O Caderno de Lingua
Unha experiencia común
Román Cerqueiro LandínCompetencia en comunicación lingüística nunha Europa plurilingüe e pluricultural
Pontevedra, 22 de novembro de 2008
Sumario1. INTRODUCIÓN1.1. Unha experiencia común 1.2. Os recursos1.3. Os conceptos
2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE SERVEN E COMO SE USAN2.1. Usos educativos dos blogues2.2. Tipos2.2.1. Caderno de materia do profesorado2.2.2. Taboleiro aberto á rede dun grupo de traballo2.2.3. Caderno interactivo do alumnado e o profesorado2.2.4. Caderno do alumnado2.3. Por que non unha páxina web?
3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE3.1. Onde abrir un blogue?3.2. Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress
4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS 4.1. As mil e unha aplicacións 4.2. Presentacións4.3. Documentos4.4. Imaxes4.5. Vídeo4.6. Audio
1. INTRODUCIÓN
• Unha experiencia común– Sen máis coñecementos que o dominio do usuario medio de
internet para se lanzar á Web 2.0.– Con vontade de inserir as TIC na práctica educativa.– Sendo necesario facer confluír os materiais propios e os alleos.
ELES SI O FARÍAN!
Que crea adicción dis
ti? Enganchar engancha!
• Os recursos– Materiais
– A Web 2.0 é asequíbel, gratuíta e intuitiva.– Que é o html? Que máis ten, non hai que saber de código.
– Humanos– Traballo individual. – Traballo colectivo.– As redes colaborativas.
• Os conceptos– Que é a Web 2.0 ou web social?
– Un novo modo de os usuarios se enfrontaren á rede: os internautas non só son meros observadores do que fan outros senón protagonistas e creadores de contidos.
Servizos
Contidos
Usuarios: participación e
creación.
Interacción: redes sociais
Web 2.0
Ferramentas: vídeo, documentos,
audio, imaxes... todo á vez
– Este paso foi posíbel grazas ao desenvolvemento dunha serie de ferramentas e servizos que permitiron almacenar información, elaborar presentacións, colgar arquivos de audio, enviar mensaxes instantáneas ou crear un espazo común dende/no que comunicarse.
– Que é o blogue?Tamén chamado blog ou bitácora, é a imaxe máis visíbel da Web 2.0. É un sitio da web onde os textos (“post” ou “entradas”) creados por unha ou varias persoas (“blogueiros/as”) se ordenan cronoloxicamente. Pode funcionar a modo dun diario persoal en liña ou enfocar diferentes temáticas especializadas ou xerais. Trazos comúns á maioría dos blogues son: hai un espazo para que os lectores poidan deixar comentarios; fornece unha listaxe de ligazóns a outros weblogs (”blogroll”); e amosa un arquivo coas publicacións anteriores (normalmente en modo calendario).
blogue
Autor
Entrada (post) máis
recente
Enderezo do blogue: este está creado nunha plataforma con
dominio propio mais non non ten porque ser así.
Listaxe de comentarios
recentes
Título e breve descrición
Listaxe de categorias
Blogroll / ligazóns
Arquvos ordenados cronoloxicamente
Opcion de comentarios
Listaxe de entradas recentes
– un blogue é un espazo comunicativo,– de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario medio de internet, – gratuíto en grande parte dos tramos de uso,– o seu contido é hipertextual e multimedia (imaxe, vídeo e audio),– os contidos organízanse cronolóxica e xerarquizadamente en
categorías,– relaciónase con outras bitácoras a través de ligazóns, que pode integrar
tamén a través das “sementes”,– acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e– permite a interacción cos lectores e lectoras.
– En resumo:
• Usos educativos dos blogues
2. OS BLOGUES EDUCATIVOS: PARA QUE
SERVEN E COMO SE USAN.
Compartir
Reflexionar
Escribir
Comentar
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DO BLOGUE
• Tipos:– Caderno de materia do profesor
– Contedor de materiais de elaboración propia.– Contedor de materiais alleos doutros blogues e webs.– Almacenaxe, categorización e trascendencia de recursos a
través de ligazóns.
– Taboleiro dun grupo de traballo, dun departamento, da escola…
– Xanela aberta ao exterior: divulgación de actividades, avisos e novas, proxectos, etc.
– Establece dinámicas de colaboración con outros grupos.– Contén recursos para o alumnado.
– Caderno interactivo do alumnado e o profesorado.– Acolle actividades en liña e asigna tarefas.– Activa as competencias lingüísticas pasivas e activas así
como a competencia dixital do alumnado (Seica chove no patio?, Podcast AS-PG e vídeo-conferencia IES Chapela).
– Fomenta a participación e a implicación do alumnado no desenvolvemento activo da aula.
– Caderno do alumnado– Bitácora que acolle o diario de aula, reflexións diversas e
persoais, valoracións de lecturas, almacena información e recursos para un traballo, etc.
– O alumnado organiza, baixo a supervisión do profesorado, a súa aprendizaxe e interacciona co grupo.
– Por que non unha páxina web?– O blogue é máis dinámico que as chamadas “webs
dinámicas” (p.ex. tecnoloxía Drupal das webs da Xunta para os centros).
– Xa estamos alfabetizados na linguaxe que serve de base ao blogue.
– Compleméntase perfectamente coa web, que ten unha capacidade de almacenaxe maior.
– Todo está na rede: as aplicacións web 2.0 e as súas guías de uso.
3. CREACIÓN, CONFIGURACIÓN E DESEÑO DUN
BLOGUE: TODO ESTÁ NA REDE• Onde abrir un blogue?
– Hai moitas posibilidades, unhas máis sinxelas (Blogoteca), outras máis complexas (Wordpress) e tamén máis versátiles.
• Un exemplo: o Caderno de Lingua en Wordpress– WordPress: é o servidor de xestión de blogues máis
popular da blogosfera polo seu fácil manexo, a versatilidade na xestión dos contidos e a cantidade de temas (plantillas) e plugins (aplicacións) entre as que poden escoller os/as usuarios/as.
– Blogaliza, pola súa banda, é un servidor de código aberto que bebe de Wordpress e agrupa grande parte do blogmillo galego.
4. ESCOLMA DE APLICACIÓNS WEB PARA
INTEGRAR NAS NOSAS BITÁCORAS.
• As mil e unha aplicacións- - A Web 2.0 constrúese a través dun conxunto de ferramentas que permiten
que os/as usuarios/as creemos e compartamos contidos coa comunidade internauta. Estas que veñen deseguida son só algunhas das mil e unha aplicacións enfocadas aos/ás blogueiros/as desta inmensa tea de araña que é a blogosfera.
- Que ferramentas integrar nas bitácoras ou nos blogues educativos? Todo depende do deseño, do uso e da información que queiramos integrar nas nosas actividades docentes.
- Describiremos brevemente algunhas ferramentas de interese. Sempre queda na man do/a usuario/a analizar outras aplicacións semellantes, comparar, descubrir outras, etc. Cada día aparecen novos recursos e mellóranse os existentes. Isto é un océano, só hai que mergullarse.
• Presentacións- Slideshare- Slide- SplashCast• Documentos- Scribd• Imaxes- Flickr
• Vídeo- Vodpod
• Audio- Goear- Deezer- Snips