MeMoria
FESTINAL
A CORUÑA 2010
SINOSE DO
EVENTO
FESTINAL A Coruña é un evento que se levou a cabo entre o 22 de
decembro de 2010 e o 4 de xaneiro de 2011 coa idea de xerar un clima
movimentado na rúa Barcelona, en forma de actividades para os nenos,
permitindo así que aumente o tránsito de persoas, fomentando as compras nos
establecementos dos comerciantes de dita rúa.
O evento foi promovido por un grande grupo de comerciantes unidos na
Asociación de Comerciantes da rúa Barcelona.
Elexíronse tres puntos estratégicos ó longo da rúa Barcelona, nos cruces coas
rúas República Dominicana, Andrés Gaos e Corcubión.
O evento desenvolveuse nunca carpa na que se ofrecían talleres de
manualidades, gardería e zona interactiva amenizada con animación e diversas
actuacións.
CONCLUSIÓNS
Rotundo éxito de participación e afluencia de público polas rúas e prazas
cercanas. Carpa chea tódolos días.
Por inclemencias meteorológicas houbo que suspender os últimos 3 días
de actividades debido á elección da carpa, que filtraba moita auga
debido as grandes choivas caidas.
Algúns comerciantes fixeron saber a súa opinión contraria á celebración
do evento e o seu malestar, poniendo en perigo a seguridade do mesmo
con actitudes pouco responsables.
Nota negativa o 28 de decembro, en forma de intento de roubo
rompendo unha carpa, solventado coa denuncia por parte do equipo de
seguridade ó presunto ladrón.
O día 29 de decembro houbo un pequeno accidente pola conducta
inapropiada dalgún viandante, que dando unha patada dende o exterior
fixo caer unha televisión na cabeza dun rapaz de 4 anos, que
afortunadamente non sufriu dano algún, amosando os pais unha actitude
conciliadora en todo momento.
ACTIVIDADE PRINCIPAL
Carpa iglú con diversas actividades destinadas os rapaces, nos que se
encontaban talleres de manualidades, zona interactiva e zona de gardería.
Tamén tiñan dous hinchables para o disfrute dos máis pequenos.
DATA/S
Do 22/12/2010 ó 24/12/2010 na esquina da rúa Barcelona coa rúa República
Dominicana.
Do 27/12/2010 ó 30/12/2010 na esquina da rúa Barcelona coa rúa Andres
Gaos.
Do 3/01/2011 ó 4/01/2011 na esquina da rúa Barcelona coa rúa Corcubión.
LUGAR/ES
Os xa mencionados emprazamentos na cidade de A Coruña.
PÚBLICO OBXECTIVO
Todos os nenos de entre 6 a 13 anos, ainda que o obxectivo principal do
evento é dinamizar as compras dun público adulto, utilizando como estratéxia o
evento festivo.
PARTICIPACIÓN ESTIMADA
Aproximadamente unhas 8000 persoas ó longo da duración do evento.
PATROCINADOR PRINCIPAL
A Asociación de comerciantes Centro Comercial Urbán rúa Barcelona.
comunicación
PUBLICIDADE
Carteis
Rolers
Promoción na prensa local
Producción e reparto de folletos
Producción de imaxe propia
Actuacións de monologuistas, paiasos e animación.
PATROCINIOS
A Asociación de comerciantes Centro Comercial Urbán rúa Barcelona.
resumo de
imaxe
CARTEL A3
ROLER
resumo
FOTOGRÁFICO