MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 DO CONCELLO DE ABEGONDO
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL
MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 DO CONCELLO DE ABEGONDO
RESUMO EXECUTIVO
REDACTOR Lucio Fernando Barbeito Borrego. Arquitecto nº col. 1917
DATA Xaneiro de 2017
MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 DO CONCELLO DE ABEGONDO
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL
Página 1 de 3
RESUMO EXECUTIVO
ÍNDICE
1. DELIMITACIÓN DO AMBITO DE ACTUACIÓN
2. ALCANCE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL
3. SUSPENSIÓN DE LICENZAS
4. PLANO DE DELIMITACIÓN DO ÁMBITO AFECTADO
MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 DO CONCELLO DE ABEGONDO
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL
Página 2 de 3
RESUMO EXECUTIVO
Segundo o disposto no artigo 25.3 do Texto Refundido da “Ley del suelo y rehabilitación urbana”, aprobada por Real Decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro:
3. En los procedimientos de aprobación o de alteración de instrumentos de ordenación urbanística, la documentación expuesta al público deberá incluir un resumen ejecutivo expresivo de los siguientes extremos: a) Delimitación de los ámbitos en los que la ordenación proyectada altera la vigente, con un plano de su situación, y alcance de dicha alteración. b) En su caso, los ámbitos en los que se suspendan la ordenación o los procedimientos de ejecución o de intervención urbanística y la duración de dicha suspensión.
Co obxecto de cumprir o anterior precepto legal redactase o presente documento.
1. DELIMITACIÓN DO ÁMBITO
Tendo en conta o resultado do procedemento de avaliación ambiental estratéxica, no que se expuxeron a motivación e xustificación, as alternativas, obxectivos e alcance da modificación, conclúese coa redacción do documento de modificación puntual do plan xeral nº1, para a súa aprobación inicial, e procédese tamén a redactar o presente resumo. O ámbito da presente modificación e parte da parcela catastral 9087703NH5898N0001TA, en concreto unha superficie de 1.698 m2 na zona sur-leste da parcela, grafada no plano que achegamos. Este ámbito se sitúa na zona norte do concello, na parroquia de San Tirso de Mabegondo, no Lugar O Monte, lindeiro coa estrada AC-542.
2. ALCANCE DA MODIFICACIÓN PUNTUAL A Funeraria – Tanatorio existente está en actividade dende 1993, e claramente estamos a falar dun servizo público, de acordo ao establecido polo Decreto 151/2014, de 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, que establece que os servizos mortuorios son un “servizo público primario para a poboación”. Así, o feito de que o PXOM de Abegondo non recoñeza a existencia deste equipamento supón un problema para todos os veciños de a lo menos dous concellos. Por ese motivo, o Concello de Abegondo ven a tramitar esta modificación puntual do PXOM, e así recoñecer a realidade existente e a continuidade do servizo. O obxecto desta modificación será polo tanto o recoñecemento deste servizo existente como EQUIPAMENTO (EQ) do sistema local de dotacións, de titularidade PRIVADA, e cualificado co USO SANITARIO – MORTUORIO (S), na parte da parcela catastral sinalada (1.698 m2) clasificada como SOLO URBANO CONSOLIDADO.
3. SUSPENSIÓN DE LICENZAS De acordo co establecido no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), “o acordo de aprobación inicial dos instrumentos de planeamento urbanístico determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso en que as novas
MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 1 DO CONCELLO DE ABEGONDO
DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL
Página 3 de 3
determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos determinará expresamente as áreas afectadas pola suspensión.” A modificación introducida, que supón o recoñecemento dunha dotación privada, no sistema local de dotacións, unicamente supón respecto da modificación da ordenación urbanística vixente, o cambio do uso (de residencial a dotacional – equipamento) e polo tanto da ordenanza de aplicación, que pasará a ser a ordenanza de equipamentos do artigo 342 da Normativa do PXOM, e así tamén serán de aplicación os artigos 259 a 263. O réxime urbanístico segue a ser o mesmo, o do solo urbano consolidado. O ámbito da suspensión de licenzas será estritamente o mesmo que o ámbito de actuación: 1.698 m2 da parcela 9087703NH5898N0001TA. Mentres dure a suspensión de licenzas, poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG.
4. PLANO DE DELIMITACIÓN DO ÁMBITO AFECTADO
Abegondo, 02/01/2017
Lucio Fernando Barbeito Borrego
Arquitecto