Download pdf - Novas da xustiza nº 1042

Transcript
Page 1: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 1

Edición 1039 www.ccooxustiza.com 9 de xaneiro de 2015

CCOO denuncia que o goberno central e

autonómico están a eliminar a Xustiza de

Proximidade en detrimento dos dereitos da

cidadanía

O desleixo de Alfonso Rueda, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así

como o Director Xeral de Xustiza, coloca de facto aos Xulgados de Paz de vilas de tamaño medio

ao borde do colapso.

Galicia, 8 de xaneiro de 2015 A estrutura dos Xulgados en Galiza, paralizada a creación

de novos órganos xudiciais dende 2010 polos recortes e cunha absurda distribución de

Xulgados de Paz e de Primeira Instancia e Instrución, non casa coa imaxe da xustiza

moderna e eficaz que os responsables políticos tratan de vender á cidadanía, e reflicte o

colapso ao que se achegan a maioría de órganos xudiciais.

Casos paradigmáticos, como o Xulgado de Paz de Culleredo, cunha poboación de

30.000 habitantes e tan só dous funcionarios dende hai dez meses, que debe tramitar os

xuízos de faltas con máquina de escribir, con máis de 2000 asuntos penais ao ano,

demostran o nulo interese do goberno da Xunta de Galicia por unha Xustiza eficaz que

garanta o dereito á tutela xudicial efectiva. Isto contraponse con que outras poboacións,

con menos da metade de habitantes, teña Xulgados de 1ª Instancia e Instrución. Esta

situación repítese ao longo de toda a xeografía do país, Moaña, con 20.000 habitantes e

Page 2: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 2

Xulgado de paz, contraponse a Caldas de Reis, con Xulgado de 1ª Instancia e

Instrución, ou o mesmo localidades moi poboadas como Oleiros ou Narón, con Xustiza

de paz, respecto a Corcubión con dous órganos de 1ª Instancia e Instrución

A diferenza non é unha cuestión menor, xa que mentres os Xulgados de Paz están

servidos por xuíces legos, veciños da localidade escollidos polo pleno municipal, a

Xustiza de 1ª Instancia está profesionalizada con xuíces de carreira e cadros de persoal

moito máis amplios, o que provoca unha xustiza de grado diferente segundo sea o

padrón municipal da cidadanía. Fronte a política do recorte puro, como a que se

pretendía coa eliminación de todos os dos partidos xudiciais, freada grazas a presión

dos traballadores, o que cómpre é unha reestruturación que garanta a igualdade de

dereitos entre xusticiables.

Xulgado de Paz de Culleredo (Imaxe: La Voz de Galicia)

Page 3: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 3

Sendo a Xustiza Pública de nulo interese para os gobernantes da Xunta, que deben

dotala de medios materiais e persoais, e para os do Estado, que deben promover

órganos de nova creación en xurisdicións saturadas (social ou mercantil nas grandes

cidades ao borde do colapso), solicitar un impulso da Xustiza de Proximidade caerá

ineludiblemente en saco roto para quen parece preferir unha Xustiza colapsada que

deixe campo aberto a corrupción, ás inxustizas sociais e á indefensión

CCOO demanda da Xunta de Galicia a cobertura das baixas nos Xulgados de Paz,

feito que non se está a producir, tal e como ocorre en Culleredo con máis de 30.000

habitantes e unha baixa non cuberta de máis dende hai máis de dez meses, a

equiparación do seu cadro de persoal aos Xulgados de 1ª Instancia e Instrución de

similar poboación, é dicir, un mínimo de cinco funcionarios, e a dotación de medios

técnicos suficientes para desenvolver o traballo nas mesmas condicións que as

cidades, resulta unha barbarie, en pleno século XXI, a tramitación de Xuízos de Faltas

cunha máquina de escribir, porque a Dirección Xeral de Xustiza se nega a instalar a

aplicación de xestión de procedementos Minerva nos equipos informáticos dos

Xulgados de Paz

Page 4: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 4

CCOO insta á cobertura inmediata das vacantes

nunha Xurisdición sobrecargada como a Social e á

creación de Xulgados do Social na Coruña, Santiago

e Vigo

A pasividade da Dirección Xeral resulta alarmante cando están en xogo dereitos

fundamentais das persoas en temas tan importantes como as reclamacións contra un

despedimento ou a solicitude dunha incapacidade

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015 No Xulgado do Social nº5 da Coruña, por mor dunha

substitución, produciuse o pasado 10 de decembro unha vacante, quedando mermado o

cadro de persoal. A situación dos xulgados do social nas cidades da Coruña, Santiago e

Vigo é tal que calquera alteración de medios materiais ou a baixa dun traballador faise

notar en todo o sistema e aboca a un colapso maior. Son cinco xulgados que en todos

os casos duplican o módulo establecido como norma polo Consello Xeral do Poder

Xudicial, sen que os parches provisionais a base de reforzos serviran de solución

definitiva.

Malia todo, non se toman medidas nin se presiona dende a Xunta de Galicia para crear

un xulgados da Xurisdición Social, de todo punto necesario segundo as estatísticas e

todos os operadores xurídicos, traballadores, sindicatos, xuíces, avogados,... , e o

xulgado reforzo amósase como totalmente insuficiente, xa que non está dotado co

mesmo número de traballadores que o resto convertendo, en moitos casos, as

sentenzas xudiciais en papel mollado. Cabe recordar que o último xulgado creado en

Galicia foi en decembro de 2010, un Xulgado de Vixiancia Penitenciaria en Lugo,

Page 5: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 5

paralizada entón a creación de novos órganos polos recortes, a pesar de que o volume

de asuntos, especialmente na xurisdición social, grazas ás facilidades dadas aos

empresarios para despedir e á precarización do emprego, non parou de medrar.

A falta dunha determinación firme da Xunta de Galicia, demandamos a cobertura

inmediata de vacantes nesta xurisdición, concretamente que a Dirección Xeral de

Xustiza nomee un xestor procesual de inmediato no Xulgado do Social nº5 da Coruña,

xulgado que salvo despedimentos e incapacidades, de especial urxencia pola

sensibilidade da materia, ten todos os demais procedementos sinalados para o ano

2015, e leva sen poder sinalar para xuízo todas as demandas que entraron a partir de

setembro de 2014, xa que a axenda de sinalamentos de 2016 está pechada aínda. Unha

Xustiza que resolve máis dun ano despois da presentación da demanda non é Xustiza, e

iso ten como responsable aos encargados de dotar de medios materiais e persoais esta

administración, a Dirección Xeral de Xustiza, e os que se negan á creación de novos

órganos xudiciais para garantir o dereito á tutela xudicial efectiva, o Goberno do Estado,

deixando no máis absoluto desamparo ás persoas das que depende unha resolución

rápida destes asuntos a súa mera subsistencia.

Page 6: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 6

O sector de xustiza de CCOO apoia

as loitas de Cleanet e Lantero

Hoxe cúmprense 88 días de folga dos traballadores de Lantero. Lantero é unha empresa de

embalaxe, situada en Vilagarcía, que pretende aplicar un ERE contra unha parte importante do

cadro de persoal, sen que existan causas xustificadas. Un exemplo de loita contra un

depredador empresarial, que a primeira medida “negociadora” que toma é o despedimento do

Presidente do Comité de Empresa, o noso compañeiro da executiva da FSC, Jesús López.

Actitude mafiosa que vai acompañada de utilización de presións, ameazas e medidas

disciplinarias contra os traballadores que, non ceden á chantaxe e continúan todos xuntos en

actitude solidaria nunha folga que vai ser a máis longa da historia de Galicia.

Por outra parte, as traballadoras de Cleanet están en folga dende o 28 de outubro.

Traballadoras que teñen un salario medio entre 400 e 500 euros. Cleanet é unha empresa de

limpeza que conseguiu a contrata para limpar as instalacións do Ministerio de Defensa.

Defensa transfire os cartos a esta empresa pero Cleanet non completa a operación pagando os

salarios ás traballadoras. Tiven ocasión de visitar a súa acampada reivindicativa e ser

testemuña de situacións verdadeiramente dramáticas, ante a pasividade da administración.

Temos aquí dous exemplos das políticas neoliberais. Hai moita xente aínda que pregunta, pero

iso do neoliberalismo, qué é, un invento dun tertuliano? Pois non, é isto, tan real que doe. No

caso de Lantero, outorgar por lei facilidades aos empresarios para despedir e precarizar o

emprego, incrementando as empresas os seus beneficios a costa dos salarios dos

traballadores. No caso de Cleanet, as malchamadas “externalizacións”, que non son máis que

privatizacións a baixo custo, é dicir, regalar o que é de todos, o público, a empresas que

precarizan o emprego e prestan un servizo deficitario sen fiscalización pola administración.

Todo vai na mesma dirección: incrementar a brecha entre ricos e pobres, devaluar a forza do

traballo e incrementar as rentas do capital.

Page 7: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 7

Toda a nosa solidariedade con estes traballadores e traballadoras, exemplo consecuente que a

algún de nós debería facernos avergoñar, cando parece que, estómagos agradecidos,

cústanos baixar da nosa oficina ás portas do Xulgado para unha concentración en defensa dos

nosos dereitos e da Xustiza como servizo público.

Page 8: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 8

ACLARACIONES SOBRE LA RESOLUCIÓN DEL MINISTERIO DE HACIENDA Y

ADMINISTRACIONES PÚBLICAS DE INSTRUCCIONES PARA LA RECLAMACIÓN DEL

INSUFICIENTE 24,04% DE LA PAGA EXTRA SUPRIMIDA INJUSTAMENTE POR EL

GOBIERNO EN DICIEMBRE DE 2012

En el BOE de 2 de enero de 2015, se publicó la “Resolución del Ministerio de Hacienda y AAPP, por la que

se dictan instrucciones para la aplicación en el ámbito del sector público estatal de las previsiones de la

disposición adicional décima segunda de la Ley de Presupuestos 2015”

CCOO, los días 2 y 5 de enero, publicó sendas notas informativas sobre el contenido de dicha resolución y

las diferentes situaciones que se pueden dar entre el personal de la Administración de Justicia, quiénes

debían hacer la reclamación y quiénes no, y a qué órganos hay que dirigirse en el caso de que debamos

hacer dicha reclamación.

Pero dado que la resolución es particularmente confusa en el caso de la Administración de Justicia, pues

el apartado I. Instrucciones de carácter general, establece que “no resultará de aplicación a los

funcionarios de los cuerpos nacionales transferidos a las CCAA, respecto de los que se estará a lo que éstas

dispongan (…)” , es preciso aclarar algunos puntos.

En el apartado V. Instrucciones relativas a los supuestos previstos en el apartado Dos.2.e) de la disposición

adicional décimo segunda (de la LPGE 2015), establece dos supuestos sobre los que se actúa según la

resolución de forma radicalmente distinta:

1. En el caso de Cambio de destino dentro del sector público estatal, la resolución expresa que la reclamación debe dirigirse al habilitado correspondiente al destino en el que se encuentre el personal a 1 de enero de 2015, acompañando certificación de la habilitación del destino en el que se encontraba en junio-noviembre de 2012 (o delegando esa competencia en el mismo habilitado del destino actual, si se marca la casilla segunda del Solicita)

2. Pero en el caso de Prestación de servicio en otra Administración Pública, del personal que, estando destinado en el sector público estatal en 2012, hubiera cambiado de destino y en la actualidad se encuentra prestando servicios en una Administración pública distinta, tiene que hacer la reclamación a la habilitación correspondiente a su destino de 2012 (pudiera ser el caso del personal funcionario destinado en 2012 en la Administración de Justicia del ámbito no transferido y ahora, en 2015, esté destinado en la Administración de Justicia de una Comunidad Autónoma con competencias transferidas).

Por tanto, de la propia instrucción se puede inferir ambas posibilidades en el caso de la Administración de

Justicia: a) realizar la reclamación al habilitado del actual destino o b) al habilitado del destino de 2012,

según se interprete que el cambio de destino es dentro del sector público estatal o en otra Administración

Pública. Dado el carácter de cuerpos nacionales, la Administración de Justicia está considerada como

sector público estatal, con mesa sectorial estatal propia, pero toda vez que las CCAA con competencias

transferidas tienen la responsabilidad en materia retributiva, es decir, son las que pagan las retribuciones

y fueron las que ejercieron la acción ejecutiva de suprimir la paga extraordinaria de diciembre de 2012,

decretada entonces por el Gobierno central, pueden considerarse como otra Administración Pública.

Page 9: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 9

SITUACIONES.-

A) Casos que pueden presentarse con cambio de destino después de 2012:

1.- Cambio de destino dentro del ámbito no transferido (cambio de una Comunidad a otra o a los

órganos centrales, pero todos ellos dentro del ámbito no transferido): NO HAY QUE HACER

RECLAMACIÓN ALGUNA

2.- Cambio de destino dentro de la misma Comunidad con competencias transferidas: NO HAY QUE

HACER RECLAMACIÓN ALGUNA.

3.- Cambio de una Comunidad transferida* al ámbito no transferido: SE PUEDE UTILIZAR EL

FORMULARIO DE SOLICITUD DE ABONO DE LAS CANTIDADES, PUBLICADO EN LA PÁGINA 89 DEL BOE DE

2 DE ENERO DE 2015.

En este caso, se debe señalar la segunda opción: (“Se solicita tramiten la petición de expedición de la

certificación a que se refiere la disposición décima segunda a la habilitación de….”) en el solicita de dicho

abono.

*En el caso de CCAA con competencias (como la de Valencia), que acordó con las organizaciones sindicales de su

ámbito, devolver el 100% de la paga de diciembre 2012, la reclamación debe hacerse directamente a dicha

Comunidad.

4.- Cambio de un destino del ámbito no transferido (incluido los órganos centrales) a una Comunidad

con competencias transferidas: Se debe formular solicitud a la habilitación del ámbito no transferido,

utilizando el FORMULARIO DE SOLICITUD DE ABONO DE LAS CANTIDADES, PUBLICADO EN LA PÁGINA 89

DEL BOE DE 2 DE ENERO DE 2015.

5.- Cambio de destino de una Comunidad transferida a otra también transferida*. Entendemos que se

debe dirigir solicitud a la Comunidad en la que se encontraba destinado el personal en 2012, y, por tanto,

también se puede utilizar el FORMULARIO DE SOLICITUD DE ABONO DE LAS CANTIDADES, PUBLICADO

EN LA PÁGINA 89 DEL BOE DE 2 DE ENERO DE 2015.

*(En este último caso, el de las CCAA transferidas, éstas deben publicar en su Boletín Oficial las instrucciones para su

ámbito, que muchas de ellas (la mayoría) aún no han publicado).

Page 10: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 10

B) Casos restantes. Personal que no se encuentra en activo a 1 de enero de 2015, pero que prestaba servicios en alguna Comunidad Autónoma, transferida o no transferida, en 2012:

1.- Personal interino (funcionario o laboral) que haya sido cesado y que en las fechas de la percepción de

la paga extra de diciembre de 2012 estaba en servicio activo: Debe hacer la reclamación al habilitado de

su destino en 2012.

2.- Personal jubilado (personal funcionario o laboral) que estaba en servicio activo en 2012: Debe hacer la

reclamación al habilitado de su destino en 2012.

3.- En caso de fallecimiento del titular con derecho al abono de la cantidad citada, la reclamación deben

hacerla sus herederos legales.

En todos estos casos, se puede utilizar el FORMULARIO DE SOLICITUD DE ABONO DE LAS CANTIDADES

PUBLICADO EN LA PÁGINA 89 DEL BOE DE 2 DE ENERO DE 2015, pero dirigiéndolo al habilitado del

ámbito del destino en 2012.

C) NO debe hacer reclamación alguna el personal (funcionario y laboral) que no haya cambiado de destino después de 2012: SE DEBE ABONAR DE OFICIO

D) Personal laboral del III Convenio Único que ha cambiado de destino después de 2012

El personal laboral del Convenio Único que haya cambiado de destino dentro del ámbito del Convenio

Único después de 2012, debe hacer la reclamación dirigiéndose al habilitado de su destino actual,

utilizando el mismo FORMULARIO DE SOLICITUD DE ABONO DE LAS CANTIDADES PUBLICADO EN LA

PÁGINA 89 DEL BOE DE 2 DE ENERO DE 2015, y señalando también la segunda opción dentro del campo

“Se solicita tramiten la petición de expedición de la certificación a que se refiere la disposición décima

segunda a la habilitación de….”

Page 11: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 11

Breves

O día 16 de xaneiro remata o prazo para solicitar a realización de cursos de linguaxe

administrativa medio e superior, así como Celga na Escola Oficial de Idiomas das

cidades de Vigo, Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol. Seguimos

sen noticias da teleformación para cursos de linguaxe xurídica a quen máis depende

deles, o persoal de fóra da comunidade, a desidia da Dirección Xeral en procurar

que se oferten estes cursos reflicte a súa actitude nas mesas negociadoras

O día 12 publicarase a lista definitiva de interinos

Días de asuntos e vacacións: No pasado 2014, tivemos sete días de asuntos

propios (excepcionalmente, xa que dous deles foron por recaer en sábado

festividades nacionais), máis tres días por acumulación de crédito horario (co

tope de 22,5 horas imposto unilateralmente pola Dirección Xeral).

Como moitos compañeiros aínda están a solicitalos e ante as dúbidas xeradas,

aclaramos:

1.- Os días de asuntos, así como os da bolsa de horas pódense solicitar ata o

31 de xaneiro

2.- Os 22 días de vacacións pódense gozar até o 15 de xaneiro. Deses 22, 7

días pódense solicitar de forma individual e unirse aos días de asuntos. Pero

mantense o tope do 15 de xaneiro para estes sete días (alegación feita por CCOO

en mesa sectorial e non recollida na orde)

3.- No ano 2015 haberá seis días de asuntos propios e tres de acumulación

horaria

Page 12: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 12

Je suis Charlie Hebdo

Page 13: Novas da xustiza nº 1042

www.ccooxustiza.com 13

Correo de contacto: [email protected]

Tfno do Sector de Xustiza: 619282917

Delegados/as:

Coruña: Raquel [email protected]

Ferrol Mati [email protected]

Santiago: Ana [email protected]

Vigo e Pontevedra: Tino Novoa [email protected]

Ourense: Sonia [email protected]

Lugo. Rafa [email protected]

Coordinación: Jorge [email protected]