Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 35 outubro de 2012
POR QUE, PORQUE e PORQUÉ
POR QUE equivale a “POR CAL RAZÓN”. Por que (por cal razón) pechas a fiestra? Non explicou por que (por cal razón) dixo aquilo.
PORQUE equivale a “POR CAUSA DE QUE” ou “PARA QUE”. Samuel e Lorena non se bañaron na praia porque (por causa de que) facía frío.
Teño que estudar porque (para que) quero saber moitas cousas.
PORQUÉ equivale a “RAZÓN” ou “MOTIVO”. Non sei o PORQUÉ (a razón) te anoxaches comigo.
Descoñezo os PORQUÉS (os motivos) da súa decisión.
- Ana, Por que te erguiches tan cedo? - Porque teño que coller o tren das 7:22 en Guillarei. O porqué de Ana se erguer tan cedo é que ten que chegar a tempo de coller o tren.
En POR QUE, “por” é preposición e “que” é pronome interrogativo. Úsase en oracións interrogativas.
PORQUE é unha conxunción que introduce unha oración que explica a causa ou o final doutra oración.
PORQUÉ é un substantivo, polo que ten variación de número, e sempre ten que ir pre-cedido por un artigo ou outro determinante.