Memoria 2015
1
MEMORIA 2015
BIBLIOTECA DA FACULTADE C.C. EDUCACIÓN
Universidade da Coruña
Memoria 2015
2
PERSOAL ..................................................................................................................................... 3
COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS ................................................................................................. 4
Monografías .............................................................................................................................. 4
Revistas en papel: as nosas revistas .......................................................................................... 6
Películas .................................................................................................................................... 8
Banda deseñada ......................................................................................................................... 9
COLECCIÓN DIXITAL ............................................................................................................... 9
Revistas electrónicas ................................................................................................................. 9
Dialnet ..................................................................................................................................... 10
Bases de datos ......................................................................................................................... 10
Fiador ...................................................................................................................................... 11
Bibliografía recomendada ....................................................................................................... 11
Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e novo Servizo de Apoio á Investigación .... 12
COLECCIÓN : FONDOS ........................................................................................................... 13
LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN ................................................................................... 13
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN ............................................................................. 16
ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA ................................................................... 17
DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA ......................................... 20
BIBLIOTECA DE ACOLLIDA ................................................................................................. 20
INFRAESTRUTURAS ............................................................................................................... 21
A BIBLIOTECA COMPROMETIDA ........................................................................................ 21
Memoria 2015
3
PERSOAL
Fixo:
o Unha directora
o Dúas bibliotecarias
o Dúas auxiliares técnicas de bibliotecas
Bolseiras: tivemos as dúas bolseiras do curso anterior de xaneiro a xuño, 6 horas
semanais cada unha, o que dan 312 horas, e dúas novas bolseiras para este curso,
das que contabilizamos as horas de outubro a decembro: 168 horas. En total,
tivemos 480 horas de bolseiras que empregamos para labores que non son
habituais na biblioteca, como é a colaboura na recolocación de fondos e o
expurgo, melloras nas sinalizacións, etc. Fixeron a tradución ó inglés da
memoria do 2014 para os visitantes Erasmus. Este ano e por primeira vez
démoslles os cursos que temos para formación de usuarias/os no horario da
bolsa: unha visita guiada con iniciación á páxina web da biblioteca e outra
formación orientada ó coñecemento e xestión dos recursos de información. E
seguramente continuaremos facéndoo nos vindeiros anos.
Formación recibida
A formación contínua é unha esixencia dos novos tempos. O persoal da
biblioteca recibiu os seguintes cursos durante o ano 2015:
Open Data (Tres persoas)
A avaliación da investigación universitaria: indicadores, criterios e
ferramentas. O asesoramento dende a biblioteca. (Tres persoas)
Microsoft Excel 2010 nivel medio (Unha persoa,)
Alemán no centro de linguas (Unha persoa)
Novidades na Web of Science. (Unha persoa. Feito no último trimestre
do 2014, sen contabilizar o ano anterior)
Sesións de formación de Dialnet (Unha persoa)
- Nexo-OJS
Memoria 2015
4
- Baleirado manual de artigos de revistas dende Nexo
- Proceso de xestión de autoras/es na importación dende Nexo
COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS
Monografías
A 31 de decembro de 2015, o total de monografías, DVD, CD, mapas, kits e tests
ingresados na biblioteca ó longo dos anos foi de 90.446.
Este ano baixou significativamente o número de documentos ingresados na biblioteca:
989 (libros, cd, tests, dvd), dos que 83 foron gratuítos -a maioría por intercambio- e 904
mercados. Gastáronse 17.405,65 euros. Nesta baixada tivo moito que ver a orde de non
mercar nada do 17 de xuño ó 11 de setembro, polo que tivemos que facer un novo
reparto por profesorado e prorrogar o tempo para mercar libros antes de facer a partida
común, para a que houbo moi pouco tempo, xa que o peche do exercicio foi o 16 de
novembro. A directora da biblioteca opina que un problema do sistema de adquisicións
é que o exercicio económico é por ano natural, normalmente de febreiro a mediados de
novembro, mais a maior parte do gasto é no último trimestre do ano. Tampouco axuda
moito que os libros extranxeiros precisen tres semanas mínimo para recibirse nen as
novas tendencias editoriais, nas que se ofertan obras que despois non se publican por
considerar que non hai demanda abondo.
0,00
5.000,00
10.000,00
15.000,00
20.000,00
25.000,00
30.000,00
35.000,00
40.000,00
45.000,00
2013 2014 2015
7 meses: febreiro‐agosto
3 meses: setembro‐novembro
Total
Memoria 2015
5
Neste cadro, no que as cifras da esquerda son euros, pódese apreciar, ademais do que
diminuíu o gasto este último ano, a concentración dos pedidos en dous meses e medio.
A isto hai que engadir que moitas das facturas que se tramitan en febreiro son de
pedidos pendentes do ano anterior.
Este ano a Xunta de Galicia impuxo a facturación electrónica, no que as librarías teñen
que meter manualmente os datos da factura nun portal da Xunta -e moitas destas
librarías teñen o seu propio programa informático para facturar, que non é compatíbel -
chegándolle despois a asuntos económicos do centro a factura, que a pasa á biblioteca,
onde se comproba se está ben e se é así volve asinada a asuntos económicos, e se non é
así, hai que avisar ó provedor ou provedora que anule a factura no portal e mandar que
introduza outra nova.
Antes, as facturas viñan directamente á
biblioteca, onde se comprobaba se estaban ben, e
logo ían a asuntos económicos do centro e daí a
servizos centrais. Non lle vemos ventaxa ó novo
sistema, que curiosamente fai usar máis papel pola
necesidade de albaráns en tódolos envíos.
Política de adquisicións
Non hai novidades ó respeito do ano anterior sobre a política de adquisicións nin sobre
o sistema de reparto: unha parte vai para biblioteca (pedidos pendentes, solicitudes de
usuarias/os sempre que teñan que ver con materias impartidas do centro, algún
exemplar máis de obras moi pedidas, bibliografía profesional…) e o resto repártese
entre o profesorado por carga docente, diferenciando quen ten máis de tres asignaturas e
menos.
No desglose dos pedidos por deptos. o resultado é como sigue
Dpto. Pedagoxía e Didáctica: 36% do profesorado, pide o 63,65%
Dpto. de Psicoloxía: 18% do profesorado, pide o 5,42%
Dpto. de Psicoloxía evolutiva: 18% do profesorado, pide o 9,84%
Dpto. Didácticas Específicas: 15% do profesorado, pide o 11,64%
Dpto. FILMIDE: 13% do profesorado, pide o 9,43%
Memoria 2015
6
Fonte: O número do profesorado é tirado da páxina web do departamento, revisado cada
ano no mes de decembro e inclúense tódalas categorías. Este ano foron 128
profesoras/es.
Os pedidos da biblioteca
Atendéronse 20 peticións: 6 de alumnado, 1 de PAS, 3 de profesorado e 11 da propia
biblioteca (3 para o clube de lectura, 4 de bibliografía profisional, 1 de renovación de
edición, 1 por exemplar deteriorado, e dúas novidades editoriais). Non se denegou
ningunha, mais unha das obras solicitadas por alumnado estaba descatalogada.
Ó final do exercicio económico pedimos 55 filmes de temas que teñen relación co que
se imparte na nosa facultade , 115 obras de literatura galega e algunha portuguesa, e 120
de literatura española, poñendo especial énfase nas novidades en literatura infantil,
xuvenil e na banda deseñada.
Revistas en papel: as nosas revistas
Sendo cada vez máis difícil saber exactamente cales son as nosas revistas polo feito de
que coa publicación electrónica moitas son mercadas en paquetes, ou pasan ser gratuítas
ou son de interés para varios centros, fixamos como a nosa colección aqueles títulos que
algunha vez tivemos en papel, tanto as gratuítas como as seleccionadas polo
profesorado a través da comisión de biblioteca do centro (van incluídos seis títulos
seleccionados polo profesorado que xa se mercaron en internet e nunca en papel).
Así, temos 633 títulos
282 están pechadas, quer dicir que
non as estamos recibindo nin temos
acceso-e actualizado. Entran neste
apartado as revistas gratuítas que
deixamos de recibir, as suscripcións
que se foron anulando ó longo dos
anos, as revistas que deixaron de
existir e tamén as revistas históricas
en edicións facsimilares.
Memoria 2015
7
351 están abertas, isto é, que seguimos tendo, cando menos, acceso electrónico
aos seus contidos. Só 53 están unicamente en papel.
Como buscalas
Os títulos están reunidos alfabéticamente na páxina web da nosa biblioteca
http://www.educacion.udc.es/biblioteca/, dentro da pestana Colección, Revistas
suscritas pola facultade. Aquelas que teñen acceso-e aos textos ou ós índices,
premendo no título xa nos leva ós contidos. Todos os enlaces están revisados en xaneiro
de 2016.
Tamén temos unha listaxe en papel na propia hemeroteca.
Memoria 2015
8
Coidamos que unha visita por calquera destas dúas listaxes é útil: En primeiro lugar,
porque hai revistas que sendo moi boas e tendo un custe elevado, só están en papel. En
segundo lugar porque é o millor xeito de coñecer as revistas que podemos considerar
nosas, escollidas polo profesorado deste centro, sendo cada vez máis as que poden ser
consultadas electronicamente. En terceiro lugar porque as gratuítas , que son as grandes
descoñecidas, teñen a vantaxe do idioma (a maioría están en español ou portugués) e de
conectar co que se está facendo noutras facultades como a nosa no ámbito
iberoamericano, xa que moitas delas son recibidas por intercambio do servizo de
publicacións con outras universidades españolas e do centro e sur de América. En cuarto
lugar, porque nas ciencias sociais os artigos non fican obsoletos en pouco tempo, polo
que as revistas pechadas son un valor na colección. E por último e moi importante: non
coñecendo nin usando estes títulos estamos desvalorizando o noso propio papel na súa
selección.
Ademáis, poden atoparse no catálogo da biblioteca, pesquisando por título da revista,
onde en moitas delas, non en todas, somos informadas/os de en que bases de datos está
indizada, na parte inferior do rexistro, onde di Indizada en.
Dos impresos que se cubren cando se retiran para fotocopiar sabemos que se usaron
como mínimo 334 números, un número bastante estábel nos últimos anos (348 no 2014,
312 no 2013 e 386 no 2012). Non se poden contabilizar as que son escaneadas na propia
biblioteca ou consultadas simplemente, mais os impresos reflicten ben os títulos de
maior uso, no que destacan con diferencia 8 títulos de revistas españolas e galegas. E
son os mesmos ao longo dos anos.
Películas
Temos 907 películas. Ademáis de estar no catálogo, a colección está organizada en
Pinterest: http://pinterest.com/cineduca.
Este ano, dentro da sala de audiovisuais, abrimos ó
público un pequeno cuarto duns 9 metros cadrados
onde puxemos as películas e un par de mesas.
Outra novidade é que agora só poñemos as
carcasas dos filmes (a partir de CINE(EDU)-852)
Memoria 2015
9
xa que nos decatamos que a colocación do antifurto nos discos facía que moitas veces
non se puidesen ver ben as películas. Polo que agora hai que coller a carcasa e ir pedir o
filme ó mostrador.
Banda deseñada
Temos un total de 120. Están no recuncho de lectura. A biblioteca fai unha selección de
títulos a fin do exercicio económico procurando que sexan de temas relacionados con
materias que se imparten na facultade. Tamén na selección está o idioma, tendo
preferencia o galego e o español, logo o portugués e tamén por suposto as mudas.
COLECCIÓN DIXITAL
Revistas electrónicas
A Biblioteca Central paga ademáis o acceso electrónico a lotes de revistas que ofertan
as distribuidoras, que poden variar nos títulos e mesmo nos anos ós que se da acceso
dun ano para outro. Estas revistas non están todas no catálogo. Para atopalas, compre ir
á paxina web da udc onde di Revistas electrónicas, no seguinte enlace
http://sfx.bugalicia.org/aco/az/. Tamén están aí as revistas electrónicas que temos no
catálogo, recibidas por suscripción ou gratuítas.
Facendo unha selección por materias, saen 2.614 títulos (o ano anterior, nas mesmas
materias tiñamos un total de 2.211 títulos)
Artes e Humanidades. Subdivisión
Carreiras Educativas. 866 títulos.
Dereitos Humanos, Estudos sobre a Muller, Benestar e Infancia. 198 títulos.
Ciencias da Saúde. Subdivisión
Fisioterapia. 36 títulos.
Medicina Deportiva. 51 títulos.
Psiquiatría e Psicoloxía. 600 títulos.
Ciencias Sociais. Subdivisión
Ciencias da Conduta e Orientación Psicolóxica. 607 títulos.
Memoria 2015
10
Discapacitados, Asistencia. 63 títulos.
Estudos de Xénero. 109 títulos.
Rehabilitación. 84 títulos.
Dialnet
Proxecto de colaboura das bibliotecas universitarias españolas. A maior hemeroteca
virtual de artigos científicos hispanos na rede, cun15% a texto completo. O seu uso e
tamaño aumentan de ano en ano. No ano 2014 visitáronse 151.044 páxinas, con 2.400
usuarias/os en activo. Foron introducidos 4.147 exemplares de revistas, 3.073 artigos
de libros e 245 teses. (Fonte: intranet da biblioteca universitaria). Do noso centro están
as revistas Digilec e a Revista de estudios e investigación en psicología y educación.
Bases de datos
A súa primeira función foi dar coñecer os contidos das revistas científicas por materias,
anos e idiomas, indicando en que revista e número estaba cada artigo. Despois, grazas
aos xestores de enlaces (SFX para a UDC), leváronnos directamente aos artigos que
tiñamos electrónicos, ben por suscripción da revista ou por ser gratuíta ou por ter pago o
acceso. Ultimamente, aquelas que son grandes, internacionais e interdisciplinares
estanse especializando en ofrecer métricas da calidade da produción científica das
revistas, destacando Scimago Journal & Country Rank (de Scopus, con acceso
independente e gratuíto) e JCR (dentro da WOS). Como novidade, dentro da WOS, está
o ESCI (Emerging Sources Citation Index), coas revistas que están agardando para
recibir aceptación no JCR ou na listaxe da WOS. Tamén ofrecen métricas para a
calidade dos e das investigadoras cos índices de citas.
De interés para este centro son:
o Dúas de Educación: ERIC; Teacher Reference Center.
o Unha de Educación Física e Deportes: SPORTdiscus with full text.
o Tres de Psicoloxía: PILOTS; PsyCRITIQUES; PsycInfo.
o Dúas de interés para Logopedia: MEDLINE e Pubmed central (PMC)
o As interdisciplinares CSIC e DIALNET (ámbito hispano). SCOPUS
(internacional con maior peso das publicacións europeas). WOS (Web of
Science, internacional con maior peso das publicacións anglófonas)
Memoria 2015
11
Fiador
Son as guías temáticas de recursos gratuítos electrónicos utilizando a aplicación de
código aberto Subject Plus . Continuamos coa súa actualización. Accédese dende a
páxina principal da web da biblioteca da UDC no apartado Buscar nas guías temáticas,
e tamén dende a páxina web da biblioteca do noso centro en guías temáticas. Materias
que poden interesar ó noso centro poden ser: Ciencias da Saúde, Ciencias do Deporte,
Cine e Educación, Educación, Educación Social, Ferramentas 2.0, Ferramentas
Educativas utilizando as TIC, Logopedia, Servizo de Apoio ós Investigadores/as.
Bibliografía recomendada
Actualizada no primeiro trimestre do curso tirándoa das guías docentes. Os datos do
cadro de embaixo son do trimestre outubro/decembro 2014. E os datos de préstamo que
damos a continuación son do ano 2015.
Na columna da esquerda están primeiro os catro graos (Infantil, Primaria, Educación
Social, Logopedia) e os cinco mestrados [Psicopedagoxía (novo), Dirección Xestión e
Innovación das Institucións, Profesorado Secundaria, Psicoloxía Aplicada,
Interuniversitario de Estudos Avanzados sobre a Linguaxe.]
B.R 2014/15
Libros Art.rev. Filmes que hai
Faltan na UDC
Hai noutras bibl.
Tít. Rev.
Rec. Web
Materias Total
Materias sen BR
G.I. 802 85 40 0 102 42 10G.P. 894 78 33 33 112 41 7G.ES 1.034 105 77 29 19 37 11G.L 459 126 61 3 38 43 5M.PS 214 35 24 25 7 19 1M.D. 135 23 17 21 22 16 2M.PES 411 59 57 2 38 51 13M.P.A. 318 62 20 6 0 26 1M.I 165 51 17 11 11 24 8Total 4.432 624 346 130 349 299 58
Os 4.778 recursos disponíbeis na UDC, que saen de contar os que temos na nosa
biblioteca e noutras da UDC (non se contabilizan os títulos das revistas nin os recursos
web), foron prestados 12.673 veces (4.524 préstamos e 8.149 renovacións. Fonte: datos
Memoria 2015
12
da intranet da biblioteca universitaria). É de salientar o enorme aumento de préstamos
ao respeito do ano anterior: 3.655 (1.742 préstamos e 1.913 renovacións)
Repositorio da Universidade da Coruña (RUC) e novo Servizo de Apoio á Investigación
Estando por un lado a política das universidades a nivel mundial de crear e manter un
repositorio coa súa produción científica sempre que for posíbel, dentro da filosofía do
movemento de Acceso Aberto, e por outro o proxecto de creación dun Servizo de Apoio
á Investigación na Biblioteca Universitaria na UDC, promovido pola Vicerreitoría de
Política Científica, Investigación e Transferencia e a antiga Vicerreitoría de Títulos,
Calidade e Novas Tecnoloxías, (agora de Oferta Académica e Innovación Docente),
debemos poñer en destaque o éxito que tivo a primeira edición do curso Estratexias
para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación dirixido ao
profesorado da UDC en coordinación co CUFIE e as bibliotecas dos centros, Os
obradoiros impartidos na biblioteca ían cara a identificación do nome e filiación dos e
das investigadoras para estarem normalizados nas principais bases de datos, a suba ao
RUC dos seus traballos e a posíbel inscripción en redes científicas.
Así, o profesorado que participou nos obradoiros, subiu ao RUC artigos de revistas,
ponencias, comunicacións, etc. Agardamos que o continúen facendo e tamén que todo o
profesorado investigador realice os obradoiros, teñan feito o curso ou non.
Sobre os traballos de fin de grao, no ano 2015 o tribunal de avaliación dos mesmos non
seleccionou ningún para subir ao RUC. Tampouco hai ningún TFM subido.
No seguinte enlace está Recolecta, o recolector de ciencia aberta do FECYT, no que
está rexistrado o RUC
http://recolecta.fecyt.es/repositorios-recolectados
Recentemente temos datos, e volvemos agradecer á Biblioteca Central a súa
publicidade, esta vez na páxina web da Universidade, da favorábel posición do RUC
dentro do ránking dos repositorios:
- dentro de España a posición 15 de 64
- dentro de Europa a posición 102 de 910
- dentro do mundo a posición 209 de 2.297
Memoria 2015
13
COLECCIÓN : FONDOS
Continuamos unificando os exemplares iguais que están en
materias diferentes. Acabamos cos de P9, e ademáis fixemos P1,
P2, P3, P4, P6 e P10. Foi moi importante a axuda das bolseiras
neste traballo, coordinadas e dirixidas polo persoal auxiliar
técnico, para acometer este labor.
Retirada dos fondos
Continuando coa política de eliminar os duplicados das obras non
prestadas nos últimos cinco anos mercadas anteriormente ao ano
2010, que non son de consulta en sala nin bibliografía recomendada, ofrecéndoas a quen
as quixer nun lugar visíbel da biblioteca e avisando ao profesorado por correo-e, foron
retirados da colección:
P1. 551 exemplares
P2. 305 exemplares
P3. 461 exemplares
Tamén para acometer este labor foi decisivo o feito de contar con dúas bolseiras.
Continuaremos no ano 2016, até facelo con todo o fondo.
Documentos perdidos e expurgados
Entre os anos 2010 e 2015 perdéronse 712 documentos. Entre os anos 2014 e 2015, que
foi cando comezamos unha política de expurgo na biblioteca, foron retirados e ofrecidos
aos usuarios e usuarias da biblioteca 2.947 materiais do noso fondo.
LECTURA EN SALA. CIRCULACIÓN
No 2015 entraron na biblioteca 78.445 persoas, o que supón unha lixeira baixa sobre o
ano anterior (81.420). Como é habitual, hai un bico de ocupación no mes de maio, con
11.194, e outro bico de baixa ocupación no mes de agosto, con 699. Tamén baixou o
número de persoas que usaron a sala de traballos en grupo (xa contabilizados no total) a
1.752, fronte a 2.996 do ano anterior.
Memoria 2015
14
Os usuarios potenciais do servizo para o curso 2014/15 : alumnado (datos da matrícula
solicitado á secretaría do centro), profesorado e PAS do centro (datos da páxina web do
centro) foron 2.271, moi semellante aos anos anteriores, aos que temos que sumar 166
altas de autorizacións externas para usar a biblioteca e 100 renovacións.
Por primeira vez temos datos sobre as autorizaciós externas por centros, e felicitamos á
Biblioteca Central por nolos ofrecer. Despois da Biblioteca Central e a do Patín en
Ferrol, que pasan cada unha das 500 autorizacións anuais, catro bibliotecas subimos das
200 anuais: Arquitectura, C.C. da
Saúde, Dereito e Educación.
O total de usuarios/as externos/as da
UDC foi subindo de 2.651 no ano
2013 a 3.128 no 2015. No noso
centro en cambio, o número
permanece bastante estábel. Son na
maior parte antigos estudantes.
Os datos de préstamo para o ano 2015 dan unha cifra de 60.981, dos que 20.133 son
préstamos e 40.848 renovacións (o ano anterior foi de 69.370). Non sabemos aínda se
isto será unha tendencia. É a primeira vez dende o ano 1987 que deixamos de aumentar
o número de préstamos. Ademáis, o préstamo de lectores de libros-e foi de 11, o que
supón unha grande baixada respeito a anos anteriores (80 e 87).
Estamos entre as 3 primeiras bibliotecas da UDC en canto ó número de actividades de
circulación dos fondos (préstamos, renovacións, devolucións e reservas).
Sobre o préstamo intercentros e interbibliotecario, queremos felicitar á Biblioteca
Central por poñer por primeira vez na intranet da biblioteca os datos de préstamo
interbibliotecario de todas as bibliotecas. A continuación poñemos na táboa as
bibliotecas ordenadas de maior a menor número de solicitudes, tanto como peticionarias
como de suministradoras.
Memoria 2015
15
Sobre as peticións de préstamo interbibliotecario do noso centro, que temos por
primeira vez, as cifras son 279 solicitudes (falamos sempre das resoltas, aparte hai 92
que foron denegadas ou canceladas). Estamos detrás das grandes solicitantes que son
C.C. da Saúde (634), Casa do Patín (485) e Ciencias (389). Como suministradoras,
porén, as bibliotecas teñen outra orde, destacando con diferencia a Biblioteca Central
(772), porque as revistas electrónicas que non teñen unha ubicación nun centro súmanse
ós préstamos da Central, seguindo Filoloxía (221), Dereito (190), Arquitectura (101) e a
Casa do Patín (91). Despois imos nós. O noso centro suministrou 81 peticións: 40 de
libros, 28 artigos de revistas que se enviaron escaneados e 13 escaneos de artigos de
libro, sendo 7 o número de peticións non servidas. As non servidas foron por diversos
motivos: estar perdido o número da revista ou o libro, ou ben estar o libro prestado e
Solicitudes resoltas Pedidos servidos
C.C. Saúde 637 B.central 772
Patín 485 Filoloxía 221
Ciencias 389 Dereito 190
Educación 279 ETSA 101
Filoloxía 250 Patín 91
Dereito 243 Educación 81
INEF 216 Socioloxía 70
ETSA 202 C.C. Saúde 66
Camiños 130 Ciencias 54
Eco-Ecem 117 Eco-Ecem 51
B. central 73 Camiños 49
EUAT 65 Mariña civil 21
Socioloxía 59 INEF 20
EPS 57 EPS 18
Informática 33 EUP 18
EUP 21 EUAT 11
Mariña civil 5 Informática 6
Memoria 2015
16
non devolvelo a persoa que o tiña cando se lle reclamou. Contando as solicitudes
resoltas de ciencias da educación ,o noso centro recibiu 3,4 veces máis do que serviu.
Os datos globais indican que a UDC fixo 4.370 solicitudes no ano 2015, das que 3.205
foron resoltas e 1.093 canceladas ou rexeitada. Como suministradora, a biblioteca serviu
1.842 peticións, polo que a relación media é que a UDC recibe 1,74 máis do que serve.
No préstamo intercentros (solicitude de artigos de revistas dentro das bibliotecas da
UDC que se envían escaneados) pedimos 7 artigos e enviamos 11.
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ALFIN
Alfabetización informacional (ALFIN) vai ligada á formación contínua ó longo da vida
que esixen os novos tempos. Nas xornadas de acollida ao novo alumnado que organiza a
facultade a primeiros de curso, a biblioteca preséntase e publicita a oferta de cursos.
Tamén informamos por correo-e ao
profesorado ó comezo de curso
académico, e trimestralmente a través
do boletín No tinteiro. A información
para todo o mundo é dada a través do
blogue da biblioteca e nas redes
sociais. E para o alumnado de TFG
damos publicidade na web da facultade e no seu Moodle.
A biblioteca conta con dous cursos en Moodle, un xenérico, que adaptamos ás
necesidades específicas, e outro para TFG e TFM. A fins de 2015 demos de alta a todo
o profesorado no xenérico, coa intención de difundir o servizo de apoio á investigación,
pretendendo servir de axuda na autoaprendizaxe en manexo de bases de datos, recursos
para avaliación da produción científica ou xestores bibliográficos, entre outros.
Poñemos os cursos impartidos no 2015:
-Para alumnado de grao, por petición do profesorado. Curso de dúas horas. 9 cursos de
20 persoas.
-Para alumnado de mestrados, por petición do profesorado . Curso de 3 horas
presenciais + 4 na plataforma Moodle. 4 cursos de 25 persoas e un de cinco.
Memoria 2015
17
-Para alumnado de TFG, por petición do profesorado. Curso de 3 horas presenciais + 4
na plataforma Moodle. 9 cursos de 25 persoas.
-Obradoiros do curso dirixido ao profesorado Estratexias para incrementar a
visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. 4 horas. Individual. 9
formacións.
-Para grupos pequenos (5-7 persoas): de bases de datos e xestores de referencia. Curso
de 2 horas. 5 formacións.
-Para grupos pequenos (5-7 persoas): de xestores bibliográficos. Refworks. Curso de 2
horas. 1 formación.
PARA EDICIÓNS HORAS
PROFESORADO
PERSOAS AVALIADO
GRAO 9 2 horas x 9=18 180 SI
MESTRADO 5 3 horas x 5=15 105 SI
TFG 9 3 horas x 9=27 225 SI
INVESTIGADORAS/
ES
8 4 horas x 8=32 8 NON
GRUPOS 3 2 horas x 3=6 30 NON
TOTAL 98 548
As visitas guiadas e a formación para alumnado de primeiro de 90 minutos que damos
na biblioteca a quen se anote no primeiro trimestre do ano, non tivo ningún éxito, como
adoita. Unicamente o ano pasado tivemos xente. O que demostra a importancia do
profesorado para o éxito da oferta de cursos.
ACTIVIDADES CULTURAIS DA BIBLIOTECA
Como xa é frecuente, facemos actividades complementarias á formación académica, por
iniciativa da biblioteca ou ben en colaboura co profesorado do centro.
O noso clube de lectura, Nébeda, cumpliu un ano máis. Este clube conta co apoio
económico do servizo de normalización lingüística da UDC a través da comisión de
normalización do noso centro, e ademáis, este ano, coa colaboura da editorial Galaxia.
Memoria 2015
18
Febreiro
Exposición nas vitrinas “Troulas: orlas realizadas polo alumnado da promoción do
mestrado universitario en profesorado de ensino secundario, itinerario de artes plásticas
e visuais 1989-2014” coordinado polo
profesor Roberto Suárez Brandariz.
Marzo
No recuncho ás 11 horas do cinco de marzo inauguración da fotorreportaxe “Esperando
ós deuses en Chanquillo”, o observatorio astronómico máis antigo de América, cunha
charla do seu autor: Gustavo García Roig. A exposición estivo do 5 de marzo ao 30 de
abril.
No recuncho o día 5 ás 17 horas, encontro con María
Reimóndez para falar do seu libro “Dende o conflito”,
lectura do clube Nébeda. E o día 26 de marzo,
relacionado coa lectura, proxección do filme “Y
ahora adónde vamos” da libanesa Nadine Labaki, con
coloquio moderado polo profesor Juanjo Bueno.
Exposición nas vitrinas sobre Michael Apple, nomeado Doutor Honoris Causa da UDC,
do 13 de marzo ao 30 de abril.
Maio
Memoria 2015
19
No recuncho o día 7, ás 17 horas, encontro co escritor Anxo Angueira para falar da súa
novela “Pensa nao”, lectura do Clube Nébeda.
Dentro das Xornadas do Festival Marea Alta na nosa Facultade os
días 4 e 7 de maio, coordinadas pola profesora Mar Rodríguez
Romero, exposición en mesas detrás das vitrinas da obra de Xosé
Manuel Barros Hermida, do colectivo Mar de fábula, de barcos e
“criaturas caóticas” feitas de refugallos que bota o mar nas praias.
Nas vitrinas, exposición sobre o mar e os océanos. Tanto a obra de
Barros como a exposición permaneceron todo o verán.
No Recuncho exposición da pintora Teresa Candal.
Setembro
No recuncho o día 15 ás 18 horas, encontro coa escritora Iria
Collazo para falar do seu libro “Como unha áncora”, lectura
do Clube Nébeda. Colaboura a editorial Galaxia.
Exposición nas vitrinas sobre o II Seminario internacional
sobre educación social e alfabetización lectora, celebrado o
25 de setembro na nosa facultade, coordinado polo profesor
Héctor Pose.
Outubro
Exposición de obras da artista Isabel Pintado: no recuncho das súas pinturas, na vitrina
de libros intervidos por ela.
Decembro
No recuncho o día 14 ás 17 horas, encontro co
escritor Francisco Castro para falar da súa obra
“Tes ata as 10”, lectura do Clube Nébeda.
Tamén coa colaboura da editorial Galaxia.
Exposición do 18 de decembro até o 8 de
xaneiro sobre o Nadal, nas vitrinas.
Memoria 2015
20
DIFUSIÓN DE SERVIZOS E ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
Facernos visíbeis non é tarefa doada.
Procuramos facelo a través de medios
electrónicos: correo, redes sociais e enderezos
web.
A nosa tarxeta, á dereita, na que non está
incluído o enderezo do noso clube
https://nebedaclubelectura.wordpress.com
Por correo-e, continuamos enviando ó persoal do centro o noso boletín No tinteiro do
que no ano 2015 sairon os números 5, 6, 7 e 8.
BIBLIOTECA DE ACOLLIDA
Como biblioteca de acollida para o intercambio de persoal de bibliotecas (programa
Erasmus) tivemos no noso centro na semana do 25 ó 29 de maio a Marios Balatzaras e
Vasileios Soulikias, da Universidade de Tesalia en Grecia. Como xa fixemos outros
anos, nesa semana mostrámoslles a biblioteca do noso centro, e en xeral, o servizo de
biblioteca da UDC, e completamos facendo unha visita a algunha das bibliotecas da
Coruña non universitarias.
De cada vez que temos visitantes, adaptamos o programa a algún interés concreto que
teñan. Este ano, os dous estaban especializados na alfabetización informacional.
A visita pode ter tamén un compoñente lúdico-turístico que depende da vontade tanto
do persoal da biblioteca como dos visitantes, mais que a nós nos parece importante ter
preparado para dar coñecer Galiza ó resto do mundo.
Queremos agradecer ao persoal da Biblioteca Central , da Casa do Patín e da Facultade
de Ciencias, a súa amabilidade e disposición a recibir ós nosos visitantes, así coma ó
persoal da biblioteca municipal Ágora. Tamén ó profesor Héctor Pose por pasarnos o
folleto sobre oleiría popular de Buño.
Memoria 2015
21
INFRAESTRUTURAS
Abrimos un pequeno cuarto dentro da
sala de audiovisuais onde puxemos as
películas de cine e un par de mesas con
sillas.
Continúa pendente de reforzar o chan
do depósito de revistas para poder
colocar un moble compacto e tamén atopar unha solución para a ubicación dos libros de
texto de anos anteriores.
Outra novidade foi adaptar –
dentro do despacho de proceso
técnico- un espazo para dar cursos
a pequenos grupos, e para iso
contamos cunha pantalla na
parede, un proxector con trípode e
unha canle para unir o ordenador
ao proxector.
A BIBLIOTECA COMPROMETIDA
A defensa do idioma e o
compromiso co país,
A defensa do medio ambiente e a
aposta pola sostenibilidade,
A defensa da creación de emprego
e o desexo de ter repercusións beneficiosas
no noso entorno social,
Son os alicerces do noso esprito, da
nosa vocación. Defenderémolos
dentro das nosas posibilidades.