"Nunca perdas a oportunidade de contemplar algo que sexa belo, porque a beleza é a escritura de Deus. "
O comerciante e a bolsa
Unha historia que nos ensina a practicar a honradez
Certo día un comerciante ambulante ía camiñando cara a unha vila. Polo camiño
atopou unha bolsa con 800 euros.
O comerciante decidiu buscar a persoa que perdera o diñeiro para entregarllo pois pensou que o diñeiro pertencía a alguén que levaba a
súa mesma ruta.
Cando chegou á vila, foi visitar un amigo.
- Sabes quen perdeu unha gran cantidade de diñeiro? - preguntoulle a este.
- Si, si. Perdeuna Xoán, o noso veciño, que vive na casa de enfronte.
O comerciante foi á casa indicada e devolveu a bolsa.
Xoán era unha persoa avara e apenas terminou de contar o diñeiro gritou:
- Faltan 100 euros! Esa era a cantidade de diñeiro que eu che ía dar como recompensa.
Como o colliches sen o meu permiso? Vaite dunha vez. Xa non tes nada que facer aquí.
O honrado comerciante sintiuse indignado pola falta de agradecemento. Non quixo pasar
por ladrón e foi ver o xuíz.
O avaro foi chamado ao xulgado. Insistiu ante o xuíz que a bolsa contiña 900 euros. O comerciante aseguraba que eran 800.
O xuíz, que tiña fama de sabio e honrado, non tardou en decidir o caso. Preguntoulle ao
avaro:
- Ti dis que a bolsa contiña 900 euros, verdade?
- Si, señor, respondeu Xoán.
-Ti dis que a bolsa contiñía 800 euros, - preguntoulle o xuíz ao comerciante.
- Si, señor.
-- Pois ben - dixo o xuíz - considero que ambos sodes persoas honradas e incapaces de
mentir.
- A ti porque devolveste a bolsa co diñeiro, podendo quedar con ela.
- A Xoán porque o coñezo desde hai tempo. Esta bolsa de diñeiro non é a de Xoán; aquela
contiña 900 euros.
-Esta só ten 800. Así pois, queda ti con ela ata que apareza o seu dono.
- E ti, Xoán, espera que alguén che devolva a túa.
Autor: descoñecido