 39
5.7 Edición dunha instalación – Pestana Documentación Tramitación ____________ 40
5.7.1 Xerar os documentos da tramitación _____________________________________ 41
6 Menú “Documentación para instaladores” _____________________________________ 43
Página 4 de 43
1 MECÁNICA DE USO
A aplicación FEGAPC utilízase exclusivamente dende un navegador Web HTML, e a forma de
usala é pulsando sobre enlaces (menús, opcións, iconos), ou enchendo formularios (campos de
entrada) e pulsando posteriormente o botón de Enviar ou Gardar.
A maioría dos módulos teñen un aspecto e funcións básicas comúns. Por iso aprendendo a
manexar un módulo coñécese o manexo de case todos os da aplicación. O uso de aplicación
pode realizarse ademais de co rato co teclado, para iso seleccionáronse un conxunto de
combinacións de teclas cuxa que se repiten en todos os módulos. As funcións comúns e o seu
uso é o seguinte:
Lista de rexistros (icona de menú Listar, teclas ALT+L): adoita ser a opción presentada
por defecto cando se selecciona un modulo desde o menú principal. Mostra un panel de
liñas cun conxunto de rexistros da táboa de datos. Se o número de rexistros da táboa
non cabe na lista, é posible avanzar ou retroceder na lista completa de rexistros da táboa
pulsando sobre as iconas de avance ou retroceso de páxina. É posible avanzar ou
retroceder unha ou cinco páxinas de listaxe, ou ir ao principio ou ao final da táboa.
Ademais para mostrar a lista ordenada por unha determinada columna, basta pulsar
sobre o título da columna. Pulsando unha vez ordénase de forma ascendente, e
pulsando de novo de forma descendente.
Esta mesma función aparece logo de solicitar unha procura.
Procura de rexistros (icona de menú de Buscar, tecla ALT+B): dende esta opción
aparece un formulario onde se nos solicitan os valores dos campos polos que se quere
buscar (criterio ou filtro). Este criterio de procura pódese almacenar cun nome
enchendo o campo “Gardar criterio de selección como Informe”, de tal forma que a
próxima vez que volvamos a este formulario de procura apareceranos na cabeceira o
literal do criterio gardado, que se é pulsado repetiranos o criterio de procura
almacenado, sen ter que volver a teclear o criterio. Así mesmo, é posible modificar este
criterio, pulsando sobre a imaxe que aparece diante do literal do criterio. Para borrar
este criterio debe accederse ao modulo de Impresos.
Consulta de Detalle de Rexistro. Para visualizar a ficha do detalle dun rexistro basta
picar sobre o contido da liña desde a función de Lista ou tamén pode aparecer
directamente dende a función de Procura, se o resultado do criterio de procura é un
único rexistro. Tamén é posible acceder ao Detalle do rexistro se está Editando o
rexistro, e coa opción de menú Detalle, teclas ALT+V. Neste caso móstranse os valores
dos campos do rexistro. Se o número de campos é moi grande esta pantalla divídese en
varias mediante un sistema de pestanas que aparecen debaixo do menú de funcións.
Modificación dun rexistro (icona de menú Editar, teclas ALT+E). Desde a ficha de
Detalle do rexistro pódese acceder á súa edición. Por iso, para editar un rexistro é
necesario primeiro ver a súa ficha de detalle. En determinadas partes da aplicación,
existen accesos directos á edición dun rexistro, sen necesidade de pasar antes pola súa
Página 5 de 43
ficha de detalle. Nesta función aparece un formulario que ao ser modificado e tras pulsar
o botón de Gardar (tecla ALT+S) realízase a modificación. Nalgúns módulos permítese
cambiar determinados campos dunha listaxe de rexistros, o cal facilita un cambio de
múltiples rexistros simultaneamente.
IMPORTANTE: mentres non se pulsa o botón Gardar non se realiza a
modificación.
Novo rexistro (icona de menú Novo, teclas ALT+N): Esta función permite incorporar un
novo rexistro á táboa de datos da aplicación. Ao seleccionar esta función o programa
presenta un formulario onde se solicitan os datos do novo rexistro. Unha vez enchido
débese pulsar o botón Gardar (teclas ALT S).
IMPORTANTE: se desexamos dar de alta un rexistro novo partindo dos valores doutro rexistro xa existente, primeiro debemos ir á Consulta de
Detalle de devandito rexistro, e posteriormente pulsar sobre a icona Nova.
Página 6 de 43
2 PAXINA DE ENTRADA
O acceso o programa FEGAPC Web realizarase a través da introdución da seguinte URL no navegador: http://fegapc.fegasinel.com A paxina de entrada a aplicación presentase a continuación:
Tal e como se observa na devandita figura, e necesario introducir un usuario e contrasinal que identifiquen o instalador. En caso de no ter estes datos deberá poñerse en contacto coa súa asociación.
Solicitude de acceso o programa FEGAPC Habilitase tamén un acceso a través da opción “Solicitude de Alta” no que calquera instalador poderá solicitar o acceso ao programa. Facendo clic neste enlace, o sistema redirixe o navegador a un formulario no que e preciso encher os datos que son solicitados. Unha vez feita a solicitude de alta, a asociación procederá a súa validación, momento no cal, o solicitante recibe no correo electrónico indicado no formulario os datos de acceso o sistema.
Acceso o programa FEGAPC Para acceder o programa FEGAPC debe encher os datos de usuario e contrasinal e pulsar no botón Acceder, tal e como se reflicte na seguinte figura.
Página 7 de 43
3 PAXINA DE INICIO
Unha vez introducidos os datos de usuario e contrasinal o sistema redirixe a paxina de inicio
vinculada ao usuario instalador.
Tal y como pode verse nesta pantalla, a aplicación estrutúrase en tres bloques:
‐ Bloque MENU: situado a esquerda da pantalla, situase o menú o que ten acceso o
instalador. Pulsando sobre cada entrada, desprégase unha serie de submenús que darán
acceso a distintas funcionalidades do sistema
‐ Bloque NOTIFICACIONS: Situado na parte superior da pantalla, este bloque conten:
o Opción de esconder ou mostrar o menú: Co fin de aproveitar o máximo a
pantalla, pode comprimirse o bloque MENU para desta forma maximizar o
contido do bloque central.
o Ligazóns: Ligazóns a descarga do manual de usuario, a notificacións da
Asociación e opción a Saír do sistema.
‐ Bloque CENTRAL: Situado no centro da pantalla, e a zona de interacción co usuario onde
poderase ver os contidos da aplicación e poderase introducir datos.
Nesta primeira pantalla mostrase no bloque central unha serie de indicadores e contidos que
pasaremos a detallar:
3.1 INDICADORES DE USO DO INSTALADOR
Na parte superior do bloque central móstranse unha serie de indicadores con ligazóns a
diferentes opcións do sistema:
Página 8 de 43
Indicador Instalacións Rexistradas: (cor azul) Mostra o numero de instalacións eléctricas (MTD
e PROXECTOS) rexistradas polo usuario dende o seu primer acceso o sistema. Dispón ademais
dun enlace “Engadir nova instalación” para dar de alta unha nova instalación dende cero.
Indicador Instalacións neste mes : (cor verde) Mostra o numero de instalacións rexistradas polo
usuario no mes en curso. Dispón ademais dun enlace “Acceder” que redirixe o usuario o listado
de instalacións.
Indicador Técnicos Rexistrados: (cor laranxa) Mostra o numero de técnicos instaladores
vinculados o usuario. Como o usuario co cal se accede o programa pode estar vinculado a unha
empresa, e posible rexistrar varios técnicos da mesma de cara a cumprimentar de maneira
axeitada os datos do formulario de instalación. Dispón dun enlace “Engadir Técnico” para dar de
alta novos técnicos instaladores vinculados o usuario.
Indicador Solicitantes: (cor laranxa) Mostra o numero de rexistros do mestre de solicitantes
vinculados o usuario. Como verase mais adiante, o cumprimentar estes datos, poderá axudar a
axilizar a documentación da instalación. Dispón dun enlace “Engadir Solicitantes” para dar de
alta novos solicitantes.
3.2 DERRADEIRAS INSTALACIÓNS Na parte central da pantalla mostrase un listado coas derradeiras instalacións dadas de alta polo usuario.
Tal e como pode verse, no listado mostrase os datos mais identificativos de cada instalación
(código dado polo FEGAPC, Numero de Expediente, Tipo de instalación (MTD ou proxecto), e
Titulo da instalación así como a fecha de creación da mesma.). O poñer o rato enriba de cada
rexistro, habilitase un icono na parte dereita que premendo nel, leva directamente o formulario
de devandito rexistro.
Página 9 de 43
Na parte superior e inferior esquerda habilitase un botón que permite dar de alta unha nova
instalación dende cero.
3.3 MENÚ DO INSTALADOR
Tal e como se dito no apartado anterior, na parte esquerda do programa habilitase un bloque
onde atopase o menú do instalador que dará acceso as diferentes funcionalidades do sistema
4 MENUOMEUESCRITORIO
O menú “O meu Escritorio” conten información relativa o usuario.
4.1 PAXINA DE INICIO Premendo neste enlace, rediríxese o usuario a pantalla inicial do programa detallada no apartado 3.
4.2 MESTRE DE SOLICITANTES Premendo neste enlace do menús, rediríxese o usuario a pantalla do listado de solicitantes.
Página 10 de 43
O obxectivo deste mestre de solicitantes é ter os datos dos solicitantes dunha instalación, de
maneira que enchendo os datos dos usuarios neste apartado á hora de documentar unha
instalación, onde se identifique a persoa solicitante, automaticamente se enchan os campos
relativos á mesma na solicitude.
Operacións permitidas:
‐ Dar de alta un usuario solicitante: Facendo clic na pestana “Novo”, accédese o formulario de alta de solicitante
‐ Editar un usuario solicitante: Facendo clic no nome do solicitante accédese ao
formulario de detalle cos datos do mesmo.
4.2.1 AltadunnovosolicitantePreséntase o seguinte formulario:
Página 11 de 43
Onde é preciso encher os campos e pulsar sobre a opción “Gardar”. Esta acción gardará os datos introducidos e levará o usuario a pantalla de edición.
4.2.2 Edición/Modificacióndesolicitante Preséntase a seguinte pantalla (o acceder os campos aparecen bloqueados e débese premer sobre a opción “Editar” para modificar os datos).
Importante
E importante encher todos os datos para poder aproveitar toda a
información a efectos de ser usada na documentación dunha instalación.
4.3 MENÚ “OS MEUS DATOS DA EMPRESA” Neste menú atópanse os datos referentes o usuario que poden ser utilizados para encher datos de forma dinámica a hora de dar de alta unha instalación. Premendo na entrada do menú, accedese a unha pantalla en modo listado, onde se visualizan os datos mais significativos do usuario. Premendo sobre o nome (Razón Social/Apelidos) accedese a vista de detalle dos datos de usuario.
Página 12 de 43
Nesta vista de detalle, veranse dúas pestanas
‐ Datos de empresa : Son os datos que identifican a empresa a que esta asociado o
usuario.
‐ Instaladores Autorizados: Tratase dun listado de instaladores autorizados, no que se
pode dar de alta (premendo na opción “Novo”) novos instaladores e asociar un deles a
instalador por defecto. Esto fará que a hora de dar de alta unha instalación, énchanse
de maneira automática os datos da empresa e do instalador autorizado por defecto.
Página 13 de 43
4.4 MENÚ “CAMBIAR CONTRASINAL” Neste menú mostrase un formulario para cambiar o contrasinal asociado o usuario. Tal e como pode observarse, para o cambio do contrasinal e necesario encher os datos do anterior contrasinal e da nova.
Página 14 de 43
5 Menú AS MIÑAS INSTALACIONS
Neste menú, atópanse todas as instalacións (MTD ou proxecto) vinculadas o usuario.
Accédese a un listado de instalacións tal e como se mostra na seguinte figura:
Ao igual que co resto de listados, premendo sobre unha instalación accedese a vista de
detalle da mesma permitindo a navegación entre as diferentes seccións. O detalle destas
seccións verase mais adiante neste apartado.
Operacións permitidas:
‐ Alta de nova Instalación. Premendo na opción “Novo” accederase o formulario de
creación dunha instalación.
‐ Buscar unha instalación. Premendo na opción “Buscar” accederase o formulario de
Procura dunha instalación.
5.1 ALTA DE NOVA INSTALACIÓN
Tal e como comentouse no anterior apartado, para dar de alta unha instalación dende
o listado de instalacións e necesario premer no botón “Novo”.
Abrirase entón, un formulario tal e como mostra a figura seguinte. E importante sinalar
que os campos marcados co símbolo * (en cor vermello) identifican campos de
obrigatorio cumprimento, e dicir, que e necesario aportar o dato solicitado para poder
dar de alta a instalación.
Página 15 de 43
‐ Tipo de instalación: Identificase neste campo a modo de desplegable o tipo de
instalación a dar de alta (MTD ou Proxecto). Este dato e obrigatorio xa que del depende
a información a mostrar o usuario para documentar a instalación. No caso de seleccionar
a opción “MTD” aparecerá un campo novo denominado “Tipo de esquema unifilar a
utilizar” que detallarase mais adiante.
‐ Nº Rexistro: Numero do rexistro da instalación
‐ Titulo da instalación: Titulo identificativo de la instalación. E un campo utilizado
soamente para identificar a instalación no listado.
‐ Descripcion: Campo para describir a instalación. E un campo utilizado soamente para
describir a instalación e que se vexa no listado de instalacións.
‐ Tipo de esquema Unifilar a utilizar: No caso no que se selecciono no campo Tipo de
instalación a opción “MTD”, mostrase este campo que identifica como se quere
documentar o esquema unifilar dentro do programa para esa instalación. As opcións
dispoñibles son:
o Deseño Manual: Esta opción fará que a hora de documentar a instalación no
que o Esquema unifilar se refire, habilítense as opcións de debuxo para o deseño
do esquema
o Subida de ficheiro: Esta opción fará que a hora de documentar a instalación no
que o Esquema unifilar se refire, habilítense a opción de subir un ficheiro.
o Uso de plantilla predefinida: Esta opción fará que a hora de documentar a
instalación no que o Esquema unifilar se refire, habilítense dentro das opcións
de debuxo, unha opción para seleccionar unha serie de plantilla de esquema
Página 16 de 43
posta a disposición pola asociación, para posteriormente modificala e axustala
a realidade.
‐ Solicitante: Esta opción permite a selección dunha empresa solicitante. As empresas
solicitantes que se mostran son as dadas de alta no Mestre de solicitantes (ver apartado
4.2). Esto fará que tal e como se verá mais adiante, os datos da empresa cárguense de
maneira automática no apartado “Datos do Solicitante”
Importante
E obrigatorio dar de alta o Tipo de instalación. No caso de que o tipo sexa “MTD” habilitase a opción de escoller a forma na que se traballará co esquema unifilar.
Recomendase encher os campos de Titulo e descripción para unha mellor localización da instalación no futuro. Tamén e convinte, a hora de axilizar a documentación da instalación, facer uso do mestre de solicitantes para desta
forma aproveitar a carga automática de datos na instalación..
Unha vez cuberta os datos, premerase na opción “Gardar” e accederase o detalle da
instalación onde poderán verse os apartados para documentar a instalación.
Página 17 de 43
Tal e como pode verse na anterior figura, a documentación dunha instalación esta
conformada polas seguintes pestanas que son accesibles en función do tipo de
instalación dada de alta, tal e como mostra a seguinte tabla.
Pestana Descripcion MTD Proxecto
Cabeceira Datos solicitados na alta da instalación
Solicitude Datos relativos o formulario de solicitude de Xunta
Cálculos Relativo os calculo de edificios e resumen de calculo de circuítos
Documentación Documentación que se achega na solicitude
Deseño Esquema Unifilar Ferramenta de deseño simplificado para o esquema unifilar
Esquema Unifilar Esquema unifilar
Documentación Tramitación (só aparece cando se xenera a tramitacion)
Ficheiros xerados para a tramitación on line
Por outra banda e importante sinalar as opcións que se despregan na barra de
operacións:
‐ Opción “Listar”: Premendo nesta opción accederase o listado de instalacións.
‐ Opción “Buscar”: Premendo nesta opción accederase o formulario de procura de
instalacións.
‐ Opción “Novo”: Premendo nesta opción accederase o formulario de nova instalación.
‐ Opción “Editar”: Premendo nesta opción accederase en modo edición o formulario que
se esta vendo en pantalla. Cabe salientar que cando se accede por primeira vez a unha
instalación, os campos para encher están desactivados. Premendo nesta opción,
habilítanse ditos campos para que o usuario poda encher os datos.
‐ Opcion “Borrar”: Premendo nesta opción elimina a instalación.
Página 18 de 43
‐ Opción “Ver”: Nesta opción, (habilitada sempre por defecto), os campos que se mostran
no formulario que se esta a ver, están sen habilitar.
Nun segundo bloque, marcado coma “Outras opcións”, habilitase unha segunda
ringleira de opcións:
‐ Opción “Xerar Duplicado Instalación”: Premendo nesta opción dentro dunha
instalación, darase de alta unha nova instalación copiando os datos da instalación que
se esta a ver. Unha vez copiados o sistema re dirixe a nova instalación creada.
(Obsérvese que cambia o código FEGAPC).
‐ Opción “Imprimir Documentación”: Premendo nesta opción accederase a ventana de
impresión dos documentos da instalación : MTD, CIE e manual de usuario. (en formato
pdf)
‐ Opción “Vista previa del Esquema Unifilar”: Premendo nesta opción, o sistema recolle
a imaxe do esquema unifilar e presenta a mesma nun pdf para que o usuario poida ver
coma quedara o mesmo dentro da documentación da MTD.
‐ Opción “Xerar Documentación Tramitación”: Premendo nesta opción xeraranse os
documentos PDF e xml para a tramitación telemática.
‐ Opción “Descarga Arquivos Tramitación”: Premendo nesta opción o sistema xerará un
zip que conten os arquivos impresos da instalación e un documento xml para a
integración co aplicativo de Xunta.
Importante
Cando se accede a unha instalación por primeira vez, accedese en modo “VER” o cal significa que se poden ver os campos dun formulario pero non poden modificarse. Para modificar os datos dun formulario e necesario
sempre premer na opción “EDITAR”.
Página 19 de 43
5.2 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA SOLICITUDE
Cando se accede a pestana Solicitude presentase o seguinte formulario:
Como pode verse, a información nesta pestana agrúpanse en catro apartados:
‐ Datos do solicitante
‐ Datos técnicos da instalación
‐ CIE
‐ Datos dos circuítos da instalación
Verase a continuación cada un deles.
5.2.1 Datosdosolicitante
Presentase o seguinte pantalla para documentar os datos do solicitante da instalación
que pertencen os impresos dos modelos de solicitude de Xunta. Tal e como indicouse
con anterioridade, os campos marcados co símbolo * (en cor vermello) identifican
campos de obrigatorio cumprimento. A salvedade neste caso e que e posible que non
cubrir estes datos ata que se realice a presentación telemática.
Página 20 de 43
Nesta pantalla, a hora de cumprimentar os datos, habilítanse en certos campos unha
validación do mesmo, no seguinte senso:
‐ Campos de NIF/CIF: unha vez cumprimentado o dato, o sistema verifica se o NIF e
correcto ou non, notificando o usuario o erro cometido, e propondo solucións.
‐ Campos de e‐mail: unha vez cumprimentado o dato, o sistema verifica se o e‐mail e
correcto ou non, notificando o usuario o erro cometido.
Importante
Se na alta da instalación, introduciuse no campo “Solicitante” unha empresa, o sistema recolle de forma automática os datos da mesma, e o acceder a pantalla “Datos do Solicitante” introduce de forma automática os datos dos
campos solicitados, de maneira que axiliza o cumprimento desde sección.
Página 21 de 43
E posible NON cubrir os datos obrigatorios cando se esta a documentar a instalación. So no caso no que se prema sobre a opción “Xerar Documentación Tramitación” o sistema validará ditos campos e informará
da necesidade de encher os mesmos.
5.2.2 DatosTécnicosdaInstalación
Presentase o seguinte pantalla para documentar os datos relativos a instalación que
pertencen os impresos dos modelos de solicitude de Xunta. Tal e como indicouse con
anterioridade, os campos marcados co símbolo * (en cor vermello) identifican campos
de obrigatorio cumprimento. A salvedade neste caso e que e posible que non cubrir
estes datos ata que se realice a presentación telemática.
Neste apartado cabe salientar o seguinte:
‐ Campo “Empresa Instaladora”: Este campo non e editable xa que recolle de maneira
automática os datos da empresa do usuario dados de alta na opción do menú “Os meus
datos da empresa”.
‐ Campo “NIF Empresa Instaladora”: Este campo non e editable xa que recolle de
maneira automática os datos da empresa do usuario dados de alta na opción do menú
“Os meus datos da empresa”.
‐ Campo “Instalador”: Este campo enchese automaticamente a partir dos datos dos
instaladores asociados a empresa (opción do menú “Os meus datos da empresa”).
Cando dáse de alta a instalación, sempre escolle o instalador marcado por defecto.
Página 22 de 43
Pódese editar para modificar o instalador a partires dos instaladores dados de alta. (E
preciso que os datos de instaladores esten dados de alta previamente na opción do
menú “Os meus datos da empresa”)
‐ Campo “NIF” (Instalador). Este campo non e editable xa que esta vinculado o Instalador.
Recolle os datos do NIF do instalador de maneira automática.
Importante
Cando dáse de alta unha nova instalación, nesta sección darase de alta de maneira automática os datos da Empresa instaladora e NIF da empresa instaladora (non modificables), o instalador por defecto e o NIF do mesmo(este ultimo non editable). Os datos do instalador pódense modificar
na opción de menú “Os meus datos de empresa”
5.2.3 CIE
Presentase o seguinte pantalla para documentar os datos relativos o boletín da
instalación que pertencen os impresos dos modelos de solicitude de Xunta. Tal e como
indicouse con anterioridade, os campos marcados co símbolo * (en cor vermello)
identifican campos de obrigatorio cumprimento. A salvedade neste caso e que e posible
que non cubrir estes datos ata que se realice a presentación telemática.
Nesta pantalla cabe salientar o seguinte:
Página 23 de 43
‐ Cálculos automáticos: Na sección “Certificado da instalación Eléctrica” o campo
“Potencia Max. Admisible” e calculado a partires dos datos de intensidade e Tensión
‐ Os campos de “Intensidade”, “Tensión”, “Lonxitude” e “Sección”, unha vez gardados
envíanse o formulario de “Resumen Calculo de Circuítos” (Pestana Cálculos) asociado o
condutor “Derivación Individual”. Dende o dito formulario “Resumo Calculo Circuítos”
non se poderá modificar os ditos campos, e só nesta sección do CIE e posible a súa
modificación.
Importante
Os campos de “Intensidade”, “Tensión”, “Lonxitude” e “Sección”, unha vez gardados envíanse o formulario de “Resumen Calculo de Circuítos” (Pestana Cálculos) asociado o condutor “Derivación Individual”.
Dende dito formulario “Resumen Calculo Circuítos” non se poderá modificar ditos campos, e so nesta sección do CIE e posible a súa
modificación
5.2.4 Datosdoscircuítosdainstalación
Presentase o seguinte pantalla para documentar os datos relativos os circuítos da
instalación que pertencen os impresos dos modelos de solicitude de Xunta. Tal e como
indicouse con anterioridade, os campos marcados co símbolo * (en cor vermello)
identifican campos de obrigatorio cumprimento. A salvedade neste caso e que e posible
que non cubrir estes datos ata que se realice a presentación telemática.
Página 24 de 43
5.3 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA CÁLCULOS
Cando se accede a pestana Cálculos presentase o seguinte formulario:
Como pode verse, a información nesta pestana agrúpanse en dous apartados:
‐ Datos del edificio
‐ Resumen Calculo de Circuítos
Verase a continuación cada un deles.
5.3.1 Datosdoedificio
Presentase o seguinte pantalla para documentar os datos do edificio
Página 25 de 43
Cabe salientar nesta pantalla que se encontran integrados cálculos automáticos, de
maneira que enchendo os campos de:
‐ Potencia e numero no caso de Vivendas
‐ Superficie no caso de locais comerciais
‐ Tipo de ventilación e Superficie no caso de garaxes,
calculase de maneira automática a Potencia total de cada apartado así coma a Potencia
Total global.
5.3.2 ResumenCalculodeCircuítos
Presentase a seguinte pantalla para documentar o resumen de calculo de circuítos. Cabe
salientar nesta pantalla que os datos relativos a Lonxitude, Tensión, Intensidade e
Sección do condutor “Derivación individual” son cargados de maneira automática a
partires dos datos introducidos na apartado “CIE” da pestana “Solicitude” (ver apartado
5.2.3)
Esta pantalla leva asociados en certos campos, cálculos automáticos tales coma:
Calculo da Potencia: A partires dos campos Lonxitude, Tensión, coseno e Intensidade Calculo da Caída de tensión e %: A partires dos campos de potencia e Sección.
Página 26 de 43
Importante
Dende o formulario “Resumen Calculo Circuítos” NON se poderá modificar os campos relativos a Lonxitude, Tensión, Intensidade e Sección.
Para modificalos mesmos e necesario acceder a pestana “Solicitude” sección
“CIE”
5.4 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA ANEXOS
Cando se accede a pestana Anexos presentase o seguinte formulario:
Como pode verse, a información nesta pestana agrúpanse en tres apartados:
‐ Planos e Esbozos
‐ Memorias
‐ Manual de Usuario
Verase a continuación cada un deles.
Página 27 de 43
5.4.1 PlanoeEsbozo
Presentase a seguinte pantalla para documentar o plano de emprazamento da
instalación, o croquis da mesma ase coma observacións o esbozo.
5.4.1.1 Plano do emprazamento da instalación
Neste senso, tratase de localizar a instalación a través dunha imaxe. O sistema da a
opción no campo “Tipo de imaxe para o plano de localización” de seleccionar os
seguintes tipos:
‐ Subida dun ficheiro: Neste caso, habilita a opción de subir unha imaxe
‐ Imaxe de Google Maps: Neste caso, habilitase un formulario no que se incrusta Google
Maps para seleccionar ben en vista de plano ou en vista de Street View a localización da
instalación.
Página 28 de 43
Premendo no icono , accederase a vista de Google Maps:
Pódese seleccionar tamén o moneco e posiciónalo sobre o mapa para acceder a vista
de Street View
Por ultimo premendo na opción “Aceptar” a imaxe gardarase no formulario.
Página 29 de 43
5.4.1.2 Croquis do trazado da instalación
Neste senso, pódese seleccionar usar un croquis por defecto ou ben subir un arquivo de
imaxe
5.4.1.3 Observacións do esbozo
Neste apartado, pódense introducir comentarios relativos os esbozo.
5.4.2 Memoria
Neste apartado, o obxetivo e documentar a memoria da instalación. Pódese optar por
escribila memoria directamente no campo Memoria ou seleccionar un tipo de Memoria
(posta a disposición pola Asociación) de maneira que cargue a mesma no campo
“Memoria” e poda posteriormente ser modificada polo usuario.
Página 30 de 43
5.4.3 ManualdeUsuario
Nesta sección, o obxetivo e documentar o manual de usuario da instalación que se
entrega o cliente.
Pódense optar polas seguintes opcións:
‐ Manual de usuario externo: Premendo nesta opción habilitase unha entrada para subir
o documento, en formato pdf, do manual do usuario.
Página 31 de 43
‐ Manual de Usuario Guía Técnica: Este manual e aportado pola Asociación. En canto se
pulse sobre a opción “Gardar” aparecerá o enlace a dito manual
‐ Manual de Usuario Interno: Premendo nesta opción, habilitase unha sección para que
o usuario poida escribilo manual.
‐ Manual de usuario para locais: Este manual e aportado pola Asociación. En canto se
pulse sobre a opción “Gardar” aparecerá o enlace a dito manual
‐ Manual de usuario para obras: Este manual e aportado pola Asociación. En canto se
pulse sobre a opción “Gardar” aparecerá o enlace a dito manual
‐ Manual de usuario para Vivendas: Este manual e aportado pola Asociación. En canto se
pulse sobre a opción “Gardar” aparecerá o enlace a dito manual
‐ Manual de usuario para Zonas Comúns: Este manual e aportado pola Asociación. En
canto se pulse sobre a opción “Gardar” aparecerá o enlace a dito manual
Página 32 de 43
5.5 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA DESEÑO ESQUEMA UNIFILAR
Esta pestana ten coma obxetivo axudar a creación do esquema unifilar. Pódese saltar
esta pestana si o usuario quere facer o debuxo do esquema de maneira manual (indo a
pestana Esquema Unifilar) ou se o usuario sube un ficheiro de imaxe do esquema.
Cando se accede a pestana Deseño Esquema Unifilar presentase o seguinte formulario:
Nesta pantalla observase o seguinte:
‐ Disponse dunha matriz de 16x16 celdas para ubicar elementos do esquema unifilar
‐ Disponse dunha tabla con imaxes dos elementos eléctricos.
O modo de funcionamento e o seguinte:
1. Paso 1: Debuxar o esquema: Seleccionase un elemento na tabla de imaxes e co rato
(botón esquerdo seleccionado) levase a mesma a celda que se queira.
IMPORTANTE: Debe seguirse unha orde vertical (arriba – abaixo) para a disposición dos elementos para que a xeración do esquema unifilar sexa
correcta
Na seguinte figura pode observarse un exemplo de como facer o deseño:
Página 33 de 43
2. Paso 2: Documentar os datos de cada elemento eléctrico: Cada vez que se introduce
un elemento, pódese introducir (se o elemento o permite) os datos identificativos do
mesmo. Para elo, farase dobre clic sobre o elemento e poderá presentarse unha ventana
coma
En función do tipo de elemento que o usuario seleccione os campos a encher poderán variar.
CONSELLOS PRACTICOS
1. Se queremos DUPLICAR un elemento dentro da matriz, pódese seleccionalo e co botón esquerdo premido, pódese levar a celda que se desexe. Esto fará que se copie non so o elemento se non tamén os datos que se introduxeron nel.
2. 2. Se se quere ELIMINAR un elemento, premendo nel, pódese eliminar a través do botón Eliminar.
Página 34 de 43
3. Paso 3: Xerar Esquema: Unha vez feito o deseño e introducidos os datos poderá
xerarse o esquema unifilar a través da opción “Xerar Esquema”.
IMPORTANTE:
- E preciso pulsar no check “Conectar Elementos” para que na xeración do esquema aparezan os elementos conectados. Pódese saltar esta opción se non
se marca o check, facendo que o esquema aparezan os elementos sen conectar
Unha vez se prema no botón “Xerar Esquema” o sistema redirixe a pestana “Esquema
Unifilar” onde se mostra o mesmo tal y como se observa na seguinte pantalla.
Xa nesta ventana, e posible editar os esquema premendo sobre os elementos (verase
no apartado seguinte”. Para finalizalo proceso e necesario premer no icono para
que o deseño quede gardado.
Página 35 de 43
IMPORTANTE:
E necesario PREMER no icono para que o deseño quede gardado
Por ultimo cabe salientar a opción de utilizar unha plantilla de esquema posta a
disposición pola Asociación.
Para elo, e necesario seleccionala plantilla a través da opción
Unha vez seleccionada a plantilla, pulsarase na opcion Xerar Esquema e visualizarase a
mesma na pestana “Esquema Unifilar”.
5.6 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA ESQUEMA UNIFILAR
Esta pestana ten coma obxetivo documentar o esquema unifilar. Tal e como se detallou
no apartado anterior, pódese utilizar o “Deseño Esquema Unifilar” para facilitala labor
de debuxar o esquema. E importante sinalar que o esquema que vai a documentación
da instalación (arquivo mtd) collese desta sección.
Cando se accede a pestana Esquema Unifilar presentase o seguinte formulario:
Página 36 de 43
Nesta pantalla observase os seguintes bloques:
‐ Unha barra de ferramentas situada na parte superior do espacio para debuxo do
esquema. Dispón de opcións de Gardar, conectar elementos, desfacer....
‐ Bloque de librarías de elementos: Situado na parte esquerda da pantalla. Accédense os
elementos despregando o combo de selección
‐ Bloque de Axuste e Zoom: Situado na parte dereita da pantalla. Pódese mover a través
do esquema, axustar o diagrama as dimensións ou as figuras.
Os bloques de Axuste e Zoom ase coma o bloque de libreiras de elementos pódense
ocultar para facilitala visión do esquema premendo nos botóns “Ocultar paleta” no caso
das librarías ou “Ocultar Esquema” no caso do Axuste.
Verase a continuación as funcionalidades outorgadas por ditos bloques.
5.6.1 BarradeFerramentasdodeseño
A barra de ferramentas do deseño presenta as seguintes opcións:
Opción Icono Descripcion
Gardar
Garda o deseño mostrado na pantalla
Descargar Diagrama
Descarga unha imaxe en formato png do diagrama
Conector Multilinea
Permite conectar os elementos.
Traer a figura o fronte
Permite traer unha figura por encima doutra
Contenedor Permite agrupar figuras e movelas conxuntamente
Levar figura o fondo Permite levar unha figura por debaixo doutra
Agrupar figuras Permite agrupar figuras
Desagrupar Figuras Permite desagrupar figuras
Desfacer Desfai os cambios realizados no esquema.
Página 37 de 43
Desta xanela cabe destacar as seguintes opcións:
5.6.1.1 Conector Multilinea
Esta opción permite conectar dous o mais elementos. Premendo nela, os elementos do
esquema iluminan os conectores (cor amarelo). Premendo nun conector, debuxase
unha liña ata que se prema noutro conector tal y como pode verse na figura:
As veces pode suceder que o conectar elementos a liña no quede recta. Pódese axustar
de tres formas:
‐ Movendo o elemento: Movendo un dos elementos para que concorden un debaixo
doutro tal e como ilustra a seguinte figura
‐ Axuste fino do elemento: Utilizando as teclas de dirección e seleccionando un
elemento (premendo nel. Ponse de cor verde tal e como se ve no debuxo)
Página 38 de 43
‐ Modificar a liña de conexión: A multilinea xerada na conexión, o premer nela habilita
unha opción de modificación (punto verde no medio da multilinea) que permite o
redimensionamento da mesma.
5.6.1.2 Agrupar figuras
Esta opción permite a agrupación de elementos para que en caso de desprazar un deles
os elementos agrupados tamén se movan. Para elo, selecciónanse unha area, premendo
co rato sobre o lenzo e xerando unha zona movendo o rato. Desta maneira quedarán
seleccionados os elementos para posteriormente agrupalos premendo no icono
Página 39 de 43
5.6.2 Bloquedelibreirasdeelementos
Situado na parte esquerda da pantalla da acceso as imaxes dos elementos a situar no
esquema. Están agrupados por categorías accesibles a través do selector:
Seleccionando unha imaxe, arrástrase
o lenzo do debuxo para colocala.
Se nesa imaxe posta xa no lenzo quere
introducirse un texto, hai que facer
dobre clic sobre o elemento para que
se visualice a zona de introdución do
texto.
Tamén pódese introducir texto,
seleccionando a imaxe , situada na
categoría “Varios” e arrastrando a
mesma o lenzo do debuxo.
Pódese ocultar o bloque premendo no
botón “Ocultar Paleta”.
5.6.3 BloquedeAxusteeZoom
Neste bloque situada a dereita da pantalla permítese modificar o tamaño do lenzo do
debuxo, tanto en anchura como altura.
Movendo a zona verde do recadro, permite moverse
polo lenzo do debuxo se este e demasiado grande.
Ademais incorpora opcións para Axustar o diagrama as
figuras do lenzo de maneira que o lenzo se axusta
automaticamente as figuras existentes.
Página 40 de 43
Por ultimo cabe salientar que o entrar na pestana Esquema Unifilar habilitase na barra
de opcións de menú, a posibilidade de ver como queda o esquema dentro da
tramitación. Para iso, deberase premer no botón “Vista Previa Esquema Unifilar”
Resumen de recomendación de uso do Esquema Unifilar.
1. Acordarse sempre de gardar o deseño para evitar perdida de información.
2. No caso de querer axustar elementos utilizar as teclas de selección manual.
3. Para unha mellor visualización do esquema, contraer o menú e pechar as bloques de librarías e axuste
4. Axustar sempre o diagrama as figuras para unha mellor impresión no
documento PDF
5.7 EDICIÓN DUNHA INSTALACIÓN – PESTANA DOCUMENTACIÓN TRAMITACIÓN
Esta pestana ten coma obxetivo xerar os documentos necesarios para realizar a
presentación da instalación.
So e accesible dita pestana cando previamente o usuario xenera a documentación,
premendo na opción do menú “Outras Opcións” – “Xenerar Documentacion
Tramitacion”
Cando se accede a pestana Tramitación presentase o seguinte formulario:
Página 41 de 43
Notese que na barra superior de opcions aparecen as opcions de “Xerar Tramitacion” e
“Descargar Tramitacion”
5.7.1 Xerarosdocumentosdatramitación
Para xerar os documentos necesarios para a tramitación telemática, e necesario pulsar
sobre a opción “Xerar Tramitación”.
No caso de que algún campo dos marcados como obrigatorios non este cuberto ou
presente erros notificarase nunha ventana coma ilustra a figura
Neste senso, obsérvese que permite a
xeración da documentación aínda cando
presente erros a validación dos campos.
Como se pode observar, a validación
mostra aqueles apartados xa vistos neste
documento agrupados por Pestanas e
seccións dentro delas.
Se algún campo presenta un erro, notificase
ademais o apartado dentro da sección no
que esta o erro.
Página 42 de 43
Unha vez corrixidos os mesmos e repetido o proceso, ou ben dándolle nesta véntana
sobre “Aceptar”, o sistema xerará os seguintes arquivos:
‐ Documento XML: documento necesario que conten os datos da instalación para subir o
aplicativo de Xunta
‐ Documento MTD: documento en formato PDF onde van os datos da instalación, datos
dos planos, etc..
‐ Documento CIE: boletín da instalación
‐ Documento Manual: Manual de usuario da instalación.
É posible Engadir novos documentos a través da opción “Novo” situada na parte dereita
da pantalla.
É posible xerar múltiples veces a documentación de tramitación, En cada xeración, os
arquivos antigos eliminaranse e serán substituídos polos novos.