noviembrenovember novembre novembro
•Ditoso o mes que comeza por Santos e remata por San Andrés.
A flor é o crisantemo e a pedra o topacio.
Seguen caendo as follas das árbores
Florecen as camelias, os eucaliptos, os dentes de león os chuchameles...
eucalipto
chuchameles
canelas
maduran as esporas dos fentos e dos brións
fento dos valos
brións
maduran as últimas cabazas
trovisco
secan os fentos
abondan os cogomelos
liques
Seguen chegando aves do norte a invernarEmparéllanse os lagartos das fontes
Tritúranse as terras do milloRemata a fermentación do viñoPódanse as viñasPéscanse centolos, camaróns, zamburiñas...Mátanse os porcos
Prodúcense as primeiras xeadas
•Se queres ter allo fino prántao no Sanmartiño•Polo San Martiño fabóns ó liño•Polo San Clemente moito abono e pouca semente•Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.
•No San Martiño xa se coñece o bo viño•Polo San Martiño zapa (...ou proba...) o teu viño•Polo San Andrés o mosto viño é•Ata San Martiño pan e viño, de San Martiño pra diante, fame e frío bastante.
-Polo San Martiño mátase o porco e próbase o viño-Polo San Martiño ata o porco polo fuciño.-A todo porquiño lle chega o seu Sanmartiño
•Por San Martiño, trompos ao camiño•Por San Andrés, trompos outra vez.
•De Santos ao Nadal é inverno natural.•O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño.•O día de San Martiño, o inverno vén de camiño, se lle din detente, vén por San Clemente, e aínda que veña retrasado, por San Andrés é chegado.
TRADICIÓNS-Visitar aos defuntos-Pedir o defuntiño e poñer cabazas talladas con velas no interior.-Matanza do porco-Facer magostos-Xogar aos trompos
TEMPERATURA MÁXIMA (ºC)
(media)
TEMPERATURA MÍNIMA (ºC)
(media)
TEMPERATURA MEDIA (ºC)
HUMIDADEMEDIA (%)
VELOCIDADE DO VENTO(km/h)
CHUVIATOTAL (l)
DÍA CHUVIAMÁXIMA
(l/m2)
DIASCHUVIA
15,2 9,1 12,19 76 14,4 144,4 25,6 (20)
22
O TEMPO
Mapa de precipitacións20 de novembro
1 de novembro de 1775Terremoto (8,7 graos) e maremoto de Lisboa.Morren entre 70 000 e 100 000 persoas. O terremoto sentiuse en Francia e EE. UU. O tsunami producido afectou tamén a costa
atlántica da Península Ibérica e o norte de África.
2 de novembroDía dos Defuntos ou dos Mortos
3 de novembro de 1928nace o escritor galego Xosé Neira Vilas.
3 de novembro de 1957A antiga URSS lanza o satélite Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo, o primeiro ser vivo en orbitar a Terra.
6 de novembroDía internacional para a prevención da explotación do medio ambiente na guerra e os conflictos armados
7 de novembro de 1867nace Marie Curie, química e física francesa de orixe polaca
7 de novembro de 1878nace Lise Meitner, física austríaca
8 de novembro de 1895o físico Wilhelm Röntgen descubre os raios X.
8 de novembro
de 1656nace Edmond Halley, astrónomo e matemático británico.
9 de novembro de 1959
morre Ramón Cabanillas, escritor galego, natural de Cambados.
9 de novembro de 1989
cae o Muro de Berlín
10 de novembro
Día mundial da Ciencia ao servizo da paz e o desenvolvemento
10 de novembro de 1890
naufraxio do buque inglés HMS Serpent na Costa da Morte (172 víctimas).
11 de novembro
de 1918remata a Primeira Guerra Mundial e deixa 10 millóns de mortos.
13 de
novembro de 2002Rompe un tanque de fuel do petroleiro Prestige a 27 millas das costas de Galicia. Finalmente afundíu o día 19, provocando a maior marea negra en Galicia.
14 de novembro
Día mundial da diabete
15 de
novembro de 1819
morre Daniel Rutherford, químicoe físico escocés
15-21 de novembro
chuvia de meteoritos das Leónidas
16 de novembro de 1945Fúndase en Londres a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).
17 de novembro de 1869
inaugúrase a Canle de Suez.
18 de novembro
de 1962morre Niels Bohr,
físico danés.
20 de novembro
Día mundial da infancia
20 de novembro de 1822
Terremoto de Valparaíso (Chile) de 8,5 graos
21 de novembro de 1877
Thomas Edison anuncia a creación do Fonógrafo.
A primeira peza interpretada foi:"Mary had a little lamb" ("María tivo un año”). Amosou o dispositivo por primeira vez o 29 de novembro do mesmo ano e patentouno o 19 de febreiro de 1878.
22 de novembro
Día Internacional da Música (Santa Cecilia)
23 de novembro
Día internacional dos Bosques Autóctonos
24 de novembro de 1859
Charles Darwin publica “A Orixe das Especies”.
25 de novembroDía Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daportaalumnado de 1º de ESOInternet
Recommended